Skip to main content

Venecia Índice Historia | Xeografía | Economía | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación45°26′15″N 12°20′9″L / 45.43750, -12.33583www.comune.venezia.itMeteoAM45°26′3″N 12°20′20″L / 45.43417, -12.33889394eDefinición de veneciano - Dicionario da Real Academia GalegaDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasOnline Etymology Dictionary Venice at the Centre of International Relations and PoliticsPáxina oficial da cidade de VeneciaFondazione Musei Civici di VeneziaWorldCat13665140011933474v19075641469ID006991865422843035-18254062501-16646n79018142ID00629183ge128745447417018159venezia394

VeneciaPatrimonio da Humanidade en ItaliaCidades Patrimonio da Humanidade


italianovénetocomunaitalianarexiónVénetoprovincia de Veneciapenínsula itálica31 de xullo2010industriaPaduaárea metropolitanatempos de Romacidade-estadoAdriáticocanlesPatrimonio da HumanidadeUNESCO1588mar Adriáticorío PoRepública de VeneciaIdade MediaRenacementoCruzadasBatalla de Lepantoarteséculo XIIIXVIIAntonio VivaldipapasTintorettoCanalettoPaduaxermánicashunasPenínsula Itálicaséculo Vlagoa de Venecia166168cuadosmarcomanosséculo VvisigodoshunosAtilalongobardos568Imperio BizantinoVénetoExarcado de Rávena715Aistolfodoge775776Agnello Participazio811827RialtoRepública de VeneciaImperio Bizantino1172Enrico Dandolo1192122915011646século XVIIséculo IXséculo IXséculo XIIcroatasdálmatasIstriaMarcasmar Adriático1095Vitale Faliero de DoniEnrico Dandoloséculo XII1356Alta Idade MediaOrientemar AdriáticoMar Exeoséculo XVGian Galeazzo Viscontiduque de Miláncaída de Constantinopla1453IndiaVasco da Gama1498descubrimento de AméricaCristovo Colón1492turcos otománs1797Napoleón BonaparteFranciaImperio Habsburgomar AdriáticoCannaregioSan PoloDorsoduroGiudeccaIsola Sacca FisolaSanta CroceSan MarcoSan Giorgio MaggioreCastelloSan Pietro di CastelloSant'Elenaparroquias1033Napoleón1170Lagoa de VeneciapiaresmadeiraosíxenodescompónareabarroarxilasEsloveniaCarsoCroaciaLikaGorski kotarladrillopedramareaAdriáticooutonoprimaveraséculo XXpozos artesianosacuíferos19602003Silvio BerlusconiMar Adriático2011160416081797Castelarío PocontinentalinvernosveránsxaneiroºCIdade MediaRenacementoEuropapolíticoseconómicosséculo XVIIimperio comercial de VeneciaPortugalséculo XVIIIArsenal de VeneciateatraisculturaisarteturismoMestrePorto MargheraservizosexportaciónscomerciaisindustriaisCristal de MuranoMuranoBurano20072006século XVIIIséculo XIVséculo XX1980Entroido de VeneciaEuropa OccidentalItaliaMestre










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Venecia




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 45°26′15″N 12°20′9″L / 45.43750, -12.33583






















Venecia

Venezia
Venexia


Flag of the Republic of Venice.svg

Coat of Arms of the Republic of Venice.svg

Collage Venezia.jpg
Venecia
Localización


Venecia en Italia

Venecia

Venecia




País
Italia Italia
Rexión
Bandeira do Véneto Véneto
Provincia
Venecia (VE)
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie414,57 km² km²
Demografía
Poboación264.579 (2014)
Densidade640 hab/km²
XentilicioVeneciano/a[1]
Outros datos
Código postal30100
AlcaldeLuigi Brugnaro
www.comune.venezia.it

Venecia[2][3] (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.


O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma.[4] Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.


A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia a longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.


A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e finais do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén xogou un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Orixes


    • 1.2 Os doges


    • 1.3 Expansión


    • 1.4 Decadencia



  • 2 Xeografía

    • 2.1 Afundimento de Venecia


    • 2.2 Clima



  • 3 Economía

    • 3.1 Turismo



  • 4 Galería de imaxes


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Historia |



Véxase tamén: República de Venecia.


Orixes |


Aínda que non haxa ningún rexistro histórico que lide directamente coas orixes de Venecia, os elementos dispoñíbeis fixeron que varios historiadores concordasen coa teoría de que a poboación orixinal de Venecia era formada por refuxiados de cidades romanas como Padua, Aquileia, Altino e Concordia (moderna Portogruaro), que fuxían das sucesivas invasións xermánicas e hunas á Península Itálica no século V. Máis tarde, algunhas fontes históricas romanas revelaron a existencia de pescadores nas illas da lagoa de Venecia. Foron referidos como incola lacunae (habitantes da lagoa).


Comezando en 166-168, os cuados e os marcomanos destruíron a actual Oderzo (vila preto de Venecia). As defensas romanas foron derrubadas no inicio do século V polos visigodos e, preto de cincuenta anos despois, polos hunos liderados por Atila. De máis longa duración foi a invasión dos longobardos en 568. Ao leste, o Imperio Bizantino estaba estabelecendo dominios na rexión do actual Véneto e as principais entidades administrativas e relixiosas do imperio na Península Itálica foron trasladadas para este. Foron construídos novos portos, incluíndo Malamocco e Torcello na lagoa de Venecia.


O dominio bizantino na Italia Central e Setentrional foi eliminado posteriormente en gran medida pola conquista do Exarcado de Rávena en 715 por Aistolfo. Durante este período, a sede local do goberno bizantino (a residencia do "duque/doux", despois chamado doge), foi situada en Malamocco. En 775-776, a sede do bispado de Olivolo (Helipolis) foi creada. Durante o reinado do doge Agnello Participazio (811-827), a sede ducal foi movida de Malomocco para a illa protexida de Rialto (de "rivoalto", isto é, costa alta).



Os doges |




A República de Venecia en 1796.


O doge era o primeiro maxistrado da República de Venecia. Os seus atributos simbólicos eran aínda reminiscencias do Imperio Bizantino. O poder dos doges foi sempre limitado polos venecianos, a través, por exemplo, do promissio ducalis, unha carta de principios e promesas que debían xurar na data de entrada en funcións. O texto foi fixado en 1172, cando foi elixido Enrico Dandolo, e foi obxecto de modificacións en 1192 e 1229.


A partir dese último ano, a elección do doge ficou sometida ao exame do Consello dos Cinco Correctores. A partir de 1501, a promissio foi lida todos os anos ao doge en funcións. En 1646, a dogeza (a muller do doge) foi interdita á coroación. Durante o século XVII, os membros da familia do doge estaban interditos na maxistratura e embaixadas venecianas. O primeiro título de doge en Venecia foi dado no século IX como dux Veneciarum ("xefe dos Venezianos"), título que se mantivo durante toda a existencia do cargo.


Do século IX ao século XII, os doges xuntaron o título aos de dux Croatorum ("xefe dos croatas"), dux Dalmatinorum (xefes dos dálmatas), totius Istriæ dominator ("soberano de toda Istria"), dominator Marchiæ ("soberano das Marcas"), traducindo así o dominio veneciano no mar Adriático. En 1095, o epitafio do doge Vitale Faliero de Doni proclamábao mesmo rex et corrector legum ("rei e promulgador das leis"). Enrico Dandolo, a finais do século XII, titulábase dominator quarte et dimidie partides totius Imperii Romanie ("soberano dun cuarto e medio de todo o Imperio Romano"). O título prolongouse até 1356 e foi abandonado por Giovanni Delfino.



Expansión |





Praza de San Marcos, en Venecia, co Campanario de San Marcos en segundo plano.


A influencia política de Venecia fixo marca na historia de Europa,[5] sobre todo cando a partir da Alta Idade Media se expandiu grazas ao control do comercio con Oriente e aos beneficios que de aí viñan. Esa expansión deuse sobre todo na zona do mar Adriático e do Mar Exeo. O apoxeo de Venecia acadou o cumio na primeira metade do século XV, cando os venecianos comezaron a expandirse por Italia oriental, como resposta ao ameazador adianto de Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán.


Venecia soubo aproveitar todas as mudanzas que ocorreron no mundo occidental:


  • Aliouse cos francos contra os longobardos.

  • Aliouse co Imperio Bizantino contra os normandos.

  • Foi benevolente e tolerante co Islam, de tal modo que ao estar o Imperio Bizantino en guerra cos árabes este non podía comerciar sen grandes riscos, e foi nesa ocasión que os navíos venecianos partiron cara Alexandría, Beirut e Jaffa, monopolizando aquel comercio.


Decadencia |


A caída de Constantinopla en 1453 marcou o principio da decadencia. O descubrimento do camiño marítimo cara a India de Vasco da Gama (1498) e o descubrimento de América por Cristovo Colón (1492) desprazaron as rutas de comercio e Venecia viuse obrigada a sustentar unha loita esgotadora contra os turcos otománs. En 1797, foi invadida polas tropas de Napoleón Bonaparte. Coa sinatura do tratado de Campo Formio, dividiuse o seu territorio entre Francia e Imperio Habsburgo.


Venecia está rodeada de lagoas de pouco profundidade, e iso valeulle sempre como excelente defensa. Nas súas augas encallaban facilmente os navíos que non coñecían os fondos. Era tamén unha cidade atrincheirada protexida por grandes murallas. As "murallas" de Venecia son os perigosos bancos de area que fican case a descuberto no baixo-mar. Para chegar a Venecia dende o mar Adriático é preciso coñecer as pasaxes, que en tempos de paz eran sinaladas con fileiras de estacas con luces á noite.



Xeografía |




Sestieri de Venecia:
    Cannaregio
    Castello
    Dorsoduro
    San Marco
    San Polo
    Santa Croce


Venecia atópase dividida "sestiere". Estes son Cannaregio, San Polo, Dorsoduro (inlcuíndo Giudecca e a Isola Sacca Fisola), Santa Croce, San Marco (incluíndo San Giorgio Maggiore) e Castello (incluíndo San Pietro di Castello e Sant'Elena). Cada sestiere está administrado por un apoderado xunto co seu persoal.


Estes distritos están integrados por parroquias. Inicialmente eran setenta en 1033, mais foron reducidas baixo mandato de Napoleón até só trinta e oito. Estas parroquias son anteriores aos sestieri, que se crearon ao redor de 1170. Outras illas da Lagoa de Venecia non forman parte de ningún dos sestieri, posuíndo historicamente dun grao considerable de autonomía.


Cada sestiere ten o súa propio sistema de numeración das vivendas. Cada casa ten un número único no distrito, dun a varios miles, en xeral numerados dunha esquina da área a outra, mais xeralmente non dunha forma facilmente comprensible.


Na parte dianteira das góndolas que traballan na cidade, hai unha gran peza de metal que pretende ser unha imaxe do chapeu dos Doge. Este posúe seis estallas apuntando cara a adiante e unha cara atrás. Cada un destes representan un dos Sestieri (o que apunta cara atrás representa a Giudecca).



Afundimento de Venecia |





Acqua Alta en Venecia.




Venecia e arredores.


Os edificios de Venecia están construídos con piares pouco espazados de madeira, o cales foron importados desde o continente. Baixo a auga, en ausencia de osíxeno, a madeira non se descompón, é petrificada como resultado do fluxo constante de auga rica en minerais ao redor dela, de modo que se converte nunha estrutura similar á pedra. As pilas penetran nunha capa abrandada de area e barro até chegar a unha capa máis dura de arxilas comprimidas. A madeira para as pilas foi cortada na parte máis occidental da actual Eslovenia, nunha rexión hoxe chamada Carso, e en dúas rexións de Croacia, Lika e Gorski kotar. A maioría destas pilas segue intacta despois de séculos de inmersión. Por riba dos cimentos sobre as pilas, hai construcións de ladrillo ou pedra. Os edificios son a miúdo ameazados polas inundacións provocadas por mor da marea, provocadas polo Adriático entre as estacións do outono e a primavera.


Fai seiscentos anos, os venecianos protexíanse das inundacións en terra, desviando todos os grandes ríos que desembocan na lagoa, prevendo así sedimentos obturando a zona ao redor da cidade. Isto creou un entorno de lagoa cada vez máis profundo.


Durante o século XX, cando moitos pozos artesianos foron perforados na periferia da lagoa para extraer auga para a industria local, Venecia comezou a afundirse. Tempo despois confirmouse que a extracción da auga destes acuíferos estaba a ser a causa, polo que na década de 1960 estes pozos foron prohibidos, desacelerando o proceso. Con todo, a cidade estando sendo ameazada por frecuentes inundacións de baixo nivel (chamadas Acqua Alta, "auga alta") que se elevan a unha altura de varios centímetros sobre os peiraos. Estas inundación sucédense periodicamente segundo certas mareas. En moitas casas vellas as antigas escaleiras utilizadas para descargar mercadorías están anegadas, o que fai a antiga planta baixa inhabitable.




Panorama da Canle de Giudecca e a Basílica de San Marcos.


Algúns estudos recentes suxiren que a cidade xa non se vai afundir máis, pero non se sabe con absoluta certeza, polo que o estado de alerta non foi aínda revogado. En maio de 2003, o primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi inaugurou o "proxecto MOSE" (Modulo Sperimentale Elettromeccanico), un modelo experimental para avaliar o rendemento dunhas barreiras inchables. A idea é estabelecer unha serie de 79 pontóns enchibles a través do leito do mar nas tres entradas á lagoa. Cando a marea estea previsto que suba por riba de 110 centímetros, os pontóns encheríanse de aire e bloquearían a entrada de auga dende o Mar Adriático. Esta obra de enxeñaría espérase que estea rematada ao longo do ano 2011.


En 1604, para sufragar o custo de mitigar as inundacións, de Venecia introduciu o que podería considerarse o primeiro exemplo do que se converteu posteriormente no "imposto de timbre". Con todo, como os ingresos non acadaron as expectativas, en 1608 introduciuse papel co sobrescrito "AQ" e instrucións impresas para utilizarse para "cartas a funcionarios". Nun principio este ía ser un imposto temporal, porén mantívose en vigor até a caída da República en 1797. Pouco despois da introdución do imposto, Castela produciría papel similar para fins fiscais máis xerais e a práctica estendeuse a outras rexións.



Clima |


O clima de Venecia, como case todo o val do río Po, tende a un réxime continental, con invernos fríos e veráns moi quentes. De acordo coa clasificación climática de Köppenn, Venecia posúe un clima Húmido subtropical (Cfa). A temperatura media diaria en xaneiro é de 2,5 ºC, sendo para xullo de 22,7 °C. As precipitacións repártense relativamente ao longo de todo o ano, con medias de 801 milímetros.



























































Mes
Xan
Feb
Mar
Abr
Mai
Xuñ
Xul
Ago
Set
Out
Nov
Dec
Anual
Máximas medias (°C)
5,8
8,2
12,0
16,3
21,2
24,8
27,5
27,0
23,6
18,1
11,5
6,7
16,9
Mínimas medias (°C)
-0,9
0,7
3,8
7,9
12,3
15,9
17,8
17,3
14,2
9,4
4,2
0,0
8,6
Chuvia mm.
58,1
54,2
57,1
64,3
68,7
76,4
63,1
83,1
66,0
69,0
87,3
53,7
801

Fonte: MeteoAM[Ligazón morta]


Economía |
















Venecia e súa Lagoa
JvB2006-T DSCF5878.jpg
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País
Italia Italia
Localización45°26′3″N 12°20′20″L / 45.43417, -12.33889
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV, V, VI
Inscrición1987 (11ª Sesión)
Rexión da UNESCO
Europa e América do Norte
Identificador394

A economía de Venecia sufriu sensibles trocos ao longo da historia. Durante a Idade Media e o Renacemento Venecia era un importante centro para os negocios e o comercio, xa que controlaba un vasto imperio marítimo, polo que se converteu nunha das máis prósperas e ricas cidades de Europa, líder en asuntos políticos e económicos. Todo isto cambiou no século XVII, cando o imperio comercial de Venecia foi tomado por outros países, como Portugal, reducíndose a súa importancia naval. No século XVIII pasou a ser un importante exportador agrícola e industrial. O maior complexo industrial dese século foi o Arsenal de Venecia, o cal é utilizado aínda hoxe en día polo exército italiano (aínda que dispón dalgúns espazos para producións teatrais, culturais e de arte). Hoxe, a economía de Venecia baséase principalmente no turismo, a construción naval (principalmente nas cidades veciñas de Mestre e Porto Marghera), os servizos e as exportacións comerciais e industriais. A produción do Cristal de Murano en Murano e a de encaixe en Burano son tamén moi importantes para a economía.



Turismo |


Venecia é un dos destinos turísticos máis importantes do mundo. A cidade recibe unha media de 50.000 turistas ao día (estimación de 2007). En 2006 foi a vixésimo oitava cidade do mundo máis visitada, recibindo a 2.927.000 visitantes internacionais ao longo do ano.


O turismo é un sector importante da industria de Venecia xa dende o século XVIII. No século XIV converteuse nun centro de moda para ricos e famosos, que a miúdo se achegaban a cear a establecementos de luxo como o Hotel Danieli ou o Caffè Florian. Continuou sendo unha cidade de moda durante o século XX. Na década de 1980, o Entroido de Venecia foi restablecido e a cidade converteuse nun importante centro de conferencias e festivais internacionais, como a Bienal de Venecia ou o Festival de Cinema.


Hoxe en día hai cidade posúe numerosas atraccións turísticas, como a Basílica de San Marcos, as canles e a Praza de San Marcos, entre outros. O Lido di Venezi a é tamén un destino popular de luxo internacional, que atrae principalmente xente da industria cinematográfica como actores, críticos e outras celebridades.


Con todo, a condición de Venecia coma importante destino turístico ten causado diversos problemas, como as conxestións de xente nalgunhas datas do ano. A cidade é considerada ás veces como unha trampa para turistas, ou mesmo coma un "museo vivente". A diferenza da maioría doutros lugares de Europa Occidental, Venecia chegou a ser amplamente coñecida polo seu elemento de elegante decadencia. Ademais, a competencia polos estranxeiros para comprar casas na cidade fixo os prezos subisen moito, e que numerosos habitantes se visen obrigados a trasladarse a zonas máis accesibles de Venecia e Italia, especialmente Mestre.



Galería de imaxes |



Notas |




  1. Definición de veneciano - Dicionario da Real Academia Galega


  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para veneciano.


  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 


  4. Online Etymology Dictionary


  5. Venice at the Centre of International Relations and Politics



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Basílica de San Marcos

  • Universidade Ca' Foscari de Venecia

  • Lagoa de Venecia


Ligazóns externas |


  • Páxina oficial da cidade de Venecia


  • Fondazione Musei Civici di Venezia (en inglés)/(en italiano)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Venecia&oldid=5104205"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.556","walltime":"0.746","ppvisitednodes":"value":1678,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":43493,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6234,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":18,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6068,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 572.249 1 -total"," 41.41% 236.977 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.14% 86.651 2 Modelo:Infobox"," 12.81% 73.312 1 Modelo:Cidade"," 12.76% 73.007 1 Modelo:Listaref"," 11.71% 66.983 1 Modelo:Commonscat"," 11.19% 64.049 1 Modelo:Irmáns"," 10.52% 60.179 1 Modelo:Caixa_lateral"," 9.49% 54.289 1 Modelo:Cita_libro"," 6.96% 39.824 1 Modelo:Sen_referencias"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.290","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":8647379,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1284","timestamp":"20190330193847","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":158,"wgHostname":"mw1328"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos