Skip to main content

Nápoles Índice Historia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación40°50′N 14°15′L / 40.833, -14.250www.provincia.napoli.it40°50′00″N 14°15′00″L / 40.83333, -14.25000726eDefinición de napolitano - Dicionario da Real Academia GalegaDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasInforme da ONU sobre aglomeracións urbanas (2005), (inglés).ArquivadoArquivado"Planta de Neápolis sobre da cidade moderna; (C) a acrópole "o orixinalPlanta de Neápolis en época romana; B.CapassoPáxina sobre da Neápolis grecorromana; Giulia GrassiRecreación a vista de paxaro da cidade grecorromanaMapa de Nápoles no século XI; B.CapassoUniversità degli Studi di Napoli - Federico II. Traza dos Quartieri SpagnoliArquivadoIdem detalleO Pazo Vicerreinal ao comezo da Vía Toledo; Lafrey 1566, detalleVista do Largo di Palazzo cara á Vía Toledo"Idem noutra vista, L.Coccorante 1739"o orixinalMapa de Nápoles co desenvolvemento do s.XVIII"Real Casa de Borbón de las Dos Sicilias"o orixinalArquivadoVista aérea do conxunto da Praza do PlebiscitoArquivadoMapa do Plan de Risanamento de Nápoles cos novos barriosVista de época da Praza MunicipioPlanta da zona de Pizzofalcone co novo Borgo de Santa LucíaMapa detallado do centro de Nápoles, 1893"Planta do Porto de Nápoles"o orixinal"Variantes do Plano Xeral de 1939 (base do de 1958) "o orixinalSitio oficial del Ayuntamiento de NápolesWorldCat137842517XX104550011865052c2650845ID004539631723954041476-00000 0001 2152 7379n79015689ID00628848ge128524407670263950887004474napoli

Cidades de ItaliaPatrimonio da Humanidade en Italia


italianonapolitanosur de ItaliaCampaniaprovincia de Nápolesmonte VesuvioCampos Flégreosárea metropolitanaxentilicioportoItalia2005densidade de poboaciónneolítico1943campaña de Italia (Segunda Guerra Mundial)RodasEubeaCumasmar TirrenoUlisesOdiseaetruscosSiracusaMagna GreciahipodámicasamnitasromanosSilaXulio CésarVesuvioImperioVirxilioforoNarséscristianismoConstantinoostrogodosRómulo AugústuloImperio Bizantinoséculo VIIDucado de Nápolesséculo IXuniversidade federicananormandosReino de SiciliaPalermoCastelo do OvoLiga HanseáticaSacro ImperioFederico IIgüelfos e xibelinosReino das Dúas SiciliasCastel NuovoBoccaccioPetrarcaGiottoCoroa de Aragónhumanismo renacentistaAfonso IImperio EspañolEuropaParísLondresCaravaggioRiberaGiordano BrunoGiambattista VicoPedro Álvarez de ToledoFernando Ruiz de Castro AndradeConde de Lemosséculo XVIIICarlos IIIGuerra de Sucesión EspañolaMadridHerculanoPompeiaNeoclasicismoPanteón de RomaReino das Dúas SiciliasReino de Italiaséculo XXSegunda Guerra MundialKenzo Tange












Nápoles




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 40°50′N 14°15′L / 40.833, -14.250






















Nápoles

Napoli
Napule


Flag of Naples.svg

CoA Città di Napoli.svg

MontageofNaples.jpg
Vistas da cidade
Localización


Nápoles en Italia

Nápoles

Nápoles




País
Italia Italia
Rexión
Bandeira de Campania Campania
Provincia
Provincia de NápolesNápoles (NA)
Xeografía
Altitude1.444 m Monte S. Angelo msnm
Superficie1.171 km² km²
Demografía
Poboación3.080.254 (2011)
Densidade2.630,45 hab/km²
XentilicioNapolitano/a[1]
Outros datos
Código postal80121-80147 (Nápoles), 80010-80079 (provincia)
AlcaldeAntonio Pentangelo (PDL)
www.provincia.napoli.it














Centro histórico de Nápoles

Galleria San Martino. 02 (cropped).JPG
O castelo Maschio Angioino.

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País
Italia Italia
Localización40°50′00″N 14°15′00″L / 40.83333, -14.25000
TipoCultural
CriteriosII, Iv
Inscrición1995 (19ª sesión)
Rexión da UNESCO
Europa e América do Norte
Identificador726

Nápoles[2] (Napoli en italiano e Napule en napolitano) é a cidade máis poboada do sur de Italia, capital da rexión de Campania e da provincia de Nápoles, situada a medio camiño entre o monte Vesuvio e outra área volcánica, os Campos Flégreos. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa área metropolitana, chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o xentilicio de napolitanos. É o principal porto marítimo do sur Italia e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 (2005) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha densidade de poboación de 8.457 hab/km².[3]




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Colonias gregas en territorio romano


    • 1.2 Época medieval


    • 1.3 A capital do Reino de Nápoles


    • 1.4 Desenvolvemento baixo o dominio español


    • 1.5 Capital borbónica


    • 1.6 O saneamento de Nápoles: os sventramenti


    • 1.7 Século XX



  • 2 Notas


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Ligazóns externas





Historia |


A historia de Nápoles reflicte o crisol de culturas que conformou a urbe ao longo de case que tres milenios. Achados arqueolóxicos recentes confirman o poboamento da área da cidade incluso antes, no final do neolítico (IV milenio a.C.), e tamén foron descubertas a finais de 1943, durante a campaña de Italia (Segunda Guerra Mundial), tumbas da Cultura de Gaudo, de finais do III milenio a.C.



Colonias gregas en territorio romano |


Aínda que é obxecto de controversia, puido existir un primeiro estabelecemento comercial de gregos de Rodas na pequena illa de Megaride (a poucos metros da costa, agora unida a terra, asento do Castelo do Ovo) xa no século IX a.C. O certo é que gregos de Eubea, no século VIII a.C., fundaron a colonia de Cumas (20 km ao oeste na costa do mar Tirreno) e un século despois, estableceron no 680 a.C. unha colonia de seu fronte a illa Megaride no outeiro Echia, ou Pizzofalcone, de boa defensa natural, á que chamaron Parténope,[4] polo nome dunha das tres sereas que cos seus cantos tentaron seducir a Ulises na Odisea.




A illa Megaride e o outeiro Pizzofalcone, lugar do nacemento de Nápoles (ao fondo da baía, o Vesuvio).


O intento dos etruscos de dominar o sur da península Italiana e o seu ataque a Cumas no 524 a.C. marcaron o final dun período de prosperidade comercial de Parténope, que mesmo foi destruída. Coa vitoria final dos gregos de Siracusa, da Magna Grecia, sobre os etruscos e a recuperación do dominio do golfo, fundouse unha nova cidade no 474 a.C., tamén por atenienses, sobre da chaira a carón de Parténope (esta redenominada Palépolis, "cidade vella"),[5][6] que recibiu o nome de Neápolis ("cidade nova"), trazada segundo unha planta hipodámica con tres rúas principais leste-oeste, coa ágora na central e a acrópole no máis elevado do ángulo noroeste e xa fortemente amurallada,[7] aínda que as murallas foron reforzadas no século seguinte.


O florecemento comercial baixo a hexemonía marítima ateniense, cun incremento de poboación ata os 30.000 habitantes, viuse ameazado polos pobos samnitas da rexión. Unha alianza coa potencia emerxente, os romanos, rematou coa incorporación das cidades xemelgas ao seu dominio no 327 a.C., inda que mantendo a súa idiosincrasia.


A bonanza da base naval continuou ata o século I a.C., pero xusto despois de lle ser concedida a cidadanía romana caeu en desgraza sucesivamente con Sila e Xulio César. A cidade entrou nun período de decadencia comercial agravada pola erupción do Vesuvio no 79 d.C. cuxos sismos a danaron, pero mantivo o prestixio da cultura grega que a convertía en atractiva para as elites do Imperio e alí tivo a súa residencia Virxilio [8].


O trazado urbano mantívose nas súas liñas principais, que serían a base da vila medieval, coa caracterización propia dunha cidade romana, con foro no canto da ágora, o templo dos Dióscuros,[9] termas, dous teatros (un deles cuberto ou odeón), acueduto, fontes e cloacas. Produciuse unha expansión progresiva cara ao porto dende o suroeste,[10] mesmo cunha ampliación das murallas en 556 d.C. polo xeneral bizantino Narsés.


Co final do Imperio e o ascenso do cristianismo apareceron os primeiros templos paleocristiáns coma o baptisterio de San Giovanni e a basílica de Santa Restituta, fundada polo emperador Constantino, que foron o xermolo ambos da primeira catedral de Neápolis.



Época medieval |


Despois do breve período baixo o poder dos ostrogodos, que confinaron no 476 ao último emperador Rómulo Augústulo no que fora a suntuosa vila de Lucullus, xa fortificada, na illa de Megaride, Nápoles pasou a órbita do Imperio Bizantino recuperando así a súa identidade grega, cuxa lingua volveu ser equiparada oficialmente co latín. Dende o século VII foi capital do Ducado de Nápoles que, co debilitamento do poder bizantino, rematou sendo independente no século IX. O pazo ducal sobre do antigo pretorio bizantino achábase no que sería o soar da futura universidade federicana. A cidade encheuse das moitas igrexas e mosteiros fundados neste tempo [11].


En 1139 foi conquistada polos normandos, que contaban co apoio papal, pasando a formar parte do seu Reino de Sicilia con capital en Palermo. Estes, ademais de iniciaren a fortificación definitiva do Castelo do Ovo na illa de Megaride, construíron o Castelo Capuano sobre dun anterior castrum bizantino no extremo leste da muralla e ampliaron esta inda máis ao suroeste,[12] a carón do porto, que adquiriu gran relevancia mesmo chegando a pertencer a Liga Hanseática no 1164.


En 1194, non habendo herdeiro normando, apoderouse do trono do reino o emperador do Sacro Imperio Henrique VI Hohenstaufen. O seu sucesor Federico II converteu o Castelo Capuano en residencia real e fundou en 1224 os Studi Generali, a Universidade de Nápoles, que é a universidade laica e estatal máis antiga do mundo.[13]



A capital do Reino de Nápoles |


No contexto das loitas entre güelfos e xibelinos, en 1266 a cidade pasou ás mans do partidario do papa, Carlos I de Anxou, que a converteu na capital dun Reino de Sicilia dividido, orixe do Reino das Dúas Sicilias do século XIX.


Os anxevinos emprenderon deseguida unha labor de ampliación e embelecemento da nova sede real. Como residencia da corte erixiron fóra das murallas e xunto ao porto (que tamén ampliaron cun gran peirao, o Molo Grande) unha nova fortaleza, o Maschio Angioino ou Castel Nuovo no 1282, onde serán invitados Boccaccio, Petrarca e Giotto. Entre o castelo e a muralla, coa nova Porta Petruccia, aparece o Largo delle Corregge, a actual Vía Medina, con pazos nobiliarios e edificios administrativos ademais de hospitais e o arsenal.


Outro castelo, o de Sant’ Elmo, sobre o outeiro do Vomero que domina a cidade, foi erixido no século seguinte. Ao seu carón áchase a Cartuxa de San Martiño.


As murallas foron refeitas na súa metade sur cunha ampliación ao sueste arredor da nova Praza do Mercado, trasladado dende o antigo foro e situado onde se erixe San Lorenzo Maggiore. Tamén dentro dos muros constrúense outras grandes igrexas: San Domenico Maggiore, Santa Chiara, con frescos de Giotto, e principalmente o Duomo, a nova catedral xunto a Santa Restituta e o baptisterio paleocristián ao leste da área do foro.[14]




Nápoles no fin do medievo (Tavola Strozzi, 1473): Castel Nuovo e o Molo (peirao) Grande a carón da vella cidade amurallada.



Desenvolvemento baixo o dominio español |




Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.


En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da Coroa de Aragón. O humanismo renacentista vai ter un foco na corte de Afonso I quen refai o Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso.[15] Un novo recinto de murallas esténdese ata o castelo abarcando xa a área do Largo delle Corregge.[16] A poboación comeza a medrar por mor dunha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara a finais do século.


Nos dous séculos seguintes, baixo o goberno dos vicerreis do Imperio Español, Nápoles mantivo a tendencia de forte crecemento económico e poboacional que a levaron a se converter nunha das maiores cidades de Europa, con 300.000 habitantes, só por detrás de París e Londres. Tamén no cultural continuou a súa ascensión, con nomes coma os de Caravaggio e Ribera o "Spagnoletto", Giordano Bruno, T.Campanella ou Giambattista Vico asociados á Nápoles deste tempo.




Nápoles no século XVI.


O vicerrei Pedro Álvarez de Toledo (1532-1553) foi o artífice da cidade na nova época. Abriu a área urbana cunha nova expansión ao oeste da muralla, con bastións renacentistas, incrementando nun terzo a superficie arrodeada, ata o Castelo Sant’ Elmo, tamén refeito, e o Castelo do Ovo. Coma espiña dorsal da ampliación edificouse unha rúa rectilínea, chamada Vía Toledo na honra do vicerrei, que co tempo foi flanqueada por pazos, que, tanxente á vila medieval (de feito sobre o muro aragonés), serviu de base para a densa extensión reticular coñecida coma os Quartieri Spagnoli ("barrios españois"), en principio para aloxar ás tropas.[17][18][19] Ademais da pavimentación de rúas e a ampliación considerable dos arsenais erixiuse, no comezo da Vía Toledo preto do Castel Nuovo, o pazo do vicerrei onde no século seguinte se erixiría o futuro Pazo Real.[20]


En efecto, no 1600 por encargo do entón vicerrei Fernando Ruiz de Castro Andrade, Conde de Lemos, e con proxecto de Domenico Fontana comezou a obra que vai configurar un dos puntos focais da cidade moderna. Entre a Vía Toledo e o mar, enfrontando o outeiro Pizzofalcone, a fachada porticada do pazo real abriuse a occidente nun novo espazo público nomeado daquela Largo di Palazzo.[21][22][23] No canto dun proxecto tamén de Fontana para ampliar o porto cun segundo gran peirao, que non foi posto en funcionamento ata o século XIX, o fronte costeiro por baixo do pazo foi acondicionado coma porto militar co arsenal do vicerrei no 1578 e unha dársena no 1666.



Capital borbónica |


No século XVIII a cidade vai seguir crecendo cara ao oeste, pola vía Chiaia que parte do Largo di Palazzo rodeando Pizzofalcone, ata o barrio burgués de Chiaia na ribeira; e tamén cara ao norte, co barrio popular ao pé do outeiro de Capodimonte.[24]


Antes de acceder ao trono español, Carlos III de Borbón era monarca dun Reino de Nápoles novamente independente trala Guerra de Sucesión Española e un breve período de goberno austríaco. Coma despois en Madrid, tamén foi un bo "alcalde" para Nápoles. Baixo o seu goberno a cidade acadou o seu cénit como capital europea.[25]


O rei freou a extensión dos bens eclesiásticos e desconxestionou a cidade abatendo parte das murallas. Construíu o xigantesco Albergue de Pobres e a Vila Real de Capodimonte na expansión da cidade cara ao norte.[26][27] mentres no conxunto do xa Pazo Real acaroou o Teatro de San Carlo [28]. Asemade impulsou as escavacións arqueolóxicas de Herculano e Pompeia que deron nacemento ao Neoclasicismo e á fundación polo seu sucesor do Museo Arqueolóxico.




Praza do Plebiscito cara ao outeiro Pizzofalcone; de diante S.Francisco de Paula e a columnata en exedra.




Praza do Plebiscito cara a V. Toledo o Pazo Real á dereita, Pazo da Prefectura en fronte e Castelo Sant’ Elmo no Vomero.


Foi no breve período de ocupación napoleónica, de 1805 a 1815, cando o Largo di Palazzo foi reorganizado coma unha verdadeira gran praza e centro representativo da capital, o Foro Murat, actual Praza do Plebiscito: un monumental hemiciclo columnado coa posterior igrexa de San Francisco de Paula, de estilo neoclásico segundo o Panteón de Roma, coma centro fronte á fachada do Pazo Real.[29][30] Noutro extremo da vila, o amplo baleiro da Praza do Mercado medieval fora reordenado xa a finais do século XVIII cunha proposta semellante inda que a escala moi modesta. Tamén de época napoleónica foi a continuación do eixo de Vía Toledo cara ao norte dende o Museo Arqueolóxico ata Capodimonte, chamada Corso Bonaparte.



O saneamento de Nápoles: os sventramenti |


No final do período borbónico, xa como Reino das Dúas Sicilias, houbo unha labor de modernización, co primeiro ferrocarril italiano en 1839, o novo gran peirao no porto, o Molo de San Vicenzo, a reconstrución do Teatro San Carlo na Praza Trieste e Trento adxacente á do Plebiscito, e unha incipiente industrialización coa cerámica de Capodimonte, que continuou xa dentro do Reino de Italia despois de 1860. As insalubres condicións do casco histórico levaron ao Plan de Risanamento ("resaneamento"), de 1885 a 1914, cuxos obxectivos non foron acadados, pois houbo moita especulación, con inxentes destrucións do patrimonio, os chamados sventramenti ("desventramentos, destripamentos"), e unha manifesta división clasista da cidade.




Galería Umberto I.




O Teatro S.Carlo e a entrada da galería dende a Praza Trieste e Trento.


Así no trazado consolidado abríronse novas estradas para desconxestionar o vello tecido: a Vía Duomo, no trazado grecorromano, e o Corso Umberto I, dende a Praza Garibaldi diante da estación ao leste ata a zona do Castel Nuovo.[31]. Outras arterias permitiron a expansión de novos barrios: o Corso Vittorio Emanuele, rodeando a cidade polo oeste ao pé dos outeiros, facilitou o desenvolvemento dos burgueses barrios de Vomero e Chiaia, coa ribeira entre Pizzofalcone e Mergellina.[32]. No leste, arredor da estación, nunha zona de sempre pantanosa, foron implementados os novos barrios obreiros, Vicaria, Arenaccia e Zona Industriale.[33]


Finalmente, na área nobre da urbe, foi reordenada a Praza Municipio, a carón do Castel Nuovo e o concello [34] e construída a monumental Galería Umberto I fronte ao Teatro San Carlo [35]. Na ribeira leste do Pizzofalcone, xunto ao Castelo do Ovo, en terreos gañados ao mar foi edificado o pequeno Borgo de Santa Lucía.[36][37]



Século XX |


No século XX Nápoles vai quedar relegada ao papel de capital do sur de Italia, o Mezzogiorno, converténdose con diferenza na zona máis atrasada do país, cunha emigración endémica e arraigados problemas de crime organizado que infiltran a vida civil e política.


O desenvolvemento da cidade continuou da man da importancia do seu porto, que experimentou unha constante expansión cara ao leste.[38] Durante o período fascista, precisamente co gallo das ambicións imperialistas do ditador, a cidade foi elixida para a construción da Mostra d’Oltramare (1937), un parque feiral permanente na periferia oeste, en Fuorigrotta, nos Campos Flégreos.


Nápoles resultou moi danada na Segunda Guerra Mundial e a recuperación posterior foi lenta e chea de ilegalidades que incrementaron a conxestión. Dende os anos sesenta o plan de Kenzo Tange para un centro de negocios ao leste da estación que revitalizase a zona e tamén toda a cidade non foi posto en funcionamento ata os anos noventa (Centro Direzionale [39]), e simboliza a esperanza de futuro da vella Neápolis [40].



Notas |




  1. Definición de napolitano - Dicionario da Real Academia Galega


  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para napolitano.


  3. Informe da ONU sobre aglomeracións urbanas (2005), (inglés).


  4. Recreación hipotética de Parténope sobre o Pizzofalcone; á dereita, Megaride [1] Arquivado 21 de decembro de 2010 en Wayback Machine.


  5. Planta de situación de Megaride, Parténope e Neápolis, cos barcos descubertos no porto grecorromano [2]


  6. Recreación de Palépolis (Parténope) e Neápolis no golfo co Vesuvio de fondo [3] Arquivado 21 de decembro de 2010 en Wayback Machine.


  7. "Planta de Neápolis sobre da cidade moderna; (C) a acrópole ". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2006. Consultado o 01 de marzo de 2011. 


  8. Planta de Neápolis en época romana; B.Capasso


  9. Páxina sobre da Neápolis grecorromana; Giulia Grassi


  10. Recreación a vista de paxaro da cidade grecorromana


  11. Mapa interactivo de Nápoles con información pormenorizada da época medieval [4]


  12. Mapa de Nápoles no século XI; B.Capasso


  13. Università degli Studi di Napoli - Federico II


  14. Conxunto do Duomo coa catedral gótica a carón dos templos paleocristiáns, á esquerda [5]


  15. Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal [6]


  16. Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito [7]


  17. . Traza dos Quartieri Spagnoli


  18. Vista de Nápoles cos Quartieri Spagnoli apoiados na Vía Toledo, entre a zona do Largo delle Corregge e o Castelo Sant’ Elmo xunto a Cartuxa de S.Martiño no Vomero[8] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.


  19. Idem detalle


  20. O Pazo Vicerreinal ao comezo da Vía Toledo; Lafrey 1566, detalle


  21. Traza do século XVII coa área do Largo di Palazzo e o aínda novo Pazo Vicerreinal; nótese o desenvolvemento en ámbolos dous flancos de Vía Toledo [9]


  22. Vista do Largo di Palazzo cara á Vía Toledo


  23. "Idem noutra vista, L.Coccorante 1739". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de marzo de 2011. 


  24. Mapa de Nápoles co desenvolvemento do s.XVIII


  25. "Real Casa de Borbón de las Dos Sicilias". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2014. 


  26. Planta de Nápoles de 1790; no extremo norte o gran edificio do Albergo dei Poveri e o Pazo de Capodimonte [10]


  27. Vista de Nápoles dende o leste: o Pazo di Capodimonte no centro arriba, a longa fachada do Albergue (354m) a media ladeira á dereita; Tavola Duca di Noja 1775 [11] Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.


  28. . Planta da área do Pazo Real no século XVIII xa co Teatro de San Carlo; nótese o arsenal vicerreinal e a dársena militar do XVII [12]


  29. Planta do conxunto da Praza do Plebiscito: pechando os laterais foron erixidos dous pazos de fachadas simétricas entre finais do XVIII e 1825 [13]


  30. Vista aérea do conxunto da Praza do Plebiscito


  31. Planta de detalle do trazado do Corso Umberto I 8coñecido coma Rettifilo) [14] Arquivado 11 de marzo de 2012 en Wayback Machine.


  32. Planta de Nápoles coas actuacións na ribeira (tamén trazado do Corso Umberto I e pódese apreciar a perpendicular da Vía do Duomo) [15]


  33. Mapa do Plan de Risanamento de Nápoles cos novos barrios


  34. Vista de época da Praza Municipio[Ligazón morta]


  35. Fotografía dende a Praza Trieste e Trento das fachadas enfrontadas da Galería Umberto I (esquerda) e do Teatro San Carlo; ao fondo Castel Nuovo [16]


  36. Planta da zona de Pizzofalcone co novo Borgo de Santa Lucía


  37. Mapa detallado do centro de Nápoles, 1893


  38. "Planta do Porto de Nápoles". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2013. 


  39. "Variantes do Plano Xeral de 1939 (base do de 1958) ". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2006. Consultado o 27 de xullo de 2013. 


  40. Vista aérea do porto de Nápoles cos rañaceos do Centro Direzionale enriba das vías no centro da imaxe [17]



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Sitio oficial del Ayuntamiento de Nápoles (en italiano) (en inglés).



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nápoles&oldid=5088425"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.620","walltime":"0.792","ppvisitednodes":"value":2163,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":51376,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6490,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":17,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":25933,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":18,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 646.353 1 -total"," 40.73% 263.276 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.62% 107.456 1 Modelo:Listaref"," 12.21% 78.931 2 Modelo:Infobox"," 11.72% 75.757 1 Modelo:Commonscat"," 11.11% 71.807 1 Modelo:Irmáns"," 11.05% 71.446 1 Modelo:Cidade"," 10.47% 67.682 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.05% 64.944 1 Modelo:Sen_referencias"," 9.35% 60.462 2 Modelo:Ifsubst"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.318","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6993696,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1287","timestamp":"20190317062714","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Nu00e1poles","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/N%C3%A1poles","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2634","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2634","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-02-10T22:18:50Z","dateModified":"2019-03-13T08:37:33Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/ca/Flag_of_Naples.svg","headline":"comuna italiana"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":183,"wgHostname":"mw1268"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020