Galicia Índice Etimoloxía | Símbolos de Galicia | Historia | Demografía | Divisións administrativas | Economía | Xeografía | Natureza | Lingua | Transportes e mobilidade | Cultura | Goberno e política | Seguridade | Medios de comunicación | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°30′N 8°06′O / 42.5, -8.1Sitio web oficialeeditar"Datos xeográficos e toponimia"o orixinal"Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2016""A Academia contesta á Xunta que o único topónimo oficial é Galicia"Arquivado"Nación"o orixinal"As deliberación do IX Congreso de Nacionalidades Europeas"Lei 4/2002Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118Nuevos estudios sobre la romanizaciónDe preconiis Hispanie. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229Os Símbolos de GaliciaLei 5/1984, do 29 de maio, de Símbolos de Galicia.Principais datos de GaliciaIndicador conxuntural de fecundidade por Comunidades AutónomasIndicador conxuntural de fecundidade por ProvinciasNacementosNacementos por cada mil defunciónsIndicadores de mortalidadeA esperanza de vida incrementouse en Galicia en cinco anos dende 1981Estatística do Padrón ContinuoPoboación estranxeira segundo idade, sexo e país de nacionalidadeCifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiroINE. Censo de 1857Poboación de España por provincias dende 1787 a 1900Series de población de hecho en España desde 1900 a 1991Series de población de España desde 1996Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade"Microtoponimia"Galicia recibiu un 8% máis de turistas durante o 2007Viaxeiros, noites e estadía media por país de residencia e tipo de aloxamentoInforme del Sistema Eléctrico Español 2014Información general de la Central Térmica de As Pontes"Copia arquivada"o orixinalVariación temporal e espacial da temperatura"El desorden de los bosques""Rural- La 'galiña de Mos' aumenta su censo de 100 a 5.500 ejemplares en siete años, aunque sigue en peligro de extinción"EthnologueGalicia 08. Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e DeporteInforme estatístico anualArquivadoAeroporto de SantiagoArquivadoBlog del Aeropuerto de VigoWeb do Aeroporto de Alvedro"Estadística mensual - PESCA FRESCA (Toneladas)""Vigo se consolida como el principal puerto de la península en tráfico de pesca fresca"Tráfico portuario 2014Páxina web de Portos de GaliciaViaxe real en ferrocarril a Monforte de Lemos e Hendaia en 1883"Electrificación Monforte-Vigo"o orixinalMilladoiro: a dignificación da música tradicionalListaxe de Festas de Interese Turístico ano 2015Cheo histórico dos concertos do San Froilán 2015, que deixou uns 11,5 millóns de euros en Lugo e ata un 97% de ocupación hoteleira"Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente DOP Galicia"o orixinalBARÓMETRO AUTONÓMICO (III). GALICIA"Statistics""Estatuto de Autonomía. Título Preliminar""La nueva policía autonómica asumirá el control y la vigilancia del tráfico"o orixinalMemoria UPA 2013Aprobouse onte o Proxecto de lei para a creación da Policía autonómica de GaliciaEdiciónsGaliciaXunta de GaliciaInstituto Galego de EstatísticaeeeeeWorldCat235460507119382317ID002875433369024019119-9n79089622IDge129177349036
ArzúaA BarbanzaA BarcalaBergantiñosBetanzosA CoruñaO EumeFerrolFisterraMurosNoiaOrdesOrtegalSantiagoO SarA Terra de MelideA Terra de SoneiraO XallasAllariz - MacedaA Baixa LimiaO CarballiñoA LimiaOurenseO RibeiroA Terra de CaldelasA Terra de CelanovaA Terra de TrivesValdeorrasVerínVianaMariña de LugoTerra de MontesVal da LouriñaVal MiñorA CoruñaLugoOurensePontevedraHistoriaDemografíaEconomíaAgriculturaPescaXeografíaClimaLinguaCulturaArteGastronomía
Galicia
nación19331978comunidade autónomaConstitución españolanacionalidade históricaEstatuto de autonomíaReino de EspañaComunidade EuropeaPenínsula Ibéricacomunidades autónomasAsturiasCastela e Leónocéano Atlánticomar CantábricoRepública de Portugalgalegoportuguésgalego-portuguéscastelánEspañaSantiago de Compostelaprovincia da Coruña2016FerrolVigoVigoA CoruñaOurenseLugoSantiago de CompostelaPontevedraFerrolVigoNegueira de MuñizFonsagradaMondariz-BalnearioA CoruñaVilariño de ConsolatinagalaicosgalaicoslatíngregoPenínsula IbéricaImperio Romanotriborío Dourolingua celtamar Cantábricorío DouroromanoDécimo Xunio Bruto GalaicoRomalusitanosgalaicosSenado romanoEstrabónPlinioApianoséculosIsidoro de Sevillaséculo VIIGaliaAfonso X o SabioRamón Barros SiveloMurguíalinguas celtasindoeuropeasséculo XIXRexurdimento1891brancoazulreis de GaliciaInglaterra1282Lei de símbolos de GaliciaEduardo PondalPascual VeigaHabanaCuba20 de decembro1907Paleolítico inferiorPlistocenoRibadeoA GuardaacheulianaacheulianomámoasmedorrasPireneosIdade de FerroIdade de Bronceceltascabalocenteosaefesséculo XI a. C.oestrimniosBretañaEstrabónLusitaniacastrosFazouroSanta TregaBaroñaViladongaElviñanecrópolecultura sorotápticaalemánMegalíticoCampo LameiroGallaeciacristianismolatínarianismosuevospaganismoGalicia como reino independentevisigodoslingua latinacristianismoislamReconquistaPortugalApóstolo 'Sant Iago'século IXSantiago de CompostelaCamiño de SantiagotrobadoresAfonso XSéculos Escurosséculo XVIII17501833provinciasSolís23 de abril1846Mártires de CarralRexurdimentoRosalía de CastroManuel Curros EnríquezMurguíaManuel Leiras PulpeiroEduardo PondalprovincialismofederalismorexionalismoSolidaridad Gallega1907primeira guerra mundialPrimo de RiveraIrmandades da FalaVicente RiscoOtero PedrayoLois Peña Novoxeración Nós1920Segunda RepúblicaSegunda RepúblicaOrganización Republicana Gallega AutónomaRamón CabanillasRamón Suárez PicalloCastelao1936guerra civil españolaCelso Emilio FerreiroFrancisco FrancoBuenos AiresConsello de Galiza1944editorial Galaxia1964Unión do Pobo GalegoMéndez FerrínPartido Socialista GalegoX. M. BeirasSalvador García-Bodaño2016EspañaeuropeaRías BaixasGolfo ÁrtabroVigo2014Coruña2014Ourense2014LugoSantiago de CompostelaPontevedraFerrol20142013IGE2008saldo vexetativo2013esperanza de vida1981199620142014portuguesaromanesabrasileiraIberoamérica1857poboación española2014Idade ModernaDivisión territorial de España en 1833A CoruñaBetanzosLugoMondoñedoOurenseSantiagoTuiprovinciasA CoruñaLugoOurensePontevedracomarcasconcellosparroquiasparroquiasaldeasEspañapescaagricultura tradicionalminifundioaluminioSan CibraoCervoCitroën en VigoEndesaas Pontes de García Rodríguezrefinería da CoruñaFerrolVigoInditexZaraPull and BearArteixoderivados lácteosAbancaBanescoBanco PastorBanco PopularAbancaBanco EtcheverríaNCG Bancocaixas de aforrosCaixa GaliciaCaixanovaBanco PastorBanco PopularEspañapescamexilloeirasagriculturaganderíaUERías BaixasSantiagoIGE20142013ano santo xacobeoProduto Interior Bruto2014GWhcentrais termoeléctricas do carbónhidráulicaenerxía eólicasolar fotovoltaicaEspañaMeiramaAs Pontescentral térmicaEspañaMwenerxías renovablesenerxía eólicaenerxía térmica solarenerxía undimotrizEstaca de BaresPortela do HomePortugalOurenseZamoracabo Touriñánrío Miñomar Cantábricocanóns do SilcantíspraiasríasRibadeoFozViveiroBarqueiroOrtigueiraCedeiraFerrolAresBetanzosA CoruñaCorme e LaxeCamariñasFisterraCorcubiónMuros e NoiaArousaPontevedraVigoEstaca de BaresRías Mediaspesca de Galiciaocéano AtlánticoEstaca de Baresocéano Atlánticomar Cantábricocabo Ortegalcabo Priorpunta Santo Adraocabo Viláncabo Touriñáncabo Fisterracabo SilleiroarquipélagosCíesOnsSálvoraCortegadaParque nacional das Illas AtlánticasArousaSisargasMalveirasrío SilvalesPorriñogranitoXistralLugoOs AncaresLeónAsturiasO CourelO EixoOurenseZamoraPena TrevincaMacizo Central ourensánO FaroCova da SerpeMontemaiorMontes do TesteiroA PenedaXurésO LaroucoPortugalPena TrevincaPena