Skip to main content

Letonia Índice Historia | Política | Divisións administrativas | Xeografía | Economía | Demografía | Cultura | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación56°56′51″N 24°6′23″L / 56.94750, -24.10639eCIA Factbook: Latvia"Data: 3000 BC to 1500 BC""The Crusaders"o orixinalLakes and RiversFacts about Latvia lkb.lvo orixinalParks, Reserves, and Other Protected Areas in LatviaEnviromental indicators in Latvia 2002"Mammals of Latvia"o orixinal"Status of Brown Bear in Latvia"o orixinal"Letonia se convierte en el decimoctavo país de la eurozona"O PIB de Letonia medrou en 2006 un 11,9 por cientoUE-25: o maior crecemento económico corresponderá aos novos países membros en 2007España crecerá un 2,6% en 2008, por riba da media europea, pero lonxe dos países punteiros da UECensus 2011Arquivado"Death of a language: last ever speaker of Livonian passes away aged 103"Ministry of Foreign Affairs of LatviaArquivadoRiga, una ciudad de detallesLatvia - Wikivoyage (en)A Presidencia de LetoniaO Ministerio de Asuntos ExterioresO Instituto LetónFolclore LetóneeeeWorldCat1254221312937910ID00370474582584074187-466280000 0001 2151 8114n80150219ID00569322ge128512ID725947006541lettonia108491D007844

DaugavpilsJelgavaJūrmalaLiepājaRēzekneRigaVentspilsAlemañaAlemañaAustriaAustriaBélxicaBélxicaBulgariaBulgariaChipreChipreCroaciaCroaciaDinamarcaDinamarcaEslovaquiaEslovaquiaEsloveniaEsloveniaEspañaEspañaEstoniaEstoniaFinlandiaFinlandiaFranciaGreciaGreciaHungríaHungríaIrlandaIrlandaItaliaItaliaLetoniaLetoniaLituaniaLituaniaLuxemburgoLuxemburgoMaltaMaltaPaíses BaixosPaíses BaixosPoloniaPoloniaPortugalPortugalReino UnidoReino UnidoRepública ChecaRepública ChecaRomaníaRomaníaSueciaSueciaFlag of Albania.svgAlbaniaAlemañaAlemañaBélxicaBélxicaBulgariaBulgariaCanadáRepública ChecaRepública ChecaCroaciaCroaciaDinamarcaDinamarcaEslovaquiaEslovaquiaEsloveniaEsloveniaEspañaEspañaEstados Unidos de AméricaEstados UnidosEstoniaEstoniaFranciaGreciaGreciaHungríaHungríaIslandiaIslandiaItaliaItaliaLetoniaLetoniaLituaniaLituaniaLuxemburgoLuxemburgoNoruegaNoruegaPaíses BaixosPaíses BaixosPoloniaPoloniaPortugalPortugalReino UnidoReino UnidoRomaníaRomaníaTurquíaTurquía


Letonia


letónletónEuropa do nortebálticaEstoniaLituaniaBelarúsFederación rusamar BálticoSuecia2004letónspobo bálticolituanoslinguas bálticasindoeuropearepública parlamentariademocráticadistritosRiga2005Nacións Unidas17 de setembro1991Unión Europea1 de maio2004OTAN29 de marzo2004mar BálticocuronioslatgalianosselonianossemigalianoslivoniosugrofinesaEuropaámbarpobos bálticosGrecia antigaImperio Romanoséculo XIIrío DaugavaRusiamisioneiroscristiáns1180cruzados1211Rigaséculo XIIILivoniaEstonia1282CēsisLimbažiKokneseValmieraLiga HanseáticaEuropa Occidentalséculo XVIGuerra LivonaRepública das Dúas NaciónsXVIIXVIIIPoloniaSueciaRusiaLivonia polacasuecosTratado de Altmark1629servidumeTratado de Nystad1721Gran Guerra do NorteGobernorato de RigaPoloniaDucado de Livonia1772Ducado de CurlandiaGobernorato de Curlandia1795Imperio RusoPedro o GrandeRiga1710suecos181718191897proletariaburguesaletónnacionalismorusificaciónRevolta de xaneiro186318801890Revolución de 1905Primeira Guerra MundialRiga18 de novembro1918Consello do pobo letónKārlis Ulmanispaís bálticoGuerra de independencia1919goberno da Letonia SoviéticaPēteris StučkaExército VermelloAndrievs NiedraBaltische LandeswehrFreikorpsestonianasBatalla de Cēsis1919Pavel Bermondt-AvalovExército vermellopolacas19201 de maio1920constituciónliberal1922193419901915189719301923Gran Depresióngolpe de estado15 de maio19341940Alemaña NaziPacto Ribbentrop-Molotov5 de outubro1939Unión Soviética16 de xuño1940Vyacheslav MolotovMoscova17 de xuñoocupación do paísAugusts Kirhenšteins5 de agosto1940República Socialista Soviética de Letoniainvasión alemáPolicia auxiliarHolocaustoSegunda Guerra MundialxudeusLexión letoaWaffen-SS19441945colectivizaciónsovietizaciónRusia1959Nikita KhrushchevEduards Berklavs1989Soviet SupremoURSSOcupación dos estados bálticosFronte Popular de Letoniareformas da glasnotMikhail GorbachevInterfront4 de maio1990Soviet SupremoDeclaración da restauración da independencia da República de Letonia21 de agosto1991Putsch de AgostoSaeima1993199490OTANUnión Europea2004rusacidadaníaprivatizouLats letónEuropa occidentalUESaeimaprimeiro ministro20 de setembro2003Unión Europea1 de maio2004OTAN29 de marzoletónEstoniaRusiaBelarúsLituaniamar BálticoLituanianivel do marpraiaszonas dunareslagosbosquesbidueiroabetopiñeiroálamo brancorío DaugavaVentaLielupeGaujaneveparques nacionais197319971999reserva da biosferaparques naturaiscorzoporco bravocastorraposocervolebrelobolondraoso pardoaguia de cola brancaaguia albelacegoña negraeconomíaeconomía31 de decembro2013latsEuro2014EurozonaUnión EuropeaUE200620072008século XXalemáns do bálticoHolocaustoUnión SoviéticaletónslivoniosrusosURSS1991naturalizadosDaugavpilsRēzeknebelarusosucraínospolacoslituanos1935198920051989letónlinguas bálticaslinguas indoeuropeaslingua livonialinguas fino-úgricaslingua letoalingua rusaUnión SoviéticacristianismoIgrexa LuteranaIgrexa Ortodoxa letoaPatriarcado de MoscovaSegunda Guerra Mundialmúsica eruditaGidon KremeróperaCorosLatvju DainasBarónsSmitsséculo XXepopeaLacplesisAndrejs PumpursnaturezaLigocegoñasArt NouveauPatrimonio da HumanidadeUNESCO4 de decembro1997estilo góticoeclécticoracionalistaArt NouveauMikhail Eisensteinhóckey sobre xeoHelmut BalderisArtūrs IrbeKārlis SkrastiņšSandis OzoliņšDinamo RigaKontinental Hockey LeaguebaloncestoEuroBasket19351939Andris BiedriņšNBAJānis KrūmiņšMaigonis ValdmanisValdis MuižnieksValdis ValtersIgors MiglinieksGundars VētraASK RigaEuroleagueVEF RīgaEuroCupBK VentspilsEuroChallengeBBLbalonvoleafloorballfútboltenisciclismobobsleighselección de fútbol de Letonia2004Māris ŠtrombergsBMX












Letonia




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 56°56′51″N 24°6′23″L / 56.94750, -24.10639


























































República de Letonia
Latvijas Republika


Bandeira de Letonia

Escudo de Letonia



BandeiraEscudo
EU-Latvia.svg

Lema: Tēvzemei un brīvībai
(en letón "Patria e Liberdade")



Capital
 • Poboación

Riga
727 578 (2006)
Cidade máis poboadaRiga
Linguas oficiais
Letón e Ruso
Forma de goberno
Democracia parlamentaria

Presidente
Primeiro Ministro

Raimonds Vējonis
Māris Kučinskis
Independencia
Do Imperio ruso
 · Declarada
  · Recoñecida
  · Perdida
Da Unión Soviética
  · Declarada
  · Recoñecida


18 de novembro de 1918
11 de agosto de 1920
17 de xuño de 1940

4 de maio de 1990
21 de agosto de 1991
SuperficiePosto 139º
 • Total64 589 km²
 • % auga1,5
Costas538 km
PoboaciónPosto 104º
 • Total2 307 000 hab.
 • Densidade
36 hab./km²

PIB (nominal)
Posto 85º
 • Total (2006)19 621 millóns US$
 • per cápita
8 550 US$

PIB (PPA)
Posto 94º
 • Total (2006)35 684 millóns US$
 • per cápita
15 549 US$
Moeda
Euro (€, EUR)

IDH (2007)
0,855 (45º) – Alto
XentilicioLetón, letoa
Fuso horario
EET (UTC+2)
 • Horario de verán
Non aplica
Dominio de Internet.lv
Prefixo telefónico+371
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO428 / LVA / LV
Membro de: UE, OTAN, ONU, OSCE

Letonia (Gl-Letonia.ogg pronunciación ) (en letón: Latvija En-us-Latvia.ogg /ˈlætviə/ ), oficialmente a República de Letonia (Gl-República de Letonia.ogg pronunciación ) (en letón: Latvijas Republika) é un país da Europa do norte localizado na rexión báltica. Letonia fai fronteira polo norte con Estonia (343 km), polo sur con Lituania (588 km), e polo leste con Belarús (141 km) e a Federación rusa (276 km).[1] Na otra beira do mar Báltico fai fronteira con Suecia. O territorio de Letonia ten unha superficie de 64,589 km² e unha poboación de 2 306 306 (2004).


Os letóns son un pobo báltico estreitamente vencellado cos lituanos, cos que comparten moitas semellanzas lingüísticas. Hoxe en día o letón e lituano son as únicas linguas superviventes pertencentes ás linguas bálticas da familia indoeuropea.


Letonia é unha república parlamentaria democrática dividida en 26 distritos. A capital e principal cidade en poboación é Riga (722.485 habitantes no ano 2005). Letonia é membro das Nacións Unidas dende o 17 de setembro de 1991, da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004 e da OTAN dende o 29 de marzo de 2004.




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Prehistoria


    • 1.2 O período da Idade Media


    • 1.3 O período reformista


    • 1.4 Letonia no Imperio Ruso


    • 1.5 Declaración de independencia


    • 1.6 Letonia na II Guerra Mundial


    • 1.7 Ocupación soviética


    • 1.8 Restauración da independencia



  • 2 Política


  • 3 Divisións administrativas


  • 4 Xeografía

    • 4.1 Clima


    • 4.2 Ecosistemas

      • 4.2.1 Espazos protexidos


      • 4.2.2 Flora


      • 4.2.3 Fauna




  • 5 Economía


  • 6 Demografía

    • 6.1 Relixión



  • 7 Cultura

    • 7.1 Deportes



  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Ligazóns externas





Historia |



Artigo principal: Historia de Letonia.

O territorio de Letonia foi poboado xa dende o 9.000 adC. co establecemento das tribos protobálticas (devanceiros dos letóns) na costa leste do mar Báltico ao redor do terceiro milenio adC..[2] Ao redor do 900 dC., desenvolvéranse catro tribos bálticas diferentes: os curonios, latgalianos, selonianos, semigalianos (en Letón: kurši, latgaļi, sēļi e zemgaļi), xunto cos livonios (lībieši) que falaban unha lingua de orixe ugrofinesa.



Prehistoria |


Ao longo de Europa, o territorio de Letonia foi coñecido pola súa riqueza en ámbar. Os pobos bálticos comerciaron co ámbar coa Grecia antiga e co Imperio Romano. Incluso hoxe en día, o ámbar do báltico segue a ser exportado a moitos puntos do mundo. A finais do século XII, comerciantes da Europa occidental comezaron a visitar a míudo Letonia, establecento rutas de comercio ao redor do río Daugava ata Rusia.



O período da Idade Media |





Confederación de Livonia, 1260





Letonia baixo a República das Dúas Nacións


Os misioneiros cristiáns chegaron a Letonia en 1180. Ante a negativa das tribos bálticas a seren cristianizadas, foron enviados cruzados alemáns co fin de cristianizar ás tribos pagás.[3] Xa en 1211, o cristianismo xa tiña un control efectivo coa construción da catedral de Riga.


Durante o século XIII, desenvolveuse baixo o dominio alemán unha confederación de feudos chamada Livonia. Livonia incluía a actual Letonia e o sur de Estonia. En 1282, Riga e máis as cidades de Cēsis, Limbaži, Koknese e Valmiera foron incluídas na Liga Hanseática. A partir deste intre, Riga converteuse nun importante porto entre o comercio do leste co oeste. Riga constituíuse como unha ponte entre os países do báltico e a Europa Occidental.



O período reformista |


O século XVI foi un século de grandes cambios pra os habitantes de Letonia, entre os cales destacan a reforma e o colapso do estado Livonio. Trala Guerra Livona (1558–1583) o territorio actual de Letonia quedou baixo o reino da República das Dúas Nacións.


Os séculos XVII e XVIII viron as continúas loitas de Polonia, Suecia e Rusia pola supremacía do Báltico. A meirande parte da Livonia polaca, incluíndo Vidzeme, pasou a mans dos suecos tralo Tratado de Altmark en 1629. Baixo o goberno sueco, a servidume foi suavizada e foi creada unha rede de escolas para a servidume.



Letonia no Imperio Ruso |


O Tratado de Nystad de 1721 puxo fin á Gran Guerra do Norte, quedando Rusia coas terras de Vidzeme (formando parte do Gobernorato de Riga). A rexión de Latgale seguiu trala guerra ficando baixo o dominio de Polonia como o Ducado de Livonia ata 1772, cando foi anexionada por Rusia. O Ducado de Curlandia converteuse nunha provincia rusa (o Gobernorato de Curlandia) en 1795, sendo anexionados ao Imperio Ruso a totalidade dos territorios que hoxe forman Letonia.



Historia de Letonia

Knight livonia.png








As promesas que Pedro o Grande fixera á nobreza alemá do Báltico trala caída de Riga en 1710, oficializadas co Tratado de Nystad e coñecidas como "as capitulacións," reverteron en grande parte as reformas dos suecos. A emancipación dos servos tivo lugar en Curlandia no ano 1817 e en Vidzeme en 1819. Na práctica, a emancipación foi realmente vantaxosa para a nobreza xa que desposuía aos campesiños das súas terras sen compensación ningunha. A estrutura social mudou radicalmente, estableceuse unha clase de campesiños independentes despois de que as reformas permitisen aos campesiños readquirir as súas terras, os campesiños sen terra roldaban os 591.000 en 1897, unha puxante clase proletaria e unha influente clase burguesa letoa. O movemento dos xoves letóns (en letón:Jaunlatvieši) sentou as bases do nacionalismo a mediados de século, mirando moitos do seus líderes ao movemento eslavófilo en busca de apoio contra a prevalecente orde social alemá. A rusificación comezou na rexión de Latgale trala Revolta de xaneiro de 1863 espallándose ao resto da actual Letonia durante a década de 1880. O movemento dos xoves letóns foi eclipsado por unha nova corrente política de esquerdas xurdida na década de 1890. O descontento popular chegou ao seu cumio coa Revolución de 1905, revolución de carácter nacionalista nas provincias do Báltico.



Declaración de independencia |





Bandeira da Letonia independente





Ducado do báltico unido (marrón claro)




Mapa de Letonia 1920-1940


A Primeira Guerra Mundial devastou o país. As reivindicacións de autodeterminación foron primeiramente limitadas á autonomía, sendo despois dirixidas cara a independencia do país, declarada en Riga o 18 de novembro de 1918 polo Consello do pobo letón, converténdose Kārlis Ulmanis no xefe do goberno provisional. Trala independencia do país báltico, sucedeuse a Guerra de independencia, un dos períodos máis caóticos sufridos na historia do país. Na primavera de 1919 coexistían á vez tres gobernos diferentes— o goberno de Ulmanis; o goberno da Letonia Soviética encabezado por Pēteris Stučka, cuxas forzas, apoiadas polo Exército Vermello, ocuparon o país en case a súa totalidade; e o "Ducado do Báltico" encabezado por Andrievs Niedra e apoiado polo Baltische Landeswehr e máis asFreikorps alemás. As forzas estonianas e letoas venceron aos alemáns na Batalla de Cēsis no mes de xuño de 1919, e aos ataques Ruso-alemáns encabezados por Pavel Bermondt-Avalov en novembro. O leste de Letonia foi limpado das tropas do Exército vermello polos forzas polacas, letoas, e alemás a comezos de 1920.
O 1 de maio de 1920 foi convocada unha asemblea constituínte que aceptou unha constitución liberal, a Satversme, no mes de febreiro de 1922. Esta constitución foi parcialmente bloqueada polo golpe de Ulmanis de 1934, sendo restablecida completamente en 1990. Dende a súa creación a constitución sufriu algúns cambios e segue a ser vixente no país na actualidade.


Coa evacuación a Rusia da base industrial de Letonia en 1915, a reforma da terra foi a principal tarefa do xove país. En 1897, o 61,2% da poboación rural carecía de terra de seu; cara a década de 1930 aquela porcentaxe minguara ata o 23,2%. A extensión de terra cultivada xa superaba a da preguerra en 1923. A innovación e o medre da produtividade fixo ca economía letoa medrase axiña, aínda que tivo que sufrir a Gran Depresión. Malia presentar signos de recuperación da economía, Ulmanis levou a cabo un sanguento golpe de estado o 15 de maio de 1934, establecendo unha ditadura nacionalista que durou ata a década de 1940.



Letonia na II Guerra Mundial |


A maioría dos alemáns bálticos que vivían en Letonia deixaron o país tralo acordo entre o goberno de Ulmanis e a Alemaña Nazi trala conclusión do Pacto Ribbentrop-Molotov. O 5 de outubro de 1939, foi forzada a aceptar un pacto de "asistencia mutua" coa Unión Soviética, garantindo aos soviéticos o dereito a destinar 25.000 tropas en territorio letón. O 16 de xuño de 1940, Vyacheslav Molotov presentou a un representante letón en Moscova cun ultimato acusando a Letonia de violar as condicións do pacto, producíndose o 17 de xuño a ocupación do país polas tropas soviéticas. Trala ocupación tiveron lugar as eleccións no "Saeima do pobo", tomando o poder o goberno monicreque de Augusts Kirhenšteins que levou a Letonia cara a URSS. A anexión foi formalizada o 5 de agosto de 1940, data na que se estableceu a República Socialista Soviética de Letonia.




Gueto de Riga en 1942


Os soviéticos loitaron ferozmente contra os seus opoñentes — antes de sucederse a invasión alemá, en menos dun ano, polo menos 27.586 persoas foron arrestadas; a maioría deportadas, sendo asasinadas 945. Durante a ocupación alemá, Letonia foi administrada como parte da Reichskommissariat Ostland. Os paramilitares letóns e a Policia auxiliar establecidos polas forzas da ocupación, participaron activamente no Holocausto. Máis de 200.000 cidadáns letóns morreron durante a Segunda Guerra Mundial, entre os que se atopaban aproximadamente 70.000 xudeus letóns. Os soldados letóns loitaron en ambos os dous frontes, incluíndo a Lexión letoa da Waffen-SS, a maioría recrutados polas autoridades soviéticas e nazis. O rexeitamento ao recrutamento tiña como consecuencia a pena de cárcere, o maltrato a familiares e incluso a morte.



Ocupación soviética |




Museo da ocupación de Letonia (1940-1991)


Os soviéticos reocuparon o país de novo entre 1944–1945, sucedéndose deportacións masivas ao tempo que se levaba a cabo a colectivización e sovietización do país. No ano 42.975 persoas foron deportadas. Trala ocupación do país produciuse a migración a Letonia de obreiros, administrativos, militares e os seus descendentes provenientes de Rusia e doutras repúblicas soviéticas, caendo a poboación letoa ata o 62% no ano 1959. Durante o mandato de Nikita Khrushchev, os intentos de conseguir un grao de autonomía e protección para a deteriorada lingua letoa encabezados por Eduards Berklavs foron suprimidos.



Restauración da independencia |




Monumento á liberdade


En 1989 o Soviet Supremo da URSS adoptou unha resolución sobre a "Ocupación dos estados bálticos", na que declarou ca ocupación "non tiña concordanza coa lei," e que "non era a vontade dos soviéticos". O movemento nacional coaligado na Fronte Popular de Letonia tomou vantaxe das reformas da glasnot do réxime baixo o mandanto de Mikhail Gorbachev, oposto á Interfront. O 4 de maio de 1990, o Soviet Supremo da RSS de Letonia adoptou a Declaración da restauración da independencia da República de Letonia, suxeito a un período de transición que rematou coa independencia de Letonia o 21 de agosto de 1991, tralo fracaso do Putsch de Agosto. O Saeima, o parlamento letón, foi de novo elixido en 1993, rematando Rusia a súa retirada militar en 1994.


Os principais fitos acadados por Letonia ao longo da década dos anos 90, foron a entrada na OTAN e na Unión Europea, ambos os dous conseguidos no ano 2004. As novas leis lingüísticas e de cidadanía foron rexeitadas por unha gran maioría da comunidade rusa residente no país, aínda que, a maioría dos rusos obtiveron a cidadanía. (A cidadanía non foi outorgada aos cidadáns soviéticos establecidos no país durante a ocupación soviética e aos seus descendentes. Os fillos nados a partir da independencia do país, sí poden obter a cidadanía.) O goberno desnacionalizou as propiedades privadas que foran confiscadas durante a era soviética, devolvendo ou compensando aos seus donos,privatizou a maioría das industrias nacionalizadas, e reitroduciu o Lats letón. Despois de sufrir unha dura transición cara unha economía liberal e a reorientación do país cara a Europa occidental, na actualidade o país posúe un ritmo de crecemento da economía superior á maioría dos membros da UE.



Política |




Saeima, o parlamento letón


Os 100 asentos do parlamento unicameral Letón, o Saeima, elíxense por voto directo, popular cada catro anos. O presidente elíxeo o Saeima nunha elección separada tamén cada catro anos. O presidente nomea un primeiro ministro que, xunto co seu gabinete, forma o poder executivo, o cal ten que recibir un voto de confianza do Saeima. O 20 de setembro do 2003, nun referendo nacional o 66.9% dos participantes votaron a favor da unión á Unión Europea. Letonia é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do 2004 e da OTAN dende o 29 de marzo do mesmo ano.



Divisións administrativas |



Artigo principal: Distritos de Letonia.

Letonia subdivídese en 26 condados (chamados rajoni en letón) e sete cidades cun status separado (lielpilsētas).




Latvijas novadi (krāsās).png



Xeografía |



Artigo principal: Xeografía de Letonia.

Letonia ten unha extensión de 64.610 km2, comparte fronteira con catro países: ao norte Estonia, ao leste Rusia, ao sur Belarús e Lituania. A fronteira noroeste ocúpaa o mar Báltico.


A fisionomía da paisaxe letoa é bastante uniforme, predominando as chairas cubertas por depósitos de terra e lama con grandes zonas ocupadas por bosques de coníferas, páramos e pantanos ao longo de todo o territorio. A chaira de Zemgale, ó sur, ata ó límite con Lituania, contén as terras máis fértiles, polo que se lle considera o celeiro do país.




Paisaxe costeira da vila de Liepāja




Paisaxe forestal co río Daugava


Xeograficamente Letonia caracterízase pola suavidade das súas elevacións montañosas. As maiores alturas atópanse ao leste e ao nordeste do país, onde o punto máis alto atópase no cumio de Gaizinkalns de 311 metros. O punto máis baixo atópase no lago Dridzis, a 65,1 metros baixo o nivel do mar.


