Historia da aviación Historia | Notas | Menú de navegación"Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17"
Historia temáticaAviación
Idade MediaAbás Ibn FirnasLeonardo da Vinci1500Franciairmáns Montgolfier1784Canle da Mancha1852Otto Lilienthalséculo XIXAlemañaClément Ader9 de outubro189018921897EuropaAméricairmáns WrightEstados UnidosOrville WrightAlberto Santos-Dumont190619081909Louis Blériot1910Jorge Chávez DartnellAlpes1915Hugo Junkers1919John AlcockArthur WhittenOcéano AtlánticoCanadáIrlanda1927Charles LindberghNova YorkParísultralixeiros
Historia da aviación
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A historia da aviación iníciase na Idade Media, cando o andalusí Abás Ibn Firnas construíu e usou o primeiro artefacto voador. Leonardo da Vinci estudou cara a 1500 os principios básicos do voo mediante a observación das aves, e construíu varios enxeños que debían permitirlle voar utilizando unicamente a súa propia forza muscular.
Historia |
Un avance significativo nos intentos de remontarse aos aires conseguírono en Francia os irmáns Montgolfier, quen buscando unha forma de elevarse no aire observaron que o fume das fogatas sempre ascendía, entón deduciron que se podían atrapar unha gran cantidade de fume lograrían voar. Deste xeito fixeron unha lume con vexetación verde para lograr unha gran cantidade de fume e construíron un globo para atrapalo, o que eles non sabían era que o que os faría elevarse non era o fume senón o aire quente que producía o lume, así foi como en 1784, efectivamente lograron elevarse. No ano seguinte cruzouse o Canle da Mancha nun globo desas características, só que esta vez xa se coñecía a verdadeira causa da elevación.
En 1852 realizáronse probas exitosas cun escorregador, as cales constituíron por fin o comezo do desenvolvemento de aparellos máis pesados que o aire capaces de voar. Otto Lilienthal levou a cabo a finais do século XIX en Alemaña varios voos duns centenares de metros en escorregadores, pero sufriu un accidente mortal, o cal impediulle alcanzar o seu obxectivo definitivo, que era o voo con motor.
O primeiro avión propiamente dito foi creado por Clément Ader, que o 9 de outubro de 1890 consegue engalar e voar 50 m. co seu Éole pero o avión queda destruído ao estrelarse. Posteriormente repite a fazaña co Avion II que voa 200 m en 1892 e o Avion III que en 1897 voa unha distancia de máis de 300 m. O voo do Éole foi o primeiro voo autopropulsado da historia da humanidade, e é considerado como a data de inicio da aviación en Europa, aínda que non en América.
Un paso importante na aviación dérono os irmáns Wright nos Estados Unidos, cando Orville Wright realizou o seu primeiro voo o 17 de decembro de 1903, planeando durante 12 segundos no aire.[1] Os Wright deseñaran un aparello que introduciu a posibilidade de ser controlado durante o voo, unha gran innovación. Con todo, o seu deseño non era adecuado para que puidese voar por si só, xa que necesitaba axuda externa para iniciar o voo, e non era capaz de manter a sustentación. Para conseguir iniciar o voo, foron necesarios varios dispositivos externos como unha catapulta impulsora, fortes ventos e un plano inclinado. O primeiro voo dos irmáns Wright fíxose en segredo e sen testemuñas, para evitar o plaxio da súa máquina por parte de terceiros. Orville Wright non fixo público o seu invento ata 1908, data na que anunciou a existencia do anterior voo en 1903. Nesa data recoñeceuse aos irmáns Wright como pais da aviación, xa que fixeran o seu primeiro voo en 1903, tres anos antes que o famoso voo público de Santos Dumont.
Alberto Santos-Dumont realizou en outubro de 1906 a primeira demostración pública do primeiro avión que podía voar exclusivamente polos seus propios medios, sen necesidade de catapultas que o lanzasen nin axudas auxiliares externas ao aparello. O voo fíxose publicamente e foi presenciado por unha multitude de persoas que viron a engalaxe, o voo e a aterraxe. Para esa data considerouse a Santos Dumont como o pai da aviación, xa que aínda non se había feito público o voo secreto dos irmáns Wright. Tres anos máis tarde, sóubose a verdade: os irmáns Wright voaran anteriormente. Isto demostrou en base ás declaracións públicas feitas por Orville Wright: voara anteriormente, e o seu irmán fora testemuña do voo.
A partir dese momento, os avances técnicos e as proezas dos pioneiros sucedéronse con rapidez. Xa en 1908 levou a cabo un voo con motor de case 3 horas de duración. En 1909 o francés Louis Blériot atravesou a Canle da Mancha nun aparello con motor; en 1910 o peruano Jorge Chávez Dartnell tivo a fazaña de sobrevoar os temidos Alpes cun fráxil monoplano desde Suíza ata Italia e en 1915 o alemán Hugo Junkers realizou probas co primeiro aeroplano fabricado enteiramente de metal, o Junkers J1. Junkers construíu poucos anos despois tamén o primeiro avión de pasaxeiros de metal, o Junkers F13, cuxo deseño influíu notablemente nas seguintes xeracións de avións.
En 1919 John Alcock e Arthur Whitten cruzaron por primeira vez nun avión o Océano Atlántico entre a costa norte de Canadá e Irlanda, e só oito anos despois, en 1927 o tamén norteamericano Charles Lindbergh levou a cabo a súa famosa proeza, consistente nun voo en solitario desde Nova York a París sen escalas no Spirit of San Louis.
Capítulo á parte é a creación de avións ultralixeiros, tamén coñecidos como ultralivians.
Notas |
↑ "Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17". World Digital Library. 1903-12-17. Consultado o 2013-07-21.
Categorías:
- Historia temática
- Aviación
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.156","walltime":"0.234","ppvisitednodes":"value":146,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":2202,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":9,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":7,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1241,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 173.271 1 -total"," 51.59% 89.393 1 Modelo:Listaref"," 48.36% 83.796 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 27.26% 47.242 1 Modelo:Cita_web"," 21.03% 36.436 1 Modelo:Column-count"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.074","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2133405,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1304","timestamp":"20190315101752","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":148,"wgHostname":"mw1255"););