Skip to main content

Texas Índice Historia | Xeografía | Política | Demografía | Economía | Educación | Transportes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónwww.state.tx.useWorldCat152620751139217717ID47362863035-13164059594-817798010000 0004 0420 8837n80129616549300X9CH74QB747L76ID00628779ge134541ID1146901645913547007826D013781

AlabamaAlabamaAlascaAlascaArizonaArizonaArcansasArcansasCaliforniaCaliforniaCarolina do NorteCarolina do NorteCarolina do SurCarolina do SurColoradoColoradoConnecticutConnecticutDacota do NorteDacota do NorteDacota do SurDacota do SurDelawareDelawareFloridaFloridaHawaiHawaiIdahoIdahoIllinoisIllinoisIndianaIndianaIowaIowaKansasKansasKentuckyKentuckyLuisianaLuisianaMaineMaineMarylandMarylandMassachusettsMassachusettsMichiganMíchiganMinnesotaMinnesotaMississippiMississippiMissouriMissouriMontanaMontanaNebrascaNebrascaNevadaNevadaNova HampshireNova HampshireNova JerseyNova JerseyNova YorkNova YorkNovo MéxicoNovo MéxicoOhioOhioOklahomaOklahomaOregonOregónPensilvaniaPensilvaniaRhode IslandRhode IslandTennesseeTennesseeTexasTexasUtahUtahVermontVermontVirxiniaVirxiniaVirxinia OccidentalVirxinia OccidentalWashingtonWashingtonWisconsinWisconsinWyomingWyomingXeorxia, Estados Unidos de AméricaXeorxiaGuamGuamFlag of the Northern Mariana Islands.svgIllas Marianas do NortePorto RicoSamoa AmericanaSamoa AmericanaIllas Virxes Estadounidenses


Texas


estadosEstados Unidos de Américainmigraciónríoslagosbosquesagriculturacowboysgandoespañoismexicano18211836El Álamo29 de decembro1845século XXpetrolíferaeuropeosbisontesséculo XVIouroprataAlonso Álvarez de PiñedaXamaica15191528Álvar Núñez Cabeza de VacaOcéano PacíficoNevadaNovo México1682El PasofrancésRené Robert Cavelier de La Salle1718San Antonio177217931821España1823Destino ManifestoOcéano Pacífico1820Moses AustinStephen AustinWashington-on-the-Brazosdécada de 183018301834Antonio López de Santa AnnaRevolución de Texas11 de decembro183523 de febreiro18366 de marzo27 de marzo21 de abrilSam HoustonReino UnidoFranciaPaíses Baixos1839AustinHoustonAustinescravista29 de decembro1845California1846guerra mexicano-americanaTratado de Guadalupe Hidalgo1850alemáns1861Abraham Lincolnpresidente dos Estados Unidos de AméricaEstados Confederados de AméricaGuerra Civil Americana186530 de marzo1870cowboysferroviariaséculo XX1900furacánestradas1901petróleoportos190019201926primeira guerra mundial1925Miriam Fergusonautoestradasdécada de 1930Gran Depresiónsegunda guerra mundial16 de abril1947Texas CityGolfo de México1950Tribunal Supremo dos Estados Unidos1953década de 1950196019541963Lyndon JohnsonJohn F. KennedyNASAHouston19641969Apollo 11Lúadécada de 1970década de 1980estado de Nova York1988George Herbert Walker Bush2000George Walker Bush2004Alascarexión SurNovo MéxicoOklahomaLouisianaArcansasGolfo de MéxicoMéxicoChihuahuaCoahuilaNuevo LeónTamaulipastsunamisvolcánplaca tectónicaRío Grandetropicalclima temperadoveráninvernoneveAustinWashington DCgranito1876Poder executivodemócratasepublicanosPoder lexislativoPoder xudicial200419902000América CentralAmérica do Suralemánspolonesessuecosnoruegueseschecosfrancesesdécada de 1850Segunda Guerra MundialmusicaisasiáticosHoustonDallaschinesesvietnamitasfilipinostailandesespaquistanísinglesesirlandesesproduto interior brutoCaliforniaNova Yorksector primarioagriculturaganderíapetróleoelectricidade1854Sistema de Universidades de Texas1876universidades20042004[1]doutoramentoPremio Nobel[2]HoustonsupercondutividadeeconomíaeducacióncancroUniversidade Riceespañois1852transporte públicolight railcontaminación atmosféricaportos marítimosaeroportuarioAmerican Airlinescompañía aérea












Texas




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura















































Texas
State of Texas







Bandeira de Texas

Selo de Texas

Bandeira

Selo

Lema: Lone Star State

Mapa dos EUA coa Texas en destaque

Outros Estados dos EUA

Datos xerais
Capital
Austin
Maior cidade
Houston
Gobernador
Greg Abbott

Lingua oficial:
Ningunha. O inglés é o de feito
Área696 241 km² (2)
 - Terra
678 907 km²
 - Auga
17 333 km² (2,5%)

Poboación (2000)
 - Poboación
20 851 820 (2)
 - Densidade
30,75 /km² /km² (28)

Entrada na Unión
 - Data

26 de decembro de 1845
 - Orde
28º

Xeografía
Fuso horarioCentral: UTC-6/-5

Montañas: UTC-7/-6


Latitude25°50'N - 36°30'N
Lonxitude93°31'O - 106°38'O
Largo N-S1 065 km
Ancho E-O1 270 km

Altitude
 - Altitude media
520 m
 - Máis elevado
2,667 m
 - Menos elevado
0 m

Códigos e abreviacións
 - USPS
TX
 - ISO 3166-2
US-TX

Sitio web

www.state.tx.us

Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.


Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".


Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.


Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción de algunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.


Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Colonización española


    • 1.2 Texas baixo control mexicano


    • 1.3 República de Texas


    • 1.4 1845 - 1900


    • 1.5 1900 - 1950


    • 1.6 1945 - Tempos actuais



  • 2 Xeografía

    • 2.1 Clima



  • 3 Política


  • 4 Demografía

    • 4.1 Raza e etnias


    • 4.2 Relixión


    • 4.3 Principais cidades



  • 5 Economía


  • 6 Educación


  • 7 Transportes


  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén




Historia |



Colonización española |


Anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos á rexión, preto de 30.000 nativos indíxenas vivían na rexión que forma actualmente Texas. A maioría das tribos indíxenas da rexión vivían de modo estable nunha rexión, mais outras tribos, especialmente aquelas que vivían nas áridas rexións de Texas, eran nómades, e cazaban bisontes para alimentárense.


Os españois comezaron a explorar a rexión a comezos do século XVI, buscando riquezas tales como ouro e prata. A maioría dos historiadores consideraron que o primeiro explorador europeo en percorrer a rexión foi o español Alonso Álvarez de Piñeda. Este foi enviado á rexión polo gobernador da Xamaica, entón colonia española, en 1519, para a exploración e o mapeo do litoral da rexión. Case unha década despois, en 1528, unha expedición española liderada por Álvar Núñez Cabeza de Vaca viaxou entre o litoral de Texas ata unha vila mexicana próxima ao Océano Pacífico. A expedición durou un total de oito anos. Cabeza de Vaca e os seus homes trouxeron historias de míticas cidades de gran riqueza, que estarían localizadas ao norte da ruta tomada pola súa expedición. Estas cidades, segundo Cabeza de Vaca, eran as Sete Cidades de Cibola.


O goberno colonial español tomou a serio as noticias de Cabeza de Vaca, e organizou varias expedicións - partindo de Cidade do México - cuxo obxectivo era localizar estas míticas cidades. Mais o máximo que estas expedicións atoparían serían pequenas vilas indíxenas, e non as grandiosas cidades descritas por Cabeza de Vaca. De calquera maneira, as expedicións axudaron a reforzar as reivindicacións españois sobre Texas, así como as rexións que constitúen actualmente os estados norteamericanos de Nevada e Novo México. En 1682, os españois construíron os primeiros asentamentos permanentes en Texas, próximos á actual cidade de El Paso.


Tres anos despois, o francés René Robert Cavelier de La Salle tentou establecer un asentamento francés no litoral de Texas, mais as tempestades tropicais impediron que cumprise seu obxectivo. Porén, Cavelier decidiu explorar o interior de Texas, onde fundou un asentamento francés, chamado Fort St. Louis. Cavelier continuou explorando Texas en busca de riquezas, mais os seus homes rebeláronse e matárono. Os homes regresaron a Fort St. Louis, onde ataques indíxenas os forzaron a recuar. Cos navíos de Cavelier destruídos por tempestades e polos indíxenas, os colonos que permaneceron foron mortos polos estes.


Os españois, alarmados polas exploracións de Cavelier, aumentaron o número de expedicións na rexión e fundaron máis asentamentos. En 1718, os españois construíron o forte de San Antonio de Bexas, que despois sería coñecido como El Álamo. Este forte foi construído para defender unha vila construída tamén en 1718, que se chamaba San Antonio de Valero, que se convertería na actual cidade de San Antonio. A cidade converteuse en 1772 na capital da recentemente fundada colonia española de Texas. En 1793, Texas tiña unha poboación de aproximadamente 7.000 españois.


En 1821, México declarou a independencia de España e pasou a formar parte do Imperio do México que, dous anos despois, en 1823, tornaríase nos actuais Estados Unidos de México.



Texas baixo control mexicano |


Co Destino Manifesto e a expansión dos Estados Unidos de América en dirección ao oeste, rumbo ao Océano Pacífico, asentadores norteamericanos pasaron a poboar Texas -entón estado mexicano- en número cada vez maior. O goberno mexicano permitiu inicialmente que algúns empresarios norteamericanos comprasen terras en Texas e, en 1820, que o banqueiro norteamericano Moses Austin establecese unha colonia de norteamericanos no norte de Texas. Porén, Moses morreu aínda no mesmo ano e o seu fillo, Stephen Austin, continuou cos plans do pai, traendo 300 familias norteamericanas ao leste de Texas e fundado as vilas de Washington-on-the-Brazos e Columbus. Outros empresarios norteamericanos construíran outras colonias norteamericanas no estado. No inicio da década de 1830, Texas tiña preto de 30.000 colonos norteamericanos.


En 1830, o goberno mexicano interrompeu a inmigración norteamericana cara Texas, facendo que as relacións entre os asentadores norteamericanos e os mexicanos en xeral empeorasen rapidamente. En 1834, coa ascensión do ditador Antonio López de Santa Anna ao poder, os colonos norteamericanos rebeláronse, desencadeando a Revolución de Texas.



República de Texas |




Sam Houston lidera as tropas texanas para a vitoria na Batalla de San Jacinto.


Tropas rebeldes invadiron e conquistaron a capital de Texas o 11 de decembro de 1835. Esta vitoria rebelde alarmou a Santa Anna, que creou unha gran forza militar. Mentres, estas tropas rebeldes tomaron posicións defensivas en El Álamo - anteriormente o Forte de San Antonio de Bejar. Unha forza mexicana de 1.600 soldados atacou o forte o 23 de febreiro de 1836 e, despois de dúas semanas de cerco, as tropas mexicanas conquistaron o forte o 6 de marzo, matando os 250 rebeldes. Mentres, os rebeldes declararon a independencia na cidade de Washington-on-the-Brazos.


En 27 de marzo, o xeneral Santa Anna decidiu executar friamente na vila de Goliad a 330 rebeldes que foran capturados en batallas anteriores. Os rebeldes, inspirados por estas derrotas, e baixo o grito de guerra "Lembre El Álamo! Lembre Goliad!", atacaron o 21 de abril unha das forzas de Santa Anna composta por 1.200 soldados e era liderada por el mesmo. Os rebeldes - liderados por Sam Houston, un dos líderes da revolución - venceron a batalla, coñecida como Batalla de San Xacinto, e capturaron a Santa Anna, garantindo así a independencia de Texas. Os mexicanos non recoñeceron a independencia de Texas, aínda que recibiu recoñecemento dos EUA, do Reino Unido, da Francia e dos Países Baixos. En 1839, Austin foi escollida como a capital definitiva de Texas. Sam Houston e Stephen Austin son considerados os Pais da República de Texas, e, posteriormente, do Estado de Texas. Dúas cidades do estado, Houston -actualmente, a maior cidade de Texas- e Austin -a actual capital do estado- foron nomeadas en homenaxe a estes militares.


A poboación de Texas escolleu a Sam Houston como presidente da nova república. Texas, entón, enfrontaba serios problemas económicos, alén de continuos -aínda que pequenos- ataques indíxenas e mexicanos. A poboación de Texas quería que os Estados Unidos anexasen Texas, unha vez que a maioría da poboación da república era de ascendencia norteamericana. Porén, os Estados Unidos estaban divididos: o Sur quería que Texas -unha república escravista-, fose anexado, o Norte abolicionista non, porque temía un desequilibrio entre o Norte e o Sur. Alén diso, potencias europeas tales como a Francia e o Reino Unido opuxéronse a esta anexión, temendo que os Estados Unidos se tornase poderoso de máis. Así, durante dez anos Texas continuou a ser un país independente. Durante este período, a poboación de Texas creceu considerabelmente. Un estado predominantemente agrícola creou unha lei chamada Homestead Act, que impedía que as facendas fosen vendidas como pagamento de débedas, Esta lei posteriormente espallouse a varios estados norteamericanos.



1845 - 1900 |


O 29 de decembro de 1845, Texas converteuse no vixésimo oitavo estado norteamericano e México rompeu relacións diplomáticas cos Estados Unidos. Por causa de disputas territoriais sobre Texas e outros territorios e estados norteamericanos -particularmente, California- México declarou a guerra contra os Estados Unidos en 1846, sendo derrotado dous anos despois, na guerra mexicano-americana. Baixo os termos do Tratado de Guadalupe Hidalgo, México cedeu unha grande área aos Estados Unidos e cesou coas disputas territoriais sobre Texas.


Despois da guerra, Texas reivindicou moitas das áreas que foron cedidas por México. Aínda en 1850, o goberno dos Estados Unidos pagou a Texas 10 millóns de dólares -que foron usados polo goberno de Texas principalmente para o pagamento de débedas xa existentes- nun tratado en virtude do cal Texas cesaba con estas disputas territoriais. Alén diso, áreas ao norte de Texas foron divididas e anexadas por outros estados norteamericanos. Texas reorganizouse en 89 condados diferentes, e prosperou economicamente, atraendo así moitos inmigrantes, especialmente alemáns.


En 1861, o abolicionista Abraham Lincoln foi elixido como presidente dos Estados Unidos de América. Tanto o goberno como a maioría da poboación de Texas apoiaban a secesión, e nese mesmo ano, o estado saíu da Unión, xuntándose aos Estados Confederados de América. Algúns meses despois, comezou a Guerra Civil Americana e Texas serviu como fornecedor de materias primas para a Confederación; preto de 50.000 soldados de Texas loitaron contra forzas do Norte. Os Estados Unidos de América tentaron por diversas veces invadir e conquistar Texas, mais non tiveron suceso. En 1865, co fin da guerra, Texas, agora un territorio norteamericano, foi gobernado por un goberno militar. O 30 de marzo de 1870, Texas foi readmitido como un estado dos Estados Unidos.


A gandería tornouse unha das principais fontes de renda do estado despois do fin da guerra de secesión: desde o nordeste do estado, a práctica da gandería espallouse gradualmente ao resto do estado. Os constantes ataques indíxenas e a asimilación de varios aspectos da cultura mexicana por parte da poboación de Texas foron unha das razóns da popularización dos cowboys - vaqueiros -, homes que guiaban as mandas de bovinos e cabalos e ao mesmo tempo as defendían de ladróns e de ataques indíxenas.


A finais do século XIX, Texas xa tiña unha malla ferroviaria eficiente e de grande extensión. Esta malla ferroviaria axudou no poboamento do oeste americano ao longo das primeiras décadas do século XX. En 1900, un furacán abateuse sobre o estado, causando grandes prexuízos e matando máis de 6 mil persoas.



1900 - 1950 |


Ao longo das primeiras décadas do século XX, Texas continuou a expandir súa malla ferroviaria e iniciou unha expansión en grande escala da súa rede de estradas.


En 1901, descóbrese petróleo en Texas, o que fixo que pasase de ser un estado agrario a ser un estado maioritariamente industrial. O descubrimento trouxo consigo moitos cambios na economía do estado: construíronse novos portos, e ampliáronse outros xa existentes, e varias refinerías e fábricas foron construídas no estado, tanto que, entre 1900 e 1910, o valor dos produtos fabricados no estado se duplicou. Alén diso, a industrialización xerou un fluxo de migración, das áreas rurais en dirección ás cidades: en 1900, só un décimo da poboación do estado vivía en cidades; en 1920, xa subira a un terzo. San Antonio tornouse a maior cidade do estado, cos seus 120.000 habitantes, en 1926. A economía do estado pasou a ser de vital importancia co inicio da primeira guerra mundial: o petróleo producido en Texas converteuse nunha materia prima indispensábel para os esforzos de guerra dos Estados Unidos e mailos seus aliados.


En 1925, Miriam Ferguson foi a segunda muller en subir ao posto de gobernador dun estado dos Estados Unidos.


Coa chegada do automobilismo, Texas iniciou a masiva construción de autoestradas ao longo do estado. Durante a década de 1930, coa Gran Depresión, a construción de autovías axudou a minimizar os efectos da recesión económica. Alén diso, foron implementados nesta década pensións para refuxiados e programas de axuda social.


Máis dun millón de soldados norteamericanos realizaron o seu adestramento en Texas, con ocasión da segunda guerra mundial.



1945 - Tempos actuais |


Despois da segunda guerra mundial, Texas pasou por un rápido proceso de industrialización, que converteu a poboación do estado en predominantemente urbana. Diariamente, centos de persoas -especialmente os novos- migraban dos campos para as cidades. En 16 de abril de 1947, nun dos peores accidentes da historia dos Estados Unidos, un navío francés, transportando produtos químicos altamente explosivos, estoupou no porto de Texas City, matando aproximadamente 500 persoas.


Tamén despois do fin da guerra, foron descubertas grandes reservas de petróleo nas augas do Golfo de México, próximas ao litoral de Texas. En 1950, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos determinou que estas augas non formaban parte de Texas sino que pertencían directamente ao goberno norteamericano, mais a opinión pública negativa e as presións do goberno de Texas fixeron que o goberno nacional revisase este xuízo en 1953. O petróleo localizado no Golfo de México promoveu o rápido crecemento de Houston, que se converteu na maior cidade do estado.


Texas enfrontouse con grandes problemas raciais ao longo da década de 1950 e de 1960. Ata entón, o sistema educativo do estado seguía unha política de segregación pero en 1954, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos xulgou que esta política era inconstitucional. Gradualmente, ata o fin da década de 1960, Texas integrou os seus sistemas educactivos. En 1963, o texano Lyndon Johnson tornouse o primeiro home do Sur que chegaba a presidente dos Estados Unidos despois do fin da Guerra Civil Americana. Johnson - anteriormente vicepresidente - tomou posesión despois da morte do entón presidente, John F. Kennedy.


Texas tivo un importante papel no programa espacial dos Estados Unidos. O cuartel xeneral da NASA foi construído en Houston, en 1964. En 1969, enxeñeiros e científicos da NASA axudaron os astronautas da misión Apollo 11 na súa misión rumbo á Lúa. A industria aerospacial pasou a gañar gradualmente maior importancia na economía do estado.


