Euroleague Índice Historia | Formato | Finais | Títulos | Datos e curiosidades | Líderes estatísticos | Actuacións individuais | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónwww.euroleague.netAbout Euroleague BasketballEuroleague CEO visits Nike in China"Un trofeo de diseño""Palmarés - Euroliga de Baloncesto"Djordjevic tripla final 92 contra a PenyaTapón Vrankovic a MonteroSitio web oficiale
Fragiskos AlvertisSergei BelovMiki BerkovichDejan BodirogaWayne BrabenderJuan Antonio CorbalánKrešimir ĆosićDražen DalipagićPredrag DanilovićMike D'AntoniVlade DivacAleksandar ĐorđevićMirza DelibašićNikos GalisPanagiotis GiannakisManu GinóbiliŠarūnas JasikevičiusRadivoj KoraćToni KukočClifford LuykPierluigi MarzoratiBob McAdooDino MeneghinBob MorseAldo OssolaTheodoros PapaloukasAnthony ParkerDražen PetrovićDino RađaManuel RagaAntonello RivaEmiliano RodríguezArvydas SabonisJuan Antonio San EpifanioWalter SzczerbiakArtenik ArabadjianMikhail DavidovLubomir KotlebaYvan MaininiKostas Rigas
Euroliga
baloncestoEuropaUnión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB)20002001Federación Internacional de Baloncesto (FIBA)novembro2004FIBA EuropachinesesEstados UnidosNBATVFederación Internacional de Baloncesto (FIBA)19575819651962Xenebra196319661966BoloñaMilánMadrid1967Recopa de EuropaCopa Saporta1972Copa KoraćfrancésfútbolFIBA1957BulgariaIugoslaviaEspañaFranciaChecoslovaquiaUnión Soviética1958Europa do Lestebloque soviéticoASK RigaCSKA MoscovaDinamo TbilisiAcademic Sofia1961Europa occidentalReal MadridEspañaCSKA1964checosSpartak Brnocampión soviéticoXogos OlímpicosToquio 19641969Olimpia MilanoClifford LuykEmiliano RodríguezWayne Brabender1966Bill BradleyNational Basketball AssociationNBA19701973New York KnicksEstados Unidos1969CSKA de MoscovaSergei BelovBarcelonaUnión SoviéticaReal MadridPallacanestro VareseItaliaBosna SaraievoMaccabi Tel-AvivDino Meneghin19712006israelísMaccabi Tel-Aviv1979iugoslavaBosna SaraxevoBogdan TanjevicIugoslaviaPallacanestro CantùVirtus RomaOlimpia Milano19821983Cantúliga italianaBanco di RomaCibona ZagrebDražen PetrovićCibonaJugoplastikaanos 9019961992KK PartizanSaša ĐorđevićPredrag DanilovićBelgradocatalánJoventut BadalonaFranciaBenneton TrevisoToni Kukoč1994gregoBadalonaReal MadridArvydas Sabonis1996PanathinaikosFC Barcelonacataláns1997199419952000Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB)Federación Internacional de Baloncesto (FIBA)SuproligaPanathinaikos BCFederación Internacional de Baloncesto (FIBA)Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB)novembro2004FIBA Europa20012011EuroligaPanathinaikos2001200720092011Maccabi Tel Aviv20042005200620082011FC Barcelona20032010200910inglésULEBEurocupinglés2009200809inglés200420072010Paríssistema de todos contra todosŽeljko ObradovićEttore MessinaPini GershonMaccabi Tel Avivisraelíitaliano1998ULEBKinder BoloniaBaskoniaCSKA MoscovaserbioPanathinaikosKK Partizan7Up JoventutReal MadridlituanoŠarūnas Jasikevičius2003FC BarcelonaPanathinaikositalianoDino Meneghin196465Radivoj KoraćOKK BelgradoAlvik BBKsueco
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Euroleague
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
EuroLeague | |
---|---|
Fundación | 1957 (2000 co formato actual) |
Rexión | Europa (FIBA Europa) |
Equipos | 24 (fase de grupos) 30 (ronda preliminar) |
Actual campión | Real Madrid (10º título) |
Máis laureado | Real Madrid (10 títulos) |
Televisión | Euroleague TV (52 canles) |
Lema | I Feel Devotion |
Sitio web | www.euroleague.net |
Euroliga 2018-19 |
A EuroLeague, tamén comunmente coñecida como Euroliga, é a actual máxima competición de clubs de baloncesto de Europa e está organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada 2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coa Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos.
En novembro de 2004[1][2] comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas. Un dos acordos alcanzados foi o recoñecemento da Euroliga como máximo torneo europeo de clubs por parte de FIBA Europa. A competición é retransmitida por televisión en 197 países e mesmo pode ser vista por 200 millóns de espectadores chineses cada semana, así como nos Estados Unidos, en NBATV.
Índice
1 Historia
1.1 Copa de Europa
1.1.1 Comezos
1.1.2 Anos 60: O auxe do Real Madrid e do CSKA Moscova
1.1.3 Anos 70: A dinastía do Pallacanestro Varese
1.1.4 Anos 80: Dominio iugoslavo e italiano
1.1.5 O xurdir grego
1.2 2000: Escisión
1.3 2006: Harmonización
2 Formato
2.1 Equipos
3 Finais
4 Títulos
4.1 Por club
4.2 Por estado
4.3 Adestradores máis laureados
4.4 Xogador máis laureado
5 Datos e curiosidades
6 Líderes estatísticos
6.1 Puntos por partido
6.2 Rebotes por partido
6.3 Asistencias por partido
6.4 Roubos por partido
6.5 Tapóns por partido
6.6 Líderes de tódolos tempos
7 Actuacións individuais
7.1 Puntos
7.2 Rebotes
7.3 Asistencias
7.4 Roubos
7.5 Tapóns
7.6 Valoración
7.7 Triplos-dobres
8 Notas
9 Véxase tamén
9.1 Outros artigos
9.2 Ligazóns externas
Historia |
- Véxase tamén: 50 maiores contribuidores da Euroliga.
Copa de Europa |
A Copa de Europa de baloncesto foi creada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) na tempada 1957−58 a imaxe e semellanza da de fútbol.[3] Orixinariamente, enfrontaba aos campións de Liga de cada un dos países europeos inscritos na FIBA. O sistema tradicional desta competición consistía na disputa dunhas eliminatorias, decididas por sorteo, entre dous equipos que se enfrontaban a dobre partido (ida e volta). Até 1965, a final tamén se disputaba a dobre partido (coa excepción da edición de 1962, cuxa final se celebrou en Xenebra, e coa peculiaridade de que en 1963 houbo un terceiro partido de desempate), e dende 1966 facíase a partido único, coa particularidade de que en 1966 (Boloña e Milán) e 1967 (Madrid) o formato para decidir o campión foi o de final entre catro ou final four, fórmula recuperada 21 anos despois.[4]
O éxito da Copa de Europa propiciou que a FIBA concibise dúas competicións interclubs máis. En 1967 creou a Recopa de Europa (disputada por última vez coa denominación de Copa Saporta), para que se enfrontasen os campións de Copa de cada un dos países federados. E en 1972 creou a Copa Korać, na que participaban os equipos mellor clasificados de cada país que non puideran acceder aos torneos concibidos para os campións de Liga e Copa.
Comezos |
O xornal deportivo francés "L'Equipe" foi o primeiro en concibir a idea de competicións deportivas europeas de clubs, primeiro e sobre todo no caso do fútbol. O baloncesto pronto se adheriu á idea, sendo esta proposta discutida pola FIBA durante o Eurobasket de 1957 en Bulgaria. Así, o Secretario Xeral da FIBA, William Jones, creou unha Comisión integrada por Borislav Stanković (Iugoslavia), Raimundo Saporta (España), Robert Busnel (Francia), Miloslav Kriz (Checoslovaquia) e Nikolai Semashko (Unión Soviética) para chegar a un acordo ao respecto.
Así, a Comisión convidou ás federacións nacionais de Europa a enviar aos seus campións nacionais para un enfrontamento entre eles, "L'Equipe" doou o trofeo, e finalmente en 1958 tivo lugar a primeira Copa de Europa de Clubs. Os clubs de Europa do Leste (por non dicir do antigo bloque soviético) dominaron os primeiros anos, xa que non só gañaron as primeiras seis edicións da competición (tres veces o ASK Riga, dúas veces ao CSKA Moscova e unha vez o Dinamo Tbilisi), senón que tamén conseguiron chegar á final en catro ocasiones no primeiros seis anos (dúas veces Academic Sofia e unha vez Dinamo Tbilisi e ASK Riga).
Anos 60: O auxe do Real Madrid e do CSKA Moscova |
En 1961 as cousas comezaron a cambiar. O principal club de baloncesto de Europa occidental, o Real Madrid (España), comezou a mostrar signos da ambición, chegando ese mesmo ano ás semifinais onde perderon fronte o ASK Riga. Os dous anos seguintes, os campións españois atoparon o seu camiño á final, mais perdeu en ámbalas ocasións fronte ao Tbilisi e o CSKA respectivamente. Finalmente, o Real Madrid gañou a primeira do seu oito coroas europeas en 1964, vencendo aos checos do Spartak Brno. Con todo, esa tempada, o campión soviético non participou debido a que o equipo nacional (composto nun 90% por xogadores do CSKA) estaba a prepararse para os Xogos Olímpicos de Toquio 1964. De tódolos xeitos, esa tempada supuxo un xiro importante para o baloncesto europeo, xa que marcou o inicio da dominación dos "ricos" clubs de Europa Occidental.
Despois, até 1969, Real Madrid e Olimpia Milano, entón chamado "Simmenthal", compartiron o título do mellor equipo europeo. O Madrid contaba con xogadores como Clifford Luyk, primeiro xogador americano nacionalizado cun papel tan importante, Emiliano Rodríguez, Miles Aiken, Bob Burgess e máis tarde Wayne Brabender. Mentres tanto, o Milán, en 1966, foi dirixido por un mozo e intelixente aleiro americano, Bill Bradley, que máis tarde se convertería en campión da National Basketball Association (NBA) en 1970 e 1973 cos New York Knicks.
Tempo despois, Bradley tamén se convertería en candidato á presidencia dos Estados Unidos. En 1969, o CSKA de Moscova, inspirado polo talento Sergei Belov, logrou vencer ao Real Madrid en Barcelona. O mozo Belov conseguiu 19 puntos esa noite, mais o seu compañeiro de equipo, o alto pivote Vladimir Andreev (2,15 m) conseguiu 37.
Anos 70: A dinastía do Pallacanestro Varese |
Despois das dinastías da Unión Soviética e do Real Madrid, os 70 foron, sen dúbida, a década do Pallacanestro Varese (Italia). O campión italiano, atopou a maneira, ano tras ano, para chegar á final da competición, de feito, o Varese chegou a dez finais durante os anos 70, gañando cinco delas. O Real Madrid, CSKA, o entusiasta Bosna Saraievo e o puxante Maccabi Tel-Aviv foron os outros campións da década.
Nese momento, o Varese foi levado polo lendario pivote Dino Meneghin, rodeado de xogadores como Bob Morse, Manuel Raga, Ottorino Flaborea, Fultz John ou Iván Bisson. En 1971, o CSKA gañou o seu último título Europeo até o 2006, superando a Varese, grazas a 24 puntos de Sergei Belov. En 1977, os israelís de Maccabi Tel-Aviv, gañou a primeira das súas cinco coroas europeas. E por fin, en 1979, a escola iugoslava de baloncesto comezou a cegar a Europa, o Bosna Saraxevo, dirixido por un novo adestrador de vinte e oito anos chamado Bogdan Tanjevic, venceu ao Varese, ofrecendo a primeira coroa europea a Iugoslavia.
Anos 80: Dominio iugoslavo e italiano |
O que puido ser a década do Maccabi (seis finais, pero só unha vitoria), co tempo converteuse nun triunfo para o baloncesto italiano (sete finais e cinco vitorias). Italia logrou xerar tres campións europeos diferentes (Pallacanestro Cantù, Virtus Roma e Olimpia Milano) en só sete anos. En 1982 e 1983, o Cantú, tradicional subcampión da liga italiana, conseguiu os seus dous campionatos, chegando despois a vitoria do Banco di Roma. Entón comezou o reinado do Cibona Zagreb e do marabilloso Dražen Petrović, estando este dez anos marcados polo xurdir definitivo do elegante baloncesto iugoslavo. En primeiro lugar, o Cibona, gañou dúas veces seguidas (1985 e 1986) e a continuación, a Jugoplastika, gañou tres títulos consecutivos (1989, 1990 e 1991).
O xurdir grego |
Os anos 90 viron dúas das finais máis emocionantes e polémicas da historia da competición, que en 1996 se converteu na "Euroliga". En 1992, o KK Partizan de Saša Đorđević e Predrag Danilović levou aos de Belgrado ao título, o cuarto consecutivo para un club iugoslavo. Danilovic foi o MVP Final Four, pero foi Djordjevic quen no último segundo do encontro unha canastra de tres puntos que deu a vitoria ao Partizan por 71-70 contra o equipo catalán do Joventut Badalona.[5] O ano seguinte levou o título o Limoges de Francia, que sorprenderon ao Benneton Treviso de Toni Kukoč na final.
En 1994, o Joventut tomou vinganza polo sucedido dous anos atrás, e na final fronte o Olympiacos grego, o aleiro dos de Badalona, Corny Thompson conseguía unha tripla (a súa quinta en toda a competición) que os poñía con dous puntos de vantaxe a 19 segundos do final. Os gregos tiveron a ocasión de empatar con dous tiros libres, mais a estrela iugoslava Zarko Paspalj so conseguiu anotar un, dando a vitoria ao Joventut. Ao ano seguinte, o Real Madrid da man de Arvydas Sabonis conseguiu a vitoria sobre o Olympiacos na final.
A de 1996 resultou ser unha das finais máis controvertidos de calquera competición de clubs europea. Este encontro enfrontaba ao Panathinaikos e ao FC Barcelona. No último segundo do partido, nunha canastra que decidía o encontro, Stojan Vrankovic facía un tapón ilegal José Montero que privaba aos cataláns do título.[6] O Olympiacos continuou a supremacía grega sobre a Euroliga en 1997 tras perder na final en 1994 e 1995.
2000: Escisión |
No ano 2000, un importante sismo sacudiu os cimentos do baloncesto europeo. Os grandes clubs profesionais do continente, liderados polos españois, os italianos e os gregos, agrupados na Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), escindíronse da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) co propósito de organizar unha nova Euroliga con criterios máis modernos de xestión. Estes clubs querían recibir maiores ingresos procedentes dos dereitos de transmisión por televisión e de merchandise dos que lles ofrecía a FIBA. Ante a falta de acordo entre a FIBA e a ULEB, desapareceu a histórica Copa de Europa e na tempada 2000-2001 naceron dúas competicións paralelas que loitaron por recoller a testemuña: a oficialista e sucesora "Suproliga" e a escindida e nova "Euroliga".
Os clubs inscribíronse nunha e outra competición segundo os seus intereses. A maior parte de españois, italianos, gregos (excepto o Panathinaikos BC) e franceses tomaron parte pola Euroliga, mentres que a maioría de rusos, israelís e do leste de Europa optaron pola Suproliga. Na tempada 2001-2002 os equipos pertencentes á "Suproliga" entraron a formar parte da "Euroliga", quedando unha única competición.
2006: Harmonización |
Os cinco anos de ruptura no baloncesto europeo foron prexudiciais tanto para a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e os clubs que tomaron parte nas súas competicións. Por iso, en novembro de 2004, os máximos dirixentes da ULEB e FIBA Europa acordaron finalmente a compatibilización dos seus respectivos torneos de face á seguinte tempada.
Deste xeito, FIBA Europa comprometeuse a administrar e impulsar todas as competicións de clubs europeas (chamando á súa "Liga Europea" como "Eurocopa") á vez que recoñecía oficialmente á ULEB como ente organizador da "Euroliga" e a "Copa da ULEB". Ademais, o máximo organismo federativo europeo limitou a 48 o número de participantes nos torneos da ULEB e pasou a xestionar en exclusiva as normativas de elixibilidade dos xogadores, os traspasos e contrólelos antidopaxe. A ULEB reservouse a opción de subscribir contratos para que algúns clubs participen nas súas competicións durante un número determinado de tempadas independentemente dos resultados deportivos que tivesen. O acordo tamén previu o compromiso de harmonización do calendario internacional para que os partidos oficiais das seleccións nacionais non prexudiquen os intereses dos membros da ULEB.
Dende 2001 até 2011 a Euroliga foi gañada tan só por tres equipos distintos. Entre eles destaca o Panathinaikos que acadou o título até en tres ocasións (2001, 2007, 2009 e 2011), siguenelle o Maccabi Tel Aviv campión en dúas ocasións (2004 e 2005) e finalista en tres (2006, 2008 e 2011) e o FC Barcelona que en 2003 e 2010 conseguiu os seus únicos títulos até o momento.
Formato |
A partir da tempada 2009-10, a primeira fase da Euroliga serán as "Roldas Clasificatorias" (en inglés: Qualifying Rounds), que implicarán a oito clubs nunha fase eliminatoria con enfrontamentos de ida e volta. Os catro superviventes da primeira rolda de clasificación aparellaranse entre si para a segunda rolda de clasificación, continuando os dous gañadores na Euroliga. Tódolos clubs que perdan nestas eliminatorias participarán na competición de segundo nivel da ULEB, a Eurocup.
A seguinte fase é a "Fase regular" (en inglés: Regular Season) na que participan 24 equipos. Dende 2009, os participantes inclúen a vinte e dous clubs inscritos automaticamente na "fase regular" ademais dos dous gañadores das "Roldas Clasificatorias". Cada equipo xoga dous partidos (ida e volta) contra os demais equipos do seu grupo. Ao final da "fase regular", os equipos redúcense de 24 a 16. Antes de 2008-09, os equipos estaban divididos en tres grupos de oito equipos cada un, clasificándose os cinco primeiros máis o mellor sexto clasificado de tódolos grupos. Agora, a tempada regular consta de catro grupos con seis equipos cada un, avanzando os catro primeiros de cada grupo.
A segunda fase, coñecida como "Top 16", consiste en catro grupos de catro equipos. Do mesmo xeito que na tempada regular, cada grupo de "Top 16" os equipos enfróntanse a partidos de ida e volta. A terceira fase, a "Rolda de cuartos de final" (en inglés: Quarterfinal round) vense xogando dende 2004. Antes, só os gañadores de cada grupo avanzaron cara a "Final Four", agora o primeiro e segundo de cada grupo enfróntanse nunha serie de playoffs ao mellor de cinco encontros (até 2007 era ao mellor de tres). A vantaxe de campo e para os equipos que acabaron en primeiro lugar nos grupos do "Top 16". Na "Final Four", que se celebra nun lugar determinado (por exemplo en 2010 en París), enfróntanse os gañadores das eliminatorias de cuartos de final a un só partido. Estes encontros celébranse en tan só tres días, xogando primeiro unhas semifinais e posteriormente a final cos gañadores e un encontro polo terceiro posto cos perdedores.
A partir da temporada 2016−17 o número de clubs redúxose a 16, os cales se enfrontan nunha sistema de todos contra todos con partidos de ida e volta. Os primeiros oito clasificados xogan posteriormente un playoff ao mellor de cinco partidos para clasificarse á Final Four.
Equipos |
- Véxase tamén: Euroliga 2018-19.
Os seguintes son os equipos participantes na edición 2018−19 da Euroliga.
Equipo | Cidade | País | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Anadolu Efes | Istambul | Turquía | Sinan Erdem Spor Salonu | 16.000 |
AX Armani Exchange Olimpia | Milán | Italia | Mediolanum Forum | 12.700 |
Budućnost VOLI Podgorica | Podgorica | Montenegro | Sportski centar Morača | 6.000 |
CSKA Moscow | Moscova | Rusia | Megasport Arena | 13.344 |
Darüşşafaka Tefken Istanbul | Istanbul | Turquía | Volkswagen Arena | 5.240 |
FC Barcelona Lassa | Barcelona | España | Palau Blaugrana | 7.585 |
FC Bayern Munich | Múnic | Alemaña | Audi Dome | 6.700 |
Fenerbahçe Istanbul | Istambul | Turquía | Ülker Sports Arena | 13.059 |
Herbalife Gran Canaria | As Palmas | España | Gran Canaria Arena | 11.500 |
Khimki Moscow | Khimki | Rusia | Mytishchi Arena | 7.280 |
KIROLBET Baskonia | Vitoria | España | Fernando Buesa Arena | 15.504 |
Maccabi FOX Tel Aviv | Tel Aviv | Israel | Menora Mivtachim Arena | 11.060 |
Olympiacos OPAP Athens | O Pireo | Grecia | A Paz e a Amizade | 11.640 |
Panathinaikos Superfoods | Atenas | Grecia | OAKA Athens | 18.989 |
Real Madrid | Madrid | España | WiZink Center | 15.000 |
Žalgiris Kaunas | Kaunas | Lituania | Žalgirio Arena | 15.552 |
Finais |
Para finais non xogadas a partido único, un * precede ao resultado do equipo que xogaba na casa.
Ano | Sede | Campión | Finalista | 1º encontro / Final | 2º encontro | 3º encontro | 4º encontro | 5º encontro |
Final a dobre partido | ||||||||
1957/58 | Riga e Sofía | ASK Riga | Academic Sofia | *86-81 | 84-*71 | - | ||
1958/59 | Riga e Sofía | ASK Riga | Academic Sofia | *79-58 | 69-*67 | - | ||
1959/60 | Tbilisi e Riga | ASK Riga | Dinamo Tbilisi | 61-*51 | *69-62 | - | ||
1960/61 | Riga e Moscova | CSKA Moscova | ASK Riga | *61-66 | 87-*62 | - | ||
1961/62 | Xenebra | Dinamo Tbilisi | Real Madrid | 90-83 | - | |||
1962/63 | Madrid e Moscova | CSKA Moscova | Real Madrid | 69-*86 | *91-74 | *99-80 | - | |
1963/64 | Brno e Madrid | Real Madrid | Spartak Brno | 99-*110 | *84-64 | - | ||
1964/65 | Moscova e Madrid | Real Madrid | CSKA Moscova | 81-*88 | *76-62 | - | ||
Final Four | ||||||||
1965/66 | Boloña | Simmenthal Milan | USK Slavia Praga | 77-72 | - | |||
1966/67 | Madrid | Real Madrid | Simmenthal Milan | 91-83 | - | |||
Final | ||||||||
1967/68 | Lión | Real Madrid | Spartak Brno | 98-95 | - | |||
1968/69 | Barcelona | CSKA Moscova | Real Madrid | 103-99 (2PR) | - | |||
1969/70 | Saraxevo | Ignis Varese | CSKA Moscova | 79-74 | - | |||
1970/71 | Antuerpen | CSKA Moscova | Ignis Varese | 67-53 | - | |||
1971/72 | Tel Aviv | Ignis Varese | Jugoplastika Split | 70-69 | - | |||
1972/73 | Liexa | Ignis Varese | CSKA Moscova | 71-66 | - | |||
1973/74 | Nantes | Real Madrid | Ignis Varese | 84-82 | - | |||
1974/75 | Antuerpen | Ignis Varese | Real Madrid | 79-66 | - | |||
1975/76 | Xenebra | Mobilgirgi Varese | Real Madrid | 81-74 | - | |||
1976/77 | Belgrado | Maccabi Tel Aviv | Mobilgirgi Varese | 78-77 | - | |||
1977/78 | Múnic | Real Madrid | Mobilgirgi Varese | 75-67 | - | |||
1978/79 | Grenoble | Bosna Saraxevo | Emerson Varese | 96-93 | - | |||
1979/80 | Berlín Oeste | Real Madrid | Maccabi Tel Aviv | 89-85 | - | |||
1980/81 | Estrasburgo | Maccabi Tel Aviv | Synudine Bologna | 80-79 | - | |||
1981/82 | Colonia | Ford Cantù | Maccabi Tel Aviv | 86-80 | - | |||
1982/83 | Grenoble | Ford Cantù | Billy Milan | 69-68 | - | |||
1983/84 | Xenebra | Banco di Roma | FC Barcelona | 79-73 | - | |||
1984/85 | Atenas | KK Cibona | Real Madrid | 87-78 | - | |||
1985/86 | Budapest | KK Cibona | Žalgiris Kaunas | 84-72 | - | |||
1986/87 | Lausana | Tracer Milan | Maccabi Tel Aviv | 71-69 | - | |||
Final Four | ||||||||
1987/88 | Gante | Tracer Milan | Maccabi Tel Aviv | 90-84 | - | |||
1988/89 | Múnic | Jugoplastika Split | Maccabi Tel Aviv | 75-69 | - | |||
1989/90 | Zaragoza | Jugoplastika Split | FC Barcelona | 72-67 | - | |||
1990/91 | París | Pop 84 Split | FC Barcelona | 70-65 | - | |||
1991/92 | Istambul | Partizan | Joventut Badalona | 71-70 | - | |||
1992/93 | Atenas | CSP Limoges | Benetton Treviso | 59-55 | - | |||
1993/94 | Tel Aviv | Joventut Badalona | Olympiacos | 59-57 | - | |||
1994/95 | Zaragoza | Real Madrid | Olympiacos | 73-61 | - | |||
1995/96 | París | Panathinaikos | FC Barcelona | 67-66 | - | |||
1996/97 | Roma | Olympiacos | FC Barcelona | 73-58 | - | |||
1997/98 | Barcelona | Kinder Bologna | AEK Atenas | 58-44 | - | |||
1998/99 | Múnic | Žalgiris Kaunas | Kinder Bologna | 82-74 | - | |||
1999/00 | Tesalónica | Panathinaikos | Maccabi Tel Aviv | 73-67 | - | |||
2000/01 | París (Suproliga) | Maccabi Tel Aviv | Panathinaikos | 81-67 | - | |||
Boloña e Vitoria (Euroliga) | Kinder Bologna | Baskonia | *68-85 | *94-73 | 80-*60 | 79-*96 | *82-74 | |
2001/02 | Boloña | Panathinaikos | Kinder Bologna | 89-83 | - | |||
2002/03 | Barcelona | FC Barcelona | Benetton Treviso | 76-65 | - | |||
2003/04 | Tel Aviv | Maccabi Tel Aviv | Skipper Bologna | 118-74 | - | |||
2004/05 | Moscova | Maccabi Tel Aviv | Baskonia | 90-78 | - | |||
2005/06 | Praga | CSKA Moscova | Maccabi Tel Aviv | 73-69 | - | |||
2006/07 | Atenas | Panathinaikos | CSKA Moscova | 93-91 | - | |||
2007/08 | Madrid | CSKA Moscova | Maccabi Tel Aviv | 91-77 | - | |||
2008/09 | Berlín | Panathinaikos | CSKA Moscova | 95-71 | - | |||
2009/10 | París | FC Barcelona | Olympiacos | 86-68 | - | |||
2010/11 | Barcelona | Panathinaikos | Maccabi Tel Aviv | 78-70 | - | |||
2011/12 | Istambul | Olympiacos | CSKA Moscova | 62-61 | - | |||
2012/13 | Londres | Olympiacos | Real Madrid | 100-88 | - | |||
2013/14 | Milán | Maccabi Tel Aviv | Real Madrid | 98-85 | - | |||
2014/15 | Madrid | Real Madrid | Olympiacos | 78-59 | - | |||
2015/16 | Berlín | CSKA Moscova | Fenerbahçe | 101–96 | - | |||
2016/17 | Istambul | Fenerbahçe | Olympiacos | 80–64 | - | |||
2017/18 | Belgrado | Real Madrid | Fenerbahçe | 85-80 | - |
Títulos |
Por club |
Equipo | Campión | Finalista | Anos campión | Anos finalista |
---|---|---|---|---|
Real Madrid | 10 | 8 | 1964, 1965, 1967, 1968, 1974, 1978, 1980, 1995, 2015, 2018 | 1962, 1963, 1969, 1975, 1976, 1985, 2013, 2014 |
CSKA Moscova | 7 | 6 | 1961, 1963, 1969, 1971, 2006, 2008, 2016 | 1965, 1970, 1973, 2007, 2009, 2012 |
Maccabi Tel Aviv | 6 | 9 | 1977, 1981, 2001, 2004, 2005, 2014 | 1980, 1982, 1987, 1988, 1989, 2000, 2006, 2008, 2011 |
Panathinaikos | 6 | 1 | 1996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011 | 2001 |
Pallacanestro Varese | 5 | 5 | 1970, 1972, 1973, 1975, 1976 | 1971, 1974, 1977, 1978, 1979 |
Olympiacos Piraeus | 3 | 4 | 1997, 2012, 2013 | 1994, 1995, 2010, 2015 |
Olimpia Milano | 3 | 2 | 1966, 1987, 1988 | 1967, 1983 |
ASK Riga | 3 | 1 | 1958, 1959, 1960 | 1961 |
KK Split | 3 | 1 | 1989, 1990, 1991 | 1972 |
FC Barcelona | 2 | 5 | 2003, 2010 | 1984, 1990, 1991, 1996, 1997 |
Virtus Bologna | 2 | 3 | 1998, 2001 | 1981, 1999, 2002 |
Pallacanestro Cantù | 2 | – | 1982, 1983 | – |
Cibona Zagreb | 2 | – | 1985, 1986 | – |
Fenerbahçe | 1 | 2 | 2017 | 2016, 2018 |
Dinamo Tbilisi | 1 | 1 | 1962 | 1960 |
Joventut Badalona | 1 | 1 | 1994 | 1992 |
Žalgiris Kaunas | 1 | 1 | 1999 | 1986 |
Bosna Saraxevo | 1 | – | 1979 | – |
Virtus Roma | 1 | – | 1984 | – |
Partizan Belgrado | 1 | – | 1992 | – |
CSP Limoges | 1 | – | 1993 | – |
Academic Sofia | – | 2 | – | 1958, 1959 |
Spartak Brno | – | 2 | – | 1964, 1968 |
Benetton Treviso | – | 2 | – | 1993, 2003 |
Baskonia | – | 2 | – | 2001, 2005 |
Slavia Praga | – | 1 | – | 1966 |
AEK Atenas | – | 1 | – | 1998 |
Fortitudo Bologna | – | 1 | – | 2004 |
- O Maccabi Tel Aviv venceu ao Panathinaikos na final da Suproliga da FIBA de 2000/2001 FIBA. Nesa liga non participaron tódolos campións europeos.
- O Kinder Bologna (Virtus) venceu ao TAU Cerámica (Baskonia) na final da Euroliga da ULEB de 2000/2001. Nesa liga non participaron tódolos campións europeos.
Por estado |
Estado | Títulos |
---|---|
España | 13 |
Italia | 13 |
Grecia | 9 |
Rusia (e como parte da Unión Soviética) | 7 |
Israel | 6 |
Croacia (e como parte da RFS Iugoslavia) | 5 |
Letonia (e como parte da Unión Soviética) | 3 |
Serbia (e como parte da RFS Iugoslavia / Serbia e Montenegro) | 1 |
Francia | 1 |
Lituania | 1 |
Estados desaparecidos | Títulos |
Unión Soviética | 8 |
Iugoslavia | 7 |
Adestradores máis laureados |
Željko Obradović e Ettore Messina son os adestradores que gañaron máis Euroligas con tres títulos cada un; seguido por Pini Gershon que saíu vitorioso en dúas ocasións. Levando as rendas do Maccabi Tel Aviv, o israelí Gershon logrou o título en dúas ocasións consecutivas (2004 e 2005), foi subcampión en 2006 e, ademais, en 2001 foi o último en saborear o éxito na desaparecida Copa de Europa.
O italiano Messina, que xa fora campión de Europa de Clubs en 1998, sendo o primeiro técnico gañador da máxima competición da ULEB. O Kinder Bolonia levou o título na tempada 2000-2001 ao derrotar ao Baskonia nunha eliminatoria final ao mellor de cinco partidos, que se resolveu cun resultado de 3 a 2. A segunda vitoria de Messina, que foi subcampión en 2002 e 2003, produciuse en 2006 ao mando do CSKA Moscova.
O serbio Obradović foi o último en conseguilo, sempre como adestrador do Panathinaikos e sempre contra o entón vixente campión da competición. O seu primeiro triunfo produciuse na tempada 2001-2002, contra o Kinder; na 2006-2007 e na 2008-2009 contra o CSKA. Ademais, Obradović conquistara anteriormente catro títulos da Copa de Europa ao mando do KK Partizan (1992), o 7Up Joventut (1994), o Real Madrid (1995) e Panathinaikos (2000). Tamén, foi subcampión desta Copa unha vez ao perder a final de 2001 contra o Maccabi.
Xogador máis laureado |
O lituano Šarūnas Jasikevičius é o xogador que máis Euroligas ten no seu palmarés con catro en total. O primeiro dos seu catro triunfos conseguiuno en 2003, sendo a base titular do FC Barcelona; os dous seguintes, en 2004 e 2005, foron coa camiseta do Maccabi Tel Aviv e o último en 2009 co Panathinaikos. Tendo en conta á antiga Copa de Europa tamén, o italiano Dino Meneghin ten no seu palmares sete trofeos da competición.
Datos e curiosidades |
- O Real Madrid, é o equipo máis exitoso ao gañar o campionato até en oito ocasións.
- O Panathinaikos é o equipo máis exitoso dende a introdución do sistema de Final Four, tras gañar seis das máis de vinte celebradas.
- Durante a década de 1970 o Pallacanestro Varese, xa sexa cos nomes de patrocinio "Ignis", "Mobilgirgi" ou "Emerson", chegou a dez finais. Estas finais consecutivas (das cales gañou cinco) foron as únicas que xamais volveu xogar o club.
Atenas é a única cidade con tres clubs diferentes, Panathinaikos, Olympiacos e AEK, que participaron na final da Euroliga.
Atenas é tamén a única cidade na cal sete equipos da mesma participaron na Euroliga, Panathinaikos, Olympiacos, AEK, Panellinios, Peristeri, Panionios e Maroussi.- A maior asistencia xamais rexistrada na Euroliga é dos 22.567 espectadores que encheron o Belgrado Arena o 5 de marzo de 2009 para un partido do "Top 16" entre o Partizan de Belgrado e Panathinaikos. A marca anterior fora de 18.500 afeccionados, obtidos nun partido en casa do Panathinaikos no Olympic Indoor Hall de Atenas, contra o TAU Cerámica o 12 de abril de 2006, para o terceiro partido de playoffs de cuartos de final.
- A pesar de que Israel se atopa en Oriente Medio, os seus equipos xogan na Euroliga (de igual xeito que a selección e os clubs fútbol nas competicións da UEFA).
- Na pequena área de menos de 40 km² da zona norte metropolitana de Milán existen tres clubs que gañaron un total de dez Copas de Europa, xogando un total de dezaseis finais:
- O Pallacanestro Cantù, que gañou a Euroliga en dúas ocasións, é o equipo da pequena cidade de Cantù. A cidade, que conta tan só con 37.870 habitantes, está situada a 25 km ao norte de Milán.
- O Pallacanestro Varese, campión en cinco ocasións, é da cidade de Varese (96.917 habitantes), a cal se atopa a poucos quilómetros ao oeste de Cantù e Milán.
- O Olimpia Milano, da propia cidade de Milán, gañou tres títulos.
- A maior rexistro de anotación dun só equipo nunha final foi en 2004, en Tel Aviv. Neste encontro, o club local, o Maccabi, derrotou ao Skipper Bologna por 118 a 74, o que supuxeron ademais 44 puntos de diferenza.
- Nove países estiveron representados en todas as edicións da nova Euroliga; os impulsores España, Italia e Grecia, así como Alemaña, Croacia, Eslovenia, Israel, Lituania e Rusia. Dende a tempada 2001-02, Francia, Polonia, Serbia e Turquía tampouco perderon unha edición do torneo, sendo Montenegro (2001, 2002 e 2003), Bélxica (2001 e 2002), Inglaterra (2001 e 2002), Portugal (2001) e Suíza (2001) quen tiveron aparicións ocasionais.
- O xogador de máis idade que disputou un partido foi Dan Gai, que tendo 45 anos na tempada 2006-2007 xogou dous encontros defendendo a camiseta do Climamio Bolonia. Contra o Le Mans-Sarthe Basket primeiro e o Prokom Trefl despois.
- O xogador que máis galardóns de MVP da fase regular ten, distinción que non existía nos tempos da antiga Copa de Europa, é o estadounidense Anthony Parker, que logrou ser o mellor defendendo a camiseta do Maccabi nas tempadas 2004-05 e 2005-06. Ademais, Parker foi nomeado MVP da Final Four de Tel Aviv 2004.
Líderes estatísticos |
Puntos por partido |
- 1991-92 Nikos Galis (Aris Thessaloniki): 32,25 (en 16 partidos)
- 1995-96 Joe Arlauckas (Real Madrid): 26,42 (en 21 partidos)
- 2000-01 Alphonso Ford (Peristeri Athens): 26,00 (en 12 partidos)
- 2002-03 - Miloš Vujanić (Partizan Belgrado): 25,78 (en 14 partidos)
- 1993-94 Lynn Greer (Slask Wroclaw): 25,07 (en 14 partidos)
Rebotes por partido |
- 1993-94 Roy Tarpley (Olympiacos Piraeus): 12,84 (en 19 partidos)
- 2001-02 Mirsad Türkcan (CSKA Moscova): 12,76 (en 17 partidos)
- 1995-96 Charles Shackleford (Ulker Istambul): 12,38 (en 18 partidos)
- 1994-95 Stojan Vranković (Panathinaikos Athens): 12,19 (en 21 partidos)
- 1992-93 Arvydas Sabonis (Real Madrid): 11,95 (en 20 partidos)
Asistencias por partido |
- 1991-92 Raimonds Miglinieks (Slask Wroclaw): 6,95 (en 20 partidos)
- 2002-03 Ed Cota (Zalgiris Kaunas): 6,50 (en 14 partidos)
- 2005-06 Pablo Prigioni (Tau Cerámica): 6,24 (en 25 partidos)
- 2010-11 Dimitris Diamantidis (Panathinaikos): 6,23 (en 22 partidos)
- 2004-05 Mire Chatman (EB Pau-Orthez): 6,21 (en 14 partidos)
Roubos por partido |
- 1991-92 Riccardo Pittis (Philips Milano): 3,73 (en 19 partidos)
- 2000-01 Ivica Maric (KK Zadar): 3,70 (en 10 partidos)
- 2000-01 Jemeil Rich (Lugano Snakes): 3,70 (en 10 partidos)
- 2003-04 Fred House (Partizan Belgrado): 3,38 (en 13 partidos)
- 2006-07 Ricky Rubio (DKV Joventut): 3,18 (en 16 partidos)
Tapóns por partido |
- 2001-02 Grigorij Khizhnyak (Zalgiris Kaunas): 3,21 (en 14 partidos)
- 2000-01 Grigorij Khizhnyak (Zalgiris Kaunas): 3,16 (en 12 partidos)
- 2000-01 Andrei Kirilenko (CSKA Moscova): 2,13 (en 22 partidos)
- 2005-06 Darjuš Lavrinovič (Zalgiris Kaunas): 2,10 (en 20 partidos)
- 2007-08 Ömer Aşık (Fenerbahce Ulker): 2,06 (en 15 partidos)
Líderes de tódolos tempos |
Media | Total | |||
---|---|---|---|---|
Partidos | Juan Carlos Navarro | 260 | ||
Valoración | Anthony Parker | 21,41 | Juan Carlos Navarro | 3.341 |
Puntos | Alphonso Ford | 22,22 | Juan Carlos Navarro | 3.496 |
Rebotes | Joseph Blair | 10,05 | Mirsad Türkcan | 1.287 |
Asistencias | Omar Cook | 5,18 | Dimitris Diamantidis | 988 |
Roubos | Emanuel Ginóbili | 2,73 | Dimitris Diamantidis | 389 |
Tapóns | Grigorij Khizhnyak | 3,19 | Fran Vázquez | 223 |
Porcentaxe | Total | |||
---|---|---|---|---|
Tiros libres | Šarūnas Jasikevičius | 92,26 | Juan Carlos Navarro | 720 |
Tiros de dous | Sasha Kaun | 70,54 | Mike Batiste | 949 |
Tiros de tres | Dominik Tomczyk | 49,59 | Juan Carlos Navarro | 508 |
Actuacións individuais |
Os datos das mellores actuacións individuais refírense a encontros sucedidos dende o comezo da tempada 1991-92, exceptuando os rexistros de tapóns e a valoración que só contabilizan dende o comezo da tempada 2000-01. Na categoría de puntos cómpre destacar que na edición de 1964-65 Radivoj Korać conseguiu anotar 99 puntos no encontro que enfrontaba ao OKK Belgrado contra o Alvik BBK sueco (155-57).
Puntos |
Joe Arlauckas (Real Madrid) 63 puntos contra Buckler Bologna (24/28 2pt, 0/1 3pt, 15/18 TL) (en 1995-96)
Michael Young (CSP Limoges) 47 puntos contra Benetton Treviso (12/22 2pt, 4/6 3pt, 11/15 TL) (en 1993-94)
Nikos Galis (Aris Thessaloniki) 46 puntos contra Philips Milano (8/14 2pt, 5/6 3pt, 15/18 TL) (en 1991-92)
Velimir Perasović (Slobodna Dalmacija Split) 45 puntos contra Cibona Zagreb (15/22 2pt, 1/1 3pt, 12/14 TL) (en 1991-92)
Ivica Žurić (Cibona Zagreb) 45 puntos contra Buckler Bologna (11/18 2pt, 5/7 3pt, 8/9 TL) (en 1993-94)
Rebotes |
Arvydas Sabonis (Real Madrid) 24 rebotes contra Olympiacos Piraeus (en 1992-93)
Joe Binion (Buckler Bologna) 24 rebotes contra Panathinaikos Athens (en 1994-95)
Antonis Fotsis (Dynamo Moscova) 24 rebotes contra Benetton Treviso (en 2006-07)
Rickie Winslow (Estudiantes Madrid) 23 rebotes contra Aris Thessaloniki (en 1991-92)
Cliff Levingston (PAOK Thessaloniki) 23 rebotes contra Scavolini Pesaro (en 1992-93)
Asistencias |
Elmer Bennett (Baskonia) 17 asistencias contra Zalgiris Kaunas (en 1998-99)
Raimonds Miglinieks (Slask Wroclaw) 15 asistencias contra Montepaschi Siena (en 2000-01)
John Linehan (SLUC Nancy) 15 asistencias contra Fenerbahçe Ülker (en 2011-12)
Tyus Edney (Benetton Treviso) 14 asistencias contra Olympiacos Piraeus (en 2003-04)
Vasili Karasev (CSKA Moscova) 14 asistencias contra EB Pau Orthez (ien 1995-96)
Roubos |
Marcus Webb (CSKA Moscova) 11 roubos contra PAOK Thessaloniki (en 1997-98)
Jeff Trepagnier (Ulker Istambul) 11 roubos contra Partizan Belgrade (en 2005-06)
Stefano Mancinelli (Climamio Bologna) 10 roubos contra Dynamo Moscow (en 2006-07)
Panagiotis Giannakis (Aris Thessaloniki) 9 roubos contra Bayer Leverkusen (en 1991-92)
Chris Corchiani (Bayer Leverkusen) 9 roubos contra Unicaja Malaga (en 1995-96)
Tapóns |
Stojan Vranković (PAF Bologna) 10 tapóns contra Cibona Zagreb (en 2000-01)
Grigorij Khizhnyak (Zalgiris Kaunas) 8 tapóns contra Adecco Estudantes (en 2000-01)
Grigorij Khizhnyak (Zalgiris Kaunas) 7 tapóns contra Ulker Istambul (en 2001-02)
Grigorij Khizhnyak (Zalgiris Kaunas) 7 tapóns contra Frankfurt Skyliners (en 2001-02)
Darjuš Lavrinovič (Zalgiris Kaunas) 7 tapóns contra Panathinaikos Athens (en 2004-05)
Valoración |
Tanoka Beard (Zalgiris Kaunas) 63 contra Skipper Bologna (en 2003-04)
Jaka Lakovič (Krka Novo Mesto) 55 contra Real Madrid (en 2001-02)
Dejan Milojević (Partizan Belgrade) 55 contra Olympiacos (en 2004-05)
Marko Popović (Cibona Zagreb) 54 contra Adecco Estudiantes (en 2004-05)
Jaka Lakovič (Panathinaikos Athens) 51 contra Benetton Treviso (en 2003-04)
Triplos-dobres |
Vassili Karasev (CSKA Moscova) 21 pts, 10 asts, 10 rebs contra Olympiacos (en 1994-95)
Bill Edwards (PAOK Thessaloniki) 24 pts, 15 rebs, 10 asts contra Cholet Basket (en 1999-00)
Derrick Phelps (Alba Berlin) 12 asts, 11 pts, 10 rebs contra Iraklis (en 2000-01)
Nikola Vujčić (Maccabi Tel Aviv) 12 rebs, 11 pts, 11 asts contra Prokom Trefl (en 2005-06)
Nikola Vujčić (Maccabi Tel Aviv) 27 pts, 10 rebs, 10 asts contra Olimpija Ljubljana (en 2006-07)
Notas |
↑ About Euroleague Basketball
↑ Euroleague CEO visits Nike in China
↑ "Un trofeo de diseño". feb.es (en castelán). 13 de maio de 2012.
↑ "Palmarés - Euroliga de Baloncesto". Diario As (en castelán).
↑ Djordjevic tripla final 92 contra a Penya
↑ Tapón Vrankovic a Montero
Véxase tamén |
Outros artigos |
- FIBA EuroCup
- FIBA EuroCup Challenge
Ligazóns externas |
- Sitio web oficial
|
Categoría:
- Euroliga
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.800","walltime":"1.004","ppvisitednodes":"value":2250,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":32947,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":733,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3693,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 426.254 1 -total"," 24.84% 105.866 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.35% 82.473 1 Modelo:Listaref"," 17.03% 72.593 2 Modelo:Cita_web"," 11.16% 47.590 1 Modelo:Competición_deportiva"," 9.96% 42.457 1 Modelo:Infobox"," 4.51% 19.229 1 Modelo:Euroliga_50"," 3.03% 12.904 1 Modelo:Navbox"," 2.57% 10.950 2 Modelo:VT"," 1.42% 6.051 2 Modelo:SLOb"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.139","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2426688,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1299","timestamp":"20190318182615","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Euroleague","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Euroleague","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q185982","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q185982","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2010-04-22T11:33:52Z","dateModified":"2018-10-28T15:55:26Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2d/Turkish_Airlines_Euroleague.png"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":207,"wgHostname":"mw1240"););