Skip to main content

Rebordelos, Carballo Índice Xeografía | Historia | Patrimonio | Festas | Lendas | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°17′15″N 8°38′40″O / 43.28760, -8.64458Rebordelos na web do concello de Carballo

Parroquias de CarballoParroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador


coruñésCarballocomarca de BergantiñosIGE20131999espazo natural de Razo-Baldaioarco ÁrtabroCosta da MorteOcéano AtlánticoLemaNoicelaCaiónIdade MediaIdade Moderna18361843FisterraVilánIllas SisargasJules Verne1929carbónSegunda Guerra Mundialpraia da ArnelaCostenlaXesús Taboada ChiviteOestrimniosCeltasVilar de PeresLeiraRebordelosJerónimo del Hoyo1607catastro de Ensenadaséculo XVII1735fachadafiestraretablobarrocoséculo XX13 de decembro25 de abril13 de xuño7 de decembrosolsticiosinvernoverán1 de novembro1 de maioCarballedoCestroCostenlaLeiraRebordelosSambadeVilar de PeresAldemunde (Santa María Madanela)Ardaña (Santa María)Artes (San Xurxo)Berdillo (San Lourenzo)Bértoa (Santa María)Cances (San Martiño)Carballo (San Xoán)Entrecruces (San Xens)Goiáns (Santo Estevo)Lema (San Cristovo)Noicela (Santa María)Oza (San Breixo)Razo (San Martiño)Rebordelos (San Salvador)Rus (Santa María)Sísamo (Santiago)Sofán (San Salvador)Vilela (San Miguel)












Rebordelos, Carballo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 43°17′15″N 8°38′40″O / 43.28760, -8.64458









Rebordelos
Rebordelos, Carballo.JPG
ConcelloCarballo
Poboación218 hab. (2013)
Entidades de poboación7

San Salvador de Rebordelos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 218 habitantes (106 homes e 112 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación (Rebordelos, Sambade, Vilar de Peres, Costenla, Cestro, Carballedo e Leira), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.




Índice





  • 1 Xeografía


  • 2 Historia


  • 3 Patrimonio


  • 4 Festas


  • 5 Lendas


  • 6 Lugares e parroquias

    • 6.1 Lugares de Rebordelos


    • 6.2 Parroquias de Carballo



  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Ligazóns externas





Xeografía |


Rebordelos está situada no extremo nororiental do concello. Conxuga unha zona de marismas pertencentes ao espazo natural de Razo-Baldaio coñecida como o xuncal, e un litoral máis abrupto en pleno arco Ártabro, co que practicamente se inicia a Costa da Morte. Seguindo a liña costeira e incluíndo o territorio "fuxido" da Imende, esta parroquia esténdese dende un marco natural situado no punto máis alto da Pedra do Sal, demarcando con Lema ata outro que a separa do concello da Laracha. Limita polo norte co Océano Atlántico, polo oeste coa parroquia de Lema, polo sur coa de Noicela na que está integrada como "anexo" e polo leste coa de Caión.


Distínguense tres zonas, predominantemente de clima atlántico:


  • O litoral: con veráns moi frescos debido ós ventos que sopran de compoñente nordés durante toda a estación estival.

  • A ladeira: cun microclima de tipo case mediterráneo con bosquetes de piñeiro manso, únicos en toda a provincia da Coruña.

  • A chaira: que soporta as noites de inverno máis frías e as enchentes máis acusadas de toda a parroquia, pola proximidade do río Miñoteira.

A parroquia de Rebordelos, incluíndo o territorio "fuxido" está bañada polo océano Atlántico: marismas de Baldaio, praias da Pedra do Sal, Arnela e Leira, Porto Loureiro e Pedra Furada testemuñas de innumerables naufraxios.



Historia |


Rebordelos pertenceu á xurisdición de Caión durante toda a Idade Media e parte da Idade Moderna e foi concello independente ata 1836.


No igrexario de Rebordelos sábese da presenza do Conde de Graxal e o Convento de San Agustín.


Así mesmo houbo no lugar unha casa dos Rodríguez-Arijón na que naceu o tataravó do Conde de Castillo de Tajo, Alfonso Díez de Tejada Rodríguez-Arijón. En 1816 Miguel Antonio Rodríguez-Arijón, natural de Rebordelos fixo provisión e gañou executoria de nobreza na Real Chancelería de Valladolid. Estes Rodríguez-Arijón tamén posuíron soar en San Cristovo de Cerqueda, San Mamede de Seavia e San Pedro de Sorrizo.


Respecto do territorio "fuxido" da Imende, aínda que este está adscrito á parroquia de Noicela como "principal", historicamente pertenceu á de Rebordelos. Así pois, os imendeses teñen a opción de bautizarse, casar ou enterrarse en Rebordelos por razóns de proximidade ou antecedentes familiares. Como di o escritor e historiador Xosé Pumar Gándara, é este un caso peculiar aínda vixente, pois outros semellantes tanto en parroquias como en dioceses xa foron resoltos por competentes decretos.


En abril de 1843 produciuse o naufraxio do RMS Solway, que levantou as reclamacións do goberno inglés ó español sobre a falta de sinais marítimas en Galicia. A catástrofe do Solway ó chocar nos baixos de Baldaio causou 35 mortos e foi a causa de que se aprobase a primeira Lei de Faros onde se sinalaba a colocación de luces nos cabos Fisterra e Vilán e nas Illas Sisargas. O desastre produciuse de noite, con bo tempo e lúa clara. O escritor Jules Verne na súa obra Vinte mil leguas baixo dos mares fai referencia a este naufraxio fronte ás costas de Rebordelos.


En novembro de 1929 chocou cos baixos de Baldaio o mercante vasco María Victoria, que levaba nas súas adegas 3500 toneladas de carbón. Os náufragos foron rescatados polos mariñeiros que faenaban na zona. Atribúese o naufraxio á espesa néboa.


Durante a Segunda Guerra Mundial un avión alemán caeu ó mar e o corpo do seu piloto, atopado na praia da Arnela, foi enterrado no cemiterio de Rebordelos. Alí aínda existe a súa cruz e unha inscrición borrosa e deteriorada, coñecida como a cruz do alemán.



Patrimonio |


Hai unha mámoa ó lado da estrada que vai á praia da Pedra do Sal (nunha finca chamada "A Medoña"), un castro celta en Costenla, habitado no seu día por galaicos da tribo dos Brigantinos isto é, segundo o etnógrafo e historiador Xesús Taboada Chivite, mestizos de Oestrimnios e Celtas, varias casas señoriais en Vilar de Peres entre as que destaca a "Casa da Tulla". Tamén se pode ver a capela de San Xoán co seu cruceiro en Leira.


A igrexa de San Salvador está no centro do lugar de Rebordelos cunha rúa que a circunda. Hai un cruceiro a uns 150 metros. Foi construída aló polo ano 1000 (de estilo románico). Segundo nos informa o Cardeal Jerónimo del Hoyo en 1607, esta parroquia era anexa ó mosteiro da orde de San Agustín de Caión. No catastro de Ensenada infórmanos que os décimos desta freguesía ían destinados a este mosteiro, e a loitosa pagábase ó Conde de Graxal de Caión, título correspondente ós Bermúdez de Castro. A igrexa pasou a ser "anexa" de Noicela a comezos do século XVII. Reedificouse desde a base no ano 1735, e levantouse de novo unha construción moi sobria tal e como a vemos na actualidade. Ten unha fachada lisa, na que se abre unha porta e unha pequena fiestra rectangulares, e coroando o conxunto, unha sinxela espadana dun so oco. O retablo maior e o lateral dereito pertencen ó primeiro barroco. Nos dous aparece no segundo corpo a imaxe do patrón San Salvador. Isto dános a insinuar que este lateral debía ser o que presidía a igrexa. O retablo da esquerda ardeu, e no seu lugar púxose un novo de comezos do século XX.


Destacan asemade varias casas de labranza con elementos típicos da arquitectura popular como son o hórreo ou o pombal.



Festas |


Celébranse as festas do patrón San Salvador e o Neno Xesús no mes de agosto, da Virxe da Candelaria e San Brais en febreiro, o 13 de decembro unha misa na honra a Santa Lucía, o 25 de abril a San Marcos e o 13 de xuño a San Antonio de Padua. O 7 de decembro celébrase a Vixilia da Inmaculada que reúne a mozos de Rebordelos, Noicela e Caión. Estes acompañan á Virxe en procesión con fachos de noite dende a "principal" de Noicela ata o seu "anexo" de Rebordelos.


Nos solsticios de inverno e de verán existen dúas tradicións coñecidas como "A noite do lume novo" e "A noite das cacharelas". En canto a primeira, as familias colócanse arredor das lareiras e acenden un tronco novo de carballo. O tizón resultante gárdase todo o ano e protexe contra as desgrazas. A segunda consiste en organizar fogueiras que hai que saltar para expulsar ós malos espíritos: demos, meigas e bruxas que segundo a tradición se xuntan para facer os seus conxuros no monte Nemeth ("monte sagrado" na antiga lingua celta). O 1 de novembro é a "Noite dos mortos" cando se colocan farois acesos nos cemiterios en honor ós defuntos e entre as casas, nas silveiras e nas leiras cabazas para asustar a amigos e veciños. O 1 de maio son "As lumieiras do pan" cando se lle pon lume ós feixes de folla de millo acumulados nas leiras durante todo o inverno. A borralla esténdese coa intención de atraer as boas colleitas.



Lendas |


  • Lenda da bruxa dos dentes verdes. No castro de Costenla hai unha meiga cos dentes verdes. Ela vive dentro do castro pero anda tódalas noites polos camiños próximos na procura de nenos. Ós que atrapa xa non se lles volta a ver xamais. Por isto ós cativos prevénselles de non achegarse por alí caída a noite.

  • Lenda da cidade asolagada. Fronte á Pedra do Sal, no que hoxe se coñece como os "Baixos de Baldaio", había unha cidade de nome Galilea. Esta foi inundada e quedou somerxida como castigo divino, tras padecer un forte temporal de choiva e vento. O motivo está en que a veciñanza dese lugar non quixo darlle pousada a Xesucristo cando veu predicar por estes lares, xunto con San Miro e Santa Mariña. Cando a marea baixa moito vense os tellados das casas de Galilea e escóitase ós galos cantar.

  • Lenda da pedra fronteiriza. Existe unha pedra enorme que divide as parroquias de Lema e Rebordelos. Os veciños de ámbalas dúas parroquias discutían constantemente e non se poñían de acordo de ata onde chegaba a unha e mais a outra. Como os santos San Cristovo e San Salvador non chegaban a un entendemento deixaron que o vento do oeste lle dese a cada un o que lle pertencía. Subiron ó Monte Neme e soltaron a pluma dunha pomba. O lugar onde caese ía ser o límite definitivo de ambas parroquias. Cando a pluma chegou ó chan cravouse na terra converténdose nunha grande pedra.

  • Lenda da galiña cos pitos. Nunha eira na Medoña de Rebordelos hai unha galiña con pitos de ouro que aparece coincidindo co solsticio de verán. É inútil correr detrás dela e imposible atrapala. Na ponte de Sambade desaparece repentinamente ata o solsticio do ano seguinte.

  • Lenda do Mal de Maio. O 30 de abril colócanse pólas e flores de xesta nas portas e ventás das casas e cortes do gando para protexer ós animais do "Maio", un mal misterioso que lles pode afectar ata morrer.

  • Lenda da Barca de Pedra. Cóntase que A Pedra do Sal é unha barca varada. Nela viaxan a noite do 31 de outubro as almas dos falecidos cara a Illa dos Mortos.


Lugares e parroquias |



Lugares de Rebordelos |




Lugares da parroquia de Rebordelos no concello de Carballo (A Coruña)

Carballedo | Cestro | Costenla | Leira | Rebordelos | Sambade | Vilar de Peres



Parroquias de Carballo |





Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo


Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Lugares de Carballo


Ligazóns externas |


  • Rebordelos na web do concello de Carballo



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rebordelos,_Carballo&oldid=4907911"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.184","walltime":"0.251","ppvisitednodes":"value":353,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10361,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1097,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 209.723 1 -total"," 46.85% 98.260 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.99% 56.596 1 Modelo:Sen_referencias"," 25.23% 52.919 1 Modelo:Ifsubst"," 23.36% 48.983 1 Modelo:Ambox"," 15.07% 31.599 1 Modelo:Parroquia"," 12.86% 26.962 1 Modelo:Infobox"," 6.17% 12.939 1 Modelo:Coordenadas"," 1.58% 3.308 1 Modelo:Carballo"," 1.48% 3.107 1 Modelo:Both"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.097","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1469494,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190402210741","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":121,"wgHostname":"mw1261"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Bruxelas-Capital Índice Historia | Composición | Situación lingüística | Clima | Cidades irmandadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneO uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés"Rexión de Bruxelas Capital"o orixinalSitio da rexiónPáxina de Bruselas no sitio da Oficina de Promoción Turística de Valonia e BruxelasMapa Interactivo da Rexión de Bruxelas-CapitaleeWorldCat332144929079854441105155190212ID28008674080552-90000 0001 0666 3698n94104302ID540940339365017018237

What should I write in an apology letter, since I have decided not to join a company after accepting an offer letterShould I keep looking after accepting a job offer?What should I do when I've been verbally told I would get an offer letter, but still haven't gotten one after 4 weeks?Do I accept an offer from a company that I am not likely to join?New job hasn't confirmed starting date and I want to give current employer as much notice as possibleHow should I address my manager in my resignation letter?HR delayed background verification, now jobless as resignedNo email communication after accepting a formal written offer. How should I phrase the call?What should I do if after receiving a verbal offer letter I am informed that my written job offer is put on hold due to some internal issues?Should I inform the current employer that I am about to resign within 1-2 weeks since I have signed the offer letter and waiting for visa?What company will do, if I send their offer letter to another company