Lucio III, papa Traxectoria | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneeWorldCat85172410145570051a10401696alluccnp00166465ID16247000386661009523130000 0000 7818 7275n85207467000097721074414070lucio-iii_(Enciclopedia-dei-Papi)Traballa nel
PapasNados en 1097Nados na provincia de LuccaFinados en 1185
Lucca1097Verona25 de setembro1185PapaIgrexa católica11811185LuccaCisterciense1142CardealSanta PráxedesInocencio IIUxío IIISiciliaBispoOstiaVelletriHadrián IVAlexandre IIIRoma11811182VelletriAnagniVeronaFederico BarbarroxaMatilde de ToscanaPascual IIHenrique VHenrique VIherexíascátarasvaldensesarnaldistasTribunal da Santa InquisiciónTerceira CruzadaBalduíno IVVeronaSan Malaquías
Lucio III, papa
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Lucio III, papa | |
|---|---|
![]() | |
| Nacemento | 1110 |
| Lucca | |
| Falecemento | 25 de novembro de 1185 |
| Verona | |
| Soterrado | Verona Cathedral |
| Relixión | cristianismo |
| Ocupación | clérigo e sacerdote católico |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Lucio III, nado en Lucca en 1097 e finado en Verona o 25 de setembro de 1185, foi o Papa n.º 171 da Igrexa católica de 1181 a 1185.[1]
Traxectoria |
De nome Ubaldo Allucinoli, era nativo da República de Lucca e monxe Cisterciense até ser nomeado, en 1142, Cardeal-Presbítero de Santa Práxedes polo papa Inocencio II para posteriormente actuar, baixo o pontificado de Uxío III como legado papal en Sicilia. Nomeado Cardeal-Bispo de Ostia e Velletri polo papa Hadrián IV, foi un dos cardeais máis influentes baixo o pontificado do papa Alexandre III.
Despois da súa elección, viviu en Roma de novembro de 1181 a marzo de 1182, pero disensións coa nobreza romana que non influíra na súa elección fixérono marchar ao exilio, que transcorreu en Velletri, Anagni e Verona.
Lucio III entrevistouse en Verona con Federico Barbarroxa, emperador do Sacro Imperio Romano, para tentar resolver a disputa territorial existente sobre as posesións que a condesa Matilde de Toscana legara tras a súa morte á Igrexa durante o pontificado de Pascual II e que o daquela emperador Henrique V fixera súas alegando dereitos dinásticos. A negativa de Federico a ceder ás pretensións do Papa xunto ao feito de que lle negase a súa axuda para regresar á Cidade Eterna, fixo que, en resposta, Lucio III non coroase coemperador ao seu fillo Henrique VI. A brecha do papado co Imperio volveu acrecentarse de maneira importante.
Nun sínodo celebrado en Verona, promulgou a constitución Ad abolendam na que condenou as herexías cátaras, valdenses e arnaldistas, converténdose nun instrumento eficaz contra calquera forma de indisciplina á ortodoxia católica, decretando que o castigo físico dos herexes correspondía á autoridade laica co que Ad abolendam converterase no embrión do futuro Tribunal da Santa Inquisición e do Santo Oficio.
En 1185, Lucio III empezou a preparar a Terceira Cruzada en resposta ás peticións de Balduíno IV de Xerusalén, pero faleceu en Verona e foi soterrado na Catedral da mesma cidade.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Lux in ostio (Luz na porta), cita que fai referencia a que antes de ser elixido pontífice foi cardeal de Ostia (ostia = "porta").
Notas |
↑ "Pope Lucius III". Catholic Encyclopedia. New York: Robert Appleton Company. 1913.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucio III, papa |
| ||||||||||||||||||||||||||||
|
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categorías:
- Papas
- Nados en 1097
- Nados na provincia de Lucca
- Finados en 1185
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.648","walltime":"0.772","ppvisitednodes":"value":3790,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":111251,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1562,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":14,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":412,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":15,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 652.116 1 -total"," 60.43% 394.091 1 Modelo:Biografía"," 59.25% 386.373 1 Modelo:Infobox"," 48.64% 317.163 27 Modelo:Propiedade"," 24.10% 157.155 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 4.87% 31.729 1 Modelo:Papas"," 4.25% 27.711 1 Modelo:Navbox"," 3.54% 23.100 1 Modelo:Sen_referencias"," 3.38% 22.010 2 Modelo:Se_é_muller"," 3.05% 19.865 1 Modelo:Ifsubst"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.423","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4983776,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190404153127","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":127,"wgHostname":"mw1248"););
