Skip to main content

Golda Meir Índice Infancia en Rusia | Estados Unidos: infancia e adolescencia | Activista sionista | Primeiros anos en Palestina | Actividade pública | Camiño do Estado hebreo | O Estado de Israel | Primeira ministra | A Guerra de Yom Kipur | Véxase tamén | Menú de navegaciónBiografía de Golda MeirBiografía de Golda MeirBiografía de Golda MeirExtenso obituarioA conferencia de EviánWorldCat87954848IDXX96165411915467n2200851471123483328ID416300417601185802561152490000 0001 1075 6328n50013594ID0000000474300449696jx20090326008000024875mp73027069053553OL1557670A264856w62v2gpk027021718Mabovitch-1

Primeiros ministros de IsraelNados en KievNados en 1898Finados en 1978Finados por leucemia


KievUcraína3 de maio1898XerusalénIsrael8 de decembro1978políticadiplomáticaprimeira ministra de Israel19691974xefas de gobernoSirimavo BandaranaikeSri LankaIndira GāndhiIndiaOriente MedioTansu ÇillerTurquíaxudíaasquenacírelixiosaKievUcraínaImperio Rusopogromsantisemitasorientaisséculo XXEstados UnidossionistassocialistastsarPinskBelarús1906MilwaukeeWisconsinEUAMilwaukeemaxisterioDenverColoradoPo'alei SiónhebreoDavid Ben-GurionIsaac Ben-TsviantisemitasUcraínaCongreso Xudeu Estadounidense1917aliáTerra de IsraelImperio OtománPalestina19211926PalestinaTel AvivquibutsinglésTel AvivXerusalénHistadrut1928Tel Aviv195119321934Estados Unidosinsuficiencia renalPartido Laborista1948David Ben-GurionMoshé SharetBerl Katzenelsonrefuxiados1938Évian-les-BainshipocrisíaLibro branco de 1939Segunda Guerra MundialErnest BevinEuropaantisemitafolga de fameHolocaustoSegunda Guerra Mundial29 de xuño1946Sábado NegroAxencia XudíaDavid Ben-GurionchanceleringlésPartición de PalestinaHaganáÉtzelNacións Unidas29 de novembro1947árabeguerraarmamentodólaresAmán12 de maio1948Abdulá IIXordaniacontenda14 de maioiyarTel Avivdeclaración de independencia do Estado de IsraelembaixadoraUnión SoviéticamoscovitasSinagogaTorácomunistasinmigración1949partido LaboristaKnésetprimeiros ministrosestado do benestar19561966hebreizoudescolonizaciónafricana196519681965Levi Eshkol1969Guerra dos Seis DíasMenachem Beguinterroristas1972Sabena9 de maioEhud BarakBenjamín NetaniahuExército Vermello Xaponés30 de maioasasinato de 11 atletas israelísXogos Olímpicos de Múnic5 de setembroservizos de intelixencia israelísCólera de DeusSteven Spielberg1973yi.1973Guerra de Yom KipurExércitoGuerra dos Seis DíasHusein de XordaniaMoshé DayánJaim Bar-LevCairoterritorios ocupados19671974Comisión Investigadora AgranatDavid Elazar11 de abril1974Isaac Rabincancro8 de decembro1978Xerusalénmundo xudeuFlag of Canada.svgLester B. PearsonExiptoHosni MubarakRepública Árabe UnidaGamal Abdel NasserExiptoAnwar SadatAlemañaJoschka FischerIránMahmoud AhmadinejadIránAli KhameneiIránMohammad KhatamiIránRuhollah KhomeiniReino de IraqFaisal I de IraqFlag of Iraq.svgSaddam HusseinFlag of Israel.svgEhud BarakFlag of Israel.svgMenachem BeginFlag of Israel.svgDavid Ben-GurionFlag of Israel.svgMoshe DayanFlag of Israel.svgLevi EshkolFlag of Israel.svgGolda MeirFlag of Israel.svgBenjamin NetanyahuFlag of Israel.svgEhud OlmertFlag of Israel.svgShimon PeresFlag of Israel.svgYitzhak RabinFlag of Israel.svgAriel SharonFlag of Israel.svgChaim WeizmannFlag of Jordan.svgAbdullah II de