Letonia posúe 531 km de costa.[4] As costas letoas son suaves e pouco recurtadas, e nelas abondan as praias de area fina e as zonas dunares.


Ademais de polas súas chairas, Letonia caracterízase polos seus lagos, bosques e zonas pantanosas. En Letonia atópasen máis de 2.256 lagos de orixe glacial.[5] Os bosques cobren o 44% da superficie do país.[6] As especies máis comúns son o bidueiro, o abeto, o piñeiro e o álamo branco. Os pantanos e zonas húmidas ocupan o 4,9% do territorio letón.[7]


O río máis importante do país e o río Daugava, río que nace en Rusia e desemboca no golfo de Riga. Ao seu paso por terras letoas construíronse tres grandes centrais hidroeléctricas. Ademais do Daugava, son importantes os ríos Venta, Lielupe e Gauja.



Clima |


O clima do país é de transición entre o continental e o oceánico, influído de xeito importante polas masas marítimo, sobre todo no oeste de Letonia, onde os veráns son frescos e os invernos suaves. O interior do país ten un clima máis extremo, sobre todo no longo e frío inverno, onde se poden chegar a temperaturas de -30º. As precipitacións son abondosas no país, estas teñen lugar en forma de neve entre os meses de decembro e marzo.



Ecosistemas |



Espazos protexidos |




Letonia posúe unha das maiores poboacións de londra do continente europeo


Letonia posúe ecosistemas de grande importancia ambiental como son os bosques, os lagos, os pantanos e as chairas. A maioría das xoias ambientais de Letonia atópanse baixo diferentes graos de protección. O país báltico ten tres parques nacionais: Parque Nacional Gauja (1973), Parque Nacional Kemeri (1997) e o Parque Nacional Slitere (1999). Ademais o país posúe unha reserva da biosfera e 43 parques naturais, distribuídos ao longo de todo o territorio nacional.[8]




A cegoña negra é un símbolo nacional de Letonia



Flora |


Nos bosques de Letonia rexistráronse 1.304 especies de plantas diferentes, moitas delas de orixe endémica.



Fauna |


En canto á fauna no país existen 69 tipos de mamíferos que habitan os bosques (63%) e zonas agrícolas (24%). Ademais existen outros 19 que poden visitar o país de xeito ocasional.[9] Entre os mamíferos máis comúns atópanse o corzo, o porco bravo, o castor, o raposo, o cervo, a lebre, o lobo e a londra[10] (cunha das maiores poboacións europeas).[11] O oso pardo, noutrora abondoso atópase actualmente reducido a unha poboación estable de 10 individuos.[12]


A fauna avícola letoa é moi rica. No país aniñan 223 especies, algunhas delas moi raras coma a aguia de cola branca, a aguia albela ou a cegoña negra, un dos símbolos nacionais.[9]


En canto aos invertebrados, no país están catalogados 17.500 especies, aínda que podería haber 12.000 máis por descubrir.[9]



Economía |



Artigo principal: Economía de Letonia.































Exportacións a
Importacións de
País
Porcentaxe
País
Porcentaxe

Alemaña Alemaña
17 %

Alemaña Alemaña
17 %

Reino Unido Reino Unido
16 %

Rusia Rusia
9 %

Suecia Suecia
10 %

Lituania Lituania
8 %

Lituania Lituania
8 %

Finlandia Finlandia
8 %

Rusia Rusia
6 %

Suecia Suecia
7 %
Outros
43 %
Outros
51 %

A economía letoa baséase principalmente na agricultura e na industria téxtil e sidometalúrxica. Actualmente, o turismo perfílase como unha importante fonte de ingresos grazas ao patrimonio histórico do país. A súa transición a unha economía de mercado está provocando certas perturbacións (10% de paro e déficit orzamentario) e sacrificios nas políticas sociais.


A moeda nacional foi até o 31 de decembro de 2013 o lats letón (100 santami), substituído polo Euro no 2014, cando Letonia se una á Eurozona.[13]


A economía letoa é unha das máis dinámicas dos novos socios da Unión Europea. Nos últimos anos o país báltico liderou o crecemento da UE con incrementos do 11,9%[14] no 2006 e do 8% no 2007.[15] Para o 2008 agárdase un crecemento do 8,5%.[16]



Demografía |























Composición étnica de Letonia

letóns
  
62.1%
rusos
  
26.9%
belarusos
  
3.3%
ucraínos
  
2.2%
outros
  
5.5%

Letonia é un país onde conviven á vez diversas etnias de linguas e relixións diferentes. Ao longo do século XX o país sufriu importantes cambios demográficos acontecidos debido ás guerras mundiais, a emigración dos alemáns do báltico, o Holocausto, e a ocupación da Unión Soviética.


Os letóns e livonios, os grupos étnicos nativos de Letonia, forman na actualidade ao redor do 62% da poboación, mentres que o 27% dos habitantes do país son rusos.[17] Aproximadamente o 56% dos rusos que viven en Letonia posúe a nacionalidade letoa. As persoas que viñeron ao país mentres estaba ocupado pola URSS, e os seus descendentes nados antes de 1991, deben ser naturalizados para recibir a nacionalidade letoa.


Nalgunhas cidades como Daugavpils e Rēzekne, os rusos e outras minorías como os belarusos, ucraínos, polacos, lituanos superan aos letones. A porcentaxe de letóns diminuíu do 77% (1 467 035) en 1935 ao 52% (1 387 757) en 1989.[18] No ano 2005 había incluso menos letóns ca no ano 1989, aínda que a súa porcentaxe é maior — 1 357 099 (58,8%).


A lingua oficial de Letonia é o letón, lingua que pertence ao grupo das linguas bálticas do grupo das linguas indoeuropeas. Ademais do letón, a extinta lingua livonia e a outra lingua nativa de Letonia. O livonio, protexido pola lei letoa, pertence ao ramo finés das linguas fino-úgricas. Trátase dunha lingua extinta no ano 2013 coa morte de Grizelda Kristiņa.[19] Dentro da lingua letoa destaca o dialecto Latgaliano, variante da lingua protexida pola lei. A lingua rusa, oficial durante a ocupación da Unión Soviética, é a lingua minoritaria máis espallada ao longo do país. De feito, o coñecemento do ruso é maior có do letón, sendo o ruso coñecido polo 81% dos habitantes, mentres có letón é coñecido polo 79%.[20]



Relixión |


O cristianismo é a relixión principal no país, maioritariamente pertencentes á Igrexa Luterana con 450.000 fieis en 293 congregacións , á Igrexa Católica con 400.000 fieis en tres dioceses e á Igrexa Ortodoxa letoa (igrexa semiautónoma baixo a xurisdición do Patriarcado de Moscova) maoritaria entre a minoría rusa. Da numerosa poboación de relixión xudía que había no país antes da Segunda Guerra Mundial tan só quedan 9.743. Outra relixión é a Dievturi (Os gardas de Deus), a cal ten a súa base histórica na era mitolóxica precristiá, pero que ten escasos membros, uns 600. A maioría da poboación non pertence a ningunha confesión relixiosa.



Cultura |




Ópera Nacional de Letonia




Exemplo de edificio Art Nouveau/Jugenstil




Neno letón coa bandeira do país


País europeo do leste, Letonia é máis coñecida, no campo cultural, polos intérpretes e compositores de música erudita, como é o caso de Gidon Kremer e varios cantantes de ópera, para alén dos seus Coros, premiados internacionalmente. As Latvju Dainas, cancións populares, copiladas por Baróns e Smits xa no século XX, son tamén motivo de orgullo nacional.


A produción poética é extensa.


A epopea "O Matador de Osos" (Lacplesis) de Andrejs Pumpurs é un símbolo nacional.


A cultura letoa está moi marcada pola relación coa natureza. Marca diso mesmo é o feito dun dos seus eventos máis coñecidos, o Ligo (pronúnciese ligua), celebrado na noite máis curta do ano, ó igual cá noite de San Xoan. Celébrase de modo grupal, entre bailes e cancións, practicando algún deporte curioso (como guindar un facho a unha especie de caldeiro posto enriba dun mastro) ata o momento do solpor (no que os participantes entoan cancións tradicionais) e cando é o mencer, no que cantan o "Riita Saaule) ata que o sol está enteiro sobre o horizonte. O respecto polo ambiente é visíbel no cariño con que as cegoñas son tratadas neste país.


Riga, a capital de Letonia, é considerada a capital cultural do país. Nela atópase "a mellor mostra de edificios Art Nouveau de Europa", de feito, un terzo dos inmobles do centro da cidade están construídos neste estilo.[21] O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 4 de decembro de 1997 grazas á "calidade e cantidade de edificios Art Nouveau/Jugedstil.[22] No casco histórico de Riga mesturanse edificios de estilo gótico, ecléctico, racionalista ademais do xa citado Art Nouveau. Dentro deste estilo destaca a contribución do arquitecto Mikhail Eisenstein, autor dalgúns dos mellores exemplos deste estilo da capital báltica.



Deportes |




O Arena Riga durante un partido do Dinamo Riga


O hóckey sobre xeo é un dos deportes máis populares en Letonia, con moitos xogadores famosos como Helmut Balderis, Artūrs Irbe, Kārlis Skrastiņš r Sandis Ozoliņš entre outros. O Dinamo Riga é o principal equipo do país, xoga na Kontinental Hockey League. Os Campionatos Mundiais de 2006 celebránose en Riga. Outro deporte con gran popularidade é o baloncesto, cunha longa tradición no deporte, o equipo nacional gañou o primeiro EuroBasket en 1935 e levou a prata en 1939. o xogador letón máis coñecido é Andris Biedriņš que xoga na NBA, salientando tamén outros como Jānis Krūmiņš, Maigonis Valdmanis, Valdis Muižnieks, Valdis Valters, Igors Miglinieks ou Gundars Vētra. O desaparecido equipo ASK Riga gañou tres veces a Euroleague. Na actualidade o VEF Rīga, que compite no EuroCup é o principal equipo letón, seguido do BK Ventspils, que participa na EuroChallenge, e que gañou a Liga de Baloncesto de Letonia oito veces e a BBL en 2013.


Outros deportes populares son o balonvolea, floorball, fútbol, tenis, ciclismo e bobsleigh. A selección de fútbol de Letonia participou por primeira vez nunha eurocopa por primeira vez en 2004.


Ao longo da súa historia Letonia logrou 19 medallas nos Xogos Olímpicos de verán e 7 nos de inverno. O atleta máis exitoso da historia de Letonia como estado independente foi Māris Štrombergs, dúas veces campión olímpico, 2008 e 2012, en BMX masculino.




Notas |




  1. CIA Factbook: Latvia


  2. "Data: 3000 BC to 1500 BC". The European Ethnohistory Database. The Ethnohistory Project. Consultado o 2006-08-06. 


  3. "The Crusaders". City Paper. 2006-03-22. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2007-07-28. 


  4. http://www.riga-hotel-guide.com/en/latvia-tourist-information/basic-facts.php Latvia hotel guide


  5. Lakes and Rivers


  6. Facts about Latvia lkb.lv


  7. [https://web.archive.org/web/20080723212319/http://www.noticiasdot.com/viajar/noticias/2004/1004/0210/viajes_021004-8.htm "Letonia: Un pa�s europeo cun impresionante atractivo natural"]. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 06 de setembro de 2008.  Carácter substitución en |título= na posición 15 (Axuda)


  8. Parks, Reserves, and Other Protected Areas in Latvia


  9. 9,09,19,2 Enviromental indicators in Latvia 2002


  10. "Mammals of Latvia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2007. Consultado o 11 de setembro de 2008. 


  11. [1]


  12. "Status of Brown Bear in Latvia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2008. 


  13. "Letonia se convierte en el decimoctavo país de la eurozona" artigo en La Vanguardia, 1 de xaneiro de 2014 (en castelán).


  14. O PIB de Letonia medrou en 2006 un 11,9 por ciento


  15. UE-25: o maior crecemento económico corresponderá aos novos países membros en 2007


  16. España crecerá un 2,6% en 2008, por riba da media europea, pero lonxe dos países punteiros da UE


  17. Census 2011


  18. http://www.lka.edu.lv/modules.php?op=modload&name=News&file=index&topic=68 Arquivado 29 de xuño de 2007 en Wayback Machine. About Latvia Latvian Academy of Culture


  19. David Charter (5 de xuño de 2013). The Times, ed. "Death of a language: last ever speaker of Livonian passes away aged 103". Consultado o 8 de setembro de 2014. 


  20. Ministry of Foreign Affairs of Latvia Arquivado 26 de maio de 2008 en Wayback Machine. "A lingua rusa posúe unha saúde robusta en Letonia, xa que os rusos constitúen a maioría ou unha importante porcentaxe da poboación en moitas cidades e vilas. Practicamente a maioría dos letóns falan ruso, ademais, hai que engadir a forte presenza da cultura rusa na sociedade letoa. En efecto, o legado da política de rusificación soviética segue a ser evidente en Letonia, como amosa o censo do 2000 no país, o cal mostra co ruso e máis coñecido no país có letón: o 81% dos habitantes pode falar ruso, mentres un 79% pódeo facer en letón."


  21. Riga, una ciudad de detalles


  22. http://whc.unesco.org/en/list/852



Véxase tamén |





Ligazóns externas |


  • Latvia - Wikivoyage (en)

  • A Presidencia de Letonia

  • O Ministerio de Asuntos Exteriores


  • O Instituto Letón - O Instituto Letón

  • Folclore Letón




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Letonia&oldid=5043451"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.292","walltime":"2.273","ppvisitednodes":"value":3439,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":134718,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":12920,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":19,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":16778,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1800.617 1 -total"," 73.39% 1321.478 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.56% 136.093 4 Modelo:Navbox"," 6.10% 109.823 1 Modelo:Listaref"," 5.34% 96.139 103 Modelo:Nowrap"," 4.55% 81.881 1 Modelo:UE"," 4.01% 72.271 6 Modelo:Cita_web"," 3.63% 65.369 1 Modelo:País"," 3.20% 57.600 1 Modelo:Infobox"," 2.43% 43.835 1 Modelo:Coordenadas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.700","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":11592080,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1338","timestamp":"20190504222357","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Letonia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Letonia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q211","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q211","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-01-22T20:38:34Z","dateModified":"2019-01-25T13:47:28Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/84/Flag_of_Latvia.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":200,"wgHostname":"mw1319"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020