Skip to main content

Carolina Casanova Índice Traxectoria | Características | Repertorio | Homenaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Ferrol retrospectivo""El intérprete pasó de la academia de canto a los barcos""Carolina Casanova Rodríguez""Carolina Cepeda""CAROLINA CEPEDA""Cuando Gayarre era Giuliano""PROVINCIAS""Carolina Cepeda""CRÓNICA NACIONAL""TEATROS""NOTICIAS GENERALES""TERCERA EDICIÓN""TERCERA EDICIÓN""La historia del Teatro Real""1864-1873""Mercante di Venezia, Il"o orixinal"CAROLINA CASANOVA DE CEPEDA: DO “COVENT GARDEN” A CULLEREDO""Aida"Conmemoración del centenario del estreno absoluto de "Aida" de Guiseppe VerdiO Real Theatro de S. Carlos de LisboaThe operatic age of Jean de Reszke. Forty years of opera 1874-1914"ECOS DE TODAS PARTES""TEATROS""CORREO EXTRANJERO""Hemeroteca""NOTICIAS LOCALES""EL PERSONAJE"o orixinal"JULIÁN GAYARRE. BIOGRAFÍA CRONOLÓGICA"o orixinal"Crónica""Carolina de Cepeda""Emilia Calé Torres Sanjurjo e Culleredo: dous poemas dedicados a Rosalía de Castro e Carolina Casanova"Mariano Rodríguez de Ledesma Colección de cuarenta ejercicios o estudios progresivos de vocalización (París, 1828c)"Carolina Casanova de Cepeda, una soprano ferrolana en el mundo de la ópera"XX1522632

Nados en FerrolNados en 1847Finados en 1910Sopranos de Galicia


10 de xaneiro1847ferrolánbarrio de EsteiroMadrid8 de febreiro1910sopranogalegaséculo XIXEuropaTeatro alla ScalaMilánTeatro San CarloNápolesRoyal Opera HouseLondresCiro PinsutiEscola Nacional de Música e DeclamaciónEntroido10 de xaneiro1847barrio de EsteiroFerrol1840185318521853Teatro Filarmónico1863Teatro da ZarzuelaJulián GayarreLuis Rodríguez Cepedacompositordirector de orquestra1866Palma de MallorcaRomaParísAuteuil21 de abril1869Teatro PrincipalValenciatenoresbarítonosbaixosGiuseppe VerdiGiacomo MeyerbeerCaldes d'EstracGran Teatre del LiceuMarià ObiolsAmérica LatinaNorte de EuropaCosta RicasuecaGotemburgo18691870ParísBrasilEuropaItaliaAvellinoSueciaBrasilDinamarcaPerúChileArxentinaUruguaiTeatro Imperial do BrasilTeatro PrincipalLimaTeatro SolísMontevideo1872RossiniVerdiBelliniDonizetti1871Adelina PattiCovent Garden1870Madrid1873MadridTeatro Nacional da ÓperaVincenzo BelliniGiuseppe VerdiFilippo Marchettiaria1885ItaliaConservatorio de MadridTeatro Dal VermeMilán8 de novembroóperaCiro PinsutiTeatro ComunaleBoloña5 de decembroAchille MontuoroGiuseppe VerdiTeatro ImperialVarsovia1876Teatro RegioParmadirector de orquestraFranco FaccioHumberto de SavoiaMargarida Teresa de SavoiaGran Teatre del LiceuBarcelonaTeatro CircotenorFrancesco Tamagno25 de febreiro1877CairoJulián GayarreLisboaReal TeatroportuguesaFromental HalévyDonizettiGounod1878Frederick GyeRoyal Opera HouseLondres1879Adelina PattiMeyerbeerWagnerMozartVincenzo BellinitenornavarroJulián GayarreHabanaGalicia ModernaRusia1878Teatro ImperialSan Petersburgo1879Emilio Arrieta1880Teatro San CarloNápolesMilánTeatro alla Scala1887lombarda1930El Correo Gallego11 de febreiro1880188182Gran Teatre del LiceuEl Correo Gallego5 de outubro18811884MoscovaParísAlexandre Dumas1889Isabel IICoruñaVilaboaCulleredo1886Giuditta PastaExposición Universal de 1888Julián GayarrenavarroBilbaoBizetMadridSantanderóperaTomás BretónTeatro da Zarzuelaxénero chico1891Teatro Nacional São JoãoPortoRibera de CurtidoresTeatro do Príncipe AlfonsoEmilio ArrietaToledoAlmería14 de xullopesetas1892Barbieri1895tenorMiguel Campo HerbellaRúa de ValdeorrasourensánRúa1860Tomás Bretón1910reúma8 de febreiro1910MadridConservatoriocapela ardenteTomás BretónEntroidoSacramental de San XustoFederico ChuecaRuperto ChapíJorge Ronconi1869Giulia Grisiséculo XIX186913 de xullo1878Giuditta PastaEnrique Sánchez TorresGiacomo MeyerbeeritalianaBilliniMeyerbeerVerdiMarchettiCharles GounodMozartWagnerRossiniDonizettiMontuoroHalévyBoitoTomás BretónBaíaBrasil1868coruñesaEmilia CaléEmilia Quintero Calé1885VilaboaCulleredoMadrid1905










Este é un artigo de calidade da Galipedia



Carolina Casanova




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





















Carolina Casanova

Carolina Casanova de Cepeda 1.jpg
Fotografía de Carolina Casanova.

Nome completoMaría Carolina Casanova de Cepeda
AliasA Cepeda
Nacemento
10 de xaneiro de 1847
Orixe
Ferrol, Galiza Galiza
Falecemento
8 de febreiro de 1910 (63 anos)
Madrid, España España
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
Firma de Carolina Casanova de Cepeda 1892.svg
[ editar datos en Wikidata ]

Carolina Casanova Rodríguez,[a] máis coñecida como Carolina Casanova de Cepeda ou simplemente como «La Cepeda»,[b] nada o 10 de xaneiro de 1847 no ferrolán barrio de Esteiro e finada en Madrid o 8 de febreiro de 1910, foi unha soprano galega, considerada como unha das mellores sopranos da segunda metade do século XIX. Foi unha das primeiras sopranos españolas en acadar renome en Europa.[3]


Ao longo da súa carreira Carolina Casanova actuou nalgúns dos teatros de ópera máis prestixiosos do mundo, como o Teatro alla Scala de Milán, o Teatro San Carlo de Nápoles, ou a Royal Opera House de Londres, tendo realizado estreas mundiais como a de Il mercadante di Venezia de Ciro Pinsuti. Logo de deixar a súa carreira concertística exerceu como profesora na Escola Nacional de Música e Declamación (actualmente denominado Real Conservatorio Superior de Música de Madrid), onde formaría a futuras personalidades importantes do mundo da ópera española.


No momento da súa morte, durante as festividades do Entroido, o Conservatorio abriu as súas portas para que alumnado e profesorado do centro puideran darlle a última homenaxe, e algúns xornais cualificaron a súa como «unha perda irreparable» para a arte española.




Índice





  • 1 Traxectoria

    • 1.1 Primeiros anos e formación


    • 1.2 Primeiras xiras


    • 1.3 Debut no Teatro Real


    • 1.4 Éxito internacional


    • 1.5 Últimos concertos e profesora


    • 1.6 Últimos anos e morte



  • 2 Características


  • 3 Repertorio


  • 4 Homenaxes


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Bibliografía





Traxectoria |



Primeiros anos e formación |


María Carolina Casanova Rodríguez naceu o 10 de xaneiro de 1847 no barrio de Esteiro, Ferrol,[4][c] sendo a cuarta filla do matrimonio de Rosa Rodríguez da Veiga e Luis Casanova Pérez,[5] home do que se descoñece a profesión exacta existindo diferentes versións, a máis probable é que fose carabineiro de Facenda, un corpo creado para vixiar o litoral e loitar contra a fraude e o contrabando.[4] Polos padróns de 1840 a 1853 sábese que na súa infancia residiu na rúa de San Nicolao e non na de San Carlos, como indican algúns documentos. Tamén se deduce dos padróns ferroláns que o seu pai estivo destinado noutras cidades, e podemos coñecer a data aproximada da súa morte grazas aos mesmos, xa que en 1852 se recolle que a súa nai era viúva[4][d] Pouco se sabe dela ou da súa familia ata a adolescencia, tan só que deberon abandonar Ferrol arredor de 1853, xa que a familia non figura no padrón da cidade ese ano, posiblemente por terse trasladado ao domicilio dalgunha das súas irmás.[6]


Da formación musical de Carolina Casanova non se coñece nada ata a súa adolescencia, cando estudou solfexo co mestre Francisco Piñeiro, músico maior do Departamento de Mariña de Ferrol e director do Teatro Filarmónico.[6] Foi precisamente neste teatro cando a soprano ferrolá debutou en 1863, cando tiña tan só 16 anos.[5] Este debut produciuse casualmente, xa que Piñeiro precisaba cubrir a ausencia da súa primeira tiple e presentáronlle a moza, que daquela xa tiña fama de posuír unha boa voz aínda que nunca cantara en público. Logo do éxito obtido esa función, o propio Piñeiro entregoulle dúas das coroas de flores que recibiu, dicíndolle:[7][8]






Todas as noites antes de deitarse contemplará vostede ben estas coroas, que recibiu sen merecelas; vostede posúe dotes suficientes para chegar algún día a obtelas ben merecidas. Ánimo e constancia.

Por mediación do propio Piñeiro, que xa velaba polo futuro musical da rapaza, conseguiu un papel como soprano nunha compañía de ópera que visitou a cidade, dirixida por Macucci, quen accedeu a incorporala á súa compañía e acolleuna baixo a súa protección e a da súa muller.[9] Poucos meses despois presentouse con esa mesma compañía no Teatro da Zarzuela,[5] onde comezou destacar neste xénero.[2] No teatro madrileño traballaba como corista un daquela novísimo Julián Gayarre,[10][e] e posiblemente fora tamén en dito teatro onde a soprano coñeceu o que sería o seu marido, Luis Rodríguez Cepeda, un compositor e director de orquestra e coros,[2] que practicamente duplicaba a idade da soprano ferrolá.[5]


Aínda que se descoñece a data exacta na que casaron, no exemplar de decembro de 1866 da Revista de Bellas Artes Carolina xa aparece citada como «señora Cepeda» ao aparecer citada como tiple contratada para a compañía lírica de Palma de Mallorca.[11] Carolina Casanova continuou a súa formación en Roma, onde estudou arte dramática, e en París, onde realizou estudos de solfexo e canto, residindo a familia durante varias tempadas en Auteuil, nas proximidades de París. Foi precisamente na capital francesa onde o día 21 de abril de 1869 naceu o primeiro fillo do matrimonio, Luís.[12]



Primeiras xiras |




O Teatro Solís de Montevideo, que Carolina Casanova estivo vinculada durante varios meses en 1872 e onde deixaría unha especial pegada.


Logo dun aplaudido debut profesional en Palma de Mallorca[13] foi contratada polo Teatro Principal de Valencia.[12] Desta nova fíxose eco a revista madrileña La Escena, que sinala que o teatro valenciano reunira «un persoal, tanto para as funcións ordinarias como extraordinarias, como nunca tiveron en Valencia». Carolina Casanova foi unha das catro prime-donne coas que contou o teatro, que contou ademais con tres tenores, dous barítonos, dous baixos e sete partes secundarias.[14] En Valencia cantou, entre outras obras, Un ballo in maschera de Giuseppe Verdi e Robert le diable de Giacomo Meyerbeer, antes de dirixirse aos baños de Caldes d'Estrac co seu home.[12] Ese mesmo ano tivo o seu primeiro contacto co Gran Teatre del Liceu ao participar nun concerto con alumnos do mestre Marià Obiols.[15]


Axiña o matrimonio iniciou unha longa xira por América Latina e o Norte de Europa.[15] Logo de percorrer os principais teatros de América, con grande éxito en Costa Rica, en 1869, onde o público a acompañou á súa residencia ovacionándoa,[16] a soprano ferrolá actuou con éxito na cidade sueca de Gotemburgo, como sinalaba o xornal La Iberia na súa edición do 26 de outubro de 1869,[17] e uns meses máis tarde, en abril de 1870, outro xornal madrileño, La Época, sinalaba os eloxios que recibira en París unha Carolina Casanova recentemente chegada do Brasil,[18] se ben é probable que o matrimonio levase tempo xa en Europa.[15] Ese mesmo ano hai referencia tamén a unha estadía en Italia, cantando en Il Trovatore de Verdi en Avellino.[19]


Durante estas primeiras xiras a soprano galega actuou, ademais de en Suecia e no Brasil, en Dinamarca, Perú, Chile, Arxentina ou Uruguai, en destacados teatros latinoamericanos como o Teatro Imperial do Brasil, o Teatro Principal de Lima, ou o Teatro Solís de Montevideo. Foi precisamente neste último teatro onde Carolina Casanova deixou unha especial pegada, polo que sería lembrada aínda despois de décadas do seu paso polo escenario montevideano con nostalxia pola prensa musical da cidade como o xornal Montevideo Musical. No Teatro Solís permaneu unha longa tempada, canto menos entre abril e setembro de 1872, e onde cantou Il barbiere di Siviglia de Rossini, La traviata, Rigoletto e Un ballo in maschera de Verdi, Norma e La sonnambula de Bellini, e Linda di Chamounix e Poliuto de Donizetti.[15] Tamén se ten constancia da chegada de Carolina Casanova ao Perú, onde debutou con éxito cantando La traviata de Verdi en maio de 1871, e posteriormente uniuse á compañía de ópera italiana xunto coa soprano Adelina Patti, coa que anos despois coincidiu no Covent Garden.[15][f]


Nesta época de xiras naceu ademais a segunda filla de Carolina Casanova, Luísa, o día 4 de xuño de 1870 en Madrid.[12]



Debut no Teatro Real |




O Teatro Nacional da Ópera (actualmente Teatro Real) en 1860. Carolina Casanova debutou no teatro madrileño con Norma en 1873, tendo unha acollida desigual da crítica. Non volvería ata 1885.


A principios de 1873 a soprano regresou a España. En febreiro dese ano o xornal madrileño La Correspondencia de España recolle a chegada de Carolina Casanova, xunto co seu marido, a Madrid, salientando o éxito recollido no estranxeiro formando parte das compañías italianas coas que traballou, e dá mostra do interese do público madrileño pola soprano ferrolá:[20]






Os intelixentes desexan que a empresa do noso teatro da Ópera lles proporcione o placer de escoitar tan celebrada artista, segundo a prensa estranxeira e americana.

Cómpre salientar que xa nesta época o nome de Carolina Casanova aparece en primeiro lugar, o que implicaría que fose xa máis coñecida que o seu marido.[20] Poucos meses despois, o 27 de abril dese mesmo ano, o mesmo xornal refírese a Carolina Casanova como prima donna do teatro da Ópera.[21]


Ese mesmo ano, cando estaba a finalizar a tempada do Teatro Nacional da Ópera[g] foi contratada polo señor Robles para actuar en dito teatro. Debutou o día 12 de marzo con Norma, de Vincenzo Bellini, repetindo os días 13 e 18 dese mesmo mes. Tamén participou nas representacións de La traviata de Giuseppe Verdi os días 23 e 25, así como na estrea da ópera de Filippo Marchetti Ruy Blas o día 29, repetindo tamén o 30 de marzo e o 1 e 2 de abril.[23]


A prensa da capital de España estivo dividida respecto do debut da cantante ferrolá. Mentres que xornais como Galicia Moderna, La Iberia e La Época se fan eco do triunfo no escenario madrileño, sinalando este último que despois da interpretación da aria «Casta Diva» foi chamada dúas veces a escena, outras críticas na prensa da época, pola contra, non foron tan positivas: a Crónica da ópera italiana de Luis Carmena y Millán cualificou as actuacións de Carolina Casanova como «mal éxito», aínda que a crítica máis dura foi a publicada en La Moda elegante polo Marqués de Valle-Alegre:[23]






...parece que a bela artista entusiasmou os chilenos e peruanos... pero nós, que temos oído no papel da sacerdotisa druida á Lagrange, á Penco, á Gazzaniga e á Ferni, non puidemos chegar ao grao de exaltación daqueles pobos, que deron serenatas e que conduciron en triunfo á diva... A Cepeda poderá ocupar un honroso posto no teatro da Ópera, mais non o principal...

Sexa como for, a soprano non volveu cantar no Teatro Real ata o ano 1885, tamén na representación de Norma, precedida dunha prestixiosa carreira internacional. Posteriormente ese ano marchou a Italia, non sen antes actuar no Teatro Jovellanos e no Conservatorio de Madrid.[23]



Éxito internacional |




En 1876 Carolina Casanova cantou o Réquiem de Verdi baixo a dirección de Franco Faccio nunha homenaxe ao compositor en Parma.


Sábese que en setembro de 1873, Carolina Casanova se encontraba en Italia, onde tivo unha cálida acollida no seu debut no Teatro Dal Verme de Milán.[23] O 8 de novembro interpretou o papel de Porzia na estrea da ópera de Ciro Pinsuti Il mercante di Venezia no Teatro Comunale de Boloña,[24][25] escenario ao que regresou pouco tempo despois, o 5 de decembro dese mesmo ano.[24] En xaneiro do ano seguinte participou nas representacións de Il re Manfredi de Achille Montuoro e Un ballo in maschera de Giuseppe Verdi.[23]


Nestes anos coñécese tamén da súa presenza no Teatro Imperial de Varsovia en canto menos dúas tempadas, nas que realizou a estrea de Aida no papel principal.[26][27]


En 1876 a soprano ferrolá foi contratada para cantar a Misa de Réquiem de Verdi no Teatro Regio de Parma nun acto no que se lle entregou ao compositor a medalla de ouro pola composición. A obra foi dirixida polo director de orquestra italiano Franco Faccio e ao concerto asistiron o que sería rei de Italia, Humberto de Savoia, xunto coa súa dona, a princesa Margarida Teresa de Savoia.[26]


