Skip to main content

Xadrez Índice Historia | Regras | Perfil psicolóxico dos xadrecistas | Grandes xadrecistas de todos os tempos | Xadrez en Galiza | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Leyes del ajedrez de la FIDE"o orixinal"La Federación Española de Ajedrez es una de las federaciones deportivas españolas reconocidas por el Consejo Superior de Deportes de España"o orixinalMerim Bilalić (2007): «Does chess need intelligence?» Inteligence, 35, pp. 457-470, 2007Asociación Galega de XadrecistasFederación Galega de XadrezFICGSFIDE Federación Internacional de XadrezLeis do xadrez FIDE (Xullo 2014)lichess.org300222748846511931920t4691398ID37901041934051891-7chesssh8502312100573591ph116822chessscacchi

Xadrez


xogoestratexiapersoaspezasreiraíña ou damaalfíscabalostorrespeónstaboleiroxaque matetorneosOlimpíadas de xadrezdeporteárabeelefantemedievalcasteloinfantaríaEuropaPenínsulaséculo XXPacto de Varsoviapropaganda políticaGarry KasparovAnatoli Karpov19841989simetríamedianasnotacióncasacapacidades cognitivasintelixenciaintelectualconcentracióncálculocapacidade de análiseTest de personalidade dos cinco grandesResponsabilidadeExtroversiónAmabilidadeNeuroticismoestudantes universitariospersonalidadesexoGalizaFederación Galega de XadrezLiga Galega de Clubs










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Xadrez




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.


Pezas de xadrez.


O xadrez[1] é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfís, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente. Isto faise ameazando a casa que ocupa o rei con algunha das pezas propias sen que o outro xogador poida protexer ao seu rei interpoñendo unha peza entre o seu rei e a peza que o ameaza, mover o seu rei a un escaque libre de ameazas ou capturar á peza que o está ameazando, o que trae como resultado o xaque mate e o fin da partida.


Malia a que os xogadores compiten a nivel individual en diferentes torneos tamén existen competicións por equipos, sendo unha das máis importantes as Olimpíadas de xadrez.


Na súa versión de competición,[2] o xadrez está considerado como un deporte.[3]


O xadrez é un dos xogos máis populares do mundo, practicado por millóns de persoas de maneira informal, en torneos (de afeccionados e profesionais), clubs, escolas, a través de Internet ou por correspondencia. Atópanse características de arte e de ciencia nas composicións xadrecísticas e na súa teoría, que abarca aperturas, medio xogo e finais, as fases en que tradicionalmente se subdivide o transcurso do xogo. Na terminoloxía xadrecística, os xogadores de xadrez son coñecidos como xadrecistas. No xadrez, que é un xogo de estratexia e de táctica, non implica o elemento sorte, coa única excepción en canto ao sorteo das cores ao comezo do xogo (as brancas sempre fan o primeiro movemento) e é especialmente coñecido pola súa alta complexidade.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Regras

    • 2.1 Colocación


    • 2.2 Movementos


    • 2.3 Movementos especiais


    • 2.4 Tipos de ataque


    • 2.5 Aperturas


    • 2.6 Estratexias


    • 2.7 Finais



  • 3 Perfil psicolóxico dos xadrecistas


  • 4 Grandes xadrecistas de todos os tempos


  • 5 Xadrez en Galiza


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Historia |




Krishna e Radha xogando ao chatarunga, antecesor do xadrez [4]


O xadrez é un xogo moi antigo, como pode deducirse da etimoloxía de moitos vocábulos empregados: enroque procede de roque, unha palabra sinónima de torre que xa non se usa; alfil ( procede do árabe, onde 'al-fil significaba "o elefante"). Tamén as relacións de valor e movemento entre as pezas amosan claramente unha transposición da estrutura medieval feudal: a peza máis importante, a que hai que derrotar é o rei; a raíña ten os movementos máis ilimitados; os cabalos e os "elefantes" eran daquela elementos de ataque e a torre é un trasunto do castelo defensivo; os peóns son a infantaría. A súa importación a Europa veu da man dos árabes antes da expulsión da Península. Este potencial foi explotado no século XX polos países do Pacto de Varsovia, que o utilizaron intensivamente nos seus sistemas educativos como método tanto de ensino e incentivación como logo para a propaganda política dos éxitos acadados no xadrez[5]. O certo é que os rusos crearon escola, e son ben coñecidos personaxes coma os campións mundiais Garry Kasparov e Anatoli Karpov.


A Federación Galega de Xadrez (FeGaXa) xurdiu na primeira década do século XX, aínda que a actual Federación naceu tras o proceso unificador, nunha reunión celebrada en Lugo, en 1984. A Asociación Galega de Xadrecistas naceu en 1989.



Regras |


O xadrez é un xogo cunha orixe milenaria e polo tanto é un deporte moi establecido, cunhas regras claras, definidas e marcadas, que mesmo ten os seus propios rituais. De tódolos xeitos, para comezar a iniciarse no xadrez, debe ser a un nivel máis afeccionado. Neste caso é habitual obviar algunhas das regras máis complexas ó principio para ilas aprendendo ós poucos. Isto provoca a miúdo discusións pola diferenza de criterio, co cal é un moi bo consello aclarar e establecer cales son as regras propias que se van aplicar nesa partida ou entre determinados participantes (isto é moi habitual cando se lles ensina ós cativos, dependendo do nivel ó que se xogue).



Colocación |









Chess zhor 26.png

Chess zver 26.png


































































Chess rdl45.svg

Chess ndd45.svg

Chess bdl45.svg

Chess qdd45.svg

Chess kdl45.svg

Chess bdd45.svg

Chess ndl45.svg

Chess rdd45.svg

Chess pdd45.svg

Chess pdl45.svg

Chess pdd45.svg

Chess pdl45.svg

Chess pdd45.svg

Chess pdl45.svg

Chess pdd45.svg

Chess pdl45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess d45.svg

Chess l45.svg

Chess pll45.svg

Chess pld45.svg

Chess pll45.svg

Chess pld45.svg

Chess pll45.svg

Chess pld45.svg

Chess pll45.svg

Chess pld45.svg

Chess rld45.svg

Chess nll45.svg

Chess bld45.svg

Chess qll45.svg

Chess kld45.svg

Chess bll45.svg

Chess nld45.svg

Chess rll45.svg

Chess zver 26.png

Chess zhor 26.png
Posición inicial das pezas.


O taboleiro de xadrez ten dous eixos de simetría diagonais, pero non ten simetría con respecto ás súas medianas, debido a que, dos catro currunchos do cadro, dous son brancos e dous son negros. A colocación establecida para o taboleiro é aquela na que o xogador que vaia xogar coas pezas brancas teña o curruncho máis próximo da súa dereita de cor branca. Unha vez situado así, e dende a perspectiva do xogador das pezas brancas, pode identificarse cada cela mediante unha notación axeitada de ringleiras e columnas.


A colocación das pezas faise na parella de ringleiras máis próxima a cada participante: na penúltima colócanse os 8 peóns e na máis achegada ós xogadores colócanse as pezas simetricamente consonte a seguinte orde dende os extremos: torre (as dúas dos extremos), alfil e cabalo. Nas dúas posicións internas que faltan haberá que colocar a raíña sobre a casa que ten a mesma cor que a peza e o rei na outra (e así dise "(raíña) negra sobre (posición) negra e branca sobre branca").



Movementos |


As pezas só se poden tocar para poñelas na súa posición inicial ou para ser movidas (o famoso "peza tocada, peza xogada"): en caso contrario, no que se estableza contacto para colocalas no taboleiro, debe dicirse "Compoño", polo menos nas competicións oficiais.


Para comezar coa partida, as primeiras pezas que se moven son as do xogador que utiliza as brancas. O movemento das pezas tamén indica cales son as celas "dominadas" e as pezas contrarias que pode capturar, pois son as que se atopan no final da súa traxectoria de desprazamento (agás os peóns):



Torre: O seu movemento é un dos máis potentes e realízase en dirección horizontal ou vertical ata que atope outra peza, de igual ou distinta cor;

Alfil: esta peza ten un desprazamento diagonal e polo tanto sempre en casas da mesma cor ata que atope outra peza, de igual ou distinta cor. Debido á colocación das pezas sobre o taboleiro, haberá sempre no inicio un alfil que se desprace sobre casas brancas e outro sobre casas negras, co cal se lles adoita chamar "alfil de brancas" e "alfil de negras" (que non se debe confundir con "alfil das brancas", que indica a cor da peza);

Dama ou raíña: a que máis versatilidade de movementos ten, xa que pode moverse coma unha torre ou coma un alfil;

Rei: a súa limitación é manifesta, pois só pode mover a calquera das oito casas que rodean a onde está que non estean ocupadas. Isto faino moi vulnerable, sobre todo tendo en conta que é a peza máis importante (porque a súa captura é o obxectivo do xadrez);

Cabalo: é a única peza á que non sempre lle obstaculizan o movemento outras pezas, xa que pode saltar (por algo se chama cabalo) outras pezas. Así, posicionarase en calquera das oito casas (que será sempre de distinta cor cá de onde parte) que se definen por unha distancia combinada verbo da posición inicial de dúas casas horizontais e unha vertical ou dúas verticais e unha horizontal. Este desprazamento en L é moi perigoso cando o movemento do cabalo se sabe usar ben.

De entre tódalas pezas, nas anteriores pódese capturar nas casas que domina pero non na seguinte:



Peón: o seu movemento normal é de avanzar verticalmente só unha casa (salvo a "saída de peón") se non está ocupada por outra peza, de igual ou distinta cor, pero para capturar debe facelo diagonalmente e tamén só unha posición;


Movementos especiais |




Xadrez con X. Roberto Patiño Romarís, campión galego



Saída de peón: Dáse só no primeiro movemento de cada peón dende a súa posición inicial, dende onde estes poden avanzar dúas casas. No resto do taboleiro unicamente está permitido que avancen unha casa en vertical ou en diagonal

Comer ó paso: Para comprender este movemento debemos concibir o movemento de dúas casas que pode realizar un peón cando se move por vez primeira como dous semi-movementos de avance consecutivos con cadanseu movemento de só unha posición. Polo tanto, un peón atacante pode estar afectado pola defensa se recibe un contraataque dende a posición tralo primeiro semi-movemento do outro peón defensor, que executaría un movemento dobre, ao comer o peón inimigo que se sitúa ao seu lado sen ocupar a casa onde estaba este, avanzando cara a casa que ocuparía se o peón negro só adiantase unha casa.

Enroque: En determinadas situacións nas que un está sendo atacado, sería aconsellable poder mover varias pezas ó mesmo tempo. O enroque é a única xogada do xadrez na que acontece isto. O movemento consiste en mover o rei dúas casas en dirección a unha das dúas torres e mover a torre a beira do rei pasando por encima deste, cando o enroque se realiza coa torre máis próxima ó rei chámase enroque curto mentres que se é coa torre máis afastada chámase enroque longo. O enroque só se pode realizar se tanto a torre coma o rei non se moveron durante toda a partida, ademais o rei non pode estar en xaque ou pasar por unha casa ameazada por unha peza contraria. Este movemento defensivo nas meirande parte das partidas dáse nos primeiros movementos da apertura.

Xaque: Cando o rei está sendo atacado por unha peza contraria dise que está en posición de xaque ou simplemente en xaque. En xadrez non profesional, normalmente o atacante avisa o contrario de que está en xaque simplemente dicindo "xaque" (mesmo hai quen avisa dicindo "xaque á raíña").

Xaque mate: Se o rei está en xaque e non pode mover a ningún lugar onde non se sitúe outra vez en xaque para poder salvarse, considérase que a partida chegou ó xaque mate, é dicir, rematou coa derrota do rei en xaque.

Táboas: Nunha partida pode desenvolverse de xeito que gañe un participante ou o outro ou ben ningún deles. A esta situación de empate chámaselle "quedar en táboas" e dáse cando, tras comerse o derradeiro peón do taboleiro, non hai ningunha captura durante 50 pares de movementos. Tamén fica a partida en empate cando se repite 3 veces a mesma posición sobre o taboleiro (aínda que fose en momentos moi distantes).

Afogado: Posición na que o xogador que ten a quenda para mover, sen o seu rei estar en xaque, non pode realizar ningún movemento legal. A partida remata nese momento, obrigatoriamente, co resultado de táboas.

Retirada: Cando un xogador sabe que vai perder ou non confía na súa resistencia para evitar a derrota, pode decidir abandonar a partida. O xesto ritualizado para amosar isto (e mesmo máis usual que expresalo verbalmente) é derrubar o rei suavemente sobre o taboleiro coma símbolo de abdicación.


Xaque mate básico: ou xaque pastor.



Tipos de ataque |


Os ataques poden clasificarse fundamentalmente en tres tipos, segundo



Ataque directo: é o ataque máis clásico e nel trátase basicamente de colocar unha peza nunha posición na cal a traxectoria do seu ataque intercepte a outra peza inimiga;

Xogo descuberto: consiste en que o movemento dunha ficha desobstaculiza a traxectoria dun ataque. A única peza que non pode atacar polo xogo descuberto doutra peza é o cabalo, dada a ser quen de apuntar sobre as fichas da súa propia cor;

Pinza ou tenaces: é un caso especial de ataque directo, no cal a mesma peza atacante está atacando dúas pezas contrarias ó mesmo tempo. Este movemento crea moito perigo e debe ser previsto con antelación para non dar a oportunidade de perder unha ficha. A pinza descuberta é unha combinación das dúas anteriores e pode ser dobre (cando se atacan dúas pezas) ou máis raramente tripla (cando a peza movida realiza unha pinza dobre e provoca un xogo descuberto).


Aperturas |


Pódense diferenciar principalmente 5 grandes grupos de aperturas segundo as estruturas de peón resultantes:


  • Abertas: empezan normalmente coas xogadas 1. e4, e5. Exemplo das máis habituais son a apertura Ruy López ou española (1. e4, e5 2. Cf3, Cc6 3. Ab5) , Apertura Italiana (1. e4, e5 2. Cf3, Cc6 3. Ac4, Ac5) e a Defensa Petroff (1. e4, e5 2. Cf3, Cf6). Conducen a posicións de liñas abertas, principalmente as columnas centrais "d" e "e".

  • Semiabertas: empezan normalmente coa xogada de brancas 1.e4 e as negras responden cun movemento distinto a 1..., e5. Conducen a posicións onde é habitual que haxa algunha liña aberta nas columnas e filas do centro amplo (columnas "c", "d", "e", "f"; filas 3, 4, 5, 6). As máis usadas son a Defensa Siciliana (1. e4, c5), Defensa Francesa (1.e4, e6) e a Defensa Caro-Kann (1.e4, c6).

  • Pechadas: empezan normalmente cos movementos 1.d4, d5. Gambito de Dama (1. d4,d5 2.c4), Peón de dama (1.d4, d5 2.Cf3). Levan a posicións nas que non hai columnas abertas até o medio xogo. Entre as máis empregadas están a Defensa Eslava (1.d4, d5 2.c4, c6), Defensa Ortodoxa (1.d4, d5 2.c4,e6) e o Gambito de dama aceptado (1.d4 d5 2.c4 d5xc4).

  • Semipechadas: empezan normalmente coa xogada de brancas 1.d4 e as negras responden cun movemento distinto a 1...d5. Entre as máis empregadas están a Defensa Nimzoindia (1.d4, Cf6 2.c4, e6 3.Cc3, Ab4), Defensa India de Rei (1.d4, Cf6 2. c4, g6 3.Cc3 Ag7 4.e4 d6) e Defensa Holandesa (1.d4, f5). A colocación dos peóns centrais é moi variable.

  • De flanco: empezan con xogadas distintas a 1.d4 ou 1.e4. As máis empregadas son 1. c4 coñecida como Apertura Inglesa e a Apertura Reti 1.Cf3 seguido de 2.g3. A colocación dos peóns centrais é moi variable.


Estratexias |


Na apertura, o emprego do gambito, que consiste no movemento dun ou varios peóns, menos frecuente doutras pezas, para ofrecer material ao adversario ben a cambio dun desenvolvemento rápido de pezas e dun dominio das casas centrais, ben do inicio dunha ofensiva relampo sobre o rei.


Obter columnas abertas e filas abertas: denomínanse así as columnas e as filas nas que non hai peóns de ningún dos bandos.



Finais |


Chámaselle final á situación na que quedan moi poucas pezas no taboleiro e só existe a posibilidade dun gañador (cunha estratexia de ataque que só pode ser unha determinada) ou ben táboas por movementos. As posibles combinacións de pezas nos resultados destes finais están estudados e os principais son os seguintes:


- Final de rei (contra rei): invariablemente táboas;


- Final de dama e rei (contra rei): a dama debe levar o rei a un lateral, cubrir o escape do rei perdedor co rei gañador e facer xaque antes de afogalo;


- Final de rei e torre (contra rei): igual que coa dama;


- Final de rei e dúas torres (contra rei): as torres poden derrotar o rei solitario varrendo consecutivamente as columnas ou ringleiras dende o lado do taboleiro oposto ó rei perdedor;


- Final de rei e alfil (contra rei): invariablemente táboas;


- Final de rei e dous alfís (contra rei): o rei solitario debe ser levado ata un curruncho e alí arrastralo por un corredor delimitado polo bordo do taboleiro e o rei atacándoo cos alfís, evitando o afogado;


- Final de rei e cabalo: indefectiblemente táboas;


- Final de rei, torre e alfil: aproveitando as columnas abertas, debe empuxarse a un lateral o rei solitario coa axuda da torre e do seu rei, mentres o alfil colabora ou se mantén á marxe (co cal o final convértese nun de rei e torre);


- Final de rei, torre e cabalo: a única complexidade ven dada polo perigo de afogar ao rei contrario, polo que convén manter ao cabalo afastado deste.


- Final de rei, cabalo e alfil (contra rei): O mate máis difícil do xadrez.



Perfil psicolóxico dos xadrecistas |




O neno prodixio do xadrez, Samuel Reshevsky, de oito anos, derrota a varios mestres do xadrez, nunhas partidas simultáneas en Francia.


Na actualidade existe unha importante investigación psicolóxica do xadrez. Un dos feitos mellor establecidos é que aínda que o xadrez é amplamente considerado o mellor exemplo de actividade intelectual entre os xogos, existe moi pouca evidencia entre capacidades cognitivas concretas e a pericia no xadrez. Aínda que existe unha débil correlación entre intelixencia e pericia no xadrez entre os nenos que están a aprender, dita correlación non existe cando consideramos grandes mestres ou nenos altamente talentosos para o xadrez.[6] O factor que explica mellor o desempeño xadrecístico é o número de horas de práctica. Con todo é evidente que este é un xogo/deporte destacadamente intelectual debido a que require concentración, cálculo, capacidade de análise, e é ben coñecido que abundan altísimos cocientes intelectuais entre os xogadores de primeira fila mundial. Algúns estudos suxiren que os grandes mestres son capaces de almacenar entre 10 mil e 100 mil “fragmentos”[7] ou posicións de taboleiro xadrecisticamente relevantes, aínda que simulacións por computador estiman este número en 300 mil.[8][9]


Outro aspecto, menos estudado, é o da personalidade dos xadrecistas. Un estudo que comparaba 219 nenos que xogaban ao xadrez con outros 50 que non o facían, cuxos trazos de personalidade foron clasificados de acordo co Test de personalidade dos cinco grandes («O»: Apertura a novas experiencias, « C»: Responsabilidade, «E»: Extroversión, «A»: Amabilidade, « N»: Neuroticismo), suxería que era máis probable que os nenos con alta puntuación nos factores «O» e «E» fosen xogadores de xadrez. Os nenos homes que puntúan máis alto no factor «A», están menos interesados no xogo. Iso podería explicar por que as nenas, que xeralmente puntúan máis alto no factor «A», están en xeral menos interesadas no xogo. Outro estudo realizado en estudantes universitarios menciona que, aquelas persoas cuxa personalidade elles pracenteiras a procura e experimentación de sensacións novas e fortes, sentense moito máis atraídas polo xogo que aquelas que evaden esas sensacións, sen importar o sexo.[10] Con todo, os estudos non detectaron ningunha correlación entre os trazos de personalidade e a pericia xadrecística dun xogador.



Grandes xadrecistas de todos os tempos |








  • Ruy López de Segura (ca. 1530 – ca. 1580)


  • Giulio C. Polerio (ca. 1550 – ca. 1610)


  • Gioachino Greco (ca. 1600 – ca. 1634)


  • François-André Philidor (1726 – 1795)


  • Adolf Anderssen (1818 – 1879)


  • Wilhelm Steinitz (1836 –1900)


  • Paul Morphy (1837 – 1884)


  • Mikhail Chigorin (1850 -1908)


  • Siegbert Tarrasch (1862 – 1934)


  • David Janowski (1868 – 1927)


  • Emanuel Lasker (1868 –1941)


  • Carl Schlechter (1874 – 1918)


  • Frank Marshall (1877 – 1944)


  • Aaron Nimzowitsch (1886 –1935)


  • José Raúl Capablanca (1888 – 1942)


  • Efim Bogoljubov (1889 –1952)


  • Alexander Alekhine (1892 –1946)


  • Max Euwe (1901 – 1981)


  • Mikhail Botvinnik (1911 – 1995)


  • Paul Keres (1916 – 1975)


  • Vasili Smyslov (1921 –2010)


  • Efim Geller (1925 – 1998)


  • Tigran Petrosian (1929 – 1984)


  • Viktor Korchnoi (1931 – 2016)


  • Mikhail Tahl (1936 – 1992)


  • Boris Spassky (nado en 1937)


  • Bobby Fischer (1943 - 2008)





  • Anatoli Karpov (nado en 1951)


  • Jan Timman (nado en 1951)


  • Garry Kasparov (nado en 1963)


  • Nigel Short (nado en (1965)


  • Viswanathan Anand (nado en 1969)


  • Alexei Shirov (nado en 1972)


  • Veselin Topalov (nado en 1975)


  • Vladimir Kramnik (nado en 1975)


  • Judit Polgar (nada en 1976)


  • Étienne Bacrot (nado en 1983)


  • Ruslan Ponomariov (nado en 1983)


  • Magnus Carlsen (nado en 1990)


  • Fabiano Caruana (nado en 1992)




Xadrez en Galiza |


A práctica do xadrez en Galiza está regulada pola Federación Galega de Xadrez, que organiza tódolos anos a Liga Galega de Clubs.



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xadrez.


  2. "Leyes del ajedrez de la FIDE" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de marzo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2013. 


  3. "La Federación Española de Ajedrez es una de las federaciones deportivas españolas reconocidas por el Consejo Superior de Deportes de España". csd.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2010. Consultado o 5 de novembro de 2010. 


  4. Yuri Averbakh (2012) A History of Chess: From Chaturanga to the Present Day Russell Enterprises,


  5. Kasparov, Garry (2003). Mis grandes predecesores, parte II ,. Everyman Chess. 


  6. Merim Bilalić (2007): «Does chess need intelligence?» Inteligence, 35, pp. 457-470, 2007.


  7. Simon, H. A. & Gilmartin K. J. (1973): «A simulation of memory for chess positions.» Cognitive Psichology, 5, pp. 29-46.


  8. Gobet, F. & Simon H. A. (1998): «Expert memory: Revisiting the chunking hypothesis.» Memory, 6, pp. 225-255.


  9. Gobet, F. & Simon H. A. (2000): «Five seconds or sixty? Presentation time in expert memory.» Cognitive Science, 24, pp. 651-682.


  10. Joireman J.A., Fick C.S. & Anderson J.W. (2002): “Sensation seeking and involvement in chess”, Personality and Individual Differences, 32, p. 509-515.



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Arias Iglesias, C. e Veiga Goy, J. L. (1989). Manual básico de xadrez, Universidade de Santiago de Compostela.

  • Castro Díaz, J. A. (1996) Aprendendo xadrez, Edicións Xerais de Galicia.

  • Castro Girona, P. e outros (1996) Xadrez na escola, Santiago, Edicións Lea.

  • de Groot, A. D. (1965). Thought and Choice in Chess (English ed.). The Hague. 

  • Golombek, H. (1976). A History of Chess. Routledge & Kegan Paul.

  • Kasparov, G. (2003). Mis grandes predecesores, parte I , Everyman Chess.

  • Kasparov, G. (2003). Mis grandes predecesores, parte II , Everyman Chess.

  • Kasparov, G. (2004). Mis grandes predecesores, parte III , Everyman Chess.

  • Kasparov, G. (2004). Mis grandes predecesores, parte IV , Everyman Chess.

  • Kasparov, G. (2006). Mis grandes predecesores, parte V , Everyman Chess.

  • Li, David H. (1998). The Genealogy of Chess. Premier Pub. Co.

  • Murray, H.J.R. (1913). A History of Chess. Benjamin Press (orixinariamente publicado por Oxford University Press)

  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2009). Xadrez para todos, iniciación 1, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2010). Xadrez para todos, iniciación 2, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., e outros. (2010). Xadrez para todos, intermedio 1, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., e outros. (2010). Xadrez para todos, intermedio 2, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2014). Xadrez para todos, avanzado 1, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2010). Xoga e aprende 1, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., Torra Bernat, R. e Farré Vilalta, I. (2010). Xoga e aprende 2, Balàgium Editors.

  • Prió Burgués, J., Fernández Amigo, J. e Farré Vilalta, I. (2014). Xoga e aprende 3, Balàgium Editors.


  • Tribiño Mamby, C. (2005). Xadrez Iniciación. Baía Edicións. ISBN 978-84-96526-24-2. 


Outros artigos |


  • Encontros polo campionato do mundo de xadrez

  • Notación alxébrica

  • Regra de Tarrasch

  • Termos relacionados co xadrez


Ligazóns externas |


  • Asociación Galega de Xadrecistas

  • Federación Galega de Xadrez

  • FICGS

  • FIDE Federación Internacional de Xadrez

  • Leis do xadrez FIDE (Xullo 2014)


  • lichess.org Páxina para xogar a xadrez online con xente real ou contra o forte programa Stockfish 5 sen ter que rexistrarse




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xadrez&oldid=5117832"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.496","walltime":"0.772","ppvisitednodes":"value":910,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":21476,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":837,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":14,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6913,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":15,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 606.930 1 -total"," 60.95% 369.953 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.64% 70.667 1 Modelo:Commonscat"," 11.15% 67.644 1 Modelo:Irmáns"," 10.66% 64.723 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.24% 62.165 1 Modelo:Listaref"," 6.50% 39.463 2 Modelo:Cita_web"," 5.97% 36.242 1 Modelo:Sen_notas"," 5.49% 33.335 1 Modelo:Ambox"," 1.90% 11.540 2 Modelo:Cita_libro"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.270","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5157533,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1327","timestamp":"20190520125221","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Xadrez","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Xadrez","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q718","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q718","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-02-08T21:48:54Z","dateModified":"2019-04-12T14:27:34Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/6f/ChessSet.jpg","headline":"xogou00a0de taboleiro de estratexia"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1272"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020