Skip to main content

Membrana plasmática Índice Composición | Estrutura | Funcións | Véxase tamén | Menú de navegacióne354723142716ID4067550-6cell-membranes0056997363841D002462

Célula


citoplasmaorgánulosbicapa lipídicaproteínaslípidosproteínasmoléculasmicroscopio electrónicoplantasfungosparede celularproteínaslípidosglícidosenzimashidrófilohidrofóbicocolesterolcélulas procariotasmosaico fluído1971glicolípidosglicoproteínasglicocálixmatriz extracelularretículo endoplasmáticoaparello de Golgienvoltura nuclearmitocondriasmedio intracelularbicapa lipídicaproteínastransporte activoglicocálix












Membrana plasmática




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


A membrana citoplasmática ou plasmática é unha estrutura laminar que envolve o citoplasma de todas e cada unha das células, e serve de límite co medio exterior. As membranas internas dos orgánulos da célula teñen unha estrutura parecida. É unha bicapa lipídica con proteínas que serve de "contedor" para os compoñentes da célula, así como protección mecánica. Está formada principalmente por lípidos e proteínas. Esta barreira presenta unha permeabilidade selectiva, o cal permite "seleccionar" as moléculas que entran e saen da célula. Ten tamén moléculas que serven para comunicarse co seu medio, como receptores de hormonas e outros ligandos ou antíxenos. Vista ao microscopio electrónico presenta entre dúas capas escuras unha central máis clara.


Nas células procariotas e nas de eucariontes osmótrofos como plantas e fungos, sitúase baixo outra capa, denominada parede celular.




Na imaxe pódense ver os movementos das moléculas da bicapa lipídica




Índice





  • 1 Composición


  • 2 Estrutura


  • 3 Funcións


  • 4 Véxase tamén




Composición |


A membrana plasmática está composta por proteínas, lípidos e glícidos, cuxas masas gardan proporcións aproximadas de 50%, 40% e 10% respectivamente. As moléculas máis numerosas son as de lípidos, xa que se cre que por cada 50 lípidos hai unha proteína. Non obstante, as proteínas, debido ó seu maior tamaño, representan aproximadamente o 50% da masa da membrana. Entre as proteínas, o 80% son intrínsecas, mentres que o 20% restantes son extrínsecas. Das proteínas pódense atopar as translocadoras ou as enzimas asociadas a membrana, entre outras.


Os lípidos da membrana son anfipáticos. Isto quere dicir que presentan un lado hidrófilo (que dá a cara á auga) e un lado hidrofóbico (que non se xunta coa auga). De entre os lípidos, os máis importantes son os fosfolípidos e esfingolípidos, que se atopan en tódalas células; séguenlle os glicolípidos, así como esteroides, como o colesterol. Estes últimos non existen ou son escasos nas membranas plasmáticas das células procariotas.



Estrutura |




Diagrama detallado da membrana plasmática.


O seu modelo estrutural é coñecido como mosaico fluído, o "mosaico fluído" é un termo acuñado por S.J. Singer en 1971. Este consiste nunha bicapa lipídica complementada con diversos tipos de proteínas. A estrutura básica mantense unida mediante unións non covalentes.


As proteínas da membrana plasmática pódense clasificar segundo como se dispuña na bicapa lipídica:



  • Proteínas integrais: Embebidas na bicapa lipídica ou fortemente enlazadas, atravesan a membrana unha ou varias veces, asomando por unha ou as dúas caras (proteínas transmembrana); ou ben mediante ligazóns covalentes cun lípido ou a un glícido da membrana. O seu aillamento require a rutura da bicapa.


  • Proteínas periféricas: a un lado ou outro da bicapa lipídica, unidas debilmente por ligazóns non covalentes. Facilmente separábeis da bicapa, sen provocar a súa rutura.

Os glícidos atópanse asociados mediante ligazóns covalentes a lípidos, proteínas e xeralmente forman parte da matriz extracelular.


Outras substancias poden estar asociadas a esta estrutura básica como diversos tipos de glícidos que poden unirse de forma covalente a lípidos (glicolípidos) ou a proteínas (glicoproteínas). As cadeas destes glícidos dispóñense cara ó medio extracelular pola face externa da membrana e constitúen o glicocálix ou matriz extracelular.


Esta estrutura xeral -modelo unitario- preséntase tamén nas membranas de diversos orgánulos do interior da célula: os do sistema de endomembranas, tales como retículo endoplasmático, aparello de Golgi e envoltura nuclear, e os doutros orgánulos, como as mitocondrias e os plastos, que proceden de endosimbiose.



Funcións |


A función básica da membrana plasmática reside en manter o medio intracelular diferenciado do medio que o rodea. Isto é posíbel grazas á natureza illante en medio acuoso da bicapa lipídica e ás funcións de transporte que desempeñan as proteínas. A combinación de transporte activo e transporte pasivo fan da membrana plasmática unha barreira selectiva que permite á célula diferenciarse do medio.
Os esteroides, como o colesterol, teñen un importante papel na regulación das propiedades, é dicir que o seu rol físico-químico é moi importante porque regula a resistencia e fluidez da membrana.
No compoñente proteico reside a maior parte da funcionalidade da membrana, as proteínas realizan funcións específicas e podemos clasificalas segundo a súa función en:


  • Estruturais: estas proteínas fan de "grillón clave" uníndose ó citoesqueleto e á matriz extracelular.

  • Receptores de membrana: que se encargan da recepción e transdución de sinais químicos.

  • Transportadoras a través de membrana: manteñen un gradiente electroquímico mediante o transporte de diversos ións.

Estas á súa vez poden ser:


  • Proteínas transportadoras: Son enzimas con centros de reacción que sofren cambios conformacionais.

  • Proteínas de canal: Deixan un canal hidrofílico por onde pasan os ións.

No transporte entre membranas podemos falar de:


  • Transporte pasivo: Prodúcese sen consumo de enerxía e a favor de gradiente electroquímico.

  • Transporte activo: Prodúcese con consumo de enerxía e en contra de gradiente electroquímico.

O compoñente glicídico forma o glicocálix, con funcións de certa protección ante agresións mecánicas e químicas, a cal é a que parece máis importante xa que permite diferenciar o exterior celular permitindo un recoñecemento intercelular.



Véxase tamén |


  • Bicapa lipídica

  • Proteína de membrana

  • Mosaico fluído




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Membrana_plasmática&oldid=4996633"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.252","walltime":"0.390","ppvisitednodes":"value":179,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16137,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":3,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 328.474 1 -total"," 88.01% 289.095 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.96% 39.291 1 Modelo:Orgánulos"," 11.05% 36.303 1 Modelo:Navbox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.164","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2900382,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1305","timestamp":"20190415183122","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Membrana plasmu00e1tica","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Membrana_plasm%C3%A1tica","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q29548","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q29548","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-03-22T20:18:55Z","dateModified":"2018-11-24T00:07:50Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f0/Lipid_bilayer_section.gif"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":185,"wgHostname":"mw1330"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Why did Thanos need his ship to help him in the battle scene?Which actor plays Thanos in the Avengers mid-credits scene?Are there economic implications portrayed in comics where the buildings and cities are ruined almost daily?Old X-Men comic where team travels to alien world with a ring-like sun that needs recharging?Why does Ego need help sleeping?Is there an objective answer to who “the strongest Avenger” is?How did Banner get unstuck?Why did Thanos get hit?How did Thanos (or anyone) know the Infinity Stones would give him this power?Did Thanos leave Eitri alive for his after-sales service?In Avengers 1, why does Thanos need Loki?