Skip to main content

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat AmeazasNotas Véxase tamén Menú de navegación"Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.FotosChalcides_bedriagaiID1920701642214692ID5225187372391036279061472NHMSYS0000375851500790186986

Especies medianamente ameazadasRéptiles de GaliciaRéptiles


escíncidospenínsula Ibéricaesgonzo comúnJacques von Bedriagaesgonzo comúndimorfismo sexualovovivíparaendémicaPenínsula IbéricaCordilleira CantábricaAsturiasPaís VascoGaliciaRías BaixasMurosCarnotaillas CíesOnsAtlánticoIllas CíesIlla de Onsilla do PesegueiroIlla de Sancti PetriMediterráneoMar MenorIlla de TabarcaGaliciaCantabriaBurgossolosdestrución do hábitatIUCN












Esgonzo ibérico




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Esgonzo ibérico

Chalcides bedriagai 01 by-dpc.jpg


Estado de conservación

Case ameazada (NT)
Case ameazada

Clasificación científica


















Reino:

Animalia


Filo:

Chordata


Clase:

Reptilia


Orde:

Squamata

Infraorde:

Scleroglossa


Familia:

Scincidae


Xénero:

Chalcides


Especie:
'C. bendriagai'


Nome binomial
'Chalcides bedriagai'
Boscá, 1880[1]

Distribución de Chalcides bedriagai.


Distribución de Chalcides bedriagai.

Subespecies


  • Chalcides bedriagai bedriagai, Boscá, 1880.


  • Chalcides bedriagai cobosi , Valverde, 1998.


  • Chalcides bedriagai pistaciae , Valverde, 1966.


Sinonimia

[1]



  • Gongylus ocellatus bedriagai Boscá, 1880


  • Chalcides bedriagai albaredae Valverde, 1968


  • Chalcides bedriagai
    — Malkmus, 1982


O esgonzo ibérico ou escáncer de patas ibérico[2] (Chalcides bedriagai) é unha especie de lagarto da familia dos escíncidos endémico da península Ibérica. Está presente en zonas costeiras de Galicia, pero é moito máis escaso que o outro esgonzo galego, o esgonzo común. As poboacións galegas do esgonzo ibérico pertencen á subespecie Chalcides bedriagai pistaciae. O seu nome científico déuselle polo herpetólogo Jacques von Bedriaga.[3]




Índice





  • 1 Descrición


  • 2 Distribución


  • 3 Hábitat


  • 4 Ameazas


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Descrición


É un lagarto de pequeno tamaño, cunha cabeza pequena, triangular, alargada e con fociño arredondado. O seu corpo é curto e groso de sección arredondada ou cuadrangular, recuberto de escamas lisas e brillantes. Extremidades pequenas, pero maiores que as do esgonzo común, e teñen 5 dedos (no esgonzo común son 3 dedos). O rabo de sección circular de menor lonxitude que o corpo. A especie ten dimorfismo sexual, xa que as femias son de maior tamaño, pero polo demais son moi parecidas aos machos. A coloración pode ser de pardo-amarelada a olivácea, co ventre abrancazado ou de tons amarelos. Poden ter pequenos ocelos. A especie é ovovivípara.



Distribución


É unha especie endémica da Península Ibérica e distribúese na maior parte dela, agás no extremo norte (Cordilleira Cantábrica, Asturias e País Vasco) e falta tamén en gran parte de Galicia e en moitas zonas de Portugal. En Galicia ten unha distribución limitada en zonas das Rías Baixas, na zona de Muros-Carnota e nas illas Cíes e na de Ons.[4] Existen poboaciones en illas tanto no Atlántico (en Galicia as xa mencionadas das Illas Cíes, e Illa de Ons, en Portugal na illa do Pesegueiro, e no sur na Illa de Sancti Petri gaditana), coma no Mediterráneo (illas do Mar Menor e Illa de Tabarca).



Hábitat


A práctica totalidade da súa área de distribución encóntrase dentro da rexión bioclimática mediterránea e nas zonas máis frescas, suroeste de Galicia, sur de Cantabria e norte de Burgos, sempre ocupa áreas moi térmicas.


Necesita unha serie de requirimentos básicos, solos (preferentemente areoso ou terroso), abundantes refuxios (pedras, raíces e follas secas) e orientación (zonas solleiras térmícas), cuxa falta ou escaseza poden limitar a súa presenza. En Galicia viven principalmente en zonas de dunas e áreas areosas próximas ás praias con vexetación herbácea e mato.


Ameazas


Ao ser unha especie en xeral escasa, cunha distribución moi localizada e vinculada a determinados hábitat, calquera modificación destes provoca a desaparición de toda a poboación. As poboaciones das illas e as costeiras son as que están máis ameazadas pola excesiva presenza humana e as súas consecuencias (incendios, captura ilegal, destrución do hábitat etc.) e a presión urbanística nas costas tanto mediterráneas coma atlánticas, que fan temer pola súa conservación. A IUCN clasifícaa como especie "case ameazada".[5]


Notas




  1. 1,01,1 The Reptile Database. [1].


  2. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.


  3. Beolens B, Watkins M, Grayson M. 2011. The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Chalcides bedriagai, p. 21).


  4. Pedro Galán Regalado, Gustavo Fernández Arias. Anfibios e réptiles de Galicia. Colección Montes e Fontes. Edicións Xerais de Galicia S.A. 1993. Páxinas 356-359. ISBN 84-7507-722-6.


  5. Juan M. Pleguezuelos, Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado, Rafael Marquez, Iñigo Martínez-Solano (2009). "Chalcides bedriagai". IUCN Red List of Threatened Species. Version 2013.2. International Union for Conservation of Nature. Retrieved 2014-01-06.



Véxase tamén


Outros artigos


  • Esgonzo común

  • Lista de réptiles de Galicia


Ligazóns externas







  • Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.

  • Fotos




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Esgonzo_ibérico&oldid=4853063"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.340","walltime":"0.533","ppvisitednodes":"value":1247,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":18794,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2903,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3154,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 451.879 1 -total"," 62.67% 283.189 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.55% 88.341 2 Modelo:Irmáns"," 18.57% 83.930 2 Modelo:Caixa_lateral"," 12.73% 57.540 1 Modelo:Commonscat"," 12.21% 55.185 1 Modelo:Taxobox"," 9.91% 44.792 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 8.17% 36.912 1 Modelo:Wikispecies"," 3.16% 14.262 1 Modelo:Listaref"," 1.50% 6.781 2 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.176","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2790485,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1272","timestamp":"20190416114613","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Esgonzo ibu00e9rico","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Esgonzo_ib%C3%A9rico","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1305769","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1305769","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2015-08-09T20:26:08Z","dateModified":"2018-08-23T14:55:10Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/3f/Chalcides_bedriagai_01_by-dpc.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":140,"wgHostname":"mw1324"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos