Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com
Barça LassaBAXI ManresaCafés Candelas BreogánDelteco GBCDivina Seguros JoventutHerbalife Gran CanariaIberostar TenerifeKirolbet BaskoniaMonbus ObradoiroMontakit FuenlabradaMoraBanc AndorraMovistar EstudiantesReal MadridSan Pablo BurgosTecnyconta ZaragozaUCAM MurciaUnicajaValencia Basket
Club Baloncesto Breogán
baloncestoLugoGalicia1966JuanJosé Ramón Varela Portasmáxima categoría1970competicións europeasLiga ACBPavillón MunicipalPazo dos DeportesJesús Lázareliga EBAClub Estudiantes1965Lugobaloncestosegunda divisiónJosé RamónJuan Varela-Portas y Pardo1966Celestino Fernández de la Vega196869primeira divisiónZaragozaprimeira divisiónReal MadridJoventutEstudiantes19701971máxima categoría estatal11 de outubro1970Palacio dos DeportesLugoTenerifeMadridReal MadridAlfredo PérezBreogán19711972TenerifeMadridvascocatalánAlfredo PérezespañolMadridLugoManresa La Casera19741975Asociación de Clubs de Baloncesto1974primeira división1975197621 de decembroJoventuteuropeosLugoEstudiantes MonteverdeC.B. Valladolid19791983Liga ACBACB23 de setembro1984Caja ÁlavaVitoriaEstudiantesMadridManel SánchezTito DíazJuanfra GarridoSam PellomJeff AllenJim WrightJosé Antonio FigueroaOAR FerrolFC BarcelonaCopa KoraćPablo CasadoCarolina do NorteSam PellomWinfred KingTDK ManresaFC BarcelonaLugoCopa KoraćEstrela Vermella de BelgradoASVEL VilleurbannefrancésPallacanestro VareseCampión de EuropaJim WrightamericanococaínaJeff AllenWinfred KingArt HouseyRon Negrita JoventutVictor AngerRudy WoodsBarcelonaLugoACB19881989Manel SánchezTito DíazKen OrangeÓscar PeñaCalvin RobertsAntonio SacedoValvi GironaJosé Manuel CabezudoJuanmi AlonsoGeorge SingletonCaixa Ourensecidade das Burgas199091LugoamericanosClaude RileyMontigalà JoventutTDK ManresaPamesa Valencia1992JugoplastikaEuroligaVelimir PerasovićcroataLugoFC BarcelonaPalau Sant JordiReal MadridArvydas SabonisFernando RomayPalacio de Deportes de la Comunidad de MadridPerasovićCabezudoLugoeuropeoTanoka BeardEuroliga199495Tharon MayesNBA1995liga EBAACBLiga LEB199899Santi AbadKenny GreenRod MasonJames DonaldsonAll-StarNBAPaco GarcíaACBJosé Miguel AntúnezSergio LuykCésar SanmartínJacobo OdriozolaFC BarcelonaMiamiDevin DaviscatalánsCésar SanmartínAnthony BonnerDavisBonnerNacho BiotaRicardo GonzálezAdecco EstudiantesAnthony BonnerNikola Lončar200102Joaquín Ruiz LorenteestadounidenseBobby Martin200203catalánAndreu CasadevallBobby MartinpanameñoRubén GarcésJavi RodríguezJoseph GomisAlfonso AlbertarxentinoJorge RaccaDKV JoventutFórum ValladolidReal MadridRaccaReal MadridTau CerámicaAuna CanariasPamesa ValenciaRicoh ManresaJavi RodríguezbritánicoDanny LewisReal MadridEuropaULEBULEB CupLugoUnión de Ligas Europeas de Baloncesto200405Alfonso ReyesAlfons AlzamoraestadounidenseCharlie BellReal MadridTau CerámicaPamesa ValenciaFórum ValladolidCaja San FernandocastelánMilwaukee BucksNBACharlie BellJoseph GomisPete MickealULEB CupMakedonikosNebojša BogavacHemofarmJavi RodríguezĐuro OstojićMarco CarrarettoAlfonso ReyesAlzamoraFórum ValladolidPolideportivo PisuergaLiga LEBPete MickealLiga LEB2007Bruesa GBCCopa Príncipe de AsturiasZaragoza2009200910MenorcabalearPazo dos DeportesRaúl LópezObradoiro CABcompostelánXosé Antón Baoeuros201011Eric HayesCliff BrownRubén DomínguezBaloncesto Murcia12 de decembroxerundensePepe RodríguezMickaël MokongoEric HicksBaloncesto León201112Pepe RodríguezJames FeldeineJoe KrabbenhoftBrooks SalesAndy OgideChema GonzálezCarlos de CobosPapa Dia20 de decembroavogadoJulio GonzálezMenorcaAntonio VeigaÁlex LlorcaOsvaldas MatulionisGary McGheeLisardo GómezClub Ourense BaloncestoBásquet CoruñaCafés CandelasDeputación de LugoJesús LázareLisardo GómezQuique FragaNatxo Lezkano20 de outubroJorge RomeroSalva ArcoMatt StainbrookCáceresliga ACBPazo dos Deportes1992Ensino Porta XILiga Femenina de Baloncestocidade amuralladaUniversidade de Santiago de CompostelasquashximnasioPalacio Municipal de DeportesPavillón dos DeportesParque de Rosalía de Castro1964PronereicélticoGaliciaBreogánséculo XIXBrathgaélicoIthBelenusarasBerobreoDonónCangasirlandesaséculo XIreinaciónBrigantiaCoruñaverdeIrlandaIthGaliciaHimno galegoLugoGaliciaprovinciafilme1985Mario CamuscastelánFederico LuppiAntonio ResinesPaco RabalMiguel RellánAgustín GonzálezCharo LópezFernando MartínAntonio Díaz-MiguelJim WrightTito DíazManel SánchezuruguaioLugoLugo
Club Baloncesto Breogán
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Cafés Candelas Breogán | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Club Baloncesto Breogán S.A.D. |
Liga | Liga ACB |
Alcume | Breo |
Fundación | 1966 |
Cores | Celeste, branco |
Presidente | Jesús Lázare |
Adestrador | Tito Díaz |
Patrocinador | Cafés Candelas Estrella Galicia |
Vestimenta | Hummel |
Mascota | Maximus |
Seareiros | Marea Celeste |
Localización | |
Cidade | Lugo, Galicia |
Pavillón | Pazo dos Deportes |
Capacidade | 6.500 / 7.500 |
Inauguración | 12 de setembro de 1992 |
Campionatos | |
Liga LEB | 2 (1999, 2018) |
Princesa | 2 (2008, 2018) |
Copa Galicia | 12 (1986–1987, 1998, 2000, 2002–2005, 2007–2009, 2018) |
cbbreogan.gal |
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Cafés Candelas Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia).[1] Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores,[2][3] estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.[4]
Índice
1 Historia
1.1 Ascenso meteórico
1.2 Primeira división
1.3 Equipo ascensor
1.4 Chegada a Europa
1.5 Descenso e retorno
1.6 Asentándose na ACB
1.7 Volta a comezar
1.8 Revolución polos playoffs
1.9 Volta ao pozo
1.10 Novo comezo
1.11 50 Aniversario
1.12 Novo ascenso
2 Pavillón
3 Nome
4 O Breogán na cultura popular
5 Xogadores
5.1 Elenco actual
5.2 Destacados
5.3 Galardóns individuais
6 Adestradores
7 Presidentes
8 Palmarés
9 Historial
9.1 Liga
9.2 Copa do Rei
9.3 Copa do Príncipe
9.4 Copa Galicia
9.5 Competicións Europeas
10 Líderes
11 Notas
12 Véxase tamén
12.1 Bibliografía
12.2 Outros artigos
12.3 Ligazóns externas
Historia |
Ascenso meteórico |
En 1965 a cidade de Lugo contaba cun equipo de baloncesto na por daquela aínda existente segunda división mais, por mor dunha serie de reestruturacións nas categorías, o equipo perdeu a praza, deixando o baloncesto lucense sen ningún referente claro. Por este motivo, por iniciativa dos irmáns José Ramón e Juan Varela-Portas y Pardo, fúndase o Club Baloncesto Breogán, que bota a andar por vez primeira tan só uns meses despois, en 1966, competindo ese ano na categoría coñecida como Terceira Provincial. O nome do club foi proposto aos fundadores polo escritor Celestino Fernández de la Vega. Ese primeiro ano foi moi bo en canto a resultados, e o equipo acabou ascendendo ao final da tempada sen atopar ningunha oposición, rematando mesmo a tempada invicto nas fases semifinais e finais. A seguinte tempada a historia repetiuse e o club ascendeu á segunda división estatal ocupando o primeiro posto na liga.
