Skip to main content

Sarna Índice Sarcoptes scabiei | Clínica | Formas clínicas | Tratamento | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Dicionario da Real Academia Galega"Escabiose (sarna humana) - Tratamento farmacolóxicoArquivadoSarna e Remedios naturais31000IDscabies11841DOID:82951109204000830D012532C03.858.211.480.708C34998scabies-proC0036262

Doenzas da pelDoenzas parasitariasDoenzas de transmisión sexual


ectoparasitoseartrópodocópulapellarvasninfasfebreepidermeprepucioglandearéolamicrobiosLindano












Sarna




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.


Escabiose


A escabiose, raña[1] ou sarna é unha enfermidade da pel causada polo ácaro parasito Sarcoptes scabiei, chamado comunmente arador da sarna. É unha ectoparasitose de distribución mundial en todas as razas. É unha afección cosmopolita, extremadamente contaxiosa. Alcanza a todas as capas da poboación e constitúe unha dermatose moi frecuente e de fácil tratamento.




Índice





  • 1 Sarcoptes scabiei


  • 2 Clínica


  • 3 Formas clínicas


  • 4 Tratamento


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Ligazóns externas





Sarcoptes scabiei |





Sarcoptes scabiei


Sarcoptes scabiei é un artrópodo de corpo non segmentado, ovoide, con 4 pares de patas. A femia mide 300-450 micras e o macho 150-250 micras.



  • Hóspede: o ser humano. O ácaro non vive máis de 2 a 4 días no medio ambiente.


  • Contaxio: a enfermidade é facilmente transmisible por contacto directo, ou a través de fómites (roupa, sabas, toallas), así como por vía sexual. Nalgúns casos pódese adquirir por contacto con animais infectados, sobre todo cans (Sarcoptes scabiei var. canis).


  • Incubación

    • Primoinfestación (persoas sen exposición previa ao ácaro): 15 a 50 días


    • Reinfestación (persoas que foron infestadas previamente): 1 a 4 días


A fecundación ocorre na superficie da pel, logo da cópula o macho morre.


A femia introdúcese na capa córnea da pel e vai escavando galerías, e deixando os ovos a medida que penetra na pel (2 a 3 ovos por día) ata un total de 30 a 50 ovos. Finalmente morre no túnel ó cabo de 4 a 6 semanas.


Os ovos eclosionan e as larvas emerxen á superficie da pel, transfórmanse en ninfas ós 3-8 días e posteriormente en adultos en 12-15 días. As formas contaxiosas son a ninfa e os adultos.



Clínica |


O principal síntoma é o proído, que aumenta o seu efecto durante as noites e coa calor. O proído está causado pola reacción alérxica do corpo ante o parasito, que se manifesta con pequenos grans, bochas e pequenas úlceras con bostelas. Non causa febre, a menos que exista infección.


As lesións máis típicas son os sucos, liñas agrisadas e sinuosas de 1 a 15 mm de longo, que son o reflexo exterior da galería escavada na epiderme pola femia co fin de desovar, e as vesículas perladas, do grosor dunha cabeza de alfinete, producidas pola secreción do parasito. As lesións predominan nos pulsos, as caras laterais dos dedos e das mans, os cóbados e as nádegas, esténdense a todo o corpo. Algunhas localizacións son electivas, e non necesariamente presentes: no home, o prepucio e a glande (chancro escabioso); na muller, a aréola (fóra da lactación, as lesións bilaterais de ambas as mamas fan pensar na sarna); no neno e o lactante, a planta dos pés.


A escabiose pode ir acompañada por lesións inducidas por microbios (piodermite, linfanxite etc.). Pola súa banda, nas persoas limpas non se traduce máis que por un mínimo de síntomas e non é prurixinosa. Porén, é igualmente contaxiosa.



Formas clínicas |


  • Sarna mitis

  • Sarna nodular


  • Sarna norueguesa (en inmunodeprimidos): forma moi contaxiosa, prodúcese unha infestación masiva.


Tratamento |


A sarna é tratada con escabicidas, que deben aplicarse por todo o corpo, non só nas partes infectadas xa que non se sabe exactamente a localización do parasito, posto que se son adultos poden estar presentes en todo o corpo. Débese ter especial coidado á hora de aplicar o tratamento, evitando as mucosas e esparexendo o produto por todos os pregos da pel, os espazos interdixitais e a zona que queda entre as uñas e a pel, dado que o parasito pode usar estas zonas como reservorios. O tratamento dura de 3 a 5 días se é realizado de maneira adecuada.


Algúns accidentes graves ocorreron trala aplicación de Lindano. Este acaricida e pesticida só pode aplicarse baixo unha dilución e posoloxía fornecida por un facultativo [2].



Notas |




  1. "Dicionario da Real Academia Galega". Real Academia Galega. Consultado o 24/04/2017. 


  2. Escabiose (sarna humana) - Tratamento farmacolóxico Arquivado 25 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine..



Véxase tamén |



Ligazóns externas |




  • Sarna e Remedios naturais



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sarna&oldid=4909277"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.376","walltime":"0.643","ppvisitednodes":"value":263,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":11007,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":135,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1628,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 599.355 1 -total"," 69.05% 413.837 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 20.81% 124.724 1 Modelo:Listaref"," 18.70% 112.089 1 Modelo:Cita_web"," 3.37% 20.170 1 Modelo:Commons"," 2.88% 17.246 1 Modelo:Irmáns"," 2.28% 13.665 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.25% 7.517 1 Modelo:Webarchive"," 0.94% 5.628 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.80% 4.790 1 Modelo:Avisomedico"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.258","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4355228,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190428072320","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Sarna","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Sarna","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q167178","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q167178","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2010-01-15T11:09:05Z","dateModified":"2018-09-07T10:36:53Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/88/Acarodermatitis_Fu%C3%9F.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":152,"wgHostname":"mw1321"););

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos