Skip to main content

Marzo na cultura popular galega Índice Crenzas e supersticións | Refraneiro | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne

Etnografía galegaMarzo


gaiofebreirocastiñeiroscarballos












Marzo na cultura popular galega




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.





Pega marza


Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).


Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.




Índice





  • 1 Crenzas e supersticións


  • 2 Refraneiro


  • 3 Notas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía





Crenzas e supersticións |


Crese que a lúa de marzo é a máis indicada para poda-las árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente (Eladio Rodríguez, s. v. lúa). Seméntase na lúa minguante para que naza ben o millo. Tamén na minguante de marzo é cando se debulla o millo para que non colla gorgullos nin quente no saco, así como ese é o momento de enche-lo piorno para que o millo non se bote a perder (Leiro Lois, 41).



Refraneiro |



  • A marzo gabo cando non recacha o rabo [1].


  • A que en marzo velou, tarde acordou [1].


  • A viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril [2][3].


  • Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir [1].


  • Auga de marzo, herbanzo [4].


  • Auga de marzo, pior lixo no pano [4].


  • Auga en marzo, canto o raposo molle o rabo.


  • Cando en marzo chove, i en abril xía, quédase maio feito unha criba [1].


  • Cando febreiro non febreirea, marzo marcea [5].


  • Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo [1][6].


  • Cando marzo abrilea, abril marcea [1].


  • Cando marzo maiea, maio marcea [1][7].


  • Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo [1].


  • Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano [1].


  • Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio [8].


  • Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.


  • Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato [1][9].


  • Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato [10].


  • Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato [11].


  • Cobras en marzo, neve en abril [12].


  • Cobras en marzo, neves en abril.


  • Cóbregas en marzo, neves en abril [1].


  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín [13].


  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín [14].


  • De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado [15].


  • Di o boi: sácame en marzo e verás como pazo [16].


  • Día de san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan [17]


  • Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.


  • Dixo no monte unha vella: 'Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato'. Febreiriño contestou: 'Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro'.


  • Dixo o pastor a marzo: 'mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis'. E marzo respondeu: 'con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir' [1].


  • Domingo de Entroido larafuzán, comícheme a carne, deixácheme o pan [18].


  • En marzo, abrigo e pantrigo [1].


  • En marzo, abrigo, noces e pan de millo.


  • En marzo, abrigo, noces e pan trigo [7].


  • En marzo, abrigo, noces, pan e trigo.


  • En marzo auga que non molle o rabo do gato [1].


  • En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira dá mil [1].


  • En marzo, espigarzo [1].


  • En marzo, espigas catro.


  • En marzo frolecen tódolos campos [1].


  • En marzo hai que saca-la pelica de debaixo do brazo.


  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.


  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán, xa fuxo ó can; en Santa Mariña, xa pillo a galiña, i en agosto, xa son bo raposo[19][20].


  • En marzo, nin o mexo dun rato.


  • En marzo, nin o rabo do burro mollado.


  • En marzo, nin o rabo do gato mollado [1].


  • En marzo, ó abrigo con noces e pan trigo.


  • En marzo, o garabanzal, nin nado, nin por sementar [1].


  • En marzo, o trigo, nin por sementar, nin nado [1].


  • En marzo, pelarzo [7].


  • En marzo, podar e cavar, se queres colleitar [1].


  • En marzo, queima ben a vella o tallo [1].


  • En marzo saca a cabeza o lagarto; i en abril acaba de sair [1].


  • En marzo sai a herba, anque lle dean cun mazo [1].


  • En marzo, se podas un cardo, naceranche catro; i en abril, se cortas catro naceránche mil [1].


  • En san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan.


  • En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa [21]


  • Entre marzo e abril o cuco ha de vir.


  • Entre marzo e abril o cuco, ou a fin.


  • Entre marzo e abril o cuco quere vir.


  • Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e si o cuco faltara a fin do mundo volvera.


  • Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.


  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.


  • Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir [22].


  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir [1].


  • Entre marzo e abril, se non vén o cuco quer vir a fin [23].


  • Entre marzo e abril, se non veu o cuco quer vir a fin [24].


  • Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil [25].


  • Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro [5].


  • Febreiro moliñeiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso [26].

  • Fiandeira ¿que fiache? ¿pra onde fuche? ¿por onde andache que en marzo non blanqueache?


  • Gomo de marzo non vai ao cabazo [27].


  • Líbrame ti da mala veciña que eu te librarei da neve marciña [28].


  • Maio longo, san Xosé redondo.


  • Marzo amola e abril esfola [1].


  • Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor.


  • Marzo é a porta, e abril trai a chave, se está posta [1].


  • Marzo é enganador; un día malo e outro pior [1].




Marzo, espigarzo.



  • Marzo espigarzo [1][7].


  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado [29].


  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, san Xoán curado, na santa Mariña metelo na arquiña [30]


  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña [31]


  • Marzo, espigas catro; abril, espigas mil [1].


  • Marzo gabo, cando non recacha o rabo.


  • Marzo iguarzo [1].


  • Marzo, iguarzo, antes a tres que non a catro.


  • Marzo louco, e abril non pouco [1].


  • Marzo marceado, bota as vellas ó sol, e despois as apedrean.


  • Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol [1].


  • Marzo marceiro, pola mañán cara de can, e pola tarde é falangueiro [1].


  • Marzo marcisco, algús días corisco.


  • Marzo, marzaco, cabeza de gato, de oito bois que tiña deixáchesme catro.


  • Marzo, marzadas: vento, frío, sol e sarabiadas [1].


  • Marzo marzado, cada ovella co seu año [1].


  • Marzo, marzal, déixame o viño trasegar [32].


  • Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can.


  • Marzo, marzán, cara de can [33].


  • Marzo, marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [33].


  • Marzo marzán cara de rosa pola mañán, e pola tarde cara de can [34].


  • Marzo marzán, cara de rosas pola mañán, e pola noite cara de can [1].


  • Marzo marzán, pola mañán cara de can.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de can e pola tarde Xan Barrigán.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de risa, pola tarde cara de can.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de rosa e pola tarde cara de can.


  • Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can.


  • Marzo marzán, polo día a túa cariña de risa e á noite a túa cariña de can.


  • Marzo marzán, polo día a túa cariña de rosa e pola noite a túa cariña de can.


  • Marzo marzola, trebón e raiola [1][7].


  • Marzo marzolas, treboadas e raiolas [1].


  • Marzo, marzoso, pola mañán cara de porco i á serán cara de can [35].


  • Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran [1].


  • Marzo marzote, pola mañán cara de pote; ó mediodía por aí se iría; e pola noite, un serán coma se fora verán.


  • Marzo, nin rabo de gato mollado.


  • Marzo, o viño polo vaso.


  • Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso, fan o ano fermoso [1].


  • Marzo pardo, pouco sol e malo [1].


  • Marzo pardo; San Xoán, craro [1].


  • Marzo pardo, siñal de bo ano [36].


  • Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo, fan fermoso o ano [1].


  • Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio frorido e fermoso [1].


  • Nas tardes de marzo recolle o teu gando.


  • Neve en abril, cobras en marzo [37]


  • Neve marzá, neva de noite, vaise á mañá.


  • Neve marzal vén e vaise pola mañá.


  • Nin frores en marzo, nin muller sin vergonza.


  • Nin marzo con flores nin moza con amores.


  • Nin marzo con flores nin moza sin amores [1].


  • No marzo, abrigo; na eira pantrigo [1].


  • No marzo, abrigo; na eira, pantrigo.


  • No marzo, abrigo, noces e pantrigo.


  • No marzo aínda hai lama no pazo.


  • No marzo hai que saca-la pelica de debaixo do brazo.


  • No mes de marzo e abril o cuco ha de saír, se ós tres meses non volveu é porque morreu.


  • No mes de san Xosé, niño polo pé.


  • Nosa Señora de marzo, Diola traia. Nosa Señora de setembro, Diola deteña [38]


  • O aire e o sol de marzo queima as donas no pazo.


  • Ó cuco san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla.


  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pro meu amo; e o de San Xosé, pro can [39].


  • O que en marzo non fende en abril non estende [40].


  • O que en marzo non poda a súa viña, perde a vindima [14][41].


  • O que en marzo non poda a viña perde a vendima.


  • O que en marzo non poda perde a vendima toda.


  • O que poda por marzo, vindima no regazo [42].


  • O ramo de san Xosé tódolos anos frolez.


  • O sol de marzo queima á dama no pazo.


  • O sol de marzo queima a dona no pazo [43].


  • O sol de marzo queima as donas no pazo.


  • O sol de marzo queima as donas no seu pazo [1].


  • O viño de marzo, lévao a vella no regazo [44].


  • O vento de marzo queima as damas no palacio.


  • O vintecinco de marzo entra a merenda e mailo descanso.


  • O viño de marzo, lévao a vella no regazo [45].


  • Pan pra maio e leña pra abril, e o millor cepón, pra marzo o compón [46].


  • Páscoa marzal, ano de mortandá [47].


  • Páscoa marzal, fame, guerra ou mortandá [47].


  • Páscoa marzal, ou pra moito ben, ou pra moito mal [47].


  • Páscoas marzales, ou famentas ou mortales [33].


  • Poda a viña en marzo e cávaa en maio [48].


  • Poda a viña en marzo, pra cavala en maio [2].


  • Poda en marzo, vindima no regazo [49].


  • Polo san Matías, marzo ós cinco días [50].


  • Polo San Pedro da Cuadrela sae a cóbrega de debaixo da pedra.


  • Por marzo, a cava; por marzo, a poda; por marzo vólvese a viña toda [1].


  • Por san Reimundo a anduriña vén do outro mundo [51]


  • Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vindima [52].


  • Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo [52].


  • Sácame ó marzo, verás como pazo.


  • San Adrián, nin bo gato nin bo can.

  • San Francisco trae a vela, San Xosé lévaa’’ [53].


  • San Reimundo, a anduriña trai do outro mundo.


  • San Reimundo tira a anduriña do outro mundo e san Cebrián vólvea a levar [54].


  • Se en marzo canta a ran, en maio xa calará.


  • Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.


  • Se en marzo ou abril o cuco non vén, quer vir a fin [55]


  • Se entre marzo e abril o cuco non vén, é que o cuco é morto ou a fin quere vir [33].


  • Se entre marzo e abril o cuco non veu é sinal que morreu ou é sinal do fin.


  • Se febreiro non febreirea, marzo, marcea [5].


  • Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou [24].

  • Se marzo maiea e maio marcea, pobres dos pobres que viven na aldea!


  • Se marzo marcea non queda can nin ovella, nin pastor coa súa pelexa, nin o can coa súa carranca, nin o lobo coa súa zanca [56].


  • Se marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año [1].


  • Se marzo requicha o rabo, non queda ovella nin pastor azamarrado.


  • Se marzo retorce o rabo, non queda ovella no monte nin no campo [1].


  • Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar.


  • Se no marzo ves tronar, porpara cubas e lagar [57].


  • Se por marzo canta a ran, no maio xa calará [1].


  • Se por san Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.


  • Se queres ter bo banastro, corta os bimbios no marzo.


  • Se queres ter un bo banastro, curta os bimbios en marzo.


  • Se trobexa por san Rosendo, inda temos inverno [58]


  • Sol de marzo queima as donas no pazo [43].


  • Sol de marzo, sol de mazo [43].


  • Tanto dura a mala veciña coma a neve marciña.


  • Tardes de marzo, recolle o teu gando [1].


  • Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.


  • Vindima no regazo, aquel que poda en marzo [52][59].


  • Vindima no regazo aquel que poda por marzo [59].


  • Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano formoso [60].


Notas |




  1. 1,001,011,021,031,041,051,061,071,081,091,101,111,121,131,141,151,161,171,181,191,201,211,221,231,241,251,261,271,281,291,301,311,321,331,341,351,361,371,381,391,401,411,421,431,441,451,461,471,481,491,501,511,521,53 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.


  2. 2,02,1 Eladio Rodríguez González, s. v. viña.


  3. Refraneiro do viño, 43. No orixinal: do bo amo.


  4. 4,04,1 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.


  5. 5,05,15,2 Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.


  6. Refraneiro do viño, 35.


  7. 7,07,17,27,37,4 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.


  8. Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.


  9. Rosario Soto Arias 2013.


  10. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.


  11. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: d’un.


  12. Real Academia Galega 1913, s. v. abril.


  13. Refraneiro do viño', 51.


  14. 14,014,1 Eladio Rodríguez González, s. v. podar.


  15. Eladio Rodríguez González, s. v. muller


  16. Eladio Rodríguez González. s. v. boi.


  17. Santo Adrián celébrase o 5 de marzo.


  18. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Entroydo, Larafuzan, comicheme, deyxacheme.


  19. Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v.marzo.


  20. Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No texto: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, ja son.


  21. San Francisco, 4 de outubro.


  22. Eladio Rodríguez González, s. v. cuco. No orixinal: sai.


  23. Eladio Rodríguez González, s. v. abril; s. v. marzo.


  24. 24,024,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.


