Acacia Índice Distribución | Hábitat | Ecoloxía | Cultivo | Especies | Notas | Menú de navegación"Acacia"300375009311051806221ID00560133Acacia18766656859621181015643136501ACAG215111000605352429782234745221551-1131067226417NHMSYS00004555283808ID40003076715537ACACIID
AcaciaÁrboresFabáceas
legumefeixónsoiaervellaxestaGaliciafalsa acaciaAustralianitróxenonitrificaciónacacia negra
Acacia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Acacia (xénero Acacia) | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acacia heterophylla | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero.
Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.
Índice
1 Distribución
2 Hábitat
3 Ecoloxía
4 Cultivo
5 Especies
5.1 Asilvestradas en Galicia
5.2 Outras
6 Notas
Distribución |
Existen unhas 1.300 especies no mundo e, destas, 950 especies proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes. En Galicia considéranse especies invasoras.
Hábitat |
Acacia drepanolobium
Acacia sp.
Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.
Ecoloxía |
As acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios, desprazando especies autóctonas (mimosa, acacia negra).
Cultivo |
Mimosa, Acacia dealbata
Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarrís e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.
Especies |
- Artigo principal: Especies de Acacia.
Asilvestradas en Galicia |
Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas.
Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas (Pontevedra).
Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón.
Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.[1]
Outras |
As especies máis cultivadas son:
Acacia armata, utilizada para sebes, foliolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 m.
Acacia baileyana, de crecemento rápido, malia que de vida curta. Pólas penduradas,inflorescencias en acios. Non máis de 6 m.
Acacia armata variedade purpurea, igual que a anterior mais coas follas de cor azulenta.
Acacia mucronata, moi resistente, filodios moi estreitos.
Acacia verticillata, arbusto mesto, de até 6 m, con filodios punzantes, en verticilos.
Acacia farnesiana, arbusto máis miúdo, común en zonas de bosque seco de Centroamérica.
Algunhas especies ameazadas de extinción:
Acacia parviceps (Speg.) Burk.
Acacia velutina var. monadena Hassler.
Outras especies:
- Acacia bonariensis
Cassia ferruginea (Schrad) Schrad ex DC)- (Acacia jurema
- (Acacia farnesiana - Acacia amarela.
- Acacia cebil
- Acacia decurrens
Acacia podalyraefolia A. Cunn - Acacia mimosa.
Acacia suma - Acacia hindú.
Acacia nilotica - Acacia do Senegal, Acacia exipcia.
Acacia cultriformis A. Cunn. ex G. Don - Esponxiña.
Acacia koa (A. Gray)- Acacia cyanophylla
- Acacia anegadensis
Notas |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Acacia |
↑ "Acacia". Consultado o 19 de febreiro de 2017. [Ligazón morta]
|
|
Categorías:
- Acacia
- Árbores
- Fabáceas
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.572","walltime":"0.959","ppvisitednodes":"value":1119,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":25211,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1832,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":27,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1091,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":28,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 866.198 1 -total"," 78.15% 676.962 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 5.99% 51.913 1 Modelo:Listaref"," 4.74% 41.089 1 Modelo:Cita_web"," 4.67% 40.456 1 Modelo:Sen_referencias"," 4.26% 36.929 2 Modelo:Ifsubst"," 3.89% 33.733 1 Modelo:Ambox"," 3.86% 33.436 1 Modelo:Taxobox"," 2.61% 22.599 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 2.46% 21.351 1 Modelo:Commons"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.385","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5476522,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1322","timestamp":"20190409114741","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":136,"wgHostname":"mw1319"););