Kenya Índice Etimoloxía | Historia | Xeografía | Economía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación1°N 38°L / 1, -38eCountry Comparison :: PopulationDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente"Lingua galega: dúbidas lingüísticas"Kenya"Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billionKenya GDP purchasing power 2010: 66 B llionK B C (Kenya Broadcasting Corporation)eeWorldCat12892026211882655r2060435ID120871800355471929504030236-234480000 0001 2353 09850000H8365n80061011ID00565510ge129567352671521927981502210266124611000169108470D007630Traballa nel
Kenya
África OrientalComunidade Africana OrientalNairobiecuadorRift de África Orientallago Vitorialago Turkanalago RudolphOcéano ÍndicoTanzaniaUgandaSudán do SurEtiopíaSomaliaOcéano ÍndicosabanasMonte KenyaNyanzaLago VitoriadesérticassafarisParque Nacional de Tsavo LesteOesteMaasai Maralago NakuruParque Nacional de AberdarePatrimonio da HumanidadeLamuDianiBamburiKilifiGrandes Lagos AfricanosPaleolítico inferiorexpansión bantúÁfrica Occidentalníxer-congonilo-saharianasafroasiáticasbantúnilóticosMombasaIdade ModernaImperio BritánicoÁfrica Oriental BritánicaColonia de Kenyaconstitucióncondadoseconomía de Kenyasector terciariokambaMonte Kenyaextintomito da creaciónkikuyuJohann Ludwig Krapfpobo kambaKikuyuLudwig KrapfÁfricaÍndicoSudánEtiopíaSomaliaUgandaTanzaniaocéano ÍndicoMonte KenyaKilimanjaro
Kenya
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 1°N 38°L / 1, -38
República de Kenya | |||
---|---|---|---|
Jamhuri Ya Kenya Republic of Kenya | |||
| |||
Lema: Harambee | |||
| |||
Capital • Poboación | Nairobi 538 000 (2005) | ||
Cidade máis poboada | Nairobi | ||
Linguas oficiais | Suahili[1] e inglés[1] | ||
Forma de goberno | República | ||
Presidente | Uhuru Kenyatta | ||
Independencia do Reino Unido | 12 de decembro de 1963 | ||
Superficie | Posto 48º | ||
• Total | 582 650 km² | ||
• % auga | 2,3 | ||
Fronteiras | 3 446 km | ||
Costas | 536 km | ||
Poboación | Posto 31º | ||
• Total | 45 010 056 (2014)[2] hab. | ||
• Densidade | 78 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 71º | ||
• Total (2006) | 51 731 000 000 US$ | ||
• per cápita | 1 519 US$ | ||
Moeda | Xilin kenyano (KES) | ||
IDH (2007) | 0,521 (148º) – medio | ||
Xentilicio | Kenyano/a[3] | ||
Fuso horario | UTC + 3 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .ke | ||
Prefixo telefónico | +254 | ||
Prefixo radiofónico | 5YA-5ZZ | ||
Código ISO | 404 / KEN / KE | ||
Membro de: ONU, Commonwealth, UA | |||
Kenya[3][4] ou Quenia,[5] oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.[6]
Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.
A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país.[7] A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.
A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central.[8][9] A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.
Índice
1 Etimoloxía
2 Historia
3 Xeografía
4 Economía
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Ligazóns externas
Etimoloxía |
A palabra Kenya procede do nome kamba para o Monte Kenya, Kiinyaa. As prehistóricas erupcións volcánicas do Monte Kenya (hoxe extinto) puideron ser a orixe da súa asociación cunha divindade e co mito da creación entre grupos étnicos kikuyu, que son os habitantes nativos da área agrícola arredor do Monte Kenya.
No século XIX, o explorador alemán Johann Ludwig Krapf estivo co pobo kamba cando viu por vez primeira o monte. Cando preguntou polo nome da montaña, respondéronlle "Kĩ-Nyaa" ou "Kĩĩma- Kĩĩnyaa" probablemente porque a visión da rocha negra coroada de branco pola neve lles lembraba ás plumas dun avestruz.[10] Os agikuyu, que habitan á beira do monte Kenya, Kĩrĩma Kĩrĩnyaga en Kikuyu, que é bastante semellante ó nome kamba.
Ludwig Krapf rexistrou os dous nomes, Kenia e Kegnia (considerado como unha corrupción da versión kamba).[11][12][13] Malia a controversia sobre o significado da palabra Kenya, está amplamente aceptado que foi o nome da montaña o que lle deu o nome ó país.
Historia |
Xeografía |
- Artigo principal: Xeografía de Kenya.
Kenya atópase situada no leste de África, nas costas do Índico. Limita ao norte con Sudán e Etiopía, ao nordeste con Somalia, ao oeste con Uganda, ao sur con Tanzania e ao leste co océano Índico.
A superficie total de Kenya é de 582.650 km², e conta con 536 km de costa no Océano Índico. O clima varia do tropical na zona costeira ao árido no interior.
O Monte Kenya, que dá nome ao país, encóntrase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, é o cume máis alto do estado e o segundo de África, tralo Kilimanjaro. Este último está tamén parcialmente en Kenya, mais a súa cima máis elevada emprázase na súa totalidade o territorio de Tanzania.
Economía |
- Artigo principal: Economía de Kenya.
Notas |
↑ 1,01,1 Constitution (2009) Art. 7 [National, official and other languages] "(1) The national language of the Republic is Kiswahili. (2) The official languages of the Republic are English and Swahili. (3) The State shall–-–- (a) promote and protect the diversity of language of the people of Kenya; and (b) promote the development and use of indigenous languages, Kenyan Sign language, Braille and other communication formats and technologies accessible to persons with disabilities."
↑ Country Comparison :: Population. The World Factbook.
↑ 3,03,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kenyano.
↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 118. ISBN 84-8158-266-2.
↑ Central Intelligence Agency (2012). The World Factbook, ed. "Kenya". Consultado o 28 de maio de 2013.
↑ Asongu, J. J. and Marr, Marvee (2007). Greenview Publishing Co., ed. Doing Business Abroad: A Handbook for Expatriates. pp. 12 & 112. ISBN 0979797632.
↑ Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billion. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
↑ Kenya GDP purchasing power 2010: 66 B llion. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
↑ Sullivan, Paul (2006). Mkuki na Nyota Publishers, ed. Kikuyu Districts. Dar es Salaam, Tanzania.
↑ Krapf, Johann Ludwig (1860). Frank Cass & Co. Ltd, ed. Travels, Researches, and Missionary Labours in Eastern Africa. Londres.
↑ Krapf, Johann Ludwig (13 de maio de 1850). "Extract from Krapf's diary". Church Missionary Intelligencer i: 452.
↑ Foottit, Claire (2006). Bradt Travel Guides Ltd, ed. Kenya. ISBN 1-84162-066-1.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kenya |
Ligazóns externas |
K B C (Kenya Broadcasting Corporation) radio do país, en inglés
|
|
|
|
|
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categoría:
- Kenya
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.388","walltime":"2.705","ppvisitednodes":"value":2170,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":101794,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6580,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":23,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12168,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":23,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2408.151 1 -total"," 80.44% 1937.146 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.15% 172.237 2 Modelo:Navbox"," 6.99% 168.231 1 Modelo:África"," 6.46% 155.574 59 Modelo:Nowrap"," 5.03% 121.106 1 Modelo:Listaref"," 3.15% 75.977 1 Modelo:País"," 2.85% 68.699 1 Modelo:Infobox"," 2.11% 50.861 2 Modelo:Cita_web"," 1.44% 34.558 1 Modelo:Coord"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.965","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":13246442,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1303","timestamp":"20190420142518","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":203,"wgHostname":"mw1322"););