Estrepsicerotinos Índice Taxonomía | Filoxenia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Review of Family-Group Names of Living Bovids"TragelaphusBovidaeBovinaeTaurotragusTribe Tragelaphini (Jerdon, 1874) Ellerman, Morrison-Scott & Hayman, 1953Tragelaphus"A multi-calibrated mitochondrial phylogeny of extant Bovidae (Artiodactyla, Ruminantia) and the importance of the fossil record to systematics""Utility of nuclear DNA intron markers at lower taxonomic levels: Phylogenetic resolution among nine Tragelaphus spp."10.1016/j.ympev.2005.01.018Olduvai Gorge 1957-1961
BóvidosAntílopes
tribomamíferosartiodáctilosruminantesfamiliabóvidossubfamiliabovinosespeciescontinente africanoboselafinosbovininosasiáticosantílopesdimorfismo sexualmachoscornosespiralfemiasespeciesxéneroselán comúngrande elánLeakeySimpson"Review of Family-Group Names of Living Bovids"bóvidosTragelaphusmonofiléticasMalcolm McKennaSusan K. Bellxénero tipolatín científicofiloxenéticasbovinosBoselaphininilgóBovinisaolabúfalosbisontesbois domésticosGrande elánElán comúnCudú maiorNiala das montañasBongoSitatungaAntílope xeroglíficoNialaCudú pequeno
Estrepsicerotinos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Estrepsicerotinos ou Traguelafinos Strepsicerotini vel Tragelaphini Rango fósil: mioceno medio – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Taurotragus oryx | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos estrepsicerotinos (Strepsicerotini), ou traguelafinos (Tragelaphini), é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que comprende especies que se encontran só no continente africano (a diferenza das dos boselafinos e dos bovininos, que son na súa maioría asiáticos).
Os membros deste grupo son antílopes de tamaño grande e constitución lixeira, co pescozo longo, e amosan un considerábel dimorfismo sexual (os machos exhiben grandes cornos enrolados en espiral e as femias carecen deles).
Sete das nove especies (reunidas en dous xéneros) que compende a tribo están lixeiramente ameazadas (as do xénero Tragelaphus), dependendo de medidas de conservación para a súa supervivencia, mentres que as outras dúas (as do xénero Taurotragus), o elán común e o grande elán ou antílope de Derby, son seguras.
Índice
1 Taxonomía
1.1 Controversia taxonómica
2 Filoxenia
2.1 Bovinos
2.2 Traguelafinos
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Bibilografía
4.2 Outros artigos
Taxonomía |
Familia Bovidae Gray, 1821 [2]- Subfamilia Bovinae Gray, 1821 [3]
- Tribo Strepsicerotini Simpson, 1945, ou Tragelaphini Ellerman et al., 1953.[4]
- Xénero Taurotragus Wagner, 1855 [5]
Taurotragus derbianus Gray, 1847 - elán de Derby
Taurotragus oryx Pallas, 1766 - elán común
- Xénero Tragelaphus de Blainville, 1816 [6]
Tragelaphus angasii Gray, 1849 - niala
Tragelaphus buxtoni (Lydekker, 1910) - niala de montaña
Tragelaphus eurycerus (Ogilby, 1837) - bongo
Tragelaphus imberbis (Blyth, 1869) - cudú pequeno
Tragelaphus scriptus (Pallas, 1766) - antílope xeroglífico
Tragelaphus spekii Sclater, 1863 - sitatunga
Tragelaphus strepsiceros (Pallas, 1766) - gran cudú
- Xénero Taurotragus Wagner, 1855 [5]
- Tribo Strepsicerotini Simpson, 1945, ou Tragelaphini Ellerman et al., 1953.[4]
- Subfamilia Bovinae Gray, 1821 [3]
Tragelaphus strepsiceros ♂
Tragelaphus strepsiceros ♀
Controversia taxonómica |
Como queda dito na nota 1, Leakey, seguindo ao seu colaborador Simpson, considera o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Frisch, 1774. Porén, o Taxonomicon admite o nome de Tragelaphini, e o seu xénero tipo, Tragelaphus.[7]
Peter Grubb, en "Review of Family-Group Names of Living Bovids", Journal of Mammalogy Vol. 82, No. 2 (May, 2001), pp. 374–388, revisa os autores e as datas de publicación dos grupos actualmente existentes dentro da familia dos bóvidos. Entre eles, Tragelaphini se debe atribuír a Blyth, 1863, non a Jerdon, 1874. E que Adenotinae (e Eleotraginae), Connochaetini, Nesotragini, Strepsicerotini, Sylvicaprinae e Tetracerini son sinónimos séniores (os primeiros, e que xeralmente deben ser conservados) de Reduncinae, Alcelaphini, Neotragini, Tragelaphini e Boselaphini, respectivamente. Neotragini e Reduncinae son nomena protecta (nomes que deben protexerse) e deben usarse preferentemente aos seus sinónimos séniores menos familiares. E que até que se confirme a súa validez, Boselaphini, Tragelaphini, Cephalophinae e Alcelaphinae tamén deben empregarse preferentemente aos seus sinónimos séniores. Polo tanto, este autor é partidario de usar Tragelaphini no canto de Strepsicerotini.
The Free Dictionary dá como sinónimo de Tragelaphus, a Strepsiceros (ver Tragelaphus no Free Dictionary). Porén, no moi autorizado libro de referencia Mammal Species of the World recóllese o xénero Tragelaphus, para o que non dá sinónimo ningún, strepsicerus recóllese como o nome específico dunha das especies do xénero (incidentalmente, cita a tribo dos Tragelaphini cando comenta que as liñaxes monofiléticas dentro da tribo non se propuxeron sobre a base da morfoloxía).[6]
Pola súa parte, Malcolm McKenna e Susan K. Bell, na páxina 447 da súa obra Classification of Mammals. Above the Species Level, consideran que o xénero Tragelaphsu inclúe a Strepsiceros.[8]
De calquera xeito, se a tribo está formada polos xéneros Taurotragus e Tragelaphus, como aquí se indica, o procedemento normal para construír os nomes das tribos é facelo sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Tragelaphus (ou, na outra opción, Strepsiceros), engadíndolle a desinencia do latín científico -ini.
Filoxenia |
Bovinos |
Relacións filoxenéticas dos bovinos, segundo F. Bibi, 2013.[9]
| ||||||||||||||||
Traguelafinos |
Relaciónes filoxenéticas dos traguelafinos tiradas de análises combinadas de todos os datos moleculares, segundo Willows-Munro et al., 2005.[10]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cudú pequeno | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas |
↑ Leakey, en 1967, considera, seguindo a Simpson, o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Simpson.
↑ Bovidae en MSW.
↑ Bovinae en MSW.
↑ Véxase, máis abaixo, "Controversia taxonómica".
↑ Taurotragus en MSW.
↑ 6,06,1 Tragelaphus en MSW.
↑ Tribe Tragelaphini (Jerdon, 1874) Ellerman, Morrison-Scott & Hayman, 1953 no Taxonomicon.
↑ Tragelaphus
↑ Bibi, Faysal (2013): "A multi-calibrated mitochondrial phylogeny of extant Bovidae (Artiodactyla, Ruminantia) and the importance of the fossil record to systematics". BMC Evolutionary Biology 13: 166.
↑ Willows-Munro, S.; Robinson, T.J.; Matthee, C.A. (2005). "Utility of nuclear DNA intron markers at lower taxonomic levels: Phylogenetic resolution among nine Tragelaphus spp.". Molecular Phylogenetics and Evolution 35 (3): 624–636. doi:10.1016/j.ympev.2005.01.018.
Véxase tamén |
Bibilografía |
- Kingdon, J. (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. 2nd Edition. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton Univeristy Press. ISBN 978-0-6911-6453-3.
Leakey, L. S. B. (1967): Olduvai Gorge 1957-1961. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-10517-0, p. 38.
McKenna, M. and Susan K. Bell (2000): Classification of Mammals. Above the Species Level. New York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1013-6.
Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos |
- Bovinos
- Antílopes
- Taurotragus
- Tragelaphus
Categorías:
- Bóvidos
- Antílopes
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.228","walltime":"0.303","ppvisitednodes":"value":1825,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":44070,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":30578,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":17,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":8396,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 230.858 1 -total"," 31.27% 72.178 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 30.68% 70.827 1 Modelo:Listaref"," 25.25% 58.293 1 Modelo:Cite_journal"," 25.20% 58.169 16 Modelo:Clade"," 19.84% 45.802 1 Modelo:Taxobox"," 15.02% 34.686 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 1.50% 3.462 1 Modelo:Taxobox/cor"," 0.83% 1.922 1 Modelo:Column-width"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.067","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2068777,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1332","timestamp":"20190409142703","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Estrepsicerotinos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Estrepsicerotinos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3658186","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3658186","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2014-10-12T05:50:58Z","dateModified":"2018-11-20T18:36:14Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ec/Taurotragus_oryx.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":120,"wgHostname":"mw1256"););