Skip to main content

Carballo Índice Xeografía | Historia | Cultura | Economía | Deporte | Política e administración | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°12′46″N 08°41′22″O / 43.21278, -8.68944carballo.galekyero.comINE ArquivoINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"A inmigración en Carballo baixou case un 10% en cinco anosLa cifra de moinantes afectados por la exclusión social supera el millar en Carballo"Un estudio denuncia la segregación social de los moinantes en Carballo. La Voz de Galicia"o orixinalSocial and Spatial Segregation of The Moinantes in Carballo (A Coruña) Julia Regueiro & Ricardo García-Mira Universidade da Coruña ISSN 1576-6462A poboación estranxeira na comarca cae por segundo anoA poboación estranxeira creceu un 57% en Carballo en catro anosGuía práctica para visitar Derrubando muros con pintura"Carballo está de estrea nos seus murais contra o feísmo urbano"o orixinalRexenera Fest 2016"NACE O CARBALLO INTERPLAY (CIP)""Carballo Interplay: los nuevos caminos de los contenidos digitales pasan por la Costa da Morte""Elecciones municipales 2015. Carballo""NOMENCLÁTOR DE PARTIDOS JUDICIALES Sedes y Municipios integrantes"ArquivadoSITUACIÓN DE LA DEMARCACIÓN Y LA PLANTA JUDICIAL a 1 de enero de 2019Partido Judicial de CarballoPáxina web de CarballoeeWorldCat145438362ID6357289n82075946ID347283

AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas


Carballo


provincia da Coruñacomarca de BergantiñosIGE2015IGEcarballésParroquias de Carballo2 A Coruña.svgprovincia da CoruñaVal do DubraCoristancoPontecesoMalpica de Bergantiñosocéano AtlánticoLarachaCercedaArteixorío Anllónsrío TaboadaEntrecrucesCosta da Morte2014BértoaCarballoAldemunde20052012moinantes200720082007BergantiñosTerra de SoneiraFisterraCercedauruguaia2005romanesesbrasileirossenegalesesbritánicosdominicanosperuanospaleolíticosRazoMuseo Arqueolóxico da Coruñamegalíticadolmen de Pedra MouraAldemundecastrexaconstruciónsromanosmineraisponte Lubiánscalzada romanaBrigantiummedievalséculo XVIIIséculo XVIIISísamoséculo XII16631607Soandres1418Ardaña171618361920Julio Galán19741924século XXvolframioRebordelosEspazo Natural de Razo-BaldaiolimícolasmazaricosagullasbiluricospíllaraspilrosRazoEntrecrucesférveda de EntrecrucesSan Paiorío Outóninvernoprimavera1915ameneirossalgueirosfreixosestriposabeleirasloureirosRusEntrecrucesrío AnllónsLesteOestetroitassalmónsreosChedaBértoaTarambolloSofánPazo da CulturaoutubroFestival Internacional Outono de Teatroespañolas19922010Pazo da CulturaOrquestra de Cámara da Sinfónica de GaliciaReal Filharmonía de GaliciaOrquestra de Cámara Galeganovembromúsica académicajazzmúsica tradicional galegapopBanda Municipal de Carballo1984Big Band do Conservatorio de Carballo1993Abrildanza contemporáneaEstado español2014Carballo InterplaySonia Méndezcomarca de Bergantiñosséculo XXvolframioMonte NemeCalvopolígono industrial de BértoaCosta da MorteCoruñaCompostelaFisterratrolebusesEuropaTrolebuses Coruña-CarballoBergantiños FC1923AD XiriabalonmánbaloncestoEscola Lubiánshóckey a patínsAD Fogar da XuventudenataciónSYSCASERCAfútbolfútbol salaEstadio das EiroascircuítoBNGEvencio Ferrero RodríguezPPdeGpartido xudicialPartido Xudicial de CarballoCabana de BergantiñosCoristancoLarachaLaxeMalpica de BergantiñosPontecesocomarca de Bergantiños2018Aldemunde (Santa María Madanela)Ardaña (Santa María)Artes (San Xurxo)Berdillo (San Lourenzo)Bértoa (Santa María)Cances (San Martiño)Carballo (San Xoán)Entrecruces (San Xens)Goiáns (Santo Estevo)Lema (San Cristovo)Noicela (Santa María)Oza (San Breixo)Razo (San Martiño)Rebordelos (San Salvador)Rus (Santa María)Sísamo (Santiago)Sofán (San Salvador)Vilela (San Miguel)












Carballo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 43°12′46″N 08°41′22″O / 43.21278, -8.68944
























Carballo

Bandeira de Carballo---Escudo de Carballo

Razo, Carballo 2.jpg
Lugar de Razo.

Situacion Carballo.PNG
Situación

Xentilicio[1]
carballés/carballesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación31.261 hab. (2018)
Área186,8 km²
Densidade167,35 hab./km²
Entidades de poboación314 (18 parroquias)
Capital do concelloCarballo
Política (2015)
Alcalde
Evencio Ferrero Rodríguez (BNG)
Concelleiros
BNG: 11
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Outros: TEGA 3
Eleccións municipais en Carballo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes74,57%
Na rede
carballo.gal

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés[3].




Índice





  • 1 Xeografía

    • 1.1 Situación


    • 1.2 Orografía e hidrografía


    • 1.3 Clima


    • 1.4 Demografía

      • 1.4.1 Inmigración




  • 2 Historia


  • 3 Cultura

    • 3.1 Patrimonio

      • 3.1.1 Patrimonio natural

        • 3.1.1.1 Ecosistemas costeiros


        • 3.1.1.2 Ecosistemas de interior


        • 3.1.1.3 Ecosistemas fluviais




    • 3.2 Eventos culturais

      • 3.2.1 Teatro


      • 3.2.2 Música


      • 3.2.3 Danza


      • 3.2.4 Murais


      • 3.2.5 Carballo Interplay




  • 4 Economía

    • 4.1 Turismo

      • 4.1.1 Lugares de interese



    • 4.2 Infraestruturas de transporte

      • 4.2.1 Estradas




  • 5 Deporte


  • 6 Política e administración

    • 6.1 Grupos políticos


    • 6.2 Administración xudicial


    • 6.3 Cidades irmás



  • 7 Galería de imaxes


  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Outros artigos


    • 9.2 Ligazóns externas





Xeografía |


Parroquias de Carballo



Parroquias de Carballo2 A Coruña.svg



A Laracha


Cerceda


Tordoia


Coristanco


Malpica de Bergantiños


Ponteceso




Aldemunde


Ardaña


Artes


Berdillo


Bértoa


Cances


Carballo


Entrecruces


Goiáns


Lema


Noicela


Oza


Razo


Rebordelos


Rus


Sísamo


Sofán


Vilela







Situación |


O concello ten 187 km², e é un dos municipios de maior tamaño da provincia da Coruña. O termo municipal sitúase entre os primeiros cumios das serras de Soneira e Montemaior. Limita ao sur con Val do Dubra, que separa ámbalas dúas formacións montañosas, ao oeste limita cos concellos de Coristanco, Ponteceso e Malpica de Bergantiños, ao norte, co océano Atlántico, mentres que ao leste linda cos concellos da Laracha,Cerceda e Arteixo.



Orografía e hidrografía |


Entre os accidentes xeográficos cómpre salientar, ao sur, o monte da Peniqueira e do Castro (350 m), Monte Calvelo (389 m) e Monte Alto (483 m). O río Anllóns, anteriormente chamado río Ber,[Cómpre referencia] atravesa o término municipal de sueste a oeste formando o val do Anllóns. Na canle dun dos seus afluentes, o río Taboada, fórmase a fervenza de Entrecruces.


Ao norte, xa próximos á costa, están os montes de Lendo, Oza e Monte Neme, de 386 metros. Especialmente salientable pola súa importancia ecolóxica e paisaxística é a franxa costeira de Razo - Baldaio, integrada por unha serie de marismas, unha lagoa e longos areais litorais.



Clima |













































Nuvola apps kweather.png Valores de media
Mes

Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xuñ

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec
Ano
Temperatura media (°C)
9
8
10
11
12
16
17
18
17
14
11
8

14,4
Precipitacións (mm)
110
65
110
48
46
21
19
32
58
167
113
68

857

Fonte: kyero.com


Demografía |




Manifestación contra o proxecto de mina en Corcoesto no 2013.


Carballo é a capital e vila máis grande da comarca de Bergantiños, amais da maior poboación da Costa da Morte.
Contaba no 2014 cunha poboación de 31.288 habitantes, agrupados en 314 entidades de poboación e 18 parroquias. Por isto, é o 6º concello máis poboado da provincia da Coruña. Estímase que en torno ao 60 % dos habitantes do concello residen no seu núcleo urbano. Debido á grande extensión do concello (186,8 km²) a súa densidade de poboación non é moi alta, de 167,91 hab./km². As parroquias máis poboadas son as de Bértoa (1.593 habitantes) e Carballo (19.176 habitantes), mentres que a parroquia menos poboada é Aldemunde (90 habitantes).










Censo total 201531.283 habitantes
Menores de 15 anos
4.363 (13.95 %)
Entre 15 e 64 anos
20.107 (64.27 %)
Maiores de 65 anos
6.813 (21.78 %)


Fonte:INE Arquivo































Evolución da poboación de Carballo   Fontes: INE e IGE.

1900

1930

1950

1981

2004

2009

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018
13.032
15.127
20.965
25.713
29.521
30.990
31.303
31.358
31.366



13
14

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

O concello rexistra dende hai anos un crecemento constante de poboación, cun aumento de 720 habitantes dende o 2005, o que supón un 2,3%. Este aumento débese á natalidade (1.134 nacementos en cinco anos, cun saldo vexetativo positivo no concello), á inmigración, e principalmente á atracción que se exerce principalmente nos concellos da contorna, que recibiron entre 2005 e 2012 un total de 4.205 persoas procedentes doutros municipios. A poboación é relatívamente nova, con 9.315 veciños menores de trinta anos fronte aos 6.499 que superan os 65, e co groso da poboación, os 15.645 habitantes restantes, que se concentran na franxa de idade que vai dos 31 aos 64 anos.[4] Existen tamén asentamentos de moinantes en diversos lugares do concello, entre 600 e 1.000 segundo as fontes[5][6][7].



Inmigración |


O fenómeno migratorio é un factor importante no crecemento demográfico de Carballo, pois asentáronse dende o 2007 un total de 982 estranxeiros,[4] aínda que dende o 2008 a poboación estranxeira do concello foi diminuíndo ata rexistrar 703 persoas estranxeiras de 43 nacionalidades distintas.[8] En 2007 residían en Carballo 778 cidadáns estranxeiros, o que supón o maior censo de estranxeiros das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, e o concello de Cerceda con en torno ao 50% dos residentes estranxeiros dos 16 concellos.[9] A colonia estranxeira máis numerosa é a uruguaia (se ben na actualidade hai menos da metade de cidadáns uruguaios no concello que no 2005), pero rexistran o maior crecemento as colonias de romaneses, brasileiros e senegaleses, mentres que as de cidadáns británicos, dominicanos e peruanos rexistraron un menor crecemento.[4]



Historia |


O territorio no que hoxe se asenta Carballo estivo poboado dende épocas moi temperás. Testemuño destes primitivos asentamentos son os utensilios paleolíticos atopados no espazo natural de Razo - Baldaio, expostos no Museo Arqueolóxico da Coruña.


Da cultura megalítica chegou ata os nosos días o dolmen de Pedra Moura, situado na parroquia de Aldemunde. Existe constancia da elevada poboación que debeu existir no municipio durante a etapa castrexa. Así o demostran as vinte construcións catalogadas polo investigador Antón Rodríguez. Malia que a conservación destes castros é irregular, sobresaen pola súa complexa estrutura os de Vilela, Nión ou Oza, nos que aínda pode apreciarse o recinto defensivo. Os estudos realizados levan e pensar que estes castros poderían ser coetáneos da tribo celta dos brigantinos, que lle deu nome á Comarca.


É posible que os romanos se asentaran nas terras atraídos pola súa fertilidade e abundancia en minerais. Ata os nosos días só chegou unha pequena parte do seu legado. Deste período queda no municipio o castro de Torre Pardiñas, en Razo. A influencia romana pode apreciarse nos restos do seu sistema defensivo. Sobresae ademais a ponte Lubiáns, unha das máis estreitas de Galicia, que formaba parte da calzada romana Per Loca Maritima que unía Finis Terrae con Brigantium. Segundo os historiadores, os vestixios visibles datan da época medieval ou do século XVIII.


Outro dos motivos que puideron contribuír ao asentamento dos romanos foron as augas sulfurosas de Carballo, que aínda se explotan na actualidade. Así o testemuñan os restos dunha vila termal atopada no século XVIII.


A parroquia de San Xoán de Carballo, que recibiu o seu nome dun carballo situado diante da antiga igrexa parroquial, pertencía nas súas orixes á xurisdición de Santiago de Sísamo. Malia que a súa existencia pode ser constatada dende o século XII, o primeiro libro parroquial de Carballo data de 1663. Durante este período, e ata que acadou a independencia en 1607, dependería do mosteiro de Soandres (do cal dependía dende 1418) e do Couto de Ardaña.


Este primeiro núcleo complementaríase no século XVIII cun novo asentamento arredor da Casa de Baños. O redescubrimento en 1716 das famosas e saudables augas termais —das que se abastece hoxe o balneario de Baños Vellos— contribuíu en gran medida á creación do municipio.


Carballo establécese como Concello en 1836, dende aquela o concello quedou dividido nas actuais 18 parroquias. Xa en 1920 o arquitecto Julio Galán construiría a que sería Casa do Concello ata 1974. En 1924 rematan as obras dunha nova igrexa, de estilo modernista, nas inmediacións da antiga praza do mercado. Nos anos 20 e 30 do século XX asistimos á modernización de Carballo, coa apertura de prazas, a creación de escolas ou a finalización do xardín. A década dos 40, co auxe da explotación de volframio, supuxo o comezo dunha época de crecemento que acadaría o seu máximo esplendor a partir dos anos 60 e 80. Neste último terzo do século pasado prodúcese a grande expansión urbanística do municipio.


Unha parroquia con forte personalidade propia é a de Rebordelos, pertencente á xurisdición de Caión durante toda a Idade Media e parte da Moderna e constitutiva de concello independente ata 1836. Existe unha mámoa na estrada que vai á praia da Pedra do Sal, un castro celta no lugar de Costenla, varias casas señoriais no de Vilar de Peres e a capela de San Xoán co seu cruceiro no de Leira. No igrexario de Rebordelos sábese da presenza do conde de Graxal e o convento de Santo Agostiño e da familia dos Rodríguez-Arixón. A igrexa de San Salvador sitúase no centro do lugar, cunha rúa que a circunda. O cruceiro a uns 150 metros . A parroquia de Rebordelos está bañada polo océano Atlántico: marismas de Baldaio, Pedra do Sal, praias da Lapeira, Arnela e Leira, Porto Loureiro e Pedra Furada, testemuñas de innumerables naufraxios.



Cultura |



Patrimonio |



Patrimonio natural |


O concello conta cunha gran variedade de ecosistemas, fluviais, de interior e costeiros nos que viven numerosas especies animais e vexetais.



Ecosistemas costeiros |



Marismas de Baldaio.


O Espazo Natural de Razo-Baldaio é, sen dúbida, o punto de maior interese paisaxístico e ecolóxico do concello. O complexo de Baldaio comprende unha grande área de litoral xurdida dun entrante costeiro, que rematou pechándose cunha gran barra de area.


Na actualidade diferéncianse neste espazo catro medios naturais ou ecosistemas: unha barra de area con dunas ao longo da praia, que separa a lagoa do mar; a lagoa litoral, cunha canle que permite o intercambio das mareas; unha marisma sucada por unha gran cantidade de canles que desaugan na lagoa; e unha xunqueira no oeste, desenvolvida sobre unha chaira areosa á que non chega a influencia das mareas.


Este espazo natural constitúe un contorno ideal para a observación de aves, especialmente na zona comprendida entre a lagoa e a marisma. Entre a rica avifauna de Baldaio destaca o grupo das limícolas, con mazaricos, agullas, biluricos, píllaras, pilros ou pilriños.


Formando parte deste espectacular complexo está a praia de Razo, un dos areais máis extensos de Galicia.



Ecosistemas de interior |



Férveda de Rus.