Ese mesmo ano, de volta en España, produciuse o debut de Carolina Casanova no Gran Teatre del Liceu de Barcelona. A soprano xa cantara na cidade condal o ano anterior no Teatro Circo. No Liceu actuou entre decembro de 1876 e marzo de 1877, salientando a estrea no teatro barcelonés de Aida de Verdi xunto co tenor italano Francesco Tamagno o 25 de febreiro de 1877, seis anos despois da estrea mundial no Cairo.[28][29][30][h] Con todo, foi a súa segunda tempada en Barcelona a máis destacada, interpretando unha moi aplaudida Lucrezia Borgia xunto con Julián Gayarre.[30] Ao mesmo tempo, a soprano ferrolá presentouse en Lisboa coa compañía lírica do Real Teatro. No teatro da capital portuguesa debutou con L'Ebrea[i] de Fromental Halévy, cantando tamén en Maria di Rohan de Donizetti, Faust de Gounod, Il trovatore, Ernani, Un ballo in maschera ou Aida de Verdi.[31][32]




A Royal Opera House de Londres, onde Carolina Casanova cantou dúas tempadas en 1878 e 1879.


En 1878 formou parte da Royal Italian Opera, a compañía dirixida por Frederick Gye, na Royal Opera House de Londres. O éxito desta primeira tempada levou a Carolina Casanova a actuar de novo no Covent Garden en 1879, alternando nesta segunda tempada con Adelina Patti, interpretando papeis dramáticos en Les Huguenots e Robert le diable de Meyerbeer, Tannhäuser de Wagner, Lucrezia Borgia de Donizetti, Don Giovanni e Le nozze di Figaro de Mozart e Norma de Vincenzo Bellini. A prensa londiniense da época salienta o trato do público, e como a soprano ferrolá mantiña a súa posición no favor do público, como The Musical Times, que en agosto dese ano se refería á cordialidade do público durante toda a tempada. Nestas dúas tempadas a soprano ferrolá compartiu escenario co tenor navarro Julián Gayarre,[33][34] con quen actuaría en numerosas ocasións ao longo da súa carreira.[30] A segunda tempada londiniense finalizou con Norma, sobre a que Julio Enciso escribiu para o xornal vasco editado na Habana Ir-rac-bat, e que recolleu tamén Galicia Moderna:[34]






... foi a coroa artística que rematou a gloria de Carolina Cepeda, conquistándoa o título de célebre segundo a opinión da prensa e do público.

Nesta mesma época encóntranse referencias á presenza de Carolina Casanova en Rusia en outubro de 1878, cando Crónica musical recolle a súa participación na compañía do Teatro Imperial de San Petersburgo cantando Aida.[35] A prensa española do momento fíxose eco do éxito da soprano ferrolá en Rusia. O xornal madrileño La Época, o nove de xaneiro de 1879, sinala a ferrolá como unha das primas donnas da compañía e apunta que a soprano galega é considerada pola prensa rusa como unha «artista de primeira orde», recibindo cada noite «máis de vinte chamadas a escena» e adianta a presenza na tempada de primavera e verán no Covent Garden.[36] Amais, Carolina Casanova sumou nesta etapa ao seu repertorio Don Giovanni de Mozart, e interpretou tamén Marina e tres novas pezas do compositor navarro Emilio Arrieta en Londres e posiblemente tamén en San Petersburgo.[35]


Nos primeiros anos da década de 1880 a prensa española fíxose eco novamente da presenza da soprano ferrolá en Italia, onde o xornal madrileño Crónica de la música sinala que fora contratada en 1880 polo Teatro San Carlo de Nápoles para cantar en Aida e Lohengrin,[37] cantando 26 veces no teatro napolitano,[38] e recollendo un notable éxito segundo informa a prensa da época. O ano seguinte Carolina Casanova regresou a Milán, desta vez para cantar no Teatro alla Scala, onde recibiu unha sonora ovación logo da representación de La traviata, segundo relatou a prensa da época, que afirmou tamén que recibiu unha serenata por parte da orquestra do teatro e foi acompañada á saída do teatro por numeroso público, se ben non foi ata 1887 cando volveu ao teatro da capital lombarda.[19] En 1930 El Correo Gallego lembraba unha das últimas representacións da tempada de outono o 11 de febreiro de 1880 en San Petersburgo, na que a soprano ferrolá[j] interpretou o papel principal en Lucrezia Borgia, recibindo unha sonora ovación e sendo chamada ao palco dos tsares.[1]




Gravado de Carolina Casanova na revista Sporting & Dramatic, coincidindo cunha das actuacións da soprano no Covent Garden.


Na tempada 1881-82 formou parte da compañía lírica italiana que funcionaría no Gran Teatre del Liceu na primeira parte da tempada como Prima donna assoluta soprano drammatica.[39]El Correo Gallego apuntaba no seu número do 5 de outubro de 1881 que a tempada de inverno reportaríalle á diva ferrolá unha suma de 45 000 duros.[40]


Carolina Casanova parecería que regresou a Rusia en 1884, despois de asinar un contrato para cantar en Moscova logo de finalizar a tempada no Liceu e cantar en París Lucrezia Borgia no dobre debut xunto con Julián Gayarre, que contou entre as persoas asistentes co escritor Alexandre Dumas, e que foi moi aplaudido. A diva ferrolá viviu moitas tempadas na capital francesa, ao estar contratada no seu teatro italiano, e a prensa española da época fixo referencia con frecuencia ás súas viaxes a París ao finalizar actuacións ou xiras.[35] A prensa española da época informa ademais dalgúns datos curiosos da vida da soprano ferrolá en París, como os recollidos en 1889 por xornais como La Monarquía ou La Correspondencia, que salientan a súa presenza nas reunións íntimas que a raíña Isabel II ofrecía no seu palacio parisiense, e nas que segundo indicaban os medios, Carolina Cepeda era aplaudida con entusiasmo pola aristocracia que acudía aos seus salóns, e especialmente pola monarca española.[41] No ano 1884 o xornal madrileño La Correspondencia de España sinala a presenza de Carolina Casanova e Gayarre na Coruña, se ben se descoñece se cantaron na cidade herculina. Nesta época era habitual atopar notas na prensa nas que se recollía a presenza da soprano ferrolá en Vilaboa (Culleredo), un lugar que frecuentaba a burguesía e certa aristocracia para os retiros de verán, e onde adquirira unha casa na que pasaba tempadas acompañada da súa familia.[42]


