Aquilino Iglesia Alvariño Índice Traxectoria | Obras | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario"Arquivado"Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño""Aquilino Iglesia Alvariño"A lengua dos poetas do Norte de LugoAquilino Iglesia en GaliciadixitalAquilino Iglesia AlvariñoAquilino Iglesia Alvariño en Biografías y vidasAmor, cantado por Batital (2010)Aquilino Iglesia Alvariño no arquivo do Instituto de PontevedraeeWorldCat71412580XX931482120638803aquilino-iglesia-alvarino00334140000 0001 1069 8500n86028400089569598028898419
Rosalía de CastroAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoEduardo PondalFrancisco AñónManuel Curros EnríquezFlorentino López CuevillasAntonio Noriega VarelaMarcial ValladaresGonzalo López AbenteValentín Lamas CarvajalManuel Lago GonzálezXoán Vicente ViqueiraXoán Manuel PintosRamón CabanillasAntón Villar PonteAntonio López FerreiroManuel AntonioAfonso X o SabioVicente RiscoLuís Amado CarballoManuel Leiras PulpeiroArmando Cotarelo ValledorAntón Losada DiéguezAquilino Iglesia AlvariñoFrancisca Herrera GarridoRamón Otero PedrayoCelso Emilio FerreiroLuís PimentelÁlvaro CunqueiroFermín Bouza-BreyEduardo Blanco AmorLuís SeoaneRafael DiesteXesús Ferro CouseloÁnxel FoleMartín CodaxJohan de CangasMendinhoRoberto Blanco TorresManuel MurguíaEladio RodríguezMartín SarmientoAntón Avilés de TaramancosXaquín LorenzoLorenzo VarelaManuel Lugrís FreireMaría MariñoXosé María Álvarez BlázquezRamón PiñeiroUxío NovoneyraLois PereiroValentín Paz-AndradeRoberto Vidal BolañoXosé María Díaz CastroXosé Filgueira ValverdeManuel MaríaCarlos CasaresMaría Victoria MorenoAntón FraguasVíctor FreixanesHenrique MonteagudoMarilar AleixandreFina CasalderreyAndrés Torres QueirugaXesús Alonso MonteroRosario Álvarez BlancoXosé Luís AxeitosXosé Ramón BarreiroDarío Xohán CabanaFrancisco Díaz-FierrosFrancisco Fernández ReiAndrés Fernández-Albalat LoisXesús Ferro RuibalXosé Luís Franco GrandeSalvador García-BodañoManuel González GonzálezBernardino GrañaMargarita Ledo AndiónRamón LorenzoChus PatoLuz Pozo GarzaXosé Luís RegueiraManuel RivasAna RomaníEuloxio R. RuibalPegerto SaavedraAntón SantamarinaRamón Villares
Escritores de Galicia en lingua galegaEscritores de Galicia en lingua casteláPoetas de GaliciaDía das Letras GalegasMembros de número da Real Academia GalegaAlumnos da Universidade de Santiago de CompostelaProfesores da Universidade de Santiago de CompostelaTradutores ao galegoNados en AbadínNados en 1909Finados en 1961Xeración do 36Xeración mindonienseProfesores de educación secundaria
PedrosaSeivane de VilarenteAbadín12 de xuño1909Santiago de Compostela29 de xullo1961poetasséculo XXlingua galega1986Día das Letras GalegasSeminario de Mondoñedo1931Romaservizo militarFerrol1933Santiago de CompostelaEditorial NósPartido GaleguistaVilagarcía de ArousalatínXosé Crecente VegaCharles Lessner10 de marzo1938CarrilJesús Garrido Álvarez1944Universidade de Santiago de Compostela1949LugoPontevedra1947Real Academia GalegaTareixa de LisieuxHoracioTeócritoTibuloNoriega VarelaXosé María Díaz CastroportuguésLuís Amado CarballoManuel Antonio19301933vangardismoPartido Galeguistaguerra civilfascistacastelán1947lingua galegasaudadehilozoísmoneotrobadorismo1951Bibliófilos GallegosHoracioRamón PiñeiroCelestino Fernández de la VegagaélicosJulius Pokornyalemán19601961CatuloRosalía de Castro1963
Aquilino Iglesia Alvariño
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Aquilino Iglesia Alvariño | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1909 |
A Pedrosa | |
Falecemento | 29 de xullo de 1961 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño[1] de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega.[2] No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Índice
1 Traxectoria
2 Obras
2.1 Poesía
2.2 Traducións
2.3 Ensaios
3 Galería de imaxes
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Ligazóns externas
Traxectoria |
Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en Ferrol, en 1933 instalouse en Santiago de Compostela, onde traballou como corrector de probas para a Editorial Nós e como director do semanario A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista. No verán dese mesmo ano é contratado polo colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa como profesor de latín, en substitución de Xosé Crecente Vega. Nesta vila recibiu clases de inglés do enxeñeiro Charles Lessner.
O 10 de marzo de 1938 casou coa catoirense Dolores Ferreirós, mestra no Carril, a quen coñecera en 1932 na voda de Jesús Garrido Álvarez. Tiveron tres fillos: Jaime (n. 1939), Aquilino (1941) e Manuel (1945).
En 1944 rematou a licenciatura de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1949 aprobou as oposicións como catedrático de latín de Ensino Medio[3] e responsábel desta materia en institutos de Lugo e Pontevedra e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. En 1947 leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo.
En setembro de 1929 recibiu o seu primeiro premio literario por "Ofrenda lírica a una santa", un poema en castelán sobre Tareixa de Lisieux. Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como Horacio, Teócrito e Tibulo. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma Xosé María Díaz Castro ou Crecente Vega.
Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Luís Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou Señardá (1930), poemario formado por 50 sonetos no que o tema principal é a dor;[4] e Corazón ao vento (1933) onde hai unha maior abertura ao vangardismo, tamén foi colaborador de A Nosa Terra, fundador da Renacencia e militante do Partido Galeguista.
Cando estoupou a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo fascista en castelán Contra el ángel y la noche.[4] En 1947 aparece Cómaros Verdes, considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal.
En 1951 participou no certame de tradución que organizou a editorial Bibliófilos Gallegos, cunha versión das Carmina de Horacio que traduciu como Canciós. Non gañou o certame, se ben os vencedores (Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, cunha tradución de poemas gaélicos que escolmara Julius Pokorny) non cumpriron as bases ao non traducir directamente da lingua orixinal, senón do alemán[5].
En Día a Día (1960) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con Lanza de Soledá (1961) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén Nenias, poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende Catulo ata Rosalía de Castro. Postumamente editouse Leva o seu cantare (1963), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.
Obras |
Poesía |
Señardá (Lugo, 1930).
Corazón ao vento (Lugo, 1933).
Contra el ángel y la noche (Buenos Aires: Emecé, 1941).
Cómaros verdes (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1947).[6]
De día a día (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1960).
Lanza de soledá (Ourense: Editora Comercial, 1961).
Nenias (Vigo: Colección Salnés, Galaxia, 1961).
Leva o seu cantare (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1964).
Escolma de poesía (Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983).
Poesía galega completa (Vigo: Xerais, 1986).
Traducións |
Horacio, Carmina (Madrid: CSIC, 1950).
Plauto, A comedia da oliña (Vigo: Galaxia, 1962).
Ensaios |
Lengua e estilo de Cabanillas. Obras completas de Ramón Cabanillas (Buenos Aires: Galicia, 1959).
A lengua dos poetas do Norte de Lugo (A Coruña: Real Academia Galega, 1964).[7]
Noriega Varela, poeta da montaña (Vigo: Galaxia, 1969).
Galería de imaxes |
|
Notas |
↑ "O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario" Arquivado 19/06/2009, en Wayback Machine., Ramón Loureiro en La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2009.
↑ Varela Jácome, Benito et al.: "Iglesia Alvariño, Aquilino" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
↑ "Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño", El Progreso, 11 de xuño de 2009.
↑ 4,04,1 "Aquilino Iglesia Alvariño". Real Academia Galega. Consultado o 14 de maio de 2016.
↑ Alonso Montero, X. (2001): "A tradución galega, por Aquilino Iglesia Alvariño, das Odas de Horacio", en Soto Vázquez, A.: Insights into translation. A Coruña: Tórculo.
↑ Despois incluído na Biblioteca Galega 120.
↑ A lengua dos poetas do Norte de Lugo
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aquilino Iglesia Alvariño |
Bibliografía |
Diccionario enciclopédico galego universal 34. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 9. ISBN 84-7680-429-6.
Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1086.
Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Arias Chachero, P. (2017). Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa como poeta e incitador literario. Concello de Vilagarcía de Arousa.
Rodríguez Gómez, L. (1993). A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. Universidade da Coruña. Tese doutoral.
Rodríguez Gómez, L. (2009). O po dos días. Introducción temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-013-1.
Ligazóns externas |
- Aquilino Iglesia en Galiciadixital
Aquilino Iglesia Alvariño na Biblioteca Virtual Galega.
Aquilino Iglesia Alvariño en Biografías y vidas (en castelán)
Amor, cantado por Batital (2010)- Aquilino Iglesia Alvariño no arquivo do Instituto de Pontevedra
|
|
|
Categorías:
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Día das Letras Galegas
- Membros de número da Real Academia Galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Tradutores ao galego
- Nados en Abadín
- Nados en 1909
- Finados en 1961
- Xeración do 36
- Xeración mindoniense
- Profesores de educación secundaria
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.648","walltime":"0.921","ppvisitednodes":"value":3567,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":61674,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1301,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5245,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 767.992 1 -total"," 36.48% 280.136 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 34.04% 261.391 1 Modelo:Biografía"," 33.07% 253.963 1 Modelo:Infobox"," 26.44% 203.082 26 Modelo:Propiedade"," 11.60% 89.123 1 Modelo:Listaref"," 5.67% 43.517 1 Modelo:Cita_enciclopedia"," 3.77% 28.963 1 Modelo:Commonscat"," 3.76% 28.883 6 Modelo:Cita_libro"," 3.24% 24.896 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.392","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5074167,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1327","timestamp":"20190514080852","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Aquilino Iglesia Alvariu00f1o","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Aquilino_Iglesia_Alvari%C3%B1o","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3327596","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3327596","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-01T13:49:38Z","dateModified":"2019-03-06T16:14:37Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/4b/Aquilino_Iglesia_Alvari%C3%B1o_1929.jpg","headline":"escritor galego"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":154,"wgHostname":"mw1331"););