Estado borgoñón Índice Formación e apoxeo do Estado borgoñón Crise territorial: fin da dinastía Valois e chegada dos Habsburgo Reconfiguración do Estado borgoñón: o círculo de Borgoña Desmembramento do Estado borgoñón Lista dos duques de Borgoña, soberanos do Estado borgoñón Notas Véxase tamén Menú de navegaciónHenri Pirenne, The formation and constitution of the Burgundian State (fifteenth and sixteenth centuries)"El toisón de oro en el siglo XXI, por Luis Sampedro Escolar. Numerario de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía"o orixinalThe most illustrious order of the Golden Fleece, por Guy Stair SaintyTitles of European hereditary rulers: BurgundyCharles the Bold Last Duke Of Burgundy, 1433-1477, Ruth Putnam (1908)Memorias de la Real Academia de la historia, Tomo VI (1821)Das kommt mir Spanisch vor, Klaus Herbers & Nikolas Jaspert (2004)Historia de Francia, Guillaume de Bertier de Sauvigny (1977)Le récit au jour le jour sur la Bourgogne et la Franche-Comté, Gilles MailletTitles of European hereditary rulers:LuxembourgHolland under Habsburg Rule, 1506–1566, James D. Tracy"Dissident Propaganda and Political Organization at the Outbreak of the Revolt of the Netherlands, Alastair Duke"o orixinal"Quid.fr: La région «Bourgogne»"o orixinalDe namen van de Zeventien ProvinciënDe uitvinding van de NederlanderRuzie met de Raad van State leidde tot de 80-jarige oorlogGeographia historica, en que se hace compendiosa memoria de los varones mas..., por Pedro Murillo VelardeHistoria general de España, Modesto Lafuente (1862)"De munt van Overijssel"o orixinal"De munt van Groningen"o orixinalTitles of European hereditary rulersCarlos V, Philippe Erlanger"Encyclopédie, ou Dictionnaire Raisonné des Sciences, des Arts et des Métiers, Universidad de Chicago"o orixinalHistoire de la Franche-Comté du XVème au XVIIème, Gilles Maillet"Collectie Nationaal Archie"o orixinalTranscición da Acata de Abxuración e tradución parágrafo a parárgafoArquivadoWHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609Historia general de España, Juan de Mariana (1820)Boletín de la Real Academia de la Historia, julio de 1906Boletín de la Real Academia de la Historia, julio de 1906Tractatus Pacis, Trigesimo Januarii, anno supra millesimum sexcentesimo quadragesimo octavo, Monasterii Westfalorum, inter Serenissimum & potentissimum Principem Philippum, Regem Hispaniarum etc. ab unâ; Et Celsos Potentesá Dominos Ordines Generales Foederatarum Belgii Provinciarum, ab altera parteArquivadoDie Westfälischen Friedensverträge vom 24. Oktober 1648. Texte und Übersetzungen (Acta Pacis Westphalicae. Supplementa electronica, 1)Mémoires historiques et politiques des Pays-Bas Autrichiens, por Patrice F. de NényFrankish Kingdom of BurgundyFranche-ComtéThe Catholic Encyclopedia:Burgundy
13631678BorgoñaHistoria de FranciaHistoria de EspañaSacro Imperio RomanoEstados desaparecidos de EuropaHistoria dos Países BaixosHistoria de BélxicaHistoria de Luxemburgo
duques de Borgoña13631559Baixa Idade MediaRenacementoséculo XVFlandresséculo XVIguerra dos Oitenta Anos1363Filipe o AtrevidoXoán II de Franciaducado de Borgoñafeudo1369Margarita III de Flandrescondado palatino de BorgoñacondadosArtoisFlandresNeversRethel13841385Xoán sen MedoMargaridaAlberto I de BavieraHolandaFrisiaZelandiaHainautderrota de Azincourt1415armagnacinglesesCarlosFilipe o Botratado de Troyes (1420)Henrique VI1421guerra dos Cen AnosNamurHainautHolandaFrisiaZelandiaBrabanteLimburgoducado de LuxemburgoIsabel de AustriaCasimiro IV de Polonia e Lituaniatratado de Arrás (1435)Carlos VII de Francia1467Carlos o Temerario1467Luís XI de FranciaPéronne14681473TréverisFederico IIIMaríaMaximilianoGüeldresZutphenalsacianasLorenatratado de Picquigny (1475)batalla de Nancy14771477Luís XI de FranciaArtoisPicardíaMaría de Borgoña1477Maximilianocasa de Habsburgo1482Filipe o Fermosotratado de ArrasLuís XIMargaridaCarlosrexenteAna de FranciaCarlos VIIIItaliatratado de Senlissuzeranía14931495Sacro ImperioReis CatólicosXoana Icoroa españolaCarlosSacro Imperiorei de EspañaHabsburgoFrancia1521TournaiFrisiaXurxo o Barbudo, de Saxonia-Meissen15151528UtrechtOverijssel153615431512Círculo imperial de BorgoñaFilipe o BoCarlos o Temerario1529paz de CambraiFrancisco I1548Sacro Imperio Romano XermánicoPragmática Sanción de 1549Dezasete ProvinciasHabsburgoduques borgoñónsCarlos V25 de outubro1555FilipeOrde do Vélaro de Ouroducado de BorgoñaPaíses Baixos1556DoleFranco CondadoFilipe II1568guerra dos Oitenta Anos5 de xaneiro1579Unión de Arras23 de xaneiroUnión de Utrecht26 de xullo1581Estados XeraisActa de abxuraciónFrancisco de AnjouAlexandre Farnesioasedio de AntuerpenMauricio de Nassaudezasete provinciasFilipeIsabel Clara EuxeniaAlberte de Austria6 de maio1598Francia1598Inglaterra1604Provincias Unidasterras da Xeneralidade1621Filipe IVConde-Duque de Olivaresguerra dos Trinta Anos30 de xaneiro1648tratado de MünsterEspañaRepública das Provincias Unidas dos Países Baixostratado de Münster24 de outubro1648Sacro ImperioLuís XIV de FranciaItalia1363Habsburgo1477FranciaAlemañacondado de Borgoñaducado de BorgoñaFranciaLuís XIVLuísduque de BorgoñaCarlos II de Españatratado de Baden (1714)guerra de Sucesión españolaAustriaPaíses Baixos austríacos1 de outubro1795Convención Nacional FrancesaFrancia17 de outubro1797tratado de Campo Formio
Estado borgoñón
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
État bourguignon Estado borgoñón | |||||
| |||||
| |||||
O Estado borgoñón na súa maior extensión, baixo o reinado de Carlos o Temerario 1465-1477. | |||||
Capital | Dijon, aínda que tamén o foron Bruxas, Gante e Bruxelas | ||||
Lingua | latín, linguas de oïl (Bourguignon) e flamengo | ||||
Relixión | Católica | ||||
Goberno | Monarquía hereditaria | ||||
Período histórico | Baixa Idade Media Renacemento Idade Moderna | ||||
• Establecido | 1363 | ||||
• Disolución | 1678 |
Cos termos Estado borgoñón ou Estados borgoñóns desígnanse a todas as posesións adquiridas polos duques de Borgoña e os seus herdeiros durante case dous séculos, entre 1363 e 1559.[1]
Este Estado foi unha importante potencia na Baixa Idade Media e no Renacemento, e un exemplo de construción dun estado no século XV, pasando de ser un pequeno estado a constituír o primeiro e moderno reino creado en Occidente durante trescentos anos.
Subsistiu en Flandres no século XVI até a guerra dos Oitenta Anos.
Este conglomerado de territorios carecía dun título singular que expresara a idea de unidade política, pero de entre todos destaca o de duque de Borgoña, xa que o titular do ducado era o Grande Mestre e Xefe Soberano da Orde do Vélaro de Ouro,[2] de aí o feito de que, unha vez perdido o territorio propiamente ducal, se seguira mantendo o título, dado o seu prestixio.[3]
Índice
1 Formación e apoxeo do Estado borgoñón
1.1 A dinastía Valois
1.2 Territorios do Estado borgoñón
2 Crise territorial: fin da dinastía Valois e chegada dos Habsburgo
3 Reconfiguración do Estado borgoñón: o círculo de Borgoña
3.1 Prestixio do título de duque de Borgoña
4 Desmembramento do Estado borgoñón
4.1 Reinados de Filipe V de Borgoña, Isabel e Filipe VI
4.2 Disolución do Estado borgoñón en tempois de Luís IV de Francia
4.3 Definitivo final do círculo de Borgoña
5 Lista dos duques de Borgoña, soberanos do Estado borgoñón
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Bibliografía
7.2 Outros artigos
7.3 Ligazóns externas
Formación e apoxeo do Estado borgoñón
A dinastía Valois
En 1363, Filipe o Atrevido, cuarto fillo do rei Xoán II de Francia, recibiu do seu pai o ducado de Borgoña como feudo. En 1369 Filipe casou coa condesa Margarita III de Flandres, herdeira do condado palatino de Borgoña, e tamén dos condados de Artois, Flandres, Nevers e Rethel. E así, en 1384, titulouse deste xeito:
Philippe, fils du roy de France, duc de Bourgoingne, conte de Flandres, d'Artois et de Bourgoingne palatin, de Nevers, de Retel, sire de Salins et de Malines.[4]
Filipe, fillo do rei de Francia, duque de Borgoña, conde de Flandres, de Artois e palatino de Borgoña, de Nevers, de Rethel, señor de Salins e de Malinas.
