Patrimonio da Humanidade Índice Criterios de selección | Patrimonio da Humanidade en Galiza | Patrimonio Mundial en Perigo | Estatísticas | Listas de Lugares Patrimonio Mundial | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónos criteriosAncares-SomiedoEl Ferrol of the Illustration Historical HeritageThe Ribeira Sacra, Lugo and Orense"A Xunta quere que sexan Patrimonio da Humanidade todas as Illas Atlánticas""World Heritage List Statistics"Arquivado"UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List"Arquivado"World Heritage List: Africa""World Heritage List: Arab States""World Heritage List: Asia and the Pacific""World Heritage List: Europe and North America""World Heritage List: Latin America and the Caribbean"UNESCOWeblog on UNESCO World Heritage topics3002630632334373ID4402276-1sh9800079400923111
Patrimonio da Humanidade
UNESCONacións Unidasbosquescordilleiraslagosdesertosedificioscidadesos criteriosUNESCO1972 Italia China España FranciaAlemaña India México200420051992ambienteIlla Gough
Patrimonio da Humanidade
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O título de Patrimonio da Humanidade é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.
O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade (ver os criterios[Ligazón morta]). Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións.
O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.
En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios (845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas) en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (53), España (47), Francia (44), Alemaña (44), India (37) e México (35).[1]
Índice
1 Criterios de selección
1.1 Criterios culturais
1.2 Criterios naturais
2 Patrimonio da Humanidade en Galiza
2.1 Candidatos provisionais
3 Patrimonio Mundial en Perigo
4 Estatísticas
4.1 Países con dez ou máis sitios
5 Listas de Lugares Patrimonio Mundial
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Ligazóns externas
Criterios de selección |
A fins de 2004, había seis criterios no ámbito cultural e catro no ámbito natural. En 2005 isto modificouse para que só haxa un grupo de dez criterios. Para ser incluído na lista de Patrimonios da Humanidade un sitio debe ter un "sobresaínte valor universal" e debe satisfacer polo menos un dos seguintes criterios de selección:
Criterios culturais |
I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.
II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.
III. Achegar un testemuño único ou polo menos excepcional dunha tradición cultural ou dunha civilización existente ou xa desaparecida.
IV. Ofrecer un exemplo eminente dun tipo de edificio, conxunto arquitectónico ou tecnolóxico ou paisaxe, que ilustre unha etapa significativa da historia humana.
V. Ser un exemplo eminente dunha tradición de asentamento humano, utilización do mar ou da terra, que sexa representativa dunha cultura (ou culturas), ou da interacción humana co ambiente especialmente cando este se volva vulnerable fronte ao impacto de cambios irreversibles.
VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. (O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios).
Criterios naturais |
VII. Conter fenómenos naturais superlativos ou áreas de excepcional beleza natural e importancia estética.
VIII. Ser un dos exemplos representativos de importantes etapas da historia da terra, incluíndo testemuños da vida, procesos xeolóxicos creadores de formas xeolóxicas ou características xeomórficas ou fisiográficas significativas.
IX. Ser un dos exemplos eminentes de procesos ecolóxicos e biolóxicos no curso da evolución dos ecosistemas.
X. Conter os hábitats naturais máis representativos e máis importantes para a conservación da biodiversidade, incluíndo aqueles que conteñen especies ameazadas de destacado valor universal desde o punto de vista da ciencia e o conservacionismo.
Desde 1992 a interacción entre o home e o ambiente é recoñecido como paisaxe cultural.
Patrimonio da Humanidade en Galiza |
Galiza conta con tres monumentos Patrimonio da Humanidade e o Camiño de Santiago:
Camiño de Santiago, que percorre distintas zonas da xeografía europea e que remata en Santiago de Compostela (declarado en 1993).
Casco histórico de Santiago de Compostela (1985).
Muralla de Lugo (2000).
Torre de Hércules (2009).
Candidatos provisionais |
Na listaxe de sitios candidatos a ser escollidos Patrimonio da Humanidade están:
Os Ancares-Somiedo.[2]
Ferrol da Ilustración.[3]
Ribeira Sacra.[4]
Illas Atlánticas [5]
Patrimonio Mundial en Perigo |
A conservación do Patrimonio Mundial é un proceso continuo. Se un país non protexe os lugares inscritos, corre o risco de que eses lugares sexan retirados da Lista do Patrimonio Mundial. Os países deben informar periodicamente o Comité do Patrimonio Mundial sobre o seu estado de conservación.
Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, é incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou creadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.
Estatísticas |
- Véxase tamén: Patrimonio Mundial por país , Patrimonio Mundial (lista de lugares) , Lista do Patrimonio Mundial en Perigo e Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición.
Hai 1092 sitios do Patrimonio Mundial situados en 167 estados. Destes, 845 son culturais, 209 son naturais e 38 son mixtas. O Comité do Patrimonio Mundial dividiu o mundo en cinco zonas xeográficas ás que se chama rexións: África, Estados árabes, Asia e Pacífico, Europa e América do Norte e América Latina e o Caribe.
Rusia e os estados do Cáucaso clasifícanse como europeos, mentres que México e Caribe clasifícanse como pertencentes á zona de América Latina e Caribe, malia a súa situación en América do Norte. As zonas xeográficas da UNESCO tamén fan máis énfase nas asociacións administrativas, en vez de nas asociacións xeográficas. Por iso, Illa Gough, situada no Atlántico Sur, forma parte da rexión de Europa e América do Norte porque o goberno do Reino Unido nomeou o sitio.
A táboa seguinte inclúe unha repartición dos sitios segundo estas zonas e a súa clasificación::[6][7]
Zona/rexión | Cultural | Natural | Mixta | Total | % | Estados con bens inscritos |
---|---|---|---|---|---|---|
África (non inclúe os países dos Estados árabes).[8] | 52 | 38 | 5 | 95 | 8.70% | 35 |
Estados árabes (inclúe ademais unha zona de Xerusalén proposta por Xordania).[9] | 76 | 5 | 3 | 84 | 7.69% | 18 |
Asia e o Pacífico (non inclúe os países dos Estados árabes, nin a Hawái).[10] | 181 | 65 | 12 | 258* | 23.63% | 36 |
Europa e Norte América (non inclúe a México; atópanse neste grupo Israel e Hawái).[11] | 440 | 63 | 11 | 514* | 47.07% | 50 |
Latino América e o Caribe [12] | 96 | 38 | 7 | 141* | 12.91% | 28 |
Total | 845 | 209 | 38 | 1092 | 100% | 167 |
- Os sitios "Conca del Uvs Nuur" e " Paisaxes de Dauria" (Mongolia, Federación Rusa) son sitios transrexionais situados en Europa e Asia e na rexión do Pacífico. Contan aquí na rexión Asia e Pacífico.
- O sitio "O Traballo arquitectónico de Le Corbusier, unha destacada contribución ao movemento moderno" (Arxentina, Bélxica, Francia, Alemaña, India, Xapón, Suíza) é un sitio transrexional con compoñentes situados en tres rexións: Europa e América do Norte, Asia e o Pacífico e América Latina e o Caribe. Conta aquí en Europa e América do Norte.
Países con dez ou máis sitios |
Países con quince ou máis sitios do Patrimonio Mundial, ata de xullo de 2018.
Listas de Lugares Patrimonio Mundial |
- Patrimonio Mundial (lista de lugares)
- Patrimonio da Humanidade na UE
- Lista do Patrimonio Mundial en Perigo
Notas |
↑ Centre, UNESCO World Heritage. [https:/whc.unesco.org/en/list "UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List"]|url=
incorrecto (Axuda). whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-07-03.
↑ Ancares-Somiedo
↑ El Ferrol of the Illustration Historical Heritage
↑ The Ribeira Sacra, Lugo and Orense
↑ "A Xunta quere que sexan Patrimonio da Humanidade todas as Illas Atlánticas" (en castelán). 2016-02-17. Consultado o 2016-08-09.
↑ UNESCO World Heritage Centre. "World Heritage List Statistics". unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011.
↑ UNESCO World Heritage Centre. "UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List". unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014.
↑ Unesco. "World Heritage List: Africa" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
↑ Unesco. "World Heritage List: Arab States" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
↑ Unesco. "World Heritage List: Asia and the Pacific" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
↑ Unesco. "World Heritage List: Europe and North America" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
↑ Unesco. "World Heritage List: Latin America and the Caribbean" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
UNESCO - Páxina oficial- Weblog on UNESCO World Heritage topics
|
Categoría:
- Patrimonio da Humanidade
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.464","walltime":"1.039","ppvisitednodes":"value":683,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":20986,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":876,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12607,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 965.751 1 -total"," 32.12% 310.229 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.06% 145.477 1 Modelo:Listaref"," 8.26% 79.779 3 Modelo:Cite_web"," 4.89% 47.244 6 Modelo:Cita_web"," 0.97% 9.376 1 Modelo:Véxase_tamén"," 0.74% 7.148 1 Modelo:Ligazón_morta"," 0.56% 5.387 1 Modelo:Ligazóns_multiparámetros"," 0.35% 3.387 1 Modelo:Ifsubst"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.275","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3574398,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1305","timestamp":"20190414174924","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":129,"wgHostname":"mw1247"););