Skip to main content

Teatro alla Scala Índice Historia | Responsables do teatro | Selección de estreas absolutas en La Scala | Curiosidades | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación45°27′51″N 9°11′25″L / 45.464161, 9.19033645°27′51″N 9°11′25″L / 45.464161, 9.190336The autumn of Italian operaRambles in Germany and Italy in 1840, 1842, and 1843First Nights at the OperaBarenboim to head La ScalaSitio web oficial2129917ID00612540015E7851ID365378062883201100512

Teatros de ópera de Italia


teatros de óperaMilánItalia7 de decembroSan AmbrosioóperasMilánMaría Tareixa I de AustriaTeatro Regio Ducale26 de febreiro1776Fernando de Austriaigrexa de Santa Maria alla ScalaneoclásicoGiuseppe PiermariniLombardíaaustríaca3 de agosto1778óperaAntonio SalierilibretoMattia VeraziPietro MarlianiPietro NosettiGiuseppe FeItaliametroscasinoMary Shelleysetembro1840Gioachino Rossini1812Salvatore ViganòCarlo Blasisballet18221825Gaetano DonizettiVincenzo Bellini1839Giuseppe Verdi18451874188619071943Segunda Guerra Mundial11 de maio1946Arturo Toscaniniwagnerianas19 de xaneiro2002novembro2004Mario BottaTeatro degli Arcimboldiséculo XVIIIazulsonlibretoinglésfrancésitalianoAntonio Salieri1990febreiro2005Riccardo Muti16 de marzo20052 de abril2005maio2005Festival de Aix-en-Provence15 de maioDaniel Barenboimoutubro2011decembro7 de decembroSanto AmbrosioMilánMuseo Teatrale alla ScalaAccademia d'Arti e Mestieri dello SpettacoloStadio Giuseppe MeazzaMilanInter












Teatro alla Scala




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






















Teatro alla Scala

Fachada neoclásica do teatro.
Fachada neoclásica do teatro.

CidadeMilán
País
Italia Italia
Coordenadas
45°27′51″N 9°11′25″L / 45.464161, 9.190336Coordenadas: 45°27′51″N 9°11′25″L / 45.464161, 9.190336
Arquitecto/sGiuseppe Piermarini
Propiedade deConcello de Milán
Capacidade2.013
Inauguración
3 de agosto de 1778
Reapertura
7 de decembro de 2004
Anos en activo
1778-2002
2004-
Páxina webhttp://www.teatroallascala.org/

O Teatro alla Scala ou simplemente La Scala é un dos teatros de ópera máis importantes do mundo, sendo coñecido como "o templo da lírica". Está situado na cidade de Milán (Italia).


A tempada comeza o día 7 de decembro, día de San Ambrosio, patrón da cidade. Tódalas fucións deben finalizar antes da media noite, polo que as óperas máis longas deben comezar antes.




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Restauración


    • 1.2 Controversias coa xestión



  • 2 Responsables do teatro

    • 2.1 Directores artísticos


    • 2.2 Directores musicais


    • 2.3 Directores do coro trala guerra


    • 2.4 Superintendentes



  • 3 Selección de estreas absolutas en La Scala


  • 4 Curiosidades


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Historia |


O Teatro alla Scala de Milán fundouse auspiciado pola Emperatriz María Tareixa I de Austria para substituír o Teatro Regio Ducale, destruído por un lume o 26 de febreiro de 1776 logo dunha gala do entroido e que ata aquel momento fora a casa da ópera de Milán. Tralo lume, un grupo de noventa propietarios dos palcos do teatro escribiron ao Arquiduque Fernando de Austria pedíndolle a construción dun novo teatro e doutro provisional durante as obras. Os gastos da construción do novo edificio foron sufragados polos propietarios dos palcos do Teatro Regio Ducale a cambio da renovación da propiedade dos palcos e a posesión da terra na que se levantaba a igrexa de Santa Maria alla Scala (de onde lle vén o nome), que foi desconsagrada e demolida para a edificación do novo teatro.


O edificio foi deseñado polo arquitecto neoclásico Giuseppe Piermarini, quen presentou un primeiro deseño que foi rexeitado polo Conde Firman (gobernador da Lombardía austríaca). Un segundo plan foi aprobado pola Emperatriz María Tareixa I en 1776, sendo inaugurado baixo o nome de Nuovo Regio Ducal Teatro alla Scala o día 3 de agosto de 1778 coa ópera L'Europa riconosciuta, con música de Antonio Salieri e libreto de Mattia Verazi, logo de dous anos nos que Pietro Marliani, Pietro Nosetti e Antonio e Giuseppe Fe completaron a construción do novo edificio. O teatro tiña un total de aproximadamente 3.000 asentos e un dos maiores escenarios de toda Italia cunhas dimensións de 16,15×20,4×26 metros. La Scala pronto se converteu no punto de reunión dos milaneses nobres e ricos.


Como a meirande parte dos teatros da época, La Scala foi tamén casino, cos xogadores sentados no vestíbulo.[1] As condicións no auditorio podían ser frustrantes para os amantes da ópera, como explica Mary Shelley en setembro de 1840:


Na Ópera estaban representando o Templario. Desafortunadamente, como é ben coñecido, o Teatro alla Scala serve, non só como salón universal para toda a sociedade de Milán, senón para todo tipo de transaccións comerciais, dende trata de cabalos a stock-jobbing, ten lugar no foso; de xeito que breves e distantes entre si os fragmentos de melodía se poden pescar.[2]


Coa representación de La pietra del paragone de Gioachino Rossini en 1812, a primeira das cinco óperas de Rossini estreadas no teatro, La Scala converteuse no referente da ópera italiana. Durante este período, cos coreógrafos Salvatore Viganò (1769-1821) e Carlo Blasis (1795-1878), o teatro ampliou a súa supremacía artística ao incluír ballet.


Entre 1822 e 1825 produciuse unha nova etapa do melodrama coa estrea de Chiara e Serafina (1922) de Gaetano Donizetti (que estrearía sete óperas máis en La Scala) e Il pirata (1827) de Vincenzo Bellini.


En 1839 comezou a era de Giuseppe Verdi (o compositor máis ligado a La Scala) coa estrea no teatro milanés de Oberto, Conte di San Bonifacio, que obtivo un grande éxito, polo que lle foron encargadas outras dúas óperas máis. Non obstante, a estrea de Un giorno di regno (1840) supuxo un rotundo fracaso, que se vería compensado polo grande éxito de Nabucco dous anos máis tarde e que suporía o primeiro grande éxito de Verdi, e á vez, os fortes sentimentos patrióticos desta ópera fortaleceron a popularidade da ópera seria e identificou a súa imaxe con La Scala. Catro óperas máis de Verdi foron estreadas no teatro, a última delas Falstaff (1893), que foi ademais a última ópera de Verdi. A pesar desta especial relación do teatro milanés con Verdi, o compositor permaneceu moitos anos sen representar en La Scala ningunha das súas obras, xa que acusou a orquestra de modificar a súa música. Este conflito orixinouse na produción da súa Giovanna d'Arco en 1845, aínda que o compositor acabaría levando a cabo alí o seu Requiem en 1874, e en 1886 anunciou que La Scala acollería a estrea da súa penúltima ópera, Otello,[3] así como a súa derradeira ópera, Falstaff.


En 1907 renovouse a estrutura orixinal, sendo daquela cando se adoptou a configuración actual do teatro, con 2.800 asentos. En 1943, durante a Segunda Guerra Mundial, os bombardeos danaron seriamente o teatro, que foi reconstruído e reestreado o 11 de maio de 1946 cun concerto dirixido por Arturo Toscanini, quen xa fora director musical do teatro en dous períodos (1898-1908 e 1921-1929) e que realizara unha auténtica revolución no mesmo, tanto no eido administrativo como nas relacións co público e que introduciu representacións wagnerianas e concertos sinfónicos.



Restauración |


O teatro permaneceu pechado entre o 19 de xaneiro de 2002 e novembro de 2004 para a súa restauración. Nesta ocasión o proxecto foi deseñado polo arquitecto Mario Botta. Durante este período a compañía trasladouse ao Teatro degli Arcimboldi.


A restauración foi controvertida porque os que velaban pola preservación do teatro temían que se perdesen os detalles históricos. A decisión máis discutida foi a da demolición de toda a área posterior ao escenario para crear unha zona de servizo moderna e funcional, digna dun dos máis importantes teatros do mundo, como se argumentou.


Con todo, a filosofía que guiou a reestruturación do salón do teatro foi a de devolver a La Scala o esplendor orixinal e eliminar tódalas modificación posteriores. Elimináronse alfombras e pinturas que ocultaban o mármore orixinal e, na medida do posible, recuperáronse as decoracións do século XVIII dalgúns palchi de importancia histórica como la barcaccia del virrei, dunha marabillosa cor azul celeste.


Considérase que a compañía quedou satisfeita e impresionada coa calidade do son e as melloras na estrutura. No espazo que se agregou á parte posterior do escenario poderanse gardar máis escenografías. As localidades están equipadas con monitores nos que se presenta o libreto en inglés, francés e italiano.


Para a reapertura do teatro escolleuse a mesma ópera que se interpretou na súa inauguración L'Europa riconosciuta de Antonio Salieri.



Controversias coa xestión |


Carlo Fontana, o director xeral de La Scala dende 1990, foi despedido en febreiro de 2005 pola xunta directiva por diferenzas co director musical, Riccardo Muti. A reacción do persoal causou serios trastornos e folgas. Nun comunicado, a directiva do teatro dixo que era "urxente para unificar a xestión do teatro." O 16 de marzo de 2005, a orquestra do teatro e outros membros do persoal votaron abrumadoramente a moción de censura a Muti, e demandaron a dimisión do substituto de Fontana, Mauro Meli. Muti xa fora forzado a cancelar un concerto poucos días antes debido aos desacordos. O ministro de cultura italiano, Giuliano Urbani, apoiou ao director pero chamou a unha acción urxente por parte da administración para salvagardar o bo funcionamento e o prestixio de La Scala. O 2 de abril de 2005, Muti renunciou a La Scala, alegando a "hostilidade" dos membros do persoal.


En maio de 2005, Stéphane Lissner, anteriormente no Festival de Aix-en-Provence, foi nomeado xerente e director artístico de La Scala. O 15 de maio, Daniel Barenboim foi nomeado Maestro Scaligero, ou de facto principal director invitado do teatro. En outubro de 2011, Barenboim foi nomeado director musical de La Scala dende decembro dese mesmo ano, cun contrato inicial de cinco anos.[4]



Responsables do teatro |





Daniel Barenboim, actual Maestro scaligero



Directores artísticos |


  • Mario Rossi

  • Paolo Arcà

  • Stéphane Lissner


Directores musicais |



  • Arturo Toscanini (1898 - 1908)


  • Tullio Serafin (1909 - 1914)


  • Tullio Serafin (1917 - 1918)

  • La Scala permaneceu pechado entre 1918 e 1920


  • Arturo Toscanini (1921 - 1929)


  • Gabriele Santini, chamado por Arturo Toscanini como director de adxunto (1924-1929)


  • Angelo Scandiani (1929 - 1930)


  • Anita Colombo (1930 - 1933)


  • Victor De Sabata (1933 (??) - 1953)


  • Carlo Maria Giulini (1953 - 1956)


  • Guido Cantelli (1956) (morto nun accidente aéreo unha semana despois de asumir o cargo)


  • Antonino Votto (1956-1965)


  • Gianandrea Gavazzeni (1965-1968)


  • Claudio Abbado (1968 - 1986)


  • Riccardo Muti (1986 - 2005)


  • Daniel Barenboim (2011 - ) (dende 2007 conferiúselle o título de Maestro Scaligero)


Directores do coro trala guerra |



  • Vittore Veneziani (ata 1954)


  • Norberto Mola (1954-1963)


  • Roberto Benaglio (1963-1971)


  • Romano Gandolfi (1971-1983)


  • Giulio Bertola (1983-1991)


  • Roberto Gabbiani (1991-2002)


  • Bruno Casoni (dende 2002)


Superintendentes |


  • Jenner Mataloni (de 1932 a 1943)


  • Carlo Gatti (de 1943 a 1946)


  • Antonio Ghiringhelli (de 1946 a 1972)


  • Paolo Grassi (de 1972 a 1977)


  • Carlo Maria Badini (de 1977 a 1990)


  • Carlo Fontana (de 1990 a 2005)


  • Stéphane Lissner (2005 - )


