Rusia Índice Historia | Organización político-administrativa | Xeografía | Economía | Política | Demografía | Cultura | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación60°N 90°L / 60, -90e"Country Profile: Russia"o orixinal"Status by country"o orixinalConvención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradanteso orixinalProtocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturaleso orixinalProtocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujero orixinalProtocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidado orixinal"Censo ruso de 2010"Artículo 14 del capítulo 1 de la Constitución de RusiaArtigo 28 do capítulo 2 da Constitución de RusiaOverview of religious oppression and discrimination in RussiaGoberno da RusiaSitio de noticias rusasEconomic data of RussiaRusiaeeeeWorldCat1688306261227283783515925ID1207312005740920173704076899-533760000 0001 2302 7140n92056007ID00569699ge130512601890315311567002435russiaD012426
AcerbaixánAfganistánArabia SauditaArmeniaBahrainBangladeshBruneiButánCamboxaChinaCorea do NorteCorea do SurEmiratos Árabes UnidosFilipinasIemenIndiaIndonesiaIránIraqIsraelKirguizistánKuwaitLaosLíbanoMalaisiaMaldivasMongoliaMyanmarNepalOmánPaquistánQatarSingapurSiriaSri LankaTailandiaTaiwánTaxiquistánTimor LesteTurkmenistánUzbekistánVietnamXapónXordaniaPrimeiros eslavos orientaisCázarosRus de KievPrincipado de Vladimir-SúzdalRepública de NovgorodBulgaria del VolgaInvasión mongola de RusiaHorda de OuroGran Ducado de MoscovaKanato de KazánImperio RusoGuerra ruso-xaponesaRevolución de 1905Revolución de 1917Revolución de FebreiroRevolución de OutubroGuerra civil rusaRepública Soviética Federativa Socialista de RusiaFederación RusaRepública ChecaPoloniaEslovaquiaBelarúsRusiaUcraínaTransnistriaNon recoñecido
Rusia
rusoEuropaAsiaKaliningradomar BálticoTerra de Francisco XoséNova ZemblaKolguevTerra do Norteillas de Nova SiberiaWrangelExtremo OrienteSakhalinillas Kurilesillas do Comandantemar Brancomar de Karamar de Laptevmar da Siberia Orientalmar de Chukchiestreito de Beringmar de BeringAlascaocéano Pacíficomar de Okhotskmar do XapónXapónCorea do NorteChinaMongoliaCasaquistánmar CaspioAcerbaixánXeorxiamar NegroTurquíamar de AzovUcraínaBelarúsLetoniaEstoniagolfo de FinlandiaFinlandiaNoruegaMoscovaImperio Ruso1721Pedro o GrandeTsarato de RusiaIván o Terrible1547dinastía Romanovcristianismo ortodoxoSiberiaAsia central1914Austria-HungríaPrimeira Guerra Mundial19151917Revolución de OutubroTratado de Brest-Litovsk1917DumaSoviet de PetrogradoGoberno provisional rusoPartido Democrático Constitucionalasemblea constituíntetsar Nicolao II15 de marzo1917gran duque MiguelSoviet de PetrogradoGeorgii LvovzemtsvosPrimeira Guerra MundialImperio Ruso1917RomanovLeninURSSRepública Socialista Soviética Federativa de RusiaIosif StalinXeorxiaUnión SoviéticaPartido ComunistaMikhail GorbachevperestroikacomunismoComunidade de Estados IndependentesCáucasoChechenia1991Unión SoviéticaPIBPartido ComunistaConsello de Seguridade das Nacións Unidasarmas nucleares1991Boris Eltsinterapia de choquekraisMoscovaSan PetersburgochairasvalesOeste-Siberianamontes UraisElbruscírculo polartundramofoliquetaigasbidueirosameneiroscarballosestepastrigocenteomilloxirasoisMar NegroríosUnión Soviéticaeconomíaeconomía de mercadoanos 1990industriaprivatizaciónoligarquías2006economía1998petróleogas natural2009petróleogas naturalaceiroaluminioEstados UnidosOMCConstitución12 de decembro1993crise constitucional rusa de 1993federaciónrepública semipresidencialistaPresidenteXefe do EstadoPresidente do GobernoXefe de Gobernodemocracia representativapoder executivopoder lexislativoAsemblea Federalcontroles e balances1996Pena de morte2008DumaRusia UnidaPartido Comunista da Federación RusaPartido Liberal Democrático de RusiaRusia XustaDereito internacionalpersonalidade xurídicaUnión SoviéticaConsello de Seguridade de Nacións UnidasCuarteto de MadridCorea do Norteconflito de KosovoG8Consello de EuropaOSCEAPECCEIEurAsECOTSCOCSBelarúsEstado da UniónVladimir Putincatro espazos comúns entre Rusia e a Unión Europea31 de maio1996Presidente de la Federación RusaForza terrestreArmadaForza Aéreadereitos humanosComité de Dereitos Humanos20101 de xaneiro2010CEImontes UraisSiberialiteratura rusahíbridoeslavosidioma rusohistoria de RusiarusificaciónUcase de Emscultura da antiga Rusiacristianismo ortodoxobizantinas1890vangardasUnión SoviéticaURSSRealismo socialistafolclóricasliteratura RusaliteraturaAlexander PushkinFiódor DostoievskiLev TolstoiAnton ChekhovrusoAsiaEuropa Orientallaicoliberdade de cultoMoscovaIgrexa Ortodoxa Rusacristianoortodoxos armenioscatólicosprotestantesmormónstestemuñas de XehováIgrexa Ortodoxa RusaIslamBudismoXudaísmoIslamIsraelEstados UnidosArxentinaKarl MarxLester B. PearsonHosni MubarakGamal Abdel NasserAnwar SadatJoschka FischerMahmoud AhmadinejadAli KhameneiMohammad KhatamiRuhollah KhomeiniFaisal I de IraqSaddam HusseinEhud BarakMenachem BeginDavid Ben-GurionMoshe DayanLevi EshkolGolda MeirBenjamin NetanyahuEhud OlmertShimon PeresYitzhak RabinAriel SharonChaim WeizmannAbdullah II de XordaniaHussein I de XordaniaHassan NasrallahFouad SinioraMona JuulJohan Jørgen HolstTerje Rød-LarsenMahmoud AbbasYasser ArafatSalam FayyadMarwan BarghoutiIsmail HaniyaAmin al-HusayniKhaled MashalAhmed YassinFolke BernadotteHafez al-AssadBashar al-AssadIdi AminArthur BalfourErnest BevinMadeleine AlbrightRalph BuncheGeorge W. BushJimmy CarterBill ClintonHenry KissingerDennis RossCyrus R. Vance1920 Revoltas de Palestina1921 Revoltas de Iafa1929 Revoltas de Palestina1936–1939 Gran Revolta Árabe1947 Revoltas de Xerusalén1948 Guerra árabe-israelí1953 Operación Shoshana1956 Guerra de Suez1967 Guerra dos Seis Días1968–1970 War of Attrition1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic1972 Operación Cólera de Deus1973 Operation Spring of Youth1973 Guerra do Yom Kippur1975–1990 Guerra civil libanesa1976 Operación Entebbe1978 Operación Lintani1979 Revolución iraniana1981 Operación Ópera1982 Guerra do Líbano1982–2000 Conflito do Líbano do Sur1985 Operación Perna de Madeira1987–1990 Primeira Intifada1991 Guerra do Golfo1993 Operación Contabilidade1996 Operación Uvas da Ira2000–2005 Intifada de Al-Aqsa2002 Operación Defensive Shield2004 Operación Arco da Vella2004 Operación Días de Penitencia2006 Conflito de Gaza e Israel2006 Conflito do Líbano e Israel2007 Batalla de Gaza2008-2009 Operación chumbo fundido2014 Operación Marxe ProtectoraCarta de CambonDeclaración de Balfour de 1917Acordo Faiçal-Weizmann de 1919Conferencia de San Remo de 1920Libro Branco de Churchill de 1922Libro Branco de 1939Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947Declaración de independencia de IsraelResolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948Acordos de armisticio de 1949Carta Nacional Palestina de 1964Resolución de Khartoum de 1967Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasAcordos de Camp David de 1978Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasTratado de Paz exipcio-israelí de 1979Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasAcordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983Conferencia de Madrid de 1991Acordos de Oslo de 1993Tratado de Paz xordano-israelí de 1994Acordos de Wye River de 1998Cume de Camp David de 2000Cume de Taba de 2001Iniciativa árabe de paz de 2002Plan para a Paz de 2002Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasCume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005Plan de retirada unilateral israelíDocumento dos prisioneiros palestinos de 2006Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Rusia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 60°N 90°L / 60, -90
Federación Rusa | |||
---|---|---|---|
Российская Федерация Rossiiskaia Federatsiia | |||
| |||
| |||
Capital • Poboación | Moscova 11 503 501 (2010) | ||
Cidade máis poboada | Moscova | ||
Linguas oficiais | Ruso1 | ||
Forma de goberno | República federal democrática semipresidencialista | ||
Presidente de Rusia Primeiro Ministro | Vladimir Putin Dmitrii Medvedev | ||
Formación | |||
• Imperio Ruso • R.S.S.F. de Rusia • Unión Soviética • Federación Rusa | 22 de outubro de 1721 7 de novembro de 1917 10 de decembro de 1922 25 de decembro de 1991 | ||
Superficie | Posto 1º | ||
• Total | 17 075 400 km² | ||
• % auga | 13 | ||
Fronteiras | 20 139 km | ||
Costas | 37 653 km | ||
Poboación | Posto 9º | ||
• Total (2012 est.) | 143 200 000 hab. | ||
• Densidade | 8,3 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 4º | ||
• Total (2009) | 1 850 000 millóns US$ | ||
• per cápita | 12 993 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 6º | ||
• Total (2011) | 2 383 000 millóns US$ | ||
• per cápita | 16 736 US$ | ||
Moeda | Rublo (р., RUB ) | ||
IDH (2011) | 0,755 (66º) – Alto | ||
Xentilicio | Ruso, rusa | ||
Fuso horario | UTC+3 a +12 (exc. +5) | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .ru, .su, .рф | ||
Prefixo telefónico | +7 | ||
Prefixo radiofónico | RAA-RZZ, UAA-UIZ | ||
Código ISO | 643 / RUS / RU | ||
Membro de: ONU, COE, OSCE, CBSS, CEI, G8 | |||
1 Ademais do ruso existen outras 27 linguas co-oficiais en varias rexións. | |||
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.
Índice
1 Historia
1.1 Imperio Ruso
1.2 Revolución de febreiro e Goberno provisional ruso
1.3 República Socialista Soviética Federativa de Rusia
1.4 Federación Rusa
2 Organización político-administrativa
3 Xeografía
4 Economía
5 Política
5.1 Relacións exteriores
5.2 Forzas Armadas
5.3 Dereitos humanos
6 Demografía
7 Cultura
7.1 Breves antecedentes da cultura rusa
7.2 A cultura rusa
7.3 Lingua
7.4 Relixión
8 Notas
9 Véxase tamén
9.1 Bibliografía
9.2 Outros artigos
9.3 Ligazóns externas
Historia |
- Artigo principal: Historia de Rusia.
Imperio Ruso |
O Imperio Ruso foi establecido en 1721 polo tsar Pedro o Grande. O imperio foi o inmediato sucesor do Tsarato de Rusia que fora creado polo tsar Iván o Terrible en 1547 coa súa coroación como tsar.
O Imperio Ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do Imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvorianstvo (nobreza), clero, comerciantes, cosacos e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).
En 1914 e tras o asasinato do arquiduque de Austria-Hungría, estala a Primeira Guerra Mundial, na cal Rusia uniuse ao bando aliado. Por entón o Imperio tiña unha extensión de 23.000.000 km² e unha poboación de 171.000.000 habitantes, cun crecemento demográfico do 1,8% anual. O goberno tsarista mandou mobilizar a máis de 8.000.000 homes superando amplamente ao exército alemán, que soamente tiña 3.000.000, dous terzos estaban na fronte francesa, polo cal quedaban para a fronte do oeste 1.000.000 persoas, ou sexa que o exército ruso superaba ao alemán en 8 a 1, pero o exército ruso non estaba ben adestrado para a guerra, e iso quedou marcado na batalla de Tanneberg, onde 250.000 alemáns venceron a 700.000 soldados rusos. A partir dese momento, os rusos non fixeron máis que retroceder en número de efectivos.
En 1915 os alemáns volven a derrotar ás forzas rusas na batalla dos Lagos Mazurianos, o que provocou un descontento social en Rusia. En 1917, tras varios fracasos na fronte, apareceron movementos revolucionarios marxistas. O goberno tivo que desprotexer a fronte para deter aos insurrectos, e isto foi aproveitado polas forzas xermanas que avanzaron rapidamente polo territorio ruso. En 1917, tras a Revolución de Outubro, o goberno bolxevique firma un tratado de paz cos alemáns (Tratado de Brest-Litovsk), que puxo fin á participación rusa na Primeira Guerra Mundial.
Revolución de febreiro e Goberno provisional ruso |
Cando a autoridade do goberno do tsar empezou a fallar en marzo de 1917, a Duma e o Soviet de Petrogrado competiron polo poder. Como compromiso, formouse o Goberno provisional ruso (composto maioritariamente por membros do Partido Democrático Constitucional) entre os partidos liberais burgueses e os moderados socialistas que debía dirixir o país ata as eleccións da asemblea constituínte. Cando o tsar Nicolao II abdicou o 15 de marzo de 1917 e o seu irmán, o gran duque Miguel, rexeitou o trono o día seguinte, o goberno provisional dirixiu Rusia de xeito formal, mais o seu poder estaba limitado pola crecente autoridad do Soviet de Petrogrado.[1]
O novo goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abrumador e estivo formado por moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo primeiro ministro Georgii Lvov, progresista e respectado veterano do traballo nos zemtsvos.[2]
República Socialista Soviética Federativa de Rusia |
- Véxase tamén: República Democrática Federativa de Rusia.
Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na Primeira Guerra Mundial levaron a motíns xeralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou durante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Ilich Ulianov (coñecido como Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Soviética Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nado en Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economía e a sociedade soviética ficaran atufadas en anos posteriores até que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, máis tarde, en 1991 provocaron a independencia das 15 repúblicas. Aínda que as constitucións soviéticas establecesen o dereito dunha república a separarse, quedou en teórico e moi improbable dado o centralismo soviético. Naquel momento, as repúblicas chegaron a ser países independentes, con algunha aínda frouxa organización baixo o título de Comunidade de Estados Independentes.
Dende entón, Rusia ten feito esforzos para construír un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituír o ríxido plan e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso ruso, na república da Chechenia.
Federación Rusa |
Coa independencia en 1991 da Unión Soviética creouse a actual Federación Rusa. Rusia era a máis grande das 15 repúblicas que formaban a Unión Soviética, acumulaba máis do 60% do PIB e máis da metade da poboación. Os rusos tamén dominaban ó exército soviético e o Partido Comunista. Por isto, Rusia foi amplamente aceptada como o estado sucesor da antiga URSS en canto ós asuntos diplomáticos se refire, e pasou a formar parte como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.
A pesar desa aceptación, a Rusia postsoviética carecía do poder militar, político e económico da URSS. Rusia conseguiu que as demais ex Repúblicas Soviéticas entregaran voluntariamente as armas nucleares, concentrándoas así baixo o mando das aínda efectivas forzas aéreas, pero a maior parte do exército e a frota rusa estaban inmersos na confusión en 1991. Antes da disolución formal da Unión Soviética, Boris Eltsin fora elixido Presidente de Rusia en xuño de 1991 na primeira elección presidencial directa da historia rusa. En outubro de 1991, cando Rusia estaba ao bordo da independencia, Eltsin anunciou que o país procedería cunha reforma radical cara á economía de mercado seguindo as directrices do "big bang" polaco, tamén coñecido como terapia de choque.
Hoxe en día Rusia aínda ten parte da cultura política e a estrutura social do seu pasado soviético.
Organización político-administrativa |
- Artigo principal: Subdivisións de Rusia.
A Federación Rusa estrutúrase en 89 subdivisións. Dentro da federación existen 21 repúblicas que desfrutan dun alto grao de autonomía sobre a maior parte das cuestións internas e estas corresponden a algunhas minorías étnicas de Rusia (aínda que non sempre sexan maioritarias nese territorio). Cada república ten a súa propia constitución. O territorio restante consiste en 9 krais (territorios), 46 provincias coñecidas como óblasts, 4 distritos autónomos e un óblast autónomo. A parte destes hai dúas cidades federais, Moscova e San Petersburgo. Recentemente, engadíronse sete distritos federais extensos como unha nova capa entre as subdivisións e o nivel nacional.
Xeografía |
- Artigo principal: Xeografía de Rusia.
O relevo de Rusia é variado: dominan chairas e vales (3/4 do territorio). As chairas Leste-Europea e Oeste-Siberiana, divididas polos montes Urais, son as maiores do planeta. Punto máis elevado: monte Elbrus (5.642 m).
Catro zonas climáticas -ártica, subártica, temperada e subtropical- determinan o clima da Rusia con 4 seguintes estacións no ano: inverno longo e nevoso, primavera temperada, verán curto e quente e outono chuvioso. As temperaturas medias varían en todo o territorio: en xaneiro -de -1 °C a -50 °C, en xullo- de 1 °C a 25 °C. Preto do 14 % do territorio (Siberia Norte e Norte do Oriente Extremo) fican alén do círculo polar co chan perennemente conxelado. A noite alá é de 60 días. As paisaxes severas dos desertos árticos do Norte sucédeas a tundra con mofo e lique. O inverno na tundra conta con 8-9 meses por ano. Máis para o Sur están espalladas as famosas forestas rusas que ocupan por volta de 43% do territorio do país. Os bosques densos de coníferas de difícil acceso chámanse "taigas".
Na zona central da Rusia atópanse as fragas máis claras, mixtas, dominadas por bidueiros, ameneiros, carballos. As fragas das zonas centrais están divididas por estepas. A maior parte de estepas é labrada e sementada con trigo, centeo, millo, xirasois etc. No Sur do país, principalmente na costa do Mar Negro, o clima é subtropical co inverno curto e húmido e verán longo e quente. Praias bonitas, sol e augas cristalinas atraen aos turistas de todo o país.
En Rusia hai preto de 120 mil ríos. A maioría están conxelados no inverno.
Economía |
- Artigo principal: Economía de Rusia.
Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron gran parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar.
Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado.
O 2006 a economía de Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global -en 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario- e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais.[3]
O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adhesión á OMC.
Política |
Segundo a Constitución, que foi adoptada en referendo nacional o 12 de decembro de 1993 logo da crise constitucional rusa de 1993, Rusia é federación e unha república semipresidencialista, onde o Presidente é o Xefe do Estado e o Presidente do Goberno (primeiro ministro) é o Xefe de Goberno. A Federación Rusa está constituída como unha democracia representativa. O poder executivo exérceo o goberno. O poder lexislativo é responsabilidade das dúas cámaras da Asemblea Federal. O goberno está regulado por un sistema de controles e balances definidos pola Constitución da Federación Rusa, a Constitución do país é o contrato social para o pobo ruso.
O goberno federal está composto por tres ramas:
Lexislativa: a Asemblea Federal de Rusia é bicameral, está formada pola Duma Estatal (cámara baixa) e o Consello da Federación Rusa (cámara alta), adopta leis federais, declaracións de guerra, aproba tratados, manexa as finanzas e pode destituír o Presidente.
Executiva: o Presidente de Rusia é o Comandante en Xefe do exército, pode vetar os proxectos de lei, designa o Gabinete e outros funcionarios, quen administran e fan cumprir as leis federais.
Xudicial: a Corte Constitucional, a Corte Suprema, a Corte Suprema de Arbitraxe e as cortes federais de menor nivel, cuxos xuíces son nomeados pola Asemblea Federal por recomendación do Presidente, interpretan as leis e poden abolir leis se estiman que son inconstitucionais.
Segundo a Constitución, a xustiza constitucional na corte está baseada na igualdade de todos os cidadáns, os xuíces son independentes e están sometidos só a lei. Os xuízos son abertos e ao acusado garánteselle a defensa. Desde 1996, Rusia estableceu unha moratoria sobre a aplicación da Pena de morte, aínda que esta non foi abolida por lei.
O Presidente elíxese por votación popular para un mandato de seis anos (desde as modificacións constitucionais de 2008) coa opción de ser elixido para un segundo mandato consecutivo (no hai restrición sobre o número total de veces que a mesma persoa pode ser elixida). Os ministerios do goberno están compostos polo Presidente do Goberno (primeiro ministro) e os seus viceprimeiros ministros, ministros e outros individuos; todos son designados polo Presidente por recomendación do primeiro ministro co requirimento do consentimento da Duma. Os principais partidos de Rusia están representados na Duma Estatal, estes son: Rusia Unida, o Partido Comunista da Federación Rusa, o Partido Liberal Democrático de Rusia e Rusia Xusta.
Relacións exteriores |
A Federación Rusa é recoñecida no Dereito internacional como continuidade da personalidade xurídica da antiga Unión Soviética.[4] Rusia continúa incorporando os compromisos da URSS, asumindo o asento permanente da URSS no Consello de Seguridade de Nacións Unidas[5], así como a afiliación noutras organizacións internacionais, ademais dos dereitos e obrigacións baixo os tratados internacionais, as propiedades e débedas. A política exterior rusa é polifacética, mantén relacións diplomáticas con 178 países e ten 140 embaixadas. Esta política está dirixida polo Presidente da Federación e está incorporada polo Ministro de Asuntos Exteriores.
Como un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Undia, Rusia ten un importante papel no mantemento da paz e seguridade internacionais, así mesmo xoga un rol moi importante na resolución de conflitos internacionais participando no Cuarteto de Madrid, nas conversas a seis bandas con Corea do Norte, promovendo unha solución ó conflito de Kosovo e resolvendo asuntos sobre a proliferación nuclear. Rusia é membro do G8, o Consello de Europa, a OSCE e o APEC, ademais de liderar organizacións como a CEI, a EurAsEC, a OTSC, e a OCS. Rusia, xunto con Belarús, forman o chamado Estado da Unión. O ex Presidente Vladimir Putin avogou por unha alianza estratéxica con maior integración en varias dimensións incluíndo o establecemento dos catro espazos comúns entre Rusia e a Unión Europea.
Forzas Armadas |
A defensa de Rusia está garantida polas Forzas Armadas da Federación de Rusia, unha organización militar estatal que segundo a lei federal № 61-ФЗ do 31 de maio de 1996 «Sobre a defensa» serve para rexeitar as agresións dirixidas contra a Federación Rusa, para a defensa armada da integridade e inviolabilidade do territorio da Federación, así coma a realización das tarefas de acordo coas leis constituíntes.
O comandante en xefe das Forzas Armadas é o Presidente de la Federación Rusa e o Ministerio de Defensa serve como corpo administrativo destas. Hoxe en día, o número de efectivos activos que compoñen as Forzas Armadas son 1.037.000 e todos os homes dispoñibles suman 3.037.000.
As Forzas Armadas da Federación Rusa teñen tres ramas principais: as Forza terrestre, a Armada e a Forza Aérea.
Dereitos humanos |
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Rusia firmou ou ratificou:
Rusia | Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[6] | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CESCR | CCPR | CERD | CED | CEDAW | CAT[7] | CRC | MWC | CRPD | |||||||||
CESCR | CESCR-OP[8] | CCPR | CCPR-OP1 | CCPR-OP2-DP | CEDAW | CEDAW-OP[9] | CAT | CAT-OP | CRC | CRC-OP-AC | CRC-OP-SC | CRPD | CRPD-OP[10] | ||||
Pertenza | |||||||||||||||||
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes. |
Demografía |
Segundo as estimacións preliminares ao censo de 2010, a poboación residente na Federación Rusa o 1 de xaneiro de 2010 era de 142,905 millóns de persoas. A inmigración creceu nun 50,2% en 2007 ata acadar 274.000. A maior parte dos inmigrantes chegaron desde a CEI e eran rusos ou rusoparlantes. A densidade de poboación é maior na parte europea de Rusia, preto dos montes Urais e ó suroeste de Siberia.
Listaxe | Municipio | Suxeito federal | Pob. | Listaxe | Municipio | Suxeito federal | Pob. | Moscova San Petersburgo Novosibirsk Ekaterimburgo | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Moscova | Moscova | 10.563.038 | 11 | Ufa | Bashkortostan | 1.030.812 | |||
2 | San Petersburgo | San Petersburgo | 4.600.276 | 12 | Volgogrado | Óblast de Volgogrado | 1.015.617 | |||
3 | Novosibirsk | Óblast de Novosibirsk | 1.409.137 | 13 | Perm | Krai de Perm | 986.497 | |||
4 | Ekaterimburgo | Óblast de Sverdlovsk | 1.343.839 | 14 | Krasnoyarsk | Krai de Krasnoyarsk | 962.466 | |||
5 | Nizhnii Novgorod | Óblast de Nizhni Nóvgorod | 1.271.045 | 15 | Voronezh | Óblast de Voronezh | 847.620 | |||
6 | Kazán | Tatarstán | 1.136.566 | 16 | Saratov | Óblast de Saratov | 827.193 | |||
7 | Samara | Óblast de Samara | 1.133.754 | 17 | Togliatti | Óblast de Samara | 721.752 | |||
8 | Omsk | Óblast de Omsk | 1.127.675 | 18 | Krasnodar | Krai de Krasnodar | 713.426 | |||
9 | Cheliabinsk | Óblast de Cheliabinsk | 1.095.909 | 19 | Izhevsk | Udmurtia | 610.633 | |||
10 | Rostov do Don | Óblast de Rostov | 1.048.124 | 20 | Yaroslavl | Óblast de Yaroslavl | 606.888 | |||
Censo ruso (2010)[11] |
Cultura |
Breves antecedentes da cultura rusa |
Idade Media
(988) | Adopción do cristianismo. |
(1001-1100) | Influencia artística e ideolóxica do Imperio bizantino. |
(1237-1240) | Batu Khan invade Rusia, impoñendo o autoritarismo na rexión. |
(1480) | Nace o estado soberano ruso. |
Século XVIII
Occidentalización da cultura rusa a través das reformas de Pedro I. |
Século XIX
(1801-1914) | As clases altas de Rusia falan francés, algúns incluso como lingua materna. Idade de Ouro da literatura rusa. |
Século XX
(1914-1932) | Avant Garde ruso. |
(1917-1932) | Construtivismo. |
(1932–1953) | Período estalinista (realismo socialista). |
(1953-1991) | Período pos-estalinista, aparece unha cultura máis liberal e aberta. |
A cultura rusa |
A cultura rusa é un híbrido xerado a partir dos costumes propios de tantas civilizacións, que conformaron este grande estado multicultural e o resultado do seu desenvolvemento durante varias épocas. Está fortemente arraigada á cultura dos primeiros pobos eslavos.
Historicamente, a condición dominante en Rusia foi ocupada pola cultura rusa, a cultura do idioma ruso e a nacionalidade rusa. Isto é parcialmente, porque os rusos constitúen a maioría da poboación do país e porque moitas veces na historia de Rusia, as culturas doutras nacionalidades foron aculturadas a través da rusificación, por exemplo o Ucase de Ems.
A cultura da antiga Rusia viuse involucrada na conversión ó cristianismo ortodoxo e a acollida da arte e arquitectura bizantinas. A Igrexa tiña recursos para encomendar grandes obras de arte, así como a vontade e intención de conservalas.
En 1890, unha nova forma de arte tivo o seu auxe, as vangardas. Porén, foron desenvoltas dentro do réxime da Unión Soviética cando o goberno tomou o control de toda actividade artística.
A política da URSS respecto da cultura, foi controvertida: por un lado, estivo o desexo (motivado politicamente) de crear un pobo exclusivamente "soviético", expresado na noción da cultura soviética e exemplificado polo Realismo socialista. Pola outra banda, houbo campañas recorrentes de preservación das culturas nacionais: cada etnicidade tiña os seus propios "grandes escritores autóctonos" e as prácticas culturais folclóricas foron oficialmente apoiadas.