De entre tódolos ecosistemas de interior salienta na parroquia de Entrecruces a chamada férveda de Entrecruces, próxima á capela de San Paio, na que o abondoso caudal do río Outón (especialmente no inverno e na primavera) se precipita dende unha altura de máis de corenta metros, formando un cachón de escuma e auga que, antes de chegar ao fondo, rompe en dous para abrazar a rocha negra do leito do río. Nas proximidades da fervenza aínda poden verse os restos de antigos muíños de auga, e mesmo dunha pequena central hidroeléctrica que abasteceu o concello tempo atrás, a partir de 1915. No treito de camiño que vai dende San Paio ata a fervenza pola beira do río Outón, é posible observar o típico bosque de ribeira con abundantes ameneiros, salgueiros, freixos, estripos, abeleiras e loureiros, entre outras especies.


Ademais, produto da falla meridiana que separa as parroquias de Rus e Entrecruces xorde un salto de auga duns trinta metros formado no río da Férvida. Esta forte corrente de auga deslízase por un chan de gabros, rochas de gran dureza e difícil erosión. Trátase da chamada Férveda de Rus, que a pesar de non contar cun gran desnivel, vai baixando de forma sinuosa pola canle do río.



Ecosistemas fluviais |


Artigo principal: Río Anllóns.

O río Anllóns é o principal río do concello, atravesándoo de Leste a Oeste. O Anllóns constitúe un importante ecosistema fluvial no que se poden atopar principalmente troitas, e en menor medida salmóns e reos. Ao longo do seu leito pódense observar numerosas árbores autóctonas e especies vexetais propias das zonas fluviais.


A man do home deixou á beira do Anllóns unha gran cantidade de edificacións como os muíños da Cheda ou o refuxio de Queo, ámbolos dous na parroquia de Bértoa. Tamén se crearon recentemente áreas recreativas como a do Tarambollo, na parroquia de Sofán, onde existe unha pequena piscina natural. Tamén salienta no leito do río o Bosque do Añón, onde os carballeses adoitaban bañarse no verán antes da popularización das praias, e no cal aínda hoxe acolle cada ano a tradicional e concorrida romaría que se celebra durante as festas do San Xoán. Xa no casco urbano, dúas das principais zonas verdes sitúanse no leito do río, os parques do San Martiño e o Parque do Anllóns.



Eventos culturais |





Pazo da Cultura de Carballo.




Mural.




Mural.


Carballo conta cunha importante actividade cultural ao longo de todo o ano que se estrutura arredor de programas que adoitan estar vinculados a determinadas épocas do ano como o Nadal Cultural, Antroido, Programa das Letras, San Xoán, Verán Cultural ou a Feira do Libro; amais conta con ciclos e festivais adicados a áreas determinadas da cultura como o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), Novembro con Música ou Primavera EnDanza. O Pazo da Cultura é o principal foco cultural da vida carballesa e nel teñen lugar os principais eventos culturais da cidade.



Teatro |



Artigo principal: Festival Internacional Outono de Teatro.

O teatro ten un papel moi importante na axenda cultural carballesa, especialmente durante o mes de outubro, cando se celebra o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), un festival anual que conta coa presenza das principais compañías teatrais galegas, españolas e doutros países. Celebrado ininterrompidamente dende 1992 e organizado conxuntamente polo Concello e a Asociación Cultural Telón, e á parte é considerado como unha das máis importantes citas do panorama escénico galego. O núcleo do programa constitúeo o teatro de sala (que ten lugar no Pazo da Cultura durante as fins de semana de outubro), mais inclúe tamén un amplo abano de actividades paralelas como a Rúa dos Contos (ciclo de espectáculos teatrais, contacontos, cabaré etc, en pubs, cafeterías e tascas durante varios días); dende 2010 o ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado); Teatro de Rúa; exposicións; ou o Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís'.


Amais do FIOT, adoita haber representacións teatrais dentro da programación cultural anual do concello.



Música |


Carballo conta tamén cunha importante actividade musical ao longo de todo o ano, con numerosos concertos na súa programación cultural anual, pasando polo auditorio do Pazo da Cultura orquestras como a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra de Cámara Galega. A música ten especial peso na programación cultural do Concello durante o mes de novembro, cando ten lugar o ciclo Novembro con Música, un programa coa música como protagonista no que se pode asistir a concertos de diversos estilos e destinados a distintos públicos que van desde a música académica, o jazz ou a música tradicional galega ata a música coral ou pop, pasando por outras actividades como exposicións ou concertos didácticos.


Carballo conta cun Conservatorio Profesional de Música que nutre de rapaces a Banda Municipal de Carballo (fundada en 1984), a principal agrupación musical no concello, así como a Big Band do Conservatorio de Carballo, fundada en 1993.


No que se refire á música tradicional, no Concello existen numerosas asociacións culturais que ofrecen frecuentemente espectáculos de música e danza tradicional.



Danza |


Cada ano durante varios fins de semana de primavera (principalmente no mes de Abril), a Concellaría de Cultura de Carballo organiza o ciclo Primavera EnDanza, adicado á danza contemporánea e no que se inclúen espectáculos tanto para o público adulto como para os máis pequenos, nel participan compañías de danza galegas e do Estado español e organízanse actividades complementarias, como encontros entre o público e os creadores, accións na rúa ou obradoiros co obxectivo de achegar á cidadanía a danza e a súa linguaxe. Amais deste ciclo monográfico de danza contemporánea, a programación cultural inclúe ás veces espectáculos de danza.



Murais |


En 2014 inaugurouse o primeiro dos murais realizados en paredes en estado de abandono como loita contra o feísmo urbano. Cada ano invítase artistas de todo o mundo para realizar as súas pinturas dentro do Rexenera Fest (Festival Internacional de Arte Pública de Carballo).[10][11][12]



Carballo Interplay |


En 2014 o Concello de Carballo presentou o Carballo Interplay (CIP), o primeiro festival de webseries de España da man de Sonia Méndez. Como parte do festival celébrase un concurso de webseries, obradoiros, charlas, mesas redondas e outras actividades relacionadas cos contidos dixitais.[13][14]



Economía |


Carballo é o motor económico da comarca de Bergantiños, un dos motivos deste desenvolvemento económico é a súa situación xeográfica. A riqueza mineira desta zona atraeu os romanos, que estableceron explotacións como as de estaño, entre outras. Posteriormente foi a agricultura a que determinou o desenvolvemento do municipio. Na primeira metade do século XX a minaría cobra de novo importancia. Comeza nesta etapa a explotación de xacementos de arsénico en Noicela e, especialmente a de volframio en Monte Neme, converténdose esta última no dinamizador económico de toda a comarca. Nos anos sesenta do século XX produciuse a expansión do sector secundario, naceron empresas como a conserveira Calvo, convertida hoxe nunha grande industria internacional. Tamén é de grande importancia o sector forestal, así atopamos no territorio carballés múltiples empresas dedicadas á transformación da madeira, lideradas por unha gran compañía que xera —directa e indirectamente— un elevado número de postos de traballo.


Unha gran parte do sector empresarial carballés aséntase no polígono industrial de Bértoa, claro referente do crecemento económico do municipio. O polígono vén de ampliar a súa superficie en máis de 718 000 metros cadrados, estando programados 443 000 metros cadrados máis. Así, nun futuro próximo, o parque empresarial de Bértoa contará con preto de 2 000 000 de metros cadrados brutos.


Tamén destaca no concello o seu sector comercial, que atrae compradores de toda a comarca. Todos os xoves e os segundos, cuartos e quintos domingos de cada mes ten lugar a feira, na que é posible adquirir todo tipo de produtos agrícolas.



Turismo |



Lugares de interese |



  • Dolmen de Pedra Moura, na parroquia de Aldemunde.


  • Museo de Bergantiños.


  • Pazo de Vilardefrancos (non visitable).

  • Espazo natural Razo-Baldaio.


  • Ponte Lubiáns (unindo os concellos de Carballo e Coristanco)


Infraestruturas de transporte |














Distancias a outras
cidades galegas
km

Escudo de A Coruña.svg A Coruña
34,7

Escudo de Santiago de Compostela.svg Santiago de Compostela
46,6

Escudo de Pontevedra.svg Pontevedra
107,7

Escudo de Lugo 3.svg Lugo
128,1

Escudo de Ourense.svg Ourense
149,4

Carballo foi dende tempos inmemoriais punto de encontro para os viaxeiros que dende a Costa da Morte se dirixían á Coruña e Compostela. Polo municipio transcorreu a vía romana Per Loca Marítima, que comunicaba A Coruña con Fisterra. Xa a comezos do século XX, parte deste traxecto era cuberta por unha das liñas de trolebuses máis longas de Europa, xestionada pola compañía Trolebuses Coruña-Carballo (TCC).



Estradas |


  • A autoestrada AG-55, que une as cidades de Carballo e A Coruña é a principal vía de comunicación entre Carballo e a capital da provincia.

  • A estrada AC-552, que enlaza Fisterra coa Coruña, tamén pasa por Carballo.

  • A provincial DP-1914 une o municipio con Santiago de Compostela.

  • A estrada AC-413 constitúe un principais accesos dende á comarca de Ordes.

  • A estrada AC-418, que enlaza con Malpica de Bergantiños.

Amais de todas estas vías, Carballo dispón dunha ampla rede viaria municipal que comunica as parroquias do concello.



Deporte |


Carballo conta con numerosos clubs deportivos de distintas disciplinas. Os clubs máis importantes, tanto por número de fichas como por masa social e historia son o Bergantiños FC (fundado en 1923, foi o primeiro club federado da comarca de Bergantiños) e a AD Xiria (club polideportivo con seccións semiprofesionais nas disciplinas de balonmán e baloncesto). Outros clubs son o Escola Lubiáns (hóckey a patíns), AD Fogar da Xuventude (natación), SYSCA e SERCA (socorrismo), ou as Escolas de Fútbol Luis Calvo (encargadas de promover a práctica do fútbol e do fútbol sala, entre outras moitas.


No que se refire a instalacións deportivas, Carballo conta con tres polideportivos:



  • Complexo Deportivo da Zona Escolar: que conta cunha piscina cuberta e zona spa, ademais dun pavillón onde disputan os seus partidos oficiais as diversas seccións da AD Xiria e un ximnasio


  • Complexo Deportivo Carballo Calero: conta cunha piscina cuberta, un pavillón e unha sala de fitness.


  • Complexo Deportivo Vázquez Mouzo: conta cun polideportivo e un campo de fútbol. Encóntrase en estado de abandono.

O Estadio das Eiroas é o principal campo de fútbol da localidade e nel xoga os seus partidos como local o Bergantiños FC. O complexo das Eiroas conta, ademais deste estadio principal, cun campo de fútbol anexo. Ámbolos dous campos son de herba artificial.


O concello conta ademais cun circuíto que tras anos de abandono acolle probas de motocross e autocross.



Política e administración |



Grupos políticos |




Fachada da Casa do Concello de Carballo.



Véxase tamén: Eleccións municipais en Carballo.

Desde o 2003 goberna o BNG, sendo o rexedor o mestre Evencio Ferrero Rodríguez, que sucedeu na alcaldía ao PPdeG tras dúas lexislaturas dos populares á fronte do goberno local. As últimas eleccións municipais deixaron a situación deste xeito:























Eleccións municipais, 25 de maio de 2015[15]

Partido

Votos

%

Concelleiros

BNG
7.512
47,01 %
11

PP
3.747
23,45 %
5

TEGA
2.275
14,24 %
3

PSOE
1.676
10.49
2
  • Alcalde electo: Evencio Ferrero Rodríguez (BNG).


Administración xudicial |


Carballo é a capital do partido xudicial número 6 da provincia da Coruña. O Partido Xudicial de Carballo comprende, ademais do concello de Carballo, os concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso tódos eles pertencentes á comarca de Bergantiños, o que supón un total de 67.173 habitantes en 2018.[16]


Carballo conta en 2019 con tres xulgados constituídos, isto supón un xulgado por cada 22 391 habitantes.[17] En 1994 esta cifra era de un xuíz cada 37.247,5 habitantes e dez anos despois, en 2004, había un xuíz por cada 35.349 habitantes, un descenso motivado pola redución de poboación que a comarca experimenta.[18]


A sede do Partido Xudicial de Carballo está situada na rúa da Concordia da capital bergantiñá.



Cidades irmás |



  • Francia L'Isle-Jourdain


Galería de imaxes |



Artigo principal: Galería de imaxes de Carballo.



Río Anllóns. 
Ponte sobre o río Anllóns. 
Espazo Natural de Razo-Baldaio. 
Mural na Casa da Cultura. 
Mural. 


Notas |




  1. Véxase no Galizionario.


  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 


  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7


  4. 4,04,14,2 A inmigración en Carballo baixou case un 10% en cinco anos en La Voz de Galicia (13 de febreiro de 2012)


  5. La cifra de moinantes afectados por la exclusión social supera el millar en Carballo


  6. "Un estudio denuncia la segregación social de los moinantes en Carballo. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 15/03/2010. Consultado o 25/12/2016. 


  7. Social and Spatial Segregation of The Moinantes in Carballo (A Coruña) Julia Regueiro & Ricardo García-Mira Universidade da Coruña ISSN 1576-6462 en PDF (en inglés)


  8. A poboación estranxeira na comarca cae por segundo ano en La Voz de Galicia (17 de xaneiro de 2012)


  9. A poboación estranxeira creceu un 57% en Carballo en catro anos en La Voz de Galicia (17 de xaneiro de 2008)


  10. Guía práctica para visitar Derrubando muros con pintura


  11. "Carballo está de estrea nos seus murais contra o feísmo urbano". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 25 de decembro de 2016. 


  12. Rexenera Fest 2016


  13. "NACE O CARBALLO INTERPLAY (CIP)". Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (Crea). 7 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2018. 


  14. Reguero, Patricia (3 de abril de 2018). "Carballo Interplay: los nuevos caminos de los contenidos digitales pasan por la Costa da Morte". El Salto (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 


  15. El País (ed.). "Elecciones municipales 2015. Carballo" (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2015. 


  16. "NOMENCLÁTOR DE PARTIDOS JUDICIALES Sedes y Municipios integrantes" (PDF). Ministerio de Xustiza. 5 de febreiro de 2019. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019. 


  17. Consejo General del Poder Judicial (2019). SITUACIÓN DE LA DEMARCACIÓN Y LA PLANTA JUDICIAL a 1 de enero de 2019 (PDF) (Informe). 


  18. Partido Judicial de Carballo



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Lugares de Carballo


Ligazóns externas |


  • Páxina web de Carballo



Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo


Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carballo&oldid=5110006"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.776","walltime":"1.355","ppvisitednodes":"value":3178,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":76819,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":7736,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":16490,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1058.790 1 -total"," 25.07% 265.432 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 21.55% 228.144 1 Modelo:Concello"," 19.59% 207.422 1 Modelo:Infobox"," 12.36% 130.876 1 Modelo:Listaref"," 7.38% 78.187 6 Modelo:Cita_web"," 2.88% 30.445 1 Modelo:Commonscat"," 2.82% 29.881 1 Modelo:ConcellosBergantiños"," 2.57% 27.253 1 Modelo:Irmáns"," 2.49% 26.396 1 Modelo:Navbox_con_columnas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.363","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5451481,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1327","timestamp":"20190411003238","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":219,"wgHostname":"mw1323"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Bruxelas-Capital Índice Historia | Composición | Situación lingüística | Clima | Cidades irmandadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneO uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés"Rexión de Bruxelas Capital"o orixinalSitio da rexiónPáxina de Bruselas no sitio da Oficina de Promoción Turística de Valonia e BruxelasMapa Interactivo da Rexión de Bruxelas-CapitaleeWorldCat332144929079854441105155190212ID28008674080552-90000 0001 0666 3698n94104302ID540940339365017018237

What should I write in an apology letter, since I have decided not to join a company after accepting an offer letterShould I keep looking after accepting a job offer?What should I do when I've been verbally told I would get an offer letter, but still haven't gotten one after 4 weeks?Do I accept an offer from a company that I am not likely to join?New job hasn't confirmed starting date and I want to give current employer as much notice as possibleHow should I address my manager in my resignation letter?HR delayed background verification, now jobless as resignedNo email communication after accepting a formal written offer. How should I phrase the call?What should I do if after receiving a verbal offer letter I am informed that my written job offer is put on hold due to some internal issues?Should I inform the current employer that I am about to resign within 1-2 weeks since I have signed the offer letter and waiting for visa?What company will do, if I send their offer letter to another company