Lothar Matthäus Índice Carreira | Menú de navegaciónWorldCat85393603XX502104421946491036556ID1680141119095505nm13235830000 0001 2282 5474no2007079119ID01000001161xx0014543000112123lothar-matthaus132861747423254140961041441041441527lothar-matthaeus
Futbolistas de AlemañaDefensas de fútbolCentrocampistas de fútbolBalón de OuroFIFA 100Xogadores do Borussia MönchengladbachXogadores do FC Bayern MünchenXogadores do Inter de MilánXogadores do New York Red BullsXogadores da selección de fútbol de AlemañaNados en ErlangenNados en 1961Adestradores de fútbol de AlemañaAdestradores do SK Rapid WienAdestradores do FK PartizanAdestradores da selección de fútbol de HungríaAdestradores do CA ParanaenseAdestradores do Red Bull Salzburg
21 de marzo1961futbolistaxermanoBalón de Ouro1990AlemañaMundial de FútbolFIFA World Player19821986199019941998FIFA 100Fritz WalterUwe SeelerFranz BeckenbauerErlangenBaviera21 de marzo1961Borussia Mönchengladbach1984Alemaña do OesteEurocopa de Fútbol 198019821984Bayern MúnicBundesligasCopa de Europa1987FC PortoMundial 86ArxentinaMaradonaEurocopa de Fútbol 1988HolandapenaltiRonald KoemanMarco van BastenAndreas BrehmeInter de MilanSerie ASupercopa italiana1990Mundial de ItaliaArxentinaAndreas BrehmeCopa da UEFA1991FIFA World PlayerBayern MunichBundesligaDFB-PokalLiga de Campións1999Eurocopa de 1992Mundial de Fútbol EEUU 1994LíberoBulgariaEurocopa de Fútbol 1996InglaterraBerti VotgsdianteiroOliver BierhoffLiga de Campións2000MetroStarsLiga estadounidenseEurocopa de Fútbol 2000Rapid de VienaPartizan de BelgradoLjubisa TumbakovicLiga de CampiónsNewcastle UnitedhúngaroCroaciaSueciaBulgaria11 de xaneiroAtlético ParanaenseBrasilEuropa9 de maio2006Red Bull Salzburg
Lothar Matthäus
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Lothar Matthäus | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome completo | Lothar Herbert Matthäus | ||
Nacemento | 21 de marzo de 1961 (58 anos) | ||
Lugar | Erlangen, | ||
Altura | 1,74 | ||
Posición | Mediocentro,Mediapunta,Líbero | ||
Información de club | |||
Club actual | retirado |
Lothar Herbert Matthäus (nado o 21 de marzo de 1961) é un ex-futbolista xermano, que na actualidade exerce coma adestrador. Gañou o Balón de Ouro en 1990, o mesmo ano que a Alemaña gañaba o seu terceiro Mundial de Fútbol. Ao ano seguinte tamén conseguiu o FIFA World Player.
Xogou en cinco mundiais de fútbol: 1982, 1986, 1990, 1994 e 1998. Ten a marca de máis encontros de Copa do Mundo disputados (25).
Matthäus tamén é membro da FIFA 100 e é un dos Capitáns Honorarios da selección xermana xunta Fritz Walter, Uwe Seeler e Franz Beckenbauer.
Índice
1 Carreira
1.1 Xogador
1.2 Adestrador
1.3 Títulos
Carreira |
Xogador |
Matthäus naceu en Erlangen, Baviera, o 21 de marzo de 1961.
Comeza a súa carreira profesional en 1979 co Borussia Mönchengladbach, no que xogou ata o ano 1984. Neses anos xa forma parte da Selección de Alemaña do Oeste, coa que gaña a Eurocopa de Fútbol 1980. Ademais quedan subcampións no Mundial de 1982.
En 1984 ficha polo Bayern Múnic onde gaña dúas Bundesligas e queda subcampión da Copa de Europa en 1987, perdendo na final contra o FC Porto por 2-1.
Cando chega o Mundial 86 Matthäus xa é un indiscutible na selección xermana. Chegarían ata a final, onde caerían ante a Arxentina de Maradona por 3-2.
Na Eurocopa de Fútbol 1988, perden en semifinais diante dos futuros campións, a Holanda. Matthäus anota o 1-0 de penalti, máis rematarían perdendo o encontro por 2-1, cos goles de Ronald Koeman e Marco van Basten.
Ese mesmo ano, Matthäus e o tamén xermano Andreas Brehme fichan polo Inter de Milan, co que gañarían o Scudetto da Serie A e a Supercopa italiana
Mais o seu máis grande triunfo viría en 1990, no Mundial de Italia. Aquí por fin conseguirían o campionato, con Matthäus dirixindo ó equipo dende o medio do campo, e anotando un total de catro goles. Na final enfrotáronse de novo á Arxentina, mais desta volta gañaron 1-0, gol de penalti de Andreas Brehme no minuto 85 de xogo. Foi o derradeiro torneo de Alemaña do Oeste, xa que pouco despois acontece a reunificación do país.