En 1886 volveu ser contratada polo Covent Garden, e ao ano seguinte La Correspondencia fíxose eco de que a soprano ferrolá fora contratada por cuarta vez polo teatro londiniense, no que cantaría, entre outros títulos Semiramide, que regresou ao Teatro Imperial de San Petersburgo, inaugurando a tempada de outono e entroido coa ópera Norma. A interpretación valeulle un novo éxito e o crítico do Diario de San Petersburgo chegou a comparala en moitos aspectos con Giuditta Pasta, considerada no momento a Norma modelo. O crítico ruso afirmaba:[43]






Di a frase In mia mano al fin tu sei como mellor non se pode imaxinar e en todo o final está nunha sublimidade sen igual, tanto no sentimento daquelas belísimas frases, como na razoada e eficacísima acción coa que acompaña a situación dramática e a paixón daquel terrible momento

A tempada 1887-88 foi a última na que Carolina Casanova actuou no Liceu, coincidindo coa Exposición Universal de 1888. Aló foi de novo a «mellor» Valentina en Les Huguenots en maio, e en xuño Lohengrin e finalmente Lucrezia Borgia.[30]



Últimos concertos e profesora |




Retrato de Julián Gayarre. A morte do tenor navarro, unida á do seu marido Luis de Cepeda, puido ser un dos detonantes do retiro dos escenarios de Carolina Casanova.


A pesar de que Carolina Casanova aínda estaba en plenas facultades, a partir de 1889 foi reducindo a súa actividade concertística ata que arredor de 1893 se retirou dos escenarios. Mercedes Puyol apunta a dous factores que puideron desembocar na súa retirada dos escenarios para pasar a dar clase, as mortes de Julián Gayarre primeiro, e logo a do seu marido.[44]


A soprano ferrolá mantivera unha frutífera relación profesional co tenor navarro, e posiblemente tamén de amizade. Logo de cantar xuntos en Bilbao, en decembro de 1889 Gayarre enfermou e sufriu un esvaemento en pleno escenario do Teatro Real mentres cantaba Les Pêcheurs de Perles de Bizet o 8 de decembro. Poucos días despois, o 2 de xaneiro de 1890, falecía en Madrid.[44][45][46] Pouco despois de que Gayarre caera enfermo, o seu marido morreu de xeito inesperado o 15 de decembro. En marzo dese mesmo ano Carolina Casanova solicitou unha praza para ensinar canto na Escola Nacional de Música e Declamación, xa que un dos seus profesores, Jorge Ronconi, acababa de falecer. A soprano fixo valer os seus méritos e nuha carta dirixida ao director xeral de instrución pública, posiblemente o director afirma que os méritos alegados son certos e manifesta que a considera apta para desempeñar a cátedra. Con todo, aínda tería que agardar para conseguir unha resposta por parte do conservatorio madrileño.[47]


Logo dos tráxicos sucesos, Carolina Casanova presentouse en Santander para cantar a ópera de Tomás Bretón Los amantes de Teruel en abril, antes de regresar a Madrid para a tempada de outono. Na capital de España regresou ao Teatro da Zarzuela, que daquela se encontraba nun proceso de mudanza cara á ópera italiana logo de deixar o xénero chico por protestas dos medios, onde cantou de novo Lucrezia Borgia con grande éxito.[47]


En 1891 cantou Norma e Les Huguenots no Teatro Nacional São João do Porto e participou nun concerto benéfico a favor das persoas damnificadas polo lume en Ribera de Curtidores no madrileño Teatro do Príncipe Alfonso en presenza da familia real española, e uns meses despois nun concerto organizado polo Conservatorio, daquela dirixido por Emilio Arrieta, para colaborar na reparación dos danos producidos nas inundacións en Toledo e Almería. Foi o 14 de xullo dese mesmo ano cando a soprano ferrolá recibiu a resposta do Conservatorio, sendo nomeada interina e tomando posesión ao día seguinte.[47] Carolina debeu conseguir a súa praza polos méritos presentados e non por superar un exame, como pode deducirse dun documento oficial no que a frase «practicou os exercicios con nota de» e no seu lugar aparece escrito a man «foi nomeada por concurso».[48] O xornal barcelonés La Dinastía referiuse ao seu nomeamento nos seguintes termos:[49]






Foi nomeada profesora de canto da Escola Nacional de Música e Declamación, a célebre tiple dramática española dona Carolina Casanova de Cepeda.

Consideramos acertadísimo este nomeamento, que vén ser xusto premio ao talento indiscutible dunha eminente artista española. Indudablemente gañará moito a ensinanza en dita escola, con tan boa mestra.




La Dinastía, 22 de xullo de 1891 (tradución do orixinal)




Primeira páxina dunha carta de Carolina Casanova a Barbieri.


Con todo, o salario recibido foi de tan só 2 000 pesetas anuais, dous terzos menos da dotación da cátedra. Carolina Casanova decidiu solicitar a cátedra en propiedade en 1892 apoiándose no Real Decreto do 22 de xaneiro dese mesmo ano, solicitando así mesmo apoio do propio Barbieri para o «pronto despacho» da súa solicitude.[47] Finalmente o 11 de marzo foi nomeada profesora numeraria da institución, o que supuxo un notable incremento nos seus ingresos, xa que o seu salario pasou a ser de 3 000 pesetas anuais, que se incrementou en 500 pesetas por cada un dos tres quinquenios nos que exerceu a cátedra.[48]


