Skip to main content

Mamíferos Índice Características | Comportamento | Clasificación dos mamíferos | Evolución dos mamíferos | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación460198510.1007/s002650100383"Bird song, ecology and speciation"16929621202878710.1098/rstb.2001.1056"Creatures of Culture? Making the Case for Cultural Systems in Whales and Dolphins"10.1641/0006-3568(2002)052[0009:COCMTC]2.0.CO;2"Vocal learning by greater spear-nosed bats"1688873949340810.1098/rspb.1998.0286"Vervet Monkey Alarm Calls: Semantic communication in a Free-Ranging Primate"10.1016/S0003-3472(80)80097-2"Prairie dogs' language decoded by scientists""Elephants Call Long-Distance After-Hours"Mammal Species of the WorldCetartiodactylaCetartiodactyla"New Jurassic mammals from Patagonia, Argentina: A reappraisal of australosphenidan morphology and interrelationships"Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference3002657072921193240952220123ID83944051253-8mammalssh8508025900563410919400010716421MAMMC12613ID36651359401511310179913406741388871837ID

Mamíferos


claseamniotashomeotermiaréptilesavesósomaxilar inferiordentariocadea de ósos do oídodentespadal secundariopelaxeolfactoneocórtexleitefemiassistema circulatoriocorazónrorcuaiselefantesprimatescetáceosplacentariosplacentaterioloxíaTriásicoser humanoglándulas mamariasglándulasleitecraniomandíbulaósocolumna vertebralcadea de osiños do oídosonolfactocerebrodiafragma muscularcavidade torácicaabdominalpelospelepidermedermegraxacalorhomeotermospelosglándulas sebáceasglándulas sudoríparassuorunllascornospicoornitorrincoesqueletohioideoído mediobaculumósos cardíacosbocadentesbeizoslinguaglándulas salivaisfarinxeesófagoestómagoglándulas gástricasintestino delgadoduodenoxexunoíleocegoherbívorosgrosorectoanofígadovesícula biliarpáncreaspulmonarpulmónscavidade pleuralbronquiosbronquíolosalvéolos pulmonarescorazónaurículasventrículossanguevenosoarterialrede linfáticaencéfalocerebraiscerebelomemoriaintelixenciasexosvivíparamonotremasovíparaembrióncorionamnioalantoidesaco vitelinoúteroplacentacordón umbilicalxestaciónanimalleónscervosruxidosxibardoxibónsmorcegosmono verdepitóncans das pradeiraselefantesTerraperíodoTriásicoera TerciariaréptilesteriólogoscladoordesubordessuperordeCladogramasinápsidosCarboníferoTriásicoXurásicoplacentariosmarsupiaismonotremasmonotremaseutheriametatheriaextinción do Cretáceo-PaleocenoextinciónPaleoxenoNeoxenosinápsidossaurópidosCarboníferoPermianoTriásicoarcosauromamaliaformesendotérmicosterópodosrauisuchianosactuáticosvoadoresfósileslactancia










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Mamíferos




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Mammalia")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Mamíferos
Mammalia

Rango fósil: triásico final – actualidade

Exemplos de mamíferos de varias ordes.
Exemplos de mamíferos de varias ordes.

Clasificación científica



















Dominio:

Eukaryota


Reino:

Animalia

Subreino:

Eumetazoa

Superfilo:

Deuterostomia


Filo:

Chordata

Subfilo:

Vertebrata

Infrafilo:

Gnathostomata

Superclase:

Tetrapoda


Clase:

Mammalia
Linnaeus, 1758

Subclases


  • Allotheria


  • Prototheria
    • Australosphenida


  • Theria

    • Trituberculata

    • Marsupialia


    • Eutheria (= Placentalia)



Os mamíferos (Mammalia) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguénse doutros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o maxilar inferior (tamén chamado dentario), por presentaren tres ósos medios na cadea de ósos do oído, por teren os dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido, polo seu neocórtex e pola produción de leite das femias para alimentar as súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a temperatura corporal e o sistema circulatorio, incluído o corazón. Os mamíferos abranguen os animais máis grandes do planeta, as baleas rorcuais, así como os máis intelixentes ou con maior capacidade cognitiva; como son os elefantes, algúns primates e cetáceos. Anatomicamente, o corpo é de catro patas adaptadas aos medios terrestres, mais algúns mamíferos están adaptados á vida mariña, arbórea, no aire ou sobre dúas pernas. O grupo máis grande de mamíferos, os placentarios teñen placenta e alimentan as crias despois do remate do empreñe. O tamaño dos mamíferos vai de tan só 30 ou 40 milímetros a 33 metros de longo.


