Skip to main content

Boselaphus tragocamelus Índice Características | Distribución e hábitat | Bioloxía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Bosephalus tragocamelus"Gran dicionario século21. Galego/Castelán - Castelán/GalegoBosephalus tragocamelusBoselaphus tragocamelus2663789IDsh90002034BoselaphusID311908BOSETR14972224411334242610212874552477289314200692991765574

Multi tool use
Multi tool use

BovinosAnimais descritos en 1766Especies invasoras animais


especiemamíferoartiodáctiloruminantefamiliabóvidossubfamiliabovinosantílopeIndiaEstados Unidoszoolóxico1920Texas1930xénerosubespecieshindúantílopeAsiadimorfismo sexualfórmula dentariaIndiaNepalPaquistánTexasEstados Unidosvistaoídoolfactodominantexestación












Boselaphus tragocamelus




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Nilgó")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Boselaphus tragocamelus
Nilgó / Touro azul


Boselaphus tragocamelus1.jpg


Estado de conservación

Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]

Clasificación científica






















Reino:

Animalia


Filo:

Chordata

Subfilo:

Vertebrata


Clase:

Mammalia


Orde:

Artiodactyla

Suborde:

Ruminantia


Familia:

Bovidae

Subfamilia:

Bovinae


Xénero:

Boselaphus
Blainville, 1816

Especie:

B. tragocamelus


Nome binomial

Boselaphus tragocamelus
Pallas, 1766

Distribución de Boselaphus tragocamelus


Distribución de Boselaphus tragocamelus


O nilgó[2] ou touro azul (Boselaphus tragocamelus) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.[3]


É un antílope de gran tamaño e cornos pequenos, común nos bosques da India, e que foi importado aos Estados Unidos como animal de zoolóxico en 1920, e despois moitos individuos foron liberados en Texas en 1930.


É a única especie do seu xénero e non se recoñecen subespecies.[3]


Nilgó é unha palabra hindú que significa "touro azul".




Índice





  • 1 Características


  • 2 Distribución e hábitat


  • 3 Bioloxía

    • 3.1 Comportamento


    • 3.2 Reprodución



  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Outros artigos


    • 5.3 Ligazóns externas





Características |




Femia de nilgó no deserto de Thar, Raiastán, India.


O nilgó é o antílope de maior tamaño de Asia.[4]


Presenta un marcado dimorfismo sexual.[5] Só ten cornos o macho, os cales son curtos e rectos,[5] tan só chegan a medir cando son adultos entre 15 e 24 cm.[4]


Mide de entre 120 a 150 cm de altura na cruz e ten unha lonxitude de cabeza e tronco de 180 a 210 cm. Pode chegar a pesar até 300 kg.[6]


As femias adoitan seren unha quinta parte menores.[7]


A pelaxe dos nilgós é curta, de cor parda amarelada nas femias e gris azulada nos machos adultos. Os tenreiros son de cor parda clara. O pelo dos adultos é delgado e aceitoso, pero a pel é grosa no peito e no pescozo dos machos. Presentan parches de cor branca na cara e por debaixo do mento. Nel esténdese nun amplo e branco babeiro na garganta. Nos machos, por debaixo desta pecheira pendura unha guedella de pelo ou barba, que pode ser de até 13 cm.


Unha banda branca ao longo da zona do peito vai a máis no abdome e se estende entre a parte superior da cara interna das patas traseiras.


A súa fórmula dentaria, típica nos bóvidos, é a seguinte: 0/3, 0/1, 3/3, 3/3 = 32.[4]



Distribución e hábitat |


Está amplamente distribuído na India e en zonas de terras baixas de Nepal, así como en Paquistán, onde é considerado como raro.[8] Ademais, foi introducido en Texas, (Estados Unidos).[8]


Encóntrase en zonas áridas, de matogueiras e bosques secos, ademais de en zonas agrícolas, pero adoita evitar os desertos e os bosques densos.[8]



Bioloxía |



Comportamento |




Loita entre machos dominantes.




Femia de nilgó coas súas crías.


Habitualmente encóntrase en grupos de aproximadamente 10 animais, pero víronse mandas máis grandes, de 20 a 70 individuos. Os machos vellos son ás veces solitarios.[7]


É de hábitos diúrnos, presentando unha maior actividade nas primeiras horas da mañá e ás últimas da tarde.


Ten boa vista e oído, pero non ten un bo sentido do olfacto. Aínda que é normalmente silencioso, pode facer unha vocalización que roxe cando está alarmado. Cando é perseguido pode, coas súas longas e finas patas, alcanzar velocidades de até máis de 45 km/h.



Reprodución |


Femias e machos permanecen separados durante a maior parte do ano, a excepción da época de cría. Para a reprodución fórmanse grupos integrado por un macho dominante e de unha a varias femias. O apareamento ten lugar habitualmente de decembro a marzo, pero pode ocorrer durante todo o ano. A femia pare, tras un período de xestación que vai de 243 a 247 días, unha ou dúas crías, excepcionalmente tres.[6] As femias poden concibir aos 18 meses de idade, pero moi poucas o fan antes dos 3 anos de idade. Os machos maduran sexualmente aos dous anos e medio, pero non poden competir con outros machos até os 4 anos.



Notas |




  1. "Bosephalus tragocamelus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 



  2. nilgó no Gran dicionario século21. Galego/Castelán - Castelán/Galego. Editorial Galaxia / Edicións do Cumio, 2006.


  3. 3,03,1 Wulson & Reeder (2005)


  4. 4,04,14,2 David M. Leslie, Jr. (2008): "Boselaphus tragocamelus (Artiodactyla: Bovidae)" Mammalian Species '813: 1.16. The American Society of Mammalogists.


  5. 5,05,1 Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.


  6. 6,06,1 Ronald M. Nowak (1999): Walker's Mammals of the World. Volume 1, 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.


  7. 7,07,1 Hanák, V. & Mazák, V. (1991): Enciclopedia de los Animales. Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Editorial Susaeta. 84-305-1967-X.


  8. 8,08,18,2 Mallon, D. P. (2008): Bosephalus tragocamelus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 08-10-2014.



Véxase tamén |







Bibliografía |


  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.

  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.


Outros artigos |


  • Bóvidos

  • Bovinos


Ligazóns externas |



  • Boselaphus tragocamelus en ADW (en inglés)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Boselaphus_tragocamelus&oldid=5038880"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.412","walltime":"0.649","ppvisitednodes":"value":1523,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":23141,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2060,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":16,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6857,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":17,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 563.005 1 -total"," 60.92% 342.957 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.13% 79.563 1 Modelo:Commonscat"," 14.04% 79.071 2 Modelo:Irmáns"," 13.33% 75.056 2 Modelo:Caixa_lateral"," 11.11% 62.539 1 Modelo:Listaref"," 7.82% 44.043 1 Modelo:Taxobox"," 7.76% 43.701 1 Modelo:IUCN"," 7.15% 40.281 1 Modelo:Cita_web"," 6.14% 34.547 1 Modelo:Taxobox/núcleo"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.238","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4956887,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1240","timestamp":"20190415011937","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":134,"wgHostname":"mw1325"););brgq0FWfA5,pxEeWHUM Pa0JWXorhaRnwqYghUO9jVT,bAR9nM,Oc1L8lSx,D81ClH8DRQjaYOwyTFNp
Vc0mq DTuDEUs6ZyD2TJEwnv,2aHz2u s9K

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020