Xogos Olímpicos de 1972 Índice Curiosidades | Modalidades disputadas | Cadro de medallas | Véxase tamén | Menú de navegacióneWorldCat150948632ID2021043-7n82111974kn2006022301510000018
Deporte en 1972Xogos Olímpicos
MúnicagostosetembrosetembroOlimpíadaspazmadrugada5 de setembropalestinosterroristaSetembro NegroVila OlímpicaIsraelMasacre das Olimpíadas de MúnicCOIAvery Brundage
Xogos Olímpicos de 1972
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Xogos da XX Olimpíada | |
|---|---|
| Múnic 1972 | |
| Estados Participantes | 121 |
| Atletas | 7124 |
| Eventos | 195 en 23 deportes |
| Cerimonia de Apertura | 26 de agosto |
| Cerimonia de Clausura | 11 de setembro |
| Apertura oficial | Gustav Heinemann |
| Xuramento do Atleta | Heidi Schüller |
| Entrada do Facho Olímpico | Günther Zahn |
| Local | Olympiastadion |
Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas.
Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada maravillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco palestinos do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns. O que se seguiu, coa paralización temporal dos Xogos e a morte de todos os reféns israelís, ficou coñecido como o Masacre das Olimpíadas de Múnic.
Con todas as bandeiras dos países participantes a media hasta e unha misa no estadio olímpico en honra das vítimas, após 34 horas de interrupción os Xogos volveron a reanudarse, despois da insistencia e a célebre frase do Presidente do COI, Avery Brundage: “Os Xogos deben continuar!”
Índice
1 Curiosidades
2 Modalidades disputadas
3 Cadro de medallas
4 Véxase tamén
4.1 Outros artigos
Curiosidades |
Vista da torre do complexo olímpico de Múnic
- O grande nome de Múnic e un dos maiores de todos os Xogos Olímpicos foi o do nadador norteamericano Mark Spitz. Campión olímpico de sete probas de natación, Spitz tamén quebrou a marca mundial de todas elas, nunha fazaña insólita no deporte. Ademais, dúas desas medallas e marcas foron conquistados na piscina no mesmo día e con apenas unha hora de diferenza entre elas. A súa fazaña xamais foi igualada e o transformou no maior nome da natación mundial de todos os tempos.
- O finlandés Lasse Viren conquistou o ouro nos 5.000 e nos 10.000 m, este último de maneira sensacional, caíndo ó chan despois dun choque no medio da proba e recuperándose non só para gañar a proba, senón tamén para bater a marcae mundial. Viren gañaría novamente as mesmas probas en Montreal catro anos despois, nun dobrete espectacular, sendo o único atleta en ter conquistado catro medallas de ouro nas dúas probas olímpicas de pista de longa distancia, o chamado double-double.
- O tiro con arco e o balonmán foron reintroducidos no programa olímpico.
- Os Xogos de 1972 tiveron por primeira vez unha mascota, o cachorriño Waldi.
- Por primeira vez o xuramento olímpico tamén pasou ser feito polos xuízes.
- Os velocistas americanos Ray Robinson e Eddie Hayes, favoritos na proba dos 100m lisos, gañaron facilmente as súas primeiras eliminatorias mais dormiron demais, perderon a hora da semifinal, foron eliminados e tiveron que asistir pola televisión da vila á vitoria do soviético Valery Borzov, que tamén gañou a proba dos 200m.
- Os norteamericanos, campións de baloncesto dende os Xogos de 1936, na máis absoluta supremacía que unha única nación tivoe sobre determinado deporte olímpico, viron como se lles escapaba a medalla de ouro nestes Xogos, nunha final emocionante contra a Unión Soviética, na que perderon de 51-50 grazas a un polémico erro na contaxe do tempo, que permitiu ós soviéticos unha canastra no último segundo. Revoltados co acontecido, os estadounidenses se recusaron a recibir as medallas de prata, que até hoxe se encontran gardadas nun cofre na sede do COI, en Suíza. Para os soviéticos, eternos sub-campións nesa disputa do baloncesto cos americanos, esta conquista tivo tamaña importancia e alegría, que oito anos despois, nos Xogos Olímpicos de 1980, o capitán deste equipo de Múnic, Aleksander Belov, tivo a honra de entrar no estadio empuñando o facho olímpico na cerimonia de apertura.
Modalidades disputadas |
Participantes
|
|
Cadro de medallas |
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | | | | Total |
| 1 | 50 | 27 | 22 | 99 | |
| 2 | 33 | 31 | 30 | 94 | |
| 3 | 20 | 23 | 23 | 66 | |
| 4 | 13 | 11 | 16 | 40 | |
| 5 | 13 | 8 | 8 | 29 | |
| 6 | 8 | 7 | 2 | 17 | |
| 7 | 7 | 5 | 9 | 21 | |
| 8 | 6 | 13 | 16 | 35 | |
| 9 | 6 | 10 | 5 | 21 | |
| 10 | 5 | 3 | 10 | 18 | |
Véxase tamén |
Outros artigos |
- Lista de Xogos Olímpicos da era moderna
- Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
| ||||||||||||||||||||||
|
Categorías:
- Deporte en 1972
- Xogos Olímpicos
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.284","walltime":"0.471","ppvisitednodes":"value":238,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":19624,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":3,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 361.790 1 -total"," 81.88% 296.236 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 9.56% 34.584 1 Modelo:Xogos_Olímpicos"," 8.68% 31.420 1 Modelo:Navbox"," 1.26% 4.566 1 Modelo:XAP"," 1.22% 4.421 1 Modelo:BUL"," 1.02% 3.694 1 Modelo:RDA"," 0.77% 2.795 1 Modelo:URS"," 0.77% 2.783 1 Modelo:POL"," 0.70% 2.547 1 Modelo:HUN"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.170","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2837731,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1333","timestamp":"20190611132645","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Xogos Olu00edmpicos de 1972","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Xogos_Ol%C3%ADmpicos_de_1972","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8438","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8438","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-10-26T19:56:26Z","dateModified":"2019-03-29T05:01:06Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/57/Olympische_Sommerspiele_1972_-_Aufn%C3%A4her.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":143,"wgHostname":"mw1275"););