A ciencia que estuda os mamíferos denomínase terioloxía.


Os mamíferos apareceron a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5 400 especies, entre as que está o ser humano.




Índice





  • 1 Características

    • 1.1 Pel


    • 1.2 Aparello locomotor

      • 1.2.1 Sistema óseo



    • 1.3 Aparello dixestivo


    • 1.4 Aparello respiratorio


    • 1.5 Aparello circulatorio


    • 1.6 Sistema nervioso


    • 1.7 Reprodución



  • 2 Comportamento

    • 2.1 Comunicación e vocalización



  • 3 Clasificación dos mamíferos

    • 3.1 Taxonomía


    • 3.2 Ordes


    • 3.3 Filoxenia

      • 3.3.1 Relacións filoxenéticas


      • 3.3.2 Árbore filoxenética




  • 4 Evolución dos mamíferos


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Bibliografía


    • 6.2 Outros artigos





Características |


A principal característica, que alude ó nome da clase, é a presenza de glándulas mamarias nas femias de tódalas especies. Estas glándulas segregan leite para alimentar as crías durante os seus primeiros meses de vida.


Outros caracteres son a simplificación esquelética do cranio e da mandíbula inferior (un só óso, chamado dentario) con dentes moi especializados, a presenza dun padal secundario, a aparición dos cóndilos occipitais para a articulación do cranio coa columna vertebral, a cadea de osiños do oído, que permiten a transmisión do son, un olfacto moi desenvolvido, a maior complexidade do cerebro, a aparición dun diafragma muscular para separar a cavidade torácica da abdominal, e para rematar, o revestimento de pelos que presenta toda a superficie do corpo.



Pel |





Pel humana.


A pel, xeralmente espesa, esta formada por unha capa exterior ou epiderme, unha capa profunda ou derme e un estrato subcutáneo repleto de graxa que lle serve de protección contra as perdas de calor, xa que os mamíferos son animais homeotermos.


Os pelos orixínanse na epiderme e neles pódese distinguir unha parte saínte ou talo e outra parte oculta na pel ou raíz; esta raíz é máis grosa na súa parte inferior formando o bulbo pilífero. A raíz está protexida por unha especie de vaíña, de orixe epidérmica, que recibe o nome do folículo, e no que desembocan as glándulas sebáceas que lubrican o pelo. No folículo implántanse o músculo horripilador, que é o responsable do levantamento vertical do mesmo. Nos mamíferos de vida acuática e nos que viven en climas tropicais, os pelos adoitan reducirse en número e tamaño e, ás veces, desaparecen no estado adulto.


Na pel, ademais dos pelos, implántanse as glándulas mamarias e as glándulas sudoríparas, que segregan, a través de poros da epiderme, un líquido composto por substancias tóxicas para o organismo (suor).


Outras formacións cutáneas de natureza córnea que presentan os mamíferos son as unllas, cornos e o pico (no caso do ornitorrinco).



Aparello locomotor |


O aparello locomotor é o conxunto de sistemas e tecidos que posibilitan o mantemento do corpo do animal e o seu movemento. Está formado polo sistema óseo, o sistema muscular e o sistema articular.



Sistema óseo |




Comparativa entre o esqueleto dun león e un humano


O sistema óseo está formado polo esqueleto, no que se poden distinguir:


  • O esqueleto axial, do que forman parte:
    • A cabeza, co cranio e a mandíbula. No cranio e na mandíbula implántase unha dentición, permanente ao chegar ao estado adulto. A maioría dos mamíferos posúen dentes de catro tipos distintos: incisivos, que serven para cortar, caninos, que son máis puntiagudos e utilízanse para desgarrar, premolares, planos e destinados a esmagar os alimentos, e molares, de estrutura moi semellante aos anteriores, pero máis anchos.

    • No tronco sitúase a columna vertebral, composta de vértebras que levan distinto nome segundo a rexión onde se atopan: cervicais, torácicas, lumbares, sacras e caudais ou coccíxeas. Nalgunhas especies as vértebras da rexión caudal están moi reducidas. Nas vértebras torácicas articúlanse as costelas

    • A caixa torácica, situada tamén no tronco, formada polo esternón e as costelas.


  • O esqueleto apendicular, cuxos elementos son:
    • A cintura escapular, formada pola clavícula e os omóplatos ou escápulas.

    • A cintura pelviana co ilio, o isquion e o pube.

    • As extremidades, que son basicamente de tipo quiridio, pero adoitan sufrir modificacións acordes ao modo de desprazamento de cada especie. Así, nos mamíferos acuáticos transfórmanse en aletas para nadar e nos morcegos os dedos das extremidades anteriores alónganse moito e permanecen unidos por unha ancha membrana ou pataxio. Nos mamíferos terrestres tamén se producen lixeiras variacións, dependendo da parte da extremidade que se apoie ao andar: os que apoian todo o pé denomínanse plantígrados; os que apoian os dedos, dixitígrados, e os que unicamente tocan o chan coas últimas falanxes, ungulados. As extremidades clasifícanse en anteriores (úmero, cúbito, radio, carpos, metacarpos e falanxes), e posteriores (fémur, rótula, tibia, peroné, tarsos, metatarsos e falanxes).


Ademais existen outras formacións óseas como o óso hioide (sostén da lingua), os ósos do oído medio, o baculum de algúns carnívoros e mesmo os ósos cardíacos dalgúns bóvidos nos que osifica o cartílago cardíaco.



Aparello dixestivo |





Aparello dixestivo


Esta formado por unha boca, con dentes, beizos e lingua, na cal desembocan as glándulas salivais; unha farinxe curta; un esófago que atravesa o diafragma; un estómago en forma de saco e no que desembocan as glándulas gástricas; un intestino delgado moi longo, dividido en tres partes (duodeno, xexuno e íleo) e no que se produce parte da absorción da substancias alimenticias, e un intestino terminal, que comprende o cego (moi desenvolvido en herbívoros), o groso e o recto, que desemboca ao exterior polo ano.


Ademais existen unha serie de glándulas anexas, entre as que hai que destacar o fígado, moi voluminoso e provisto dunha vesícula biliar, e o páncreas, que verte a súa secreción no duodeno.



Aparello respiratorio |





Aparello respiratorio


A respiración é de tipo pulmonar e lévase a cabo por dous pulmóns, libres na cavidade pleural, e que se ramifican en bronquios, bronquíolos e alvéolos pulmonares.



Aparello circulatorio |





Aparello circulatorio, carótide


A circulación é dobre e completa. O corazón está dividido en dúas aurículas e dous ventrículos, levando a parte dereita sangue venoso e a esquerda arterial. Ademais, existe unha complicada rede de vasos venosos e arteriais que chegan a tódalas partes do organismo.


Ademais da circulación sanguínea, nos mamíferos existe unha abundante rede linfática.



Sistema nervioso |


O encéfalo acada un gran tamaño, estando particularmente desenvolvidos os hemisferios cerebrais. O cerebelo tamén aumenta de tamaño con respecto aos outros grupos de vertebrados.


A actividade psíquica é moito maior que no resto dos animais e nas formas máis evolucionada aprécianse trazos de memoria e, ás veces, de intelixencia.



Reprodución |


En tódolos mamíferos preséntanse os sexos separados e a reprodución é de tipo vivípara, agás no grupo dos monotremas, que é ovípara.


O desenvolvemento do embrión vai acompañado da formación dunha serie de anexos embrionarios, como son o corion, amnio, alantoide e o saco vitelino. As peluxes do corion, xunto co alantoide, únense á parede do útero e dan lugar á placenta. Esta permanece unida ao embrión polo cordón umbilical, e é a través del por onde pasan a substancias nutritivas da nai ao feto e as substancias de refugo do feto á nai.


O período de xestación e o número de crías por camada varían moito segundo os grupos. Normalmente, canto maior é o tamaño do animal, máis longo é o período de xestación e menor o número de crías. A maior parte dos mamíferos proporcionan aos seus fillos coidados paternais.



Comportamento |



Comunicación e vocalización |




O mono verde usa polo menos catro chamadas de alarma distintas para diferentes depredadores.





Candorca chamando e ocasionalmente emitindo algún son de ecolocación.


Moitos mamíferos comunícanse por vocalización. A comunicación vocal serve para moitos propósitos, por exemplo nos rituais de aparellamento, como sinal de alarma,[1] para indicar fontes de comida, e por razóns sociais. Os machos chaman frecuentemente para atraer ás femias e para advertir a outros machos, como fan os leóns e os cervos cos seus ruxidos.[2] Os cantos do xibardo deben de ser sinais ás femias;[3] tendo diferentes dialectos en distintas rexións do océano.[4] As vocalizacións sociais inclúen as chamadas territoriais dos xibóns, e o uso da frecuencia por parte dos morcegos de nariz laceolada para distinguirse doutros grupos.[5] O mono verde dá distintos tipos de alarma para, polo menos, catro tipos diferentes de depredadores, e a reacción doutros monos varía de acordo á chamada. Por exemplo, se o sinal de alarma e dunha pitón, os monos soben ás árbores, mentres que se a alarma é dunha aguia, fai que o mono busque un lugar no chan onde agocharse.[6] Dun xeito similar, os cans das pradeiras teñen un complexo sistema de chamadas que indican o tipo, o tamaño e a velocidade de aproximación dun depredador.[7] Os elefantes comunícanse socialmente mediante unha ampla variedade de sons que inclúen resopridos, berros, sons de trompa, ruxidos e murmurios. Algúns destes últimos son chamadas infrasónicas, por debaixo do rango audible dos humanos, e poden ser oídas por outros elefantes a máis de 10 km nas horas próximas ao amencer e ó solpor.[8]



Clasificación dos mamíferos |


Os primeiros mamíferos apareceron na Terra a finais do período Triásico, hai uns 210 millóns de anos, e desenvolvéronse durante a era Terciaria. Nos máis primitivos aínda se atopan afinidades cos réptiles.



Taxonomía |


Os mamíferos viventes na actualidade pódense agrupar en dúas subclases principais:


  • Subclase Prototheria: con reprodución ovípara e as glándulas mamarias aínda non desenvolvidas por completo; 4 especies en 3 xéneros, 2 familias e 1 orde, a dos Monotremata.

  • Subclase Theria: os mamíferos non ovíparos; subdivídense en dúas infraclases:
    • Infraclase Metatheria (ou Marsupialia): reprodución vivípara, pero sen placenta ou con ela moi reducida; 270 especies, 77 xéneros, 16 familias, 1 orde.

    • Infraclase Eutheria (ou Placentalia): xa con produción vivípara placentaria e coas glándulas mamarias plenamente desenvolvidas; 4.000 especies, 970 xéneros, 112 familias, 18 ordes.



Ordes |


Segundo a obra máis aceptada actualmente polos teriólogos, o Mammal Species of the World, a clase comprende as seguintes ordes:[9]


Clase Mammalia

  • Subclase Prototheria
    • Orde Monotremata


  • Subclase Theria
    • Infraclase Marsupialia
      • Magnorde Ameridelphia
        • Orde Didelphimorphia

        • Orde Paucituberculata


      • Magnorde Australidelphia
        • Orde Microbiotheria

        • Orde Notoryctemorphia

        • Orde Dasyuromorphia

        • Orde Peramelemorphia

        • Orde Diprotodontia



    • Infraclase Placentalia
      • Superorde Afrotheria
        • Orde Tubulidentata

        • Orde Sirenia

        • Orde Afrosoricida

        • Orde Macroscelidea

        • Orde Hyracoidea

        • Orde Proboscidea


      • Superorde Xenarthra
        • Orde Cingulata

        • Orde Pilosa


      • Superorde Euarchontoglires
        • Orde Scandentia

        • Orde Dermoptera

        • Orde Primates

        • Orde Rodentia

        • Orde Lagomorpha


      • Superorde Laurasiatheria
        • Orde Erinaceomorpha

        • Orde Soricomorpha

        • Orde Chiroptera

        • Orde Pholidota

        • Orde Carnivora

        • Orde Perissodactyla

        • Orde Artiodactyla

        • Orde Cetacea




Modernos investigadores, como Montgelard, Catzeflis e Douzery, en 1997, reunen nun clado, o dos Cetartiodactyla, as clásicas ordes dos Cetacea e os Artiodactyla.[10]


O World Register of Marine Species dalle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como subordes.[10]


Pola súa parte, a Animal Diversity Web outorga a este grupo a categoría de superorde, incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.[11]



Filoxenia |



Relacións filoxenéticas |


 ,_______ Morganucodonta +
|
__| ,___ Prototheria _____ Monotremata
| |
|___|___ Multituberculata +
|
| ,__ Metatheria
|___ Theria___|
|__ Eutheria


Árbore filoxenética |


Cladograma,[12]
con mamíferos, grupo Mammalia, como principal.





Mammaliaformes






Morganucodontidae











Docodonta











Haldanodon



Mammalia






Australosphenida (inclúe Monotremata)











Fruitafossor





















Haramiyavia





Multituberculata






Tinodon





Eutriconodonta (inclúe Gobiconodonta)





Trechnotheria (inclúe Theria)










Evolución dos mamíferos |



Artigo principal: Evolución dos mamíferos.



Restauración dun Procynosuchus, un membro do grupo dos cinodontos, e que inclúe aos antecesores dos mamíferos


A evolución dos mamíferos pasou por moitos puntos dende a aparición dos seus devanceiros sinápsidos no período de finais do Carbonífero. A metade do Triásico aparecen moitas especiesde sinápsidos que semellan mamíferos. A liña que dá lugar aos mamíferos de hoxe en día escíndese no Xurásico; unha liña que inclúe a Dryolestes, que é máis próximo as actuais placentarios e marsupiais ca aos monotremas, así como a Ambondro, máis achegado aos monotremas[13]. A continuación as liñas de eutheria e metatheria sepáranse. Destas, os metaterios serán os animais máis achegados aos actuais marsupiais mentres que os eutheria son os máis achegados aos placentarios. Xa que Juramaia, o eutherio máis recente coñecido, viviu hai 160 millóns de anos no Xurásico, esta diverxencia debeu ter ocorrido nese período.


O evento de extinción do Cretáceo-Paleoceno provocou a extinción de todos os dinosauros non aviarios (os paxaros son unha liña que xorde dos dinosauros e a única hoxe en día viva) e é nese momento cando grupos de mamíferos, placentarios e marsupiais diversificáronse ocupando novos nichos ecolóxicos durante o Paleoxeno e o Neoxeno. Ao final deste período están xa presentes todas as ordes de mamíferos modernos.


Os mamíferos son os únicos sinápsidos que actualmente persisten[14] A liña de sinápsidos diverxeu da liña dos saurópidos no final do Carbonífero, hai entre 320 e 31 millóns de anos atrás[15]. Os sauropidos son hoxe os réptiles e aves xunto con outros animais extintos máis achegado aos mamíferos[15]. Isto non inclúe aos mamíferos semellantes a réptiles, un grupo máis achegado aos mamíferos.


Ao longo do Permiano, os sinápsidos eran principalmente carnívoros mais con un varios herbívoros relevantes. No período do Triásico un grupo anterioremente non dos principais, os arcosauro, convertéronse nos vertebrados dominantes. Os mamaliaformes apareceron durante este período; cun olfacto moi sensible e cun cerebro máis desenvolto, introducíronse en nichos nocturos e grazas a isto expuxéronse menos a predación de arcosauros. O estilo de vida nocturno puido ter contribuído a trazos característicos principais dos mamíferos como seren endotérmicos e ter pelo. Mais adiante no Mesozoico, despois de que os dinosauros terópodos desprazaran aos rauisuchianos como os carnívors dominantes, os mamíferos conquistaron novos nichos. Como caso disto, algúns fixéronse actuáticos, algúns voadores e incluso outros chegaron a se alimentar de dinosauros xuvenís.


