Virxe María Índice María nos textos relixiosos cristiáns | Notas para unha biografía | O culto á Virxe en Galicia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Fiesta de la Natividad de la Santísima Virgen María"o orixinal"Muerte y Asunción, la raíz judía de María "WorldCat5248273180677000035015XX1163085194362517846cnp00575474ID6810700402251186409090000 0004 2757 0951n8101854400570257ola20021004640000305801495277842174520
María (nai de Xesús)
gregohebreoárabexudíaNazaretGalileacristiámusulmánaiXesús de NazaretDeusBenaventurada Virxe MaríaNai de Deusigrexas occidentaiscristianismo orientalMaryamIsaislamCristomesíaspobo xudeuDeus FilloencarnadoprofetasDeusEvanxeos canónicosMateoLucasgregoEspírito SantoprometidaSan XoséBelénNovo TestamentoAnunciaciónarcanxo Gabrieltradición da IgrexaProtoevanxeo de SantiagoapócrifoXoaquínAnaIgrexa católicaIgrexa Ortodoxaortodoxia orientalComuñón AnglicanaluteranasveneraciónadvocaciónsmarioloxíaIgrexa católicadogmasInmaculada ConcepciónVirxindadeAsunciónCeoEvanxeosEvanxeos apócrifosProtoevanxeo de SantiagoXesús de NazaretXoaquínAnaTemplo de XerusalénXosé de NazaretMateoLucasMagosXoán o BautistaGalileaEvanxeo de XoánPentecosteNovo TestamentoGallaeciaNadalSan XoánsolsticiossaturnaisXoánÉfesoTemplo de ArtemisaFranqueiramonte de ParadantadolmenAguasantasSantuario da Virxe dos MilagresAmil, MorañaNosa Señora da LanzadaNoallaSanxenxonoite de San Xoán
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Virxe María
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Virxe María | |
---|---|
María na súa advocación das Dores, por Sassoferrato. | |
Theotokos ("Nai de Deus") Benaventurada Virxe María Nosa Señora Contémplalla en todos os momentos da súa vida e pedindo a súa intercesión sobre unha localidade ou cousa concreta, con numerosos títulos adaptados a tal fin. | |
Biografía | |
Nacemento | Data descoñecida; celébrase o 8 de setembro. Se Xesucristo naceu o 7 a. C., ela faríao entre o 30 e o 20 a. C.[1] en Lugar descoñecido, adoita citarse Séforis,[2] aínda existen muchas tradicións. |
Proceso de canonización | |
Veneración | |
Festividade |
|
A Virxe María, Santa María ou simplemente María (Mariam: grego: Μαριάμ; hebreo: מרים; árabe: مَريَمْ) foi unha muller xudía de Nazaret (Galilea), considerada segundo as tradicións cristiá e musulmá a nai de Xesús de Nazaret e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de Deus. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de Benaventurada Virxe María e Nai de Deus nas igrexas occidentais, e o seu equivalente Theotokos no cristianismo oriental, e Maryam, nai de Isa (Xesús) no islam. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é Cristo (é dicir, o mesías prometido ao pobo xudeu) e Deus Fillo encarnado, mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos profetas más importantes enviados por Deus á humanidade.
Segundo os Evanxeos canónicos de Mateo e Lucas, María era unha virxe (en grego παρθένος, parthénos)[3] que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do Espírito Santo. Os musulmáns cren que concibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba prometida a San Xosé mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a Belén, onde naceu Xesús.
O Novo Testamento comeza a súa crónica da vida de María coa Anunciación, cando o arcanxo Gabriel se lle apareceu e lle anunciou a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A tradición da Igrexa e o Protoevanxeo de Santiago (apócrifo) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San Xoaquín e Santa Ana.
Os cristiáns da Igrexa católica, da Igrexa Ortodoxa, da ortodoxia oriental, da Comuñón Anglicana e das igrexas luteranas cren que María, como nai de Xesús, é Nai de Deus (Μήτηρ Θεοῦ) e a Theotokos, "portadora de Deus". María ten recibido veneración dende os comezos do cristianismo, a través de numerosas advocacións (Virxe de Fátima, de Lourdes etc.). Hai unha grande diversidade na marioloxía e prácticas devocionais das diferentes tradicións cristiás. A Igrexa católica ten unha serie de dogmas marianos, como a Inmaculada Concepción, a Virxindade perpetua de María e a súa Asunción ao Ceo.