Dentro da literatura Rusa atópanse grandes mestres da literatura universal, rusos coma Alexander Pushkin, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Anton Chekhov etc.
Lingua |
O ruso é a lingua oficial da Federación Rusa. Falado por case o 99% dos seus habitantes. O seu uso está amplamente estendido en moitas outras áreas adxacentes de Asia e Europa Oriental. Algunhas subdivisións de Rusia teñen outras linguas adicionais aparte da oficial.
Relixión |
Rusia é un Estado laico.[12] A liberdade de culto está garantida[13] pola Constitución.
Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas da Universidade Estatal de Lomonosov (Moscova), o 43.3% dos adultos considérase adherente da Igrexa Ortodoxa Rusa, mentres o 50.6% se considera simplemente cristiano.[14] Aínda que os ortodoxos rusos son predominantes (90 millóns, o 63% da poboación), outras comunidades cristianas como os ortodoxos armenios, católicos, protestantes, mormóns e testemuñas de Xehová tamén existen en cantidades menores.
Segundo a Lei do Parlamento Ruso de 1997 sobre a relixión, as catro relixións de Rusia son a Igrexa Ortodoxa Rusa, o Islam, o Budismo e o Xudaísmo. Todas as demais relixións deben cumprir unha serie de requisitos para a súa inscrición e dereito a predicar. Calculase que exiten aredor de 15 a 20 millóns de musulmáns rusos, sendo así o Islam a segunda relixión con máis seguidores do país. Rusia é o cuarto país con maior cantidade de xudeus logo de Israel, Estados Unidos e Arxentina. Ademais hai un gran porcentaxe de ateísmo, en parte como consecuencia do pasado soviético, que en base ós textos de Karl Marx, desalentaba ás relixións.
Notas |
↑ Rabinowitch (1991), p. 29
↑ Rabinowitch (1978), p. XXI
↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
↑ "Country Profile: Russia". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 08 de abril de 2008.
↑ https://archive.is/20120913181027/www.un.org/sc/members.asp
↑ Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
↑ Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
↑ Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
↑ Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
↑ Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
↑ "Censo ruso de 2010". Servizo Xeral de Estatísticas.
↑ Artículo 14 del capítulo 1 de la Constitución de Rusia
↑ Artigo 28 do capítulo 2 da Constitución de Rusia
↑ Overview of religious oppression and discrimination in Russia
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía |
- Crónica del Siglo XX. Ed. Plaza & Janés
- Atlas histórico mundial. Ed. Akal
Outros artigos |
- Perestroika
- Unión Soviética
- Lista de tsares de Rusia
Ligazóns externas |
Goberno da Rusia (en inglés) (en ruso)
Sitio de noticias rusas (en portugués)
Economic data of Russia (en inglés) (en ruso)
Rusia no Open Directory Project (en inglés)
|
|
|
|
Conflito árabe-israelí
Participantes | Persoeiros | Conflitos | Diplomacia / Propostas de paz |
Primarios:
Organizacións:
Antigos participantes:
Outros:
Organizacións:
Antigas organizacións:
| Lester B. Pearson | 1920 Revoltas de Palestina | Carta de Cambon |
|
|
Categoría:
- Rusia
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.432","walltime":"1.904","ppvisitednodes":"value":3989,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":175391,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":14636,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":20,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":14530,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":20,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1257.932 1 -total"," 31.54% 396.733 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.27% 204.648 4 Modelo:Navbox"," 16.13% 202.924 3 Modelo:Caixa_lateral"," 15.96% 200.731 1 Modelo:Commonscat"," 15.63% 196.632 1 Modelo:Irmáns"," 10.64% 133.900 1 Modelo:Asia"," 9.77% 122.921 96 Modelo:Nowrap"," 7.72% 97.057 1 Modelo:Listaref"," 7.49% 94.172 1 Modelo:Conflito_árabe-israelí"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.584","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":19154490,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1299","timestamp":"20190330132138","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Rusia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Rusia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q159","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q159","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-02-27T16:06:15Z","dateModified":"2019-03-01T13:45:17Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f3/Flag_of_Russia.svg","headline":"pau00eds no leste de Europa e norte de Asia"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":209,"wgHostname":"mw1253"););