Matthäus seguíu a colleitar éxitos co Inter, gañando a Copa da UEFA de 1991 e o premio FIFA World Player dese mesmo ano.
No ano 1992 volta ao Bayern Munich, cos que gañará catro veces a Bundesliga, dúas a DFB-Pokal e chegará á final da Liga de Campións en 1999
A pesar de non poder xogar na Eurocopa de 1992 por mor dunha lesión si estivo no Mundial de Fútbol EEUU 1994, xogando coa Alemaña unificada no posto de Líbero. Foron eliminados nos cuartos de final por Bulgaria.
Para a Eurocopa de Fútbol 1996, en Inglaterra, non foi convocado polo seleccionador Berti Votgs. Alemaña resultaría vencedora neste torneo, sendo a estrela da final o dianteiro Oliver Bierhoff. Matthäus deixou aquí un record para a posterioridade, 25 encontros xogados en 5 torneos da Copa do Mundo.
Só se lle escapou un trofeo ao longo da súa carreira, a Liga de Campións. A pesar de chegar dúas veces á final co Bayern, non puido gañar ningunha.
No ano 2000, marcha do Bayern cara o MetroStars, da Liga estadounidense, onde se retirará ese mesmo ano. Coa Alemaña xogaría o seu último encontro, o 150, na Eurocopa de Fútbol 2000.
Adestrador |
Matthäus comeza a súa carreira de adestrador con conxunto austríaco do Rapid de Viena. Non hai ningún éxito destacable na súa estancia aquí.
No mes de Nadal de 2002 ficha polo Partizan de Belgrado á metade da tempada, substituíndo ó despedido Ljubisa Tumbakovic. o Partizan gaña o título de liga e chega a participar na Liga de Campións do ano seguinte, eliminando o Newcastle United na rolda previa, mais non pasarían a fase de grupos.
En Nadal de 2003, abandona o cargo para aceptar se-lo novo seleccionador húngaro. O país tentaba volver ao seu sitio na elite do fútbol, mais desta volta todo ficaría igual. As derrotas con Croacia, Suecia e Bulgaria deixan ós maxiares fóra do Mundial 2006 e Matthäus é despedido.
O 11 de xaneiro de 2006 firma un contrato dun ano co Atlético Paranaense do Brasil, mais despois de sete encontros (5 vitorias e 2 empates) abandona a escuadra co gallo de estar máis preto da súa familia en Europa.
O 9 de maio de 2006 ficha polo Red Bull Salzburg, onde adestra na actualidade.
Títulos |
- Campión da Bundesliga: 7 (1985, 1986, 1987, 1994, 1997, 1999 e 2000)
Copa de Alemaña: 3 (1986, 1998, 2000)
Serie A: 1 (1989)
Liga de Serbia e Montenegro: 1 (2003) (adestrador)
Copa da UEFA: 2 (1991 e 1996)
Eurocopa de Fútbol: 1 (1980)
Copa do Mundo: 1 (1990)
|
Categorías:
- Futbolistas de Alemaña
- Defensas de fútbol
- Centrocampistas de fútbol
- Balón de Ouro
- FIFA 100
- Xogadores do Borussia Mönchengladbach
- Xogadores do FC Bayern München
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do New York Red Bulls
- Xogadores da selección de fútbol de Alemaña
- Nados en Erlangen
- Nados en 1961
- Adestradores de fútbol de Alemaña
- Adestradores do SK Rapid Wien
- Adestradores do FK Partizan
- Adestradores da selección de fútbol de Hungría
- Adestradores do CA Paranaense
- Adestradores do Red Bull Salzburg
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.616","walltime":"1.035","ppvisitednodes":"value":1233,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16711,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":334,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":23,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":24,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 965.481 1 -total"," 75.35% 727.521 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 24.63% 237.816 1 Modelo:InfFut"," 21.17% 204.392 1 Modelo:Infobox3cols"," 15.14% 146.140 1 Modelo:Propiedade"," 0.37% 3.582 1 Modelo:Idade"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.484","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6472215,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1329","timestamp":"20190623190551","ttl":3600,"transientcontent":true););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Lothar Matthu00e4us","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Lothar_Matth%C3%A4us","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q36386","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q36386","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-12-07T08:49:19Z","dateModified":"2019-05-17T12:28:43Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ad/Lothar_Matthaeus_2002.jpg","headline":"futbolista alemu00e1n"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":1205,"wgHostname":"mw1329"););