Skip to main content

Piemonte Índice Xeografía | Historia | Demografía | Administración e política | Economía | Cultura | Notas | Menú de navegaciónSitio web oficialeDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Coñecemento e emprego da lingua piemontesa na cidade e a provincia de Turín"o orixinaleWorldCat132508744119352576ID005085231708314046039-370970000 0001 2188 2418n79032950IDge130416448741575477003120

Flag of Abruzzo.svgAbruzosFlag of Basilicata.svgBasilicataFlag of Calabria.svgCalabriaFlag of Campania.svgCampaniaEmilia-Romagna-Bandiera.pngEmilia-RomañaFriuli-Venezia Giulia-Flag.pngFriúl-Venecia XuliaFlag of Lazio.svgLacioFlag of Liguria.svgLiguriaFlag of Lombardy.svgLombardíaFlag of Marche.svgMarcasFlag of Molise.svgMoliseFlag of Piedmont.svgPiemonteFlag of Italy.svgPugliaBandiera ufficiale RAS.jpgSardeñaFlag of Sicily (revised).svgSiciliaFlag of Tuscany.svgToscanaFlag of Trentino-South Tyrol.svgTrentino-Tirol do SurFlag of Umbria.svgUmbríaFlag of Valle d'Aosta.svgVal de AostaFlag of Veneto.svgVéneto


Rexións de Italia


piemontésitalianoarpitanooccitanoItaliaTurínFranciaRódano-AlpesProvenza-Alpes-Costa AzulVal de AostaSuízaValaisTesinoLombardíaEmilia-RomañaLiguriaFerrariMaseratiAlfa RomeoLanciaFiatAlpesApeninosLiguriaEmilia-Romañarío PoTicinoVercelliNovaraprimeiro milenio a.C.celtasromanos220 a.C.burgundiosgodosséculo Vbizantinoslongobardosséculo VIfrancos773séculos IXXhúngarosarracenosséculo XIOlderio ManfrediSavoiaAstiAlessandriaséculo XIIséculo XIséculo XIIséculo XIVHabsburgoValoisEuropaséculo XVI1559Emmanuele Filiberto174817961814Reino de SardeñaRisorgimento18611848191719431969século XXglobalizaciónséculo XXVéneto2008195019602008Vénetocereaispatacascana de azucrefroitavideTurínPoDora Riapriaauga1945FIAT1974crise económicaXogos Olímpicos de Inverno de 2006turismoBiellaVercelliNovaraMilánCavourStresaTanaroXénovachocolatepiemontésitaliano2004occitanoarpitanoUNESCOPatrimonio da HumanidadeCasa Real de SavoiaTurínséculo XVIReino de Sardeña19972003século XVséculo XVIIJuventus FCTurínTorino FC 19062006Xogos Olímpicos de Inverno de 2006












Piemonte




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
































Piemonte
Piemont


Bandeira de Piemonte

Escudo de Piemonte



BandeiraEscudo
Piedmont in Italy.svg
Estado
Italia Italia
CapitalTurín
Cidade máis poboadaTurín
Lingua oficialItaliano
Forma de gobernoRexións de Italia
Presidente
Mercedes Bresso (PD)
SuperficiePosto 2º
 • Total25.399 km²
Costas0 km
PoboaciónPosto 6º
 • Total4.424.800 (2008) hab.
 • Densidade174 hab./km²
XentilicioPiemontés/-esa
Fuso horario
UTC+1
Código ISOn/d
Sitio web oficial

O Piemonte[1][2] (en piemontés: Piemont, en italiano: Piemonte, en arpitano: Piemont, en occitano: Piemont) é unha rexión da Italia noroccidental, que conta con preto de 4,5 millóns de habitantes con capital en Turín.


Limita ao oeste con Francia (rexións de Ródano-Alpes e Provenza-Alpes-Costa Azul), ao noroeste coa rexión do Val de Aosta, ao norte con Suíza (cantóns de Valais e Tesino), ao leste coa Lombardía, ao sueste coa Emilia-Romaña e ao sur coa rexión italiana da Liguria. A rexión é, xunto coa Lombardía, a zona máis industrializada de Italia, e é sede de grandes empresas, entre as que destaca o Gruppo FIAT (propietario de Ferrari, Maserati, Alfa Romeo, Lancia e Fiat).




Índice





  • 1 Xeografía


  • 2 Historia


  • 3 Demografía


  • 4 Administración e política

    • 4.1 Goberno


    • 4.2 Divisións administrativas



  • 5 Economía


  • 6 Cultura

    • 6.1 Linguas


    • 6.2 Lugares Patrimonio da Humanidade


    • 6.3 Deportes



  • 7 Notas




Xeografía |




Cannero-Riviera, no Lago Maggiore


O territorio da rexión é de xeito predominante montañoso (ao redor do 43,3% do territorio rexional). As principais cadeas montañosas son os Alpes, que rodean a zona occidental da rexión, e os Apeninos, situados no límite coa Liguria e a Emilia-Romaña.


O río Po atravesa a chaira homónima. As principais zonas de baixa montaña son o Canavese (no noroeste), as Langas e o Roero (ao suroeste) e o Monferrato (ao sur). Tamén conta con numerosos lagos alpinos de orixe glaciar. O lago Maggiore, un dos lagos máis grandes de Italia, marca o límite ao leste coa Lombardía, xunto co seu emisario, o río Ticino.


As altas montañas de máis de 3.000 metros descenden rápido ás chairas, formándose ao pé das rochas amplas extensións de bosque, de aí ven o nome da rexión do Piemonte (al piede dei monti: ao pé dos montes). Os vales da rexión están fortemente marcados pola actividade humana, atopándose importantes vías de comunicación internacionais por estrada e infraestruturas ferroviarias de primeiro nivel. Nos vales menores pódense encontrar encoros, centrais hidroeléctricas e centros turísticos.


Nalgúns vales aínda se dá a agricultura con cultivos de cereais, forraxe e froitas, aínda que na área de Turín a paisaxe típica é a industrial. Integramente obra do home e froito dun traballo secular é a paisaxe dos arrozais nas chairas das provincias de Vercelli e de Novara. O arroz comparte protagonismo con outros cereais e a forraxe.



Historia |




Teatro romano de Turín


Habitado desde o neolítico, despois do desxeo no alto Val Padano no primeiro milenio a.C., foi ocupado polas poboacións celtas ou lígures dos Taurini e dos Salassi, posteriormente sometidos polos romanos (220 a.C.), que fundaron colonias como Augusta Turinorum (Turín) ou Eporedia (Ivrea). Despois da crise da parte occidental do imperio, a rexión sufriu incursións, loitas e conquistas por parte de pobos bárbaros, como os burgundios, os godos (no século V), os bizantinos, os longobardos (no século VI) ou os francos (773), aínda que sempre conservando unha certa autonomía.


Nos séculos IX e X a rexión sufriu novas incursións, esta vez dos húngaro e dos sarracenos, que destruíron, entre outros monumentos, a abadía de Novalesa no Val de Susa. Nesa época administrativamente dividido en condados e marquesados, foi reunificada en parte no século XI por Olderio Manfredi, que conseguiu os importantes marquesados de Turín e Ivrea, deixándoos en herdanza ao seu xenro Oldone de Savoia, fillo de Umberto I Biancamano.


O proceso de reunificación do Piemonte baixo os Savoia necesitou varios séculos, primeiro para a formación dos concellos autónomos, como Asti e Alessandria (no século XII), e marquesados fortes, como os de Saluzzo (século XI) e de Monferrato (século XII). Despois viñeron as intervencións de potentes señores alleos á rexión, como os Visconti (no século XIV), así como a inclusión do Piemonte nas loitas entre os Habsburgo e os Valois para acadar a hexemonía de Italia en Europa (século XVI). Só despois da paz de Cateau-Cambrésis (en 1559) Emmanuele Filiberto e os seus sucesores puideron encamiñar o proceso de definitiva reunificación, finalizado en 1748 coa paz de Aachen.


Tralo paréntese da dominación napoleónica (entre 1796 e 1814), o Piemonte seguiu os destinos do Reino de Sardeña e tivo un papel central no Risorgimento italiano, así como na construción do novo estado unitario (1861). Produciuse o que se deu en chamar a "piemontesización" do novo estado, que consistiu en tomar como modelo de estrutura xurídica e política (Estatuto Albertino de 1848), así como a xestión do persoal administrativo, para novo estado o da rexión piemontesa.




Palazzina di caccia di Stupinigi, unha das residencias dos Savoia


Nos momentos máis críticos ou de transición da historia nacional italiana, o Piemonte fixo importantes contribucións como "laboratorio" político e social, coas folgas de operarios nas guerras mundiais (1917 e 1943), as experiencias torinesas de Gramsci e Piero Gobetti, a intensa participación na resistencia, o industrialismo innovador de Adriano Olivetti ou a estación de loita do outono quente (l'autunno caldo) en 1969. A industrialización da rexión foi impoñente, pasando da estrutura agraria tradicional do Reino dos Savoia, fundamentada na hexemonía dos burócratas e militares e da aristocracia, a un rápido proceso de modernización até converterse nos inicios do século XX, nun dos vértices do triángulo industrial que levaron a cabo a engalaxe económica italiana.


Non faltaron no rápido desenvolvemento, os desequilibrios, sobre todo territoriais, entre a área turinesa, sede principal da industrialización, e a economía aínda maioritariamente rural do resto da rexión. O tecido económico, no que tivo un papel preponderante a FIAT, atraeu nos anos cincuenta e sesenta un grade fluxo migratorio, que provocou profundas transformacións sociais e culturais. Porén, demostrouse unha certa fraxilidade do Piemonte fronte á globalización do fin do século XX, o que supuxo un certo declive industrial e unha alta taxa de desemprego.



Demografía |




Turín




Novara




Alessandria


O Piemonte ven rexistrando dende os anos setenta unha perda de poboación, debido a unha caída da natalidade que non foi compensada, como nas anos cincuenta e sesenta, coa inmigración do resto de Italia, particularmente do sur e do Véneto. Nos últimos anos, tense rexistrado un certo medre demográfico, debido sobre todo á nova inmigración da Europa centro-oriental.


A densidade demográfica máis elevadas dánse nas áreas urbanas industrializadas da alta chaira, especialmente na provincia de Turín (52% da poboación rexional, cunha densidade que duplica a media); pola contra, están case despoboados os outeiros do Monferrato e das Langas, así como a montaña alpina. O seguinte cadro mostras as dez cidades máis poboadas do Piemonte:














































#
Cidade
Provincia
Poboación
1

Turín

Turín
903.705
2

Novara

Novara
102.037
3

Alessandria

Alessandria
92.493
4

Asti

Asti
73.159
5

Moncalieri

Turín
57.025
6

Cuneo

Cuneo
54.624
7

Rivoli

Turín
51.996
8

Collegno

Turín
48.091
9

Vercelli

Vercelli
47.946
10

Settimo Torinese

Turín
47.441

Considerando a rexión enteira a densidade de poboación é inferior á media nacional. En 2008 era igual a 174 habitantes por km², fronte a unha media nacional de ao redor de 200. A área metropolitana de Turín medrou rapidamente nos anos 1950 e 1960 debido a un aumento de los inmigrantes del sur de Italia, e hox ten unha poboación de aproximadamente dous millóns de habitantes.


En 2008, o Instituto Nacional Italiano de Estadística (ISTAT) estima que hai 310.543 estranxeiros nacidos fora da rexión, o que supón ao redor do 7,0% da poboación rexional total.



Administración e política |



Goberno |


Piedmont Provinces.png

O Goberno Rexional (Giunta Regionale) está presidido polo Presidente da Rexión (Presidente della Regione), que é elixido para un mandato de cinco años, e está ademais composto polos ministros, que actualmente son catorce, entre os cales un é o Vicepresidente (Vice Presidente).



Divisións administrativas |


A rexión está composta por oito provincias, sendo a mais poboada a de Turín, que engloba a máis da metade da poboación rexional total, e a máis extensa a de Cuneo, seguida moi de preto da turinesa.






































Provincia
Area (km²)
Poboación
Densidade

Provincia de Alessandria
3.560
438.062
123,1

Provincia de Asti
1.504
219.629
146,0

Provincia de Biella
913
187.090
204,9

Provincia de Cuneo
6.903
584.467
84,7

Provincia de Novara
1.339
365.156
272,7

Provincia de Turín
6.821
2.288.614
335,5

Provincia de Verbano-Cusio-Ossola
2.255
162.618
72,1

Provincia de Vercelli
2.088
179.164
85,8


Economía |




Campos de arroz entre Novara e Vercelli




Os Xogos Olímpicos de inverno de 2006 supuxeron un pulo económico para a rexión




Turín ao pé dos Alpes


A rexión do Piemonte mistura unha baixa natalidade cunha antiga tradición industrial. Así pois a súa man de obra está composta principalmente por inmigrantes do Véneto e do sur italiano. Durante moito tempo a industria foi o motor económico rexional. Os produtos agrícolas máis cultivados son os cereais, patacas, hortalizas, cana de azucre, froita e forraxe. Nas zonas dos outeiros é máis acentuado o cultivo da vide. En canto á gandería, está sobre todo concentrada no bovino e porcino.


Máis da metade da poboación piemontesa vive na provincia de Turín, cidade que xorde na confluencia do Po e o Dora Riapria. Debido a esta dispoñibilidade de auga, favoreceuse o nacemento das primeiras industrias da zona: muíños, ferrerías e pequenos talleres de artesanía funcionaban grazas á auga. A partir de 1945 a cidade comezou a desenvolverse moi rápido, en parte grazas á presenza da FIAT que viviu a súa etapa de maior progreso durante os anos cincuenta, cando comezou a vender os primeiros utilitarios. Turín non é só famosa polo sector automobilístico e a súa industria auxiliar (pneumáticos, industrias químicas de vernices e materiais plásticos) senón tamén pola industria alimentaria. Esta concentración de tanta actividade industrial produciu unha importante conxestión urbanística, chegando os límites da cidade aos outeiros que a rodean, ficando os edificios concentrados nun espazo moi restrinxido.


A partir de 1974 (ano no que Turín acadou o seu máximo de poboación, 1.119.197 habitantes), a área turinesa foise desconxestionando, en parte a causa da deslocalización industrial que redistribuíu as industrias da capital entre todo o Piemonte e o sur de Italia, favorecendo o retorno de moitos traballadores emigrantes á terra de orixe, dende entón Turín perdeu cerca de 300.000 habitantes (no último censo contaba con 902.000), e toda a rexión sufriu unha grave crise económica que terminou recentemente grazas ao impulso vivido cos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006, que favoreceron a imaxe internacional da cidade, aumentando o turismo, o que levou a que a cidade pasase de ser un importante centro industrial e comercial (que aínda é) a un importante destino turístico (sobre todo no eido dos deportes de inverno).


En canto o resto do Piemonte, a economía ao norte do Po é máis próspera que a do sur. Biella é un dos máis importantes centros italianos da industria laneira, Vercelli é un grande mercado europeo do arroz e conta tamén con fábricas téxtiles e químicas, mais sobre todo Novara, cidade que se atopa máis preto de Milán que de Turín, coas súas industrias alimentarias, téxtiles, mecánicas e gráficas. Outras cidades importantes son Chivasso, situada entre os outeiros de Turín e os de Monferrato, considerada a "bomba" dos arrozais de Vercelli, Novara e da Lomellina, debido a un grandioso mecanismo que bombea continuamente auga do Po ao canal Cavour. Alba, famosa polas trufas e pola industria hostaleira, Stresa, importante centro turístico das ribeiras piemontesas do Lago Maggiore ou Pinerolo, cidade da cabalería. No Piemonte meridional encontramos Cuneo, Asti, no río Tanaro cunha situación privilexiada ao pé da estrada que une Xénova e Turín, cun importante mercado de produtos agrícolas e un centro de elaboración vinícola.


Por último destacar outro capítulo importante da economía piemontesa, o chocolate. Na rexión prodúcense 80.000 toneladas por un valor de 800 millóns de euros, empregando máis de 5.000 traballadores.



Cultura |



Linguas |



Artigo principal: Lingua piemontesa.



Sacro Monte de Domodossola, Patrimonio da Humanidade




Pazo Carignano, Patrimonio da Humanidade




Estadio Olímpico de Turín


A principal lingua local é o piemontés idioma local principal, mais como noutras partes de Italia, o italiano é a lingua predominante na comunicación de tódolos días e é maioritariamente falado. O emprego da lingua piemontesa non foi favorecido nin polo Reino de Italia nin tampouco posteriormente, oficialmente para evitar a discriminación contra os numerosos inmigrados do Sur de Italia, sobre todo en Turín. Porén en 2004, o piemontés foi recoñecido como lingua rexional do Piemonte polo parlamento rexional, mais sen ningún recoñecemento polo goberno central italiano. En teoría, é posible ensinar o piemontés aos nenos no colexio, mais na práctica isto é pouco frecuente. Con todo na última década asistiuse á unha publicación de material didáctico para os colexios e de revistas para o gran público nesta lingua.


Porén a situación actual do piemontés é bastante grave, posto que, segundo unha recente enquisa,[3] nos últimos 150 anos a porcentaxe das persoas que coñecen a lingua escrita diminuíu a un 2% dos falantes nativos. Por outro lado, a mesma enquisa sinala que o piemontés segue a ser falado por máis da metade da poboación, xunto co italiano. Este resultado foi confirmado por diversas fontes, que indican o número de falantes é de entre 2 e 3 millóns sobre unha poboación de 4,2 millóns de habitantes. Os esforzos para obter o recoñecemento do piemontés como unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de Inverno 2006 de Turín non tiveron éxito.


Ademais do piemontés o occitano é tamén falado por unha minoría nos vales occitanos, así como o arpitano nas zonas mais altas dos Alpes na Provincia de Turín.



Lugares Patrimonio da Humanidade |


No Piemonte encóntranse dúas referencias inscritas na UNESCO na lista de Patrimonio da Humanidade:


  • Residencias da casa real de Savoia

As Residencias da Casa Real de Savoia é un grupo de edificios en Turín e a súa provincia. A familia real de Savoia comezou, no século XVI, a encargar a remodelación de antigos castelos (incluso da época romana) e a construción de novas residencias, no cinto verde que rodeaba a capital do Reino de Sardeña, Turín. Foron inscritas en 1997.


  • Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía

Incluídos na lista do Patrimonio Mundial en 2003, son unha serie de capelas e de outros elementos arquitectónicos realizados entre finais do século XV e finais do século XVII, consagrados a varios aspectos da fe cristiá. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo forma de frescos e de estatuas.



Deportes |


No deporte cabe destacar os clubs de fútbol, sendo o que conseguiu maiores éxitos o Juventus FC de Turín. O segundo club en importancia é o Torino FC 1906, tamén da capital da rexión. Ambos xogan no Estadio Olímpico da cidade dende 2006. Tamén é de destacar, xa que supuxo un pulo moi importante para a rexión, que Turín foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006.



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piemontés.


  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1631. ISBN 9788482893600. 


  3. "Coñecemento e emprego da lingua piemontesa na cidade e a provincia de Turín". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2006. Consultado o 03 de novembro de 2009. 





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Piemonte&oldid=4867715"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.728","walltime":"1.117","ppvisitednodes":"value":1141,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":37233,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2171,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":14,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2953,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":15,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 844.505 1 -total"," 73.66% 622.094 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.74% 99.122 1 Modelo:Listaref"," 7.50% 63.324 1 Modelo:Cita_libro"," 7.30% 61.616 1 Modelo:Primeira_entidade_subestatal"," 6.10% 51.487 1 Modelo:Infobox"," 2.87% 24.205 1 Modelo:RexiónsdeItalia"," 2.12% 17.930 1 Modelo:Navbox"," 1.30% 11.010 1 Modelo:Cita_web"," 1.27% 10.706 1 Modelo:Artigo_principal"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.426","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5785557,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1241","timestamp":"20190516011955","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Piemonte","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Piemonte","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1216","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1216","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-10-21T15:38:08Z","dateModified":"2018-08-27T03:28:30Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b9/Flag_of_Piedmont.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":186,"wgHostname":"mw1268"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020