Na década de 1970, a inmigración mexicana cara os Estados Unidos pasou a aumentar gradualmente. Moitos dos mexicanos -moitos deles inmigrantes ilegais- instaláronse en Texas. A inmigración de hispanos fixo que, no final da década de 1980, Texas superase en poboación ao estado de Nova York. A gran poboación de Texas e a forte economía do estado explican o aumento da importancia política de Texas no país. En 1988, o texano George Herbert Walker Bush foi elixido presidente dos Estados Unidos; posteriormente, en 2000, o entón gobernador de Texas, George Walker Bush, fillo de Herbert Bush, foi elixido presidente do país, e foi reelixido en 2004.


Na actualidade existen movementos independentistas que pretenden que Texas volva a ser república.



Xeografía |


Texas é o segundo maior estado dos Estados Unidos (despois de Alasca), e o maior localizado nos Estados Unidos continentais. Situado na rexión Sur, Texas limita con Novo México ó oeste, con Oklahoma ó norte, con Louisiana e Arcansas ó leste, co Golfo de México ó sueste e con México (estados de Chihuahua, Coahuila, Nuevo León e Tamaulipas) ao sur.


Posúe un total de 591 quilómetros de litoral, contándose só Golfo de México; se se inclúen os estuarios de ríos, lagos e illas oceánicas, o lonxitude do litoral de Texas chega ós 5.409 quilómetros. Unha serie de barreiras de area ao longo do litoral de Texas protexe o estado de tempestades tropicais e de tsunamis. Alén diso, Texas non posúe ningún volcán activo e está lonxe de calquera placa tectónica, o que fai que os desastres naturais de grandes proporcións sexan moi raros no estado.


O punto máis alto é o Monte Guadalupe, cos seus 2,667 metros de altitude. Tamén destaca o Río Grande, que separa Texas de México, servindo como fronteira natural entre México e os Estados Unidos.


Texas está dividido en cinco rexións:


  • As Planicies Litorais, rexión localizada ao longo do extremo sur e do leste de Texas, acompañando o litoral, co Golfo de México. Está caracterizada pola súa fertilidade e o clima subtropical. A altitude media da rexión é de 91 metros por riba do nivel do mar. O norte desta rexión posúe bosques de tamaño considerable.

  • A Planicie dos Praires, caracterizada por solo fértil, ideal para agricultura. Está localizada inmediatamente ao norte e ao oeste das Planicies Litorais.

  • As Planicies do Noroeste, que se localizan no centro-norte do estado. É unha rexión de terreo accidentado, de crecente altitude (aproximadamente trescentos metros), onde se localizan grandes depósitos de petróleo.

  • As Grandes Planicies, que se estenden inmediatamente ao norte das Planicies Litorais e a oeste das Planicies dos Praires e ata o extremo nordeste do estado. Posúe altitudes variadas, variando entre 213 metros de altitude no leste a máis de 1.200 no noroeste. É caracterizada polo seu clima árido e polo seu solo rochoso e pobre.

  • O Deserto de Trans Peco, localizado no suroeste do estado. Caracterízase polo seu clima extremadamente árido e o seu terreo moi accidentado, cun solo moi pobre e rochoso, onde a agricultura é case inexistente e a práctica da gandería é común.






Lago Caddo, Planicies Litorais.





Hill Country, Chaira dos Praires



Clima |


Dado o tamaño de Texas, o clima no estado varía de rexión a rexión. No extremo sur o clima é tropical, mentres que na rexión sur en xeral o clima é subtropical. O extremo occidental posúe un clima desértico, con grandes variacións ao longo do día. O norte do estado posúe un clima temperado suave. As rexións ao longo do Golfo de México posúen un clima agradable, con menores variacións de temperatura.


No verán, as temperaturas máis altas rexístranse no extremo sur e no suroeste do estado, e as temperaturas máis baixas, no extremo occidental do estado. As zonas ao longo do Golfo de México presentan unha temperatura media de 31 °C, con leves variacións de temperatura durante o día e a noite, mentres que as rexións do extremo occidental posúen temperatura media de 26 °C no verán (aínda que con altas temperaturas durante o día e baixas temperaturas durante a noite). A rexión en torno de Dallas tamén presenta medias maiores de 30 °C no verán, mentres que o extremo norte posúe medias menores do que 25 °C. Máximas de 36 °C en Dallas e de 34 °C ao longo do Golfo de México.


No inverno, as temperaturas máis altas rexístranse no extremo sur de Texas, con medias de 15 °C. A medida que se sobe cara o norte, a temperatura media cae, chegando a 1 °C no extremo norte. As máximas son de 14 °C en Dallas e de 20 °C ao longo do Golfo, e as mínimas de 0 °C e de 6 °C respectivamente.


A precipitación media no estado é baixa, de apenas 117 centímetros, aínda que isto varíe entre máis de 150 centímetros no extremo oriente a menos de 30 centímetros no extremo occidental. A neve é moi rara no estado e varias rexións non rexistran neve desde hai anos. De media, Dallas rexistra 82 días de precipitación por ano, mentres que a media das rexións ao longo do Golfo de México é de 72. A estación pluviosa é o inverno, e a estación seca é o verán.



Política |


A capital de Texas á Austin. O Capitolio Estatal é similar ao localizado en Washington DC, mais é de granito cor rosa. No cumio do Capitolio está unha estatua, a "Deusa da Liberdade". Ao contrario dos Capitolios dos estados do norte, e en común en relación a outros Capitolios sudistas, o Capitolio de Texas apunta cara o sur, en vez de para o norte.


A actual Constitución de Texas foi adoptada en 1876. Novas emendas á Constitución precisan ser aprobadas por ao menos dous terzos dos membros da Cámara dos Representantes e do Senado, para ser logo sometidas a votación pública, válida en todo o estado. Se a maioría dos electores do estado votaron a favor da nova emenda, é entón engadida á Constitución.


O maior oficial do Poder executivo de Texas é o gobernador. Este é elixido pola poboación por mandatos de ata catro anos de duración, podendo reelixirse cantas veces quixer. Desde que Texas se converteu nun estado norte americano, a gran maioría dos seus gobernadores foron demócratas; só Texas foi gobernado en cinco ocasións por políticos non-demócratas, catro republicanos e un sen afiliación política.


O Poder lexislativo de Texas consiste nunha Cámara do Senado composta por 31 Senadores e unha Cámara dos Representantes composta por 150 membros. Texas está dividido en 31 distritos senatoriais e 150 distritos representativos, e os electores en cada un deles elixen un Senador e un Representante, que actuará como representante da rexión das súas respectivas cámaras no Poder Lexislativo. Os Senadores son elixidos por mandatos de ata 4 anos de duración, e os Representantes por mandatos de ata 2 anos. O Poder Lexislativo ten o poder de crear e aprobar leis, aínda que estas leis teñan de ser aprobadas tamén polo gobernador.


O maior tribunal do Poder xudicial é o Tribunal Supremo de Texas.


Texas posúe máis condados que calquera outro estado norteamericano: está dividido en 254 condados diferentes, cada un deles gobernado por un Consello composto por un xuíz e catro oficiais vidos de diferentes partes do condado en cuestión. Estes son escollidos pola poboación do condado por mandatos de ata 4 anos de duración. Este consello administra as finanzas do condado e posúe o poder de recadar un pequeno imposto (de non máis do 1%) no condado.


En Texas existen preto de 180 cidades con máis de 5.000 habitantes. Estas cidades posúen o dereito de establecer as súas propias leis municipais, de planear o seu desenvolvemento urbano e de recadar os seus propios impostos. En cidades e vilas con menos de 5.000 habitantes, corresponden ao condado do que forma parte.


Os impostos estatais son responsábeis da metade da renda de Texas. Os principais impostos son un imposto aplicado sobre a venda de produtos en xeral e un imposto extra para petróleo e derivados. Texas, como outros 8 estados norteamericanos, non colecta imposto sobre a renda dos seus habitantes. O resto da renda necesaria provén do goberno federal norteamericano.



Demografía |






Crecemento da poboación de Texas



















Ano
Habitantes
1850212,592
1860604,215
1870818,579
18801,591,749
18902,235,527
19003,048,710
19103,896,542
19204,663,228



















Ano
Habitantes
19305,824,715
19406,414,824
19507,711,194
19609,579,677
197011,198,655
198014,227,574
199017,059,805
200020,851,820

Unha estimativa realizada en 2004 estima a poboación do estado en 22.490.022. O estado posúe preto de 3.450.500 habitantes (15.6% da poboación do estado) que naceron fóra do país: destes, estímase que 1,2 millóns (5,4% da poboación do estado) son ilegais. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu en aproximadamente 4,6 millóns de habitantes, un crecemento de aproximadamente o 26%.



Raza e etnias |


Máis dun terzo dos habitantes de Texas son hispanos. Algúns deles son inmigrantes recentes do México, América Central ou da América do Sur, ou os descendentes directos destes inmigrantes. Outros hispanos, coñecidos xa como texanos, son descendentes de mexicanos que vivían na rexión moito antes da independencia de Texas.


Outras etnias maioritarias inclúen descendentes de alemáns, poloneses, suecos, noruegueses, checos e franceses. A inmigración destas etnias comezou a partir da década de 1850, e continuou en números considerábeis ata o fin da Segunda Guerra Mundial. A influencia destes inmigrantes, chegados das máis diversas partes de Europa, sobrevive nos nomes das cidades, estilos arquitectónico, estilos musicais e na gastronomía da rexión.


En tempos recentes, a poboación de asiáticos creceu na rexión, especialmente en Houston e en Dallas. Estas etnias inclúen chineses, vietnamitas, filipinos, tailandeses e paquistanís.


Se as taxas de inmigración continúan nos niveis actuais, os hispanos serán maioría na década de 2030.






















