Skip to main content

Búfalo africano Índice Características | Bioloxía | Distribución e hábitat | Depredadores | Taxonomía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Syncerus caffer"El Búfalo Cafre (Syncerus caffer)Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third editioncaffer Sparmaen, 1799 described in BosDe cafres e Cafraria, rigor, ofensas e lexicologiaSyncerusSyncerusSyncerusSyncerusEl Búfalo Cafre (Syncerus caffer)Syncerus cafferSyncerus cafferSyncerus cafferSyncerus cafferSyncerus cafferID4140575-4SyncerusID56781SYKRCA1497192441034424051058751818384721251142007079970

BovinosAnimais descritos en 1779


especiemamíferoartiodáctiloruminantefamiliabóvidosbosquessabanasÁfrica subsaharianapelaxebovinosdimorfismo sexualÁfrica centralsabanasxestacióndepredadoresSaharaSenegalSudánEtiopíaSuráfricahomeleóncrocodilo do Niloleopardoshienas1847naturalistabritánicoBrian Houghton Hodgsongrego antigo1779naturalistasuecoAnders Erikson SparrmanportuguésárabeSuráfrica












Búfalo africano




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Syncerus caffer
Búfalo africano / Búfalo cafre


Búfalo africano
Búfalo africano

Estado de conservación

Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]

Clasificación científica




























Reino:

Animalia


Filo:

Chordata

Subfilo:

Vertebrata


Clase:

Mammalia


Orde:

Artiodactyla

Suborde:

Ruminantia

Infraorde:

Pecora


Familia:

Bovidae

Subfamilia:

Bovinae


Tribo:

Bovini

Subtribo:

Bubalina


Xénero:

Syncerus
Hodgson, 1847

Especie:

S. caffer


Nome binomial

Syncerus caffer
Sparrman, 1779

Distribución de Syncerus caffer


Distribución de Syncerus caffer

Rspecie (bioloxía)

Véxase o texto

O búfalo africano,[2] ou búfalo cafre (Syncerus caffer) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos[3] que habita nos bosques e sabanas da África subsahariana, especialmente ao leste do continente.




Índice





  • 1 Características


  • 2 Bioloxía


  • 3 Distribución e hábitat


  • 4 Depredadores


  • 5 Taxonomía

    • 5.1 Subespecies



  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas

      • 7.3.1 Xénero Syncerus


      • 7.3.2 Especie Syncerus caffer






Características |




Parella de búfalos africanos no P. N. doSerengeti, Tanzania.




Búfalo africano macho.




Cranio de búfalo africano.




Manda de búfalos africanos.




Búfalo africano na Ngorongoro Conservation Area, Tanzania.


De corpo moi grande e mazizo, pesado e con patas vigorosas, con aspecto que recorda ao do gando vacún, co fociño grande, ancho, espido e húmido, e cornos moi macizos e unidos nas bases.[4]


O seu tamaño é algo menor ao do seu parente o búfalo aisático (Bubalus bubalis bubalis), con quen comparte subtribo, aínda que segue a ser impoñente, xa que ten unha lonxitude de cabeza e tronco de entre 2,1 e 3,4 m, e unha altura na cruz de entre 1 e 1,7 m,[4][5][6] e pode pesar até 800 ou mesmo 900 kg (os espécimes que viven nas sabanas; os que habitan nas selvas, só até os 320 kg).[4][5][6]


Os cornos, presentes en ambos os sexos, son grosos e moi desenvolvidos, moi anchos nas bases, macizas e soldadas entre si, e curvados cara a arriba nos extremos, rematados en punta. Os das femias están menos desenvolvidos. O tamao dos cornos, a coloracoión xeral e a forma son moi variábeis segundo as subespecies.[4] A envergadura dos cornos (distancia entre as puntas) pode alcanzar nos machos un metro.


As patas son fortes e vigorosas, o pescozo máis ben curto, e o fociño ancho e espido. As orellas son grandes.[4]


O corpo está cuberto cunha pelaxe de cor parda escura ou negra, rara e cos pelos de escasa lonxitude nos adultos (pero ben poboada nos individios novos);[4] os pelos só son longos en todos os espécimes no extremo da cola e nos bordos das orellas. Nos individuos novos a coloración da pelaxe é en xeral más parda ou avermellada.[4]


Ao igual que na maior parte dos bovinos, esta especie tamén presenta dimorfismo sexual, sendo as femias de menor tamaño, cor máis clara e cos cornos máis pequenos.



Bioloxía |


Os machoa maduran sexualmente antes que as femias, contra os cinco anos de idade, mentres que as femias alcanzan a madurez aos oito anos.


Os búfalos africanos son animais gregarios, que se agrupan en mandas de tamaño variábel, desde 4 oi 5 individuos nas zonas boscosas de África central, a miles nas sabanas do leste do continente. Os machos ocupan as marxes do grupo, mentres que as femias e as crías (normalmente unha por parto tras unha xestación de 300 a 330 días) concéntranse no interior, onde corren menos perigos. As mandas contan cun grupo de machos vellos que a guían e a alertan dos depredadores.[7]



Distribución e hábitat |


A área de dispersión do búfalo africano é bastante extensa, pero moi fragmentada. A partir do sur do Sahara esténdese desde o Senegal ao Sudán, e até Etiopía, abarcando a zona de selva ecuatorial, isto é, por todca a parte central do continente.[8] Polo sur chega até Suráfrica (Véxase mapa na caixa de clasificación na parte superior esquerda do artigo).


Estes ruminantes prefiren as chairas á montaña, e establécense case sempre en zonas nas que abunde a auga, xa que non poden prescindir dela en absoluto; Porén, en casos extremos confórmanse coa lama.[8]



Depredadores |


Dado o seu tamaño e o seu mal carácter (sobre todo cando están feridos), os búfalos africanos carecen de depredadores, salvo o home, o león e o crocodilo do Nilo. Os leopardos e as hienas depredan ocasionalmente sobre as crías que se afastan demasiado da manda, aínda que isto no sucede con frecuencia.[6]



Taxonomía |


O xénero Syncerus foi establecido en 1847 polo administrador colonial, etnólogo e naturalista británico Brian Houghton Hodgson.


O nome Synceus deriva do elemeto de composición do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, "xuntamente", "á vez", "ao mesmo tempo", e a palabra κέρασ kéras, "corno", aludindo á unión dos cornos destes animais na base.


A especie fora descrita moito antes, en 1779, polo naturalista sueco Anders Erikson Sparrman, baixo o nome de Bos caffer,[9]
na páxina 79 da súa obta "Bos Caffer, et nytt Species af Buffel, från Caput Bonæ Spei", publicada en Kongliga Vetenskaps Academiens Handlingar 40 (1-3): 79-84. Stockholm.[10] Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Syncerus, como Syncerus caffer, nome que se conservou até hoxe.


O nome caffer Sparrman tirouno do portugués antigo cáfer, que á súa vez o tomou do árabe كافر, káfir, "infiel", "incrédulo", que os comerciantes árabes aplicaban aos nativos das rexións bantús de Suráfrica.[11][12]



Subespecies |


A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusións debido á gran variabilidase da especie.[4] Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[5][13] (véxase o mapa máis arriba) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[3]



  • Syncerus caffer caffer - búfalo negro, búfalo do Cabo


  • Syncerus caffer aequinoctialis - búfalo do Nilo


  • Syncerus caffer brachyceros - búfalo do Sudán


  • Syncerus caffer matthewsi - búfalo de montaña (Habita en zonas montañosas, e non está universalmente recoñecido)


  • Syncerus caffer nanus - búfalo anano, búfalo de bosque


Notas |




  1. "Syncerus caffer". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 



  2. Sánchez García, L.; M. Vallejo Vicente; A. Iglesia Becerra; F. Álvarez Yebra; M. Fernández Rodríguez e J. M. Salgado López (1992): Razas bovinas autóctonas de Galicia. I Razas morenas galegas (cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa). Recursos xenéticos a conservar. Santiago: Xunta de Galicia.


  3. 3,03,1 Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third edition.


  4. 4,04,14,24,34,44,54,64,7 Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 279-280.


  5. 5,05,15,2 Haltenorth, R. & Doller, H. (1986), pp. 106-108.


  6. 6,06,16,2 Nowak, Ronald M. (1999): Walker's mammals of the world. Volume 1, 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.


  7. Hanák, Vladimír & Mazák, Vratislav (1991): Enciclopedia de los Animales. Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Editorial Susaeta. ISBN 84-305-1967-X.


  8. 8,08,1 El Búfalo Cafre (Syncerus caffer) en Zoowebplus.


  9. Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third edition


  10. caffer Sparmaen, 1799 described in Bos en AnimalBase page SUB Göttingen. Species taxon symmary.


  11. De cafres e Cafraria, rigor, ofensas e lexicologia en blog de Vítor Santos Lindegaard Svendborg, Fyn, Denmark.


  12. Posteriormente a palabra cafre foi un termo ofensivo para designar a unha persoa de raza negra, especialmente na súa tradución inglesa, kaffir, na África do Sue e outros países africanos, onde é considerado denigrante. Orixinalmente era un termo neutro para designar aos negros africanos. Cafre, ou Cafreal, designa unha hipotética língua do pobo dunha rexión designada como a Cafrería, termo que, nos textos antigos, refírese a unha rexión moi extensa que se poderia definir como a parte coñecida polos europeos da África Austral. Hoxe, o dicionario da RAG dá para cafre estes singificados: cafre adxectivo 1. Da Cafrería (África do Sur) ou dos seus habitantes. 2. coloquial. Salvaxe, bárbaro. (tamén substantivo) 3. substantivo. Persoa natural ou habitante da Cafrería (África do Sur). 4. substantivo masculino. Persoa non musulmá.


  13. Syncerus no NCBI.



Véxase tamén |







Bibliografía |


  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.

  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.

  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.


Outros artigos |


  • Bóvidos

  • Bovinos


Ligazóns externas |



Xénero Syncerus |



  • Syncerus en Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third edition (en inglés)


  • Syncerus en ADW (en inglés)


  • Syncerus no NCBI (en inglés)


Especie Syncerus caffer |



  • El Búfalo Cafre (Syncerus caffer) en Zoowebplus (en castelán)


  • Syncerus caffer en Wilson & Reeder (2005): Mammal Species of the World. Third edition (en inglés)


  • Syncerus caffer en Ultom,ateUngulate.com (en inglés) Abundante información, fotos, mapa e referencias.


  • Syncerus caffer en ADW (en inglés) Sbundante información


  • Syncerus caffer no SIIT (en francés)


  • Syncerus caffer na Lista vermella da UICN (en inglés) Versión 2014.2




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Búfalo_africano&oldid=5103749"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.428","walltime":"0.547","ppvisitednodes":"value":1761,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":23109,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2093,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":14,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10714,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":15,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 419.659 1 -total"," 42.65% 178.987 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 21.33% 89.521 1 Modelo:Listaref"," 15.60% 65.483 1 Modelo:IUCN"," 14.79% 62.071 1 Modelo:Taxobox"," 14.75% 61.911 1 Modelo:Cita_web"," 13.10% 54.972 1 Modelo:Commonscat"," 13.05% 54.768 2 Modelo:Irmáns"," 12.18% 51.128 2 Modelo:Caixa_lateral"," 11.33% 47.536 1 Modelo:Taxobox/núcleo"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.186","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5145828,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1339","timestamp":"20190330191915","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Bu00fafalo africano","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/B%C3%BAfalo_africano","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q160042","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q160042","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2014-10-06T11:45:51Z","dateModified":"2019-03-30T19:19:15Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/cb/African_Buffalo.JPG"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":187,"wgHostname":"mw1240"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020