Endocitose mediada por receptor ÍndiceProceso Un exemplo: captación de colesterol Función ExperimentosPropiedadesNotas Véxase tamén Menú de navegación"Modeling the Signaling Endosome Hypothesis: Why a Drive to the Nucleus Is Better Than a (Random) Walk"12768191623616510.1186/1742-4682-2-431275628910.1242/jeb.00298CytoChemistry.net
Bioloxía celularProcesos celulares
vesículaendocitosecolesterolligandoclatrinaendosomacolesterollipoproteínasLDLclatrinaendosomalisosomasencimascitosolarterioscleroseLDLreceptor de LDLtransferrinatransdución de sinaisendosomaslisosomasnúcleo celularsinalizaciónEGFdifusiónmembrana plasmáticapinocitose
Endocitose mediada por receptor
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A endocitose mediada por receptor ou endocitose dependente de clatrina, é un proceso polo cal as células introducen moléculas dentro da célula invaxinando a membrana e formando unha vesícula (endocitose) utilizando un receptor de membrana específico para a molécula que vai ser introducida. Utilízase, por exemplo, na absorción do colesterol.
Índice
1 Proceso
2 Un exemplo: captación de colesterol
3 Función
4 Experimentos
5 Propiedades
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
7.2 Ligazóns externas
Proceso
A célula sintetiza un receptor de membrana específico para a substancia (ligando) que se endocitará, a substancia únese a ese receptor; isto desencadea a invaxinación da membrana nesa zona, formándose unha vesícula que leva no seu interior a substancia unida ao receptor. As vesículas que se forman están cubertas de clatrina. Estas vesículas revestidas de clatrina despois perden o seu recubrimento (o que é imprescindible para que a vesícula se una a outras membranas da célula) e posteriormente a vesícula fusiónase cun endosoma temperá. Despois o contido do endosoma debe ser procesado, para que a substancia introducida se libere na célula e o receptor poida ser reciclado e reintegrado na membrana para a súa reutilización. Se o receptor non é reciclado o sistema satúrase e declina a internalización da substancia, por falta de receptor.
Un exemplo: captación de colesterol
O colesterol é insoluble no sangue polo que viaxa no interior das lipoproteínas LDL (principalmente) en forma de ésteres de colesterol. Cando a célula require colesterol en grandes cantidades, ademais de sintetizalo na célula, cáptao do sangue por medio do mecanismo da endocitose mediada por receptor. Para iso a célula sintetiza un receptor específico para a LDL e insíreo na membrana en zonas chamadas depresións revestidas, que teñen por debaixo un recubrimento de clatrina. A LDL únese ao receptor e fórmase alí unha invaxinación da membrana que orixina unha vesícula revestida de clatrina. A vesícula leva no seu interior a LDL co colesterol. A vesícula perde axiña o seu revestimento de clatrina e fusiónase con outras vesículas formando un endosoma, que á súa vez se fusiona con lisosomas. Os encimas lisosómicos dixerirán a LDL, liberando o colesterol, que pasa ao citosol, e o receptor de LDL que levaba a vesícula diríxese de novo á membrana para ser reutilizado. En caso de que a célula teña xa demasiado colesterol detén a síntese interna deste pero tamén detén a síntese do receptor de LDL, para que non se incorpore máis colesterol externo.[1]
Certas persoas teñen xenes defectuosos, que non producen correctamente o receptor de LDL, polo que as células non poden captar colesterol e este acumúlase no sangue, predispoñéndoos á arteriosclerose. O receptor defectuoso ou ben non pode unirse á LDL ou ben non pode unirse ás depresións revestidas da membrana (polo que o receptor se une á membrana pero non pode ser introducido).[1]
Función
As funcións da endocitose mediada por receptor son varias. Utilízase moito para a captación específica de certas substancias que a célula require (por exemplo LDL por medio do receptor de LDL ou ferro por medio da transferrina). O seu papel é tamén importante na regulación da transdución de sinais. O receptor activado é internalizado e transportado a endosomas tardíos e lisosomas para a súa degradación. Porén, a endocitose mediada por receptor está implicada activamente tamén na transdución de sinais desde a periferia da célula ao núcleo celular. Isto fíxose evidente cando se atopou que se requiría a asociación e formación de complexos de sinalización específicos para unha sinalización efectiva por hormonas (por exemplo, o EGF). Ademais, propúxose que podería ser necesario o transporte directo de complexos de sinalización activos ao núcleo para permitir a sinalización, xa que a difusión aleatoria é demasiado lenta,[2] e os mecanismos que permanentemente regulan á baixa os sinais entrantes son fortes dabondo como para cortaren completamente a sinalización sen non están funcionando mecanismos de transdución de sinais adicionais.[3]
Experimentos
Utilizando marcadores fluorescentes para tinguir a membrana plasmática, é posible seguir por microscopía a internalización de fragmentos de membrana plasmática.
Se a célula diana ten algún receptor de pinocitose específico, poden unirse a el drogas específicas, que serán internalizadas. O propio ligando do receptor pode levar unida unha molécula desexada.
Propiedades
- indución do proceso despois duns minutos de exposición a un exceso do ligando
- a formación destas vesículas é sensible á inhibición por wortmannina
- a iniciación da formación de vesículas pode ser atrasada ou inhibida por variacións da temperatura.
Notas
↑ 1,01,1 Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. (1986). Páxinas 329-330. ISBN 84-282-0752-6.
↑ Howe, Charles L. (2005). "Modeling the Signaling Endosome Hypothesis: Why a Drive to the Nucleus Is Better Than a (Random) Walk". Theor. Biol. Med. Mod 2 (1): 43. PMC 1276819. PMID 16236165. doi:10.1186/1742-4682-2-43. 2:43.
↑ Kholodenko, Boris N. (2003). "Four-Dimensional Organisation of Protein Kinase Signaling Cascades: the Roles of Diffusion, Endocytosis and Molecular Motors". J. Exp. Biol 206 (Pt 12): 2073. PMID 12756289. doi:10.1242/jeb.00298. 206, 2073-2082.
Véxase tamén
Outros artigos
- Endocitose
- Fagocitose
- Pinocitose
Ligazóns externas
CytoChemistry.net- Texto con bonitas imaxes.
Categorías:
- Bioloxía celular
- Procesos celulares
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.156","walltime":"0.203","ppvisitednodes":"value":227,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":4529,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":4,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4000,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 157.232 1 -total"," 56.83% 89.360 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 43.08% 67.729 1 Modelo:Listaref"," 34.58% 54.370 2 Modelo:Cita_publicación_periódica"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.082","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2427077,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1262","timestamp":"20190416183253","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":124,"wgHostname":"mw1266"););