Inaugurouse así unha política matrimonial seguida polos seus sucesores, que construíron o Estado borgoñón. En 1385 Filpe casou aos seus fillos Xoán sen Medo e Margarida con senllos fillos do duque Alberto I de Baviera, tamén conde de Holanda (con Frisia), de Zelandia e de Hainaut, preparando así a unión dinástica ao Estado borgoñón.
Tras a derrota de Azincourt, en 1415, Xoán sen Medo, contrario aos armagnac, aproximouse aos ingleses, do que resultou o seu asasinato nunha entrevista co delfín Carlos. Sucedeuno finalmente o seu fillo Filipe o Bo, que completou a súa alianza cos ingleses polo tratado de Troyes (1420), no que se desherdaba ao delfín en beneficio do fillo do rei de Inglaterra, o futuro Henrique VI; desta maneira foise conformando o poder e a influencia que tiñan os territorios rexidos polo duque de Borgoña.
En 1421 Filipe III titulábase «Filipe, duque de Borgoña, conde de Flandres, de Artois e palatino de Borgoña, señor de Salins e de Malinas».[4] Durante a guerra dos Cen Anos, Filipe III herdou de varios primos e apropiouse de varios territorios nos Países Baixos: incorporou ao ses dominios Namur, por compra, en 1429; os condados de Hainaut, Holanda (co señorío de Frisia) e Zelandia, en 1432, por conquista; os ducados de Brabante e de Limburgo, en 1430, por herdanza; e o ducado de Luxemburgo, en 1443, por compra, aínda que dita operación non foi recoñecida até 1467 por Isabel de Austria, esposa de Casimiro IV de Polonia e Lituania.
Estas adquisicións foron confirmadas no tratado de Arrás (1435) por Carlos VII de Francia a cambio de recoñecelo como rei de Francia fronte ás aspiracións inglesas, o cal manifesta a influencia e poder territorial do duque de Borgoña dentro de Francia.
Filipe o Bo morreu en 1467, e os títulos do seu fillo Carlos o Temerario, en 1467, reflicte ben o crecemento do poder territorial da dinastía borgoñoa:[5]
Charles, par la grace de Dieu, duc de Bourgoingne, de Lothier, de Brabant, de Lembourg, et de Lucembourg, comte de Flandres, d'Artois, de Bourgoingne palatin, de Haynnau, de Hollande, de Zellande et de Namur, marquis du Saint Empire, seigneur de Frise, de Salins et de Malines.
Carlos, pola graza de Deus, duque de Borgoña, da Baixa Lorena, de Brabante, de Limburgo e de Luxemburgo, conde de Flandres, de Artois, de Borgoña, de Hainaur, de Holanda, de Zelandia e de Namur, marqués do Santo Imperio, señor de Frisia, se Salins e de Malinas.[4]
O duque Carlos o Temerario lanzouse a unha política de creación dun reino borgoñón, para o que intentou procurar a vinculación entre as terras propiamente borgoñoas ("pays de par-delà") e as terras neerlandesas do norte ("pays de par-deça"). Isto levouno a unha confrontación co rei Luís XI de Francia, que se intensificou a partir da humillación que lle infrixiu co tratado de Péronne de 1468; por outra parte, en 1473, nun encontro en Tréveris co emperador Federico III, para concertar o matrimonio da súa filla María co fillo de Federico III, Maximiliano, intentou ser coroado rey,[6] pero as negociacións interrompéronse bruscamente, quizais debido ás intrigas do rei de Francia,[7] non sen antes recoñecer a Carlos a investidura dos ducados de Güeldres e de Zutphen.
A pesar de non conseguir o título de rei, Carlos proseguiu a súa política expansiva conquistando os territorios que separaban as dúas zonas (ambas as Borgoñas ao sur, e Flandres ao norte). A súa loita contra as cidades alsacianas e a ocupación da Lorena, propiciou a unión dos seus veciños na Liga de Constanza e, coa neutralización dos ingleses polo tratado de Picquigny (1475), foi derrotado e morto na batalla de Nancy, en xaneiro de 1477.[8]
Territorios do Estado borgoñón
No seu apoxeo, en 1477, o Estado borgoñón abarcaba os seguintes territorios:
- Ducado de Borgoña
- Condado de Charolais
- Condado de Mâcon
- Ducado de Brabante
- Señorío de Malinas
- Ducado de Limburgo
- Ducado de Luxemburgo
- Condado de Flandres
- Condado de Artois
Franco Condado (Condado de Borgoña)- Señorío de Salins
- Condado de Hainaut
- Condado de Holanda
- Señorío de Frisia
- Condado de Zelandia
- Condado de Namur
- Ducado de Güeldres
- Condado de Zutphen
Crise territorial: fin da dinastía Valois e chegada dos Habsburgo
O rei Luís XI de Francia, aproveitando a conxuntura da morte do duque Carlos o Temerario, invadiu as dúas Borgoñas, Artois e a Picardía, territorios da súa afillada a herdeira de Carlos, a duquesa María de Borgoña. Desta forma, a duquesa tivo que aceptar a restitución dos privilexios suprimidos nos Países Baixos polo Gran Privilexio en febreiro de 1477, o que destruía o labor centralizador dos dous duques anteriores. Para contrarrestar a ofensiva francesa, casou en agosto de 1477 co arquiduque Maximiliano, da casa de Habsburgo, vinculación que duraría tres séculos.
En 1482 morreu a duquesa e o seu herdeiro, Filipe o Fermoso era menor de idade. Dado que na guerra no había progresos, e demais que o seu viúvo Maximiliano vía discutida a súa autoridade nos Países Baixos, Maximilano acordou o tratado de Arras co rei Luís XI, polo que recoñecía ao rei francés a posesión do ducado de Borgoña (revertido ao dominio real ao extinguirse o apanage), Picardía (ocupada por Carlos o Temerario desde 1472), e a posesión dos condados de Borgoña e de Artois como dote do matrimonio da súa filla Margarida co delfín Carlos.[9] Luís XI morreu ao ano seguinte e, debido a que a rexente de Francia Ana de Francia anulou o acordo matrimonial e que o rei Carlos VIII tiña proxectos de invasión de Italia, asinouse finalmente a paz no tratado de Senlis (1493), devolvendo os franceses o Franco Condado e Artois aos borgoñóns, e aceptando os borgoñóns a suzeranía francesa sobre Artois e Flandres.
En 1493 Filipe o Fermoso xa era maior de idade e os seus títulos en 1495 mostran as súas posesións territoriais en Borgoña e nos Países Baixos:
Phelipe par la grace de Dieu Archiduc d'Ausriche, Duc de Bourgoingne, de Lothor, de Brabant, de Stiere, de Carinte, de Carniole, de Lemberg, de Lucembourg & de Gheldres; Conte de Habsbourgh, de Flandres, de Tyrol, d'Artois, de Bourgoingne Palatin & de Hoynnau, Lantgrave d'Elsace, Marquis de Bourgaubb & du Saint Empire; de Hollande, de Zeelande, de Ferette, de Kiburg, de Namur, & de Zutphen Conte, Seignure de Frese, sur la Marche de Sclanonie, de Portenaub, de Salins, & de Malines.[10]
Filipe pola graza de Deus arquiduque de Austria, duque de Borgoña, da Baixa Lorena, de Brabante, de Estiria, de Carintia, de Carniola, de Lemberg, de Lixembrugo e e de Güeldres; conde de Habsburgo, de Flandres, do Tirol, de Artois, de Borgoña e de Hainaut, Landgrave de Alsacia, marqués de Bourgaubb e do Santo Imperio; de Holanda, de Zelandia, de Ferrette, de Limburgo, de Namur e de Zutphen; señor de Frese, de Portenaub, de Salins e de Malinas.
Coa excepción de Artois e Flandres (que eran feudos franceses), o resto de territorios pertencían ao Sacro Imperio.
Polo seu matrimonio coa filla dos Reis Católicos e futura raíña Xoana I, posibilitou a vinculación dos territorios borgoñóns coa coroa española.
Reconfiguración do Estado borgoñón: o círculo de Borgoña
Co sucesor de Filipe o Fermoso, Carlos, emperador do Sacro Imperio e rei de España, produciuse a estabilización e organización do territorio dentro da nova situación internacional dos Habsburgo en oposición a Francia.
A nivel territorial, en 1521 conquistou a cidade de Tournai, que se incorporou a Flandres. En 1523/1524, despois de anos de guerra, Carlos foi aceptado como señor de Frisia (tras comprar os seus dereitos ao duque Xurxo o Barbudo, de Saxonia-Meissen en 1515). En 1528 comprou o bispado de Utrecht (que incluía Utrecht e Overijssel) polos tratados de Schoonhoven e Gorinchem.[11] En 1536 conquistou Groninga con Ommelanden e Drente e, en 1543 o ducado de Güeldres con Zutphen polo tratado de Venlo.
A nivel institucional, en 1512 o emperador Maximiliano I, creou o Círculo imperial de Borgoña, que englobaba este conglomerado de territorios, o denominado Estado borgoñón, que os Habsburgo herdaron dos duques borgoñóns Filipe o Bo e Carlos o Temerario, e dos seus sucesores.
En 1529, o emperador Carlos V acordou a paz de Cambrai co rei de Francia Francisco I, pola que o rei francés renunciaba á soberanía sobre os condados de Flandres e Artois, e o emperador renunciaba ao territorio específico do ducado de Borgoña (perdido en 1477), pero non ao título ducal xa que do mesmo derivaba ser o Gran Mestre e Xefe Soberano da Orde do Vélaro de Ouro. Desta maneira produciuse a definitiva desvinculación respecto a Francia. Finalmente, en 1548, Carlos V determinou na convención de Augsburgo,[12] o status destes territorios do Estado borgoñón dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, pero sen chegar a unificarse.[1]
Unha maior cohesión do círculo de Borgoña estableceuse coa Pragmática Sanción de 1549, pola que só os territorios dos Países Baixos ("pays de par-deça") foron declarados unha entidade territorial indivisible, as Dezasete Provincias, que se herdaría polo mesmo monarca (Señor dos Países Baixos: Heer der Nederlanden).
O círculo de Borgoña comprendía os seguintes territorios:
Escudo | Nome | Observacións |
---|---|---|
Ducado de Borgoña | Non perteneceu ao círculo de Borgoña. O territorio perdeuse en 1477, antes da constitución do círculo borgoñón, pero non se recoñeceu a perda até a paz de Cambrai en 1529. Porén, os Habsburgo seguiron mantendo o título. | |
Condado de Charolais | Non perteneceu ao círculo de Borgoña. O territorio formaba parte do ducado de Borgoña, e tras a perda territorial do ducado, o Charolais quedou como un enclave dentro do territorio francés e baixo a suzeranía do rei de Francia.[13] En 1684, o parlamento de París estableceu a saisie do condado en beneficio do príncipe de Condé Luís II.[8] | |
Condado de Borgoña (ou Franco Condado) | Incorporado definitivamente a Francia pola paz de Nimega en 1678. | |
Cidade Imperial de Besançon | Incorporado definitivamente a Francia pola paz de Nimega en 1678. | |
Señorío de Salins | Incorporado definitivamente a Francia pola paz de Nimega en 1678. | |
Dezasete Provincias.[14][15][16][17] | ||
Condado de Artois | Cedido definitivamente a Francia en 1659 polo tratado dos Pireneos. | |
Ducado de Brabante | Parte do territorio pasou ás Provincias Unidas. | |
Ducado de Limburgo | Vinculado ao ducado de Brabante. | |
Señorío de Malinas | Vinculado ao ducado de Brabante. Territorio das Provincias Unidas entre 1581 e 1585.[18] | |
Marquesado de Antuerpen | Vinculado ao ducado de Brabante. Perdido en favor das Provincias Unidas en 1585.[18] | |
Ducado de Luxemburgo | ||
Condado de Flandres | ||
Condado de Hainaut | ||
Condado de Namur | ||
Ducado de Güeldres | Territorio integrado nas Provincias Unidas en 1581, excepto unha parte, o Alto Güeldres, que pasou a Brandeburgo. | |
Condado de Zutphen | Vinculado ao ducado de Güeldres. Territorio integrado nas Provincias Unidas en 1581, e reintegrado en 1591. | |
Señorío de Overijssel | En latín Transisulania. Incluía Drente (mapa de 1658). Territorio integrado nas Provincias Unidas en 1591.[19] | |
Señorío de Groninga | Territorio integrado completamente nas Provincias Unidas en 1594.[20] | |
Condado de Holanda | Territorio integrado nas Provincias Unidas en 1581. | |
Condado de Zelandia | Vinculado ao condado de Holanda. Territorio integrado nas Provincias Unidas en 1581. | |
Señorío de Frisia | Territorio integrado en las Provincias Unidas en 1581. | |
Señorío de Utrech | Territorio integrado nas Provincias Unidas en 1581. | |
Prestixio do título de duque de Borgoña
Dado o prestixio do título de duque de Borgoña, e dado que os Habsburgo eran os sucesores dos duques borgoñóns, usaron o título de duque de Borgoña (mesmo despois de perdern o ducado). Este titulo englobaba os títulos de duque de Borgoña, de Brabante, Baixa Lorena, de Limburgo, de Luxemburgo e de Güeldres, Conde de Borgoña, de Flandres, de Artois, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen, Margrave do Sacro Imperio Romano, Señor de Frisia, de Salins, de Malinas e das cidades, vilas e terras de Utrech, Overijssel e Groninga.[10] Pero todos estes títulos non aparecían na intitulación dos reis en España,[21] onde só se reseñaban duque de Borgoña, de Brabante e conde de Flandres, e os demais títulos se supoñían implícitos nn etc ou nun &c ao final da intitulación.
Desmembramento do Estado borgoñón
- Véxase tamén: Guerra dos Oitenta Anos.
- Véxase tamén: Guerra dos Trinta Anos.
Reinados de Filipe V de Borgoña, Isabel e Filipe VI
As abdicacións do emperador Carlos V mostran a falta de cohesión interna dos territorios do cículo de Borgoña, que era tan só unha unión dinástica de herdanza remanente do Estado borgoñón.
O 25 de outubro de 1555 Carlos renunciou no seu fillo Filipe a xefatura da Orde do Vélaro de Ouro, o ducado de Borgoña e os territorios dos Países Baixos[22] e, case un ano despois, en 1556 confirmo a renuncia no parlamento de Dole (Franco Condado.[23][24]
Deste xeito, o rei de España Filipe II (Filipe V de Borgoña), ao iniciar o seu reinado, ostentaba, como duque titular de Borgoña, os títulos de duque de Borgoña, de Brabante, da Baixa Lorena, de Limburgo, de Luxemburgo e de Güeldres, conde palatino de Borgoña, conde de Flandres, de Artois, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen, margrave do Sacro Imperio Romano, Señor de Frisia, de Salins, e de Malinas, e das cidades, vilas e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga.
En 1568, comezou a rebelión nos Países Baixos, que daría lugar á guerra dos Oitenta Anos. O 5 de xaneiro de 1579, os súbditos católicos do soberano formaron a Unión de Arras, que incluía as provincias de Artois, Hainaut e parte de Flandres (Lille, Douai e Orchies). En resposta, os protestantes constituíron o 23 de xaneiro a Unión de Utrecht, que incluía as de Holanda, Zelandia, Utrech, Güeldres, Groninga e, posteriormente, cidades de Brabante e Flandres.[25]
O 26 de xullo de 1581, as provincias de Brabante, Güeldres, Zutphen, Holanda, Zelandia, Frisia, Malinas e Utrech,[26] anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co rei de España Filipe II pola Acta de abxuración, e elixiron como soberano a Francisco de Anjou.
Pero Filipe II non renunciou a estes territorios, e o gobernador dos Países Baixos, Alexandre Farnesio, iniciou a contraofensiva e recuperou a obediencia ao rei de España de gran parte do territorio,[27] especialmente tras o asedio de Antuerpen, pero parte deles volvéronse a perder tras a campaña de Mauricio de Nassau.
Antes da morte do rei Filipe II, o territorio dos Países Baixos, en teoría as dezasete provincias, e o resto dos territorios borgoñóns, non pasaron ao seu fillo Filipe (futuro Filipe III), senón conxuntamente á súa filla Isabel Clara Euxenia e ao seu xenro o arquiduque Alberte de Austria pola Acta de Cesión de 6 de maio de 1598.[28][29]
Os tratados de paz con Francia (1598) e con Inglaterra (1604) e o esgotamento pola guerra levaron ao establecemento da "tregua dos doce anos" (tamén coñecida como pax hispanica).
Na práctica, os territorios do norte formaban as Provincias Unidas: Holanda, Zelandia, Utrecht, Güeldres (con Zutphen), Overijssel (con Drente), Frisia e Groninga, ademais das terras da Xeneralidade (partes de Brabante, Flandres e Limburgo). Os territorios do sur permanecieron baixo a soberanía dos Habsburgo epañois: Flandres, Artois, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Brabante, Antuerpen, Malinas e Limburgo.
En 1621 morreu o arquiduque Alberto sen descendencia e, polo estipulado na Acta de Cesión de 1598,[30] a pretendida soberanía sobre as 17 provincias (de feito, só a parte sur) neerlandesas, e o resto dos territorios borgoñóns, pasararon ao rei de España e sobriño de Isabel Clara Euxenia, Filipe IV, o que coincidiu co final da tregua (debido ao acceso ao goberno do Conde-Duque de Olivares), e o comezo da guerra dos Trinta Anos.
Finalmente, tras unha guerra infrutuosa, o 30 de xaneiro de 1648, polo tratado de Münster,[31]España recoñeceu a total independencia da República das Provincias Unidas dos Países Baixos e o rei Filipe IV eliminou da súa intitulación conde de Holanda, de Zelandia e de Zutphen, Señor de Frisia e das cidades, vilas e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga.
Por outro lado, o tratado de Münster de 24 de outubro de 1648 estipulou que o círculo de Borgoña permañecería dentro do Sacro Imperio.[32]
Disolución do Estado borgoñón en tempois de Luís IV de Francia
A dislocación do que quedaba da herdanza do Estado borgoñón realizose durante o reinado de Luís XIV de Francia:
- Polo tratado dos Pireneos (1659), España cedeu a Francia o condado de Artois (salvo Aire e Saint-Omer) e varias partes de Flandes (Bourbourg, Gravelinas, Saint-Venant), de Luxemburgo (Damvillers, Montmédy, Thionville) e Hainaut (Avesnes-sur-Helpe, Landrecies, Le Quesnoy)
- Polo Tratado de Aquisgrán (1668), co que se puxo fin á guerra de Devolución, España, aínda que recuperou o Franco Condado (ocupado por Francia, tivo que ceder Lille, Tournai, Charleroi e outras prazas flamengas do chamado Flandres francés (ademias de renuncias a Portugal). España empezaba a súa decadencia como gran potencia, substituída por Francia.
- E polo Tratado de Nimega (19 de setembro de 1678), ademais de prazas nos Países Baixos (Cassel, Bailleul, Ypres, Wervick, Warneton, Cambrai, Bouchain, Condé-sur-l'Escaut, Bavay), España cedeu definitivamente o territorio do Franco Condado a Francia.[24]
Desta maneira rompíase o nexo que posibilitara un mínimo de cohesión entre os desvertebrados dominios territoriais do Estado borgoñón, producíndose o disloque definitivo do sistema de comunicacións entre os terrritorios do antigo ducado de Borgoña entre sí, e con respecto ás posesións españolas do norte de Italia (o chamado Camiño español).
Con isto rematou a desaparición da estrutura xeopolítica do Estado borgoñón que, iniciada en 1363 e vinculada aos Habsburgo en 1477, terminou por desaparecer ao interromperse os vínculos que lle daban o seu carácter territorial fronte a Francia e Alemaña (Sacro Imperio).
Outro evento que dá idea da desaparición do Estado borgoñón, é que dado que os dous territorios da Borgoña, o condado de Borgoña ou Franco Condado e o ducado de Borgoña, pertencían xa a Francia, o rei Luís XIV investiu ao seu neto Luís como duque de Borgoña, mentres que o rei Carlos II de España e os seus sucesores seguiron mantenndo os títulos borgoñóns de forma nominal (debido ao seu prestixio, como xa se dixo máis arriba).
Definitivo final do círculo de Borgoña
O círculo de Borgoña seguiu existindo de forma precaria, pero só nos Países Baixos (reducidos á zona sur), e flutuando as súas fronteiras con Francia.
Polo tratado de Baden (1714), que forma parte do corpus de tratados que puxeron fin á guerra de Sucesión española, os Países Baixos pasaron á soberanía de Austria (polo que por iso se denominaron desde aquela Países Baixos austríacos).
A final do círculo chegou o 1 de outubro de 1795, cando a Convención Nacional Francesa incorporou o seu territorio a Francia, sendo recoñecida esta anexión o 17 de outubro de 1797 no tratado de Campo Formio.
Lista dos duques de Borgoña, soberanos do Estado borgoñón
Imaxe | Escudo | Nome | Data de inicio | Data de fin |
---|---|---|---|---|
Duques de Borgoña | ||||
Filipe II | 6 de setembro de 1363 | 27 de abril de 1404 | ||
Xoán I | 27 de abril de 1404 | 10 de setembro de 1419 | ||
Filipe III | 10 de setembro de 1419 | 15 de xuño de 1467 | ||
Carlos I | 15 de xuño de 1467 | 5 de xaneiro de 1477 | ||
Duques titulares de Borgoña | ||||
María de Borgoña | 5 de xaneiro de 1477 | 27 de marzo de 1482 | ||
Filipe IV[33] | 27 de marzo de 1482 | 25 de setembro de 1506 | ||
Carlos II[34] | 25 de setembro de 1506 | 25 de outubro de 1555 | ||
Filipe V[35] | 25 de outubro de 1555 | 6 de maio de 1598 | ||
Isabel Clara Euxenia e Alberte de Austria | 6 de maio de 1598 | 13 de xullo de 1621 | ||
Filipe VII[36][37][38] | 13 de xullo de 1621 | 17 de setembro de 1665 | ||
Carlos III[39] | 17 de setembro de 1665 | 1 de novembro de 1700 |
Notas
↑ 1,01,1 Henri Pirenne, The formation and constitution of the Burgundian State (fifteenth and sixteenth centuries), en American historical review, t. XIV, n°3, 1909.
↑ "El toisón de oro en el siglo XXI, por Luis Sampedro Escolar. Numerario de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2009. Consultado o 07 de xullo de 2014.
↑ The most illustrious order of the Golden Fleece, por Guy Stair Sainty.
↑ 4,04,14,2 Titles of European hereditary rulers: Burgundy
↑ Charles the Bold Last Duke Of Burgundy, 1433-1477, Ruth Putnam (1908)
↑ Memorias de la Real Academia de la historia, Tomo VI (1821)
↑ Das kommt mir Spanisch vor, Klaus Herbers & Nikolas Jaspert (2004)
↑ 8,08,1 Historia de Francia, Guillaume de Bertier de Sauvigny (1977)
↑ Le récit au jour le jour sur la Bourgogne et la Franche-Comté, Gilles Maillet
↑ 10,010,1 Titles of European hereditary rulers:Luxembourg
↑ Holland under Habsburg Rule, 1506–1566, James D. Tracy.
↑ "Dissident Propaganda and Political Organization at the Outbreak of the Revolt of the Netherlands, Alastair Duke" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2008. Consultado o 07 de xullo de 2014.
↑ "Quid.fr: La région «Bourgogne»". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2007. Consultado o 09 de xullo de 2007.
↑ De namen van de Zeventien Provinciën
↑ De uitvinding van de Nederlander
↑
Ruzie met de Raad van State leidde tot de 80-jarige oorlog
↑ Geographia historica, en que se hace compendiosa memoria de los varones mas..., por Pedro Murillo Velarde.
↑ 18,018,1 Historia general de España, Modesto Lafuente (1862)
↑ "De munt van Overijssel". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2008. Consultado o 07 de xullo de 2014.
↑ "De munt van Groningen". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2008. Consultado o 07 de xullo de 2014.
↑ Titles of European hereditary rulers[Ligazón morta]
↑ Carlos V, Philippe Erlanger
↑ "Encyclopédie, ou Dictionnaire Raisonné des Sciences, des Arts et des Métiers, Universidad de Chicago". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018.
↑ 24,024,1 Histoire de la Franche-Comté du XVème au XVIIème, Gilles Maillet
↑ "Collectie Nationaal Archie". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 07 de xullo de 2014.
↑ Transcición da Acata de Abxuración e tradución parágrafo a parárgafo Arquivado 06 de abril de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
↑ WHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609 Mapas dos Países Baixos entre 1576-1598
↑ Historia general de España, Juan de Mariana (1820)
↑ Boletín de la Real Academia de la Historia, julio de 1906
↑ Boletín de la Real Academia de la Historia, julio de 1906
↑ Tractatus Pacis, Trigesimo Januarii, anno supra millesimum sexcentesimo quadragesimo octavo, Monasterii Westfalorum, inter Serenissimum & potentissimum Principem Philippum, Regem Hispaniarum etc. ab unâ; Et Celsos Potentesá Dominos Ordines Generales Foederatarum Belgii Provinciarum, ab altera parte [1] Arquivado 23 de marzo de 2008 en Wayback Machine.
↑ Die Westfälischen Friedensverträge vom 24. Oktober 1648. Texte und Übersetzungen (Acta Pacis Westphalicae. Supplementa electronica, 1)
↑ Filipe o Fermoso.
↑ Carlos I de España.
↑ Filipe II de España.
↑ Filipe IV de España.
↑ Na acta de cesión de 6 de maio de 1598, o rei Filipe II de España cedeu os territorios e títulos (entre eles o de duque de Borgoña) á súa filla e ao seu xenro, pero mantivo para si e os seus descendentes o título de duque de Borgoña como soberano da orde do Vélaro de Ouro, e por tanto Filipe III de España foi o duque Filipe VI de Borgoña.
↑ Mémoires historiques et politiques des Pays-Bas Autrichiens, por Patrice F. de Nény
↑ Carlos II de España.
Véxase tamén
Bibliografía
- Jean Richard (dir.) (1978): Histoire de la Bourgogne. Éditions Privat. ISBN 978-2-7089-1680-7.
- Bertrand Schnerb (2005): L'État bourguignon. Perrin. ISBN 978-2-262-02360-7.
Outros artigos
- Borgoña
- Condado de Borgoña
- Ducado de Borgoña
- Reino de Borgoña
- Estados Xerais dos Países Baixos
- Países Baixos borgoñóns
- Países Baixos españois
- Provincias Unidas
- Terras da Xeneralidade
Ligazóns externas
Frankish Kingdom of Burgundy The History Files (en inglés).
Franche-Comté Anne Radeff Dictionnaire historique de la Suisse en liña, versión do 8 de maio de 2007 (en francés).- The Catholic Encyclopedia:Burgundy
Categorías:
- 1363
- 1678
- Borgoña
- Historia de Francia
- Historia de España
- Sacro Imperio Romano
- Estados desaparecidos de Europa
- Historia dos Países Baixos
- Historia de Bélxica
- Historia de Luxemburgo
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.580","walltime":"0.771","ppvisitednodes":"value":2063,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":27651,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4362,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":27693,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 364.143 1 -total"," 44.54% 162.180 1 Modelo:Listaref"," 27.89% 101.542 7 Modelo:Cita_web"," 26.99% 98.291 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 8.58% 31.230 1 Modelo:País_desaparecido"," 3.57% 13.017 2 Modelo:VT"," 3.33% 12.143 2 Modelo:Webarchive"," 2.26% 8.217 1 Modelo:Ligazón_morta"," 1.72% 6.280 3 Modelo:Cita"," 1.52% 5.524 2 Modelo:Ligazóns_multiparámetros"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.136","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2973398,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1262","timestamp":"20190414190343","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":112,"wgHostname":"mw1240"););