Selección de estreas absolutas en La Scala |



Véxase tamén: Óperas estreadas no Teatro alla Scala





  • 1778: L'Europa riconosciuta de Antonio Salieri


  • 1812: La pietra del paragone de Gioachino Rossini


  • 1813: Aureliano in Palmira de Gioachino Rossini


  • 1814: Il turco in Italia de Gioachino Rossini


  • 1817: La gazza ladra de Gioachino Rossini


  • 1819: Bianca e Falliero de Gioachino Rossini


  • 1820: Margherita d'Anjou de Giacomo Meyerbeer


  • 1827: Il pirata de Vincenzo Bellini


  • 1829: La straniera de Vincenzo Bellini


  • 1831: Norma de Vincenzo Bellini


  • 1932: Ugo, Conte di Parigi de Gaetano Donizetti


  • 1833: Lucrezia Borgia de Gaetano Donizetti


  • 1835: Maria Stuarda de Gaetano Donizetti


  • 1839: Oberto, Conte di San Bonifacio de Giuseppe Verdi


  • 1840: Un giorno di regno de Giuseppe Verdi

 


  • 1842: Nabucco de Giuseppe Verdi


  • 1843: I Lombardi alla prima crociata de Giuseppe Verdi


  • 1845: Giovanna d'Arco de Giuseppe Verdi


  • 1868: Mefistofele de Arrigo Boito


  • 1876: La Gioconda de Amilcare Ponchielli


  • 1887: Otello de Giuseppe Verdi


  • 1889: Edgar (ópera) de Giacomo Puccini


  • 1892: La Wally de Alfredo Catalani


  • 1893: Falstaff de Giuseppe Verdi


  • 1904: Madama Butterfly de Giacomo Puccini


  • 1924: Nerone de Arrigo Boito


  • 1926: Turandot de Giacomo Puccini


  • 1957: Dialogues des Carmélites de Francis Poulenc


  • 1963: Passagio de Luciano Berio


  • 1984: Samstag aus Licht de Karlheinz Stockhausen


  • 1988: Montag aus Licht de Karlheinz Stockhausen


Curiosidades |


A tempada de La Scala comeza tradicionalmente o 7 de decembro, día de Santo Ambrosio, patrón de Milán. Tódalas representación deben finalizar antes da media noite, polo que as óperas máis longas deben comezar máis cedo se é preciso.


O Museo Teatrale alla Scala (Museo do Teatro alla Scala), accesible dende o vestíbulo do teatro e parte dunha casa, contén unha colección de pinturas, esbozos, estatuas, vestidos e outros documentos sobre La Scala e a historia da ópera en xeral. La Scala tamén e a sede da Accademia d'Arti e Mestieri dello Spettacolo (Academia das Artes Escénicas). O seu obxectivo é crear unha nova xeración de músicos, staff técnico, e bailaríns (na Scuola di Ballo del Teatro alla Scala, unha das divisións da Accademia).


O Stadio Giuseppe Meazza, onde se disputan os partidos do Milan e do Inter, recibe o sobrenome de "La Scala del Calcio" porque se considerou, a nivel futbolístico, unha especie de teatro deportivo famoso a nivel mundial.



Notas |




  1. Mallach, Alan (2007). University Press of New England, ed. The autumn of Italian opera. p. 165. ISBN 1555536832. 


  2. Shelley, Mary Wollstonecraft (1844). Edward Moxon, ed. Rambles in Germany and Italy in 1840, 1842, and 1843 I. Londres. p. 111. 


  3. Kelly, Thomas Forrest (2004). Yale University Press, ed. First Nights at the Opera. p. 317. ISBN 0-300-10044-2. 


  4. Barenboim to head La Scala



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Museo Teatrale alla Scala

  • Orquestra do Teatro alla Scala

  • Accademia Teatro alla Scala


Ligazóns externas |


  • Sitio web oficial




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teatro_alla_Scala&oldid=5061158"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.364","walltime":"0.456","ppvisitednodes":"value":813,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":23247,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":424,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4331,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 329.383 1 -total"," 45.18% 148.826 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 22.92% 75.508 1 Modelo:Listaref"," 19.84% 65.356 1 Modelo:Teatro"," 18.67% 61.502 3 Modelo:Cita_libro"," 17.37% 57.225 1 Modelo:Infobox"," 4.90% 16.146 1 Modelo:Barra_portal"," 3.58% 11.792 1 Modelo:Coordenadas"," 1.24% 4.090 1 Modelo:Px"," 1.06% 3.506 1 Modelo:ITA"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.171","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3610336,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1329","timestamp":"20190328144508","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":130,"wgHostname":"mw1323"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070