Namibia Índice Historia | Política | Xeografía | Subdivisións | Economía | Demografía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación22°S 17°L / -22, -17eDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabraseWorldCat140653407182503XX1985901530490152247323ID004533533553384075202-1165410000 0001 2170 3475n79039884ID00568015ge1301391952661000198108516D009276
Namibia
África AustralAngolaZambiaBotswanaSuráfricaOcéano AtlánticoWindhoeksannamasdamarasséculo XIVbantúshererosovambosséculo XIXAlemañacoloniaWalvis BaySuráfricaPrimeira Guerra MundialmandatoSociedade de NaciónsSegunda Guerra Mundial1966SWAPOmarxistaONU1988SuráfricaOrganizacións das Nacións Unidas1990Walvis Bayenclave1994repúblicaparlamentaristaxefe de gobernoPrimeiro Ministroconstitución21 de marzo1990endorreicasflorafaunarío UgabKuisebCuneneAngolaOrangeRepública SurafricanaOkavangoFishdeserto de KalahariCosta dos Esqueletos
Namibia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 22°S 17°L / -22, -17
República de Namibia | |||
---|---|---|---|
Republic of Namibia Republiek van Namibië | |||
| |||
Lema: Unity - Liberty - Justice' (inglés: Unidade – Liberdade - Xustiza) | |||
Himno: Namibia, Land of the Brave | |||
Capital • Poboación | Windhoek 228 500 (2003) | ||
Cidade máis poboada | Windhoek | ||
Linguas oficiais | Inglés 1 | ||
Forma de goberno | República | ||
Presidente Primeiro ministro | Hage Geingob Saara Kuugongelwa | ||
Independencia de Suráfrica | 21 de marzo de 1990 | ||
Superficie | Posto 34º | ||
• Total | 825 418 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 3 824 km | ||
Costas | 1 572 km | ||
Poboación | Posto 142º | ||
• Total | 2 030 692 hab. | ||
• Densidade | 2,5 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 127º | ||
• per cápita | 6 658 US$ | ||
Moeda | Dólar namibio ou namibiano ( NAD ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Namibio, namibia [1] ou namibiano, namibiana [2] | ||
Fuso horario | UTC + 1 | ||
• Horario de verán | UTC + 2 | ||
Dominio de Internet | .na | ||
Prefixo telefónico | +264 | ||
Prefixo radiofónico | V5A-V5Z | ||
Código ISO | 516 NAM NA | ||
1 A maioría da poboación branca fala alemán ou afrikáans. Ambas linguas foron idiomas oficiais ata 1990, cando o país logrou a independencia | |||
Namibia é un país da África Austral, limitado ao norte por Angola e por Zambia, ao leste e ao sur por Botswana, ao sur pola Suráfrica e ao oeste polo Océano Atlántico. Capital: Windhoek.
Índice
1 Historia
2 Política
3 Xeografía
3.1 Relevo
3.2 Hidrografía
4 Subdivisións
5 Economía
6 Demografía
7 Notas
8 Véxase tamén
8.1 Bibliografía
Historia |
Os primeiros habitantes de Namibia foron probabelmente os san (bosquimanos), seguidos dos namas e dos damaras. A partir do século XIV entraron na rexión diversos grupos bantús, entre os que se encontraban os hereros e os ovambos.
Os primeiros europeos que alcanzaron o país foron os portugueses. O interior do país foi explorado polos europeos durante o século XIX. En 1884 Alemaña creou no país unha colonia co nome de África Suroccidental Alemá, que tamén se coñeceu como África do Suroeste Alemá (Deutsch-Südwestafrika), coa excepción do territorio en torno a Walvis Bay que foi posesión británica.
Suráfrica, dominio británico, ocupou Namibia durante a Primeira Guerra Mundial e logo administrou o país como un mandato da Sociedade de Nacións até a Segunda Guerra Mundial, momento no que as autoridades surafricanas anexionaron directamente o territorio. En 1966 a organización SWAPO (South-West African People's Organization), de inspiración marxista, iniciou unha guerrilla independentista contra as forzas surafricanas, e no mesmo ano a ONU revogou o mandato que a Sociedade de Nacións outorgara a Suráfrica para administrala. No ano 1988, Suráfrica decidiu pór fin ao seu control aceptando un plano de paz da Organizacións das Nacións Unidas, que conduciu á plena independencia de Namibia en 1990. A rexión de Walvis Bay permaneceu sob control surafricano como enclave, pero finalmente foi cedido a Namibia en 1994.
Política |
Namibia é unha república parlamentarista. O presidente é o Xefe de Estado, elixido por sufraxio universal a cada 5 anos. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro, nomeado polo presidente.
O parlamento é bicameral e composto polo Consello Nacional (National Council) de 26 membros elixidos a cada 6 anos, e a Asemblea Nacional (National Assembly) de 78 membros, sendo 72 elixidos a cada 5 anos e outros seis designados polo presidente.
A constitución do país é de 21 de marzo de 1990, día da independencia do país.
Xeografía |
Relevo |
O litoral namibio é pouco recortada e está ocupada polo deserto de Namibia nunha franxa duns 50 km de anchura media. Desde aí érguense unha serie de cadeas montañosas, en parte transversais e en parte paralelas á costa, que en determinados puntos da parte central superan os 2.000 m de altitude (Brandberg, 2.606 m; Monte Erongo, 2.350 m; Gonsberg, 2.332). Unha serie de ríos curtos baixan desde estes cordais cara o Océano Atlántico, creando varios ríos transversais, pero dada a sequidade do clima, a maioría non chegan até o mar, formando porén lagoas endorreicas pantanosas no mesmo deserto, pero son moi importantes para a subsistencia da flora e a fauna. Só algúns destes cursos como o río Ugab ou o Kuiseb desaugan no mar.
Tras as cadeas montañosas érguese un extenso planalto, entre 800 e 1.200 m de altura media, que ocupa o centro do país desde o norte ao sur. Nel aséntase a capital, Windhoek, a máis de 1.600 m de altitude.
Hidrografía |
A costa de Namibia está limitada por dous grandes e caudalosos ríos: ao norte o Cunene, que serve de fronteira con Angola e ao sur o Orange, que fai o mesmo papel a respecto da República Surafricana. Como a zona norte é a única do país que supera os 500 mm anuais de precipitacións, xunto con o Cunene e tributarios do gran río endorreico internacional, o Okavango, é o único territorio namibio onde é posíbel o agro (millo, sorgo) e a gandeiría. No sur o Oranxe ten algún gran afluente como o Fish, pero por contra penetra, polo leste, o deserto de Kalahari.
Subdivisións |
Namibia está subdividida en 13 rexións.
- Caprivi
- Erongo
- Hardap
- Karas
- Kavango
- Khomas
- Kunene
- Ohangwena
- Omaheke
- Omusati
- Oshana
- Oshikoto
- Otjozondjupa
Economía |
- Artigo principal: Economía de Namibia.
Demografía |
Namibia é un país con cerca de 1.500.000 habitantes, concentrados sobre todo no Norte e na zona da capital. A densidade de poboación é moi reducida ou mesmo nula, como no caso da rexión da Costa dos Esqueletos. A taxa de natalidade é alta, mais a porcentaxe de individuos seropositivos atinxe preto do 15%, polo que non se espera un grande crecemento nos próximos anos.
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para namibio.
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para namibiano.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Namibia |
Bibliografía |
Vedder, Heinrich (1997). Das alte Südwestafrika. Südwestafrikas Geschichte bis zum Tode Mahareros 1890 (en alemán) (7ª ed.). Windhoek: Namibia Scientific Society. ISBN 0-949995-33-9.
|
|
|
|
Categoría:
- Namibia
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.156","walltime":"2.277","ppvisitednodes":"value":1731,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":84948,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":8096,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":19,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1265,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":20,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2013.459 1 -total"," 54.45% 1096.259 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 27.27% 549.000 1 Modelo:Commonscat"," 27.10% 545.623 1 Modelo:Irmáns"," 26.87% 541.044 1 Modelo:Caixa_lateral"," 9.19% 185.059 1 Modelo:África"," 8.99% 181.065 1 Modelo:Navbox"," 8.33% 167.627 59 Modelo:Nowrap"," 3.06% 61.635 1 Modelo:País"," 2.60% 52.381 1 Modelo:Infobox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.777","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":13837789,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1262","timestamp":"20190413150713","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":131,"wgHostname":"mw1257"););