Ascendencia racial

2000

2003

Brancos (Non hispanos)
52.4%
50.6%
Hispanos (de calquera raza)
32%
34.2%

Afroamericanos (Non hispanos)
11.5%
11.5%

Asiáticos (Non hispanos)
2.7%

Nativos americanos (Non hispanos)
0.6%
Outras etnias/Dúas etnias ou máis
2.5%
3.7%


Vista aérea de Houston.


As maiores etnias do estado inclúen: mexicanos (24,3% da poboación), afroamericanos (11,5%), alemáns (9,9%), ingleses (7,2%) e irlandeses (7,2%).


O 7,8% da poboación ten menos de 5 anos de idade; o 28,2%, menos de 18 anos; e o 9,9%, máis de 64 anos de idade. As mulleres constitúen o 50.4% da poboación do estado.



Relixión |


As afiliacións relixiosas da poboación de Texas son:



  • Protestantes – 57%


  • Igrexa católica – 29%

  • Outras relixións: 2%

  • Sen relixión: 12%


Principais cidades |







Austin.



  • Abilene.


  • Amarillo.


  • Austin–Round Rock.


  • Beaumont–Port Arthur.


  • Brownsville–Harlinxe.


  • College Station–Bryan.


  • Corpus Christi.


  • Dallas–Fort Worth–Arlington.

    • Dallas.


    • Fort Worth.


    • Arlington.


    • Plano.


    • Irving.


    • Carrollton.


    • Richardson.


    • Denton.


    • McKinney.



  • El Paso.


  • Houston–Sugar Land–Baytown.

    • Houston.


    • Sugar Land.


    • Baytown.


    • Galveston.



  • Killeen–Temple–Fort Hood.


  • Laredo.


  • Longview.


  • McAllen–Edinburg–Mission.


  • Midland.


  • Odesa.


  • San Angelo.


  • San Antonio.


  • Sherman–Denisson.


  • Texarkana.


  • Tyler.


  • Victoria.


  • Waco.


  • Wichita Falls.


Economía |




O algodón xa foi unha das principais fontes de renda de Texas, mais actualmente a súa importancia para a economía do estado é pequena.


En parte por causa da súa gran poboación, a economía de Texas é unha das maiores do país. O produto interior bruto de Texas, de 764.000 millóns de dólares, é o terceiro maior dos Estados Unidos, despois só de California e de Nova York .


O sector primario de Texas é responsábel do 1% do PIB. A agricultura e a gandería - que xa foron anteriormente as principais fontes de renda do estado - empregan aproximadamente 500.000 persoas.


O sector secundario responde do 25% do PIB, se ben chegou a representar máis do 75%, durante os anos da segunda guerra mundial. Os produtos fabricados anualmente no estado teñen un valor total de máis de 130.000 millóns de dólares. A máis importante industria do estado é a industria de alta tecnoloxía (as fábricas produtoras de equipamentos electrónicos avanzados, softwares e computadores están localizadas principalmente en Houston e en Austin). Texas é o maior produtor de produtos químicos en xeral - fertilizantes, ácido sulfúrico e medicamentos son os máis importantes. Por causa da inmensa poboación, o procesamento de alimentos é a terceira maior industria do estado. E Texas é o maior produtor de petróleo e derivados dos Estados Unidos, posuíndo as maiores reservas do recurso natural do país; a extracción de petróleo e gas natural emprega máis de 250.000 persoas e representa o 6% do PIB do estado. Ademais, case 70.000 persoas traballan na xeración de electricidade (o estado é o maior produtor de enerxía eléctrica do país). A industria de manufactura emprega a máis de 900.000 persoas, e responde ela soa do 14% do PIB do estado. E a industria de construción representa o 5% do PIB, empregando máis de 750.000 persoas.


O sector terciario representa máis do 74% do PIB. Dallas é sede de varias das máis importantes empresas financeiras dos Estados Unidos, mentres que Hoston é a sede das principais empresas petrolíferas do país. Os servizos comunitarios, comerciais e persoais representan o 20% do PIB, e empregan máis de 3,5 millóns de persoas; o comercio representa o 17% do PIB e emprega 2,5 millóns de persoas; as finanzas empregan aproximadamente 885.000 persoas e representan o 14% do PIB; e os servizos gobernamentais empregan 1,7 millón de persoas e representan o 12% do PIB.



Educación |


En 1854, o xa estado norteamericano de Texas instituíu un sistema estatal de ensino público escolar. Actualmente, como no resto do país, cada cidade -ou condado, caso de que a poboación da cidade ou vila sexa moi baixa - é a encargada de administrar o seu propio sistema escolar público. A Axencia Escolar de Texas supervisa estes sistemas municipais de escolas públicas, e dita normas e patróns que deben ser cumpridos por todas elas. Todo meniño de máis de 6 anos de idade debe asistir á escola, ata a graduación ou a maioría de idade (aos 18 anos).


O Sistema de Universidades de Texas, estabelecido pola Constitución de Texas en 1876, consistía en 9 universidades académicas e seis institucións de saúde. En 2004. 182.752 estudantes estudaron nunha das institucións controladas polo Sistema de Universidades de Texas, facendo desta empresa un dos maiores sistemas de educación superior nos Estados Unidos. En 2004, só na Universidade de Texas en Austin, a maior das institucións administradas polo Sistema de Universidades, matriculáronse 50.377 estudantes.


A Universidade de Texas en Austin xa foi no pasado a maior institución de ensino superior de todos os Estados Unidos, mais actualmente, a universidade caeu a unha terceira posición. Está considerada a décimo quinta mellor universidade do mundo [1][Ligazón morta]. Sete programas de doutoramento están entre os 10 mellores do país, e un total de 22 programas de doutoramento da Universidade de Texas en Austin aparecen entre os 25 mellores dos Estados Unidos. En 2004, a University of Texas Southwestern Medical Center at Dallas foi considerada a décimo sexta mellor escola médica dos Estados Unidos. Once estudantes formados nesta institución de ensino superior gañaron posteriormente o Premio Nobel [2][Ligazón morta].


O Sistema de Universidades de Houston é o maior sistema de institucións de educación superior urbana na costa do Golfo de México, alén de ser o terceiro maior sistema de institucións de ensino superior de Texas. Este sistema administra catro diferentes universidades, tres delas localizadas en Houston. A sede deste sistema é a Universidade de Houston. Está especializado en supercondutividade, na industria aeroespacial, na enxeñaría biolóxica, economía, educación, exploración petrolífera e administración. Alén diso, a UH Law Center's Health Law and Policy Institute, que ensina dereito, é considerada a mellor do país na área, coa Property Law Program en quinto.


Tamén localizada en Houston é o Centro Médico de Texas, a maior concentración de investigacións, estudos e institucións relacionados con saúde, tales como a Faculdade Baylor de Medicina, University of Texas Health Science Center at Houston e a The University of Texas M. D. Anderson Cancer Center. A University of Texas M. D. Anderson Cancer Center é considerada unha das institucións de ensino superior máis produtivas e cualificadas do mundo no tratamento do cancro.


Alén diso, Houston é o domicilio de varias institucións de ensino superior privadas, tales como a Universidade Rice, que ten o maior número de alumnos estudando economía e finanzas do mundo.



Transportes |


Antigamente, varias estradas precarias, construídas por exploradores españois, cruzaban Texas. Por moito tempo, estas estradas serviron como rutas a outros exploradores e misioneiros. A rede de estradas de Texas ten aproximadamente 490 mil quilómetros de extensión. É unha das máis extensas de todo os Estados Unidos de América.


En 1852 construíuse a primeira liña de ferrocarril do estado e actualmente, Texas posúe unha rede ferroviaria composta por 44 liñas diferentes. Esta malla fornece transporte interurbano de pasaxeiros entre 20 cidades diferentes, e servizos de carga para máis de 300 cidades e vilas.


O transporte público nas cidades de Texas é precario. Non existen liñas de metro en ningunha das grandes cidades, e só unha rede de rutas de autobuses, xeralmente ineficiente, e nalgúns casos, suplementada por unha ou dúas liñas de light rail, cortan a cidade. A precariedade do transporte público fai que o uso de coches por parte da poboación texana sexa moito alto, xerando constantemente conxestionamentos e contaminación atmosférica.


Texas ten 13 grandes portos marítimos, sendo que o porto de Houston é o de máis movementos do estado. Texas posúe un gran centro aeroportuario internacional: o Aeroporto Internacional de Dallas, que é o quinto aeroporto con máis movementos do mundo, e é o principal centro de operacións da American Airlines, a maior compañía aérea do mundo.



Notas |


(en inglés)



  • http://www.census.gov/ United States Census Bureau


  • https://web.archive.org/web/20080529082139/http://www.state.tx.us/ Páxina oficial de Texas


  • https://web.archive.org/web/20080306171835/http://www.ed.gov/index.jhtml United States Department of Education


  • http://www.bea.gov/ United States Department of Commerce


  • http://www.noaa.gov/ National Oceanic and Atmospheric Administration


  • Campbell, Randolph B (2003). Gone to Texas : A History of the Lone Star State. Oxford University Press. ISBN 0-19-513842-2. 


  • Texas A & M University (1999). Texas Almanac 2000-2001. Dallas Morning News. ISBN 0-914511-28-9. 


Véxase tamén |





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Texas&oldid=4920531"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.792","walltime":"1.512","ppvisitednodes":"value":945,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":43526,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1208,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":18,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1230.332 1 -total"," 75.64% 930.563 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.33% 200.965 1 Modelo:Estados_Unidos"," 15.95% 196.276 1 Modelo:Navbox"," 3.81% 46.814 2 Modelo:Cita_libro"," 2.93% 36.069 1 Modelo:Commons"," 2.71% 33.297 1 Modelo:Irmáns"," 2.40% 29.539 1 Modelo:Caixa_lateral"," 0.98% 12.093 1 Modelo:US-GA"," 0.92% 11.371 1 Modelo:US-DE"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.476","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":8388247,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1332","timestamp":"20190427222741","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":170,"wgHostname":"mw1268"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020