Fernando Savater Índice Traxectoria | Obra | Pensamento e estilo | Críticas | Obras | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Savater aboga por "boicotear" los comicios en Euskadi y suspender el Parlamento hasta la entrega de armas""La vida eterna (Fernando Savater)""No fui a la cárcel por heroico sino por tonto"Encontro dixital con SavaterFernando SavaterWorldCat9861437107677IDXX88244312027462637337a1015430977954048448810061173119442132ITICCUCFIV162540000 0001 0868 5399n500156410000002686000474469jn2000060480606894344XOL277179A222151028439759
Filósofos do País VascoEscritores en lingua casteláPremio Nacional de Ensaio de EspañaEscritores do País VascoNados en DonostiaNados en 1947Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
Donostia21 de xuño1947filósofoescritorespañolensaioartigo xornalísticoDonostialiteratura popularUniversidade Complutense de MadridUniversidade Autónoma de Madrid1971UNEDcatedráticoÉticaUniversidade do País VascoJavier PraderapazterrorismoPaís VascoNo ViolenciaForo de Ermua¡Basta ya!Parlamento EuropeoPremio Sakharovdereitos humanosUnión Progreso e DemocraciaPremio Nacional de Ensaio1982Premio Francisco CerecedoPremio Planetanovela epistolarVoltaireFriedrich NietzschenihilismoÉmile Michel Ciorancultura popularcómicxogos de rolNietzscheCioranSpinozaAgustín García Calvo1981filosofíalibertariosocialdemócrataliberal1981laicateocráticoslibertariasliberaisnacionalismoapendiciteinflamaciónapéndiceJavier SádabaoitentaHerri BatasunaPaís Vasconacionalismo vascovasquistavascoCiudadanos de Cataluñaestatuto de GernikanacionalismosirónicoPlataforma Pro[1]Rosa DíezPPPSOEUnión, Progreso y DemocraciaRosa DíezAlbert BoadellaMario Vargas LlosaETAEspañaespañolistaForo de Ermuainiciativa de dialogar con ETAlaicismoabortoeutanasia
Fernando Savater
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Fernando Savater | |
---|---|
Nome completo | Fernando Fernández-Savater Martín |
Nacemento | 21 de xuño de 1947 |
Donostia | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | filósofo, escritor, catedrático de universidade, político, xornalista e ensaísta |
Fillos | Amador Fernández-Savater |
Premios | Dr. J.P. van Praag-prijs, Premio Mariano de Cavia, Premio Juan Mari Arzak, Premio Planeta, Premio Francisco Cerecedo, Ortega y Gasset Awards, Premio Sakharov e honorary doctorate of the University of Alcala |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Fernández-Savater Martín, nado en Donostia o 21 de xuño de 1947, é un filósofo e escritor español.
Índice
1 Traxectoria
2 Obra
3 Pensamento e estilo
4 Críticas
5 Obras
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Ligazóns externas
Traxectoria |
Novelista, tradutor e autor dramático, destaca no campo do ensaio e o artigo xornalístico. Fillo dun notario de Donostia, foi desde neno un voraz lector, sobre todo de literatura popular e historietas, gusto que nunca perdeu e ó que dedicou frecuentemente ensaios. Sentiu tamén afección polo teatro e estivo nalgúns grupos de afeccionados. Estudou Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, onde a súa familia se trasladou desde San Sebastián. Traballou como profesor axudante nas facultades de Ciencias Políticas e de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, de onde foi apartado da docencia en 1971 por razóns políticas, e tamén foi profesor de Ética e Socioloxía da UNED. Foi catedrático de Ética na Universidade do País Vasco durante máis dunha década. Actualmente é catedrático de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Colaborador habitual do xornal El País desde a súa fundación, é codirector xunto a Javier Pradera da revista Claves para la Razón Práctica.
Formou parte de varias agrupacións comprometidas coa paz e en contra do terrorismo no País Vasco, como o Movimiento por la Paz y la No Violencia, o Foro de Ermua, e actualmente de ¡Basta ya!, asociación que recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sakharov á defensa dos dereitos humanos. Tamén pertence ó partido político Unión Progreso e Democracia.
Obra |
A súa obra, composta por máis de 45 libros e innumerables artigos xornalísticos, foi traducida ao inglés, francés, sueco, italiano, portugués, alemán, xaponés e danés. Obtivo o Premio Nacional de Ensaio en 1982, o X premio Anagrama de ensaio, o premio de ensaio "Mundo", o Premio Francisco Cerecedo de xornalismo e foi finalista do Premio Planeta coa súa novela epistolar El jardín de las dudas, sobre un dos seus autores preferidos, Voltaire. De pensamento nos seus inicios afín ó de Friedrich Nietzsche (Panfleto contra el todo), débeselle por outra banda a tradución e divulgación no mundo hispánico da obra dun dos pensadores máis notables do nihilismo contemporáneo, Émile Michel Cioran.
Destaca polo seu interese en achegar a filosofía ós mozos, con obras como Ética para o meu fillo, un dos libros máis lidos de filosofía, Política para Amador ou Las preguntas de la vida; tamén defende a cultura popular por expresar a vitalidade xuvenil, desde as novelas de aventuras, os contos fantásticos, e os relatos de terror ó cómic e os xogos de rol.
Pensamento e estilo |
Savater é un autor prolífico, que se define como un "filósofo de compañía", ó estilo dos philosophes franceses, non como un Filósofo académico e con maiúscula.
Confésase influído por Nietzsche, Cioran e Spinoza, entre outros. Nos setenta consideróuselle durante moito tempo discípulo de Agustín García Calvo, pero a partir de 1981 os seus camiños sepáranse ostensiblemente. A filosofía de Savater é ilustrada e vitalista; o seu estilo, polémico e iconoclasta; as súas opinións a miúdo con frecuencia navegan contra corrente.
Seguindo a Spinoza, propugna unha ética do querer en contraposición a unha ética do deber. Os seres humanos buscan de xeito natural a súa propia felicidade e a Ética axuda a clarificar esta vontade e mostrar as formas da súa realización. Xa que logo, a Ética non debe xulgar as accións por criterios abstractos e alleos á felicidade propia.
A súa filosofía política evolucionou desde o pensamento negativo libertario, antiprogresista, que mantivo nos setenta ó individualismo democrático, socialdemócrata, liberal e universalista da súa etapa posterior. O punto de inflexión do Savater novo ó maduro pode situarse en La tarea del heroe (1981), onde escribe: "fun un revolucionario sen ira; espero ser un conservador sen vileza". Tamén reflexionou sobre o papel das relixións nas sociedades democráticas actuais, propugnando un modelo de sociedade laica no seu sentido máis amplo, que axude a afrontar non só as formulacións teocráticos, «senón tamén os sectarismos identitarios de etnicismos, nacionalismos e calquera outro que pretenda someter os dereitos da cidadanía abstracta e igualitaria a un determinismo segregacionista».
Desde coordenadas primeiro libertarias e logo liberais, opúxose sempre ó nacionalismo en xeral: «O nacionalismo en xeral é imbecilizador, aínda que os hai leves e graves, os do seareiro do alirón e o que pon o coitelo na boca para matar. Hai xente sen coñecementos históricos, o nacionalismo aparva e algúns son virulentos. Afortunadamente en Cataluña a situación é diferente á do País Vasco, aínda que esa minoría é unha alarma que nos di que algo hai que facer. O nacionalismo é unha inflamación da nación igual que a apendicite é unha inflamación do apéndice.»
No terreo dos feitos, oponse a aqueles partidos que fan da exaltación patriótica o seu aceno principal de identidade. A súa evolución ideolóxica queda evidenciada pola polémica que mantivo co tamén filósofo vasco Javier Sádaba, con quen escribiu nos oitenta o libro titulado Euskadi: pensar el conflicto (Edic Libertarias, 1987) á vez que apoiaba coa súa sinatura a legalización de Herri Batasuna ata as posturas, por el mesmo definidas como antinacionalistas, que lle levaron a converterse nun dos referentes dun sector dos cidadáns de País Vasco opostos ó nacionalismo vasco, movemento ó que Savater considera excluínte, decimonónico e compracente co terrorismo etarra. Defínese como belixerante contra o nacionalismo vasco, e nin sequera vasquista, postura que cualifica de "amable bobada", aínda que sen renunciar á súa condición de vasco.
Na actualidade é un activo colaborador da asociación Ciudadanos de Cataluña.
Savater, defensor da Constitución Española, do estatuto de Gernika e da unidade do Estado (non como dogmas indiscutibles senón como opcións mellores que as que propón os seus adversarios), expresou en numerosas ocasións a súa oposición a todo tipo de nacionalismos, e o seu desexo de superalos en beneficio dun ideal de humanidade universal compartida, e traducido nun organismo gobernamental con autoridade mundial sobre os gobernos dos estados nacionais, e que servise para resolver as disputas e realizar os labores administrativos de utilidade común.
O estilo agudo, incisivo, e irónico de Savater apréciase de xeito máis evidente nos seus artigos xornalísticos, o xénero que máis lle gusta escribir.
Solicitou o boicot ás eleccións vascas de 2007 porque "non son limpas" nin "son realmente unhas eleccións democráticas" debido a ETA.[1]
Nos últimos meses colaborou activamente coa Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político de carácter nacional máis aló da tradicional parcelación política esquerdas-dereitas [1] xunto a coñecidos personaxes da vida pública como Rosa Díez, co fin de presentarse como alternativa aos dous partidos nacionais maioritarios en España PP e PSOE nas próximas eleccións xerais. Este partido creouse en setembro de 2007 co nome de Unión, Progreso y Democracia, sendo Fernando Savater, xunto con Rosa Díez, Albert Boadella e Mario Vargas Llosa, unha das persoas que interviñeron na súa presentación.
Críticas |
As súas opinións críticas sobre todo en relación ó nacionalismo vasco situaron a Savater no medio de frecuentes polémicas. Estivo ameazado de morte pola organización terrorista ETA e viviu protexido por escolta. No plano intelectual, acotío foi atacado en España polos nacionalistas periféricos, especialmente polos vascos, que o acusan de ser nacionalista do bando contrario, españolista e centralista.
Tamén foi criticado puntualmente polo Foro de Ermua, organización na que participou activamente, pola súa postura inicialmente favorable ó Goberno na súa iniciativa de dialogar con ETA, posición que máis adiante modificou. Tamén lle supuxo críticas a súa postura favorable ó laicismo e á liberdade de decisión individual en temas coma o aborto e a eutanasia.
Obras |
Nihilismo y acción (1970)
La filosofía tachada (1970)
Apología del sofista y otros sofismas (1973)
Ensayo sobre Cioran (1974)
Escritos politeístas (1975)
De los dioses y del mundo (1975)
La infancia recuperada (1976)
La filosofía como anhelo de la revolución (1976)
Apóstatas razonables (1976)
Para la anarquía y otros enfrentamientos (1977)
La piedad apasionada (1977)
Panfleto contra el Todo (1978)
Nietzsche y su obra (1979)
El estado y sus criaturas (1979)
Criaturas del aire (1979)
Caronte aguarda (1981)
La tarea del héroe (1981; Premio Nacional de Ensaio).
Impertinencias y desafíos (1981)
Invitación a la ética (1982)
Sobre vivir (1983)
Las razones del antimilitarismo y otras razones (1984)
El contenido de la felicidad (1986)
Euskadi: pensar el conflicto (1987; coescrito con Javier Sádaba)
Ética como amor propio (1988)
Último desembarco. El vente de Sinapia (1988)
Humanismo impenitente (1990)
La escuela de Platón (1991)
Ética para o meu fillo (1991; traducido tamén ao catalán e o portugués)
El valor de educar (1991).
Política para Amador (1992)
Sin contemplaciones (1993)
El jardín de las dudas (1993)
El contenido de la felicidad (1994)
Semearentzako Etika (1996)
La voluntad disculpada (1996)
El juego de los caballos (1996; segunda edición)
Malos y malditos (1997)
Despierta y lee (1998)
Loor a leer (Crisolín) (1998).
La filosofía como anhelo de la revolución (1998; segunda edición)
Diccionario filosófico (1999)
Las preguntas de la vida (1999)
La aventura africana (1999)
Idea de Nietzsche (2000)
Pour l'education (2000)
A rienda suelta (2000)
Perdonen las molestias: Crónica de una batalla sin armas contra las armas (2001)
A caballo entre milenios (2001)
Caronte aguarda (2001)
El dialecto de la vida (2002)
Pensamientos arriesgados (2002)
El contenido de la felicidad (2002)
Palabras cruzadas: Una invitación a la filosofía (2003)
Mira por dónde. Autobiografía razonada (2003)
Las preguntas de la vida (2003)
Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003)
El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y ¿progresismo? (2004)
Los diez mandamientos en el siglo XXI (2004)
La libertad como destino (2004)
El valor de elegir (2004; traducido ao catalán)
Criaturas del aire (2004)
El gran laberinto (2005)
Los siete pecados capitales (2005)- Jorge Luis Borges
- Contra las patrias
- Ética y ciudadanía
- Episodios pasionales
- Enseñando a vivir
La vida eterna (2007)[2]
Notas |
↑ "Savater aboga por "boicotear" los comicios en Euskadi y suspender el Parlamento hasta la entrega de armas". www.lavanguardia.com. 06-04-2007. Consultado o 19-12-2018.
↑ "La vida eterna (Fernando Savater)". factorhumano.wordpress.com. 04-04-2007. Consultado o 19-12-2018.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Savater |
Ligazóns externas |
"No fui a la cárcel por heroico sino por tonto". Entrevista a Fernando Savater
Encontro dixital con Savater en El Mundo
Fernando Savater.
|
Categorías:
- Filósofos do País Vasco
- Escritores en lingua castelá
- Premio Nacional de Ensaio de España
- Escritores do País Vasco
- Nados en Donostia
- Nados en 1947
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.812","walltime":"1.261","ppvisitednodes":"value":3272,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":40211,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3897,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":22,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2473,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":23,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1167.550 1 -total"," 47.50% 554.617 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 39.54% 461.642 1 Modelo:Biografía"," 39.09% 456.390 1 Modelo:Infobox"," 35.18% 410.745 26 Modelo:Propiedade"," 4.20% 49.089 1 Modelo:Listaref"," 3.99% 46.596 3 Modelo:Ifsubst"," 3.59% 41.964 1 Modelo:Sen_referencias"," 3.41% 39.868 2 Modelo:Cita_web"," 3.24% 37.820 1 Modelo:Se_é_muller"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.620","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6533353,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1305","timestamp":"20190513145424","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Fernando Savater","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Fernando_Savater","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q317512","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q317512","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-12-18T19:09:57Z","dateModified":"2018-12-19T19:27:12Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d9/Fernando_savater.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":133,"wgHostname":"mw1239"););