Fisterra Índice Toponimia | Xeografía | Historia | Patrimonio | Poboación | Economía | Fisterra na literatura popular | Galería de imaxes | Lugares de Fisterra | Parroquias | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°54′21.40″N 9°15′45.79″O / 42.9059444, -9.2627194www.concellofisterra.comeINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"Visor Sixpac Xunta de GaliciaO escudo e a bandeira de FisterraeeWorldCat3167329306357307346813
AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas
FisterraTopónimos con etimoloxía
latínprovincia da Coruñacomarca de FisterraIGE2017fisterráncabo Fisterraocéano AtlánticotómboloOcéano AtlánticoCeecuaternariosCabo da NaveAra SolisApóstolo Santiagoidade mediacamiño de Santiagocamiño de Santiagocastelo de San Carlosría de Corcubióncastelo do PríncipeAmeixendaCeecastelo do CardealCorcubión17571767Carlos IIIGuerra da Independencia EspañolapalangrenasasvetasSantiagolugares de FisterraDuio (San Vicenzo)Fisterra (Santa María)San Martiño de Duio (San Martiño)Sardiñeiro (San Xoán)
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Fisterra
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°54′21.40″N 9°15′45.79″O / 42.9059444, -9.2627194
Fisterra | |
---|---|
Vista panorámica da vila (Son do vento de Fisterra). | |
Situación | |
Xentilicio[1] | fisterrán / fisterrá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Fisterra |
Poboación | 4.701 hab. (2018) |
Área | 29,4 km² |
Densidade | 159,9 hab./km² |
Entidades de poboación | 4 parroquias |
Política (2015) | |
Alcalde | José Marcote Suárez (PSdeG-PSOE) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 4 Outros: CG 1 |
Eleccións municipais en Fisterra | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 71,21% |
Na rede | |
www.concellofisterra.com | |
alcaldia@fisterra.dicoruna.es | |
Fisterra (do latín finis terrae 'fin da terra'[3]) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».
Índice
1 Toponimia
2 Xeografía
2.1 Clima
3 Historia
4 Patrimonio
5 Poboación
6 Economía
7 Fisterra na literatura popular
8 Galería de imaxes
9 Lugares de Fisterra
9.1 Praias
10 Parroquias
11 Notas
12 Véxase tamén
12.1 Bibliografía
12.2 Outros artigos
12.3 Ligazons externas
Toponimia |
O topónimo ten orixe latina, de finis terrae 'fin da terra'. Antigamente pensábase que o cabo Fisterra era o punto máis occidental do mundo coñecido, ao veren as lexións romanas o afundimento do sol nas augas do océano Atlántico.
Xeografía |
O municipio de Fisterra é unha península que a modo de tómbolo penetra no Océano Atlántico. o seu relevo é bastante accidentado. o territorio sobre o que se asenta alcanza a máxima altitude nos montes próximos a Cee (Seoane 249 m, San Xoán 247 m, Veladoiro 241 m) e no Facho (247 m) onde descende bruscamente cara ao mar configurando esa paisaxe enérxica e ata abrupta, que singulariza o concello. Entre ambos bloques graníticos esténdese o istmo de Langosteira, formado por sedimentos cuaternarios.
Na costa sucédense grandes areais (praias do Rostro, do Mar de Afora, Langosteira, Sardiñeiro) e abruptos cantís entre os que sobresaen o Cabo da Nave, o Faro e o Monte Facho.
Clima |
O réxime termopluviométrico é o típico deste sector costeiro, temperaturas suaves (14,4 °C de media) e precipitacións que non superan os 1000 mm, sendo un dos enclaves menos pluviosos da costa galega.
Historia |
Os restos arqueolóxicos achados nas parroquias de San Martiño e San Vicente de Duio fixeron pensar na existencia dun importante asentamento lacustre que mais tarde sería romanizado. Nestas parroquias atopáronse restos do que sería a vía romana per loca maritima que conducía ata a fin da terra coñecida onde, segundo a lenda, estaría o Promontorium Nerium e o "Ara Solis" lugar de adoración ao Sol construído polos fenicios e supostamente mandado destruír polo Apóstolo Santiago, nome que mantén a praza da vila.
Desde a idade media estas terras convertéronse en término do peregrino xacobeo, que prolongaba ata aquí o seu camiño para venerar as reliquias de San Guillerme e a imaxe do Santo Cristo. O camiño de Santiago e o resultado da cristianización dun ancestral camiño pagán para ver morrer o sol no fin do mundo[Cómpre referencia]. Co fin de acoller aos numerosos peregrinos, en 1749 constrúese o Hospital de Peregrinos da nosa Señora do Rosario. Os peregrinos que fan o camiño de Santiago adoitan rematar aquí a súa viaxe.
A tradición oral mestura lendas de temática relixiosa, marítima e pétrea, como as da ermida de San Guillerme, a Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra ou a cidade de Dugium.
En 1544 houbo unha batalla contra os franceses. En 1805 os franceses foron aliados contra os ingleses, e en 1809 distinguíronse pola resistencia contra a invasión francesa, aínda que non puideron evitar o desmantelamento do castelo de San Carlos, construído no século XVII para a defensa do porto.
Patrimonio |
A vila de Fisterra está formada por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o peirao.
O castelo de San Carlos foi construído a mediados do século XVIII dentro dun plan defensivo da ría de Corcubión xunto co castelo do Príncipe, en Ameixenda (Cee) e o castelo do Cardeal, en Corcubión.
Deseñado polos enxeñeiros Demaur e Exaccha, en 1757 iniciouse a súa construción, co reformulamento xeral, a explanación do soar, a cimentación sobre rocha a base de pedra e barro e un tramo de muralla. Ten forma irregular para adaptarse ao terreo rochoso sobre o que está asentado.
Foi rematado en 1767, por Real Orde de Carlos III. No asalto francés a Fisterra durante a Guerra da Independencia Española sufriu un incendio que comportou a súa destrución. Ata entón contaba con tres frontes e unha nave interior coa dependencia do oficial, o cuartel e a polvoreira. Posteriormente reformouse a nave central, e foi restaurado recentemente.
Poboación |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Censo total 2014 | 4824 habitantes | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Menores de 15 anos | 566 (11.73 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entre 15 e 64 anos | 3122 (64.72 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maiores de 65 anos | 1136 (23.55 %) |
Economía |
Fisterra, terra de gran tradición marítima, vive cara ao mar. O peirao da vila acolle boa parte da actividade económica. A frota está formada por pequenos barcos de baixura que utilizan diversas artes de pesca coma o palangre, nasas ou vetas, poxando as capturas na lonxa e xunto co turismo, xera unha demanda de servizos, avituallamento de barcos, carga e descarga, hostalaría, administración, etc., que dá ocupación a boa parte da poboación.
Os restantes sectores, a agricultura de subsistencia, a industria e construción completan o cadro económico do municipio.
Fisterra na literatura popular |
O Cristo de Finisterre/ ten unha pistola d'ouro// pra matar aos do Son/ por riba de Monte Louro [4].
Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros [5]
Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana [6][7][8].
Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra [9].
Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [10].
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Fisterra.
Camiño de Santiago, Fisterra.
Vista da vila.
Castelo de San Carlos.
Capela da Nosa Señora do bo Suceso.
Faro de Fisterra.
O Cabo.
Vista desde o cabo.
Igrexa parroquial de santa María das Areas de Fisterra.
Lugares de Fisterra |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Fisterra vexa: lugares de Fisterra.
Praias |
O territorio do municipio é principalmente rodeado polo mar e ofrece excelentes praias, dependendo da posición con augas fortes ou tranquilos (na sombra do cabo Fisterra).
|
|
|
Parroquias |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra | |
---|---|
Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán) |
Notas |
↑ Véxase no Galizionario.
↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
↑ Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 278 páx. ISBN 978-84-9865-892-1
↑ Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 192. No orixinal: d-ouro, Montelouro.
↑ Cantigas do viño. Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
↑ Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía.
↑ Fermín Bouza Brey 1929, 183.
↑ Lino Lema Bouzas 1993, 13. No orixinal: da Touriñana.
↑ Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca.
↑ Monte Louro é lugar da parroquia de Louro, en Muros. Fermín Bouza-Brey 1929, 184. No orixinal: ôs do Son.
↑ Visor Sixpac Xunta de Galicia
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fisterra |
Bibliografía |
- ANÓNIMO: Cantigas do viño. Edicións Castrelos, Col. O Moucho 6, Vigo 1968.
BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931.
LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
Outros artigos |
- Cabo Fisterra
Ligazons externas |
- O escudo e a bandeira de Fisterra
|
|
|
Categorías:
- Fisterra
- Topónimos con etimoloxía
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.508","walltime":"0.970","ppvisitednodes":"value":1410,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":42462,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2775,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12005,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 846.691 1 -total"," 19.76% 167.332 1 Modelo:Concello"," 18.11% 153.357 1 Modelo:Infobox"," 12.79% 108.314 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 8.50% 71.952 1 Modelo:Listaref"," 6.51% 55.099 1 Modelo:Cita_web"," 4.34% 36.735 1 Modelo:Commonscat"," 3.90% 33.029 1 Modelo:Irmáns"," 3.83% 32.432 1 Modelo:Coordenadas"," 3.47% 29.382 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.221","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3886699,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1308","timestamp":"20190318160234","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":153,"wgHostname":"mw1331"););