Skip to main content

Xosé Crecente Vega Índice Traxectoria | Obra | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Acceso á súa obra inédita"o orixinalWorldCat31724738XX9165371608664002052610562171030000 0000 5953 6812no2005028910089582225OL5775316A078816742

Escritores de Galicia en lingua galegaPoetas de GaliciaNados en Castro de ReiNados en 1896Finados en 1948Sacerdotes católicos de GaliciaMembros correspondentes da Real Academia Galega


OuteiroCastro de Rei3 de xullo1896Segovia21 de marzo1948galegoSeminario de MondoñedolatínXosé María Chao GarcíaNarónUniversidade de Santiago de Compostelaguerra civil españolaTibuloAntequeraSegovia1933Antonio Noriega Varelaséculo XIXvangardistashilozoísmoXosé Trapero PardoRicardo PolínLuz María DuránPremio Anxel Fole2002Centro Ramón PiñeiroRicardo Polín












Xosé Crecente Vega




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura














Xosé Crecente Vega
Nacemento
3 de xullo de 1896
 Castro de Rei
Falecemento
21 de marzo de 1948
 Segovia
NacionalidadeEspaña
Ocupación
sacerdote e escritor
[ editar datos en Wikidata ]

Xosé Ramón Crecente Vega, nado en Outeiro (Castro de Rei) o 3 de xullo de 1896 e finado en Segovia o 21 de marzo de 1948, foi un escritor e sacerdote galego.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Obra


  • 3 Notas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía





Traxectoria |




Seminario de Mondoñedo, onde estudou Crecente Vega.


Naceu nunha familia labrega, e foi o segundo de seis irmáns. Con catorce anos marchou ao Seminario de Mondoñedo, onde comezou os estudos de latín da man de Xosé María Chao García. Foi ordenado presbítero o 20 de decembro de 1919, en 1920 foi nomeado coadxutor de Santa Rita de Xuvia e San Xiao de Narón, e en 1923 foi nomeado párroco de Narón.


En 1931 rematou o Bacharelato en Ourense, e comezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, rematándoa en Salamaca en 1935. ;archou a Madrid a continuar os seus estudos e facer oposicións á cátedra de latín. Alí sorprendeuno a guerra civil española, e ao rematar o conflito foi nomeado profesor do Instituto Ramiro de Maeztu. En 1941 gañou por oposición unha bolsa no Instituto Antonio de Nebrija, co mandado de facer unha edición comentada das Elexías de Tibulo. Foi catedrático e Latín no Instituto de Antequera e nun centro de ensino secundario de Segovia, do que foi nomeado director, cargo que desempeñou até a súa morte en 1948.


En 1998 os seus restos foron trasladados ao cemiterio parroquial de Santa María de Outeiro.



Obra |


É autor dun único libro, Codeseira, publicado en 1933, onde o tratamento da paisaxe ofrece resonancias clásicas. Seguiu a liña iniciada por Antonio Noriega Varela, de carácter ruralista que o enlazan co século XIX, se ben inclúe tamén elementos vangardistas como o hilozoísmo.


En 1965 fíxose unha segunda edición con prólogo de Xosé Trapero Pardo. En 1996, coincidindo co centenario do seu nacemento, foi publicado polo Seminario de Mondoñedo na revista Amencer. En 1997 a Fundación Caixa Galicia publicou José Crecente Vega, a poesía de Codeseira, unha edición crítica e estudo feitos por Ricardo Polín e Luz María Durán, traballo gañador do XI Premio Anxel Fole. En 2002, o Centro Ramón Piñeiro publicou a obra poética que quedara inédita, nun volume titulado Folla Bricia. Poesía galega completa[1], nunha edición crítica realizada por Ricardo Polín que inclúe tamén os textos de Codeseira.



Notas |




  1. "Acceso á súa obra inédita". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 20 de decembro de 2010. 



Véxase tamén |



Bibliografía |


  • Artigo: "CRECENTE VEGA, José" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.


  • Francisco Fernández del Riego, Historia da Literatura Galega, Editorial Galaxia, 1971, p. 214.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Crecente_Vega&oldid=4913100"










Menú de navegación

























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.552","walltime":"0.813","ppvisitednodes":"value":2874,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12430,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":236,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1151,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 746.334 1 -total"," 58.57% 437.116 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 31.73% 236.840 1 Modelo:Biografía"," 30.50% 227.637 1 Modelo:Infobox"," 22.23% 165.932 26 Modelo:Propiedade"," 6.68% 49.882 1 Modelo:Listaref"," 5.87% 43.827 1 Modelo:Cita_web"," 2.40% 17.928 1 Modelo:Se_é_muller"," 1.03% 7.684 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.405","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4568568,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1238","timestamp":"20190514081651","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Xosu00e9 Crecente Vega","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Crecente_Vega","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q12391107","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q12391107","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-05-18T16:23:09Z","dateModified":"2018-09-08T09:49:05Z","headline":"sacerdote e escritor galego"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":150,"wgHostname":"mw1332"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos