Skip to main content

Holoceno Índice Paleoxeografía | Clima | Paleobioloxía | Desenvolvemento humano | Breve historia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónGlobal Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of StratigraphyInternational Stratigraphic Chart, 2008Timing of the Last Glacial Maximum from observed sea-level minimaSea Level Rise, After the Ice Melted and TodayDetecting Holocene changes in thermohaline circulation"Long-term mean sea level accelerations""Observations: Oceanic Climate Change and Sea Level""Little Age of Ice"Arquivado"2.3.3 Was there a 'Little Ice Age' and a 'Medieval Warm Period'?"ArquivadoIUCN Red List of Threatened SpeciesThe Sixth ExtinctionThe 8.2ka eventHomo extintorCenozoic Era373762367905ID4160492-1holocene-epoch4629

Escala de tempo xeolóxico


gregoescala temporal xeolóxicaépoca xeolóxicaperíodo cuaternarioglaciación de WürmmarIndonesiaXapónTaiwánAsiaGran BretañaEuropa continentalNova GuineaTasmaniaAustraliaestreito de Beringperíodo cuaternarioera cenozoicaeónfanerozoicoplistoceno14Cisótoporadioactivocarbono1950especie humanaagriculturacivilizaciónecosistemasderiva continentalnivel do mardesxeoséculo XIXTOPEX/PoseidonfósilesVermontQuebecOntarioMichiganEscandinaviamar BálticoterremotosEuropabaía de HudsonAsiaÁfricaNeoglacialséculos IIVséculos XXIVPequena Idade de XeoRiss-Würmmamutsmastodontesdentes de sableNorteaméricacabaloscamelosmoasevento de extinción do Holocenoextinción masivaMoaNova ZelandiaDodoilla MauricioPomba viaxeiraEUAÍbex dos PireneosEspañaLista Vermella da IUCNUnión Internacional para a Conservación da NaturezamesolíticoplistocenolobocanneolíticoOriente Próximoilla de CretaDelta do NiloDanubiomar CaspioMacedoniamemegandaríaagriculturaecosistemasSumeriaOriente MedioAntigo ExiptoNilorío IndohinduísmocienciasMedio OrienteExiptoIndiaChinaGreciaRomaBizancioIdade MediaRenacementoItaliaséculo XIVReforma protestante1500revolución científicaindustrial1914191819391945guerras mundiaisPrimeira Guerra MundialSociedade de NaciónsSegunda Guerra MundialONU1992Unión Europeaglobalización












Holoceno




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 784 anos da historia do noso planeta,[1][2] desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm).


É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia. Ademais, produciu a formación do estreito de Bering.


Dentro do cadro da escala dos tempos xeolóxicos sitúase no período cuaternario da era cenozoica, do eón fanerozoico, sucedendo a época do plistoceno. O límite con esta época (o plistoceno) definiuse sobre a base da desintegración do 14C (un isótopo radioactivo do carbono) e coincide aproximadamente co final da última glaciación. Por convención, o límite púxose 10 000 anos antes do 1950 (a súa duración, expresada en millóns de anos, é de 0,01143 ± 0,00013 Ma.


A única especie humana que viviu nesta época foi o Homo sapiens, que durante estes últimos milenios desenvolveu a agricultura e a civilización, ocasionando importantes cambios nos ecosistemas.





Agricultura no Antigo Exipto, hai 3 200 anos.




Índice





  • 1 Paleoxeografía


  • 2 Clima


  • 3 Paleobioloxía


  • 4 Desenvolvemento humano


  • 5 Breve historia


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Paleoxeografía |


A deriva continental ao longo destes case 12 000 anos foi de menos de 1 km, o que é case irrelevante. Porén, o xeo fundiuse causando que o nivel do mar ascendese uns 35 m durante esta época e 120 m desde o último máximo glaciar, hai ao redor de 20 000 anos.[3] O aumento do nivel non se produciu de forma uniforme ao longo deste tempo, senón que houbo varios períodos de rápido desxeo, alternados por outros de desxeo progresivo. A maior parte do aumento do nivel do mar produciuse antes de 6 000 anos atrás.[4]




Aumento do nivel do mar desde o último máximo glaciar.


  • O primeiro período (denominado MWP-1A0) tivo lugar hai 19 000 anos, durante o comezo do episodio do plistoceno coñecido como Dryas Antigo. En menos de 500 anos, o nivel do mar subiu uns 10–15 m, a un ritmo de 50 m/ano.

  • O segundo período de desxeo (denominado MWP-1A) produciuse desde hai 14 600 a 13 500 anos durante a primeira parte do quentamento Bølling-Allerød. Durante 500 anos o nivel subiu 16–24 m a un ritmo de 40 m/ano.

  • O ritmo de desconxelación diminuíu entre 12 800 e 11 500 anos atrás durante o episodio frío coñecido como Dryas Recente. Este foi un evento de cambio climático abrupto que ocorreu hai 12 800 anos durante o que a Terra volveu case ás condicións glaciais, permanecendo neste estado durante 1 300 anos. Crese que puido deberse á parada da circulación termohalina producida pola descarga de auga doce no Atlántico norte debido ao desxeo.[5] Ao final deste período tivo lugar outro de desxeo (MWP-1B) entre 11 500 e 11 000 anos atrás. O nivel do mar subiu uns 25 m.

  • Un cuarto período (MWP-1C) produciuse entre 8 200 e 7 600 anos atrás. Puido ser o resultado da drenaxe dos lagos Agassiz e Ojibwa e produciu unha elevación pequena do nivel do mar, sobre 1 m. Hai uns 6 000 anos, os períodos de desxeo cesaron, sendo desde entón a elevación do nivel mar moito máis gradual.

Desde hai 3 000 anos até o comezo do século XIX, o nivel do mar tivo un aumento case constante de 0,1 a 0,2 m/ano.[6] Desde 1900, o nivel do mar aumentou de 1 a 2 m/ano; desde 1993, as medidas de altimetría por satélite TOPEX/Poseidon indican unha taxa de aumento de 3,1 ± 0,7 m/ano.[7]


Entre as terras que estaban conectadas cando o nivel do mar era máis baixo están:




Paleoxeografía no holoceno.




Profundidades no estreito de Bering. Á esquerda Asia e á dereita Norteamérica.



  • Siberia e Alasca. O estreito de Bering ten unha anchura de 85 km e unha profundidade de 30 a 50 m.

  • As Illas Británicas co continente. O canal da Mancha ten unha anchura mínima de 34 km e unha profundidade mínima de 26 m. O mar do Norte é un mar moi pouco profundo, pois ten unha profundidade mínima de 25 m e media de 95 m.


  • Indonesia e Indochina. Por exemplo, o estreito de Malaca entre Malasia e Sumatra ten unha anchura mínima de 2,8 km e unha profundidade mínima de 25 m. O Estreito de Sonda entre as illas de Xava e Sumatra ten unha anchura mínima de 24 km e unha profundidade mínima de tan só 20 m.


  • Xapón e Siberia. Por exemplo, o estreito de La Pérouse entre a illa de Hokkaido e a illa de Sakhalin ten unha anchura mínima de 43 km e unha profundidade de 20 a 40 m. O estreito de Tartaria entre a illa de Sakhalin e Siberia ten unha anchura de 7,3 km no seu punto máis angosto e unha profundidade de entre 51 e 118 m.


  • Australia con Nova Guinea e Tasmania. O estreito de Torres entre Australia e Nova Guinea mide aproximadamente 150 km de ancho e ten unha profundidade de 30–50 m ao leste e de 10–15 m ao oeste. O estreito de Bass entre Australia e Tasmania ten aproximadamente 240 km de ancho no seu punto máis estreito e unha profundidade próxima aos 50 m.

En moitas zonas por riba dos 40º de latitude N, o terreo fora deprimido polo peso dos glaciares, polo que ao producirse o desxeo do plistoceno tardío subiron até 180 m, elevación que continúa incrementándose na actualidade. A elevación do nivel do mar e a depresión temporal da Terra permitiu a incursión temporal do mar en zonas que agora están lonxe da costa. Do holoceno mariño coñécense fósiles de Vermont, Quebec, Ontario e Michigan. Os depósitos mariños en costas de latitudes máis baixas son raros porque o aumento do nivel do mar foi superior a calquera probábel elevación de orixe non glaciar. Na rexión de Escandinavia deu lugar á formación do mar Báltico. A rexión segue elevándose a unha taxa de 1 cm ao ano, causando débiles terremotos no norte de Europa estimándose que aínda subirá outros 100 m. O equivalente norteamericano é a baía de Hudson que, ao elevarse, reduciu a súa extensión desde o máximo da última fase posglaciar até os seus límites actuais.



Clima |




Variacións de temperatura durante o holoceno segundo a media de varias proxy climáticas.


O holoceno comezou despois de que finalizase o episodio de arrefriamento do Dryas Recente, a partir do cal as temperaturas se fixeron máis suaves. O Óptimo climático do holoceno foi un período cálido que se produciu durante o intervalo comprendido aproximadamente entre 9 000 e 5 000 anos atrás. O clima mundial era moi probabelmente entre 0,5 e 3 °C máis cálido do que é actualmente. Porén, o quecemento probabelmente non foi uniforme en todo o mundo. Este período terminou hai ao redor de 5 500 anos, cando as primeiras civilizacións humanas en Asia e África empezaron a florecer. A continuación, comezou o Neoglacial, no cal as temperaturas diminuíron progresivamente até a actualidade (en períodos cíclicos de quentamento/arrefriamento), con probábeis excepcións como o Óptimo climático romano (séculos I a IV) ou o Óptimo climático medieval (séculos X a XIV). O punto culminante do arrefriamento foi a Pequena Idade de Xeo, con tres máximos: sobre 1650, 1770 e 1850.[8][9]


O holoceno é un período interglaciar e non hai ningunha razón para crer que represente o fin dos ciclos de glaciacións. Porén, o actual quentamento global pode facer que a Terra se quente máis que no anterior período interglaciar, Riss-Würm, que chegou ao máximo hai aproximadamente 125 000 anos con temperaturas máis cálidas que na actualidade. Este fenómeno denomínase ás veces un súper-interglaciar. En comparación coas condicións glaciares no interglaciar as zonas habitábeis expandíronse cara ao norte, alcanzando o seu punto máis setentrional durante o Óptimo climático do holoceno. A maior humidade nas rexións polares causou a desaparición das praderías boreais.



Paleobioloxía |


A vida animal e vexetal non evolucionou moito durante o curto holoceno, pero se produciron importantes cambios na distribución dos seres vivos. Un gran número de animais, incluídos os mamuts, mastodontes, Smilodon e Homotherium, os chamados "dentes de sable", e os Megatherium (preguiceiros xigantes) desapareceron en Norteamérica. Neste continente tamén se extinguiron animais que sobreviviron noutras partes, incluíndo cabalos e camelos. Esta extinción da megafauna americana coincide coa chegada do ser humano hai 12 000 anos, ao igual que as extincións anteriores de grandes marsupiais en Australia hai 40 000 (como o Diprotodon) ou as posteriores de aves non voadoras en Nova Zelandia contra o ano 1300 d. C. (como os moas).


As extincións de plantas e animais continúan hoxe en día. A taxa de extinción acelerouse de maneira espectacular nos últimos 50 anos. En xeral, o evento de extinción do Holoceno caracterízase por deberse a factores relacionados coa presenza humana e por producirse nun tempo xeolóxico moi curto (decenas de miles de anos) en comparación coa maioría dos outros eventos de extinción. Ás veces denomínase a sexta extinción, pois anteriormente houbo cinco grandes episodios de extinción masiva.



Entre as especies notábeis extinguidas pola acción humana nos últimos mil anos cóntanse:



  • Europa: uro; tarpán (Equus ferus ferus, un cabalo salvaxe euroasiático); arao xigante (Pinguinus impennis); pica sarda (Prolagus sardus, un coello de Sardeña); íbex dos Pireneos (Capra pyrenaica pyrenaica, a cabra montesa española).


  • Asia: delfín de río chinés (Lipotes vexillifer); Hydrodamalis gigas.


  • África: Quagga (Equus quagga quagga, unha especie de cebra).


  • Norteamérica: Conuropsis carolinensis; pomba viaxeira (Ectopistes migratorius).


  • Sudamérica: coquí dourado (Eleutherodactylus jasperi, unha ra de Puerto Rico), Neomonachus tropicalis.


  • Australia: lobo de Tasmania (Thylacinus cynocephalus).


  • Nova Zelandia: moas (aves non voadoras de 3 m de altura e 250 kg de peso); aguia de Haast (Harpagornis moorei, (unha enorme aguia que pesaba entre 9 e 15 kg); Aptornis (xénero de gruiformes con dúas especies).


  • Illas do Pacífico: moa-nalo, Mekosuchinae (crocodilos do Pacífico); megápodo de Nova Caledonia.


  • Madagascar: Aepyornis (o paxaro elefante, de 3 m de altura e 450 kg de peso); ai-ai xigante (Daubentonia robusta); Archaeoindris (un lémure xigante de 200 kg), Palaeopropithecus; tartaruga xigante; hipopótamo pigmeo.


  • Illas do Índico: tigre balinés (Panthera tigris balica); dodo (ave da illa Mauricio); solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria, ave da illa de Rodrigues); solitario da Reunión (Threskiornis solitarius, ave da illa de Reunión).

A seguinte táboa recolle o número de especies extintas desde o ano 1500 e as que se encontran en perigo de extinción segundo a Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza).[10]

















































Taxon  
Extintas  
Existentes  
En perigo  
% En perigo  
Mamíferos705.4161.09420,2 %
Aves1359.9561.21712 %
Réptiles228.2404225 %
Anfibios346.1991.80829 %
Peixes8030.0001.2014 %
Moluscos28981.0009781,2 %
Artrópodos661 000 0001.0830,1 %
Plantas87297.3268.4473 %


Desenvolvemento humano |



Véxase tamén: Mesolítico e Neolítico.

Os cambios no ambiente provocaron unha serie de alteracións na economía dos cazadores-recolectores, que desembocarían no mesolítico, ao desaparecer a megafauna do plistoceno. Domesticouse o lobo, convertendo o can nun auxiliar fundamental para a caza menor. Adoptáronse tamén o arco e as frechas, e os arpóns, así como a machada, o coitelo e o lanzador de venabres.


Daquela os humanos vivían en pequenas tribos que se albergaban en cavernas ou pequenas choupanas de madeira ou de terra; normalmente existían edificios ou paraxes naturais con uso exclusivamente relixioso, nos cales sucedían danzas máxicas, enterramentos colectivos e dedicábaselle culto aos mortos. En pleno mesolítico desenvolvéranse instrumentos máis evolucionados, como aparellos de pesca, aixolas ou piraguas. Co paso ao neolítico, a poboación humana sufriu un poderoso cambio, desenvolvéndose lentamente unha alta variabilidade cultural. Parece ser que a cultura neolítica xurdiu en Oriente Próximo, e chegou á illa de Creta, ao Delta do Nilo, ao Danubio, ao mar Caspio e a Macedonia aproximadamente contra o 5000 a. C.



Breve historia |













Historia Universal
Prehistoria
Idade Antiga
Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media
Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV

Idade Moderna

século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea
século XIX
século XX
século XXI

Ao longo de máis do 90 % da súa historia, o Homo sapiens viviu en pequenos grupos nómades de cazadores-recolectores. Cando a súa linguaxe adquiriu máis complexidade, a capacidade de recordar e transmitir a información deu lugar a unha nova clase de replicador: o meme. As ideas podían intercambiarse rapidamente e pasaron de xeración en xeración. A evolución cultural superou rapidamente á evolución biolóxica.


Entre 8500 e 7000 a. C., os seres humanos do Oriente Medio fértil comezaron de maneira sistemática a cría de animais e o cultivo de plantas: gandaría e agricultura. Estas prácticas estendéronse ás rexións veciñas —aínda que tamén se desenvolveron independentemente noutros lugares—, até que a maioría dos Homo sapiens adoptaron a vida sedentaria en asentamentos permanentes, como agricultores.


Non todas as sociedades abandonaron o nomadismo, en especial as que estaban en zonas illadas do planeta pobres en especies de plantas cultivábeis, tales como Australia. Porén, entre estas civilizacións que adoptaron a agricultura, a seguridade e a produtividade crecente proporcionada cultivando permitiu que a poboación aumentase.


A agricultura tiña un impacto importante; os seres humanos comezaron a modificar os ecosistemas terrestres e mariños como nunca antes o fixeran. Os excedentes de alimentos e a crecente división do traballo permitiron que xurdisen as castas gobernantes e as sacerdotais. Isto conduciu ás primeiras grandes civilizacións, como a Sumeria en Oriente Medio, entre 4000 e 3000 a. C., a do Antigo Exipto no val do Nilo ou a do val do río Indo.


Contra 3000 a. C., o hinduísmo, unha das relixións máis antigas, que aínda se practica hoxe en día, comezou a tomar forma. Xurdiron máis relixións e varias foron perseguidas ou prohibidas, como a do Antigo Exipto.


A invención da escritura permitiu organizarse mellor a sociedades cada vez máis complexas: o mantemento de rexistros e os seus arquivos serviron como almacén de información incrementando a transmisión da súa cultura, coñecementos e o seu control. Os seres humanos xa non tiñan que utilizar todo o seu tempo en velar pola súa supervivencia, e a educación propiciou a busca do coñecemento e a sabedoría. Xurdiron diversas disciplinas, incluíndo as ciencias, aínda que en forma incipiente. Novas civilizacións apareceron, comerciando pacificamente entre elas ou participando en guerras pola conquista de territorios e recursos. Xurdiron os primeiros imperios no Medio Oriente, Exipto, a India e China. Posteriormente en Grecia, Roma e Bizancio.


En Europa, tras a escuridade da Idade Media, xurdiu o Renacemento en Italia (século XIV) achegando grandes avances á arte e á ciencia. Houbo importantes cambios relixiosos (Reforma protestante).


A comezos da década dos anos 1500, a civilización europea comezou a experimentar os cambios que conduciron á revolución científica e á industrial: os europeos comezaron a exercer unha dominación política e cultural sobre as sociedades humanas de todo o planeta.


De 1914 a 1918 e de 1939 a 1945 a maioría das nacións do mundo estiveron envoltas nas guerras mundiais. Creada despois da Primeira Guerra Mundial, a Sociedade de Nacións foi un primeiro paso cara a un goberno mundial; despois da Segunda Guerra Mundial foi substituída pola ONU. En 1992, varios países europeos asociáronse para formaren a Unión Europea.


Coa mellora do transporte e as telecomunicacións, a economía e os asuntos políticos das nacións de todo o mundo fixéronse cada vez máis interdependentes. Esta globalización produciu con frecuencia a discordia ou periódicas crises económicas multinacionais, aínda que tamén un maior intento de colaboración internacional.



Notas |




  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.


  2. International Stratigraphic Chart, 2008


  3. Yokoyama, Y. (2000): Timing of the Last Glacial Maximum from observed sea-level minima, Nature 406: 713-716.


  4. Gornitz, V. (2007): Sea Level Rise, After the Ice Melted and Today, NASA.


  5. Keigwin, L. D. e E. A. Boyle (2000): Detecting Holocene changes in thermohaline circulation, PNAS, vol. 97, nº 4, 1343-1346.


  6. Houghton, J. T. (ed.). "Long-term mean sea level accelerations". Climate Change 2001: The Scientific Basis (Informe). 


  7. Bindoff, N. L.; et al. "Observations: Oceanic Climate Change and Sea Level" (PDF). Climate Change 2007: The Physical Science Basis. Contribution of Working Group I to the Fourth Assessment Report of the Intergovernmental Panel on Climate Change. Cambridge University Press (Informe). 


  8. NASA Earth Observatory Glossary: "Little Age of Ice" Arquivado 28 de xuño de 2008 en Wayback Machine.


  9. Climate Change 2001: Working Group I: The Scientific Basis: "2.3.3 Was there a 'Little Ice Age' and a 'Medieval Warm Period'?" Arquivado 29 de maio de 2006 en Wayback Machine..


  10. IUCN Red List of Threatened Species, 2007.



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Mackay, A. W.; Battarbee, R. W.; Birks, H. J. B. et al., eds. (2003): Global change in the Holocene. London: Arnold. ISBN 0-340-76223-3.

  • Roberts, Neil (1998): The Holocene: an environmental history 2nd ed. Malden, MA: Blackwell. ISBN 0-631-18637-9.


Outros artigos |


  • Paleontoloxía

  • Xeoloxía

  • Xeoloxía histórica

  • Antropoceno


Ligazóns externas |



  • The Sixth Extinction (en inglés) consultada o 15/11/2012.


  • The 8.2ka event (en inglés) consultada o 15/11/2012.


  • Homo extintor Unha reflexión desde a sexta extinción masiva do holoceno (en castelán) consultada o 15/11/2012.


  • Cenozoic Era (en inglés) consultada o 15/11/2012.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Holoceno&oldid=5082321"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.464","walltime":"0.654","ppvisitednodes":"value":719,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":11169,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":443,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":9795,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 466.074 1 -total"," 55.69% 259.578 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 23.53% 109.677 1 Modelo:Listaref"," 16.62% 77.464 2 Modelo:Cita_informe"," 16.53% 77.050 1 Modelo:Commonscat"," 15.79% 73.608 1 Modelo:Irmáns"," 14.50% 67.591 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.76% 12.842 1 Modelo:VT"," 2.63% 12.273 2 Modelo:Webarchive"," 1.66% 7.721 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.222","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4016606,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1275","timestamp":"20190425034323","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":184,"wgHostname":"mw1254"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070