Metro Índice Múltiplos e submúltiplos | Equivalencias | Historia da definición do metro | Unidades derivadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasEl origen del metro y la confianza en la matemáticaResolution 1 of the 17th CGPMConversión do metro noutras unidades3003790992209201ID87734518579-7
Unidades de lonxitude
unidadefundamentallonxitudeSistema Internacional de UnidadescuadrantemeridianoluzbaleirotemposegundoCGPM1983gregoSistema Internacional de Unidadesunidades astronómicasanos luzparsecsimpostosRevolución FrancesapéndulosegundolatitudemeridianoTerrapadrónJean Baptiste Joseph DelambrePierre MéchainDunkerqueBarcelonaAcademia de Ciencias de Franciaecuadormilla náuticagrao centesimalquilogramoplatinoiridioSèvresOficina Internacional de Pesas e Medidas
Metro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)
A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.
Índice
1 Múltiplos e submúltiplos
2 Equivalencias
3 Historia da definición do metro
3.1 Liña de tempo
4 Unidades derivadas
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Ligazóns externas
Múltiplos e submúltiplos |
No Sistema Internacional de Unidades (SI) son usados múltiplos e divisións do metro:
1 metro equivale a | |
---|---|
10−24yottámetros | 101decímetros |
10−21zettámetros | 102centímetros |
10−18exámetros | 103milímetros |
10−15petámetros | 106micrómetros |
10−12terámetros | 109nanómetros |
10−9gigámetros | 1010ångströms |
10−6megámetros | 1012picómetros |
10−4miriámetros | 1015femtómetros |
10−3quilómetros | 1018attómetros |
10−2hectómetros | 1021zeptómetros |
10−1decámetros | 1024yoctómetros |
Algunhas destas unidades son moi usuais mentres que outras se empregan máis raramente. Así, as distancias moi longas adoitan expresarse en quilómetros, unidades astronómicas (149.6 Gm), anos luz (10 Pm) ou parsecs (31 Pm), máis que en Mm, Gm, Tm, Pm, Em, Zm ou Ym; tamén é máis común empregar "30 cm", "30 m" e "300 m" que "3 dm", "3 dam" e "3 hm".
A palabra micra emprégase en ocasións en lugar de micrómetro (μm), mais esta práctica está oficialmente rexeitada.[1][2]
Equivalencias |
- 1 polgada = 1" = 25,4 mm = 0,0254 m
- 1 pé =1'= 30,4799 cm = 0,304799 m
- 1 iarda =1 yd= 0,914399 m
- 1 milla terrestre = 1.609,3 m
- 1 milla marítima = 1.852 m
Historia da definición do metro |
Durante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos impostos. Na Revolución Francesa, xunto con outros desafíos considerados necesarios para os novos tempos, nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que está a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do péndulo nun segundo a unha latitude de 45°, pero acabou descartándose por non ser un modelo completamente obxectivo.[3] Finalmente acordouse medir un arco de meridiano para establecer sobre el e polo tanto sobre a propia Terra o padrón do metro. Os encargados de facer esta medida foron Jean Baptiste Joseph Delambre e Pierre Méchain, que a estableceron entre 1791 e 1798 mediante un sistema de triangulación dende Dunkerque a Barcelona.[4]
Inicialmente esta unidade de lonxitude foi creada en 1792 pola Academia de Ciencias de Francia e definida como a dezmillonésima parte da distancia que separa o polo da liña do ecuador, a través da superficie terrestre. Se este valor se expresase de xeito análogo a como se define a milla náutica, corresponderíase coa lonxitude de meridiano terrestre que forma un arco de 1/10 de segundo de grao centesimal.
O 28 de setembro de 1889 a Comisión Internacional de Pesos e Medidas adoptou novos prototipos para o metros e, despois, para o quilogramo, que se materializaron nun metro padrón de platino e iridio depositado en cofres situados nos subterráneos do pavillón de Breteuil en Sèvres, Oficina de Pesos e Medidas, nos arredores de París.[4]
A XI Conferencia de Pesos e Medidas adoptou unha nova definición de metro en 1960: 1. 650. 763,73 veces a lonxitude de onda no baleiro da radiación laranxa do átomo de cripton 86. A precisión era cincuenta veces superior á do padrón de 1889.[4]
A definición dada na XVII Conferencia Xeral da Oficina Internacional de Pesas e Medidas, vixente dende 1983, é a seguinte:[4]
A precisión desta definición é trinta veces superior á do prototipo de 1960.[4]
Liña de tempo |
A liña do tempo amósanos como foi mudando a definición do metro en distintas épocas:
|
Unidades derivadas |
O metro dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:
metro cadrado (superficie)
metro cúbico (volume)
metro por segundo e quilómetro por hora (velocidade)
Notas |
↑ Taylor & Thompson 2003, p. 11.
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micra.
↑ Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. El origen del metro y la confianza en la matemática, 2011, ISSN 0120-6788, págs. 89-101.
↑ 4,04,14,24,34,4 Denis Guedj, El metro del mundo, Anagrama, Barcelona, 2000, ISBN 84-339-7018-6, págs. 330-331
↑ A BIPM non fai distinción entre baleiro cuántico e espazo baleiro. Resolution 1 of the 17th CGPM (CGPM, 1984), recuperado da base de datos da BIPM (BIPM, n.d.) o 24 de agosto de 2008.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro |
Ligazóns externas |
- Conversión do metro noutras unidades
|
Categoría:
- Unidades de lonxitude
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.296","walltime":"0.716","ppvisitednodes":"value":551,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":7704,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":874,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3979,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 640.969 1 -total"," 19.78% 126.793 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.37% 72.877 1 Modelo:Commonscat"," 10.88% 69.749 1 Modelo:Irmáns"," 10.31% 66.079 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.61% 16.705 1 Modelo:Listaref"," 1.79% 11.461 1 Modelo:1000"," 1.43% 9.196 1 Modelo:Icona_en_título"," 0.93% 5.948 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.82% 5.241 1 Modelo:DRAG"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.119","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3892993,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1307","timestamp":"20190315091751","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":134,"wgHostname":"mw1274"););