Skip to main content

Bruma, Mesía Índice Xeografía e xeoloxía | Historia | Topónimo | Patrimonio | Lugares e parroquias | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°09′01″N 8°21′52″O / 43.15017, -8.36447Mapa Geológico de España (Escala 1:50.000): Cartografía geológicaPlano xeral de ordenación municipal de MesíaO Camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. II Aulas no CamiñoCamiño Inglés: Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño de Santiago"Las fortalezas medievales que jalobaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos"Crónica general de España o sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones mas importantes de la península y de ultramar. [...] Coruña."Mapa de Mesía""Mesía"O Camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. II Aulas no Camiño (1997. Ferrol)"Bruma (San Lourenzo)"Bruma na web do concello de Mesía

Parroquias de MesíaParroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo


exclaveMesíaArdemil (Ordes)Beira (Carral)Vizoño, (AbegondoHospitalhospitalperegrinoscamiño inglésSantiagoCoruñaFerrolNeda20171999exclaveMesíaVisantoñaArdemil, OrdesBeira, CarralVizoño, AbegondoHospitalrío Samo20172000xistos de OrdesprecámbricocámbricoarxilasSeixo, Ardemilareasgravaribeiraholocenorochas filonianasArdemilmámoasneolíticoidade de bronceVía XXromanaséculo XIICompostelaAfonso VII1140leproseríaMalataVizoñotopónimoabadecondadoNendosPedro CrescónizMontaoscondado de Nemitos1175século XVPouloBuscáslugartorreCarlos Iséculo XVIPedro VillugaPadre SarmientoCoruñaas Travesas1836ArdemilOrdes1842FradesOrosoOrdesArdemilmámoaneolíticoidade de broncecamiño inglésgóticoséculo XVIcachotaríacheminealinteispórticoséculo XXhórreosCamiño inglésgóticoFilipe IISan Bertolameu, Montoutodas Travesas, Carralcamiños reais1997fonteHospitalAlbixoi (Santa Mariña)Bascoi (Santiago)Boado (Santiago)Bruma (San Lourenzo)Cabrui (San Martiño)Castro (San Sebastián)Cumbraos (Santa María)Lanzá (San Mamede)Mesía (San Cristovo)Olas (San Lourenzo)Visantoña (San Martiño)Xanceda (San Salvador)












Bruma, Mesía




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 43°09′01″N 8°21′52″O / 43.15017, -8.36447












Bruma

Hospital de Bruma 1.jpg
Albergue de peregrinos, antigo hospital de Bruma.

ConcelloMesía
Área1,11 km²
Poboación41 hab. (2017)
Densidade36,94 hab./km²
Entidades de poboación1

San Lourenzo de Bruma é unha parroquia exclave do concello de Mesía, que linda con Ardemil (Ordes), Beira (Carral) e Vizoño, (Abegondo). A súa única aldea é o Hospital, que se lle chama así xa que nel se atopaba unha pousada e hospital de peregrinos. A Bruma chega o camiño inglés de Santiago, xusto cando as súas dúas variantes da Coruña e Ferrol e Neda se unen. O antigo hospital é agora un albergue do camiño. Bruma, segundo o padrón municipal de 2017, tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.




Índice





  • 1 Xeografía e xeoloxía

    • 1.1 Demografía


    • 1.2 Xeoloxía



  • 2 Historia


  • 3 Topónimo


  • 4 Patrimonio

    • 4.1 Patrimonio arqueolóxico


    • 4.2 Patrimonio arquitectónico

      • 4.2.1 O Hospital de peregrinos


      • 4.2.2 Hórreos



    • 4.3 Patrimonio relixioso

      • 4.3.1 Igrexa de San Lourenzo



    • 4.4 Patrimonio cultural

      • 4.4.1 O camiño inglés e camiño real


      • 4.4.2 Festas




  • 5 Lugares e parroquias

    • 5.1 Lugares de Bruma


    • 5.2 Parroquias de Mesía



  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Ligazóns externas





Xeografía e xeoloxía |


Bruma é un exclave de Mesía, que non ten conexión directa co resto do concello, que ten unha superficie de 1,11 Km2. Está situado a uns 1,8 Km da parroquia máis proxima de Mesía, que é Visantoña. Limita ao norte, oeste e sur con Ardemil, Ordes e ao leste con Beira, Carral e Vizoño, Abegondo. Bruma só conta cun núcleo rural, o lugar do Hospital de Bruma.