A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de fósiles. Aínda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da lactancia. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.



Notas |




  1. Zuberbühler, Klause (2001). "Predator-specific alarm calls in Campbell's monkeys, Cercopithecus campbelli". Behavioral Ecology and Sociobiology (en inglés) 50 (5): 414–442. JSTOR 4601985. doi:10.1007/s002650100383. 


  2. Slabbekoorn, Hans; Smith, Thomas B. (2002). "Bird song, ecology and speciation". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences (en inglés) 357 (1420): 493–503. PMC 1692962. PMID 12028787. doi:10.1098/rstb.2001.1056. 


  3. Bannister, John L. (2008). "Baleen Whales (Mysticetes)". En F. Perrin, William; Würsig, Bernd; Thewissen, J. G. M. Encyclopedia of Marine Mammals (en inglés) (2 ed.). Academic Press. pp. 80–89. ISBN 978-0-12-373553-9. 


  4. Norris, Scott (2002). "Creatures of Culture? Making the Case for Cultural Systems in Whales and Dolphins" (PDF). BioScience (en inglés) 52 (1): 9–14. doi:10.1641/0006-3568(2002)052[0009:COCMTC]2.0.CO;2. 


  5. Boughman, Janette W. (1998). "Vocal learning by greater spear-nosed bats". Proceedings: Biological Sciences (en inglés) 265 (1392): 227–233. PMC 1688873. PMID 9493408. doi:10.1098/rspb.1998.0286. 


  6. Seyfarth, R. M.; Cheney, D. L.; Marler, Peter (1980). "Vervet Monkey Alarm Calls: Semantic communication in a Free-Ranging Primate". Animal Behaviour (en inglés) 28 (4): 1070–1094. doi:10.1016/S0003-3472(80)80097-2. 


  7. CBC News, ed. (21 de xuño de 2013). "Prairie dogs' language decoded by scientists" (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2015. 


  8. Mayell, Hillary (3 de marzo de 2004). National Geographic, ed. "Elephants Call Long-Distance After-Hours" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2016. 


  9. Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World.


  10. 10,010,1 Cetartiodactyla no WoRMS.


  11. Cetartiodactyla en ADW.


  12. [1] Meng ,Wang e Li. Transitional mammalian middle ear from a new Cretaceous Jehol eutriconodont. Nature. Vol 472, 7342. páx 181–185. 2011.


  13. Rougier, Guillermo W; Martinelli, Agustín G; Forasiepi, Analía M.; Novacek, Michael J. (2007). "New Jurassic mammals from Patagonia, Argentina: A reappraisal of australosphenidan morphology and interrelationships". American Museum Novitates (3566): 1–54. 


  14. [2] Ben Waggoner-. Introduction to the Synapsida. University of California Museum of Paleontology. 1997.


  15. 15,015,1 [3] Amniota - Palaeos. White, A. T. 2005 (en inglés)



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Yosy Cartelle e Juan Ignacio Díaz d'a Silva (2007). Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. 

  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.


Outros artigos |


  • Lista dos mamíferos de Galicia

  • Terioloxía

  • Mamíferos mariños




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mamíferos&oldid=5030976"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.708","walltime":"1.187","ppvisitednodes":"value":2560,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":71560,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":28077,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":16,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":25,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":16653,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":26,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1034.401 1 -total"," 63.21% 653.850 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.96% 144.397 1 Modelo:Listaref"," 11.59% 119.871 1 Modelo:Commonscat"," 11.21% 116.006 1 Modelo:Irmáns"," 10.94% 113.115 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.74% 90.366 6 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 3.95% 40.824 1 Modelo:Taxobox"," 2.51% 26.014 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 1.85% 19.179 8 Modelo:Clade"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.413","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6634811,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1275","timestamp":"20190417081753","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mamu00edferos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Mam%C3%ADferos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7377","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7377","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-06-08T18:27:13Z","dateModified":"2019-01-08T17:30:44Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a2/Mammal_Diversity_2011.png","headline":"clase de amniotas que se caracterizan pola su00faa homeotermia"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":193,"wgHostname":"mw1273"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070