Chegados á segunda división, na tempada 1968-69, os dirixentes do club puxéronse coma obxectivo ao chegar á primeira división, e ese mesmo ano o club volveu rematar en primeira posición, como xa fixera tódolos anos dende a súa fundación, fose na que fose a categoría que xogase. Con todo, as cousas non haberían saír tan ben: o club acudiría ás semifinais polo ascenso celebradas en Zaragoza, onde acabou invicto sen maiores problemas mais, unha serie de circunstancias que se sucederon durante os seguintes días, fixeron que o equipo renunciase voluntariamente ao ascenso,[5] acudindo a xogar a final sen posibilidades de promocionar de categoría. Ao seguinte ano o club non se deixou afectar polas circunstancias e volveu conseguir ocupar a primeira praza, ascendendo por fin á primeira división, feito meritorio xa que nesa época tan só competían doce equipos na categoría, entre os que destacaban o Real Madrid, o Joventut ou o Estudiantes.[6]
Primeira división |
A chegada do Breogán á elite do baloncesto acapararía especialmente a atención dos medios de comunicación debido á súa recente fundación e rápido ascenso.[5] Na temporada 1970-1971, o club debutaría na máxima categoría estatal o 11 de outubro de 1970 nun partido xogado no Palacio dos Deportes de Lugo, que enfrontou aos locais, coñecidos por motivos de patrocinio como "Breogán Fontecelta", contra o R.C. Náutico de Tenerife, cun resultado final de 88-68 a favor dos lucenses. Así e todo, a primeira derrota non tardaría en chegar, e xa na segunda xornada o Breogán perde en Madrid fronte ao Real Madrid por 111 a 57. Finalmente remata a tempada nun meritorio noveno posto. Cabe destacar, nesa primeira tempada na máxima categoría, que o máximo anotador da competición foi Alfredo Pérez, xogador do Breogán, con 595 puntos, máximo rexistro de puntos conseguido na historia da liga por un xogador nese momento.[7]
O seguinte ano, na tempada 1971-1972, o Breogán fai unha mala campaña e só consegue catro vitorias, fronte ao Náutico de Tenerife (61-50), o Vallehermoso de Madrid (77-60), ao Kas vasco (65-62) e ao Pineda catalán (57-56), e un empate, fronte ao San José (59-59), rematando a tempada no posto número 11. Ao ano seguinte a liga ampliaríase a 16 e os resultados mellorarían bastante, chegando a conseguir 11 vitorias durante a tempada, nun ano no que Alfredo Pérez volvería ser o máximo anotador, sendo o último xogador español (naceu en Madrid) en ser máximo anotador da máxima categoría do baloncesto estatal até o ano 2007. Porén, ao ano seguinte, o Breogán volve facer unha mala tempada, conseguindo tan só seis vitorias, e descende á segunda división. O Breogán despedíase cunha vitoria en Lugo fronte ao Manresa La Casera por 64 a 52.
Equipo ascensor |
Dende a temporada 1974-1975, até a fundación da Asociación de Clubs de Baloncesto, o Breogán converterase nun equipo ascensor, chegando mesmo a descender até a terceira división. Así, 1974 comezaría co club en segunda división. Con todo, o Breogán conseguiu varrer os rivais, acabando na primeira posición da liga e volvendo á primeira división tan só un ano despois da perda da categoría. Ao ano seguinte, na tempada 1975-1976, o Breogán consegue en Primeira o seu mellor rexistro de vitorias, con 14, chegando a ocupar ao final da tempada a décima posición. Esa tempada o club conseguiu ademais unha vitoria histórica, ao gañarlle o 21 de decembro ao Joventut, un dos mellores equipos europeos da época, por 86 a 75 en Lugo.
A ledicia duraría pouco, e ao ano seguinte o "Breogán La Casera" tan só acadaría dúas vitorias, ocupando o último lugar na liga e descendendo de novo á segunda división. As vitorias ese ano sucederon na primeira xornada contra o Estudiantes Monteverde (73-65) e na décimo primeira fronte ao C.B. Valladolid por (78-75), ambas xogando como local. Con este mal ano comezaría a peor época da historia do club, que por mor de moitos problemas e estando a piques da desaparición, acaba xogando en 1979 na terceira división.[8] Con todo, o club non se deu por vencido, e noutro meteórico ascenso chega en 1983, só tres anos despois, a conseguir o primeiro posto na primeira división B, conseguindo o ascenso á recentemente creada Liga ACB.
Chegada a Europa |
Tras subir de forma meteórica dende a terceira división á ACB, o "Breogán Caixa Galicia" debuta na competición o 23 de setembro de 1984 gañando fóra da casa fronte ao Caja Álava de Vitoria por 80-85. Este triunfo sería un presaxio do que acontecería ao resto da tempada, conseguindo algunhas vitorias memorables como á da segunda xornada fronte ao Estudiantes (108-105), que se repetiría na novena xornada esta vez en Madrid (70-72). Así, tras unha xenial tempada, con xogadores coma Manel Sánchez, Tito Díaz, Juanfra Garrido, Sam Pellom, Jeff Allen ou Jim Wright e adestrados por José Antonio Figueroa, o Breogán xoga os playoffs polo título. En primeira rolda o Breogán enfrontouse ao OAR Ferrol, gañando a eliminatoria pola vía rápida con dous triunfos consecutivos (86-81 e 78-77). Xa en cuartos de final agardaría o potente FC Barcelona, que eliminaría aos de Lugo en dous partidos (105-87 e 90-82). Pese á eliminación, o equipo acaba en sexto lugar e consegue clasificarse para a Copa Korać.
Ao ano seguinte producíronse algúns trocos no equipo, un novo adestrador chegaba, Pablo Casado, e marchaba o pivote de Carolina do Norte Sam Pellom, chegando no seu lugar Winfred King, que aínda que só estaría un ano no club faría unha gran campaña. Pese aos cambios, o equipo volvería realizar unha boa tempada, clasificándose de novo aos playoffs polo título de liga. Na fase final esta vez agardaría o TDK Manresa, ao que o Breogán consegue eliminar en dous partidos (105-91 e 86-95). A historia do ano anterior repetiríase e na seguinte ronda o FC Barcelona botaría da competición aos de Lugo tras gañar en dous encontros consecutivos (123-82 e 82-137). No que respecta á Copa Korać o equipo faría un bo papel, aínda que quedou eliminado tras perder seis encontros na liguiña de cuartos de final, onde se tivo que enfrontar aos potentes Estrela Vermella de Belgrado (subcampión da competición dous anos antes), ao ASVEL Villeurbanne (club máis laureado da historia do baloncesto francés) e ao Pallacanestro Varese (cinco veces Campión de Europa). Os resultados desta liguiña de cuartos foron os seguintes:[9]
Data | Lugar | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante | Máximo anotador do Breogán |
---|---|---|---|---|---|
4-12-1985 | Pavillón Municipal, Lugo | CB Breogán | 72 - 79 | Pallacanestro Varese | Manel Sánchez (29) |
11-12-1985 | Pavillón Municipal, Lugo | CB Breogán | 100 - 112 | ASVEL Villeurbanne | Jim Wright (25) |
8-1-1986 | Pavillón Municipal, Lugo | CB Breogán | 91 - 102 | KK Crvena zvezda | Juan Francisco Garrido (27) |
15-1-1986 | PalaWhirlpool, Varese | Pallacanestro Varese | 101 - 82 | CB Breogán | Jim Wright (24) |
22-1-1986 | Maison des Sports, Villeurbanne | ASVEL Villeurbanne | 104 - 77 | CB Breogán | Jim Wright (22) |
29-1-1986 | Hala Pionir, Belgrado | KK Crvena zvezda | 117 - 94 | CB Breogán | Jim Wright (42) |
Descenso e retorno |
En plena tempada de éxitos, o Breogán perdera o ano anterior a un dos ídolos da afección, Jim Wright. A saída do club do americano foi motivada por unha serie de ameazas debidas a unhas débedas contraídas polo consumo de cocaína, droga á que estaba enganchado.[10] Na seguinte campaña, tamén deixaron o club Jeff Allen e Winfred King, polo que o club contratou dous novos xogadores foráneos, Art Housey, procedente do Ron Negrita Joventut e a Victor Anger, que tan só xogou trece encontros. Así, cun cadro moi renovado, o Breogán encadea un pésimo inicio de tempada, perdendo de xeito consecutivo os sete primeiros encontros da liga.[11]
Coa marcha de Anger e a chegada de Rudy Woods o Breogán melloraría, aínda que sen poder evitar chegar aos playoffs pola permanencia. Neles tívose que enfrontar ao Gin MG-Sarriá de Barcelona, co que perdeu en catro encontros tras gañar o primeiro en Lugo e perder logo os tres seguintes con marcadores moi axustados. Despois duns anos nos que o Breogán se convertera nun dos equipos máis destacados do baloncesto estatal, perdía a categoría tras gañar 13 encontros e perder 19. Ao ano seguinte, en primeira división B, o equipo volvía protagonizar un ascenso fulgurante, ocupando sen problemas a primeira posición e retornando en tan só un ano á ACB.
A campaña 1988-1989 comezaría o Breogán de novo na máxima categoría do baloncesto estatal, nun equipo onde, á parte de Manel Sánchez e Tito Díaz, destacaban Ken Orange, Óscar Peña, Calvin Roberts e Antonio Sacedo. Ese ano os de Lugo conseguen 20 vitorias e 25 derrotas, salvando a categoría no playoff pola permanencia ante o Valvi Girona, nunha serie que chegou ao quinto encontro, no cal venceu o Breogán por 78-61. Na seguinte campaña chegarían ao equipo, entre outros, José Manuel Cabezudo, Juanmi Alonso e George Singleton. Ese ano, pese a rematar a tempada con máis vitorias que derrotas (22-18), o equipo ten que xogar o playoff pola permanencia, enfrontándose na primeira rolda do mesmo ao Caixa Ourense, ao cal venceu tras gañar a serie por 4-1, incluíndo os dous encontros xogados na cidade das Burgas.
Asentándose na ACB |
Na tempada 1990-91 chegaría a Lugo un dos americanos máis prestixiosos da liga, Claude Riley, que permanecería no equipo tres anos con magníficos resultados, converténdose nun dos ídolos da afección lucense. No primeiro ano de Riley o club consegue xogar os playoffs polo título, aínda que perdendo en primeira rolda contundentemente fronte ao Montigalà Joventut. Ao seguinte ano o equipo remataría na zona media da táboa, xogando o "playout", unha eliminatoria que decidía os postos do 9 ao 12 nunha competición con 24 equipos. Nesta rolda enfrontouse ao TDK Manresa e ao Pamesa Valencia, gañando dous encontros e perdendo outros dous.[12]
En 1992 chegaría ao club un dos mellores xogadores que pasaron pola historia do mesmo, o escolta procedente da Jugoplastika (que viña de ser campioa da Euroliga durante tres anos consecutivos) Velimir Perasović. O croata tan só xogaría un ano en Lugo, conseguindo 24,5 puntos por encontro, o que o converterían no máximo anotador da competición.[13] Esta tempada semellaba comezar ben para o equipo, perdendo por tan só catro puntos ante o FC Barcelona no Palau Sant Jordi (95-91) e tan só dous fronte ao Real Madrid de Arvydas Sabonis e Fernando Romay no Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid (105-103), con 29 puntos de Perasović e 27 de Cabezudo. Con todo, o Breogán non conseguiría gañar até a 9 xornada, a partir da cal o equipo mellorou e conseguiu rematar outra tempada na zona media da táboa.
Ao ano seguinte chegaría a Lugo outro xogador que destacaría ao longo dos anos no baloncesto europeo, Tanoka Beard. Porén, este xogador, que aínda mantén folgadamente o récord de valoración nun só partido da Euroliga (63), tan só xogaría oito partidos no club. No que respecta á tempada, o Breogán volveu quedar na zona media tras un ano con múltiples cambios no seu cadro de xogadores. Así o club chegaría á tempada 1994-95, na que incorporaría o escolta Tharon Mayes. Este ex-xogador da NBA, cunhas medias de case 23 puntos por encontro, non puido evitar as 10 derrotas consecutivas ao comezo da tempada e o final descenso do club.[14]
Volta a comezar |
Despois do descenso de 1995 o Breogán ocupa ao ano seguinte ao primeiro posto na segunda categoría, a liga EBA, mais por mor dun reaxuste da ACB o equipo non ascende, pasando a formar parte da primeira tempada da Liga LEB. O club non consegue ascender os dous anos seguintes tras perder na última eliminatoria e acabando nos dous casos en terceiro lugar. Por fin, en 1998-99, con xogadores como Santi Abad, Kenny Green, Rod Mason ou James Donaldson (All-Star da NBA) e adestrados por Paco García, o club proclámase campión da liga conseguindo a ansiada volta á máxima categoría.
Ao ano seguinte na ACB, o equipo decide manter á parella de estranxeiros, Green e Mason, e incorporar xogadores como o histórico José Miguel Antúnez, Sergio Luyk, César Sanmartín ou Jacobo Odriozola. Con todo, os resultados non foron bos e tras catro xornadas o Breogán non gaña ningún partido. O club decide tomar medidas e despide a Kenny Green, substituíndoo para o partido ante o FC Barcelona polo pivote de Miami Devin Davis. Ninguén esperaba tras este troco o que sucedería, o Breogán conseguía varrer ao Barça infrinxindo aos cataláns unha das maiores derrotas da súa historia, 90-66, con 33 puntos de César Sanmartín, 22 deles en oito minutos (2/2 en tiros de dous, 2/2 en tiros libres e 5/5 en triplas).[15][16] Pese a vitoria, o Breogán seguiu coa súa serie de derrotas, así que o club toma medidas de novo e bota a Rod Mason na décima xornada para contratar a Anthony Bonner. O cambio non puido ser máis radical e o equipo entrou nunha serie de vitorias que o puido levar a xogar os playoffs polo título, acabando finalmente no décimo terceiro lugar.
Na seguinte campaña, debido á boa marcha tralas incorporacións de Davis e Bonner o ano anterior, o equipo decide manter a columna vertebral dos anos anteriores, incorporando ademais a Nacho Biota e a Ricardo González. A tempada comezaría ben, mesmo chegando a gañar na complicada cancha do Adecco Estudiantes. Os bos resultados continuaban chegando, mais o club entra nunha mala serie e xorde un problema no vestiario por mor do comportamento de Anthony Bonner, polo que o club decide cortalo e fichar ao aleiro Nikola Lončar. Finalmente o equipo consegue rematar de novo na zona media da clasificación. Na tempada 2001-02 o equipo mantén o equipo do ano pasado, incorporando o veterano base Joaquín Ruiz Lorente e o pivote estadounidense Bobby Martin. O equipo comezaría a campaña de xeito espectacular, ocupando os primeiros postos da clasificación, mais algunhas malas series levarían ao equipo a quedar finalmente undécimo.
Revolución polos playoffs |
Na tempada 2002-03 volven os cambios a Lugo, un novo presidente chega en substitución de Raúl López, Francisco Moure Bourio, e ao banco regresa o catalán Andreu Casadevall. Con estes cambios o club tenta dar un paso máis, tendo como obxectivo asentarse na parte alta da táboa, e para conseguir este obxectivo chegan novos reforzos, Bobby Martin é substituído polo panameño Rubén Garcés, renóvase a parella de bases cos internacionais Javi Rodríguez e Joseph Gomis, como reforzo interior chega Alfonso Albert, e para a posición de escolta contrátase unha das estrelas do baloncesto arxentino, Jorge Racca. Ao comezo da tempada o Breogán perde tres partidos consecutivos, máis recupérase e consegue gañarlles ao DKV Joventut, ao Fórum Valladolid e mesmo ao Real Madrid no pavillón Raimundo Saporta. Con todo, a contribución de Racca é moi pequena e o club parece condenado a encadear outra tempada mediocre, mais todo cambiaría cara ao final da liga, xa que o Breogán consegue gañar 9 de 11 encontros, destacando vitorias ante o Real Madrid, Tau Cerámica, Auna Canarias ou Pamesa Valencia. Finalmente, perde na última xornada ante o Ricoh Manresa por dez puntos, acabando de novo na zona media da táboa.
Ao ano seguinte o club decide manter o bloque do ano pasado que tan bos resultados dera ao final da anterior tempada, cambiando ao base Javi Rodríguez polo británico Danny Lewis, agardando que este ano o Breogán poida entrar nos ansiados playoffs polo título. Con todo, o Breogán volve encadear un comezo de tempada pésimo, mais o equipo comeza a render e remata a tempada no noveno posto, moi preto de entrar en playoffs e quedando por riba de clubs como o Real Madrid. Esta posición supoñía para o Breogán volver xogar de novo en Europa, mais incomprensiblemente a ULEB decide invitar a xogar o Real Madrid (décimo na liga) na ULEB Cup antes que aos de Lugo[17]. Esta decisión da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto senta mal ao club e mesmo na Federación Española de Baloncesto, polo que días antes de rematar o prazo de inscrición nesa competición decídese invitar tamén ao Breogán, que rexeita a invitación por mor da imposibilidade de prepararse en tan pouco tempo para ela.
Pese á frustración, a tempada 2004-05 chega cos reforzos do histórico internacional Alfonso Reyes e de Alfons Alzamora, mais esta campaña suporía unha das máis lembradas pola afección lucense por outro motivo, xa que chegaría ao equipo un escolta estadounidense chamado Charlie Bell. Pese a xogar tan só un ano en Lugo, converteríase nun ídolo na cidade e nun dos xogadores máis lembrados da historia do club. A tempada comezaría coa lesión do propio Bell, o cal facía complicada a súa continuidade no equipo, mais pese a todo decide xogar aínda lesionado e aínda coxo realizaría verdadeiras fazañas, anotándolle 37 puntos ao Real Madrid ou 30 ao Tau Cerámica. Unha vez recuperado, o seu nivel de xogo sobe aínda máis, logrando anotacións de 40 puntos fronte ao Pamesa Valencia ou 41 puntos fronte ao Fórum Valladolid, sendo o seu tope de anotación de 43 puntos fronte ao Caja San Fernando. Tal foi a revolución que Bell mesmo comezou a aparecer habitualmente en programas e reportaxes dos medios de comunicación estatais.[18]
Así, conseguiría ser nomeado tres veces xogador da semana (xornadas 15, 19 e 24) e outras tres veces xogador do mes (xaneiro, febreiro e marzo). Ademais, ao final da tempada liderou a clasificación en tiros de tres, cunha media do 44,49% de acerto, e colocándose primeiro na clasificación de anotadores, rematando a temporada cunha media de 27,0 puntos por encontro, sendo a media máis alta dun xogador dende 1990.[19] Grazas ao rendemento de Charlie Bell, o equipo comezou a gañar, soñando con entrar durante algúns momentos con entrar nos playoffs polo título, aínda que finalmente non o consegue. Charlie Bell acabou finalmente a tempada cunha media de 27 puntos por partido, 3 rebotes, 2 asistencias e 22,8 puntos de valoración de media. Foi elixido no quinteto ideal e estivo preto de ser MVP, quedando cuarto nas votacións. Ademais gañou o galardón de "Gigante del año" (do castelán: Xigante do ano) que a revista "Gigantes" entrega cada ano ao mellor xogador da liga ACB.
Volta ao pozo |
Ao ano seguinte "o Xenio de Flint" (como é lembrado Bell en Lugo) marchou aos Milwaukee Bucks da NBA e o club fixo un dos cambios máis radicais dos últimos anos. Marcharon, á parte de Charlie Bell, Joseph Gomis, Giffa, Hadley, Castiñeira e Esteban López e chegarían Pete Mickeal, máximo anotador da ULEB Cup procedente do Makedonikos, Nebojša Bogavac do Hemofarm, Tyrone Grant, McNaull, Sartorelli e Urtasun, que se unían a Javi Rodríguez, Đuro Ostojić, Marco Carraretto, Alfonso Reyes e Alzamora. A tempada comezaría ben por fin, con tres vitorias en catro xornadas, e o equipo continuaría cunha boa marcha que se foi perdendo pouco a pouco até perder nove partidos nas últimas dez xornadas (gran parte dos cales por resultados axustados), o que os condenaba a loitar na última xornada pola permanencia ante o Fórum Valladolid no Polideportivo Pisuerga. O Breogán perdeu e descendía na última xornada á Liga LEB, pese ás contribucións de Pete Mickeal, segundo máximo anotador e segundo en valoración da liga, seis veces nomeado xogador da xornada,[20] e tres veces xogador do mes.
Así o club comezaba unha nova etapa na Liga LEB, fracasando no primeiro intento de ascenso en 2007 quedando no noveno posto da Liga. Ao ano seguinte as cousas mellorarían, mais o club perde nas semifinais da Final Four polo ascenso ante o Bruesa GBC; pese ao amargor da derrota, o Breogán cando menos consegue gañar a prestixiosa Copa Príncipe de Asturias celebrada en Zaragoza. En 2009 o fracaso chega de novo e o club remata na cuarta posición por segunda vez consecutiva. Por mor dos continuos fracasos e diversos problemas económicos, o club, presidido por Raúl López, decide dar un golpe de temón e comezar a sanear as contas para facer un proxecto de futuro. Para a tempada 2009-10 o club contrata xogadores a priori con pouca experiencia e descoñecidos, fixando como meta a permanencia para ir consolidándose. Con todo, cun orzamento menos da metade que outros anos e un cadro de xogadores renovado e inexperto, o Breogán consegue clasificarse para os playoffs polo ascenso, onde tivo que enfrontarse ao Menorca. A serie comezaba con dous partidos na casa do equipo balear, perdidos polos de Lugo por mor de polémicas decisión arbitrais.[21] Con ambiente caldeado a eliminatoria chegaría ao Pazo dos Deportes, onde tras gañar o primeiro partido o Breogán despedíase do ascenso finalmente tras perder no cuarto encontro. Con todo, a valoración da tempada por parte do club foi moi boa e o presidente Raúl López chega a presumir dunha boa saúde económica.[22] Con todo, despois de finalizar a campaña o presidente abandonaria o club, pasando a ocupar o cargo de presidente do Obradoiro CAB compostelán. Tras facerse cargo como presidente Xosé Antón Bao, como vicepresidente da Deputación de Lugo, descubriríase que a boa saúde non era tal, xa que o club arrastraba unha débeda de 1 500 000 euros.