Índice
1 María nos textos relixiosos cristiáns
1.1 O Protoevanxeo de Santiago
1.2 Evanxeos da infancia
1.3 Vida pública de Xesús
1.4 Nos Feitos dos Apóstolos
1.5 Últimos anos segundo a tradición cristiá
2 Notas para unha biografía
2.1 Os irmáns de Xesús
3 O culto á Virxe en Galicia
3.1 Cristianización dos cultos precristiáns
3.2 Influencia das ordes relixiosas
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Outros artigos
María nos textos relixiosos cristiáns |
Temos dúas fontes principais para achegarnos á primeira visión cristiá sobre María. Os Evanxeos canónicos, sobre todo os relatos da infancia, e os Evanxeos apócrifos, principalmente o Protoevanxeo de Santiago. Non son fontes que se poidan poñer en igualdade en canto a fiabilidade, haberá que telo en conta se queremos achegarnos a un esbozo de biografía de María de Nazaret.
O Protoevanxeo de Santiago |
Presenta o nacemento e infancia de María facendo un paralelismo co relato que fan os evanxeos sobre o nacemento e infancia de Xesús de Nazaret. A súa validez histórica é moi pouca, baste dicir que conteñen contradicións cos Evanxeos en puntos importantes (o matrimonio de Xosé e María), ou que está cheo de inexactitudes históricas ou de absoluta ignorancia da cultura xudía (o voto de virxindade de María).
María é filla do matrimonio formado por Xoaquín e Ana. Son un matrimonio xa maior que non ten fillos, pero a súa piedade fai que Deus se apiade deles e lles anuncie o nacemento dun fillo. Eles deciden dedicar o neno que naza ao servizo de Deus. Por iso, cando cumpre tres anos, levan a nena María ao Templo de Xerusalén.
María fai voto de virxindade, e os sacerdotes do Templo, para cumprir coas leis mosaicas, buscan un home bo e ancián que case con ela e que respecte o seu voto. Un sinal divino (a vara florida), designa como candidato ideal a Xosé de Nazaret.
A partir deste punto da narración, o Protoevanxeo segue aos evanxeos da infancia, aínda que enchendo as lagoas con detalles milagreiros e populares, por exemplo:
- O boi e a mula que dan calor ao neno Xesús.
- Na fuxida a Exipto, as palmeiras agáchanse para darlle sombra á Virxe e ao neno.
- O neno Xesús entretense facendo pombiñas de barro e soprándolle para darlles vida. Pombiñas que un Xudas Iscariote neno rompe cun pau.
Evanxeos da infancia |
Son os Evanxeos de Mateo e Lucas os que recollen uns relatos sobre o nacemento e os primeiros anos da vida de Xesús. Os relatos difiren en moitos aspectos: Mateo fala dos Magos ou da matanza dos inocentes, Lucas cóntanos a adoración dos pastores ou detense con máis detalle no nacemento de Xoán o Bautista.
Pero aínda coas súas diferenzas, os dous relatos teñen elementos comúns[4]:
- Os pais de Xesús son María e Xosé, que están legalmente prometidos pero non casados (Mt 1,18; Lc 1,27.34).
- Xosé é da casa de David (Mt 1,16.20; Lc 1,27.32)
- Un anxo anuncia o nacemento do neno (Mt 1,20-23; Lc 1,30-35)
- María concibe ao neno sen o concurso do marido (Mt 1,20.23.25; Lc 1,34)
- A concepción é por obra do Espírito Santo (Mt 1,18.20; Lc 1,35)
- O anxo di que o neno debe de chamarse Xesús (Mt 1,21; Lc 1,31)
- Un anxo afirma que Xesús é o salvador (Mt 1,21; Lc 2,11)
- O neno nace cando os seus país xa viven xuntos como matrimonio (Mt 1,24-25; Lc 2,5-6)
- O nacemento ten lugar en Belén (Mt 2,1; Lc 2,4-6)
- O nacemento é en tempos de Herodes (Mt 2,1; Lc 1,5)
- O neno criouse en Nazaret (Mt 2,23; Lc 2,39)
O que amosan de María os evanxeos da infancia podemos resumilo no seguinte: é unha moza xudía prometida cun home chamado Xosé, á que se lle anuncia que, pola forza do Espírito Santo, concibirá a un neno que será salvador do mundo e que se chamará Xosé.
María corre un gran risco ao aceptar este anuncio, o matrimonio xudeu celebrábase en dous tempos: primeiro a promesa de matrimonio, que xa tiña valor legal, e despois a celebración do inicio efectivo da convivencia conxugal. A pena por adulterio era a morte por lapidación. Sálvase dese destino porque o seu prometido non quere denunciala.
Durante o seu embarazo vai facer compañía e axudar á súa prima Isabel, embarazada de Xoán o Bautista.
O neno nace en Belén, a cidade da casa de David á que pertence Xosé e o seu nacemento vai acompañado de sinais que auguran unha misión especial para el. Mateo dá por sentado que xa estaban alí, segundo Lucas baixaron desde Galilea por mor do censo ordenado polo César.
Co tempo a familia instálase en Nazaret, onde Xosé exerce de carpinteiro ou artesán.
