Angola Índice Etimoloxía | Historia | Organización político-administrativa | Economía | Demografía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación12°30′S 18°30′L / -12.500, -18.500eDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasCriterios para o uso da linguao orixinal"The World Factbook.""Informe sobre Desarrollo Humano 2011"Páxina da Asemblea NacionalPortal de República de AngolaPortal da Capital de Angola - LuandaPortal da Música AngolanaAngola PressEmbaixada de Angola no BrasilEmbaixada de Angola en PortugalA Country Study: Angola |4= Localizador de Angola - Portal oficial de localização de empresas, produtos, serviços, organismos do estado, sítios turísticos, províncias, municípios, bairros, ruas.Bertelsmann Transformation Index 2012 - Angola Country ReportMarkus Weimer, The Peace Dividend: Analysis of a Decade of Angolan IndicatorsEleições em Angola de 2012 - Especial da DWNovas de Angola en tempo realEntre o lixo e o luxo, Angola sobreviveeeWorldCat15239502018280411930899k4013841ID33518794002050-234350000 0004 0498 3083n80046439ID00560254ge1286671952671000149D000810Traballa nel
Angola
portuguéscongokimbunduumbunduÁfricaRepública Democrática do CongoZambiaNamibiaOcéano AtlánticoCabindaLuandaColoniaportuguesarecursos naturaispetróleodiamantesgobernodemocraciaréximepresidencialmultipartidistasbantúReino do NdongoLuandacazadores-colectoreskhoisanpobos bantúsNamibiaBotsuanaReino do CongoRepública Democrática do CongoRepública do CongoGabónM'Banza KongoReino de NdongoReino da Lundarío CongonaveganteDiogo CãoPortugalPorto AmboimBenguelaConferencia de BerlínModelo:Nota de rodapéPortugal1975MPLAUNITAFNLAMPLAUNITA1991José Eduardo dos SantosMPLAONUUNITA19941997José Eduardo dos Santos199822 de febreiro2002Jonas SavimbiUNITAenclaveCabinda18 provinciasOPEP2006índices internacionais de desenvolvemento humanodiamantesguerra civil2005República Popular ChinaBrasilPortugalAlemañaEspañaUEbantúquimbundosbancogoschokwe-lundasovimbundosboximaneshotentotesHuamboLobitoBenguelaLubango
Angola
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 12°30′S 18°30′L / -12.500, -18.500
República de Angola | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Angola Avante! | |||
Capital • Poboación | Luanda 2 825 311 | ||
Linguas oficiais | Portugués1 | ||
Forma de goberno | República unitaria presidencialista | ||
Presidente Vice-presidente | João Lourenço Bornito de Sousa | ||
Independencia de Portugal | 11 de novembro de 1975 | ||
Superficie | Posto 23º | ||
• Total | 1 246 700 km² | ||
• % auga | desprezable | ||
Fronteiras | 5.198 km | ||
Costas | 1.600 km | ||
Poboación | Posto 50º | ||
• Total (2014 censo) | 25 789 024 hab. | ||
• Densidade | 20,7 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 61º | ||
• Total (2014) | 129 785 millóns US$ | ||
• per cápita | 6 052 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 64º | ||
• Total (2014) | 139 059 millóns US$ | ||
• per cápita | 6 484 US$ | ||
Moeda | Kwanza (Kz, AOA ) | ||
IDH (2013) | 0,526 (149º) – Baixo | ||
Xentilicio | Angolano, angolana | ||
Fuso horario | WAT (UTC+1) | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .ao | ||
Prefixo telefónico | +244 | ||
Prefixo radiofónico | D2A-D3Z | ||
Código ISO | 024 / AGO / AO | ||
Membro de: ONU, UA, CPLP, UL, OPEP | |||
1 Alén do portugués, están recoñecidos o congo, o chokwe, o umbundu, o kimbundu, o nganguela e o kwanyama | |||
Angola,[1][2] oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; congo, kimbundu, umbundu: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.
Colonia portuguesa ata 1975, ten recursos naturais considerábeis, entre os que destacan o petróleo e os diamantes. O seu sistema de goberno é a democracia, cun réxime presidencial e eleccións multipartidistas.
Índice
1 Etimoloxía
2 Historia
2.1 Primeiros habitantes
2.2 Período colonial
2.3 Descolonización
3 Organización político-administrativa
4 Economía
5 Demografía
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
7.2 Ligazóns externas
Etimoloxía |
O nome Angola é unha derivación portuguesa do termo bantú N’gola, título dos reis do Reino do Ndongo existente na altura en que os portugueses se estabeleceron en Luanda, o século XVI.
Historia |
Primeiros habitantes |
- Artigo principal: Reino do Ndongo.
Os habitantes orixinais de Angola foron cazadores-colectores khoisan, dispersos e pouco numerosos. A expansión dos pobos bantús, chegando do Norte a partir do segundo milenio, forzou os Khoisan (cando non eran absorbidos) a recuar para o Sur onde grupos residuais existen ata hoxe, en Angola (ver mapa étnico), en Namibia e en Botsuana.
Os bantús eran agricultores e cazadores. Súa expansión, a partir da África Centro-Occidental, se deu en grupos menores, que se relocalizaban de acordo coas circunstancias político-económicas e ecolóxicas. Entre os séculos XIV e XVII, establecéronse unha serie de reinos, sendo o principal o Reino do Congo que abrangueu o Noroeste da Angola actual e unha faixa adxacente da hoxe República Democrática do Congo, da República do Congo e do Gabón, a súa capital situábase en M'Banza Kongo e o seu apoxeo se deu durante os séculos XIII e XIV. Outro reino importante foi o Reino de Ndongo, constituído naquela altura ao Sur/Sueste do Reino do Congo. No nordés da Angola actual, mais co seu centro no Sur da actual República Democrática do Congo, constituíuse, sen contacto cos reinos atrás referidos, o Reino da Lunda,[3] coloca este período no contexto rexional e continental.
En 1482, chegou á foz do río Congo unha frota portuguesa, comandada polo navegante Diogo Cão que de inmediato estabeleceu relacións co Reino do Congo. Este foi o primeiro contacto dos europeos con habitantes do territorio hoxe abranguido por Angola, contacto este que viría a ser determinante para o futuro deste territorio e das súas poboacións.
Período colonial |
- Artigo principal: África Occidental Portuguesa.
A partir do fin do século XV, Portugal seguiu na rexión unha dobre estratexia. Por un lado, marcou continuamente presenza no Reino do Congo, por intermedio de (sempre poucos, mais influentes) padres cultos (portugueses e italianos) que promoveron unha lenta cristianización e introduciron elementos da cultura europea. Por outro, estabeleceu en 1575 unha factoría en Luanda, nun punto de fácil acceso ao mar e proximo aos reinos do Congo e de Ndongo. Gradualmente tomaron o control, a través dunha serie de tratados e guerras, dunha faixa que se estendeu de Luanda en dirección ao Reino do Ndongo. Este territorio, dunha dimensión aínda bastante limitada, pasou máis tarde a ser designado como Angola. Por intermedio dos Reinos do Congo, do Ndongo e da Matamba, Luanda desenvolveu un tráfico de escravos con destino a Portugal, ao Brasil e á América Central que pasou a constituír a súa base económica.[4] Este proceso ten que ser visto contra o pano de fondo dun sistemático trafego de escravos a partir de Luanda[5]
Os holandeses ocuparon Angola entre 1641 e 1648, procurando estabelecer alianzas cos estados africanos da rexión. En 1648, Portugal retomou Luanda e iniciou un proceso de conquista militar dos estados do Congo e Ndongo que terminou coa vitoria dos portugueses en 1671, redundando nun control sobre aqueles reinos.[6]
Non obstante, Portugal comezara a estender a súa presenza no litoral en dirección ao Sur. En 1657 estabeleceu unha poboación preto da actual cidade de Porto Amboim, trasladada en 1617 para a actual Benguela que se tornou nunha segunda factoría, independente da de Luanda. Benguela asumiu aos poucos o control sobre un pequeno territorio a norte e leste, e iniciou á súa vez un tráfico de escravos, coa axuda de intermediarios africanos radicados no Planalto Central da Angola de hoxe.
Desde o inicio da súa presenza en Luanda e Benguela, houbo incursións ocasionais dos portugueses máis ala dos pequenos territorios baixo o seu control, pero os esforzos serios de penetración no interior só comezaron nas primeiras décadas do século XIX, desacelerando a mediados daquel século, mais recomezando con máis vigor nas súas últimas décadas.[7] Estas incursións eran en parte militares, visando o establecemento dun dominio duradeiro sobre determinadas rexións, e tiveron xeralmente que vencer, polas armas, unha resistencia maior ou menor das respectivas poboacións.[8] Noutros casos tratouse, no entanto, só de crear postos avanzados destinados a facilitar a extensión de redes comerciais. Formas particulares de penetración económica foron desenvolvidas no Sur, a partir de Moçâmedes (hoxe Namibe).[9] Finalmente, implantáronse as primeiras misións católicas nos perímetros controlados por Luanda e Benguela.[10]
No momento en que se realizou en 1884/85 a Conferencia de Berlín, destinada a resolver a distribución de África entre as potencias coloniais, Portugal pode por tanto facer valer unha presenza secular en dous puntos do litoral, e unha presenza máis recente (administrativa/militar, comercial, misioneira) nunha serie de puntos do interior, mais estaba moi lonxe dunha "ocupación efectiva" do territorio hoxe abranguido por AngolaModelo:Nota de rodapé.
Perante a ameaza das outras potencias coloniais, de se apropiaren de partes do territorio reclamado por Portugal, este país iniciou finalmente, tras a Conferencia de Berlín, un esforzo que visaba a ocupación de todo o territorio da actual Angola. pero como consecuencia dos seus recursos limitados, os progresos neste sentido foron, no entanto, lentos: aínda en 1906, só do 5% a 6% dos territorios podían, con algunha razón, ser considerados "efectivamente ocupados".[11]
Só despois da chegada da República en Portugal, en 1910, a expansión do Estado colonial avanzou de forma máis consecuente. A mediados dos anos 1920 alcanzou un dominio integral do territorio, aínda que houbese aínda en 1941 un breve brote de "resistencia primaria", por parte da etnia Vakuval. Aínda que lento, este esforzo de ocupación non deixou, porén, de provocar novas dinámicas sociais, económicas e políticas.
Descolonización |
Tras unha longa guerra cas forzas coloniais de Portugal, en 1975 Angola acadou a independencia. Entón comezou unha guerra civil entre o MPLA (Movemento Popular de Libertação de Angola), o UNITA (União Nacional para a Independência Total de Angola) e o FNLA (Frente Nacional de Libertação de Angola). O FNLA abandonou a loita, deixando que o marxista MPLA e o UNITA (respaldado por occidente) loitasen polo poder. No 1991, ambas faccións acordaron converter Angola nun estado democrático, politicamente pluralista e non racial, pero despois de que o presidente José Eduardo dos Santos do MPLA gañase as eleccións supervisadas pola ONU, o UNITA denunciou que houbera fraude e comezou novamente a loita.
En 1994 firmouse a paz. Instaurouse un goberno de unidade nacional no 1997. O presidente José Eduardo dos Santos suspendeu o funcionamento das institucións democráticas debido a un novo conflito iniciado no 1998.
O 22 de febreiro do 2002, Jonas Savimbi, líder do UNITA foi asasinado dun disparo e acordouse un alto o fogo. O UNITA abandonou o seu brazo armado e asumiu o seu papel como maior partido na oposición. O MPLA seguiu conseguindo amplas maiorías nas eleccións de 2008, 2012 e 2017. Angola enfróntase a unha grande catástrofe humanitaria debido á guerra, á abundancia de campos de minas, e ás accións dalgunhas guerrillas que loitan pola independencia do enclave setentrional de Cabinda. No aspecto económico o país experimentou un forte crecemento pero con grandes dificultades que o obrigaron a solicitar o apoio do FMI, sen conseguir a eliminación dunhas grandes desigualdades económicas e sociais.
Organización político-administrativa |
Angola está dividida en 18 provincias:-
|
|
|
Economía |
- Artigo principal: Economía de Angola.
O país tornouse un membro da OPEP o 2006, e súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís.[12]. A clasificación do país nos índices internacionais de desenvolvemento humano é 148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en situación de pobreza extrema[13]
Exceptuando os sectores de petróleo diamantes, os demais foron moi perxudiados polos 26 anos de guerra civil.[12] Desde o 2005, o goberno ten utilizado créditos de axuda da República Popular China, Brasil, Portugal, Alemaña, España e toda a UE na reconstrución da súa infraestrutura.[12]
Demografía |
- Artigo principal: Demografía de Angola.
Os habitantes de Angola son, na súa maioría, negros (90%), que viven ao lado dun 10% de brancos e mestizos. A maior parte da poboación negra é de orixe bantú, destacandose os quimbundos, os bancogos e os chokwe-lundas, porén o grupo máis importante é o dos ovimbundos. No suroeste existen diversas tribos de boximanes e hotentotes. A densidade demográfica é baixa (4 habitantes por quilómetro cadrado) e o índice de urbanización non vai alén de 12%. Os principais centros urbanos, alén da capital, son Huambo (antiga Nova Lisboa), Lobito, Benguela, e Lubango (antiga Sá da Bandeira).
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para angolano.
↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014.
↑ Elikia M'Bokolo (2003). Vulgata, ed. África Negra: História e civilizações, tomo I, Até ao Século XVIII. Lisboa.
↑ David Birmingham, Trade and Conflict in Angola. The Mbundu and their Neighbours under the Influence of the Portuguese. 1483–1790, Londres: Oxford University Press, 1966
↑ Ver James Duffy, A Question of Slavery, Oxford: Clarendon Press, 1967
↑ António Custódio Gonçalves (2005). Estampa, ed. A história revisitada do Kongo e de Angola. Lisboa.
↑ David Birmingham (1965). Oxford University Press, ed. The Portuguese Conquest of Angola. Londres.
↑ René Pélissier (1977). Edição do autor, ed. Les guerres grises: Résistance et revoltes en Angola (1845-1941). Montamets/Orgeval.
↑ William G. Clarence-Smith, Slaves, peasants and capitalists in southern Angola, 1840-1926, Cambridge: Cambridge University Press, 1979
↑ Manuel Nunes Gabriel (1978). Literal, ed. Angola: Cinco séculos de cristianismo. Queluz.
↑ Douglas Wheeler & René Pélissier (1971). Pall Mall, ed. Angola. Londres.
↑ 12,012,112,2 "The World Factbook.". Consultado o 27 de outubro de 2013.
↑ Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo, ed. (2011). "Informe sobre Desarrollo Humano 2011" (PDF). Consultado o 10 de febreiro de 2013.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angola |
Outros artigos |
Ligazóns externas |
- Páxina da Asemblea Nacional
- Portal de República de Angola
- Portal da Capital de Angola - Luanda
- Portal da Música Angolana
- Angola Press
- Embaixada de Angola no Brasil
- Embaixada de Angola en Portugal
A Country Study: Angola |4= Library of Congress.- Localizador de Angola - Portal oficial de localização de empresas, produtos, serviços, organismos do estado, sítios turísticos, províncias, municípios, bairros, ruas.
- Bertelsmann Transformation Index 2012 - Angola Country Report
- Markus Weimer, The Peace Dividend: Analysis of a Decade of Angolan Indicators
- Eleições em Angola de 2012 - Especial da DW
- Novas de Angola en tempo real
- Entre o lixo e o luxo, Angola sobrevive
|
|
|
|
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categoría:
- Angola
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.276","walltime":"2.295","ppvisitednodes":"value":2392,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":95832,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":7546,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":16,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10952,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":17,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2005.932 1 -total"," 50.79% 1018.714 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 27.29% 547.412 1 Modelo:Commonscat"," 27.14% 544.460 1 Modelo:Irmáns"," 26.98% 541.243 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.32% 166.962 2 Modelo:Navbox"," 8.00% 160.557 1 Modelo:África"," 7.30% 146.443 58 Modelo:Nowrap"," 6.91% 138.604 1 Modelo:Listaref"," 4.47% 89.746 7 Modelo:Cita_libro"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.831","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":11515163,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1270","timestamp":"20190412211109","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":165,"wgHostname":"mw1321"););