Finis Mundi Índice Trama | Notas | Menú de navegación"Traducciones"o orixinalLauragallego.comArquivado978-84-675-7790-7
Obras narrativas en castelánObras literarias de 1999
Laura Gallego GarcíaSM1999premio Barco de Vapor1998latínapocalípticaepílogoAachenXermaniaCarlomagnoAnticristoOtón IIISantiago de CompostelaApóstolo SantiagomeigasFisterraermidaVirxeCírculo de PedraBritaniaNormandíaA CoruñanormandaWinchesteringléslatínbispodruídaStonehengeMont Saint-Michel
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Finis Mundi
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Finis Mundi | |
---|---|
Título orixinal | Finis Mundi |
Autor/a | Laura Gallego García |
Cuberta | Pablo Torrecilla |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Colección | Biblioteca Blanco Amor |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | SM |
Data de pub. | 1999 |
Páxinas | 253 |
ISBN | ISBN 978-84-92475-07-0 |
Finis Mundi é unha novela de Laura Gallego García publicada pola Editorial SM en 1999. Recibiu o premio Barco de Vapor de 1998 e foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi traducido a varias linguas.[1]
En latín finis mundi , significa a "fin do mundo", frase suxerida pola nai da autora, Marisa García. Pola súa parte, cada un dos tres capítulos que compoñen a obra comeza cunha expresión apocalíptica, como Mundus senescit ("o mundo avellenta"), Ruinis crescentibus ("medra a desolación, a ruína") ou Mundi termino appropinquante ("achégase a fin do mundo").[2]
Índice
1 Trama
1.1 Libro 1: O Eixo do Presente
1.2 Libro 2: O Eixo do Futuro
1.3 Libro 3: O Eixo do Pasado
1.4 Epílogo
2 Notas
Trama |
A historia componse de tres partes máis un epílogo:
Libro 1: O Eixo do Presente |
Ano 997. Comeza presentando a un xove monxe francés de 14 anos chamado Michel, que sobreviviu á destrución do seu convento. En seu pobo coñece a Mattius que, acompañado do seu can Sirius, vai de cidade en cidade exercendo o seu oficio de xograr. Michel fálalle de que a fin do mundo chegará no ano mil, e que para evitalo debe invocar ó Espírito do Tempo coa axuda dos tres Eixos. Agora debe atopar o Eixo do Presente, que se agocha na Cidade Dourada. Así, Michel e Mattius parten en busca desa misteriosa cidade, parando en pobos para entreter ós aldeáns. Nun deses pobos, asisten a un asedio polos cabaleiros do señor feudal local, e conseguen un cabalo roubándollo a un garda. Pescudando, conseguen descubrir que esa Cidade Dourada podería ser a afastada Aachen, en Xermania. Tras chegar á cidade, fan amizade cun cabaleiro chamado Jacques de Belin, que os axuda a atopar a tumba de Carlomagno, onde se supón que está o Eixo do Presente. Tamén lles informa da existencia da Confraría dos Tres Ollos, predicadores do Anticristo. Tras unha longa busca no pazo do emperador Otón III, atopan o cadaleito de Carlomagno, e descobren que o Eixo do Presente mantiña o seu corpo incorrupto. Despois parten, despedíndose de Jacques de Belin, que fica alí para comunicarlle ó seu emperador o descubrimento da lendaria Tumba de Carlomagno.
Libro 2: O Eixo do Futuro |
Ano 998. Agora, deben dirixirse a Santiago de Compostela, o lugar onde repousa o corpo do Apóstolo Santiago. Durante a viaxe, chegan a unha pousada onde coñecen a Lucía, unha camareira cuxa ambición é ser xograresa. Ela comunícalles que o bosque é perigoso, debido ás meigas. Ignorando as advertencias, parten por un camiño esa mesma noite, pero son sorprendidos por un grupo de meigas malvadas lideradas por Fiona, que están aliadas con la Confraría dos Tres Ollos e polo seu mestre, o castelán García Núñez. Pero as demais meigas axúdanlles, e Lucía (que é neta da meiga maior), decide acompañalos. Durante o camiño son atacados polos hostes árabes, que os deixan marchar ó ver a través do Eixo do Presente. Á fin chegan a Santiago de Compostela, onde Michel descobre que o sitio que buscaban é Fisterra, o punto máis occidental do mundo coñecido. Antes de partir, descansan nunha pousada onde se reúnen tódolos xograres da Terra, e onde se lles unen dous xograres chamados Cercamón e Orazio o Xenovés. Chegando a unha ermida nese lugar, dan co Eixo do Futuro nunha imaxe da Virxe, pero son atacados pola Confraría, que feren a tódolos membros do grupo agás a Lucía e Michel, que non estaban presentes, e matan a Cercamón. Mais inexplicablemente déixanlles vivir, e entón Orazio regresa á pousada mentres os demais continúan o seu camiño.
Libro 3: O Eixo do Pasado |
Ano 999. O derradeiro eixo atópase no "Círculo de Pedra", que Lucía afirma ter visto en soños en Britania. Tras tomar un barco a Normandía dende A Coruña, parten cara Britania. No barco tamén viaxa Alinor de Bayeaux, unha dama normanda que vai en misión diplomática a Winchester. Durante a viaxe, Alinor e Lucía fanse amigas até o punto de que Lucía substitúe á criada de Alinor que finou na viaxe. Logo de chegar, Mattius descobre que ningún deles fala inglés, aínda que axiña comproban que Michel pode comunicarse cos monxes do lugar mediante o latín. Na illa, ocorren varios acontecementos: o barco no que viñan sofre un incendio e Michel intérnase no mosteiro de Winchester para espiar de preto ó bispo. Ata que as autoridades deteñen a Mattius acusándoo de provocar o incendio. Por sorte, Michel e Lucía van a rescatalo, pero chega un momento no que Lucía debe fuxir para buscar ela soa o último Eixo. Xa no bosque, coñece a Guthlac, o derradeiro druída, que a guía ata Stonehenge, o Círculo de Pedra que estaban buscando. Alí consegue o último Eixo, pero Alinor seguíralle a pista, revelando que está aliada coa Confraría. Porén, ela quere os eixos para os seus propios fins: quere converterse na soberana do mundo, en vinganza da súa dura infancia marxinada. Nestas, García escoita agochado todo, e mata a Alinor, acusándoa de traidora, e disponse a matar a Lucía cando chega Mattius e mata a García. Entón, Michel invoca xunto ós seus amigos ó Espírito do Tempo, que lles amosa a cada un o Pasado, o Presente e o Futuro. Michel admite sacrificarse para que a humanidade teña outra oportunidade. Despois, Mattius e Lucía comproban a morte de Michel, e deciden irse para vivir a súa vida.
Epílogo |
Para rematar a historia, Michel é soterrado na abadía do Mont Saint-Michel xunto co Eixo do Presente, para que sempre se mantivese xove. Ademais, Mattius escribiu un poema épico, o Cantar de Michel
Notas |
↑ Laura Gallego García. "Traducciones". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2009.
↑ Lauragallego.com Arquivado 06 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Finis Mundi, sección Curiosidades.
|
Categorías:
- Obras narrativas en castelán
- Obras literarias de 1999
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.192","walltime":"0.254","ppvisitednodes":"value":379,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":6193,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":178,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":5,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1651,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 213.376 1 -total"," 43.05% 91.848 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 24.56% 52.395 1 Modelo:Listaref"," 18.60% 39.686 1 Modelo:Cita_web"," 12.55% 26.779 1 Modelo:Título_en_cursiva"," 9.80% 20.920 1 Modelo:Libro"," 8.11% 17.295 1 Modelo:Infobox"," 3.39% 7.226 1 Modelo:Webarchive"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.093","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2613958,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190315105325","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Finis Mundi","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Finis_Mundi","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5133689","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5133689","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2012-07-12T09:08:57Z","dateModified":"2018-09-04T14:09:07Z"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":104,"wgHostname":"mw1275"););