Arredor de 1895 Carolina Casanova casou por segunda vez, desta volta cun tenor trece anos menor ca ela chamado Miguel Campo Herbella e que nacera na Rúa de Valdeorras, no concello ourensán da Rúa, o 27 de decembro de 1860.[48] Se ben hai certos paralelismos á inversa entre a primeira relación de Carolina con Luis de Cepeda e a que mantivo con Miguel Campo, non se pode afirmar que se repetise, aínda que eran igualmente unha mestra consagrada e unha promesa da arte, a diferenza de idade non era tan grande, e Miguel non era tan novo nin tiña tanto talento; de feito, non se coñece nada sobre a súa carreira antes do seu matrimonio coa soprano ferrolá nin tampouco despois do mesmo, xa que morreu novo e Carolina quedou viúva por segunda vez.[50]



Últimos anos e morte |


Non se teñen moitos datos da súa vida logo do seu segundo matrimonio, hai que remontarse a unha carta dirixida ao seu «xefe e amigo» Tomás Bretón en xaneiro de 1910. Nesta misiva a soprano pide permiso para dar clases na casa, xa que non pode subir escaleiras debido a un ataque de reúma, engadindo: «prometo que ninguén o saberá».[51]


Carolina Casanova faleceu o 8 de febreiro de 1910 en Madrid, sendo aínda profesora de canto no Conservatorio. O día seguinte á súa morte instalouse no Conservatorio unha capela ardente para que profesorado e alumnado da institución puidesen renderlle a súa derradeira homenaxe e unirse ao cortexo fúnebre animados por Tomás Bretón, a pesar de non haber clases con motivo das festas do Entroido. O xornal madrileño La Correspondencia de España publicou sobre a morte da soprano ferrolá que «a arte española, coa morte de Carolina Cepeda, sufriu unha perda irreparable».[52][k]


Foi enterrada na Sacramental de San Xusto, en Madrid, nunha tumba sinxela na que tan só figura o seu nome e data de nacemento, acompañada polos restos doutras persoas da súa familia. A súa sepultura está localizada no chamado Patio de Santa Xertrude, onde tamén se encontran os compositores Federico Chueca e Ruperto Chapí, así como Jorge Ronconi, a quen substituíra Carolina Casanova no conservatorio.[53]



Características |


Pódense atopar descricións do canto de Carolina Casanova na prensa do seu tempo. A constancia, os dotes musicais, a flexibilidade e extensión da súa voz, así como as súas cualidades físicas e a súa presenza foron algunhas das características que se destacaron da voz de Carolina Casanova xa dende os seus inicios.[15]. En 1869 o xornal La Iberia definía o canto da soprano ferrolá do seguinte xeito: «A señora Cepeda posúe unha magnífica voz, de grande extensión e moi simpática; o seu canto é correcto e o seu estilo de boa escola»,[17] e logo do seu debut no Teatro Real o xornal La Época destacaba a súa «fermosa e potente voz e a súa boa figura», augurándolle «un porvir feliz».[23]


No seu tempo Carolina Casanova foi comparada con Giulia Grisi, unha das grandes sopranos do século XIX, e falecida en 1869,[54] no tempo no que a soprano ferrolá iniciaba a súa carreira. Coincidindo co seu debut na capital británica, o 13 de xullo de 1878, The New York Times referíase a Carolina Casanova do seguinte xeito:[34]






Unha nova cantante apareceu en Londres, na Royal Italian Opera, Mlle. Cepeda —en realidade señora— que asumiu o difícil papel de Valentina en Les Huguenots. O seu talento tense comparado co da Grisi. Posúe unha beleza pouco común, unha voz pura e ben educada e un instinto dramático de primeira orde.

Tamén a prensa italiana salientou tanto a súa voz como os dotes escénicos de Carolina Casanova, como recolleu o xornal Sferza de Nápoles en 1881:[19]






Dende o momento no que pisa a escena, o público comprende que ten ante si unha grande artista. A súa figura é impoñente; o seu xesto escultórico. Que dicir da súa voz? Xa suave, xa docísima, xa vibrante e forte, segundo a situación.

Carolina Casanova foi tamén comparada con Giuditta Pasta, outra das grandes sopranos do seu tempo nunha das súas visitas ao Teatro Imperial de San Petersburgo.[43]


A soprano ferrolá era descrita como unha cantante completa tamén por Enrique Sánchez Torres, quen tamén destaca as súas interpretacións de Giacomo Meyerbeer, e en 1891 en Nueve músicos clásicos y seis artistas españoles definíaa como unha desas persoas que:[51]






enchen o teatro... Todo nela era exuberante: a voz, a figura, a arte... é tan valente que é capaz de ir con Stagno e Uetam á fin do mundo... dramático musical... A súa «salva Raúl» é desas frases que fan lembrar sempre un artista... Á Cepeda, aínda que sempre demostra que sabe cantar, tendes que oíla nas óperas de Meyerbeer...


Repertorio |


Se ben Carolina Casanova representou principalmente ópera italiana, tamén se encontran no seu repertorio ópera francesa, alemá e española. Posiblemente algunhas das óperas que interpretou nunha lingua distinta da italiana fosen versións nesa lingua, xa que as fontes mencionan moitas veces estas óperas co título en italiano.[l] Entre as óperas que estaban no repertorio da soprano ferrolá atópanse: La sonnambula e Norma de Billini; Les Huguenots, Robert le diable (aparece como Roberto il diavolo) e L’Africaine de Meyerbeer; La traviata, Aida, Il trovatore, Ernani, Rigoletto e Un ballo in maschera de Verdi; Ruy Blas de Marchetti; Faust de Charles Gounod; Le nozze di Figaro e Don Giovanni de Mozart; Lohengrin e Tannhäuser de Wagner; Il barbiere di Siviglia e Semiramide de Rossini; Le duc d’Albe (aparece como Il duca d’Alba), Maria di Rohan, Linda di Chamounix, Poliuto, Don Pasquale e Lucrezia Borgia de Donizetti; Il re Manfredi de Montuoro; La Juive (aparece tamén como L’Ebrea) de Halévy; Mefistofele de Boito; ou as óperas españolas de Tomás Bretón Guzmán el Bueno e Los amantes de Teruel.[26]



Homenaxes |




A escritora coruñesa Emilia Calé adicoulle un poema á soprano ferrolá.