SurviaAlto do TornoMaluroMonte CuíñaCabeza de ManzanedaMiñozaleasCantábricaAtlánticacantábricarío NaviaAncaresasturianaNaviarío EoAsturiasatlánticaMiñoSilMiñoEspañaEumeTambreUllaLérezLimiaportuguéscanóns do SilencorosoceánicachuviosoinvernoveránoutonoCoruñaPontevedraLugoOurenseOs AncaresO EixoRías Baixasocéano AtlánticoTuiRibadeomonteeuroseucaliptofragasgandoincendios forestaisespeciesvertebradospeixesaugas docesanfibiosréptilesavesmamíferosxabaríscorzosría de Ribadeocabalo de pura raza galegagaliña autóctona de MosgalegolatínGallaeciapobo galegoportuguésasturianocastelánoccitanosociolingüísticaReal Academia Galegamedios de comunicaciónensinocastelánBaixa Idade MediaIgrexaséculo XXportuguésgalego-portuguésPortugalaeroporto de Santiago de Compostela2014EspañaEuropaIstambulFrankfurtXenebraParísRomaaeroporto de VigoEspañaLondresParísaeroporto da Coruña2014EspañaLisboaParísLondresMadridBarcelonaValenciaBilbaoSevillaGran CanariaTenerifePalmaParísLondresporto de Vigo2014FerrolSan CibraoA CoruñaMarínVilagarcía de ArousaPortos de GaliciaautoestradasautovíasA-76ValdeorrasN-120PonferradaOurenseAP-53AG-53SantiagoOurenseA-54SantiagoLugoA-56LugoOurenseAG-53Xunta de Galicia15 de setembro1873O CarrilVilagarcíaCornesSantiago1875A CoruñaLugo1883EstadoBarco de ValdeorrasferrocarrilAdifRenfe OperadoraFEVEFerrolRibadeoOviedoPonferradaMonforteOurenseVigoalta velocidadeliña Santiago-Ourense-Madrid2018eixe atlánticoA CoruñaVigoPortugaleixe interior de GaliciaVigoMonforteL.A.V. subcantábricaA CoruñaLeónlinguas romancesgalego-portuguésIdade Mediaprodución poéticaliterarialingua galegaRexurdimentoséculo XIXRosalía de Castroséculo XXguerra civilXeración NósVicente RiscoRamón CabanillasCastelaofranquismoEspañaXosé Luís Méndez FerrínManuel RivasSuso de TorogaitafrautaszanfonatamborilbombopandeiretaReal Coro Toxos e FrolesCántigas da TerramuiñeirasalalásMilladoirointerese turístico internacionalnacionalporcopeixecaldo galegopolbo á feiracocidocaldeiradachurrascomariscadascallosempanadasobremesastorta de SantiagoMondoñedoorellasEntroidofilloasgrelopatacacastañapementomellacónembutidosqueixopanmariscosqueimadaaugardentesbebidas espirituosasviñoRibeiroRías BaixasMonterreiValdeorrasRibeira SacraCentro de Investigacións SociolóxicasrelixiosafútbolCelta de VigoDeportivo da CoruñaPrimeira divisiónClub Deportivo LugoSegunda divisióncopas do ReiSupercopasLuis SuárezSegunda BCoruxo FCCCD CercedaPontevedra CFRacing de FerrolSD CompostelaBalón de OuroEstado EspañolLuis SuárezMundial de Fútbol de 1982RiazorBalaídosbaloncestoCAB ObradoiroLiga ACBCB BreogánClub Ourense BaloncestoBásquet CoruñaLiga LEBOAR FerrolAsociación de Clubs de BaloncestoFernando RomayXogos Olímpicos de 1984Real MadridFran VázquezOrlando MagicNBA2005EuroligabalonmánSD TeucroBM CangasLiga ASOBALOctavio Pilotes Posadasegunda categoríahóckey a patínsH.C. LiceoCP CercedaA.A. DominicosPrimeira Divisiónfútbol salaSantiago FutsalO'Parrulo FerrolPrimeira DivisiónProne LugoBurela FSSegunda Divisiónselección galega de fútbolbaloncestorugbyCampionato de Galicia de RallyCircuíto de Autocross de ArteixoSubida a Chantadaremonavegación deportivapiragüismosurfXogos OlímpicosDavid CalTámara EchegoyenSofía ToroCarlos Pérez RialAntón Paz BlancoFernando EchavarritraiñeirasLiga San MigueltríatlonXavier Gómez Noia2012Iván Raña2006MosÓscar PereiroTour de FrancianorteamericanoFloyd LandisviguesaChus LagoEverestLeopardo das nevesnaciónEstatuto de autonomía de GaliciaParlamento de Galiciaeleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012Policía Autonómica GalegaDirección Xeral de PolicíaMinisterio do InteriorDirección Xeral de Emerxencias e InteriorXunta de GaliciaEstatuto de autonomía de Galicia19 de xuño1991lingua galegaTelevisión de Galicia24 de xullo1985Corporación de Radio-Televisión de GaliciaGalicia Televisión EuropaGalicia Televisión AméricaUnión EuropeaAméricaHispasattvG22 de febreiro2009TVE1974VTelevisiónPopular TV de GaliciaRadio GalegaCRTVGTelevisión de Galicia24 de febreiro198529 de marzoRadio GalegaRadio Galega MúsicaEMUGAourensánVigoCoruñagalego
Galicia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°30′N 8°06′O / 42.5, -8.1
Galicia Galiza | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Os Pinos | |||
Estado | España | ||
Capital | Santiago de Compostela | ||
• Poboación | 96 456 hab. (2017) | ||
Lingua oficial | Galego e castelán | ||
Forma de goberno | Comunidade Autónoma | ||
Presidente | Alberto Núñez Feijóo (PPdeG) | ||
Estatuto | 6 de abril de 1981 | ||
Superficie | Posto 7º | ||
• Total | 29 574,4 km² | ||
Fronteiras | con Portugal 296[1]km | ||
Costas | 1562 km | ||
Poboación | Posto 5º | ||
• Total | 2 718 525 (2016[2]) hab. | ||
• Densidade | 92,94 hab./km² | ||
Xentilicio | galego/a | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .gal | ||
Código ISO | ES-GA | ||
Sitio web oficial | |||
| |||||||||||||||||
Problemas coa escoita destes ficheiros? Vexa a páxina de axuda. |
Galicia[3] ( pronunciación (axuda · info)) ou Galiza[4] ( pronunciación (axuda · info)) é unha nación[5] recoñecida internacionalmente en 1933[6][7] e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.
Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial[8] dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².
O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.
Índice
1 Etimoloxía
2 Símbolos de Galicia
2.1 Bandeira de Galicia
2.2 Escudo de Galicia
2.3 Himno galego
3 Historia
3.1 Prehistoria
3.1.1 Idade de Bronce
3.1.2 Etapa castrexa
3.2 Idade Antiga
3.2.1 A romanización
3.3 Idade Media
3.4 Idade Moderna
3.5 Idade Contemporánea
3.5.1 Século XIX
3.5.2 Século XX
3.5.2.1 Franquismo
3.5.2.2 En democracia
4 Demografía
4.1 Concellos máis poboados
4.2 Evolución demográfica
5 Divisións administrativas
6 Economía
6.1 Enerxía
7 Xeografía
7.1 Relevo
7.2 Hidrografía
7.3 Climatoloxía
8 Natureza
8.1 Flora
8.2 Fauna
9 Lingua
10 Transportes e mobilidade
10.1 Aeroportos
10.2 Portos
10.3 Estradas
10.4 Ferrocarril
11 Cultura
11.1 Literatura
11.2 Música
11.3 Festas populares
11.4 Gastronomía
11.5 Relixión
11.6 Deportes
12 Goberno e política
12.1 Os poderes da comunidade
12.2 Resultados electorais
12.3 Partidos políticos
13 Seguridade
14 Medios de comunicación
14.1 Televisión
14.2 Radio
14.3 Xornais
15 Notas
16 Véxase tamén
16.1 Bibliografía
16.2 Outros artigos
16.3 Ligazóns externas
Etimoloxía |
Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra latina Gallaecia (ou Callaecia), que significaba literalmente 'terra dos galaicos'. Callaecia[9] 'a terra dos Callaeci', de *kallā- 'madeira'[10] co sufixo complexo local -āik-. Máis tarde tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza. Os galaicos (en latín: Gallaeci, en grego: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da Península Ibérica xa antes da súa integración ao Imperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do río Douro; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de lingua celta e culturalmente homoxéneo, situado entre o mar Cantábrico e o río Douro.[11]
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.[12] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da Galia[13]. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos das linguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, a día de hoxe, descoñecido.
Símbolos de Galicia |
Bandeira de Galicia |
- Artigo principal: Bandeira de Galicia.
Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento, como insignia nacional,[14] ondeando dende polo menos o ano 1891. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
Escudo de Galicia |
- Artigo principal: Escudo de Galicia.
O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos reis de Galicia (roys de Galyce) do Armorial Segar de Inglaterra no ano 1282. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 da Lei de símbolos de Galicia:
Himno galego |
- Artigo principal: Os Pinos.
O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Foi estreado na Habana, Cuba, o 20 de decembro de 1907.
Historia |
- Artigo principal: Historia de Galicia.
Prehistoria |
- Artigo principal: Prehistoria en Galicia.
As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico inferior, durante o Plistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria acheuliana a base de bifaces, fendedores, triedros... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico ou acheuliano. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.
A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros[Cómpre referencia] de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.
Idade de Bronce |
É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos.
É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pireneos.
Etapa castrexa |
- Artigo principal: Cultura castrexa.
Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Os celtas trouxeron novas variedades de gando, o cabalo domesticado e probablemente o centeo.
O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dos saefes, no século XI a. C. Someterá os oestrimnios, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas con Bretaña. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo que Estrabón dixese deles que eran os máis difíciles de vencer de toda Lusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos galaicos aínda non estaba constituída política e administrativamente.
Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foxo e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o de Fazouro, Santa Trega, Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao e Viladonga. Común a todos eles é o feito de que o ser humano se adapta ó terreo e non ó contrario.
En canto ós templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ou Urnenfelder como se coñecen pola súa denominación en alemán). Existen tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.
Dende finais do Megalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira orixe e significado (son moi coñecidas as de Campo Lameiro).
Idade Antiga |
A romanización |
- Artigo principal: Gallaecia.
Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.
O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara ao galego e mesturándose o segundo cos costumes pagáns.
O islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal.
As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería pastoril.
Idade Media |
- Artigo principal: Reino de Galicia.
A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' no século IX conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago de Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. O Camiño de Santiago converteuse nun eixo cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.
Idade Moderna |
- Artigo principal: Galicia na Idade Moderna.
A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformación de España, pasando polos chamados Séculos Escuros, nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelanfalantes. Neste século, Galicia era un dos territorios máis poboados de Castela, e ata 1750 experimentou un rápido crecemento demográfico.[16]
Idade Contemporánea |
Século XIX |
- Artigo principal: Galicia na Idade Contemporánea.
En 1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do Reino de Galicia. É aquí onde nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.
O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la unidade de Galicia contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e o 23 de abril de 1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.
O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.
Século XX |
Logo do provincialismo, federalismo e rexionalismo do século anterior, xorde a etapa da Solidaridad Gallega, de 1907 á primeira guerra mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha representación galega (o que se saldou cun fracaso).
Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamada xeración Nós, en torno á revista do mesmo nome, acompañada de 1920 á Segunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental dende o poder político central.
Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Ramón Suárez Picallo, Castelao... En 1936 o PG, para lograr o estatuto para Galicia, aliouse coa Fronte Popular e a resultas desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao presentouno nas Cortes pouco antes da guerra civil española.
Franquismo |
Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Francisco Franco.
Na posguerra créase en Buenos Aires o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optando polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia.
No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, que Méndez Ferrín, un dos seus fundadores definiu como o partido nacionalista de esquerda revolucionaria) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X. M. Beiras e Salvador García-Bodaño).
En democracia |
1975: Constitución da Xunta Democrática de Galicia.
1976: Constitución da Táboa Democrática de Galicia.
1977: Constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia.
1978: Xunta Preautonómica presidida por Antonio Rosón Pérez.
1979: Xunta Preautonómica presidida por Xosé Quiroga Suárez.
1980: Referendo do Estatuto de autonomía. Aprobado facendo referencia á Nacionalidade Histórica.
1981: Primeiras eleccións autonómicas.
1982: Presidente da Xunta de Galicia: Xerardo Fernández Albor.
1987: Presidente da Xunta de Galicia: Fernando González Laxe.
1989: Presidente da Xunta de Galicia: Manuel Fraga Iribarne.
2005: Presidente da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño.
2009: Presidente da Xunta de Galicia: Alberto Núñez Feijóo.
Demografía |
- Artigo principal: Demografía de Galicia.
Cunha poboación estimada (2016) de 2 718 525 habitantes,[17] Galicia é a quinta comunidade autónoma de España segundo poboación. A súa densidade de poboación, de 92,94 hab./km², é lixeiramente superior á media española e semellante á europea.
A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) as de maior densidade de poboación. O concello de Vigo, con 294.997 habitantes (2014), constitúe o máis poboado de Galicia, seguido dos da Coruña, 244.810 habitantes (2014), e Ourense, 106.905 habitantes (2014). Xunto con estas tres cidades, Galicia conta con outras catro localidades consideradas cidades: Lugo, Santiago de Compostela (capital administrativa de Galicia), Pontevedra e Ferrol.
Así mesmo, o país conta con outros cinco concellos con máis de 30.000 habitantes, dez concellos de entre 20.000 e 30.000 habitantes, e trinta e cinco de entre 10.000 e 20.000.
Segundo o censo de 2014, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,07 fillos por muller fronte ao 1,32 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza a substitución xeracional da poboación.[18] Entre as galegas, as ourensás e as luguesas son as que menos fillos teñen, con 0,99 e 1,04, sendo as primeiras, das que menos fillos teñen en España só por riba das asturianas.[19] En 2013 rexistráronse en Galicia un total de 19.727 nacementos, o que supón 1.362 menos ca en 2012, segundo o IGE.[20] De feito, nos últimos anos Galicia vive unha diminución paulatina do número absoluto de nacementos dende o ano 2008, no que houbo 23.175 nacementos,[20] tras un breve período de recuperación entre os anos 2002 e 2008.
Pirámide de poboación galega no ano 2014 | |
O saldo vexetativo, é dicir, a diferenza entre o número de persoas nadas e as falecidas, é negativo en Galicia dende finais dos anos oitenta.[21] No 2013 houbo un total de 30.433 falecementos polo que a diferenza entre defuncións e nacementos é de 10.706 persoas.[20]
No tocante á esperanza de vida, os galegos tiñan en 2013 unha esperanza de vida ao nacer de 82,59 anos (79,48 anos para os homes e 85,59 anos para as mulleres).[22] Dende 1981, ano en que a esperanza de vida dos galegos era de 75,4 anos, esta medrou en 7 anos, grazas á mellora da calidade de vida.[23] O avellentamento da poboación tamén se pon de manifesto no incremento de anciáns de idade avanzada que rexistra gradualmente a comunidade cada exercicio. Galicia contaba en 1996 con 226 persoas con máis de cen anos. Dezaoito anos despois, a cifra medrou un 466,8% ao superaren o século 1.281 galegos no ano 2014.[24]
No ano 2014 residían en Galicia 98.245 estranxeiros, o que supón o 3,57% da poboación total. As nacionalidades predominantes son a portuguesa (19,03% do total de estranxeiros), a romanesa (9,36%) e a brasileira (8,34%).[25]
Densidade de poboación por provincias.
Concellos máis densamente poboados de Galicia.
Densidade de poboación por parroquias.
Concellos que gañaron ou mantiveron a súa poboación en 2009.
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
Concellos máis poboados |
Listaxe | Municipio | Provincia | Pob. | Listaxe | Municipio | Provincia | Pob. | Vigo A Coruña Ourense Lugo |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Vigo | Pontevedra | 294.997 | 11 | Carballo | A Coruña | 31.288 | |
2 | A Coruña | A Coruña | 244.810 | 12 | Arteixo | A Coruña | 30.857 | |
3 | Ourense | Ourense | 106.905 | 13 | Ames | A Coruña | 29.975 | |
4 | Lugo | Lugo | 98.560 | 14 | Redondela | Pontevedra | 29.909 | |
5 | Santiago de Compostela | A Coruña | 95.800 | 15 | Culleredo | A Coruña | 29.434 | |
6 | Pontevedra | Pontevedra | 82.946 | 16 | Ribeira | A Coruña | 27.565 | |
7 | Ferrol | A Coruña | 70.389 | 17 | Cangas | Pontevedra | 26.567 | |
8 | Narón | A Coruña | 39.574 | 18 | Marín | Pontevedra | 25.329 | |
9 | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | 37.712 | 19 | Cambre | A Coruña | 24.029 | |
10 | Oleiros | A Coruña | 34.563 | 20 | Ponteareas | Pontevedra | 23.115 | |
Padrón municipal do ano 2014[26] |
Evolución demográfica |
A historia demográfica de Galicia foi a dunha continua perda de peso respecto ao resto do estado, froito da emigración cara a Iberoamérica, Centroeuropa ou outros territorios do Estado. Así, en 1857 a densidade de poboación en Galicia era a meirande de todas as rexións que conforman o estado, representando a cota galega o 11,49% da poboación española. Así e todo, no 2014, Galicia pasou a representar unicamente o 5,88% da poboación estatal.
Evolución demográfica de Galicia e porcentaxe con respecto ao total estatal[27] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | 1857 | 1877 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | |||||||||||
Poboación | 1.776.879 | 1.848.027 | 1.894.558 | 1.980.515 | 2.063.589 | 2.124.244 | 2.230.281 | 2.495.860 | |||||||||||
Porcentaxe | 11,49% | 11,11% | 10,79% | 10,64% | 10,32% | 9,93% | 9,42% | 9,59% | |||||||||||
Ano | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | 2014 | |||||||||||
Poboación | 2.604.200 | 2.602.962 | 2.583.674 | 2.753.836 | 2.720.445 | 2.732.926 | 2.795.422 | 2.748.695 | |||||||||||
Porcentaxe | 9,26% | 8,51% | 7,61% | 7,30% | 6,90% | 6,65% | 5,92% | 5,88% |
Divisións administrativas |
- Artigos principais: Provincia, Comarcas de Galicia, Concellos de Galicia e Partidos xudiciais de Galicia.
Durante a Idade Moderna e até a División territorial de España en 1833 Galicia estivo dividida en 7 provincias: A Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui. Administrativamente a Galicia actual estrutúrase en 4 provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), 53 comarcas, 313[28]concellos e 3 792 parroquias. O territorio do concello estrutúrase en parroquias e estas á súa vez en aldeas ou lugares.
Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50 % das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos.[29]
Economía |
- Artigo principal: Economía de Galicia.
Galicia é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basea a maior parte da súa economía na agricultura tradicional, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.
Aséntanse en Galicia poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta de aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao (Cervo), a industria manufactureira de automóbiles da tamén multinacional Citroën en Vigo, a mina e as centrais térmica e de ciclo combinado de Endesa das Pontes de García Rodríguez, a refinería da Coruña ou os estaleiros de Ferrol e Vigo, con desigual sorte e en proceso de reconversión case continua na súa maioría dende os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega comezou a desenvolverse internacionalmente, o grupo téxtil Inditex (Zara, Pull and Bear etc.), con sede en Arteixo.
As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de derivados lácteos e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal FRIGSA (Frigoríficos Industriales de Galicia) que acabou sendo desmantelada, tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas.
Galicia tamén conta con dúas importantes entidades financeiras filiais de entidades foráneas: Abanca, que é filial do grupo Banesco, e o Banco Pastor, que é propiedade do Banco Popular. Abanca é a marca comercial do banco que se creou no ano 2014 trala fusión por absorción do Banco Etcheverría por parte de NCG Banco, sendo este último á súa vez resultado da fusión de dúas caixas de aforros; Caixa Galicia e Caixanova. O Banco Pastor pola súa banda é unha marca para Galicia do Banco Popular, que o adquiriu no ano 2011. Até entón o Pastor era o segundo banco máis antigo de España despois do Banco Etcheverría.
A pesca, na que tradicionalmente Galicia é unha potencia, vén minguando o número de capturas dende hai anos tanto polo esgotamento das pesquerías tradicionais como polas condicións políticas de acceso a estas. Estanse comezando a desenvolver os cultivos mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional das mexilloeiras (que aínda hoxe representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetarias.
A agricultura e a gandería pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da incorporación na UE e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous indicadores.
O turismo, de desenvolvemento máis tardío ca noutras zonas da Península, representa hoxe en día unha importante fonte de ingresos, coa peculiaridade de que se concentra na costa (principalmente nas Rías Baixas) e Santiago.
Segundo o IGE, durante o ano 2014 Galicia recibiu 4.089.870 turistas en aloxamentos turísticos, un 8% máis que no ano 2013, e un 4,5% menos que o último ano santo xacobeo do 2010.[31] O turismo supón o 12 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) galego e emprega a un 12 ou 13 por cento dos traballadores.
Enerxía |
A xeración neta en 2014 alcanzou os 31.287 GWh dos cales 10.069 obtivéronse das centrais termoeléctricas do carbón, 10.245 de fonte hidráulica, 8.314 da enerxía eólica, e 19 de solar fotovoltaica.[32] Esta cantidade supuxo o 11,72 % do total de España.[32] Ese mesmo ano a demanda na comunidade galega ascendeu a 19.451 Gwh.[32]
As principais fontes de xeración son os combustibles sólidos procesados transformados principalmente nas centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Esta última é a maior central térmica de España cunha potencia de 1.468 Mw distribuída en catro grupos xeradores.[33]
A porcentaxe de produción de enerxía renovable (hidráulica, solar e térmica renovable) en Galicia no ano 2014 foi aproximadamente do 60 %.[32] Dentro deste grupo, as enerxías renovables están nunha etapa de gran crecemento, destacando a enerxía eólica que supuxo en 2005 o 83,1 % do total da potencia instalada de enerxías renovables, e que no ano 2014 colocaba á comunidade no terceiro posto nacional con 3.362 MW de potencia instalados[32] Nos próximos anos espérase unha expansión da enerxía térmica solar[34] así como da enerxía undimotriz.
Xeografía |
- Artigo principal: Xeografía de Galicia.
- Véxase tamén: Rías de Galicia, Montes de Galicia e Illas de Galicia.
O territorio de Galicia está comprendido entre 43º 48' N (Estaca de Bares) e 41º 49' N (Portela do Home, na fronteira con Portugal) en latitude. En lonxitude, entre 6º 44' O (límite entre Ourense e Zamora) e 9º 18' O (cabo Touriñán).
Relevo |
Na xeografía galega destaca o contraste entre o relevo costeiro e o de interior, máis elevado có primeiro. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais.
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do río Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que son minoritarios.
A costa galega conta con 1.498 km dos que máis de 800 son cantís e 300 son de praias. A costa do país caracterízase pola presenza das rías, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas (Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas) e Rías Baixas de maior tamaño, atópanse ao sur de Fisterra como punto máis occidental de Galicia (Corcubión, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo). Entre as Rías Altas faise decote unha división entre as denominadas propiamente Rías Altas (ó leste de Estaca de Bares) e as Rías Medias.
As rías destacan pola súa importante achega á pesca de Galicia, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo.
A erosión do océano Atlántico na costa galega tamén contribuíu á presenza de multitude de cabos entre os que destacan Estaca de Bares (punto máis ó norte de Galicia e a separación entre océano Atlántico e mar Cantábrico), cabo Ortegal, cabo Prior, punta Santo Adrao, cabo Vilán, cabo Touriñán (punto máis occidental de Galicia), cabo Fisterra, considerado polos romanos como o fin do mundo coñecido e o cabo Silleiro que pecha polo sur a ría de Vigo.
Ó longo da costa galega atópanse pechando as rías un gran número de arquipélagos que destacan tanto polos seus fondos mariños como polas súas colonias de aves mariñas. Os principais grupos de illas son os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora así como as illas de Cortegada (xunto cos tres arquipélagos anteriores forman o Parque nacional das Illas Atlánticas), Arousa, Sisargas e Malveiras.
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas. As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como acontece nos canóns do río Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que son minoritarios.
Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do Porriño con canteiras de granito, rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.
As principais cadeas montañosas do país son as serra do Xistral (norte de Lugo), Os Ancares (fronteira con León e Asturias), O Courel (fronteira con León), O Eixo (fronteira entre Ourense e Zamora; a 2.124 m atópase Pena Trevinca, o teito de Galicia), Macizo Central ourensán (corazón da provincia de Ourense), O Faro (fronteira entre Lugo e Pontevedra), Cova da Serpe (fronteira Lugo e A Coruña), Montemaior (provincia da Coruña), Montes do Testeiro (entre Pontevedra e Ourense), A Peneda, e as do Xurés e O Larouco (fronteira entre Ourense e Portugal).
Os principais cumios de Galicia son Pena Trevinca (2.127 m), Pena Survia (2.095 m), Alto do Torno (1.942 m), Maluro (1.925 m), Monte Cuíña (1.987 m) e Cabeza de Manzaneda (1.778 m).[35]
Hidrografía |
- Artigo principal: Ríos de Galicia.
Galicia cualifícase moitas veces como a terra dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semiacuáticas como as chamadas "zaleas").
Os ríos galegos pertencen a dúas vertentes: a Cantábrica e a Atlántica. Na vertente cantábrica son ríos moi curtos, onde destaca o río Navia, que nace nos Ancares e desemboca na localidade asturiana de Navia, e o río Eo, que desemboca no límite con Asturias. Algo máis longos son na atlántica, coas excepcións novamente de Miño e Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros, 310 e 225 km respectivamente, sendo o Miño o noveno de España en lonxitude. Na vertente atlántica cabe destacar ademais, de norte a sur, os ríos Eume, Tambre, Ulla, Lérez e Limia, que desemboca en territorio portugués.
Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os afamados canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).
Climatoloxía |
- Artigo principal: Clima de Galicia.
En xeral, Galicia ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Aínda así, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km².
A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:
- As Rías Altas e interior da Coruña, cun clima oceánico húmido. Rexistra o maior índice de precipitacións de Galicia, así como o menor número de días soleados e o maior número de días con precipitacións.
- A Mariña de Lugo, cun clima oceánico suave con temperaturas baixas todo o ano.
- O Interior, cun clima oceánico case continental.
- As Rías Baixas, cun clima oceánico suave.
- O curso fronteirizo do río Miño, cun clima moi próximo ao mediterráneo suave.
- A Ribeira Sacra, cun clima continental moi cálido propiciado polo val do río Miño e os diversos montes que rodean a cidade de Ourense. No verán danse seguido rexistros con temperaturas entre as máximas de toda a Península, que chegan a superar os 40 °C.
O territorio galego ten unha temperatura media anual ponderada de 13,3 °C.[36] Durante o inverno a temperatura media acada os 8,5 °C,[36] na primavera chega aos 15 °C,[36] no verán os 19 °C e durante o outono os 11 °C.[36] É, polo tanto, no primeiro terzo do ano (meses de xaneiro a marzo) cando se dan os valores máis baixos de temperatura para a maior parte de Galicia. É na zona atlántica de Galicia –provincias da Coruña e Pontevedra onde se rexistran as temperaturas medias anuais máis elevadas, superando lixeiramente os 14 °C e sendo de 1 a 2 °C máis altas cás de Lugo e Ourense, respectivamente. Os valores medios normalizados van dende mínimos por debaixo dos 6 °C nas montañas das serras orientais e sudorientais (Os Ancares e O Eixo), ata máximos superiores aos 15 °C nas áreas costeiras a baixa altitude, especialmente nas Rías Baixas. A distribución espacial das temperaturas presenta unha variación costa-interior, relacionada coa presenza do océano Atlántico —quen ten un efecto de regulador térmico nas zonas costeiras e incluso en zonas máis interiores—, e outra norte-sur, en relación co balance anual entre as compoñentes climáticas temperada e subtropical. En conxunto, marcan un efecto diagonal NW-SE de diminución da temperatura é dicir, poderíase trazar unha liña dende Tui ata Ribadeo que diferenciaría dúas zonas principais climáticas en Galicia, unha con temperaturas máis suaves (a costa) e outra con temperaturas máis continentais (o interior).
Natureza |
Flora |
Galicia ten unha gran porcentaxe de monte (un 68,96%)[37] con máis de 600 millóns de árbores cubrindo a súa superficie, valorada en 28.000 millóns de euros,[38] onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, aínda que nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.
Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.
Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biótopos:[Cómpre referencia]
- atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros etc.;
- mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, erbedos etc.;
- continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos etc.;
Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:
- chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
- chegada das repoboacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende o descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;
- chegada das repoboacións de eucalipto (especialmente Eucalyptus globulus), dende o franquismo, aínda contemplado coma especie alóctona, principalmente para fornecer de materia prima a ENCE, a papeleira de Pontevedra.
Fauna |
- Artigo principal: Fauna de Galicia.
Existen en Galicia 262 especies de vertebrados inventariados, dos que 12 son peixes de augas doces, 15 anfibios, 24 réptiles, 152 aves e 59 mamíferos.[39]
Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Porén, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.
Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA etc., como a da ría de Ribadeo.
Cabe mencionar o cabalo de pura raza galega e a galiña autóctona de Mos, que se atopa en perigo de extinción, aínda que o número de exemplares aumentou considerablemente en 7 anos.[40]
Lingua |
- Artigos principais: Lingua galega e Historia da lingua galega.
O galego, idioma romance derivado do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común ao portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade)[41] e similar a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.
A lingua galega desenvolveu tradición literaria temperá canda outros romances coma o occitano. Esta prematura tradición acredita o seu prestixio. Atravesou posteriormente períodos de decadencia literaria e sociolingüística debido ao status político de Galicia ao longo da súa historia.
Actualmente, a lingua galega posúe un estándar elaborado pola Real Academia Galega en base á súa tradición literaria. O galego contemporáneo, como lingua oficial, posúe unha variante culta que é empregada tanto nos medios de comunicación de Galicia coma no ensino primario, secundario e universitario.
A lingua galega é falada por máis de 3 millóns de persoas arredor do mundo. En relación ó número de falantes, o galego ocupa o posto 146 na lista mundial, na que están incluídos máis de 6.700 idiomas.[42]
O castelán comezou a se introducir na Baixa Idade Media sobre todo ao accederen casteláns a postos na Igrexa e na política galega, e acabou por converterse na lingua da clase dirixente e de facto na única lingua oficial e ao longo do século XX tamén na lingua falada por unha parte dos habitantes das cidades galegas. Despois de varios séculos de imposición política da lingua castelá, o galego acadou nos últimos decenios tamén o status de lingua oficial na comunidade autónoma galega, e ámbolos dous son aprendidos nos centros de ensino. Existe un forte movemento social que busca a plena normalización da lingua de Galicia.
Hai que notar que tanto o galego coma o portugués son derivados do antigo galego, chamado habitualmente galego-portugués. As dúas linguas comezaron a se afastaren progresivamente coa separación política de Portugal e Galicia.
Transportes e mobilidade |
Aeroportos |
En Galicia hai tres aeroportos situados no eixo atlántico, que dan servizo ás cidades máis importantes de Galicia.
O aeroporto de Santiago de Compostela ou aeroporto da Lavacolla, cun tráfico de 2.083.873 pasaxeiros[43] no 2014 é o máis importante de Galicia. Conecta con varias cidades de España e Europa, entre elas Istambul, Frankfurt, Xenebra, París e Roma.[44]
O aeroporto de Vigo ou aeroporto de Peinador, con 680.387 pasaxeiros[43] no mesmo ano, ten tamén voos directos a varias cidades de España e a Londres e París.[45]
Finalmente, o aeroporto da Coruña ou aeroporto de Alvedro, con 988.834 pasaxeiros[43] en 2014, ten voos directos a varias cidades de España, así como a Lisboa, París e Londres.[46] Cabe destacar que os tres aeroportos teñen voos directos a Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla, Gran Canaria, Tenerife, Palma, París e Londres.
Portos |
Entre os portos galegos cabe destacar o porto de Vigo, que é o maior porto de pesca da península ibérica e un dos maiores do mundo.[47][48] O seu tráfico total en 2014 foi de 4.087.402 toneladas.[49] Outros portos a destacar son os de Ferrol-San Cibrao e A Coruña, cuns tráficos totais de 13.091.673 e 11.956.980 toneladas respectivamente,[49] así como os de Marín e Vilagarcía de Arousa, con 1.923.971 e 989.082 toneladas respectivamente.[49]
En Galicia hai ademais outros 122 portos[50] xestionados polo ente público Portos de Galicia.
Estradas |
A rede de estradas de Galicia está formada por varias autoestradas e autovías que unen as principais cidades, e unha rede nacional e secundaria que chega ó resto de concellos.
Cabe destacar as autovías de acceso a Galicia:
- a A-6 que une A Coruña e Lugo con Madrid entrando polo Cebreiro,
- a A-52 que une Vigo, Ourense e Benavente entrando pola Gudiña,
- a A-8, que entra por Ribadeo e une a costa cantábrica coa A-6 en Baamonde,
- a AP-9, autoestrada que vertebra a fachada occidental galega, unindo as cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo coa fronteira portuguesa en Tui, e
- a A-75, que une a A-52 á altura de Verín coa fronteira portuguesa.
- a A-55, que une Tui e Pontevedra e chega ata a fronteira con Portugal, onde se transforma na A3(Autoestrada Porto-Valença).
Está en proxecto a A-76, que entrando por Valdeorras, seguirá un percorrido similar ao da actual N-120 unindo Ponferrada e Ourense.
No interior de Galicia atopamos a AP-53/AG-53 (Autoestrada Central Galega) entre Santiago e Ourense. Están actualmente en construción as autovías A-54 entre Santiago e Lugo, e A-56 entre Lugo e Ourense. Hai ademais da AG-53 outras autoestradas e autovías con titularidade da Xunta de Galicia, que dan servizo a algunhas capitais comarcais, como:
- a AG-55, que une A Coruña e Carballo,
- a AG-64, que une Ferrol, As Pontes e Vilalba coa A-8[Cómpre referencia],
- a AG-31, que une Ourense con Celanova,
- a AG-11, que une Ribeira con Padrón e a AP-9,
- a AG-41, que une Sanxenxo coa AP-9,
- a AG-56, que une Brión con Santiago de Compostela, e
- a AG-57, que une Baiona coa AP-9.
Ferrocarril |
O día 15 de setembro de 1873, foi inaugurado o primeiro ferrocarril de Galicia entre O Carril (Vilagarcía) e Cornes (Santiago). En 1875 inaugurouse a segunda liña, que unía A Coruña e Lugo. E non será até 1883 cando se ligue o país co resto do Estado, a través do Barco de Valdeorras.[51]
A rede de ferrocarril en Galicia ronda os 1.100 km. Hai varias liñas de largo ibérico (1.668 mm) que corresponden a Adif e Renfe Operadora e que unen tódalas cidades galegas. Hai outra liña de largo inferior (1.000 mm) correspondente a FEVE, co percorrido Ferrol-Ribadeo-Oviedo. De todas estas liñas a única electrificada é a que entra por Ponferrada cara a Monforte, Ourense e Vigo.[52]
Actualmente están en construción varias liñas de alta velocidade. Unha delas é a liña Santiago-Ourense-Madrid prevista para 2018, así como o eixe atlántico, xa en servizo entre A Coruña e Vigo, que uniría tódalas cidades atlánticas da comunidade con Portugal. Hai outras liñas en proxecto que acabarían de vertebrar o territorio unindo o resto de cidades: o eixe interior de Galicia entre Vigo e Monforte, e a L.A.V. subcantábrica, entre A Coruña e León.[Cómpre referencia]
Cultura |
- Artigo principal: Cultura de Galicia.
