Skip to main content

Francisco Fanego Losada Índice Traxectoria | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Díaz Castro""Miscelánea Mindoniense""O Seminario de Mondoñedo, berce de poetas"XX1263882

Nados en MondoñedoNados en 1887Finados en 1974Alumnos da Universidade de Santiago de CompostelaPoetas de GaliciaProfesores


Santiago de MondoñedoMondoñedo30 de novembro188727 de xuño1974Santa MargaridaRemedios1899seminario de Mondoñedo1911Juan José Solís FernándezUniversidade de Santiago de CompostelaLatín19631939catedral de Mondoñedo19621966Jacinto ArgayalatínJosé Souto VizosoFernando Quiroga Palaciosdiocese de MondoñedoÁlvaro CunqueiroPremio NadalEnrique Chao EspiñaEscola poética do Seminario de MondoñedoAntón María de Castro e NeiraLois Corral RodríguezXacinto Romualdo LópezNicomedes Pastor DíazXosé María Chao LedoManuel Leiras PulpeiroAntonio Noriega VarelaCelestino Cabarcos SuárezDaniel Pernas NietoXosé Crecente VegaXosé Trapero PardoAquilino Iglesia AlvariñoXosé María Díaz CastroXosé Chao RegoXosé Martinho Montero SantalhaCamilo Valdehorras












Francisco Fanego Losada




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
















Francisco Fanego Losada
Nacemento
30 de novembro de 1887
 Santiago de Mondoñedo
Falecemento
27 de xuño de 1974
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Alma máter
Seminario de Mondoñedo e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación
sacerdote, cóengo, profesor e escritor
[ editar datos en Wikidata ]

Francisco Fanego Losada, nado en Santiago de Mondoñedo (Mondoñedo) o 30 de novembro de 1887 e finado na mesma vila o 27 de xuño de 1974, foi un relixioso, profesor e escritor galego.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Notas


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Bibliografía





Traxectoria |


Era fillo de Andrés Fanego Fernández e Dolores Losada Teijeiro, naturais de Santa Margarida, na parroquia dos Remedios. En 1899 ingresou no seminario de Mondoñedo, e foi ordenado sacerdote o 23 de decembro de 1911 polo bispo Juan José Solís Fernández. Licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.


Foi profesor de Latín e Humanidades no Seminario desde 1911 até a súa xubilación o 19 de setembro de 1963. Un seu irmán, Gerardo, tamén foi docente no mesmo centro. O 30 de outubro de 1939 foi nomeado cóengo da catedral de Mondoñedo, e o 8 de xuño de 1962 foi promovido a mestrescola, encargado do cabido catedralicio das ciencias eclesiásticas. En 1963 recibiu a encomenda da Orde de Afonso X O Sabio.


Xesús Alonso Montero dixo del que era un magister oral de extraordinaria eficacia..., o latín era para el un sacramento. Álvaro Cunqueiro escribiu cando finou Por las abiertas ventanas de la cátedra llegaba el latín a los artesanos y labriegos, quienes callaron. Por segunda vez, la voz del maestro Fanego gritó la frase: conscendere navibus aequor![1]


En 1966 o bispo Jacinto Argaya deulle permiso para celebrar a misa na súa casa por mor do seu delicado estado de saúde, e ao ano seguinte recibiu dispensa de asistir ao coro e os actos capitulares da catedral por mor da súa cegueira.Tras a súa morte, foi soterrado no claustro da catedral.


Comezou publicando poesía en 1908 no periódico La Defensa. Escribiu tres poemas en latín: "Carmen alegoricum" (1945, dedicado a José Souto Vizoso), "Carmen amoris" (1946, dedicado a Fernando Quiroga Palacios logo de que fose nomeado bispo da diocese de Mondoñedo) e "A Álvaro Cunqueiro" (1969, logo de que lle concedesen o Premio Nadal). Tamén escribiu poesía en castelán, e un poema en galego no programa das festas do San Lucas de 1956, dedicado a Enrique Chao Espiña. Era o correspondente e encargado da venda e distribución aos suscritores de El Ideal Gallego en Mondoñedo[2]. Tamén publicaba decote no Boletín del Obispado de Mondoñedo-Ferrol.


Félix Villares Mouteira encádrao na Escola poética do Seminario de Mondoñedo con Antón María de Castro e Neira, Lois Corral Rodríguez, Xacinto Romualdo López, Nicomedes Pastor Díaz, Xosé María Chao Ledo, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Celestino Cabarcos Suárez, Daniel Pernas Nieto, Xosé Crecente Vega, Xosé Trapero Pardo, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Xosé Chao Rego, Xosé Martinho Montero Santalha, Camilo Valdehorras e outros máis[3].



Notas |




  1. "Díaz Castro". xermolos.org. Consultado o 19/11/2018. 


  2. "Miscelánea Mindoniense". blogoteca.com. Consultado o 19/11/2018. 


  3. Vilares Mouteira, Félix. "O Seminario de Mondoñedo, berce de poetas". galiciadigital.com. Consultado o 19/11/2018. 



Véxase tamén |



Bibliografía |



  • Pombo Mosquera, X. A. (2018): "Don Francisco Fanego Losada, latinista en Mondoñedo", en Amencer nº 237, páx. 13-26.



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Fanego_Losada&oldid=5015330"










Menú de navegación

























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.300","walltime":"0.406","ppvisitednodes":"value":2953,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12750,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":338,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3077,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 373.527 1 -total"," 52.64% 196.626 1 Modelo:Biografía"," 50.45% 188.447 1 Modelo:Infobox"," 35.57% 132.874 26 Modelo:Propiedade"," 25.39% 94.848 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.79% 58.974 1 Modelo:Listaref"," 13.25% 49.487 3 Modelo:Cita_web"," 5.76% 21.503 1 Modelo:Se_é_muller"," 1.86% 6.948 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.70% 2.615 1 Modelo:Column-count"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.183","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3318547,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1256","timestamp":"20190518232209","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Francisco Fanego Losada","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Fanego_Losada","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q58874598","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q58874598","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2018-11-19T13:03:11Z","dateModified":"2018-12-17T22:04:37Z","headline":"relixioso, profesor e escritor galego"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":522,"wgHostname":"mw1256"););

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos