Skip to main content

Londres Índice Etimoloxía | Historia | Demografía | Economía | Monumentos de Londres | Cidades irmás | Cidades socias (en inglés Partner cities) | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación51°30′26″N 0°7′39″O / 51.50722, -0.12750london.gov.ukDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasDictionary of London Place Names45406491"'London'""A new explanation of the name of London"10.1111/1467-968X.00027Arquivado"Historical Overview of London Population""Moving to London Relocation Guide"ArquivadoArquivado"Largest Cities Through History ""The Blitz""Londres acaba co soño olímpico de Madrid 2012"Arquivado"Greek London""Italy""Brazilian London"Arquivado45406491Foro LondresLondon TransportLondon TownTransport for LondoneeWorldCat261467287XX45086811986136721574361888ID1204271003839026437433035-2124074335-46594n79005665ID00629494ge1298673531122965606027922669london701178116344418D008131

Flag of the Netherlands.svgÁmsterdamGreciaAtenasAlemañaBerlínEslovaquiaBratislavaBélxicaBruxelasFlag of Romania.svgBucarestHungríaBudapestDinamarcaCopenhagueFlag of Ireland.svgDublínFinlandiaHelsinquiFlag of Portugal.svgLisboaFlag of Slovenia.svgLiublianaFlag of the United Kingdom.svgLondresFlag of Luxembourg.svgLuxemburgoEspañaMadridChipreNicosiaFranciaParísRepública ChecaPragaFlag of Latvia.svgRigaItaliaRomaBulgariaSofíaFlag of Sweden.svgEstocolmoEstoniaTalínFlag of Malta.svgA ValetaAustriaVienaFlag of Lithuania.svgVilniusPoloniaVarsoviaCroaciaZagrebBedfordshireBerkshireBristolBuckinghamshireCambridgeshireCheshireCornuallesCumbriaDerbyshireDevonDorsetDurhamEssexGloucestershireLondresManchesterHampshireHerefordshireHertfordshireIlla de WightKentLancashireLeicestershireLincolnshireMerseysideMidlands OccidentaisNorfolkNorthamptonshireNorthumberlandNottinghamshireOxfordshireRutlandShropshireSomersetStaffordshireSuffolkSurreyWest SussexEast SussexTyne e WearWarwickshireWiltshireWorcestershireYorkshire NorteYorkshire OccidentalYorkshire OrientalYorkshire Sur


Londres


inglés[ˈlʌndən]InglaterraReino Unidorío TámeseGran Bretaña2012Gran LondresCidade de LondresWinchesterInglaterraIdade MediaetimoloxíatopónimoGodofredo de Monmouthrei Lud1898celtarío Támeselingua galesaGran Londresbretóns43romanosrío Támeseponte de Londres61celtaicenosBoadiceaColchesterBritania100século IIséculo IIIImperio Romanoséculo V600AnglosaxónsCovent Gardenpescacomerciorío Fleet851viquingaAlfredo o GrandeAldwychviquingosséculo X1013Canuto de DinamarcaEthelred o IndecisoPonte de Londresinglés10171042anglosaxónsEduardo o ConfesorAbadía de WestminsterPalacio de WestminsterInglaterrabatalla de HastingsGuillerme IDuque de NormandíaInglaterraAbadía de Westminster1066Torre de Londres1097Guillerme IIWestminster HallPalacio de WestminstermonarquíaIdade MediaInglaterraséculo XII11001300peste negraséculo XIVrevolta campesiña de 1381Idade MediaGuerra das dúas rosasArmada Invencible15881603Xacobe VI de EscociaInglaterra5 de novembro1605Conspiración da pólvoraséculo XVIIGran praga16651666Europa1666século XVIII183119251836ferrocarril1863metro18551889BlitzLuftwaffealemáSegunda Guerra Mundial1950196019701965Gran LondresCommonwealthcontinente europeoEuropaAméricaReino Unidoterrorismo1997IRAIrlanda do Norte7 de xullo2005Xogos Olímpicos do 201219081948Segunda Guerra MundialXIXXXNova York192519392005Gran LondresUnión Europea2001grupo étnicogregositalianospolacosespañoiseuropeaamericanasuramericanaaustraliananeozelandesasurafricanahindúpaquistaníbangladeshíafricanachinesaAmérica latinabrasileirosfilipinaxaponesacoreanavietnamitaUnión EuropeaRepública de IrlandaIrlanda do Norteescocesesgaleses2005200619972001Gran LondresReino UnidoEuropa orientalchipriotascristianismoIgrexa de InglaterraIgrexa católicamusulmáshindússikhxudíasTower HamletsNewhamLondon Central MosqueRegent's ParkHarrowBrentNeasden TempleXudeus BritánicosStamford HillXudía OrtodoxaNova YorkIsraelGolders GreenNova YorkTokioParísGDPReino UnidoPIB2005industriaingléslingua francaImperio BritánicoEstados UnidosAsiaGran LondresReino UnidoNova YorkTokioturismo2003Parísno continente europeo










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Enu003Ctd class="mbox-image"u003En u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003Eu003Cimg alt="Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/75px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png" decoding="async" width="75" height="86" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/113px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/150px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 2x" data-file-width="135" data-file-height="155" /u003Eu003C/au003Eu003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003EA Galipedia estará "apagada" ata o día 26 de marzo en protesta pola proposta de directiva de dereitos de autor da Unión Europea. Tes máis información en u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003EWikipedia:Comunicado_24_marzo_2019u003C/au003Eu003C/bu003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003Eu003Cimg alt="Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/75px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png" decoding="async" width="75" height="86" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/113px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/150px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 2x" data-file-width="135" data-file-height="155" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Londres




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Coordenadas: 51°30′26″N 0°7′39″O / 51.50722, -0.12750
























Londres

London
Greater London collage 2013.png
Dende arriba e pola esquerda: Palacio de Buckingham, Estación de St. Pancras, The Shard, Canary Wharf, St. James's Park e Palacio de Westminster.
Localización


Londres en Inglaterra

Londres

Londres




País
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación constituínte
Inglaterra Inglaterra
CondadoGran Londres
Distrito
Cidade de Londres e 32 barrios
Xeografía
Altitude24 msnm
Superficie1.572,00 km²
Demografía
Poboación8 308 369 hab. (2012)
Densidade5.285 hab./km²
XentilicioLondiniense[1]
Outros datos
Código postalE, EC, N, NW, SE, SW, W, WC, BR, CM, CR, DA, EN, HA, IG, KT, RM, SM, TN, TW, UB, WD
Alcalde
Boris Johnson (Partido Conservador)
london.gov.uk

Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI)En-uk-London.ogg escoitar) é a capital de Inglaterra e do Reino Unido; atópase ás beiras do río Támese na illa de Gran Bretaña. Segundo os datos do censo do 2012, viven 8 173 194 habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A aglomeración urbana ten preto de 11,3 millóns de habitantes.[2]


Dunha cidade romana chamada Londinium, a capital da rexión administrativa romana Britannia, a cidade acabou por se tornar o centro do imperio británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.


Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios (a pesar de ter sido Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).[3]




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Historia

    • 2.1 O Londres Romano


    • 2.2 Os Anglosaxóns


    • 2.3 O Londres normando e medieval


    • 2.4 O Londres moderno



  • 3 Demografía

    • 3.1 Grupos étnicos


    • 3.2 Relixión



  • 4 Economía


  • 5 Monumentos de Londres


  • 6 Cidades irmás


  • 7 Cidades socias (en inglés Partner cities)


  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Bibliografía


    • 9.2 Ligazóns externas





Etimoloxía |




Modelo de Londinio entre 85 e 90 d.C., no Museo de Londres, mostrando a primeira ponte construída sobre o río Támese.


A etimoloxía de Londres é incerta.[4] É un topónimo moi antigo que aparece en fontes do século II d. C. Cara ao 121 d. C. apareceu citada como Londinium, termo que apunta a un orixe britanorromano do asentamento.[4] O primeiro intento de aclaración, hoxe descartado, atribúeselle a Godofredo de Monmouth, que no seu libro Historia Regum Britanniae[4] sostiña que o topónimo proviña dun tal rei Lud que en principio tomou a cidade e a nomeou Kaerlud.[5]


Dende 1898 aceptouse comunmente que o topónimo teña unha orixe celta e significaba lugar pertencente a un home chamado *Londinos, pero esta explicación foi rexeitada igualmente.[4] En 1998 Richard Coates propuxo a explicación de que o nome tiña a súa orixe no hidrónimo antigo europeo *(p)lowonida, que significa «río demasiado ancho para vadealo», e suxeriu que era un nome que se daba ao tramo do río Támese ao seu paso por Londres. Deste topónimo derivaría a súa forma céltica, *Lowonidonjon,[6] aínda que a transformación da palabra é demasiado grande. A dificultade é conciliar o nome latino, Londinium, co que se lle da na lingua galesa moderna, Llundain. Non se pode descartar a posibilidade de que este nome galés se tomara prestado do inglés en épocas posteriores e por tanto non poida ser tomado como referencia para a reconstrución do nome orixinal da cidade. Oficialmente, ata 1889 o nome Londres só se lle aplicou á City londiniense, pero dende entón, refírese tamén ao condado de Londres e ao Gran Londres.[4]



Historia |



Artigo principal: Historia de Londres.


O Londres Romano |



Artigo principal: Londinium.

A pesar das evidencias de pequenos asentamentos bretóns dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano 43 d. C., cando os romanos, aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de Londinium na beira norte do río Támese. A antiga vila desenvolveuse preto da primeira ponte de Londres feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.


O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano 61 d. C., a tribo celta dos icenos dirixida pola raíña Boadicea asaltou o poboado, reducíndoo a cinzas. A seguinte reencarnación da cidade prosperou e substituíu a Colchester como a capital da provincia romana de Britania ao redor do ano 100 d. C. No cumio do seu apoxeo, no século II, Londres tiña unha poboación de 60.000 habitantes. Porén, no século III, a poboación da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas do Imperio Romano. Nos seguintes séculos o descenso da poboación foi continuado, ficando a cidade abandonada no século V[7].



Os Anglosaxóns |


No ano 600 os Anglosaxóns volveron crear un novo asentamento chamado Lundenwic a 1 km da antiga cidade romana, preto do que hoxe é Covent Garden[8]. Probablemente houbo un porto dedicado á pesca e ao comercio na foz do río Fleet. O comercio da cidade medrou paseniñamente ata o ataque do 851, cando as defensas da cidade foron apancadas por unha grande invasión viquinga que destruíu a cidade. Trala ocupación viquinga, o novo rei Alfredo o Grande, estableceu a paz e mudou a vila para dentro das murallas da antiga Londres romana sendo chamada Ealdwic ("old city" ou "cidade vella"), nome que sobreviviu ata a actualidade como Aldwych.


Máis adiante, baixo o control de varios reis ingleses, volveu prosperar como centro político e comercial. Porén, as invasións dos viquingos volveron a finais do século X, chegando ao seu máximo no ano 1013 cando a cidade foi sitiada polo rei Canuto de Dinamarca quen forzou ao rei Ethelred o Indeciso a deixar o trono. Nun ataque de represalia, as tropas de Ethelred conseguiron a vitoria botando abaixo a Ponte de Londres e restablecendo de novo o control inglés.


O rei Canuto II volveu ter o control do trono inglés en 1017, controlando a cidade de Londres e o país ata 1042, ano no que a súa morte devolveu o trono aos anglosaxóns baixo o goberno de Eduardo o Confesor, quen refundou a Abadía de Westminster e o adxacente Palacio de Westminster. Nese tempo, London convertérase na maior e máis próspera cidade de Inglaterra, a pesar de que a sede oficial do goberno seguía atopándose en Winchester[9].



O Londres normando e medieval |





Torre de Londres dende o ceo ao carón da ponte do mesmo nome.




O grande lume de 1666 destruíu unha grande parte da cidade.




Rúa atacada polo Blitz durante a Segunda Guerra Mundial.


Logo do triunfo na batalla de Hastings, Guillerme I, naquel tempo Duque de Normandía, foi coroado rei de Inglaterra na recentemente inaugurada Abadía de Westminster o día do Nadal do ano 1066. Guillerme garantiu aos cidadáns de Londres especiais privilexios, ao mesmo tempo que construíu un castelo no sueste da cidade para mantelos baixo control. Este castelo sería ampliado e modificado por reis vindeiros ata dar o que hoxe é coñecido como Torre de Londres, servindo primeiro como residencia real e máis adiante como cárcere.


No ano 1097, Guillerme II comezou a construción do Westminster Hall, preto da abadía do mesmo nome. A residencia serviu de base ao futuro Palacio de Westminster, a que foi a principal residencia da monarquía durante a Idade Media. Westminster converteuse na sede da corte real e do goberno (persistindo na actualidade), mentres a súa veciña, a cidade de Londres, era o centro da industria e do comercio, xermolando baixo a súa propia administración, a Corporación de Londres. Continxentemente, as vilas adxacentes medraron xuntas ata formar as bases do actual centro de Londres, a pesar de que Winchester seguiu persistindo como capital de Inglaterra ata o século XII.


Londres continuou medrando en riqueza e poboación durante a Idade Media. No ano 1100 a poboación da cidade roldaba os 18.000 habitantes, no ano 1300 a cidade xa chegara aos 100.000[7]. Con todo, a peste negra devastou preto dun terzo da poboación de Londres a mediados do século XIV. Sen contar a revolta campesiña de 1381, Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civís acontecidas en Inglaterra ao longo da Idade Media, coma a Guerra das dúas rosas.


Tralo exitoso triunfo contra a Armada Invencible en 1588, a estabilidade política en Inglaterra, permitiu a Londres medrar aínda máis. En 1603, Xacobe VI de Escocia converteuse no rei de Inglaterra, unindo esencialmente os dous países. A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o 5 de novembro de 1605 produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa Conspiración da pólvora.


Durante o século XVII as pragas causaron moitos problemas en Londres, culminando coa Gran praga acontecida entre 1665 e 1666 e que matou a máis de 75.000 persoas. Este foi o derradeiro brote que tivo lugar en Europa, posiblemente grazas ao gran lume de 1666. O gran lume de Londres orixinouse na cidade antiga, espallándose ao resto da cidade e queimando centos de vivendas feitas de madeira. As tarefas de reconstrución da cidade levaron máis de dez anos.



O Londres moderno |


Co seu gran crecemento ao longo do século XVIII, Londres converteuse na maior cidade do mundo, posto que ocupou entre 1831 e 1925[10]. Este crecemento viuse en gran parte axudado pola creación en 1836 do primeiro ferrocarril, o que puxo en contacto Londres coas vilas do campo. A rede do ferrocarril espallouse rapidamente, axudando á cidade a medrar cara aos campos que a rodeaban, fusionándose á súa vez con vilas situadas preto de Londres como Kensington. O crecente tráfico que conxestionaba o centro da cidade fixo que se crease en 1863 o primeiro sistema de metro do mundo, que levou á cidade a unha maior expansión e urbanización. Grazas ao rápido crecemento, London converteuse nunha das primeiras cidades na historia en chegar ao millón de habitantes, e a primeira en chegar aos 5 millóns.


O goberno local de Londres tivo que loitar contra o rápido crecemento para ofrecer á cidade as infraestruturas axeitadas. Entre 1855 e 1889, a Metropolitan Board of Works supervisou os traballos de expansión, foi entón substituído polo County of London, o cal foi á súa vez substituído polo London County Council, a primeira administración da cidade elixida pola poboación.


O Blitz e outros bombardeos da Luftwaffe alemá durante a Segunda Guerra Mundial asasinaron a máis de 30.000 londinienses e esnaquizaron boa parte da paisaxe urbana de Londres[11]. Os traballos de reconstrución tiveron lugar nas décadas de 1950, 1960 e 1970, estes traballos caracterizáronse pola súa diversidade de estilos, consecuencia do cal Londres non posúe un estilo arquitectónico unido. En 1965 as fronteiras políticas de Londres espalláronse para incluír as crecentes áreas urbanas fóra do distrito de Londres. A nova área foi chamada Greater London ou Gran Londres e pasou a ser administrada polo Greater London Council.


Nas décadas vindeiras á Segunda Guerra Mundial, a cidade de Londres recibiu unha grande ondada de inmigrantes dos países da Commonwealth converténdose nunha das cidades máis diversas e multiculturais do continente europeo. A integración de todos estes novos habitantes non foi sempre doada, producíndose liortas, sobre todo nos distritos de Notting Hill e Brixton, aínda que estes enfrontamentos foron moito menores a outros acontecidos noutras cidades inglesas e doutras partes de Europa e de América.


Durante a década de 1980 e en diante produciuse unha reactivación de Londres como centro económico mundial. Con todo, como capital e maior cidade do Reino Unido, a cidade de Londres converteuse en obxectivo do terrorismo. Ata o cesamento do fogo en 1997, Londres foi obxectivo cotián das bombas do IRA que deste xeito buscaba amedrentar ao goberno británico co Sinn Féin para negociar na Irlanda do Norte.


Máis recentemente, unha serie de ataques bomba coordinados foron levados a cabo por extremistas islámicos suicidas na rede de transportes da cidade o 7 de xullo do 2005, tan só 24 horas despois de que Londres fora elixida sede dos Xogos Olímpicos do 2012[12]. Cos Xogos Olímpicos do 2012, Londres converteuse na primeira cidade do mundo en hospedar tres edicións dos xogos, despois da IV edición de 1908 e a XIV no ano 1948, e logo de que a XIII edición, que tamén se ía celebrar en Londres, fose suspendida debido á Segunda Guerra Mundial.



Demografía |


Coa industrialización, a poboación de Londres medrou axiña entre os séculos XIX e XX, chegando a ser a cidade máis poboada da terra ata que Nova York a superou en 1925. Londres acadou o seu cumio de poboación no ano 1939 ao chegar aos 8 615 245 habitantes.


No ano 2005 segundo estimacións a cidade tiña unha poboación de 7 517 700 habitantes na súa área. Porén, a cidade expándese cara aos seus bordos (Gran Londres) chegando aos 8 278 251 habitantes. Londres é a maior cidade da Unión Europea e tamén posúe a maior área metropolitana.


  • Na lista das maiores cidades europeas e áreas metropolitanas segundo a poboación Londres ocupa o posto 2º en Europa e o 15º no mundo.

  • Na lista das cidades co maior número de billonarios, Londres ocupa o posto 4º de 19.

  • Xunto coas cidades de Tokio e Moscova é unha das cidades máis caras do mundo.


Grupos étnicos |














































Habitantes segundo país

Reino Unido Reino Unido
5 230 155

India India
172.162

Irlanda Irlanda
157.285

Flag of Pakistan.svgPaquistán
120.900

Flag of Bangladesh.svgBangladesh
84.565

Xamaica Xamaica
68.907

Níxer Níxer
66.311

Quenia Kenya
49.933

Flag of Sri Lanka.svgSri Lanka
49.932

Ghana Ghana
46.513

Chipre Chipre
45.888

Sudáfrica Suráfrica
45.506

Estados Unidos de América Estados Unidos
44.622

Australia Australia
41.488

Alemaña Alemaña
39.818

Turquía Turquía
39.128

Italia Italia
38.694

Flag of France.svgFrancia
38.130

Somalia Somalia
33.831

Uganda Uganda
32.082

Nova Zelandia Nova Zelandia
27.494


Templo hindú en Londres.


No censo do 2001 preguntouse aos cidadáns londinienses polo seu grupo étnico, o 71,15%, dos sete millóns e medio de persoas que habitan a cidade, clasificaron a súa raza como branca. Neste grupo atópanse os White British ou británicos brancos (59,79%), White Irish ou irlandeses brancos (3,07%) or Other White ou outros brancos (8,29%) —grupo no que se inclúen 180.000 gregos,[13] 100.000 italianos[14], ao redor de 300.000 polacos, uns 100.000 españois e outros individuos brancos de orixe europea, americana, suramericana, australiana, neozelandesa ou surafricana—. Un 12,09% dos londinienses clasifícase como British Asian ou asiático-británico, grupo nos que se atopan as persoas de orixe hindú, paquistaní, bangladeshí e Other Asian ou outros asiáticos (a maioría proveniente de países árabes ou do sueste asiático). Un 10,91 % da poboación de Londres clasificouse no censo como Black British ou negro británico (ao redor do 7 % de orixe africana, o 4,79 % de orixe caribeña, e o 0,84 % como Other Black ou outros negros). A poboación restante do censo clasificouse como de raza mixta nun 3,15 %; un 1,12% de raza chinesa, e un 1,58 % doutras razas (a maioría ten a súa orixe na América latina —estímase que 60.000 brasileiros residen en Londres[15], amais das nacionalidades filipina, xaponesa, coreana, vietnamita e ou doutras nacionalidades asiáticas). Aproximadamente un 21,8 % dos habitantes de Londres naceron fóra da Unión Europea. Os irlandeses da República de Irlanda e da Irlanda do Norte que habitan na cidade forman unha comunidade de 200.000 individuos, case o mesmo número que os escoceses e galeses que teñen a súa residencia na cidade.


En xaneiro do 2005, unha enquisa sobre a diversidade étnica e relixiosa de Londres amosou que na cidade se falaban máis de 300 linguas e que existían máis de 50 comunidades non indíxenas con máis de 10.000 individuos[16] A Office for National Statistics (Oficina para as estatísticas nacionais) publicou que no ano 2006 que 2 288 000 (31 %) dos habitantes da cidade non naceran nela, cifra moito maior cós 1 630 000 de 1997[17]. O censo do 2001 amosou que o 27,1 % da poboación do Gran Londres nacera fóra do Reino Unido, dos que unha gran parte non eran de raza branca[18].


Londres foi un foco de inmigración durante séculos, xa sexa pola busca de asilo ou por razóns económicas. Hugonotes, xudeus da Europa oriental e chipriotas son exemplos da primeira; irlandeses, hindús e bangladesís son exemplos das segundas.



Relixión |


A principal relixión de Londres é o cristianismo, segundo o censo do 2001 o 58,2 % da poboación profésaa, principalmente pertencentes á Igrexa de Inglaterra e á Igrexa católica. Mais tamén, en termos relixiosos, Londres é fogar de numerosas comunidades musulmás, hindús, sikh, e xudías. Moitos musulmáns viven en Tower Hamlets e Newham; o edificio musulmán máis importante é a London Central Mosque no Regent's Park. A comunidade hindú máis importante atopase no noroeste en Harrow e Brent; na última atópase un dos maiores templos hindús de Europa o Neasden Temple. As comunidades Sikh localízanse no Oeste e Leste de Londres , que é o fogar dun dos maiores templos Sikh do mundo. A maioría dos Xudeus Británicos viven en Londres, con grandes comunidades xudías en Stamford Hill (a maior área Xudía Ortodoxa fóra de Nova York e Israel), e Golders Green no norte da cidade.



Economía |




O Banco de Inglaterra, é o banco central do Reino Unido




Rañaceos do distrito financeiro de Canary Wharf na Illa de Dogs




Distrito financeiro de Londres


Londres é un dos principais centros de negocios internacionais, sendo considerado un dos catro "centros do mando" da economía mundial (detrás de Nova York, Tokio e París).


Como a segunda maior cidade económica europea, ano por ano, a economía de Londres xera aproximadamente o 19% do GDP do Reino Unido (IB). A área metropolitana de Londres xerou aproximadamente o 30% do PIB do Reino Unido no ano 2005.


O éxito de Londres como unha industria de servizo e centro de negocios pode ser atribuído a múltiples factores. O feito de que o inglés sexa a nova lingua franca, a súa posición como a capital do Imperio Británico, a súa relación próxima cos Estados Unidos e varios países de Asia. A lei inglesa é a máis importante e a máis empregada nos negocios internacionais, a infraestrutura multicultural (colexios, lugares de traballo, organizacións culturais e sociais), relativamente baixos impostos, particularmente para estranxeiros, un ambiente de negocios amigable (por exemplo, na Cidade de Londres o goberno local non é elixido pola poboación residente senón polos negocios, a Cidade de Londres é logo, unha especie de Democracia Financeira), tamén inflúen a súa boa infraestrutura de transporte, á súa industria aérea e á economía regulada con pouca intervención do goberno.


Sobre o 85% (3,2 millóns) da poboación empregada no Gran Londres traballa en servizos de industrias. Outro medio millón de empregados residentes na zona traballan no mantemento e a construción, case divididos igualitariamente entre os dous.


Londres ten cinco distritos financeiros principais, The City, Westminster, Canary Wharf, Camden, Islington, Lamberth e Southwark.


As exportacións financeiras fan un gran favor á balanza de pagamentos do Reino Unido, unhas 300.000 persoas están empregadas en servizos financeiros en Londres. Londres ten máis de 480 bancos, máis que ningunha outra cidade no mundo. A Stock Exchange é a maior do mundo en intercambio de accións, máis grande que Nova York e Tokio unidos. Ten unha transferencia diaria que supera os 683 billóns de dólares.


O turismo é unha das principais fontes e os empregados chegaron a ser 35.000 con xornada completa en Londres no 2003. Londres é un destino popular para os turistas, atraendo 27 millóns cada ano, só excedido por París no continente europeo.



Monumentos de Londres |





London Eye á beira do río, en Londres


  • Abadía de Westminster

  • Big Ben

  • Palacio de Westminster

  • London Bridge

  • London Eye


  • Museo de Cera (Madame Tusaud)

  • Museo Británico

  • Palacio de Buckingham

  • Palacio de St. James

  • Royal Albert Hall

  • Tower Bridge

  • Torre de Londres


Cidades irmás |



  • Flag of Turkey.svg Ancara, Turquía


  • Flag of the People's Republic of China.svg Pequín, China (desde 2006)


  • Flag of Germany.svg Berlín, Alemaña (desde 2000)


  • Flag of Russia.svg Moscova, Rusia


  • Flag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos (desde 2001)


  • Flag of Iran.svg Teherán, Irán (desde 1993)


Cidades socias (en inglés Partner cities) |



  • Flag of France.svg París, Francia (desde 2001)


  • Flag of Italy.svg Roma, Italia


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para londiniense.


  2. Elcock, Howard (1994). Local Government: Policy and Management in Local Authorities. Routledge. p. 368. ISBN 978-0-415-10167-7. 


  3. Jones, Bill; Kavanagh, Dennis; Moran, Michael; Norton, Philip (2007). Politics UK. Pearson Education. p. 868. ISBN 978-1-4058-2411-8. 


  4. 4,04,14,24,34,4 Mills, David (22 de febreiro de 2001). Dictionary of London Place Names. Oxford Paperbacks. ISBN 978-0192801067. OCLC 45406491. 


  5. Ackroyd, Peter (2 de decembro de 2001). "'London'". New York Times. ISBN 978-0-7011-7279-4. Consultado o 2 de febreiro de 2013. 


  6. Coates, Richard (1998). "A new explanation of the name of London". Transactions of the Philological Society 96 (2): 203–229. doi:10.1111/1467-968X.00027. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 17 de maio de 2013. 


  7. 7,07,1 "Historical Overview of London Population", en London Online (en inglés).


  8. "Moving to London Relocation Guide" Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., artigo en Gateways Moving (en inglés).


  9. http://www.gatewaysmoving.com/about_moving_to_london_england_uk.htm Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. en inglés


  10. "Largest Cities Through History ", artigo de Matt T. Rosenberg en About.com (en inglés).


  11. "The Blitz", artigo de Peter N. Risbey (2002) (en inglés).


  12. "Londres acaba co soño olímpico de Madrid 2012" Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., artigo de Alejandro Posilio en La Voz de Galicia, 6 de xullo de 2005.


  13. "Greek London", artigo da BBC, xullo de 2008 (en inglés).


  14. "Italy", apartado en Born Abroad. An inmigration map of Britain, na web da BBC (en inglés).


  15. "Brazilian London", artigo da BBC, maio de 2008 (en inglés).


  16. http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,2763,1395534,00.html en inglés


  17. http://www.thisislondon.co.uk/news/article-23374397-details/%27One-third+of+Londoners+born+outside+Britain%27/article.do Arquivado 09 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. en inglés


  18. http://www.statistics.gov.uk/census2001/profiles/H-A.asp Office for national Statistics en inglés



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Ackroyd, Peter (2001). London: The Biography. London: Vintage. p. 880. ISBN 978-0-09-942258-7. 


  • Mills, David (2001). Dictionary of London Place Names. Oxford Paperbacks. ISBN 978-0-19-280106-7. OCLC 45406491. 


Ligazóns externas |



  • Foro Londres (en castelán)


  • London Transport (en inglés)


  • London Town (en inglés)


  • Transport for London (en inglés)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Londres&oldid=5022071"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.832","walltime":"1.127","ppvisitednodes":"value":2482,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":65362,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":5008,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":16596,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":27,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 834.696 1 -total"," 40.58% 338.708 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.96% 124.898 1 Modelo:Listaref"," 11.15% 93.034 1 Modelo:Capitais_UE"," 11.12% 92.847 2 Modelo:Navbox"," 8.56% 71.482 1 Modelo:Cidade"," 7.80% 65.147 5 Modelo:Cita_libro"," 7.76% 64.796 1 Modelo:Infobox"," 5.25% 43.794 1 Modelo:Commonscat"," 4.86% 40.572 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.371","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":9565837,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1303","timestamp":"20190325221016","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":126,"wgHostname":"mw1320"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020