Skip to main content

Wikipedia:Política de uso de imaxes Índice Licenzas aceptables Lexislación, xurisprudencia, casos prácticos Véxase tamén Menú de navegacióneGNU Free Documentation LicenseGNU General Public LicenseGNU Lesser General Public LicenseFree Art LicenseCc-by-sa-3.0Briefing Paper on Copyright in ScreenshotsUse of Microsoft Copyrighted ContentUS Copyright Act of 1976, Section 101e

A Wikipedia non é unha fonte primariaAutobiografíaBiografías de persoas vivasCitar as fontesConflito de interesesFicciónFontes fiablesMaterial ofensivoVerificabilidadeCategoríasEvita as autorreferenciasHomónimosLigazóns externasNomes propios de persoasRedirecciónsSen avisos nos artigosTítulos dos artigos sobre organizaciónsToponimiaTransliteraciónsBorrarElección de administradoresElección de burócratasEscolla do artigo boO que é un artigo boEscolla do artigo de calidadeO que é un artigo de calidade


Wikipedia:Políticas e normasAxuda


un marcador de dereitos de autoríamodelo de mensaxeGalipediainformaciónDeutschEnglishEspañolFrançaisPortuguéshttp://www.gnu.org/copyleft/fdl.htmlFundación WikimediaCopyrightWikimediaGuía de identidade corporativaLogona prensa e nos Medios de ComunicaciónUS Copyright Act of 1976, Section 101












Wikipedia:Política de uso de imaxes




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





A páxina Wikipedia:Política de uso de imaxes intenta ofrecer, ás persoas non expertas en leis, unha visión xeral das complexas leis dos dereitos de autoría mediante unha guía con exemplos. Axudar a determinar se a carga de certa imaxe ou ficheiro multimedia pode realizarse na Galipedia de acordo coas directrices deste wiki.


A Galipedia só acepta contido libre, isto quere dicir, imaxes e outro contido multimedia que poida usarse por calquera, para calquera próposito (con frecuencia, coa condición de que a liberdade de uso do contido se manteña). Os detalles explícanse a continuación. Wikipedia non acepta contido de uso exclusivo non-comercial.


A licenza que se aplica a unha imaxe ou ficheiro multimedia debe indicarse, claramente, na páxina de descrición da imaxe mediante un marcador de dereitos de autoría. Toda a información precisa baixo esa licenza debe incluírse na páxina de descrición da imaxe. Esa información debe ser suficiente para que outros colaboradores poidan verificar o status da licenza. O procedemento máis axeitado é incluír no campo resumo do formulario de carga toda a información.


Se vostede solicita permiso ao propietario dos dereitos de autoría dunha imaxe, por favor, use exclusivamente este modelo de mensaxe para pedir a autorización.




Índice





  • 1 Licenzas aceptables

    • 1.1 Licenzas de uso común


    • 1.2 Regras sobre o uso das imaxes: pasos a seguir


    • 1.3 Información da licenza: como marcar as imaxes



  • 2 Lexislación, xurisprudencia, casos prácticos

    • 2.1 Logos

      • 2.1.1 Logos Wikimedia



    • 2.2 Capturas de pantalla


    • 2.3 Edificios e esculturas ao aire libre


    • 2.4 Obras derivadas



  • 3 Véxase tamén




Licenzas aceptables

















Todo o material dispoñible na Galipedia debe estar baixo unha licenza libre que permita a calquera usar o material para calquera próposito. En particular, a licenza debe cumprir as seguintes condicións:



  • Debe permitirse republicar e distribuír.


  • Debe permitirse publicar obras derivadas.


  • Debe permitirse o uso comercial da obra.


  • Pode esixirse o recoñecemento de todos os autores/contribuíntes a unha obra.


  • Pode esixirse publicar a obra derivada baixo a mesma licenza.


  • Pode esixirse usar formatos de ficheiro de código aberto libres de restricións na administración de dereitos.


Licenzas de uso común


As seguintes licenzas de uso común prefírense para os materiais publicados na Galipedia:


  • Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0


  • GNU Free Documentation License (GFDL)


  • GNU General Public License (GPL) / GNU Lesser General Public License (LGPL)

  • Free Art License

  • Dominio público

As seguintes licenzas son de uso moi estendido pero non están permitidas (a non ser, por suposto, que o ficheiro tamén teña unha licenza libre):


  • Creative Commons Non-Commercial Only (-NC) licenses.

  • Creative Commons No-Derivatives (-ND) licenses.

  • Uso do material baixo a claúsula de fair use ou outra lei semellante.


Regras sobre o uso das imaxes: pasos a seguir


Está é unha lista resumida das regras a ter en conta para o uso de imaxes na Galipedia:


  1. Teña en conta cando cargue unha imaxe cales son os seus dereitos de autoría.

  2. Use a páxina de descrición da imaxe que hai asociada a cada imaxe para describir a imaxe e a súa licenza.


  3. Marque sempre a imaxe co marcador de licenza apropiado.

  4. Use un título detallado e preciso. Se a imaxe ten o mesmo título que outra existente na Galipedia vai substituír a anterior imaxe coa nova. Iso producirá problemas cando a imaxe está asociado a artigos diferentes ao que vostede estea traballando.

  5. Cargue unha versión de alta resolución da imaxe sempre que poida, e use a opción miniaturizar (thumb) que ofrece o software da Wikipedia para introducir na páxina unha imaxe de menor tamaño.

  6. Edite as imaxes de xeito que amosen a información relevante.

  7. Se crea unha imaxe con texto, por favor cargue outra imaxe sen texto para axudar a que as wikipedias noutras linguas poidan usala traducindo o texto.

  8. Non poña os créditos da imaxe na imaxe mesma, fágao na páxina de descrición da imaxe.

  9. Utilice preferentemente o formato SVG (ou, se non, o PNG) para as iconas, debuxos, mapas, bandeiras, e ilustracións semellantes. Empregue JPEG (ou PNG) para as imaxes fotográficas. Use imaxes GIF para as animacións. Non cargue na Galipedia imaxes no formato BMP de Windows: son imaxes sen compresión e ocupan moito espazo.

  10. Escriba un bo texto alternativo para as imaxes (o texto que se visualiza en caso de non cargarse a imaxe no navegador), engádese cando se escribe o parámetro da imaxe en [[Ficheiro:Nome da imaxe|Texto alternativo de descrición da imaxe.]].


Información da licenza: como marcar as imaxes




Exemplo dunha imaxe que inclúe a información detallada recomendada (vexa a páxina de descrición da imaxe premendo sobre ela).


Todas as páxinas de descrición na Galipedia deben indicar claramente baixo que licenza están publicados os materiais, e deben conter a información precisa para esa licenza (autor, etc), así mesmo teñen que conter información suficiente para que outros usuarios poidan verificar a licenza (identificando a fonte).


A seguinte información específica sempre ten que ser incluída na páxina de descrición, inlcuso se a licenza en cuestión non o require:


  • A descrición do contido (Description) da imaxe ou ficheiro multimedia. Descrición da imaxe, onde, que, quen? Isto é importante para que todo o mundo saiba o que vai ver ou ouvir en realidade. En especial é importante para os datos científicos como p.e. imaxes de satélite en falsa cor.
  • O autor/creador (Author) da imaxe ou ficheiro multimedia. Para ficheiros multimedia no dominio público —aquelas nas que os dereitos de autoría expiraron— a data da morte do autor tamén é esencial.
  • A fonte (Source) do material, preferentemente un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
  • A licenza (Permission) que se aplica ao material. Iso faíse cos Marcadores de licenza de imaxe.
  • A data (Date) e lugar de creación. Para obras multimedia no dominio público porque os dereitos de autoría expiraron, a data de creación é esencial.

Outra información que incluírse se está dispoñible:



  • Outras versións (other_versions), se a imaxe é unha variación doutra ou se existen outras imaxes da mesma serie.

Estes puntos da descrición poden incluírse usando o modelo información que exactamente igual co dispoñible en Commons para facilitar a publicación das imaxes da Galipedia no repositorio común (non obstante, a presentación e diferente na Galipedia e en Commons).


A páxina de descrición da imaxe debe incluír as seguintes informacións:


  1. Táboa cos datos identificadores da imaxe (Template:Information).

  2. Modelo de marcador coa licenza de imaxe.



  • Táboa cos datos identificadores da imaxe
Vostede pode introducila manualmente copiando e pegando o código amosado a continuación:
 author = 


Se a imaxe se publica na Galipedia por primeira vez no campo Source engada '''[http://gl.wikipedia.org/ Galipedia, a Wikipedia en galego]''' → [http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:subst:PAGENAMEE subst:PAGENAMEE] que sirve para que a imaxe apunte cara a Galipedia e a imaxe orixinal cando se reproduza nun sitio web externo.


  • Modelo de marcador coa licenza da imaxe
Pode ver unha relación de todos os modelos de marcador de licenza dispoñibles na Galipedia na páxina Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
A continuación inclúese un exemplo dos marcadores de licenzas máis comúns nas imaxes desta Wikipedia (para introducir un deles basta escribir GFDL ou Cc-by-sa-3.0 na páxina de descrición da imaxe).






GNU head
Autorízase copiar, distribuír e/ou modificar este documento baixo os termos da licenza de documentación libre de GNU, versión 1.2 ou calquera outra que posteriormente publique a Free Software Foundation (Fundación do Software Libre); sen seccións invariantes, nin textos de portada ou contraportada.

Deutsch - English - Español - Français - Portugués - http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html



Permission is granted to copy, distribute and/or modify this document under the terms of the GNU Free Documentation License, Version 1.2 or any later version published by the Free Software Foundation; with no Invariant Sections, no Front-Cover Texts, and no Back-Cover Texts. A copy of the license is included in the section entitled "Text of the GNU Free Documentation License".







Creative Commons Licence
Creative Commons AttributionCreative Commons Share Alike

Este ficheiro está baixo a licenza «Cc-by-sa-3.0» de Creative Commons

This file is licensed under the Creative Commons "Cc-by-sa-3.0" Licence



Vostede é libre de:



  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra


  • facer obras derivadas – adaptar a obra

Baixo as seguintes condicións:



  • recoñecemento – Debe recoñecer a obra do xeito especificado pola persoa autora ou a persoa que lle puxo a licenza (pero non de maneira que suxira que vostede ten o apoio desa persoa ou que esa persoa apoia o uso que vostede fai da súa obra).


  • compartir igual – Se altera, transforma ou se basea nesta obra, poderá distribuír a obra resultante baixo a mesma licenza ou unha semellante a esta.




Lexislación, xurisprudencia, casos prácticos



Logos



Logos Wikimedia




O logo da Fundación Wikimedia ten dereitos de autoría.


Os logos da Fundación Wikimedia (Wikimedia Foundation, Inc.) teñen todos os dereitos reservados: Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc. A presenza de ditos logo nunha imaxe, provoca que a imaxe teña tódolos dereitos reservados e deba ser etiquetada coa licenza CopyrightWikimedia.


As imaxes que conteñan os logos Wikimedia poden usarse nos proxectos Wikimedia sempre que sexan etiquetadas cos seus correspondentes dereitos de autoría. A presenza do logo nunha páxina ten consecuencias nas capturas de pantalla dos artigos da Wikipedia, posto que fai que a captura teña automaticamente dereitos de autoría e limita o seu uso libre polos usuarios externos. Iso pode evitarse facendo a captura sen o logo, basta con engadir o seguinte código nunha subpáxina de usuario do tipo [[Usuario:Nome_de_usuario/monobook.css]], o logo queda desactivado e deixa de verse nas páxinas da Wikipedia.




/* non usar o logo, mover as caixas cara a arriba */
#p-logo display: none
#column-one padding-top: 0;


A continuación pode ver algún dos logos dos proxectos Wikimedia que teñen dereitos de autoría:


Na Guía de identidade corporativa de Wikimedia hai información sobre o uso do logotipo e no artigo de Meta Logo detalles sobre a variedade de logos dos proxectos Wikimedia.




Nota sobre o uso na Prensa e nos Medios de Comunicación

Os logotipos da Fundación Wikimedia e dos seus respectivos proxectos (como Wikipedia e Commons) son marcas rexistradas e os dereitos de autor pertencen á Fundación Wikimedia. Non están, por regra xeral, dispoñibles para outros usos así e todo está permitido explicitamente o seu uso na prensa e nos Medios de Comunicación para temas relacionados cos proxectos da Fundación Wikimedia. As leis locais sobre o "fair use/uso lexítimo" (para fins académicos ou críticos) tamén poderán aplicarse consonte a súa xurisdición. Para calquera outro uso, por favor contacte a Fundación.





Capturas de pantalla




Captura de pantalla de Commonist —un programa GPL— que contén imaxes con licenzas GFDL e CC-BY-SA.


Para asignar a licenza dunha captura de pantalla (sreenshot) hai que ter en conta: o contido da captura (textos, imaxes, programas), o programa que contén a captura (o navegador no caso das páxinas web) e o sistema operativo mostrado.


As capturas de pantalla teñen dereitos de autoría se os programas que as conteñen ou o sistema operativo que se ve teñen dereitos de autoría. Aquelas capturas nas que todos os compoñentes (programas e datos) non teñen unha licenza libre non poden manterse na Galipedia.


Teña en conta que unha captura de pantalla só debe publicarse cunha licenza libre no caso de que todas as imaxes da interface (program GUI) teñen unha licenza libre. Por exemplo, se todas as imaxes son PD (dominio público) a captura tamén debe estar no dominio público, posto que non hai ningún traballo creativo na realización da captura. Se a captura de pantalla mostra iconas ou contidos de sitios web con dereitos de autoría a captura non pode ser libre.


Para crear unha captura de pantalla libre:


  1. Use un programa libre cun tema (skin) completamente libre.

  2. Elimine calquera elemento que teña dereitos de autoría, recortando o marco se é preciso. Mostre nada máis co contido.

  3. O contido da captura de pantalla tamén debe ser libre. Asegúrese de que as capturas de pantalla non conteñen marcas rexistradas, textos ou imaxes con dereitos, ou calquera outro elemento non autorizado para o uso do público xeral.

Por favor, utilice, ademais do marcador de licenza, para as capturas que conteñen só contido libre o modelo CapturaPantallaLibre. Tamén debe indicar a licenza libre baixo a cal está licenciado o programa.


Lembre que as capturas de pantalla dos proxectos Wikimedia que conteñan os logos tamén teñen dereitos de autoría.


Información adicional:


  • Para ampliar detalles Briefing Paper on Copyright in Screenshots (en inglés).

  • Microsoft no permite a realización de obras derivadas a partir dos seus programas, polo tanto as capturas non son libres e non poden usarse na Galipedia, vexa Use of Microsoft Copyrighted Content (en inglés).


Edificios e esculturas ao aire libre




O CGAC en Santiago de Compostela é obra do arquitecto Álvaro Siza. Pódese fotografar e publicar libremente.


Utilízase o termo liberdade de panorama para referirse á posibilidade de publicar imaxes realizadas en espazos públicos. Nas leis sobre dereitos de autor de cada país é común atopar apartados relacionadas coa liberdade de panorama. Ditas leis, por regra xeral, garanten a publicación de fotografías de edificios, esculturas e escenas de cáracter non-privado; nelas atópase a formulación deste principio.


A Lei de Propiedade Intelectual española no artigo 35.2 di: "As obras situadas permanentemente en parques, rúas, prazas ou outras ví­as públicas poden ser reproducidas, distribuídas e comunicadas libremente por medio de pinturas, debuxos, fotografías e procedementos audiovisuais."


Liberdade de panorama



  • Liberdade de panorama completa: Alemaña, Australia, Austria, Brasil, Cánada, República Popula de China, Cánada, República Checa, Croacia, Eslovaquia, España, India, Israel, Países Baixos, Polonia, Suecia, Suíza, Reino Unido


  • Non se permite liberdade de panorama ou está restrinxida: Armenia*, Acerbaixán*, Bielorrusia*, Bélxica, Bolivia*, Casaquistán*, Colombia*, Dinamarca**, Ecuador*, Estados Unidos de América**, Estonia*, Francia, Hungría, Italia, Letonia*, Lituania*, México*, Moldova*, Noruega**, Quirguicistán*, Romania*, Rusia*, Uzbequistán*, Ucraína, Xapón***, Xeorxia*

*Estes países limitan a liberdade de panorama ao uso non comercial das imaxes.

**Estes países teñen liberdade de panorama exclusivamente para os edificios pero non para esculturas ou outras obras.

***Estes países permiten liberdade de panorama só para edificios, mentres as esculturas e outras obras só poden reproducirse para uso non comercial.


Obras derivadas




Árbore de decisións relacionado coas obras derivadas na Galipedia.




Esta imaxe é un exemplo de obra derivada Está composta por outras imaxes baixo licenza GFDL e outras licenzas libres.


Unha obra derivada, de acordo coa US Copyright Act of 1976, Section 101 defínese do seguinte xeito:


"Unha «obra derivada» é unha obra baseada nunha ou máis obras pre-existentes, como unha tradución, arranxo musical, dramatización, ficcionalización, versión de película, rexistro sonoro, reprodución artística, compendio, resumo, ou calquera outra forma na cal unha obra poida ser refeita, transformada, ou adaptada. Unha obra que consista en revisións editoriais, anotacións, re-elaboracións, ou outras modificacións, as cales en conxunto, representen unha obra orixinal, é unha «obra derivada»".

No Artigo 11 do Título II da Lei de Propiedade Intelectual española dise sobre as obras derivadas:


"Sen prexuízo dos dereitos de autor sobre a obra orixinal, tamén son obxecto de propiedade intelectual: 1.º As traducións e adaptacións; 2.º As revisións, actualizacións e anotacións; 3.º Os compendios, resumos e extractos; 4.º Os arranxos musicais; 5.º Calquera transformación dunha obra literaria, artística ou científica".

En consecuencia, todas as transformacións nun novo medio dunha obra de creación suxeita aos dereitos de autoría considéranse unha obra derivada. Tamén todas aquelas modificacións que dan como resultado unha nova obra orixinal. É prerrogativa do propietario dos dereitos exclusivos sobre unha obra autorizar a publicación dunha obra derivada.


Ao contrario ca unha copia exacta dunha obra, que non xera por si mesma uns novos dereitos de autoría, unha obra derivada si dá lugar a novos dereitos. En todo caso, os dereitos de autor da obra orixinal permanecen. A persoa propietaria dos dereitos, poñamos por caso, un boneco animado de Darth Vader ou unha estatua de Picasso, ten o dereito exclusivo para crear obras derivadas. Iso inclúe fotografías da obra, posto que (como as decisións xudiciais refrendan) ese é un aspecto do seu traballo que o autor pode desexar explotar comercialmente.



Véxase tamén


  • Wikipedia:Como engadir imaxes

  • Wikipedia:Lista visual de marcadores de imaxe


  • Commons:Reusing content outside Wikimedia (en inglés).

  • Commons: Obras derivadas




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes&oldid=4620949"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.172","walltime":"0.246","ppvisitednodes":"value":797,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":36873,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4037,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6022,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":0,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 131.388 1 -total"," 31.85% 41.851 1 Modelo:PolíticasGalipedia"," 28.50% 37.443 1 Modelo:Ombox"," 18.19% 23.897 1 Modelo:Axuda_de_edición"," 15.74% 20.686 1 Modelo:Barra_lateral"," 15.65% 20.564 1 Modelo:Políticas"," 13.00% 17.074 1 Modelo:Navbox"," 6.09% 8.000 1 Modelo:M"," 6.05% 7.947 1 Modelo:Navbar"," 3.11% 4.084 2 Modelo:Tlx"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.016","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":931280,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1323","timestamp":"20190322023825","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":136,"wgHostname":"mw1321"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020