No seu tempo, Carolina Casanova recibiu o recoñecemento do público nos teatros nos que actuou. Atópanse homenaxes escritas á soprano ferrolá, como o escrito en Baía (Brasil) o 15 de xullo de 1868, durante as primeiras xiras que realizou por Latinoamérica, pola escritora, pintora e melómana Joaquina Navarro de Cunha e Menezes, filla do coronel e barón de Rio Vermelho, que lle adicou «á distinguida prima donna ... intérprete sublime camiño da gloria».[15]


A escritora coruñesa Emilia Calé, que sería nai da pianista de sona Emilia Quintero Calé, e que mantiña unha relación de amizade coa diva ferrolá, adicoulle un poema titulado «Á la célebre diva Carolina Casanova de Cepeda», escrito en 1885. Este poema foi escrito con ocasión dunha festa que a soprano celebrou na súa casa-quinta de Vilaboa (Culleredo), e na que a filla de Emilia Calé interpretou algunhas pezas ao piano e a súa nai leu o poema, que publicaría ese mesmo ano en Madrid El Correo de la Moda.[55]


En 1905 publicouse un «método completo» de canto obra do Marqués de Altavilla, que tamén fora profesor no Real Conservatorio de Madrid. No método, amais dos contidos puramente teóricos, o autor adica unhas páxinas ás personalidades do canto máis famosas da súa época, entre as cales menciona a Carolina Casanova.[m][56]


Con todo, a pesar da súa traxectoria e de que foi célebre no seu tempo, a figura de Carolina Casanova caeu no esquecemento tanto no mundo da ópera como na súa cidade natal, e boa parte da súa traxectoria vital e profesional seguen a ser descoñecidos.[57]



Notas |




  1. En 1930, El Correo Gallego, nun breve artigo retrospectivo sobre Carolina Casanova publicado o 11 de febreiro de 1930, indica que o segundo apelido da soprano era Martínez e non Rodríguez. Isto contrasta coa necrolóxica da súa morte arquivada no Conservatorio de Madrid e que se reproduce no traballo de Mercedes Puyol (p. 86), onde figura como "Carolina Casanova Rodríguez, viúda de Cepeda".[1]


  2. A presenza do apelido Cepeda débese a que o adoptou do seu marido ao casar.[2]


  3. Existen datos contraditorios sobre o lugar de nacemento de Carolina Casanova, citando como lugares de nacemento Madrid ou Barcelona, con todo tanto os documentos de San Xiao, onde foi bautizada, como os do rexistro de nacementos do Arquivo do Concello sitúan como lugar de nacemento a cidade departamental.[4]


  4. O corpo de carabineiros de Facenda dependería tanto do Exército como de Facenda, o que explicaría que fontes como o Diccionario de Música Lábor afirmen que era oficial do Exército e que morrera nun motín en Madrid.[6]


  5. O Teatro da Zarzuela era coñecido tamén como Teatro de Jovellanos ou Teatro Jovellanos por estar situado en dita rúa da capital de España.


  6. As recensións da prensa peruana indicaban que Carolina Casanova chegaba ao país logo de ter percorrido con éxito os principais teatros de Alemaña e Europa en xeral, así como os de América Central.[15]


  7. Logo da Revolución de 1868 e a posterior instauración da Primeira República Española, o Teatro Real pasou a denominarse Teatro Nacional da Ópera.[22]


  8. A ópera de Verdi é a máis representada no teatro barcelonés con 442 representacións dende a súa estrea.[28]


  9. O título orixinal da obra de Fromental Halévy é La Juive, mais as fontes indican o título en italiano, polo que posiblemente debutase cantando unha versión en lingua italiana.


  10. Carolina Casanova aparece erroneamente clasificada como contralto.[1]


  11. En 1930, El Correo Gallego publicou un breve artigo retrospectivo no que indicaba que Carolina Cepeda morrera nun hotel parisiense, o que contrasta coa prensa da época.[1]


  12. No caso das óperas alemás non se pode asegurar que fosen versións nunha lingua distinta da alemá, xa que o repertorio alemán de Carolina Casanova non tiña tradución a outras linguas; con todo, é probable que fosen versións noutra lingua, xa que era unha práctica común na época.


  13. O nome da soprano ferrolá aparece acompañado polo apelido do seu marido, isto é, Carolina Cepeda.


Referencias


  1. 1,01,11,21,3 "Ferrol retrospectivo". El Correo Gallego (en castelán). 11 de febrero de 1930. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 


  2. 2,02,12,2 Puyol 2011, p. 70.


  3. "El intérprete pasó de la academia de canto a los barcos". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de abril de 2018. 


  4. 4,04,14,24,3 Puyol 2011, p. 68.


  5. 5,05,15,25,3 Burgoa, Juán José (10 de setembro de 2017). "Carolina Casanova Rodríguez". Diario de Ferrol (en castelán). 


  6. 6,06,16,2 Puyol 2011, p. 69.


  7. Puyol 2011, p. 69-70.


  8. "Carolina Cepeda". El Correo gallego : diario político de la mañana (453). 7 de febreiro de 1880. p. 3. 


  9. "CAROLINA CEPEDA". El Correo Gallego (en castelán). 7 de febreiro de 1880. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 


  10. Unamuno, P. (10 de xaneiro de 2015). "Cuando Gayarre era Giuliano". El Mundo (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2018. 


  11. "PROVINCIAS". Revista de Bellas Artes (en castelán) (Madrid) (10): 80. 9 de decembro de 1866. 


  12. 12,012,112,212,3 Puyol 2011, p. 71.


  13. "Carolina Cepeda". El Correo gallego : diario político de la mañana (454). 8 de febreiro de 1880. p. 3. 


  14. "CRÓNICA NACIONAL". La Escena (en castelán) (Madrid) (16): 126. 28 de abril de 1867. 


  15. 15,015,115,215,315,415,515,615,7 Puyol 2011, p. 72.


  16. Araya Rojas, José Rafael (1957). Vida musical de Costa Rica. Impr. Nacional. p. 24. 


  17. 17,017,1 "TEATROS". La Iberia (en castelán). 26 de outubro de 1869. Consultado o 13 de abril de 2018. 


  18. "NOTICIAS GENERALES". La Época (en castelán). 25 de abril de 1870. Consultado o 13 de abril de 2018. 


  19. 19,019,119,2 Puyol 2011, p. 74.


  20. 20,020,1 "TERCERA EDICIÓN". La Correspondencia de España (en castelán). 17 de febreiro de 1873. Consultado o 6 de maio de 2018. 


  21. "TERCERA EDICIÓN". La Correspondencia de España (en castelán). 27 de abril de 1873. Consultado o 6 de maio de 2018. 


  22. "La historia del Teatro Real" (en castelán). Teatro Real. Consultado o 6 de maio de 2018. 


  23. 23,023,123,223,323,423,5 Puyol 2011, p. 73.


  24. 24,024,1 "1864-1873" (en italiano). Teatro Comunale di Bologna. Consultado o 29 de xuño de 2018. 


  25. "Mercante di Venezia, Il". Archivio Storico Ricordi (en inglés). Roicordi. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2018. 


  26. 26,026,126,2 Pereira Martínez, Carlos. "CAROLINA CASANOVA DE CEPEDA: DO “COVENT GARDEN” A CULLEREDO". Symphonia (Conservatorio Superior de Música de Coruña). Consultado o 29 de xuño de 2018. 


  27. Puyol 2011, p. 87.


  28. 28,028,1 "Aida" (en catalán). Arxiu històric de la Societat del Gran Teatre del Liceu. 14 de outubro de 2018. 


  29. Conmemoración del centenario del estreno absoluto de "Aida" de Guiseppe Verdi (PDF) (en castelán). Universidade Autónoma de Barcelona. Consultado o 14 de outubro de 2018. 


  30. 30,030,130,230,3 Puyol 2011, p. 75.


  31. da Fonseca Benevides, Francisco. O Real Theatro de S. Carlos de Lisboa (PDF) (en portugués). Lisboa. p. 364-365. 


  32. Catálogo (2001). Verdi em Portugal, 1843-2001: exposição comemorativa do centenário da morte do compositor (en portugués). Lisboa: Biblioteca Nacional. ISBN 972-565-327-0. 


  33. Hurst, P. G. The operatic age of Jean de Reszke. Forty years of opera 1874-1914 (en inglés). Nova York: Robert R. McBride Co. p. 59. Consultado o 8 de xullo de 2018. 


  34. 34,034,134,2 Puyol 2011, p. 76.


  35. 35,035,135,2 Puyol 2011, p. 77.


  36. "ECOS DE TODAS PARTES". La Época (en castelán). 9 de xaneiro de 1879. Consultado o 8 de xullo de 2018. 


  37. "TEATROS". Crónica de la música (en castelán). 26 de agosto de 1880. 


  38. "CORREO EXTRANJERO". Crónica de la música (en castelán). 4 de maio de 1881. 


  39. "Hemeroteca". La Vanguardia (en castelán). 4 de outubro de 1881. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 


  40. "NOTICIAS LOCALES". El Correo Gallego (en castelán). 5 de outubro de 1881. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 


  41. Puyol 2011, pp. 78-79.


  42. Puyol 2011, pp. 77-78.


  43. 43,043,1 "GALLEGAS DISTINGUIDAS". Galicia Moderna (37) (A Habana). 10 de xaneiro de 1886. 


  44. 44,044,1 Puyol 2011, p. 81.


  45. "EL PERSONAJE" (en castelán). Fundación Julián Gayarre. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2018. 


  46. "JULIÁN GAYARRE. BIOGRAFÍA CRONOLÓGICA" (PDF) (en castelán). Fundación Julián Gayarre. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de marzo de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2018. 


  47. 47,047,147,247,3 Puyol 2011, p. 82.


  48. 48,048,148,2 Puyol 2011, p. 83.


  49. "Crónica". La Dinastía (en castelán). 22 de xullo de 1891. Consultado o 28 de outubro de 2018. 


  50. Puyol 2011, p. 84.


  51. 51,051,1 Puyol 2011, p. 85.


  52. "Carolina de Cepeda" (PDF). La Correspondencia de España (en castelán). 9 de febreiro de 1910. 


  53. Puyol 2011, p. 86.


  54. Encyclopaedia e The New Grove Dictionary of Opera. Ver tamén: Beale 1890; De Candia and Hird 1910; Engel 1886, pp. 332 and 336–337; e Floris e Serra 1986.


  55. Pereira Martínez, Carlos (4 de decembro de 2014). "Emilia Calé Torres Sanjurjo e Culleredo: dous poemas dedicados a Rosalía de Castro e Carolina Casanova". terraetempo.gal. Consultado o 17 de abril de 2018. 


  56. Marc Heilbron Ferrer, ed. (2003). Mariano Rodríguez de Ledesma Colección de cuarenta ejercicios o estudios progresivos de vocalización (París, 1828c). Colección Textos Universitarios (en castelán) 30 (Editorial CSIC - CSIC Press). p. 35. ISBN 8400081919. 


  57. Puyol 2011, pp. 67-68.



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo. 2010-2011. 


  • Puyol, Mercedes (2011). "Carolina Casanova de Cepeda, una soprano ferrolana en el mundo de la ópera" (PDF). Ferrol Análisis (26): 67–87. 





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carolina_Casanova&oldid=5077817"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.864","walltime":"1.008","ppvisitednodes":"value":5300,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":84523,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":7356,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":1,"limit":20,"unstrip-size":"value":72135,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 760.117 1 -total"," 38.98% 296.275 2 Modelo:Listaref"," 16.53% 125.647 1 Modelo:Artista_musical"," 15.86% 120.533 1 Modelo:Infobox"," 15.12% 114.932 15 Modelo:Cita_novas"," 14.31% 108.808 59 Modelo:Harvnp"," 11.48% 87.257 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.40% 56.225 6 Modelo:Propiedade"," 7.19% 54.616 13 Modelo:Refn"," 4.79% 36.425 7 Modelo:Cita_libro"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.396","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4548824,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190315113624","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":191,"wgHostname":"mw1268"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020