XordaniaFlag of Jordan.svgHussein I de XordaniaFlag of Lebanon.svgHassan NasrallahFlag of Lebanon.svgFouad SinioraFlag of Norway.svgMona JuulFlag of Norway.svgJohan Jørgen HolstFlag of Norway.svgTerje Rød-LarsenFlag of Palestine.svgMahmoud AbbasFlag of Palestine.svgYasser ArafatFlag of Palestine.svgSalam FayyadFlag of Palestine.svgMarwan BarghoutiFlag of Palestine.svgIsmail HaniyaFlag of Palestine.svgAmin al-HusayniFlag of Palestine.svgKhaled MashalFlag of Palestine.svgAhmed YassinFlag of Sweden.svgFolke BernadotteFlag of Syria.svgHafez al-AssadFlag of Syria.svgBashar al-AssadFlag of Uganda.svgIdi AminFlag of the United Kingdom.svgArthur BalfourFlag of the United Kingdom.svgErnest BevinFlag of the United States.svgMadeleine AlbrightFlag of the United States.svgRalph BuncheFlag of the United States.svgGeorge W. BushFlag of the United States.svgJimmy CarterFlag of the United States.svgBill ClintonFlag of the United States.svgHenry KissingerFlag of the United States.svgDennis RossFlag of the United States.svgCyrus R. Vance1920 Revoltas de Palestina1921 Revoltas de Iafa1929 Revoltas de Palestina1936–1939 Gran Revolta Árabe1947 Revoltas de Xerusalén1948 Guerra árabe-israelí1953 Operación Shoshana1956 Guerra de Suez1967 Guerra dos Seis Días1968–1970 War of Attrition1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic1972 Operación Cólera de Deus1973 Operation Spring of Youth1973 Guerra do Yom Kippur1975–1990 Guerra civil libanesa1976 Operación Entebbe1978 Operación Lintani1979 Revolución iraniana1981 Operación Ópera1982 Guerra do Líbano1982–2000 Conflito do Líbano do Sur1985 Operación Perna de Madeira1987–1990 Primeira Intifada1991 Guerra do Golfo1993 Operación Contabilidade1996 Operación Uvas da Ira2000–2005 Intifada de Al-Aqsa2002 Operación Defensive Shield2004 Operación Arco da Vella2004 Operación Días de Penitencia2006 Conflito de Gaza e Israel2006 Conflito do Líbano e Israel2007 Batalla de Gaza2008-2009 Operación chumbo fundido2014 Operación Marxe ProtectoraCarta de CambonDeclaración de Balfour de 1917Acordo Faiçal-Weizmann de 1919Conferencia de San Remo de 1920Libro Branco de Churchill de 1922Libro Branco de 1939Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947Declaración de independencia de IsraelResolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948Acordos de armisticio de 1949Carta Nacional Palestina de 1964Resolución de Khartoum de 1967Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasAcordos de Camp David de 1978Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasTratado de Paz exipcio-israelí de 1979Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasAcordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983Conferencia de Madrid de 1991Acordos de Oslo de 1993Tratado de Paz xordano-israelí de 1994Acordos de Wye River de 1998Cume de Camp David de 2000Cume de Taba de 2001Iniciativa árabe de paz de 2002Plan para a Paz de 2002Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasCume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005Plan de retirada unilateral israelíDocumento dos prisioneiros palestinos de 2006Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións UnidasResolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Golda Meir




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura















Golda Meir

Golda Meir



Emblem of Israel.svg
Primeira ministra de Israel


1969 – 1974

Precedido por

Levi Eshkol

Sucedido por

Isaac Rabin


Datos persoais

Nacemento

3 de maio de 1898
Kiev, Ucraína
Falecemento

Xerusalén

Partido

Partido Laborista Israelí
Profesión
Mestra, política

Golda Meir (גּוֹלְדָה מְאִיר), antes Myerson, nada co nome de Golda Mabovitch en Kiev (actual Ucraína) o 3 de maio de 1898 e falecida en Xerusalén (Israel) o 8 de decembro de 1978, foi unha política, diplomática e estadista israelita, e a cuarta primeira ministra de Israel, entre 1969 e 1974. Foi unha das primeiras xefas de goberno do mundo —só precedida por Sirimavo Bandaranaike de Sri Lanka e Indira Gāndhi da India—, e a primeira de Oriente Medio, ao preceder a primeira ministra Tansu Çiller de Turquía.




Índice





  • 1 Infancia en Rusia


  • 2 Estados Unidos: infancia e adolescencia


  • 3 Activista sionista


  • 4 Primeiros anos en Palestina


  • 5 Actividade pública


  • 6 Camiño do Estado hebreo


  • 7 O Estado de Israel


  • 8 Primeira ministra


  • 9 A Guerra de Yom Kipur


  • 10 Véxase tamén

    • 10.1 Bibliografía


    • 10.2 Outros artigos


    • 10.3 Ligazóns externas





Infancia en Rusia |


Golda Meir foi a sétima dos oito fillos dos Mabovitch, unha familia xudía-asquenací tradicionalista —aínda que non relixiosa— e de condición moi humilde, radicada en Kiev, actual capital da Ucraína, daquela parte do Imperio Ruso. Na súa nenez viviu penurias e sufrimento: cinco dos seus irmáns morreron de pequenos a causa da pobreza e as enfermidades; a súa familia viviu en carne propia os pogroms antisemitas que sufriron os xudeus orientais a comezos do século XX. O seu pai Moshé, un sinxelo carpinteiro, tivo que emigrar aos Estados Unidos en busca de traballo, e deixou a pequena Golda de 5 anos xunto a súa autoritaria nai e as súas irmás: a pequena Tsipke, e a súa irmá maior, Sheine. Golda admiraba a esta última, que se afiliara a círculos sionistas socialistas clandestinos, castigados duramente polas autoridades do tsar.


Co pai lonxe e sumidas na miseria, as catro mulleres marcharon a Pinsk, cidade situada actualmente en Belarús, en busca de mellor sorte. A fame que pasaban era tal que os poucos anacos de pan que tiñan só podían alimentar a pequena Tsipke. Golda Meir diría anos máis tarde: «sempre sentía demasiado frío por fóra, e demasiado baleiro por dentro». Cando as actividades prohibidas de Sheine comezaron a ameazar a integridade da familia, a nai decidiu, en 1906, reunirse co pai, e a familia emigrou a Milwaukee (Wisconsin, EUA).


Aqueles primeiros anos duros, forxaron o carácter de quen recibiría moito máis tarde o alcume da «muller de ferro». «Levo comigo o complexo dos pogromos, recoñézoo» —dixo— «a miña lembranza máis afastada é ver o meu pai tapiando con táboas as entradas da casa, ante a inminencia das hordas enardecidas». Segundo a propia Meir, «se coubo unha explicación ao rumbo que tomou a miña vida, é seguramente o meu desexo e determinación de que un neno xudeu nunca tivese que vivir semellante experiencia».



Estados Unidos: infancia e adolescencia |




Imaxe de Golda Meir aos 16 anos.


Establecida a familia Mabovitch en Milwaukee, non acabaron as vicisitudes para a pequeña de 8 anos: o seu pai apenas gañaba para o sustento da familia, e a súa nai abrira unha tenda de barrio, onde Golda traballaba para axudala dende a madrugada, polo que chegaba sempre tarde á escola, despois de chorar durante todo o camiño. Os roces cos seus pais, estritos e conservadores, foron medrando co tempo, e fixéronse insostibles cando a súa nai lle negou terminantemente a Golda realizar o seu soño: estudar maxisterio na escola secundaria. En cambio, e como correspondía por aquelas épocas a unha rapaza xudía de 14 anos, pretendeu casa-la cun pretendente moito maior ca ela; ante iso, Golda fuxiu do fogar sen avisar a ninguén —só lles deixou un recado explicatorio aos pais, que reaccionaron de moi mal xeito—, para refuxiarse no fogar da súa irmá Sheine, recentemente casada, en Denver (Colorado).


Lonxe do seu fogar, Golda floreceu: proseguiu cos seus arelados estudos secundarios ata graduarse como mestra e integrouse de cheo nun grupo de xoves sionistas socialistas que se reunía a miúdo na casa da irmá, e a cuxas entusiastas tertulias nunca faltaba. Un daqueles xoves, culto e instruído e tamén emigrado da Ucraína, era Morris Myerson, do que Golda pronto namorou. Logo de rifar tamén coa súa irmá máis vella, tivo que deixa-la súa casa e marchar a vivir cunhas amigas, traballando de costureira para gañar o sustento. Finalmente, e ao cabo de catro intensos anos lonxe da súa casa, accedeu ao pedido do seu pai —quen, temeroso pola saúde da nai, lle suplicou que volvera—, e volveu, aos 18 anos, á casa dos pais.



Activista sionista |


Xa de volta en Milwaukee, Golda atopou os seus pais máis folgados economicamente e vivindo nunha casa maior; máis compenetrados coa vida comunitaria xudía, e cunha certa posición social. Certamente, os anos conseguiran abrir os Mabovitch a novas ideas: xa non obxectaron que a súa filla ensinara e estudara. A xove Golda, por primeira vez sen as necesidades básicas que a agobiaran, puido dedicarse de cheo ao que sempre lle apaixoara: a docencia e a actividade sionista. Dentro deste último marco, afiliouse ao partido político socialista Po'alei Sión (en hebreo, "obreiros sionistas"); asistiu a encontros con dirixentes sionistas prominentes, como David Ben-Gurion e Isaac Ben-Tsvi; organizou unha manifestación en Milwaukee, como acto de rexeitamento aos pogromos antisemitas da época na Ucraína, onde foi a principal oradora; e foi elixida representante da súa cidade ante o Congreso Xudeu Estadounidense. En 1917, aos 19 anos de idade, Golda casa con Morris Myerson e comezan a planexar a súa aliá (emigración á Terra de Israel, daquela parte do Imperio Otomán). A parella, xunto coa irmá máis vella, Sheyna, emigraron a Palestina en 1921, e uníronse a eles os seus pais e irmá pequena en 1926.



Primeiros anos en Palestina |


Acabados de chegar a Palestina, os Myerson instaláronse nun apartamento de alugueiro en Tel Aviv; ao pouco tempo, pediron incorporarse como membros do quibuts Merjavia, ao norte do país. A negativa resposta do quibuts, que creu que a parella americana era demasiado refinada para as rudas tarefas agrícolas, non rendiu a Golda, quen non deixou de insistir ata que finalmente foron admitidos. Golda gozou daqueles catro anos no quibuts, nos que traballaron duro, plantando árbores e criando polos, aínda que non puido dedicarse ao ensino do inglés. Porén, o seu home Morris axiña fartou da vida comunal, das privacións e das enfermidades. Aqueles tempos foron o comezo da desharmonía da parella e Morris negouse a ter fillos mentres non deixasen a comuna.


Finalmente acabaron marchando a Tel Aviv, e logo a Xerusalén, onde atoparon emprego na construtora Solel Boné, unha das empresas da organización sindical Histadrut. Alí, Golda Myerson deu a luz os seus dous fillos: Menáhem e Sara. A estadía en Xerusalén supuxo para Golda o rencontro cunha vella coñecida: a pobreza. Naquela época de faltas, Golda lavaba a roupa sucia de tódolos nenos do xardín de infancia ao que enviaba o fillo maior, por non ter como pagar a mensualidade; na súa autobiografía considéraa a época máis miserable de toda a súa vida.



Actividade pública |


O grande cambio na vida de Golda Myerson chegaría durante 1928, cando lle ofreceron ocupar o cargo de directora da rama feminina da Histadrut. Ao aceptar o posto, que lle supuxo facer numerosas viaxes, Golda recoñecía tamén a irreversibilidade da rutura conxugal, e transladouse cos fillos a un pequeno apartemento en Tel Aviv, onde a nai durmiu durante unha longa tempada no sofá da sala de estar, mentres o pai viña de visita as fins de semana. Golda e Morris nunca se divorciaron formalmente; el morreu en 1951.


Entre 1932 e 1934, Golda Myerson foi enviada aos Estados Unidos para recadar fondos para a causa sionista, estadía que aproveitou para tratar a filla Sara da grave insuficiencia renal que padecía. De volta ao país, foi elixida delegada do Partido Laborista cargo que ocupou ininterrompidamente ata a creación do Estado en 1948, xunto a persoeiros como de David Ben-Gurion, Moshé Sharet e Berl Katzenelson.


A súa historia persoal, marcada a miúdo pola miseria e a precariedade, motivou que o seu quefacer público fixese fincapé en dúas cuestións principais: os dereitos do traballador —e máis aínda, da traballadora—, e o auxilio aos refuxiados. En 1938, como "observadora xudía de Palestina" na conferencia internacional sobre refuxiados xudeus de Évian-les-Bains, Golda alporizouse coa hipocrisía dos países occidentais, que dicían amosar simpatía polos perseguidos e ao tempo non lles ofrecían refuxio. De xeito semellante e por motivos humanitarios, conduciu a loita en contra das fortes restricións á inmigración xudía, que impuxera o goberno británico mediante o Libro branco de 1939, en vésperas da Segunda Guerra Mundial. Acerca de Ernest Bevin, naquel momento ministro británico de Exteriores e opositor á apertura das portas de Palestina aos refuxiados de Europa, e do seu goberno, dixo Golda Meir ao cabo dos anos: «Non sei se ese home era demente, ou só antisemita, ou as dúas cousas. Os responsables da política inglesa nunca puideron perdoarnos o feito de converternos en nación sen o seu expreso consentimento. Non entenderon que o problema dos xudeus de Europa non foi creado co único propósito de facer quedar mal ao goberno británico». Cando, ao rematar a guerra, se declarou en folga de fame para protestar contra os centros de detención británicos destinados aos sobrevivintes do Holocausto, sintetizou así o seu pensamento: «O sionismo non ten sentido máis ca para rescatar os xudeus». E agregou: «Temos a barriga chea contra os ingleses. Pero a nosa principal acusación é que o seu Libro Branco nos converteu en impotentes mentres poderiamos salvar centos de milleiros; ou aínda que máis non fose, ducias de milleiros; ou mesmo un só xudeu!».



Camiño do Estado hebreo |


Rematada a Segunda Guerra Mundial, agudizouse a tensión entre o movemento sionista, que esixía a independencia, e as autoridades británicas, ás que a situación en Palestina se lles ía das mans. Intentando domina-la situación, os británicos levaron a cabo o sábado 29 de xuño de 1946, unha vasta operación de detencións e arrestos, que incluíu boa parte da cúpula xudía (coñecido como o "Sábado Negro"). Ante o repentino baleiro de poder, Golda Myerson converteuse en xefa do departamento de Estado do comité central da Axencia Xudía, a Sojnut; ou o que é o mesmo, na man dereita de David Ben-Gurion, virtual chanceler do «Estado en camiño», libre do cárcere por atoparse en Europa, en lugar de Moshé Sharet, preso nos calabozos británicos. Aínda logo da liberación deste último, Myerson conservaría o lugar de influencia que gañara nesta conxuntura.


En breve, encargóuselle —grazas ao seu inglés case nativo, cuxo inconfundible acento nunca perdería— ser a principal negociadora coas autoridades inglesas acerca do plan de Partición de Palestina. Paralelamente, mantívose en estreito contacto cos principais grupos de resistencia xudía armada (a Haganá e o Étzel). Logo da decisión das Nacións Unidas do 29 de novembro de 1947, pola que se creaba un estado xudeu e outro árabe, e fronte ao rexeitamento total dos países árabes ao plan, a cúpula sionista comprendeu que a guerra era inevitable, e enviaron a Myerson a recadar doazóns da comunidade xudía norteamericana para financiar a compra de armamento. Golda, como xa se lle coñecía, volveu con 50 millóns de dólares no peto. De inmediato, partiu coa delicadísima misión, de incógnito e disfrazada de árabe, de entrevistarse para alén das liñas inimigas, en Amán, o 12 de maio de 1948, co rei Abdulá II de Xordania, co obxectivo de que non interviñese na inminente contenda. O rei mostrouse evasivo, e Golda Myerson comprendeu que a sorte xa estaba botada. Abdulá pediulle que tivesen paciencia, e que non se apresurasen a declara-la independencia, ao que Golda lle respondeu: «maxestade, o noso pobo agardou 2000 anos. Podería vostede chamar a iso 'présa'?».



O Estado de Israel |


Finalmente, e dous días máis tarde, o 14 de maio de 1948, (o día 5 de iyar de 5708), David Ben-Gurión leu en Tel Aviv a acta de declaración de independencia do Estado de Israel; da que Golda Myerson foi unha das 25 asinantes. Sen pausa, saíu novamente de colecta aos Estados Unidos e alí comunicáronlle o nomeamento como a primeira embaixadora de Israel ante a Unión Soviética.


O recibimento que ofreceu a comunidade xudía rusa á diplomática do recente estado foi apoteósico: ducias de milleiros de xudeus moscovitas achegáronse a Myerson durante a súa visita á Gran Sinagoga da cidade, e levárona ata a Torá. A paixón popular non confundiu a Myerson: «Se naquel tempo mandasen a Moscova un pau de vasoira» — dixo — «dicindo que ía en representación de Israel, tería o mesmo recibimento». Foi embaixadora menos dun ano, durante o que tentou que as autoridades comunistas suavizasen o trato á comunidade xudía, e que eliminasen as trabas á inmigración a Israel, sen moito éxito.




Golda Meir na Arxentina, entrevistándose con Eva Perón (9 de abril de 1951)


En 1949 foi elixida deputada polo seu partido, o partido Laborista, na primeira lexislatura da Knéset. O primeiro ministro Ben-Gurion nomeouna ministra de Traballo e Seguridade Social. Nos sete anos que estivo no cargo, a ás ordes de dous primeiros ministros, amosou unha grande eficacia na construción do estado do benestar israelí e na integración laboral e social das masas de inmigrantes que chegaban ao país e deixou un selo indeleble ata hoxe na avanzada lexislación laboral que propiciou. Trala dimisión de Moshé Sharet, pasou a ocupa-la carteira de Asuntos Exteriores (1956-1966) e hebreizou o seu nome por petición de Ben-Gurión, a Golda Meir. Como segunda chanceler do país, despregou unha intensa actividade para lograr o recoñecemento e o apoio a Israel por parte dos novos países independentes que xurdían da descolonización africana. Os seus graves problemas de saúde estiveron a piques de face-la renunciar á vida política en 1965 e 1968; pero retractouse a instancias dos seus compañeiros, para evitar que as rivalidades persoais entre os líderes socialistas acabasen coa unidade do partido. En 1965 fíxolle fronte duramente a Ben-Gurion, que abandonou o partido Laborista, e quedou Meir como secretaria xeral da formación. Logo, participou activamente na reunificación de tódalas forzas socialistas parlamentarias no Partido Laborista Unificado (Ma'araj).



Primeira ministra |




Golda Meir nunha visita ao presidente Richard Nixon na Casa Branca


A súpeta morte do primeiro ministro Levi Eshkol en febreiro de 1969, atopou a Golda Meir fóra do goberno debido á súa doenza, pero aínda membro da Knéset. De entre os varios candidatos laboristas que se postularon para sucederlle, Meir foi sorprendentemente elixida para o cargo como candidata de compromiso. Ao pouco tempo celebráronse elección xerais para a sexta lexislatura da Knéset, onde saíu respaldada por unha folgada representación parlamentaria (56 de 120 escanos). Aínda así, prefiriu proseguir co goberno de coalición nacional, vixente dende a Guerra dos Seis Días, para o que sumou ao seu goberno a Menachem Beguin e a súa agrupación de dereitas. Neses meses realizou o coñecido discurso no que negou a existencia do pobo palestino:


No existe o pobo palestino... Eles non existen.

Do seu período de goberno lémbranse os tristemente famosos ataques terroristas palestinos do ano 1972: o secuestro do avión de Sabena (9 de maio), célebre porque na súa liberación participaron dous xoves militares, futuros primeiros ministros, Ehud Barak e Benjamín Netaniahu; o masacre do Exército Vermello Xaponés no aeroporto internacional (30 de maio), cun saldo de 25 vítimas; e o máis importante, o asasinato de 11 atletas israelís nos Xogos Olímpicos de Múnic (5 de setembro). Golda Meir ordenou os servizos de intelixencia israelís abater a tódolos involucrados no "Masacre de Múnic", nun operativo que deu en chamarse Cólera de Deus, e que foi levado ao cinema da man de Steven Spielberg no filme "Múnic".


A mediados de 1973, Golda Meir chegara a un elevado grado de apoio e consenso na opinión pública, tanto israelí como internacional; tanto uns como outros a asociaban coa imaxe da yídishe mame (yi., "nai xudía"), con sentido común e sobreprotectora cos seus descendentes. Foron célebres as reunións dos seus máis íntimos achegados na cociña da súa residencia oficial, a famosa «cociña de Golda», onde se decidían os destinos do país. Por outra parte, Golda sempre foi considerada un "falcón" político, reticente á paz cos árabes, dos que sempre desconfiou. No eido interno, foi acusada de conservadora e de desatender os novos problemas suscitados na sociedade israelí.



A Guerra de Yom Kipur |


En 1973, Israel houbo de facer fronte a un novo ataque asestado polos países árabes, a chamada Guerra de Yom Kipur, que tomou o goberno e o país por total sorpresa. Aínda que durante os meses previos á guerra, fluíu abondosa información de intelixencia que previña sobre os riscos dun ataque combinado, o Exército cría que unha guerra era pouco probable, oufano aínda do seu grande éxito na Guerra dos Seis Días.


A parsimonia militar, confundiu e contaxiou o executivo presidido por Golda Meir. Ela mesma mantivo unha reunión secreta en Xerusalén co rei Husein de Xordania, que veu especialmente a previr a Israel da guerra xa inminente. Pero Golda dubidou das súas verdadeiras intencións. Só unhas horas antes do estourido, a primeira ministra decidiu desoír os seus militares, o ministro de Defensa Moshé Dayán, e o seu ministro e ex-comandante en Xefe Jaim Bar-Lev e ordenou mobilizar as reservas, nunha das decisións cardinais da contenda. Aínda así, Golda Meir xamais se perdoou o erro: «Deberei vivir ata o fin dos meus días sabendo algo tan terrible», escribiu na súa autobiografía.


Se ben Israel rexeitou o ataque, respondeu cunha ofensiva vitoriosa e levou as súas tropas a só 100 quilómetros do Cairo, o que lle permitiu manter tódolos territorios ocupados en 1967, a guerra deixou unha profunda pegada na sociedade israelí. Golda Meir, desacreditada, conseguiu porén gañar as eleccións xerais de 1974, e beneficiouse das conclusións da Comisión Investigadora Agranat, que librou a tódolos políticos de culpa e responsabilizou unicamente do letargo israelí ao comandante en xefe militar, David Elazar. A opinión pública non estivo de acordo e o informe da Comisión alimentou unha onda de protestas que foi medrando en todo o país, e que levou a Meir a presentar a súa dimisión logo da súa reelección, o 11 de abril de 1974. Foi substituída por Isaac Rabin á fronte do Goberno e do partido Laborista.


Cos remorsos de Yom Kipur, Golda Meir retirouse ao quibuts Revivim, na casa da súa filla Sara, onde pasou os seus derradeiros anos, ata que o cancro a venceu. Finou o 8 de decembro de 1978; e foi sepultada no panteón dos «Grandes da Patria», no Monte Hertzl de Xerusalén.


Golda Meir non foi profeta na súa terra. O mundo xudeu e a comunidade internacional lémbrana como unha dirixente carismática e singular; unha matrona xudía visceral, capaz de sintetizar a máis complexa das situacións nunha frase sinxela e proverbial. En Israel, en cambio, moitos lémbrana, especialmente na esquerda, como unha muller teimuda e obstinada, cuxa incapacidade de ver a realidade e a súa actitude intransixente para cos árabes, deu lugar á traumática guerra de Yom Kipur.



Véxase tamén |



Bibliografía |


  • Adler, David, Our Golda: The Story of Golda Meir. New York: Puffin/Penguin, 1984. ISBN 0-14-032104-7 (para chicos)

  • Agres, Eliyahu (trad. hebreo Israel Taslit), Golda Meir: Portrait of a Prime Minister. New York: Sabra Books, 1969. ISBN 0-87631-020-X

  • Amdur, Richard, Golda Meir: A Leader in War and Peace. New York: Fawcett, 1990. ISBN 0-449-90403-2

  • Claybourne, Anna, Golda Meir (Leading Lives). Chicago: Heinemann Library, 2003. ISBN 0-431-13880-X

  • Davidson, Margaret, The Golda Meir Story. New York: Charles Scribner’s Sons, edición revisada, 1981. ISBN 0-684-14610-X

  • Dobrin, Arnold, A Life for Israel: The Story of Golda Meir. New York: Dial, 1975. ISBN 0-8037-4816-7 (para chicos)

  • Eban, Abba, The Political Legacy of Golda Meir. Milwaukee: Golda Meir Library, University of Wisconsin, Milwaukee, 1995. ISBN 1-879281-15-5

  • Gibson, William, Golda: A Play in Two Acts. New York: Samuel French, 1977. ISBN 1-55783-616-7

  • Hitzeroth, Deborah, Golda Meir (Importance of) - Series. San Diego: Lucent Books, 1997. ISBN 1-56006-090-5 (para chicos)

  • Keller, Mollie, Golda Meir (An Impact Biography). New York: Franklin Watts, 1983. ISBN 0-531-04591-9

  • Lewkowicz, Lidia, Juana Manso & Golda Meir: Dos mujeres del siglo XIX, Ediciones Al Margen, 1999. ISBN 987-9248-14-7

  • Mann, Peggy, Golda: The Life of Israel’s Prime Minister. New York: Coward, McCann and Geoghegan, 1971. ISBN 0-698-20052-7

  • Marsh, Carol, Golda Meir. Peachtree City, GA: Gallopade International, 2002. ISBN 0-635-00399-6

  • Martin, Ralph, Golda Meir: The Romantic Years. New York: Charles Scribner’s Sons, 1988. ISBN 0-86188-864-2

  • McAuley, Karen, Golda Meir (World Leaders Past and Present). New York: Chelsea House, 1985. ISBN 0-87754-568-5 (para chicos)

  • Meir, Menahem, My Mother Golda Meir: A Son’s Evocation of Life with Golda Meir. New York: Arbor House, 1983. ISBN 0-87795-415-1

  • Morris, Terry, Shalom, Golda. New York: Hawthorn Books, 1971. ASIN B0006C0MX2

  • Noble, Iris, Israel’s Golda Meir: Pioneer to Prime Minister. New York: Julian Messner, edición revisada, 1974. ISBN 0-671-32516-7

  • Olivares, Ángela, Golda Meir, Mujeres en la historia (Serie). Edimat Libros, 30.6.2006 (a editar) ISBN 84-9764-758-0

  • Pogrebin, Letty Cottin, Deborah, Golda, and Me: Being Female and Jewish in America. New York: Crown, 1991. ISBN 0-385-42512-0

  • Shenker, Israel y Shenker, Mary (editores), As Good as Golda: The Warmth and Wisdom of Israel’s Prime Minister. New York: McCall, 1970. (Colección de frases de Golda Meir) ISBN 0-8415-0029-0

  • Slater, Robert, Golda: The Uncrowned Queen of Israel. Middle Village, NY: Jonathan David, 1981. ISBN 0-8246-0244-7

  • Syrkin, Marie, Way of Valor: A Biography of Golda Myerson. New York: Sharon Books, 1955. ASIN B0007DJWJ0

  • Syrkin, Marie, Golda Meir: Woman with a Cause. New York: G.P. Putnam’s Sons, 1963. ASIN B0007E0B7Q

  • Syrkin, Marie, Golda Meir: Israel's leader. New York: G.P. Putnam’s Sons, 1969 (edición revisada) ASIN B0006CPEIU


Outros artigos |


  • Sionismo

  • David Ben-Gurion


Ligazóns externas |



  • Biografía de Golda Meir, na páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel.

  • Biografía de Golda Meir


  • Biografía de Golda Meir, no sitio oficial do Parlamento (en inglés).


  • Extenso obituario, publicado no xornal The New York Times (en inglés)


  • A conferencia de Evián (en inglés)




Predecesor:
Levi Eshkol

Primeira ministra de Israel
1969 - 1974
Sucesor:
Isaac Rabin






Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Golda_Meir&oldid=5132343"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.836","walltime":"1.475","ppvisitednodes":"value":1257,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":37789,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1756,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":27,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1246.868 1 -total"," 82.51% 1028.811 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 9.87% 123.128 1 Modelo:Conflito_árabe-israelí"," 3.86% 48.127 1 Modelo:Político"," 3.02% 37.705 1 Modelo:Sen_referencias"," 2.77% 34.600 1 Modelo:Ifsubst"," 2.52% 31.455 1 Modelo:Ambox"," 1.21% 15.117 1 Modelo:RAU"," 0.51% 6.353 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.41% 5.057 1 Modelo:Sucesión"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.530","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6469044,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1266","timestamp":"20190524210559","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Golda Meir","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Golda_Meir","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q42992","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q42992","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-16T18:28:40Z","dateModified":"2019-04-29T22:00:39Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/90/Golda_Meir_03265u.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":298,"wgHostname":"mw1267"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos