Bovininos Índice Taxonomía | Evolución | Importancia económica | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónBovininosArquivadoBovinosResumoBovinae4076734-610636113100490
Bovinos
mamíferosartiodáctilosruminantesfamiliabóvidossubfamiliabovinosherbívorosanimais domésticosbúfalo domésticoiacbúfalo africanobisontesamericanoeuropeo1921zoólogobritánicoJohn Edward Graylatín científicosubfamiliabovinosxénerosespeciescladosfiloxeniabúfalo acuáticoiacvacúnscebúsleitealimentomanteigacarneIndiapelcoirocornosbostacombustíbelmasaiKenya
Bovininos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bovininos Bovini | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalo acuático | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos bovininos (Bovini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.
Esta tribo comprende de grandes a moi grandes herbívoros, entre eles animais domésticos de grande importancia económica para os seres humanos, como o búfalo doméstico e o iac, así como parentes asiáticos máis pequenos e grandes bóvidos de vida libre como o búfalo africano e os bisontes americano e europeo.
Índice
1 Taxonomía
2 Evolución
2.1 Árbore filoxenética
3 Importancia económica
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Outros artigos
5.3 Ligazóns externas
Taxonomía |
A tribo foi definida en 1921 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" (publicada en London Medical Repository 15: 296–310).
O termo do latín científico Bovini adáptase aquí como bovininos para non confundilo co nome da subfamilia, bovinos (Bovinae), adaptando a desinencia empregada para formar os nomes das tribos, -íni, como -inini, igual que se fai noutros idiomas romances, como o portugués,[1] ou o castelán.[2]
A continuación faise unha relación dos actuais xéneros e especies:[3]
Tribo Bovini
- Xénero Bison
Bison bison - bisonte americano
Bison bonasus - bisonte europeo
- Xénero Bos
Bos primigenius - uro (extinguido)
Bos javanicus - banteng
Bos gaurus - gauro
Bos frontalis - gaial
Bos mutus - iac
Bos taurus - boi doméstico (considerado, cada vez máis, como unha subespecie de Bos primigenius)
Bos indicus - cebú
Bos sauveli - cuprei
- Xénero Bubalus
Bubalus bubalis - búfalo acuático
Bubalus depressicornis - anoa das chairas
Bubalus quarlesi -anoa de montaña
Bubalus mindorensis - tamarao
- Xénero Pseudoryx
Pseudoryx nghetinhensis - saola
- Xénerto Syncerus
Syncerus caffer - búfalo africano
Evolución |
As relacións máis próximas a esta tribo son coas tribos Boselaphini e Tragelaphini. O antepasado común de todas as especies dos Bovini parece ser que viviu hai uns 5 millóns de anos.
Os primeiros clados que diverxeron foron os das especies dos búfalos (xéneros Bubalus e Syncerus). A continuación separáronse os clados das especies banteng e gauro e o touro doméstico.
É posíbel que tamén existira un cuarto clado que comprendería aos bisontes e os iacs.[4]
Árbore filoxenética |
Recentes estudos de filoxenia permitiron establecer a árbore filoxenética seguinte:[5][6]
Bovini |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nótese que a posición do xénero Bison está en discusión.
Importancia económica |
Os bovininos están presentes en todos os continentes. A súa poboación global ascende a 1,5 billóns cabezas (das que 1,4 billóns son vacúns e 150 millósnes cebús).
Empréganse para o traballo agrícola, aspecto importante aínda nos países subdesenvolvidos, para o aproveitamento do leite, que ademais de ser un fundamental alimento é unha fonte importante de graxa (manteiga), e da carne (excepto na India). Tamén se utiliza a súa pel (para a fabricación do coiro), os seus cornos, e a bosta, como fertilizante, ademais de utilizarse, seca, como combustíbel nalgúns países, e mesmo para a construción de vivendas (cabanas), como entre os masai de Kenya.
Notas |
↑ Bovininos Arquivado 20 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en Campoagro.com.br
↑ Bovinos en Universidad de Salamanca. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
↑ Coa excepción, por razóns didácticas, do uro.
↑ Maceachern S.; McEwan J. & Goddard M. (2009): "Phylogenetic reconstruction and the identification of ancient polymorphism in the Bovini tribe (Bovidae, Bovinae)", BMC Genomics 10 (1): 177. Resumo
↑ Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937
↑ Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero et Scott E. Foss, dir. The Evolution of Artiodactyls. ISBN 978-0-8018-8735-2.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bovininos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bovininos |
Bibliografía |
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos |
- Bóvidos
- Bovinos
- Vaca
Ligazóns externas |
Bovinae en ultimateungulate.com (en inglés)
|
|
Categoría:
- Bovinos
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.292","walltime":"0.405","ppvisitednodes":"value":1594,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":27244,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":12042,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3229,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 301.574 1 -total"," 49.90% 150.495 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.18% 51.813 1 Modelo:Commonscat"," 16.93% 51.049 2 Modelo:Irmáns"," 15.38% 46.369 2 Modelo:Caixa_lateral"," 10.22% 30.819 1 Modelo:Listaref"," 10.05% 30.311 1 Modelo:Taxobox"," 5.89% 17.748 1 Modelo:Webarchive"," 5.66% 17.072 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 4.23% 12.754 7 Modelo:Clade"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.107","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2629836,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1329","timestamp":"20190410220254","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Bovininos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Bovininos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q192205","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q192205","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2014-09-16T17:49:57Z","dateModified":"2018-09-03T11:48:27Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a8/Water_buffalo_bathing.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":160,"wgHostname":"mw1325"););