  25. Eladio Rodríguez Gonzále<, s. v. espiga.


  26. Chaman moliñeiro ó tempo nuboso, no que chove pouco pero persistentemente. Elixio Rivas Quintas (1978).


  27. Refraneiro do viño, 52. O cabazo, ademais de ser un hórreo de vergas, é unha medida de capacidade para líquidos equivalente a dezaseis litros (sin. cántara, cántaro, ola).


  28. A neve en marzo derrétese axiña, pero é imposible librarse das malas veciñas.


  29. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan


  30. Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.


  31. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan, ayriña.


  32. Refraneiro do viño, 52.


  33. 33,033,133,233,3 Elixio Rivas Quintas (1978).


  34. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: cán.


  35. O libro do porco, 37.


  36. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. No orixinal: prado, erro por pardo


  37. Eladio Rodríguez González, s. v. abril.


  38. A Nosa Señora de Marzo é o 25 deste mes, día da Anunciación; a Nosa Señora de Setembro, o día 8, día da Natividade. O refrán refírese á merenda, que comeza en marzo mentres que en setembro acaba o tempo de merendar. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: Dio-la.


  39. Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.


  40. Quere dicir que se en marzo non se aran e se preparan ben as terras, cando chega o momento de sementa-lo millo, en abril, mal se poderá facer este labor. Refrán recollido en Meis. Fonte: Eugenio Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano, ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995.


  41. Refraneiro do viño, 53.


  42. Marcial Valladares Núñez (1884).


  43. 43,043,143,2 Eladio Rodríguez González, s. v. sol.


  44. Juan Sobreira Salgado: 'Papeletas.


  45. Juan Sobreira Salgado.


  46. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.


  47. 47,047,147,2 Eladio Rodríguez González, s. v. Páscoa.


  48. Refraneiro do viño, 53. No orixinal: cávala.


  49. Refraneiro do viño, 53.


  50. San Matías celebrábase o 24 de febreiro pero o cambio litúrxico levouno ó 14 de maio, co que o refrán perdeu o seu sentido. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.


  51. San Reimundo é o 7 de xaneiro, pero este refrán refírese a San Reimundo Fitero, que se celebra o 15 de marzo.


  52. 52,052,152,2 Refraneiro do viño, 55.


  53. Lino Lema Bouzas, 9.


  54. San Reimundo Fitero, 15 de marzo, época na que comezan a aparece-las andoriñas; San Cibrao, 16 de setembro.


  55. Crese que se non vén o cuco nestes meses haberá grandes desgrazas. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.


  56. A carranca é un colar ancho de coiro con pugas de ferro que se lles pon aos cans para defendelos das mordeduras doutros cans ou do lobo.


  57. Refraneiro do viño, 36.


  58. San Rosendo, 1º de marzo.


  59. 59,059,1 Eladio Rodríguez González, s. v. vindimar.


  60. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Janeyro giadeyro, febreyro escarabanadeyro, marzo amoroso, abril chuvioso, mayo ventoso, San Joan caloroso, que fay o ano formoso.



Véxase tamén |



Bibliografía |



  • ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972.

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.

  • ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968.


  • FERRO RUIBAL, Xesús (Dir.) et al.: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.

  • FERRO RUIBAL, Xesús, Refraneiro galego básico, Galaxia, Vigo, 1987.


  • ESMORÍS RECAMÁN, Federico: "Refranero fisterrán" en Cuaderno de Estudios Gallegos 14, 42, 1959.


  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.


  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor. Lugo 1977.

  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.


  • REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.


  • RIELO CARBALLO, Isaac: Cancioneiro da Terra Cha (Pol). Ed. do Castro, Sada 1980.


  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978.

  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.


  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia. Vigo 1958-1961.


  • RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974.


  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.

  • Mª Rosario Soto Arias: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.


  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.


  • ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares gallegos. Galaxia, Vigo 1972.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Marzo_na_cultura_popular_galega&oldid=5012348"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.324","walltime":"0.363","ppvisitednodes":"value":1996,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":23424,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":9,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":7,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":41798,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 136.183 1 -total"," 54.88% 74.731 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 23.76% 32.362 1 Modelo:Listaref"," 21.21% 28.882 1 Modelo:Etnografía_galega"," 18.88% 25.717 1 Modelo:Navbox"," 1.57% 2.133 1 Modelo:Column-count"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.057","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1296200,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1306","timestamp":"20190315102613","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":144,"wgHostname":"mw1246"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020