Vida pública de Xesús |
Durante a vida pública de Xesús, María aparece de forma puntual pero nunca co seu marido, o que fai pensar aos estudosos que nese tempo xa era viúva. Si que aparece emparentada con outros seguidores de Xesús, como María Cleofé ou os seus fillos.
No Evanxeo de Xoán, no episodio da Vodas de Caná, María intercede polos noivos para que o seu fillo os axude.
Algunhas das aparicións de María nesa etapa non están exentas de controversia. En ocasións aparece enfrontada coa figura de Xesús, pois a familia quere levalo de volta para casa pois pensan que está tolo. Noutra ocasión, predicando Xesús en Nazaret, os veciños queren tiralo por un barranco Acúsano de mentireiro: non pode ser o Mesías posto que todos coñecen quen é: o fillo de Xosé, a súa nai e os seus irmáns son veciños do pobo.
Ten unha destacada presenza no momento da paixón, ao pé da cruz do seu fillo. Xesús encárgalle ao discípulo amado (seguramente Xoán o Evanxelista) que coide da súa nai. Despois do descendemento, Nicodemo pon o cadáver de Xesús no colo de María.
Nos Feitos dos Apóstolos |
María está reunido co resto do grupo de discípulos de Xesús o día do Pentecoste, cando a chegada do Espírito Santo enche de forza a aquela primeira comunidade para saír a anunciar de Xesús é o Cristo e que morreu e resucitou.
Esta é a derradeira aparición de María no Novo Testamento.
Últimos anos segundo a tradición cristiá |
Sobre a súa morte, hai dúas tradicións:
- Na máis antiga, María seguiu vivindo en Xerusalén, na comunidade dirixida polo seu sobriño (ou fillo)[5]Santiago. Alí morreu, foi enterrada e foi asunta aos ceos. No lugar tradicional da súa sepultura existe aínda hoxe unha igrexa, a Basilica da Dormición.
- Noutra tradición máis serodia, e apoiándose no texto evanxélico e nas tradicións sobre Xoán o Evanxelista, María trasladouse con este Éfeso, alí chegoulle o tempo da súa dormición e a súa Asunción: adormeceu desta vida e foi levada por anxos en corpo e alma ao ceo.
Na evolución que hai dunha tradición a outra (pasar de falar de "morte e sepultura" a "dormición") podemos ver xa unha constante na imaxe que as igrexas católica e ortodoxa, non así as protestantes, transmiten de María. A progresiva espiritualización ou mitificación da súa figura, esquecendo a súa realidade histórica.
Notas para unha biografía |
Tendo en conta o recollido ata aquí das fontes dispoñibles, podemos achegar uns elementos cos datos máis seguros que nos poderían achegar á biografía de María:
- Era unha muller xudía, que naceu, en tempo descoñecido, na rexión de Galilea, seguramente en Nazaret.
- Casou cun home tamén xudeu, Xosé, un artesán galileo.
- Tivo, polo menos, un fillo, Xesús, chamado polos cristiáns o Cristo ou o Mesías.
- Segue ao seu fillo durante a súa predicación ou, polo menos, está presente en distintos momentos.
- Está con el no momento da súa execución na cruz.
- Despois da súa morte, forma parte do grupo de discípulos, pero non consta que tivera un papel de liderado ou protagonista.
- Nada sabemos das circunstancias da súa morte.
Os irmáns de Xesús |
En dúas ocasións se nos fala nos Evanxeos dos irmáns de Xesús: cando os veciños de Nazaret queren matar a Xesús e cando a súa familia quere levalo canda eles porque o dan por tolo.
Esta expresión é fonte de interpretacións diversas e de controversia, sobre todo no campo da teoloxía católica, pola dificultade de conciliala co dogma da virxindade de María. Tampouco os termos utilizados axudan a aclarar a discusión, segundo o valor que lles deamos podemos chegar a dúas conclusións:
- O termo grego usado nos evanxeos "adelfos" (αδέλψος) non deixa lugar a dúbidas de que se trata de irmáns de sangue, polo que o propio texto recoñecería a existencia de irmáns de Xesús.
- Pero podemos interpretar que ese termo grego é tradución dun termo arameo que serve para designar en xeral aos parentes próximos, co que se podería traducir como irmá ou primo, por exemplo. As familias extensas, formadas polo patriarca, os seus fillos e noras e os seus netos favorecían o uso destes termos xerais para designar o parentesco[6].
O culto á Virxe en Galicia |
Véxase tamén: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa María
Cristianización dos cultos precristiáns |
A introdución do cristianismo na Gallaecia caracterizouse, como en xeral sucedeu en toda Europa, por un proceso de asimilación dos vellos cultos orixinais dos pobos cristianizados. Os casos máis notables son, con toda seguridade, as festas de Nadal e San Xoán, versións cristianizadas das festas dos solsticios de verán e de inverno (as saturnais).
En xeral, as divindades femininas da fertilidade ou os lugares de culto relacionados con estas foron cristianizados converténdoos en advocacións marianas e lugares de culto á virxe. Baste lembrar que a tradición cristiá falaba de que a virxe, trala morte e resurrección de Cristo, foi vivir con Xoán a Éfeso, cidade do Templo de Artemisa, a deusa nutricia.
Este xeito de cristianización, aplicado a Galicia, sobre todo ás zonas rurais, dá como resultado que moitas divindades e lugares de culto relacionadas coa terra ou a fertilidade -divindades normalmente femininas- acabaron convertidas en lugares de culto mariano.
De feito, moitos santuarios marianos actuais atópanse preto de fontes ou olleiros de auga, incluso a carón de xacementos arqueolóxicos. Por exemplo, no santuario da Virxe da Franqueira, hai, chegando ao templo, unha fonte chamada "da Virxe" e, no monte de Paradanta, xusto enriba da parroquia, un dolmen, no que a lenda di que apareceu a imaxe, que ten un gravado en espiral ao que lle chaman a "coroa da Virxe".
Outro exemplo pode ser o da virxe de Aguasantas, no que segundo a lenda: Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza[7]. Ou tamén a Santuario da Virxe dos Milagres de Amil, Moraña, á que lle cantan: Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella.[8]
No mesmo senso de unión entre auga, fertilidade e advocación feminina, aínda que situado no litoral, está a Nosa Señora da Lanzada, en Noalla, Sanxenxo. Nesta caso, ademais, está ligada aos cultos propios do solsticio de verán, cristianizados como festa da noite de San Xoán.
Influencia das ordes relixiosas |
Outras advocacións marianas enraízan en Galicia traídas polas diferentes ordes relixiosas que aquí teñen as súas obras pastorais:
- A Virxe do Carme, orixinalmente ligada ás distintas ramas dos Carmelitas, asenta en Galicia e, en xeral, en toda a España litoral, como patroa das xentes do mar: dos mariñeiros, da Armada española...
- Nosa Señora do Perpetuo Socorro, ligada á orde dos redentoristas.
- María Auxiliadora, traída polos salesianos.
Notas |
↑ "Fiesta de la Natividad de la Santísima Virgen María". Enciclopedia Católica. 01-10-1911. Arquivado dende o orixinal o 06-01-2010. Consultado o 02-03-2010.
↑ url=http://www.christusrex.org/www1/ofm/mag/TSmgesA3.html
↑ Mateo 1:23
↑ Brown, Raymond: El Nacimiento del Mesías. Comentario a los Evangelios de la Infancia, pax. 29
↑ Xabier Pikaza Ibarrondo "Muerte y Asunción, la raíz judía de María " blog
↑ A lingua wolof de Senegal, onde segue vixente a familia extensa, non ten un vocábulo específico para dicir pai, só unha expresión que designa, en xeral, aos membros maiores da familia.
↑ Ver artigo Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
↑ Ver artigo Amil, Moraña
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virxe María |
Bibliografía |
Pagola, José Antonio (2007). PPC, ed. Jesús: aproximación histórica. Madrid.
Jeremias, Joachim (2000). Ediciones Cristiandad, ed. Jerusalén en tiempos de Jesús. Madrid. ISBN 8470572091.
de Santos Otero, A. (1993). BAC, ed. Los Evangelios Apócrifos. Madrid.
Brown, Raymond E. (1982). Ediciones Cristiandad, ed. El Nacimiento del Mesías (Comentario a los Relatos de la Infancia). Madrid. ISBN 8470573020.
Outros artigos |
- Aparición mariana
- Protoevanxeo de Santiago
- Virxe do Carme
- María de Xesé
|
Categoría:
- María (nai de Xesús)
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.468","walltime":"0.583","ppvisitednodes":"value":944,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":30118,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2498,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":19,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4492,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":20,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 482.482 1 -total"," 51.48% 248.371 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.28% 64.054 1 Modelo:Santo"," 12.26% 59.152 1 Modelo:Infobox"," 12.22% 58.977 1 Modelo:Listaref"," 10.64% 51.354 3 Modelo:Caixa_lateral"," 9.78% 47.192 1 Modelo:Commonscat"," 9.00% 43.430 1 Modelo:Irmáns"," 8.30% 40.070 1 Modelo:Cita_web"," 4.54% 21.898 4 Modelo:Cita_libro"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.275","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6528935,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1305","timestamp":"20190401063215","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Virxe Maru00eda","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Virxe_Mar%C3%ADa","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q345","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q345","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-07-05T19:55:45Z","dateModified":"2018-09-08T07:51:06Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/fc/The_Madonna_in_Sorrow.jpg","headline":"nai de Xesu00fas"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":145,"wgHostname":"mw1265"););