Skip to main content

ASTANO Índice Historia | Construción naval | Reparacións navais | Buques construídos | Navantia Fene | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°28′32.47″N 8°10′47.73″O / 43.4756861, -8.1799250navantia.es"La construcción naval en Perlío (Fene) Taller de Ramón Aguilar""Astano en el Recuerdo (I)""El astillero de Fene, en la encrucijada"Actividad económica en Ferrolterra y área de influencia Ferrolterra: Empresa y sociedad"Discoverer Enterprise""Imágenes de la Grúa Pórtico"Buques construidos y características en Astano"Navantia y Windar logran en Portugal otra obra de eólica marinaPromoción de aprendices de ASTANO do ano 1965Astrano, a forxa dun soño"Los orígenes de Astano"WorldCat152646710n2004000346

Empresas de GaliciaEmpresas de construción naval


acrónimosector navalFeneNavantia1941José María González-LlanosFENYAenxeñeiroBazáncapital socialPolígono industrial Vilar do ColoFenyaImenosaPerlíoría de FerrolFenemadeira1944sociedade anónimaBanco PastormetalJosé María González-Llanos1956Gran SolcarbónpetróleoInstituto Nacional de Industriacrise do petróleo1973197219741975EspañaUnión EuropeaComunidade Económica EuropeaestaleiroPuerto RealSestaoFeneFelipe GonzálezconstruciónLNGFPSOOff-ShoreDiscoverer EnterpriseIzarNavantiaMaquinista Terrestre y MarítimaBarcelona1941NavantiaCantabria (A-15)East Anglia Array












ASTANO




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Astano")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 43°28′32.47″N 8°10′47.73″O / 43.4756861, -8.1799250


















Astano
Astano texto plano.svg

González Llanos.JPG
Estatua do fundador, Avda. de Esteiro (Ferrol)

Fundación
15 de outubro de 1941 (77 anos)
MatrizAstillero Fene, Navantia (SEPI)
LocalizaciónNavantia, Avenida das Pías, 15500 Fene, A Coruña
FundadorJosé María González-Llanos
Persoas clavePedro Barrié de la Maza
IndustriaNaval
ProdutosBuques, offshore, reparacións navais
Páxina webnavantia.es

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Construción naval


  • 3 Reparacións navais


  • 4 Buques construídos


  • 5 Navantia Fene


  • 6 Galería de imaxes


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Bibliografía


    • 8.2 Ligazóns externas





Historia |




Maqueta de Astano, nas súas orixes. Exponav.


No ano 1917[1] estableceuse un pequeno estaleiro de ribeira na zona de Perlío, que facía buques de pesca en madeira propiedade de Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque.[2] Este pequeno estaleiro foi mercado por Llanos en 1941 xunto con outros socios e foi ampliándose desde a ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene, comezando a dedicarse á construción de barcos pesqueiros en madeira.


En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acometeuse o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán José María González-Llanos iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais (Vivendas de San Valentín en Perlío), economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.







Evolución do cadro de persoal.[3]

A primeira crise chegou en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se botou o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o Al-Andalus en 1974 de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o Santa María en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.


Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón Comunidade Económica Europea). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.[4]



Construción naval |




A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías.











































Construcións off-shore de Astano

Q4000-Discoverer-Enterprise.jpg
Discoverer Enterprise no Golfo de México.
Número
Nome
Tipo
Botado
266Drillmar IPlataforma15-09-1989
267Gryphon AFPSO15-04-1992
269Alba FSUFSU09-03-1993
273Petrojarl FoinavenFPSO28-08-1995
274Captain FPSOFPSO2-07-1996
275Discoverer EnterpriseDrill Ship12-12-1997
276Discoverer SpiritDrill Ship14-05-1999
277Discoverer Deep SeasDrill Ship22-12-1999
279FarwahFPSO7-10-2002
























































Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira e logo aceiro a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laieta, primeiro gaseiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo.


Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise[6] botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norte americana Transocean.


Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha máis forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, o que provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chegouse en 2004 á negociación coa UE, na que o goberno optou por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados a 300. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.



Reparacións navais |




Vista interior de Astano.


Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares.
Astano ten nas súas instalacións 11 peiraos que suman 2 700 metros.


Tamén hai dous diques para reparacións:


  • Dique número 2 de 260×38 metros.

  • Dique número 1 de 160×24 metros.

  • 2 grellas de 337×58 metros.

  • 18 guindastres cunha potencia de entre 10 e 100 toneladas.

  • 1 guindastre pórtico de 800 toneladas de capacidade de elevación.

O tamaño máximo dun buque construído foi de 346×60 metros (385 000 TPM).


A icona pola que é coñecida a empresa é o seu guindastre pórtico, unha construción cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, construída entre 1970 e 1971. Foi deseñada pola empresa alemá PHB Jucho e construída pola MTM Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona no propio estaleiro. Mide 145 metros entre piares e 75 metros de alto baixo o pórtico. No momento da súa construción era a maior de toda Europa.[7]



Buques construídos |


Dende 1941 Astano leva construídos preto de 300 buques.[8]








Nome
Tipo
Botado
Entregado



































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































Navantia Fene |


Dende a integración de Astano en Navantia, como Navantia Fene, e a fin do veto á construción naval, o estaleiro ten diversificado os seus traballos. Pasou á reparación naval de buques militares, construción de pezas e bloques para o sector militar, un exemplo disto é o proxecto de dous buques militares loxísticos como o Cantabria (A-15) para a mariña australiana. O estaleiro tamén participa en proxectos de eólica mariña para Iberdrola como o campo Wikinger ou East Anglia Array.































Construcións en eólica mariña offshore[9]
Data
Nome
Cliente
Número
Decembro de 2014
Alemaña Wikinger
Iberdrola29 jackets

Flag of Norway.svg Statoil

Xuño de 2015
Escocia Hywind
Statoil5
Xaneiro de 2017
Dinamarca Nissum Bredning
Siemens4
2018
Flag of the United Kingdom.svg East Anglia Array
Iberdrola42 jackets
Agosto de 2018
Flag of Portugal.svg Windfloat
Windar Renovables1


Galería de imaxes |



Medalla polos 30 anos traballando en Astano. 
Día da botadura do FPSO Gryphon A, construción número 267 de Astano. 
Torre eólica mariña en Astano. 
Mural nas vivendas en San Valentín, Fene. 
Astano en 2008. 
Un dos diques de reparacións cun buque militar. 
Navantia Fene. 
Economato de Astano xestionado por Navantia, Fene. 


Notas |




  1. Aguilar Sardina, Jacobo: "La construcción naval en Perlío (Fene) Taller de Ramón Aguilar" fenecom.blogspot.com.es 24/7/2009 (en castelán).


  2. Aguilar Sardina, Jacobo: "Astano en el Recuerdo (I)" fenecom.blogspot.com.es 22/5/2009 (en castelán).


  3. Ferrás Sexto, Carlos (1993). Desenvolvemento urbanístico e económico en Fene durante os séculos XIX e XX. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Fene: Concello de Fene. p. 132. ISBN 84-7191-938-9. 


  4. Mayoral, Montse (7/9/2014). "El astillero de Fene, en la encrucijada". Diario de Ferrol (en castelán). 


  5. Actividad económica en Ferrolterra y área de influencia Ferrolterra: Empresa y sociedad


  6. "Discoverer Enterprise" na páxina web de Transocean.


  7. Aguilar Sardina, Jacobo: "Imágenes de la Grúa Pórtico" fenecom.blogspot.com.es 30/6/2009 (en castelán).


  8. Aguilar Sardina, Jacobo: Buques construidos y características en Astano" fenecom1.blogspot.com.es 11/3/2014 (en castelán).


  9. Navantia y Windar logran en Portugal otra obra de eólica marina



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Pérez Rodríguez, M. A. (2000). Astano. Un estaleiro na ría. Cadernos FerrolAnálisis 13. Club de Prensa de Ferrol. ISBN 978-92-0-298687-9. 


  • ————————— (2001). Astano II. Un estaleiro na ría. Cadernos FerrolAnálisis 14. Club de Prensa de Ferrol. ISBN 978-92-0-338403-2. 


  • Serantes Caínzos, José Manuel (2011). Astano: un estaleiro, unha vivencia. Concello de Fene / Deputación da Coruña. 


  • Ferrás Sexto, Carlos (1993). Desenvolvemento urbanístico e económico en Fene durante os séculos XIX e XX. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Fene: Concello de Fene. ISBN 84-7191-938-9. 


Ligazóns externas |


  • Promoción de aprendices de ASTANO do ano 1965


  • Astrano, a forxa dun soño. TVG.

  • Aguilar Sardina, Jacobo: "Los orígenes de Astano"




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=ASTANO&oldid=4815231"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.500","walltime":"0.904","ppvisitednodes":"value":1309,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":41267,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3060,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":13,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6820,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 694.325 1 -total"," 21.88% 151.884 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.03% 69.672 1 Modelo:Listaref"," 9.34% 64.833 5 Modelo:Cita_libro"," 9.29% 64.492 1 Modelo:Compañía"," 8.77% 60.881 1 Modelo:Infobox"," 4.96% 34.432 1 Modelo:Fonte_primaria"," 4.48% 31.132 1 Modelo:Ifsubst"," 4.39% 30.461 1 Modelo:Commonscat"," 4.00% 27.761 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.184","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3829018,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1252","timestamp":"20190417032643","ttl":3600,"transientcontent":true););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"ASTANO","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/ASTANO","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3394955","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3394955","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-06-26T14:32:56Z","dateModified":"2018-07-22T14:21:04Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ac/Astano_texto_plano.svg","headline":"estaleiro galego"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":1017,"wgHostname":"mw1252"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020