Novo comezo |
A nivel deportivo para a campaña 2010-11 o cadro de xogadores foi completamente renovado, chegando como extracomunitarios Eric Hayes e Cliff Brown, continuando no posto de adestrador Rubén Domínguez. A temporada comezou cunha vitoria na cancha do Baloncesto Murcia, principal favorito ao ascenso e que ao final da tempada ocupou o primeiro posto con tan só dúas derrotas, para comezar cunha serie de malos resultados que situaron ao club ao bordo dos postos de descenso. Finalmente o 12 de decembro o adestrador foi destituído chegando ao club o xerundense Pepe Rodríguez. A partir desa data o club comezaría a mellorar notablemente, incorporando ademais aos xogadores Mickaël Mokongo e a Eric Hicks, o que propiciou a marcha de Hayes. Ao final da tempada o Breogán acabaría cunha serie de oito vitorias consecutivas, a mellor serie de vitorias até o final da liga dun equipo na historia de LEB. Nos playoffs polo ascenso os de Lugo enfrontaríanse ao Baloncesto León, ao que conseguiron eliminar por 3 a 1 aínda non sendo cabeza de serie. Na seguinte rolda o club sería eliminado polo Obradoiro. A nivel económico os gastos da campaña foron de 1 229 000 euros, mentres que os ingresos ascenderon a 1 410 895 euros. Polo tanto, un superávit de 181.482 euros.
Na tempada 2011-12, a empresa Leite Río deixa de patrocinar ao club. A nivel deportivo continuaría Pepe Rodríguez como adestrador, manténdose como único xogador do ano pasado James Feldeine, o mellor xogador do Breogán ao final da tempada pasada e un dos xogadores máis queridos polos seareiros dos últimos anos. Tamén se incorporarían como extracomunitarios o aleiro Joe Krabbenhoft e o pivote Brooks Sales. Cun bo inicio da tempada a situación empeoraría, perdendo contra rivais en teoría con menos aspiracións. Isto propiciou en decembro a marcha do equipo de Andy Ogide, de mutuo acordo co club que, xunto coa lesión de Chema González, levaron á chegada de Carlos de Cobos e Papa Dia. O 20 de decembro, na Xunta de accionistas, sería nomeado un novo presidente, o avogado Julio González. Despois de conseguir oito vitorias consecutivas cara ao final da tempada, o Breogán caería na primeira rolda dos play-off ante o Menorca. A nivel institucional Julio González abandona a presidencia en maio de 2013, facéndose cargo do club Antonio Veiga.[23]
As tempadas posteriores pódense cualificar como de rexurdimento a nivel social do club.[24][25] Tras rematar a liga LEB en sexta posición na tempada 2012-13, e en cuarta posición ao ano seguinte, a tempada 2014-15 iniciábase con grandes expectativas. Ao equipo chegaron xogadores importantes como Álex Llorca ou Osvaldas Matulionis, e máis tarde habería reforzos de peso coma Gary McGhee. O equipo, que ese ano dirixiría dende o inicio o adestrador lucense Lisardo Gómez, amosouse moi competitivo durante toda a liga regular, rematando terceiro de cara aos play-off. Despois de eliminar a Palencia e Valladolid en primeira e segunda rolda respectivamente, o Breogán chegou á final polo ascenso contra o Club Ourense Baloncesto que finalmente foi o vencedor. Esta final histórica entre os dous equipos da beira do Miño, supuxo para o Ourense o ascenso de categoría (despois frustrado nos despachos), mentres que para o Breogán, que estivo a poucos minutos de acadar o seu soño no cuarto partido en Lugo, supuxo atoparse de novo coa súa afeción e a súa cidade. O cheo que rexistrou o Pazo dos Deportes durante a final fixo recordar o ambiente das grandes citas durante os mellores anos do equipo na máxima categoría.[26][27] A tempada seguinte 2015-2016 tamén levantou grandes expectativas, porén o equipo non rendeu ao mesmo nivel que o ano precedente, e só puido clasificarse quinto na liga regular e caer despois en primeira rolda de play-off contra o Básquet Coruña. Con todo, a nivel extradeportivo destaca a chegada da empresa lucense Cafés Candelas como patrocinador principal do club.[28]
50 Aniversario |
Tras o fracaso deportivo da temporada 2015-16 e a saída do accionarado do club da Deputación de Lugo o verán de 2016 foi moi convulso. Finalmente, Jesús Lázare faise cargo da presidencia do club, tendo como primeira misión a reconstrución dun club que non contaba con ningún xogador.[29] Tras a despedida do banco celeste Lisardo Gómez a mediados da temporada anterior, sendo substituído polo seu axudante Quique Fraga, a primeira incorporación do club foi o adestrador Natxo Lezkano. Sen apenas tempo para facer pretemporada, o club comeza a incorporar xogadores, non ficando pechado o cadro de xogadores até o 20 de outubro coas chegadas de Jorge Romero, para suplir a baixa dun lesionado Salva Arco, e do estadounidense Matt Stainbrook. Pese a todas as dificultades, o club comeza gañando os catro primeiros partidos de competición. De feito, o equipo consegue a maior vitoria da historia da LEB ao gañar por 50-113 (63 puntos de diferenza) ao Cáceres.[30] A tempada transcorreu con altibaixos pero co tempo o equipo acadou unha boa regularidade rematando en segundo posto a liga regular. Porén chegou aos playoffs acusando o cansazo e tras eliminar ao Palma en cuartos de final en cinco partidos caeu despois en semifinales claramente contra o Burgos por 3-0.
Á marxe do plano puramente deportivo, durante a tempada 2016-17 o Breogán festexou o 50 aniversario da súa fundación en 1966. Como parte desta efeméride rendeu homenaxe en cada un dos partidos que disputa na casa a unha persoa ou colectivo dos que foron clave durante este medio século de historia.[31] A lista de homenaxeados foi a seguinte:
- 08/10/16 (Xornada 2): José Ramón Varela Portas. Fundador do club xunto cos seus irmáns.[32]
- 18/10/16 (Xornada 4): Lisardo Gómez. Adestrador de categorías inferiores e axudante do Breogán durante moitos anos. Primeiro adestrador do equipo no período 2013-16.[24]
- 29/10/16 (Xornada 6): Dr. Miguel Giao. Médico do Breogán durante 25 anos.[33]
- 05/11/16 (Xornada 7): Xogadores do Breogán nas súas primeiras tempadas de historia.[34]
- 12/11/16 (Xornada 9): José Real. Seareiro do Breogán e socio dende os inicios. Incondicinal da bancada do Pazo a pesar da súa condición de invidente.[35]
- 26/11/16 (Xornada 11): Mª Teresa "Tita" Franco. Impulsora do deporte en Lugo, especialmente do baloncesto. Ex-xogadora de baloncesto e ex-directiva do Breogán.[36]
- 02/12/16 (Xornada 13): Julio Vila. Seareiro do equipo. Un dos fundadores e presidente da Peña Breogán (falecido en 2009, recibiu unha homenaxe póstuma).[37]
- 17/12/16 (Xornada 15): Mª Josefa Rubiás, Olga Ulloa e José Martínez, 3 dos aboados máis lonxevos do club, que recibiron a homenaxe en representación de todos os breoganistas de máis idade.[38]
- 28/12/16 (Xornada 16): César Sanmartín e Ricardo González. Xogadores emblemáticos do Breogán no seu paso pola ACB entre os anos 1999 e 2006.[39]
- 30/12/16 (Xornada 17): Paco Rivera e Arcadio Silvosa. Xornalistas lucenses que durante anos deron cobertura informativa do Breogán.[40]
- 14/01/17 (Xornada 20): Paco García, adestrador con máis partidos dirixidos ao Breogán e protagonista do ascenso á ACB de 1999.[41]
- 04/02/17 (Xornada 22): Victorino Melle, Antonio Feás e Jorge Chao (póstumo). Defensores durante anos do baloncesto lucense e do Breogán a nivel federativo.
- 11/03/17 (Xornada 27): Xogadores do Breogán na tempada 1984-85, o que se considera mellor equipo de baloncesto galego da historia: Tito Díaz, Manel Sánchez, Tomás Jimenez, Liru, Suso Fernández e o adestrador daquela tempada José Antonio Figueroa.
- 24/03/17 (Xornada 29): Membros da Peña Boinas e Zocas. Unha das primeiras e mítica peña breoganista que animaban no vello pavillón Municipal.
- 28/03/17 (Xornada 18, aprazado): Ramón Estévez, presidente do club entre 1988 e 1993 e Ricardo Hevia, adestrador en tres etapas 1989-91, 1992-93 e 1995-97.
- 08/04/17 (Xornada 31): María José Castro "Sesé". Traballadora nas oficinas do club durante máis de 35 anos.
Novo ascenso |
A tempada seguinte 2017−18 comezou dando continuidade ao proxecto de Lezkano, que repetiu como adestrador. Seguiron no cadro de xogadores homes importantes como Arco, Stainbrook ou o lucense Sergi Quintela, e os reforzos que viñeron axudaron a conformar un bloque sólido para asaltar o ascenso á liga ACB. A tempada transcorreu con gran regularidade co equipo case sempre ocupando a primeira posición da táboa. Así chegouse a xornada 32 coa posibilidade de ascenso matemático xogando no Pazo de Lugo contra o Iraurgi Saski. Ante o seu público, o Breogán gañou o partido e acadou a súa praza na ACB logo de 12 anos. A liga rematou cun balance para o Breogán de 28 vitorias e so 6 derrotas.[42] Ademais do ascenso, o Breogán xa se proclamara, mediada a liga, campión da Copa Princesa. A final xogouse en Lugo contra o Básquet Manresa e o resultado final foi de 90-86.[43] O éxito deportivo puido ser referendado a nivel burocrático e federativo de forma positiva e o Breogán partiu como un dos 18 equipos participantes da Liga ACB 2018−19.[44]
Pavillón |
- Artigo principal: Pazo dos Deportes de Lugo.
- Véxase tamén: Pavillón dos Deportes de Lugo.
O Breogán xoga os seus encontros como local no Pazo dos Deportes, un pavillón inaugurado en 1992, con capacidade para 7.500 espectadores[2][3]. Á parte do Breogán, tamén xoga no recinto o Ensino Porta XI, equipo de baloncesto feminino da cidade que compite na Liga Femenina de Baloncesto, máxima categoría do baloncesto feminino estatal. Alén dos equipos de baloncesto, o pavillón é utilizado esporádicamente para a organización doutros eventos deportivos e culturais.
O Pazo atópase situado no barrio de Acea de Olga da cidade amurallada, no campus da Universidade de Santiago de Compostela, motivo polo cal é ás veces chamado "Pazo Universitario" ou simplemente "Universitario". Conta con pistas de squash, ximnasio e pistas polideportivas anexas. Ademais, conta cun pequeno pavillón anexo adicado ao baloncesto con dúas canchas. Nos arredores hai tamén unha piscina cuberta, pistas de atletismo e un campo de rugby. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Antes de trasladarse a xogar no Pazo, o Breogán xogaba os seus encontros como local no Palacio Municipal de Deportes ou Pavillón dos Deportes, recinto que se atopa no Parque de Rosalía de Castro, no centro da cidade. Este polideportivo, inaugurado en 1964, tiña capacidade para 3.500 espectadores, e aínda segue sendo utilizado polos club de categorías inferiores de baloncesto e de xeito habitual polo Prone.
Nome |
- Véxase tamén: Breogán.
O nome do club provén do mítico rei céltico de Galicia Breogán. Existen moitas versións sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega. Con todo, en realidade foi o referente das tribos galaicas, pois o concepto de estado-nación procede do século XIX. O nome Breogán significa "Breo-genus", é dicir "fillo de Brath", sendo "Breo" o Brath gaélico. Os descendentes de Breogán foron, entre outros, Ith e Belenus. Existen unhas aras adicadas ao "deus lar Berobreo" localizadas no Monte Facho de Donón, no concello de Cangas. As aras están escritas en latín, sendo de resaltar que "deus lar" significaba na súa orixe "defunto divinizado",[45] polo que se podería traducir como aras adicadas ao "defunto divinizado" Berobreo.[46][47]
De acordo coa lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación Lebor Gabála Érenn ("Libro das Invasións"), o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante dende o seu cumio. A ollada desa terra enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona. Galicia descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán.
Xunto ao nome "Breogán" ao longo da historia o club recibiu numerosas denominacións por mor das empresas que patrocinan ao club, sendo o último patrocinador principal do equipo até o momento a compañía cafeteira Cafés Candelas, con sede na propia cidade de Lugo. Os nomes utilizados polo club durante diferentes períodos son os seguintes:
Anos | Nome | Patrocinador | Actividade |
---|---|---|---|
1966−1969 | Breogán Lugo | - | |
1969−1973 | Breogán Fontecelta | Fontecelta | Produtora de auga mineral |
1973−1975 | Breogán Lugo | - | |
1975−1976 | Breogán La Casera | La Casera S.L. | Produtora de gasosa |
1976−1979 | Breogán Lugo | - | |
1979−1980 | Breogán Deportes Bourio | Deportes Bourio | Equipamentos deportivos |
1980−1981 | Breogán Stilton | Club Stilton | Hostelaría |
1981−1982 | Breogán Internacional de Seguros | Internacional de Seguros | Aseguradora |
1982−1986 | Breogán Caixa Galicia | Caixa Galicia | Caixa de aforros |
1986−1989 | Leche Río Breogán | Lácteos Lence S.L. | Produtora de leite |
1989−1994 | DYC Breogán | Destilerías y Crianza del Whisky S.A. | Elaboradora de whisky |
1994−1995 | DYC Lugo | Allied Domecq | Elaboradora de whisky |
1995−1998 | Leche Río Breogán | Leite Río S.L. | Produtora de leite |
1998−2001 | Breogán Universidade | Universidade de Santiago de Compostela | Universidade |
2001−2012 | Leche Río Breogán | Leite Río S.L. | Produtora de leite |
2011−2013 | CB Breogán Lugo | - | |
2014−2015 | Ribeira Sacra Breogán Lugo | Deputación de Lugo | - |
Desde 2015 | Cafés Candelas Breogán | Cafés Candelas | Produtora de café |
O Breogán na cultura popular |
O Breogán é un símbolo da cidade de Lugo, sendo máis que un equipo dende a súa fundación, xa que é o equipo deportivo máis importante da cidade e un dos máis importantes de Galicia.[48] Por mor diso o equipo ten gran representación dentro da cidade e mesmo en todo o país, nos que organiza actividades para promover a importancia do exercicio físico e o deporte, sobre todo cos máis novos. Tamén dispón de acordos de colaboración con numerosos equipos da cidade e mesmo da provincia para promover o baloncesto lucense, sobre todo entre os máis novos.[49] Outra das actividades que realiza habitualmente son visitas e colaboracións con centros educativos de toda a provincia, os cales participan en diferentes actividades ofrecidas.[50]
Con respecto ao alcance histórico do Breogán a nivel popular, cómpre destacar o filme rodado e estreado en tódolos cinemas a nivel estatal en 1985 por Mario Camus La vieja música (do castelán: A vella música). A película, protagonizada por Federico Luppi, Antonio Resines, Paco Rabal, Miguel Rellán, Agustín González e Charo López, coa colaboración de ilustres do baloncesto como Fernando Martín, Antonio Díaz-Miguel, Jim Wright, Tito Díaz ou Manel Sánchez, conta a historia dun uruguaio que chega a Lugo coa súa filla para adestrar ao Breogán, todo mesturado cunha historia de amor e secuencias de partidos de baloncesto da época de gran calidade.[51] Como anécdota dicir que un dos motivos polos que se elixiu Lugo (a parte do Breogán) foi porque, segundo o director, quería recrear un clima "chuvioso e frío", con todo para poder recrear iso tivo que contar coa axuda dos bombeiros xa que fixo bo tempo durante toda a rodaxe.[52]
Xogadores |
Véxase tamén: Xogadores do Club Baloncesto Breogán.
- Véxase tamén: Cadros de xogadores de tempadas pasadas do Club Baloncesto Breogán.
Elenco actual |
Cafés Candelas Breogán 2018-2019 (ACB) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro |
Destacados |
|
|
|
|
Galardóns individuais |
Máximo anotador da ACB
Mellor quinteto da ACB
Concurso de triplas da ACB
Xogador máis valioso do mes da ACB
| Xogador máis valioso da xornada da ACB
|
Adestradores |
Véxase tamén: Adestradores do Club Baloncesto Breogán.
Os seguintes son todos os adestradores que dirixiron ao Breogán ao longo de toda a súa historia.[53]
|
|
Presidentes |
Véxase tamén: Presidentes do Club Baloncesto Breogán.
Os seguintes son todos os presidentes que dirixiron ao Breogán ao longo de toda a súa historia.[54]
|
|
Palmarés |
Liga Española de Baloncesto: 2
1998-99, 2017-18.
Liga de segunda división: 6
1968-69, 1969-70, 1974-75, 1983-84, 1987-88, 1995-96.
Copa do Príncipe de Asturias: 2
2008, 2018.
Copa Galicia: 12
1986, 1987, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2018.
Historial |
Liga |
Ano | Nivel | División | Pos. | Playoff | RL | PO | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966–67 | 4 | 3ª Provincial | 1 | Ascenso | – | – | – | – | – | – | – | – |
1967–68 | 3 | 3ª División | 1 | Ascenso | – | – | – | – | – | – | – | – |
1968–69 | 2 | 2ª División | 1 | Playoffs ascenso | 10–2 | 5–4 | – | – | – | – | – | – |
1969–70 | 2 | 2ª División | 1 | Ascenso | 17–3 | – | – | – | – | – | – | – |
1970–71 | 1 | 1ª División | 9 | Playoffs descenso | 8–14 | 1–1 | – | – | – | – | – | – |
1971–72 | 1 | 1ª División | 11 | Playoffs descenso | 4–1–17 | 1–1 | – | – | – | – | – | – |
1972–73 | 1 | 1ª División | 13 | Playoffs descenso | 11–19 | 1–1–0 | Oitavos de final | – | – | – | – | – |
1973–74 | 1 | 1ª División | 15 | Descenso | 6–22 | – | – | – | – | – | – | – |
1974–75 | 2 | 2ª División | 1 | Ascenso | 25–3 | 4–0 | – | – | – | – | – | – |
1975–76 | 1 | 1ª División | 10 | Grupo descenso | 8–14 | 6–4 | – | – | – | – | – | – |
1976–77 | 1 | 1ª División | 12 | Descenso | 2–20 | – | Primeira rolda | – | – | – | – | – |
1977–78 | 2 | 2ª División | 9 | – | 13–2–15 | – | – | – | – | – | – | – |
1978–79 | 3 | 2ª División | Descenso | – | – | – | – | – | – | – | – | |
1979–80 | 4 | 3ª División | 1 | Ascenso | – | – | – | – | – | – | – | – |
1980–81 | 3 | 2ª División | 6 | – | 12–10 | – | – | – | – | – | – | – |
1981–82 | 3 | 2ª División | Ascenso | – | – | – | – | – | – | – | – | |
1982–83 | 2 | 1ª División B | – | – | – | – | – | – | – | – | – | |
1983–84 | 2 | 1ª División B | 2 | Ascenso | 18–8 | – | – | – | – | – | – | – |
1984–85 | 1 | Liga ACB | 6 | Cuartofinalista | 10–18 | 2–2 | – | Copa Príncipe | 3R | – | – | – |
1985–86 | 1 | Liga ACB | 7 | Cuartofinalista | 9–19 | 2–2 | – | Copa Príncipe | CF | Copa Korać | CF | 0–6 |
1986–87 | 1 | Liga ACB | 15 | Descenso | 12–16 | 1–3 | – | Copa Príncipe | SF | – | – | – |
1987–88 | 2 | 1ª División B | 5 | Ascenso | 25–11 | 4–4 | – | – | – | – | – | – |
1988–89 | 1 | Liga ACB | 21 | Playoffs descenso | 16–20 | 4–5 | Primeira rolda | – | – | – | – | – |
1989–90 | 1 | Liga ACB | 17 | Playoffs descenso | 19–17 | 3–1 | Cuartofinalista | – | – | – | – | – |
1990–91 | 1 | Liga ACB | 16 | Oitavos de final | 15–19 | 2–4 | Primeira rolda | – | – | – | – | – |
1991–92 | 1 | Liga ACB | 20 | Playoffs descenso | 12–22 | 3–0 | Primeira rolda | – | – | – | – | – |
1992–93 | 1 | Liga ACB | 17 | – | 12–19 | – | Terceira rolda | – | – | – | – | – |
1993–94 | 1 | Liga ACB | 16 | Oitavos de final | 10–18 | 0–2 | Terceira rolda | – | – | – | – | – |
1994–95 | 1 | Liga ACB | 20 | Descenso | 10–28 | 2–3 | Primeira rolda | – | – | – | – | – |
1995–96 | 2 | Liga EBA | 1 | Cuartofinalista | 25–5 | 2–4 | – | – | – | – | – | – |
1996–97 | 2 | LEB | 3 | Semifinalista | 17–9 | 5–4 | – | Copa Príncipe | 4º | – | – | – |
1997–98 | 2 | LEB | 3 | Semifinalista | 15–9 | 4–3 | – | Copa Príncipe | CF | – | – | – |
1998–99 | 2 | LEB | 1 | Ascenso | 18–8 | 8–2 | – | Copa Príncipe | CF | – | – | – |
1999–00 | 1 | Liga ACB | 13 | – | 15–19 | – | – | – | – | – | – | – |
2000–01 | 1 | Liga ACB | 11 | – | 13–21 | – | – | – | – | – | – | – |
2001–02 | 1 | Liga ACB | 13 | – | 13–21 | – | – | – | – | – | – | – |
2002–03 | 1 | Liga ACB | 9 | – | 17–17 | – | – | – | – | – | – | – |
2003–04 | 1 | Liga ACB | 15 | – | 14–20 | – | – | – | – | – | – | – |
2004–05 | 1 | Liga ACB | 11 | – | 13–21 | – | – | – | – | – | – | – |
2005–06 | 1 | Liga ACB | 18 | Descenso | 11–23 | – | – | – | – | – | – | – |
2006–07 | 2 | LEB | 9 | – | 17–17 | – | – | – | – | – | – | – |
2007–08 | 2 | LEB Ouro | 4 | Semifinalista | 24–10 | 2–1 | – | Copa Príncipe | C | – | – | – |
2008–09 | 2 | LEB Ouro | 6 | Cuartofinalista | 23–11 | 0–2 | – | – | – | – | – | – |
2009–10 | 2 | LEB Ouro | 8 | Cuartofinalista | 19–15 | 1–3 | – | – | – | – | – | – |
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 5 | Semifinalista | 18–16 | 3–4 | – | – | – | – | – | – |
2011–12 | 2 | LEB Ouro | 8 | Cuartofinalista | 19–15 | 1–3 | – | – | – | – | – | – |
2012–13 | 2 | LEB Ouro | 6 | Cuartofinalista | 14–12 | 2–3 | – | – | – | – | – | – |
2013–14 | 2 | LEB Ouro | 4 | Semifinalista | 18–8 | 2–4 | – | – | – | – | – | – |
2014–15 | 2 | LEB Ouro | 3 | Finalista | 20–8 | 7–5 | – | Copa Príncipe | 2º | – | – | – |
2015–16 | 2 | LEB Ouro | 7 | Cuartofinalista | 17–13 | 2–3 | – | – | – | – | – | – |
2016–17 | 2 | LEB Ouro | 4 | Cuartofinalista | 27–15 | 3–5 | – | – | – | – | – | – |
2017–18 | 2 | LEB Ouro | 1 | Ascenso | 28–6 | – | – | Copa Princesa | C | – | – | – |
Copa do Rei |
1967-1968. Oitavos de final.