Galicia conta cunha rica historia na que diferentes pobos, xunto coa poboación nativa, deixaron a súa impronta na cultura.
Literatura |
- Artigo principal: Literatura galega.
Como acontece coa maior parte das linguas romances, as primeiras manifestacións literarias en galego (algunhas veces denominado actualmente galego-portugués) datan da Idade Media. Logo desta etapa medieval (na que resulta especialmente relevante a produción poética), tivo lugar un longo período de algo máis de tres séculos de seca literaria, denominados séculos escuros, no que se produciu un case total abandono da lingua galega como lingua literaria. Co Rexurdimento, fundamentalmente na segunda metade do século XIX, a literatura en galego volve a cultivarse xurdindo nomes fundamentais como Rosalía de Castro.
Xa no século XX, antes da guerra civil teñen especial importancia grupos de intelectuais como a Xeración Nós e as Irmandades da Fala, nos que se atopan escritores como Vicente Risco, Ramón Cabanillas e Castelao. Pódense observar, logo, dous períodos máis que coincidirían, aproximadamente, un co franquismo e o outro co período de tempo que chega ata a actualidade, dende o instauración da democracia en España. Autores de sona da literatura galega contemporánea son Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro.
Música |
- Artigo principal: Música tradicional galega.
Galicia é un país cunha ampla e fonda tradición musical. A súa riqueza musical reside na variedade de ritmos musicais así como de instrumentos.
Os instrumentos empregados na música galega viran fundamentalmente ao redor dos de vento e percusión. De entre todos eles, destaca a gaita como o máis estendido e coñecido, aínda que ultimamente estase prestando especial atención á recuperación daqueles instrumentos que foron caendo no esquecemento, principalmente os diferentes tipos de frautas galegas e a zanfona. En canto aos de percusión, hai unha gran variedade, podendo citarse o tamboril, o bombo e a pandeireta, entre outros. Algunhas das agrupacións tradicionais galegas teñen máis de cen anos de historia como o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol ou o coro Cántigas da Terra da Coruña.
En canto a ritmos musicais destacan as muiñeiras, danzas folclóricas tradicionais que teñen orixe nos muíños onde se moían o trigo e o millo; e alalás. O grupo galego de música tradicional máis coñecido tanto no país como fóra é Milladoiro,[53] mestura da música tradicional con ritmos e sons doutras culturas.
Festas populares |
- Véxase tamén: Festas de interese turístico de Galicia.
As seguintes son algunhas das festas de Galicia declaradas de interese turístico internacional ou nacional:[54]
Festas do Apóstolo Santiago: son as festas en honra ao patrón de Galicia e celébranse durante medio mes en Santiago de Compostela. Nelas celébranse actos relixiosos e o 24 de xullo lánzanse fogos artificiais dende a catedral. Foron declaradas de Interese Turístico Internacional no 2001.
Festa de San Froilán: son as festas dedicadas ao patrón da cidade de Lugo, entre o 4 e o 12 de outubro. Estas festas de Interese Turístico Nacional reúnen todos os anos multitude de visitantes, chegando na súa edición de 2015 a reunir a 570.000 persoas.[55] Son famosas sobre todo polas tradicionais casetas onde se desgusta o polbo á feira.
Festa do marisco: vén celebrándose cada outubro dende 1963 no Grove. Na década de 1980 foi declarada de Interese Turístico Nacional. A degustación de marisco fresco a prezos populares é, sen dúbida, o maior atractivo desta cita.
Rapa das bestas de Sabucedo: celébrase o primeiro fin de semana de xullo en Sabucedo (A Estrada), é un acontecemento de tradición ancestral, declarado de Interese Turístico Nacional en 1963 e Internacional no 2007. É a rapa máis famosa de Galicia, consiste en baixar do monte cabalos salvaxes e levalos a un recinto pechado denominado "fachendoso", onde se lles corta as crinas e márcase aos poldros. Unha diferenza respecto das demais rapas de Galicia, é que na de Sabucedo os "aloitadores", encargados de inmobilizar aos animais para poder cortarlles as crinas e marcalos, non utilizan ningunha axuda.
Festival de Ortigueira: celébrase na localidade de Ortigueira durante catro días. Primeiro celebrouse dende 1978 a 1987, e actualmente celébrase dende 1995. O festival baséase na cultura celta, música folk e encontro con distintos pobos, o cal fai deste festival algo importante para o coñecemento doutras culturas ou pobos vidos de moitas partes de España e do mundo, cada mes de xullo nas datas sinaladas reúnense un número de persoas próximo ás 100.000 por edición. Está considerado Festa de Interese Turístico Internacional dende o ano 2005.
Romaría Viquinga de Catoira: é unha festa profana que se celebra na localidade de Catoira o primeiro domingo de agosto. Celébrase dende 1960 e rememora feitos históricos en defensa de Galicia dos ataques de piratas normandos e sarracenos que buscaban o tesouro da Igrexa compostelá. En 2002 foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
Festa do Corpus Christi de Ponteareas: vénse celebrando dende 1857 en Ponteareas. No fin de semana seguinte a Corpus Christi celébrase a festa máis representativa, as alfombras florais. Está considerada Festa de interese turístico dende 1968, de interese turístico nacional dende 1980 e internacional dende 2009.
Fogueiras de san Xoán na Coruña: festa ancestral ligada ao solsticio de verán, celebrada en toda Galicia na noite do 23 ao 24 de xuño e que no caso da cidade da Coruña está declarada de interese turístico internacional dende o ano 2015. Son tradicionais as sardiñadas e as grandes fogueiras polos barrios e as praias da cidade.
Entroido: é unha festa de carácter tradicional que se celebra antes da Coresma, entre os meses de febreiro e marzo en toda Galiza con características particulares, disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións. Están declaradas festas de interese nacional tanto o entroido de Xinzo de Limia coma o de Verín.
Semana Santa: festa relixiosa celebrada cada ano entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección, na que se recordan episodios da paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través de diversos actos e procesións. En Galicia están declaradas Festas de Interese Turístico Internacional a Semana Santa de Viveiro dende o ano 2013, e a Semana Santa de Ferrol dende o 2014.
Gastronomía |
- Artigo principal: Gastronomía de Galicia.
A gastronomía galega destaca pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, demostrada en moitos casos polos 30 produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida.[56] A miúdo os produtos galegos son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para o turista que visita Galicia.
A cociña galega tanto nas zonas do interior como nas costeiras sempre foi moi sinxela, debido á escaseza de recursos dos que dispor. O porco formaba a base da alimentación nas terras do interior. Na zona costeira tamén se consumía este tipo de carne, pero a base da alimentación constituíaa o peixe.
Os pratos máis tradicionais da cociña galega corresponden, entre outros, o caldo galego, o polbo á feira, o cocido, a caldeirada, o churrasco, as mariscadas, os callos e a empanada. Entre as sobremesas tradicionais atópanse a torta de Santiago ou a de Mondoñedo, as orellas (típicas do Entroido) ou as filloas. Algúns produtos típicos da gastronomía galega son o grelo, a pataca, a castaña, o pemento, o mel, o lacón, os embutidos, o queixo, o pan e os distintos tipos de mariscos.
Entre as bebidas destacan a queimada, as augardentes e derivados (bebidas espirituosas), e os distintos tipos de viño dos que cabe destacar as cinco denominacións de orixe existentes en Galicia: Ribeiro, Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra.
Relixión |
Segundo o Barómetro Autonómico publicado polo CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) entre setembro e outubro do 2012, a afiliación relixiosa en Galicia é:[57]
Afiliación relixiosa | Porcentaxes |
---|---|
Católicos | 82,2% |
Outras relixións | 0,5% |
Agnósticos (non crentes) | 9,1% |
Ateos | 7,5% |
De todos os que se definen como crentes, tanto no catolicismo como noutras relixións, o 51% case nunca asisten a oficios relixiosos máis alá de cerimonias de tipo social como vodas, cabodanos, enterros, bautizos etc., o 18,7% asiste varias veces ao ano a oficios relixiosos, o 15,1% asiste algunha vez ao mes, o 13,5% asiste todos os domingos e festivos e un 1,5% afirma que vai varias veces por semana.
Deportes |
Polo que respecta aos deportes de masas, existen equipos importantes de fútbol masculino, coma o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, actualmente os únicos representantes do país na Primeira división, e Club Deportivo Lugo na Segunda división. O equipo coruñés gañou 1 liga, 2 copas do Rei e 3 Supercopas; e contou nas súas filas co único futbolista español galardoado co balón de ouro, Luis Suárez. Mentres que os vigueses son o club galego con máis tempadas na máxima categoría. Os equipos galegos da Segunda B son o Coruxo FC, o CCD Cerceda e os históricos Pontevedra CF e Racing de Ferrol. Outro histórico que chegou a xogar en Primeira é a SD Compostela. A nivel individual saíu da canteira galega o único Balón de Ouro do Estado Español, Luis Suárez. Galicia acolleu varios partidos do Mundial de Fútbol de 1982 nos estadios de Riazor e Balaídos.
En baloncesto destacan equipos como o CAB Obradoiro, único representante galego na Liga ACB, ou o CB Breogán, o Club Ourense Baloncesto e o Básquet Coruña, na segunda categoría do baloncesto español, a Liga LEB, así como o desaparecido OAR Ferrol, un dos fundadores da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). A nivel individual destacan nomes como Fernando Romay (medallista nos Xogos Olímpicos de 1984 e ex-xogador, entre outros, do Real Madrid, club co que gañou numerosos títulos a nivel estatal e internacional), ou Fran Vázquez, seleccionado polos Orlando Magic da NBA no posto 11 da primeira rolda do draft de 2005, amais de ser o máximo taponador histórico da Euroliga.[58]
En balonmán destacan a SD Teucro e BM Cangas na máxima categoría do balonmán español, a Liga ASOBAL, e o Octavio Pilotes Posada na segunda categoría; en hóckey a patíns destacan o H.C. Liceo (o equipo máis laureado de Galicia), e o desaparecido CP Cerceda, así como o A.A. Dominicos (único equipo galego xunto co Liceo en gañar un título estatal e que actualmente compite na Primeira División); e os equipos de fútbol sala, Santiago Futsal e O'Parrulo Ferrol, na Primeira División, e o Prone Lugo, Burela FS e Noia, na Segunda División.
Existen tamén varias seleccións galegas, entre as que destacan a selección galega de fútbol, a de baloncesto ou a de rugby.
O Campionato de Galicia de Rally disputase en rallys de asfalto dende 1979. No Circuíto de Autocross de Arteixo celébranse cada ano polo menos dúas probas pertencentes ó Campionato de Galicia de Autocross. A Subida a Chantada puntúa para o Campionato de Galego de Montaña e en varias edicións tamén o fixo para o Campionato de España e o Campionato de Europa.
Galicia é coñecida tamén pola súa tradición de deportes acuáticos, tanto no mar como nos ríos, como remo, navegación deportiva, piragüismo ou surf, deportes nos que é unha asidua gañadora de metais nos Xogos Olímpicos, na actualidade o máximo exemplo son David Cal, Támara Echegoyen, Sofía Toro, Carlos Pérez Rial, Antón Paz Blanco e Fernando Echavarri. No eido acuático o deporte galego por excelencia son as traiñeiras, contando Galicia con representantes na Liga San Miguel de traiñeiras. Nos últimos anos Galicia tamén ven de se converter en toda unha potencia en tríatlon da man de Xavier Gómez Noia, medallista olímpico en 2012, e Iván Raña, os dous campións do mundo, e sendo Noia un dos mellores atletas da historia na especialidade.
No ano 2006 o ciclista de Mos Óscar Pereiro gaña o Tour de Francia trala descualificación do norteamericano Floyd Landis, quen lle arrebatara o primeiro posto na penúltima xornada. Tamén no alpinismo hai galegos destacados, como a viguesa Chus Lago, terceira muller en acadar o cumio do Everest sen axuda de osíxeno, e que conta tamén co título Leopardo das neves.
Goberno e política |
A consideración de Galicia como nación e unha procura constante dun maior grao de autogoberno son defendidas por un número significativo de cidadáns.[Cómpre referencia] As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galicia son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén existen grupos independentistas.
Os poderes da comunidade |
O Estatuto de autonomía de Galicia establece que os poderes da comunidade exércense pola vía do Parlamento, a Xunta e a Presidencia:[59]
- O Parlamento de Galicia é o representante máximo de Galicia, e sobre o cal recae a potestade lexislativa. O Parlamento está integrado por 75 deputados elixidos por sufraxio universal pola vía da representación proporcional por un período de catro anos, e no que está garantida por lei a posibilidade do voto aos galegos que residen no estranxeiro.
- A Xunta de Galicia é o órgano colexiado sobre o cal recae a potestade executiva e administrativa do goberno. Está integrada polo presidente, o vicepresidente, e outros nove conselleiros. A comunidade exerce as súas funcións administrativas pola vía da Xunta e dos seus entes e órganos dependentes. A Xunta tamén coordina as actividades das Deputacións Provinciais.
- O Presidente da Xunta de Galicia dirixe e coordina as accións da Xunta e ostenta a representación da comunidade autónoma e a ordinaria do Estado español en Galicia. É membro do Parlamento e é electo polos deputados e nomeado polo rei de España.
Resultados electorais |
- Artigo principal: Lista de Presidentes de Galicia.
Número de deputados no Parlamento de Galicia, en 2012:
Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 18 deputados
Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 9 deputados
Bloque Nacionalista Galego (BNG): 7 deputados
Número de votos das forzas políticas con representación parlamentaria nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012:
Partido Popular de Galicia (PPdeG): 661.281
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 297.584
Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 200.828
Bloque Nacionalista Galego (BNG): 146.027
Número de votos das principais forzas políticas sen representación parlamentaria:
Unión Progreso e Democracia (UPyD): 21.335
Escanos en branco (Eb): 17.141
Sociedad Civil y Democracia (SCD): 15.990
Partidos políticos |
Partido Popular de Galicia (PPdeG).
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).
Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Alternativa Galega de Esquerda (AGE).
Partido Galeguista (PG).
Frente Popular Galega (FPG).
Esquerda Unida (EU).
Terra Galega (TEGA).- EQUO Galicia
Nós-Unidade Popular (Nós-UP).
Unión Progreso y Democracia (UPyD).
Partido da Terra (PT).
Compromiso por Galicia (CxG)
Marea Atlántica (MAREA)
Compostela Aberta (CA)
Ferrol en Común (FeC)
Seguridade |
A Policía Autonómica Galega depende organicamente da Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do Estatuto de autonomía de Galicia.
Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia. En 1993 son 264 e ábrense as catro sedes provinciais e en 1997 a sede de Vigo. No ano 2000 son 407. No 2004, os plans da Xunta eran que o número de axentes chegase aos 1.500 en tres anos, a metade dos cales ocuparíanse de funcións de vixilancia do tráfico.[60] Mais no 2007 eran 420 os membros da unidade. A finais do ano 2013, o corpo dispuña de 462 membros.[61]
Por outra banda, os plans para a policía autonómica galega do goberno da Xunta, pretenden que asuma as mesmas competencias que outras policías autonómicas, sobre todo no referente a actividades de policía xudicial e de seguridade cidadá. Ademais, "a Xunta de Galicia garantirá o coñecemento da realidade sociopolítica, xurídica e cultural, e o coñecemento e uso da lingua galega de todos os funcionarios que se incorporen á policía autonómica".[62]
Medios de comunicación |
Televisión |
A Televisión de Galicia (TVG) é a cadea pública autonómica de televisión, que emite dende o 24 de xullo de 1985 e forma parte da Corporación de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG). Televisión de Galicia emite en todo o territorio galego e ademais conta con dúas canles internacionais, Galicia Televisión Europa e Galicia Televisión América, que emiten en toda a Unión Europea e en América grazas ao satélite Hispasat. A segunda canle tvG2 emite dende o 2 de febreiro de 2009.
O Centro Territorial de Galicia da TVE comezou a emitir programación propia en 1974. Por primeira vez a televisión contaba con programación regular en lingua galega.
Tamén existiu unha televisión privada de ámbito galego,con programación en galego e castelán VTelevisión que deixou de emitir o 1 de xaneiro do 2018. Durante uns anos existiu tamén Popular TV de Galicia.
A primeira experiencia de televisión local en Galicia data de 1984 en Narón. A mediados dos anos noventa xeneralízanse e en 2006 existían 36 emisoras locais no país. Coa chegada da TDT establecéronse demarcacións supramunicipais para as televisións locais, outorgando o goberno galego as concesións para a televisión local no ano 2006.
Radio |
A Radio Galega (RG) é a radio pública de Galicia. Forma parte da CRTVG do mesmo xeito que a Televisión de Galicia. Radio Galega comezou a emitir en fase de probas o 24 de febreiro de 1985, e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo do mesmo ano. Conta con dúas cadeas que emiten de forma convencional, sendo Radio Galega, que emite programación xeralista, e Radio Galega Música, que emite música. Hai tamén un bo número de emisoras locais asociadas na EMUGA.
Xornais |
O xornal galego con maior difusión é La Voz de Galicia, que conta con 13 edicións locais[63] e unha a nivel estatal. Outros xornais relevantes son El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo e o ourensán La Región. Entre outros xornais de menor difusión cómpre destacar o Atlántico Diario, da área metropolitana de Vigo, o xornal deportivo DxT Campeón, os xornais El Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña da Coruña, o Heraldo de Vivero, o Diario de Ferrol e o Diario de Pontevedra. Entre os xornais electrónicos destacan Galicia Confidencial, Praza Pública, Novas do Eixo Atlántico, Sermos Galiza e Galicia Hoxe, que na súa extinta edición en papel fora o primeiro que se publicou unicamente en galego.
Notas |
↑ Instituto Xeográfico Nacional (ed.). "Datos xeográficos e toponimia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 08 de agosto de 2015.
↑ IGE (ed.). "Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2016" (en galego).
↑ Galicia constitúe o único topónimo oficial: "A Academia contesta á Xunta que o único topónimo oficial é Galicia" Arquivado 04/03/2016, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 8 de xuño de 2008. Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego: "Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, ... etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. NOMIG 20º edición ISBN 84-87987-51-6 Páxina 56.
↑ O termo Galiza, segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego da Real Academia Galega do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto co VOLG son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (Ver lei de normalización lingüística), sobre o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seu Artigo 1. 1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma.
↑ Segundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra."
No "Nación". Dicionario de galego Digalego.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. (require rexistro (?)). , Ir Indo. "Nación (lat. natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."
↑ RÍOS, X. (2010). Galicia e a sociedade das nacións. Editorial Galaxia S.A.
↑ P. R. Castro (19 de novembro de 2006). "As deliberación do IX Congreso de Nacionalidades Europeas". Consultado o 26 de febreiro de 2014.
↑ Establecida pola Lei 1/1982, do 24 de xuño, e desenvolta na Lei 4/2002, do 25 de xuño.
↑ Curchin (2008) p. 111.
↑ cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-.
↑ Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118
↑ Blázquez, José María (1993-01-01). Nuevos estudios sobre la romanización (en castelán). Ediciones Istmo. ISBN 9788479020835.
↑ De preconiis Hispanie. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229
↑ Os Símbolos de Galicia pp88-89
↑ Lei 5/1984, do 29 de maio, de Símbolos de Galicia.
↑ Fernández Bulete, Virgilio (2010). Ciencias socias: Historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3.
↑ Principais datos de Galicia.
↑ Indicador conxuntural de fecundidade por Comunidades Autónomas Páxina web do INE. Consultado o 8 de agosto de 2015 (en castelán).
↑ Indicador conxuntural de fecundidade por Provincias Páxina web do INE. Consultado o 8 de agosto de 2015 (en castelán).
↑ 20,020,120,2 Nacementos Páxina web do IGE. Consultado o 8 de agosto de 2015.
↑ Nacementos por cada mil defuncións Páxina web do INE. Consultado o 8 de agosto de 2015.
↑ Indicadores de mortalidade Páxina web do IGE. Consultado o 9 de agosto de 2015.
↑ A esperanza de vida incrementouse en Galicia en cinco anos dende 1981.
↑ Estatística do Padrón Continuo Páxina web do INE. Consultado o 9 de agosto de 2015 (en castelán).
↑ Poboación estranxeira segundo idade, sexo e país de nacionalidade Páxina web do IGE. Consultado o 9 de agosto de 2015.
↑ Cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiro Páxina web do INE. Consultado o 10 de agosto de 2015 (en castelán)
↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Datos dispoñibles en INE. Censo de 1857, Poboación de España por provincias dende 1787 a 1900, Series de población de hecho en España desde 1900 a 1991 e Series de población de España desde 1996. (en castelán)
↑ Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade
↑ "Microtoponimia"[Ligazón morta], artigo de Manuel Bragado en Xornal.com, 5 de setembro de 2005.
↑ Galicia recibiu un 8% máis de turistas durante o 2007.
↑ Viaxeiros, noites e estadía media por país de residencia e tipo de aloxamento IGE, consultado o 21/09/2015.
↑ 32,032,132,232,332,4 Informe del Sistema Eléctrico Español 2014 Rede Eléctrica Española, consultado o 21/09/2015.
↑ Información general de la Central Térmica de As Pontes http://www.endesaeduca.com, consultado o 21/09/2015 (en castelán)
↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2006. Consultado o 27 de decembro de 2010.
↑ La Voz de Galicia, 10.08.2008.
↑ 36,036,136,236,3 Variación temporal e espacial da temperatura[Ligazón morta]
↑ María L. Loureiro García e Melina Barrio Martínez; Valoración medioambiental, cultural y paisajística de los espacios rurales gallegos: una perspectiva económica. Centro de Investigación Económica y Financiera, Fundación Caixa Galicia (2009). ISBN 978-84-96982-35-2.
↑ Pérez, Paula. "El desorden de los bosques". Faro de Vigo. Consultado o 25-04-09.
↑ Enciclopedia Galega Universal.
↑ Europa Press, ed. (2008-06-21). "Rural- La 'galiña de Mos' aumenta su censo de 100 a 5.500 ejemplares en siete años, aunque sigue en peligro de extinción" (en castelán). Consultado o 2016-10-23.
↑ Ethnologue.
↑ Galicia 08. Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Deporte.
↑ 43,043,143,2 Informe estatístico anual Arquivado 07 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. www.aena.es, consultado o 03/10/2015 (en castelán).
↑ Aeroporto de Santiago Arquivado 04 de outubro de 2015 en Wayback Machine. www.aena.es, consultado o 03/10/2015.
↑ Blog del Aeropuerto de Vigo Consultado o 03/10/2015 (en castelán).
↑ Web do Aeroporto de Alvedro Consultado o 03/10/2015 (en castelán).
↑ "Estadística mensual - PESCA FRESCA (Toneladas)". Puertos del Estado (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2015.
↑ "Vigo se consolida como el principal puerto de la península en tráfico de pesca fresca". Puertos y Navieras (en castelán). 13 de febreiro de 2015.
↑ 49,049,149,2 Tráfico portuario 2014 www.puertos.es, consultado o 03/10/2015 (en castelán).
↑ Páxina web de Portos de Galicia Consultado o 03/10/2015.
↑ Viaxe real en ferrocarril a Monforte de Lemos e Hendaia en 1883
↑ "Electrificación Monforte-Vigo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de maio de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2010.
↑ Milladoiro: a dignificación da música tradicional Terra e Tempo, 20/06/2013.
↑ Listaxe de Festas de Interese Turístico ano 2015 Turgalicia, 21/05/2015.
↑ Cheo histórico dos concertos do San Froilán 2015, que deixou uns 11,5 millóns de euros en Lugo e ata un 97% de ocupación hoteleira Páxina web do Concello de Lugo, 14/10/2015.
↑ "Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente DOP Galicia". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2010. Consultado o 31 de decembro de 2008.
↑ BARÓMETRO AUTONÓMICO (III). GALICIA Centro de Investigaciones Sociológicas, 13/09/2012 (en castelán).
↑ Euroleague.net (ed.). "Statistics" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2014.
↑ Xunta de Galicia, ed. (2009-01-10). "Estatuto de Autonomía. Título Preliminar". Consultado o 2016-10-23.
↑ Lorenzo, Serafín (17 de maio de 2004). "La nueva policía autonómica asumirá el control y la vigilancia del tráfico". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2013.
↑ Memoria UPA 2013 Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consultado o 30/10/2015.
↑ Aprobouse onte o Proxecto de lei para a creación da Policía autonómica de Galicia.
↑ Edicións La Voz de Galicia. Consultado o 30/10/2015.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galicia |
A Galipedia ten un portal sobre: Galicia |
Bibliografía |
Galicia, Enciclopedia Galega Universal.
Outros artigos |
Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Galería de imaxes de Galicia.
Historia do topónimo Galiza e Galicia.
Ligazóns externas |
- Xunta de Galicia
- Instituto Galego de Estatística
Wikimedia Atlas de Galicia.
|
|
|
|
|
|
Categoría:
- Galicia
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.188","walltime":"2.597","ppvisitednodes":"value":6318,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":133022,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":9353,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":56153,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1982.065 1 -total"," 10.57% 209.572 1 Modelo:Listaref"," 10.06% 199.392 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 5.34% 105.843 10 Modelo:Cita_web"," 4.26% 84.465 5 Modelo:Navbox"," 4.11% 81.435 1 Modelo:Primeira_entidade_subestatal"," 3.70% 73.262 3 Modelo:Caixa_lateral"," 3.65% 72.255 1 Modelo:Infobox"," 3.26% 64.709 1 Modelo:CCAA_España"," 2.98% 59.115 20 Modelo:Nowrap"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.345","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6476900,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1317","timestamp":"20190322095706","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Galicia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Galicia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3908","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3908","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-02-01T00:43:18Z","dateModified":"2019-03-22T09:57:06Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/64/Flag_of_Galicia.svg","headline":"comunidade autu00f3noma de Espau00f1a"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":149,"wgHostname":"mw1245"););