Skip to main content

Pecoros Índice Características diferenciais | Apéndices craniais | Clasificación | Historia evolutiva | Notas | Menú de navegaciónResumoResumoResumo10552935500

Ruminantes


infraordemamíferosartiodáctilosruminantesxénerosartiodáctilosestómagotaxonirmánastrágalotrapeciocranioóso temporalqueratinabóvidosperiósteocérvidoscervoalcexiráfidoscladosxirafaocapicirtuxiánanatomista comparativobritánicomamíferosWilliam Henry Flowerlatinafósilesruminanteseocenoartiodáctilosmioceno












Pecoros




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Pecora")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Pecoros
Rango fósil: 20 MA - 0
mioceno temperán - actualidade


Vaca rubia galega
Vaca rubia galega

Clasificación científica
















Reino:

Animalia


Filo:

Chordata

Subfilo:

Vertebrata


Clase:

Mammalia


Orde:

Artiodactyla

Suborde:

Ruminantia

Infraorde:

Pecora
Flower, 1883

Familias

Véxase o texto

A dos pecoros (Pecora) é unha infraorde de mamíferos artiodáctilos que comprende a maioría dos ruminantes. A maioría dos membros da infraorde teñen apéndices craniais proxectados desde o óso frontal; só dous xéneros existentes na actualidade carecen deles, Hydropotes e Moschus.[1]


Aínda que a maioría dos pecoros teñen apéndices craniais, só algúns destes apéndices son cualificados como "cornos", e moitos científicos coinciden en que os apéndices non xurdiron dun antepasado común, senón que evolucionaron independentemente.[1][2][3][4]




Índice





  • 1 Características diferenciais


  • 2 Apéndices craniais

    • 2.1 Cornos


    • 2.2 Hastas


    • 2.3 Osiconos


    • 2.4 Estoxos córneos caducos



  • 3 Clasificación

    • 3.1 Familias



  • 4 Historia evolutiva


  • 5 Notas




Características diferenciais |




Dedos dunha xirafa.




Cornos "verdadeiros" dun búfalo africano (Syncerus caffer).




Cornos caducos dun cervo.




Osiconos dunha xirafa.




Cornos do antílope americano (Antilocapra americana).


Os Pecora comparten características con outros artiodáctilos, incluíndo un estómago de catro cavidades e uns pés paraxónicos, é dicir, que os eixes de simetría en cada extremidade pasan entre os dedos III e IV, o que significa que soportam o peso do corpo nestes dedo. Janis e Scott (1987) recoñecen varios caracteres que distinguen aos Pecora dos membros do seu taxon irmán, o dos Tragulina: un astrágalo con caras paralelas, perda do trapecio e diferenzas en diversas partes do cranio, como na rexión petrosa do óso temporal.[3]



Apéndices craniais |


As características distintivas da maioría das familias dos pecoros son os apéndices craniais. Os pecoros modernos (coa excepción dos Moschidae) teñen un dos catro tipos de apéndices craniais seguites: cornos, cornos con hastas, osiconos e estoxos córneos caducos.[5]



Cornos |


Os cornos "verdadeiros" teñen un núcleo de óso cuberto por unha envoltura permanente de queratina. Son rípicos dos bóvidos. Os cornos desenvólvense sobre o periósteo do óso frontal, e poden seren rectos ou curvos. As diferentes características da perficie da vaíña de queratina (por exemplo, as cristas ou os xiros) crese que son causadas por diferentes taxas de crecemento ao redor do núcleo do óso.[3]



Hastas |


As hastas son estruturas óseas que caen e son substituídas cada ano nos membros da familia dos cérvidos. Medran cun crecemento permanente nunha estrutura do oso frontal denominada pedículo.[3] Estas cornamentas poden ser ramificadas, como no cervo (Cervus elaphus) ou palmadas, como no alce (Alces alces).



Osiconos |


Os osiconos son protuberancias permanentes de estrutura ósea que derivan de cartilaxea osificados que proceden do óso frontal ou dos parietais (fusionados) durante a vida do animal, e que están recubertos de pel e pelo. Preséntanos só os xiráfidos e algúns clados relacionados extintos, representados nos animais modernos só pola xirafa (Giraffa camelopardalis) e os machos do ocapi (Okapia johnstoni).[3]



Estoxos córneos caducos |


Esre tipo de cornos son similares aos cornos "verdadeiros", con vaíñs de queratina que cobren os nícleos óseos permanentes; porén, estas fundas son caducas, e caen como as cornamentas dos cervos. Coñécese moi pouco sobre o desenvolvemento destas estruturas, pero xeralmente suponse que evolucionaron independentemente. O único animal que os presenta é o antílope americano (Antilocapra americana).[3]



Clasificación |


A infraorde foi definida polo cirtuxián e anatomista comparativo británico, especializado en mamíferos, William Henry Flower (1831-1899).[6]


O nome Pecora provén da palabra latina pecus, -oris que significa "gando".[2]



Familias |


Usualmente para determinar as relacións entre as familias dos pecoros (así como de todos os artiodáctilos) baséanse en estudos moleculares, xa que hai pouco consenso en estudos morfolóxicos.[1]


As seguintes familias son recoñecidas como válidas por diferentes grupos de científicos.[5]



  • Orde Artiodactyla
    • Suborde Suina (porcos e pecarís)

    • Suborde Tylopoda (camélidos)

    • Suborde Cetruminantia (hipopotámidos e cetáceos)[7]

      • Infraorde Pecora
        • Familia Cervidae (cervos)

        • Familia Giraffidae (xirafa e ocapi)

        • Familia Antilocapridae (antílope americano)

        • Familia Moschidae (cervos almiscreiros)

        • Familia Bovidae (touros, cabras, ovellas e antílopes)

        • Familia †Gelocidae

        • Familia †Palaeomerycidae

        • Familia †Hoplitomerycidae

        • Familia †Climacoceratidae

        • Familia †Leptomerycidae



Historia evolutiva |


Os primeiros fósiles de ruminantes apareceron no eoceno medio. Estes animais eran pequenos, probabelmente omnívoros e que vivían nos bosques.[5]


Os artiodáctilos con apéndices carniais máis antigos datan do mioceno temperán.[5]


A aparición dos pecoros durante o mioceno suxire que sufriron unha rápida diversificación talvez debida aos cambios climáticos da época.[5][8]



Notas |




  1. 1,01,11,2 Hassanin, A. & E. Douzery. Molecular (2003): Molecular and Morphological Phylogenies of Ruminantia and the Alternative Position of the Moschidae. Systematic Biology. 52: 206-228. Resumo


  2. 2,02,1 Bubenik, A. (1990): Epigenetical, Morphological, Physiological, and Behavioral Aspects of Evolution of Horns, Pronghorns, and Antlers. En: Horns, Pronghorns, and Antlers. G. Bubenik and A. Bubenik eds. Springer-Verlag. New York.


  3. 3,03,13,23,33,43,5 Janis, C. & K. Scott (1987): The Interrelationships of Higher Ruminant Families with Special Emphasis on the Members of the Cervoidea. American Museum Novitates. 2893: 1-85. [1]


  4. Hassanin, A.; F. Delsuc; A. Ropiquet; C. Hammer; B. Jansen van Vuuren; C. Matthee; M. Ruiz-Garcia; F. Catzeflis; V. Areskoug; T. T. Nguyen & A. Couloux (2012): Pattern and Timing of Diversification of Cetartiodactyla (Mammalia, Laurasiatheria), as Revealed by a Comprehensive Analysis of Mitochondrial Genomes. Comptes Rendus Biologies. 335: 32-50. [2]


  5. 5,05,15,25,35,4 DeMiguel, D., B. Azanza & J. Morales (2014): Key Innovations in Ruminant Evolution: A Paleontological Perspective. Integrative Zoology 9 (4): 412–433. Resumo


  6. Flower, W. (1883): On the Arrangement of the Orders and Families of Existing Mammalia. Proceedings of the Zoological Society of London. 178 -186.


  7. Ursing, B., K. Slack & U. Arnason (2000): "Subordinal artiodactyl relationships in the light of phylogenetic analysis of 12 mitochondrial protein-coding genes". Zoologica Scripta 29: 83-88. Resumo


  8. Morales, J.; M. Pickford & D. Soria (1993): Pachyostosis in a Lower Miocene Giraffoid from Spain, Lorancameryx pachyostoticus Nov. Gen. Nov. Sp. and Its Bearing on the Evolution of Bony Appendages in Artiodactyls. Geobios. 26: 207-230. [3].







Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pecoros&oldid=4132137"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.312","walltime":"0.394","ppvisitednodes":"value":1227,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":8653,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1191,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":7833,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 298.451 1 -total"," 53.05% 158.343 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.91% 53.453 1 Modelo:Commonscat"," 16.77% 50.043 1 Modelo:Irmáns"," 15.24% 45.469 1 Modelo:Caixa_lateral"," 12.68% 37.841 1 Modelo:Taxobox"," 6.05% 18.068 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 5.29% 15.774 1 Modelo:Listaref"," 2.80% 8.370 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 1.01% 3.017 1 Modelo:Taxobox/cor"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.115","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1492031,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1271","timestamp":"20190414235741","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1252"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070