1968-1969. Oitavos de final.
1969-1970. Oitavos de final.
1970-1971. Oitavos de final.
1972-1973. Oitavos de final.
1976-1977. Cuartos de final.
1989-1990. Cuartos de final.
Copa do Príncipe |
2007-2008. Campión, contra o Alicante Costa Blanca (94-91) en Zaragoza.
2017-2018. Campión, contra o ICL Manresa (90-86) en Lugo.
Copa Galicia |
1986. Campión
1987. Campión
1998. Campión
2000. Campión
2002. Campión, contra o Ourense Baloncesto (83-76) en Foz.
2003. Campión, contra o Ourense Baloncesto (92-73) en Lugo.
2004. Campión, contra o Inelga (74-57) en Santiago de Compostela.
2005. Campión, contra o Celso Míguez (107-78) en Pontevedra.
2007. Campión, contra o Beirasar Rosalía (89-57) en Vigo.
2008. Campión, contra o Beirasar Rosalía (82-64) en Ponteareas.
2009. Campión, contra o Xacobeo Blu:sens (63-57) no Porriño.
2018. Campión, contra o Obradoiro (75-74) en Marín.
Competicións Europeas |
1985-1986. Copa Korać: Eliminado na liguiña de cuartos de final.
Líderes |
Partidos
Minutos
Anotación
Rebotes
| Tapóns
Triplas
Asistencias
Recuperacións
|
Notas |
↑ Guía oficial da ACB 2009-10, páxina 201
↑ 2,02,1 Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.
↑ 3,03,1 É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa
↑ "Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2010. Consultado o 06 de maio de 2010.
↑ 5,05,1 Hemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12
↑ Historia do Breogán
↑ Alfredo Pérez, o último canoneiro
↑ Historia C.B. Breogán
↑ Hemeroteca de El Mundo Deportivo
↑ Jimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morte
↑ Resultados de Breogán en 1986-87
↑ Resultados de Breogán en 1990-91
↑ Ficha de Velimir Perasović en acb.com
↑ Resultados de Breogán en 1994-95
↑ Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58
↑ CB Breogán - FC Barcelona
↑ A FEB invita a participar nunha nova Liga Europea
↑ Charlie Bell na prensa estatal
↑ Máximos anotadores 2005
↑ Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada
↑ ""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar"". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 12 de maio de 2010.
↑ Raúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do Breogán
↑ Julio González confirma que cesa como presidente del Breogán
↑ 24,024,1 Homenaxe a Lisardo Gómez
↑ A tempada do rexurdimento celeste
↑ Entrevista a Lisardo Gómez
↑ El COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)
↑ Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán
↑ "Suso Lázare, novo presidente do Breogán". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016.
↑ Cafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historia
↑ El Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario
↑ "O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 04 de novembro de 2016.
↑ Miguel Giao recibiu a homenaxe do Pazo
↑ Homenaxe aos primeiros gladiadores celestes
↑ O home que nos amosa como ver o Breo co corazón
↑ Tita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreo
↑ Julio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo
↑ "O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"
↑ Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»
↑ Homenaxe por décadas de información
↑ Paco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario
↑ "Resultados y clasificaciones". feb.es.
↑ "O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa". cbbreogan.com.
↑ "O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB". cbbreogan.com.
↑ Bendala, Manuel, Tartessios, iberos y celtas, páx. 29.
↑ Daremberg e E. Saglio."Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines", pax.937
↑ Grimall, Pierre. Diccionario de mitología griega y romana, páx. 308, nota a o pè.Gabucci,Ada. "Roma", pax.158
↑ C.B. Breogán
↑ "Proxecto social". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2010. Consultado o 13 de maio de 2010.
↑ "Centros asociados". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2010. Consultado o 13 de maio de 2010.
↑ Ficha en imdb.com
↑ Mario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película (en castelán)
↑ Fernández, Cipriano. El cincuentenario del Breogán [O cincuentenario do Breogán]. pp. 292–306.
↑ Fernández, Cipriano. El cincuentenario del Breogán [O cincuentenario do Breogán]. pp. 256–257.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club Baloncesto Breogán |
Bibliografía |
Fernández, Cipriano (2016). El cincuentenario de Breogán [O cincuntenario do Breogán].
Outros artigos |
- Lugo
- Maximus
- Pazo dos Deportes
- Tempadas anteriores do Breogán
Ligazóns externas |
"Páxina web oficial".
"Club Baloncesto Breogán". ACB.com (en castelán).
"C. B. Breogán S.A.D.". Federación Española de Baloncesto (en castelán).
|
|
Categoría:
- Club Baloncesto Breogán
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.016","walltime":"1.253","ppvisitednodes":"value":6671,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":118692,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":13923,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":34023,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 680.723 1 -total"," 21.41% 145.760 1 Modelo:Club_Baloncesto_Breogán_2018"," 19.73% 134.289 1 Modelo:Listaref"," 19.13% 130.242 15 Modelo:Player3"," 15.41% 104.879 12 Modelo:Cita_web"," 13.75% 93.569 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.32% 77.065 30 Modelo:Convert"," 7.10% 48.340 1 Modelo:Commonscat"," 6.97% 47.471 1 Modelo:Equipo_FIBA"," 6.55% 44.580 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.201","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6256169,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190405215555","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Club Baloncesto Breogu00e1n","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Club_Baloncesto_Breog%C3%A1n","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q273733","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q273733","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-07-17T08:32:12Z","dateModified":"2019-03-30T19:20:16Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/61/Breog%C3%A1n_2018.jpg","headline":"club galego de baloncesto"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":202,"wgHostname":"mw1263"););