Ponte das Pías Índice Historia | Servizos | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°29′2.37″N 8°11′3.70″O / 43.4839917, -8.1843611eEn el 45 aniversario de la inauguración del acceso por As Pías. Acotaciones dun ferrolésPuente de As Pías vs Discoverer EnterprisePERLÍO 1960: AS PIAS Galicia Confidencial"La confusa señalización del radar nuevo de la avenida de As Pías. La Voz de Galicia"o orixinalLos radares de Tráfico multan a 380 conductores cada día en las carreteras de la comunidad. Faro de VigoVídeo
Arquitectura civil de GaliciaPontes de Galicia
FeneFerrolría de FerrolFE-14N-651N-VIAstanoponte de XuviaAP-9MugardosDiscoverer Enterprise
Ponte das Pías
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 43°29′2.37″N 8°11′3.70″O / 43.4839917, -8.1843611
Ponte das Pías | |
---|---|
Localización | |
Río | ría de Ferrol |
Concello | Fene - Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Características | |
Construción | 16 de outubro de 1968 (50 anos) |
Lonxitude | 2000 m (total) 350 m (sobre a ría) |
Ancho | 2 + 2 carrís + beirarúas |
Tipo | Taboleiro |
Material | Formigón |
A ponte das Pías une os concellos de Fene e Ferrol sobre a ría de Ferrol. Por ela pasa a FE-14, anterior N-651, un dos ramais da N-VI.
Índice
1 Historia
2 Servizos
3 Galería de imaxes
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Ligazóns externas
Historia |
A ponte das Pías foi construída entre marzo de 1966 e outubro de 1968 cun custo total, incluídos os accesos de 246 millóns de pesetas[1] sendo inaugurada en 1968. O nome oficial era Puente del Caudillo, denominación que nunca foi empregada e a ponte era chamada das Pías, nome que por uso se fixo oficial[2]. O nome das Pías ven de «pías megalíticas», ocos funerarios de distinta profundidade baleirados sobre os penedos á beira da ría en Perlío, Fene. Tiñan forma variada: elíptica, rectangular e unha delas tiña forma de pirámide invertida coñecida como o funil. Esta necrópole celta vinculada co castro de Cardoeiro foi esnaquizada nos anos 1960 xunto co castro e está baixo os obradoiros do estaleiro[3].
A ponte era un proxecto necesario despois da creación do estaleiro Astano, actual Navantia Fene, e o seu paso á construción de petroleiros. Ata a inauguración da ponte era a vella ponte de Xuvia (ao fondo da ría) o camiño de entrada e saída de Ferrol. En 1913 inaugurárase a ponte do ferrocarril. O outro xeito de cruzar a ría era en lancha, medio que se empregou ata os inicios do século XXI pero que desapareceu coa inauguración da AP-9 en 2003. Dende a inaugaración da ponte das Pías as lanchas tiveron cada vez menos uso ata quedar só co servizo da lancha de Mugardos que unía esa cidade co porto de Ferrol.
A ponte das Pías tiña na súa inauguración un carril en cada sentido e beirarrúas. A ponte non tiña beiravía, o que limitaba o uso. O martes 13 de xaneiro de 1998 a ponte foi esnaquizada pola plataforma petrolífera Discoverer Enterprise que rompeu amarras pola noite, o que volveu deixar a comarca como antes de 1968. Despois de dous meses de obras a nova ponte foi inaugurada de novo con catro carrís (dous en cada sentido) seguía sen beiravía e estaba limitada a velocidade de circulación a 80 km/h. En 2003 foi inaugurada a nova ponte da autoestrada AP-9 o que deixou a ponte como comunicación local.
Servizos |
A ponte ten unha gasolineira na beira de Ferrol, dirección Fene. A velocidade na ponte vindo de Ferrol e dirección Fene é de 80 km/h dende Caranza ata chegar á altura de Navantia Fene onde a limitación é de 50 km/h, alí hai un radar que en 2010 puxo a cuarta parte de tódalas multas da provincia da Coruña[4][5].
A ponte nunca foi un lugar de paseo aínda que é moi empregada por afeccionados á pesca. A máxima concentración de xente prodúcese durante as botaduras de buques no estaleiro.
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes da ponte das Pías.
Vista aérea da ría de Ferrol (no centro a ponte das Pías).
Notas |
↑ En el 45 aniversario de la inauguración del acceso por As Pías. Acotaciones dun ferrolés
↑ Puente de As Pías vs Discoverer Enterprise
↑ PERLÍO 1960: AS PIAS Galicia Confidencial
↑ "La confusa señalización del radar nuevo de la avenida de As Pías. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 22/08/2011. Consultado o 21/11/2012.
↑ Los radares de Tráfico multan a 380 conductores cada día en las carreteras de la comunidad. Faro de Vigo
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
Vídeo en Youtube do Discoverer Enterprise na Ponte das Pías.
Categorías:
- Arquitectura civil de Galicia
- Pontes de Galicia
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.256","walltime":"0.331","ppvisitednodes":"value":547,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":8835,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":454,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":13,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4124,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 286.315 1 -total"," 45.51% 130.292 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.02% 51.603 1 Modelo:Listaref"," 15.14% 43.335 1 Modelo:Cita_web"," 14.30% 40.932 1 Modelo:Ponte"," 13.07% 37.410 1 Modelo:Infobox"," 8.77% 25.116 1 Modelo:Coordenadas"," 4.07% 11.651 1 Modelo:Data"," 3.75% 10.725 1 Modelo:Artigo_principal"," 2.21% 6.334 1 Modelo:Idade"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.135","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2466638,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1238","timestamp":"20190417030935","ttl":3600,"transientcontent":true););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ponte das Pu00edas","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_das_P%C3%ADas","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q12397871","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q12397871","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2012-11-21T11:25:25Z","dateModified":"2018-09-06T19:26:40Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ef/Ponte_das_p%C3%ADas_dende_ferrol_wikigl.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":135,"wgHostname":"mw1254"););