Está a unha altitude de entre 400–450 m no seu oeste e de entre 350-400 no seu leste. Por el pasa o rego dos Santeiros e o rego dos Outeiros, que son afluentes un do outro e ambos do río Samo.



Demografía |


Bruma en 2017 tiña unha poboación de 41 persoas. Iso supón un descenso na poboación desde o 2000, cando había 51 residentes. A súa poboación supón o 0,92% do concello de Mesía.



Xeoloxía |


Atópase nunha rexións dos xistos de Ordes, que son do precámbrico-cámbrico, e preto dunha sección do sur con arxilas brancas con gibbsita na no línde co Seixo, Ardemil. Os regos teñen unha base indiferenciada de areas e grava, entre outras, propias dunha ribeira do holoceno. Hai un reducido afloramento de rochas filonianas.[1]



Historia |


No Coto, entre Ardemil e Bruma, atópase restos de mámoas que poden ser do neolítico ou do comezo da idade de bronce.[2][3]


Inda que non exite unha proba directa, a Vía XX romana que describiu Antonino pasou ou ben por preto ou pola parroquia.[4]


O Hospital foi cando menos desde o século XII un lugar de viaxeiros que peregrinaban a Compostela.[5] Xa o rei Afonso VII declarou cales eran os lindes do convento e do hospital no 1140. Ese hospital funcionaría como tal xa que puido ser unha leprosería. O hospital está cerca do monte da Malata, en Vizoño; e ese topónimo refírese a lepra; co que parece apoiar que o hospital tivese esa función.[6] O abade do condado de Némitos ou Nendos, Pedro Crescóniz, foi o fundador dese hospital, que se emprazou nun lugar chamado Rania Longa, hoxe en día lugar de Raña Longa. Ese hospital estaba entre as "terras de Montaos" e o condado de Nemitos[7]. Neses anos Pedro Martis e a súa muller Urraca cedéronlle ao Hospital de Santiago nun documento do 25 de maio de 1175 unha parte do terreo do lugar de "Rama-Longa" en "Gruma", referíndose a Bruma:[4][8]


de omni portione nostra ipsius hospitales de gruma
Pedro Martis, 1175


A parroquia do "San Lourenzo do Hospital", a que se lle ten chamado así, pertenceu ata o século XV, xunto con San Xiao de Poulo e o coto de Buscás, aos señores de Mesía, afincados nese lugar e torre.[4] O rei Carlos I fixo unha parada da súa viaxe para almorzar en Bruma no século XVI. Pedro Villuga e o Padre Sarmiento fixeron mención ao Hospital como ruta de paso da Coruña ata as Travesas.[4]


O 25 de abril de 1836 publícase a resolución do goberno pola que se crea o concello de Mesía e nel se inclúen, entre outras, Bruma e Ardemil como parroquias do concello.[9] Porén, no verán dese mesmo ano de 1836, unha nova orde do estado move a parroquia de Ardemil para o concello de Ordes, co cal Bruma convértese nun exclave de Mesía.[10][11] Poucos anos despois, en 1842, valorouse a integración dos concellos de Mesía, Frades e Oroso nun só, que se chamaría Vitre; e en escindir Bruma de Mesía e incluíla en Ordes. Malia a todo, esa proposta non se levou a cabo e Bruma continuou sendo parte do concello de Mesía ata a actualidade.[12]



Topónimo |


A construción dun hospital para peregrinos na parroquia fixo que a parroquia de Bruma pasase a ser coñecida como "Hospital de Bruma" ou mencionada como "San Lourenzo do Hospital", e que o lugar onde se atopa tamén reciba o nome de Hospital.[2][13]



Patrimonio |



Patrimonio arqueolóxico |


No lugar do Coto do Regueiro, entre Bruma e Ardemil atópase o xacemento dunha mámoa que data do neolítico ou idade de bronce.[2][14][15]



Patrimonio arquitectónico |



O Hospital de peregrinos |


No lugar do Hospital está o albergue de peregrinos do camiño inglés de Santiago.[5] Ese edificio, de estilo do gótico tardío, construiuse no século XVI á beira do rego de Outeiros. Está feito de cachotaría, ten unha cociña cunha boa cheminea e conta con linteis con inscricións relixiosas. A pranta do edificio é rectangular e ten un pórtico.[16]


Coa súa reforma do século XX o edifio ampliouse, sen respetar o estilo inicial do hospital.[16]



Hórreos |




Hórreo de mahía no Hospital.


Os hórreos catalogados da parroquia son de tipo Mahía e de dous ou tres vans.[2][17]



Patrimonio relixioso |



Igrexa de San Lourenzo |


A igrexa parroquial de San Lourenzo de Bruma e capela está no lugar do Hospital, no rueiro do Hospital e polo que pasa o Camiño inglés de Santiago. É unha igrexa de estilo gótico tardío que posiblemente se construiu no século XVI e que tivo arranxos desde o século XVIII ata o XX. Está feita con fábrica de canteira e cachotería e posúe un arco triunfal, que arestora está cegado e agochado detrás dun falso teito. A espadana está feita como os muros e a pranta da igrexa é rectangular. Está sen cuberta e os seus muros están en parte en ruínas.[2][14]


A igrexa citouse na viaxe do rei Filipe II.[2][13]



Patrimonio cultural |



O camiño inglés e camiño real |




Indicación do camiño inglés en Bruma na súa saída cara a Ardemil.


As dúas variantes do Camiño inglés xuntáronse históricamente na entrada á parroquia de Bruma, entre San Bertolameu, Montouto e o comezo do lugar das Travesas, Carral[5] Esas dúas variantes do camiño inglés proceden do "Porto do Faro" na Coruña e a de Ferrol e Neda.[18] ou na capela de San Roque das Travesas.[19] Boa parte deste itinerarío que conflúe preto do Hospital cadra cos "camiños reais" que comunicaron as cidades do norte de Galicia con Compostela. O camiño inglés definido en 1997 xuntaba as dúas variantes no mesmo centro do Hospital. Revisións posteriores volveron a definir a xuntanza das dúas vías polo camiño histórico, nas Travesas á súa entrada na parroquia de Bruma.[5]


Espazos recreativos e culturais


Á beira do Hospital hai unha área recreativa con espazo de lecer para a xuventude e unha fonte. Bruma conta cun local social.



Festas |


  • San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto.[20]


Lugares e parroquias |



Lugares de Bruma |




Lugares da parroquia de Bruma no concello de Mesía (A Coruña)

Hospital



Parroquias de Mesía |





Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía


Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)



Notas |




  1. Instituto Geológico y Minero de España (eds.). Mapa Geológico de España (Escala 1:50.000): Cartografía geológica. Hoja 70 (Ordes) (2º ed.). 


  2. 2,02,12,22,32,42,5 Julio C. Rojo Martínez e Isidro López Yáñez, Equipo ESTUDIO TECNICO GALEGO SA (26/12/2012 (Aprobación), 17/01/2013 (BOP), 10/01/2013 (DOG)). Concello de Mesía, eds. Plano xeral de ordenación municipal de Mesía. 


  3. Sección: Restos arqueolóxicos.


  4. 4,04,14,24,3 González Bonome, María A. (1997). "Los hospitales de peregrinos: de Ferrol a Santiago". En José Leira López-Vizoso (coord.). Servizo de publicacións, Universidade da Coruña. O Camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. II Aulas no Camiño. Ferrol. pp. 311–329. ISBN 84-89694-47-8. 


  5. 5,05,15,25,3 "Concello de Mesía". Camiño Inglés: Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño de Santiago (PDF). Separata 11. Xunta de Galicia. 


  6. Valdés Blanco-Rajoy, Mª del Rosario (2008). Manuel Criado de Val (edit.) (IEGPS) Comunicaciones congresos, eds. "Las fortalezas medievales que jalobaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos". Caminería Hispánica. Actas del VIII Congreso Internacional (Madrid). ISBN 9788477904694. 


  7. O condado de Némitos ou Nendos ocupou un territorio similar á comarca de Betanzos no baixo medievo.


  8. José Raimundo Núñez Varela y Lendoiro, Manuel Pérez Grueiro, Ana López Brey (2012). "La hospitalidad en el camino inglés". cronistadebetanzos.com. 


  9. "Artigos de Oficio - Diputación provincial da Coruña. Continuación del arreglo de ayuntamientos. Partido de Santiago.". Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña (en castelán) (116). Luns 26 de abril de 1836. 


  10. Obra redactada por conocidos escritores de Madrid, de provincias y de América (Fulgosio, Fernando) (1866). Ronchi y Compañía, eds. Crónica general de España o sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones mas importantes de la península y de ultramar. [...] Coruña. Madrid. 


  11. Juan José Ferreiro Boquete (19/09/2016). "Mapa de Mesía". Historias de Ordes (e comarca). Consultado o 7/04/2018. 


  12. Terras de Santiago (eds.). "Mesía". Consultado o 7/04/2018. 


  13. 13,013,1 Sección: Arquitectura relixiosa.


  14. 14,014,1 Xacemento arqueolóxico número 31.


  15. Mámoa do Coto con referencia: GA15047059-60.


  16. 16,016,1 Plan xeral de ordenación municipal de Mesía. Arquitectura cultural.


  17. Sección do catálogo "Hórreos da parroquia de Bruma".


  18. José, Leira López (1997). "Poboación e estructura social ó longo do Camiño de Ferrol e Neda a Fisterra". En José Leira López-Vizoso (coord.). Servizo de publicacións, Universidade da Coruña. O Camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. II Aulas no Camiño (1997. Ferrol). pp. 177–213. ISBN 84-89694-47-8. 


  19. Manuel Pazos Gómez e José Luis Varela Fernández (autores), Antonio Matías e Luis Alonso Ocaña (imaxes), Antonio Puentes Chao (traduccións). "El Camino Inglés de Santiago". En tresCtres e eurográficas. Guía Turística - Concello de Oroso. 


  20. Concello de Mesía (eds.). "Bruma (San Lourenzo)". Consultado o 7/04/2018. 



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Lugares de Mesía


Ligazóns externas |


  • Bruma na web do concello de Mesía



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bruma,_Mesía&oldid=4790715"










Menú de navegación

























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.396","walltime":"0.529","ppvisitednodes":"value":1256,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":25871,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":415,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":33340,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 450.266 1 -total"," 32.62% 146.863 1 Modelo:Listaref"," 18.89% 85.043 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.32% 82.510 7 Modelo:Cita_libro"," 5.80% 26.093 1 Modelo:Parroquia"," 5.05% 22.735 1 Modelo:Infobox"," 4.76% 21.453 1 Modelo:Coordenadas"," 4.01% 18.057 3 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 3.34% 15.042 3 Modelo:Cita_web"," 0.65% 2.906 1 Modelo:Cita"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.158","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3574116,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1319","timestamp":"20190515155234","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Bruma, Mesu00eda","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Bruma,_Mes%C3%ADa","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11135097","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11135097","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-01-21T10:25:23Z","dateModified":"2018-07-16T12:02:54Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/70/Hospital_de_Bruma_1.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":198,"wgHostname":"mw1267"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020